Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña. Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano.
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
Tor (The Onion Router) é un software libre que permite a comunicación anónima a través de Internet. Orixinalmente desenvolvido pola US Naval Research Laboratory, Tor converteuse nun proxecto da Electronic Frontier Foundation (EFF) a fins de 2004 e ata novembro de 2005. Actualmente desevólveo The Tor Project, unha asociación sen fins de lucro.
O lamarckismo, tamén coñecido como herdanza lamarckista ou, nas súas versións modernas, neolamarckismo, é unha teoría da evolución baseada na noción de que un organismo pode pasar á súa descendencia características físicas que os proxenitores adquiriron por medio do seu uso ou desuso durante a súa vida. Por esta razón tamén se lle chamou herdanza dos caracteres adquiridos ou, máis recentemente, hedanza branda. Esta idea recibe o seu nome polo zoólