Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña. Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano.
Agora Repúblicas (en catalán: Ara Repúbliques, en éuscaro: Orain Errepublikak, en castelán: Ahora Repúblicas, en aragonés: Agora Republicas, en asturiano: Agora Repúbliques, en occitano: Ara Republicas) é unha coalición electoral creada para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2019 por Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), Euskal Herria Bildu (EH Bildu) e o Bloque Nacionalista Galego (BNG) con Oriol Junqueras como cabeza de lista. Os demais postos na candidatura repartíronse entre EH Bildu, BNG e ERC. Ademais, Andecha Astur, Puyalón de Cuchas, Alternativa Nacionalista Canaria, Congreso Nacional de Canarias e Unidad del Pueblo tamén participaron na candidatura. Esta coalición é sucesora de L'Esquerra pel Dret a Decidir e Os Pobos Deciden, formacións que participaron nas eleccións europeas de 2014.
Luis Pérez Fernández, nado en Sevilla o 26 de febreiro de 1990, máis coñecido como Alvise Pérez, defínese como un analista e consultor político español. Exerceu como asesor parlamentario e xefe de gabinete no Parlamento Valenciano para o partido Cidadáns. A súa actividade céntrase maiormente na difusión de contidos a través de Internet, concretamente por Telegram e X, os cales a miúdo son considerados como loiadas. Isto levou á suspensión indefinida da súa actividade en X. Na actualidade, presentouse ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2024 como cabeza de lista da agrupación de electores «Se Acabó La Fiesta», sen programa electoral, non ocultando, segundo el, que a súa primeira intención é conseguir así o aforamento dos parlamentarios ante o Tribunal Supremo para dificultar polo menos dúas causas penais que ten pendentes. A súa agrupación obtivo 3 europarlamentarios o 9 de xuño.
JSON, acrónimo de JavaScript Object Notation, é un formato lixeiro para o intercambio de datos. JSON é un subconxunto da notación literal de obxectos de JavaScript que non require o uso de XML. A simplicidade de JSON deu lugar á xeneralización do seu uso, especialmente como alternativa a XML en AJAX. Unha das supostas vantaxes de JSON sobre XML como formato de intercambio de datos neste contexto é que é moito máis sinxelo escribir un analizador sintáctico (parser) de JSON. En JavaScript, un texto JSON pódese analizar facilmente usando o procedemento eval(), o cal foi fundamental para que JSON fose aceptado por parte da comunidade de desenvolvedores AJAX, debido á ubicuidade de JavaScript en case calquera navegador web. Na práctica, os argumentos a favor da facilidade de desenvolvemento de analizadores ou do rendemento dos mesmos son pouco relevantes, debido ás cuestións de seguridade que expón o uso de eval() e o auxe do procesamento nativo de XML incorporado nos navegadores modernos.
O Partido Galego (PG) é un partido político de centro galeguista de ámbito autonómico, que nace o 12 de decembro de 2020 no concello de Melide coa intención de representar a todas as persoas que se senten galegas e españolas e que consideran que Galicia é unha comunidade autónoma que conta cunha cultura e unha lingua propia diferenciada do resto de comunidades. Posúe unha ideoloxía centrista cun fondo sentimento galeguista, que trata de representar unha ampla parte da poboación galega.
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto. Considerada a atleta galega máis destacada de todos os tempos, foi campioa de Europa tanto ao aire libre como en pista cuberta, e gañou unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega. Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta segunda do Goberno de España, desde xullo de 2021. É fundadora de Sumar e foi a súa coordinadora xeral dende abril até xuño de 2024, trala súa dimisión por mor dos resultados das eleccións europeas.
Arquidiocese católica latina de Lviv
A arquidiocese de Lviv dos latinos (en latín Archidioecesis Leopolitana Latinorum) é unha sé metropolitana católica latina. En 2004 tiña 154.000 bautizados dun total de 5 000 000 habitantes. O seu arcebispo, dende 2008, é Mieczysław Mokrzycki.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
Iván Ferreiro, nado en Nigrán o 15 de agosto de 1970, é un músico galego. Acadou sona por ser durante trece anos o cantante e líder do grupo pop-rock Los Piratas, do que tamén compuxo a maioría das cancións, e tamén pola súa carreira en solitario. A súa voz, peculiar e cun amplo rexistro, interpretou as cancións míticas deste grupo, como foron "Promesas que no valen nada", "Años 80" ou "Mi coco".
John Langdon Haydon Down, nado o 18 de novembro de 1828 en Cornualla e finado o 7 de outubro de 1896 en Londres, foi un médico británico coñecido maiormente pola súa descrición da condición xenética á que nomeou "mongolismo", agora coñecida coma Síndrome de Down. Down realizou ademais unha destacada labor en medicina social, converténdose nun pioneiro en canto ao coidado de pacientes con discapacidades mentais se refire. O seu traballo, no entón chamado Earlswood Asylum, non só se centrou na administración, senón que tamén abrangueu innovacións no tratamento e educación das persoas con ditas discapacidades.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Herdanza epixenética transxeneracional
A herdanza epixenética transxeneracional (HET) é a transmisión de marcadores epixenéticos e modificacións dunha xeración a outra durante moitas xeracións posteriores sen alterar a estrutura primaria do ADN. Deste xeito, a regulación de xenes por mecanismos epixenéticos pode herdarse; a cantidade de transcritos e proteínas producidos pode ser alterada por cambios epixenéticos herdados. Porén, para que as marcas epixenéticas sexan herdables, deben encongrarse nos gametos dos animais, pero como as plantas carecen dunha liña xerminal definitiva e poden propagarse vexetativamente, poden herdarse as marcas epixenéticas presentes en calquera tecido. É importante sinalar que a herdanza de marcas epixenéticas na xeración inmediatamente seguinte denomínase herdanza interxeneracional.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Marion Anne Perrine Le Pen, nada en Neuilly-sur-Seine, Francia, o 5 de agosto de 1968, popularmente coñecida como Marine Le Pen, é unha avogada e política francesa, presidenta da Agrupación Nacional, candidata por este partido ás eleccións presidenciais de 2012 e 2017. É filla do anterior presidente da Fronte Nacional, Jean-Marie Le Pen. Dende xullo de 2004 é eurodeputada á vez que conselleira rexional da rexión francesa Norte-Paso de Calais dende marzo de 2010.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Dicionario da Real Academia Galega
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega. Un fragmento do seu poema "Os Pinos" constitúe a letra do Himno de Galicia. Foi unha das tres grandes voces líricas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.
Ursula Gertrud von der Leyen, nada como Ursula Gertrud Albrecht en Ixelles, Bruxelas, o 8 de outubro de 1958, é unha política alemá, presidenta da Comisión Europea dende 2019. Von der Leyen está afiliada á Unión Demócrata Cristiá (CDU), partido de centro-dereita do cal é unha das vicepresidentas. Foi a primeira muller no cargo de ministra de Defensa de Alemaña, entre 2013 e 2019, despois de liderar os ministerios de Traballo e Asuntos Sociais, entre 2009 e 2013, e de Familia, Terceira Idade, Mulleres e Xuventude, entre 2005 e 2009.
Rodolfo "Rudy" Fernández Farrés, nado en Palma (Illas Baleares) o 4 de abril de 1985, é un xogador de baloncesto español que milita nas filas do Real Madrid Baloncesto da Liga Endesa e da selección española. Cunha altura de 1,96 metros, xoga habitualmente na posición de escolta, aínda que tamén xoga ás veces como aleiro. É irmán da ex xogadora de baloncesto Marta Fernández.
Josep Rull i Andreu, nado en Terrassa o 2 de setembro de 1968, é un político e avogado catalán, membro do Partit Demòcrata Europeu Català (PDeCAT) e anteriormente de Convergència Democràtica de Catalunya. Licenciado en dereito pola UAB, militou desde novo na Joventut Nacionalista de Catalunya e posteriormente en Convergència Democràtica de Catalunya (CDC), partido do que foi secretario entre 2014 e 2016. Foi deputado polo Parlament de Catalunya entre 1997 e 2018, cámara na que foi Secretario Terceiro baixo a presidencia de Núria de Gispert, entre 2010 e 2015.
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
Dios ke te crew (DKTC) é un grupo de hip hop de Ordes formado en 2003. Nun inicio estaba formado por un grupo de graffiti, un de breakdance, DJs e rap. Todos estes aspectos do hip hop únense nas presentacións en directo do grupo, onde é común presenciar pezas de graffiti no fondo do escenario e bailar breakdance, mentres o grupo musical interpreta as súas cancións.
O traxe galego é a vestimenta tradicional que o pobo galego usaba para as súas actividades ata ben entrado o século XX. Aínda que existen diferenzas entre os traxes usados para traballar e os traxes para días de festa, os usados no interior de Galicia respecto ós da costa, as evolucións ao longo do tempo e as normais diferenzas entre as clases socioeconómicas, existen certos patróns comúns que os unifican e caracterizan e que permiten certos contrastes e igualacións cos territorios veciños de Asturias ou a provincia de León.
Eleccións ao Parlamento Europeo de 2024
As eleccións ao Parlamento Europeo de 2024 terán lugar entre o 6 e o 9 de xuño de 2024 en todos os estados membros da Unión Europea, para dar lugar á X lexislatura europea. Nelas votarase por sufraxio universal, directo, libre e segredo os eurodeputados que integrarán o Parlamento Europeo e que representarán a cidadanía europea no período comprendido entre 2024 e 2029. Esta cámara será a responsable de nomear o presidente da Comisión Europea, a proposta do Consello Europeo en función dos resultados das eleccións, por maioría cualificada.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
O Real Club Celta de Vigo C-Gran Peña, coñecido como Celta C-Gran Peña, é un equipo de fútbol que se constitúe coma o segundo filial do Real Club Celta de Vigo. En 2021, tras un acordo entre o Celta e o Gran Peña Club de Fútbol, ambos clubs competiron baixo o novo nome no Grupo Sur 2 da Rexional Preferente.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A decadencia das plataformas ( inglés: platform decay > ), tamén coñecida en inglés como enshittification, que se podería traducir ao galego literalmente como enmerdificación (en castelán tamén se ten traducido como mierdificación), é unha forma de describir o patrón de decrecemento da calidade das plataformas en liña que actúan como mercados bilaterais . O declive da plataforma pódese ver como unha forma de busca de rendas . Exemplos de suposta enshittification inclúen Google, Amazon, Mercado Libre, Bandcamp, Facebook, Reddit e Twitter .
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro. Para o nome de Rosalía, véxase Rosalía (nome) Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 211.297.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.
Para consultar o xénero Quercus, ver o artigo carballo. O Quercus robur L. (ás veces considerado Quercus pedunculata) coñécese normalmente como carballo común, carballo veriño, carballo bravo ou simplemente carballo. O carballo é unha árbore anxiosperma da familia das fagáceas, caducifolia, que pode chegar aos 15-20 metros de altura.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 3 do mundo na clasificación ATP. É o tenista que, cun total de 22, ten máis títulos de individual masculino en torneos de Grand Slam. Foi campión de Roland Garros en 14 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019, 2020 e 2022), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 e 2022 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
Camilo Nogueira Román, nado o 22 de novembro de 1936 na parroquia e -daquela- concello de Lavadores (hoxe integrado no de Vigo) é un enxeñeiro e economista galego, máis coñecido pola súa faceta política, historicamente vinculada a partidos nacionalistas galegos de esquerda e desde 1994 ao Bloque Nacionalista Galego (BNG).
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024
As eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 celebráronse o 18 de febreiro de 2024 para elixir os 75 membros da 12ª lexislatura do Parlamento da comunidade autónoma de Galicia. O partido no goberno, o Partido Popular de Galicia de Alfonso Rueda mantivo o seu dominio respecto das eleccións anteriores, aínda que perdeu dous escanos en relación ás eleccións de 2020. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) mantívose no segundo posto e sumou 6 escanos máis dos 19 que xa tiña, o cal o situou no seu mellor resultado histórico.
Celia Cortés Rivas, nada en Toledo en 1915 e finada en Monforte de Lemos en 1995, foi unha pintora galega e ilustradora de libros. Desenvolveu a súa vida artística en Monforte de Lemos e unha das súas contribucións máis sinaladas foi o de ser a primeira muller en Galicia que pintou un mural nas paredes dun claustro dun mosteiro.
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
As linguas moxo son unhas linguas da familia arauaca faladas polo pobo moxo da chaira de Moxos, no nordeste de Bolivia. As dúas linguas faladas polos moxo, o moxo trinitario e o moxo ignaciano, son tan distintas entre elas como o son das linguas arauacas veciñas. A lingua moxo magiana tamén era distinta.
Roy Harold Fitzgerald, Jr., coñecido como Rock Hudson, nado en Winnetka (Illinois) o 17 de novembro de 1925 e finado en Beverly Hills (California) o 2 de outubro de 1985, foi un actor de cinema estadounidense famoso polos seus papeis de galán do cinema clásico moderno estadounidense. O de Hudson foi un dos primeiros casos publicitados de SIDA nos Estados Unidos, nos inicios desta pandemia, a principios da década de 1980.
Roberto Vaquero Arribas, nado en Madrid, o 21 de maio de 1986, é un político, historiador e escritor español, presidente do Frente Obrero desde xuño de 2022 e secretario xeral do Partido Marxista-Leninista (Reconstrución Comunista) desde outubro de 2021. Colabora habitualmente como columnista na revista Zenda coa súa sección propia, El Baluarte, e forma parte do Comité Científico Internacional da revista La Razón Histórica. Audiovisualmente, ten ademais unha canle de divulgación e crítica política en Youtube, e colabora asiduamente no programa televisivo Horizonte de Iker Jiménez, en Cuatro.
O código QR (en inglés, quick response code, «código de resposta rápida») é un código bidimensional deseñado para o uso no sector do automóbil pola compañía xaponesa Denso Wave, subsidiaria de Toyota, en 1994. Os códigos QR empréganse durante a fabricación para o seguimentos dos compoñentes. O sistema estase a facer moi popular pola facilidade para incluír máis información que os códigos de barras unidimensionais.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
A mitoloxía grega comprende a colección de lendas sobre deuses gregos e heroes antigos, ós que se suman diferentes animais e seres monstruosos, orixinariamente creada e difundida dentro da tradición oral e poética desta antiga civilización do Mediterráneo oriental. As fontes superviventes da mitoloxía grega (Homero, Hesíodo, Apolodoro, Pausanias, etc) son transcricións destas narracións faladas, ou ben revisións literarias posteriores.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2024, ano dedicado a Luísa Villalta, 64 autores (6 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 62 edicións do Día das Letras Galegas, posto que en 1998 houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á ría de Vigo).
Os liques son seres vivos moi simples que se desenvolven como láminas ou placas de varias cores na superficie de árbores ou de pedras, expostas á humidade e ao sol. Son xeralmente estudados polos botánicos, a pesar de non seren verdadeiras plantas. Os liques son unha simbiose: un organismo formado por un fungo (o micobionte) e unha alga ou cianobacteria (o fotobionte).
Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa. Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León.
Giorgia Meloni, nada o 15 de xaneiro de 1977 en Roma, é unha política italiana. Desde 2006 está rexistrada en Italia como xornalista independente na Asociación de Xornalistas. É presidenta do partido Fratelli d'Italia (FdI) desde 2014 e presidenta do partido Conservadores e Reformistas Europeos (ECR) desde setembro de 2020.
James Francis Cagney Jr., nado en Nova York o 17 de xullo de 1899 e finado na mesma o 30 de marzo de 1986, foi un actor estadounidense. Era un artista de varios xéneros, mais tornaríase célebre interpretando gángsters violentos e loucos en filmes como The Public Enemy,White Heat e Angels with Dirty Faces.
O pene é o órgano masculino que intervén na excreción urinaria e en certas prácticas sexuais. O pene en erección, en especial a súa representación, recibe o nome de falo. Intervén na expulsión do esperma e os ouriños e a súa forma e tamaño depende do grao de excitación sexual e doutros factores externos.
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
A cultura castrexa é unha cultura arqueolóxica do noroeste da Península Ibérica que abranguía as rexións de Galicia, Asturias, norte e centro de Portugal e oeste de León que durou dende os séculos XI ou VI a. C. ata a romanización dos galaicos cara o século I. É a cultura asociada cos galaicos e ástures. A manifestación máis característica desta cultura é o castro (do latín castrum do que toma o nome), as súas oppidum amuralladas e a produción de espadas, machadas, torques e outros bens de bronce xa dende a Idade do Bronce Atlántico.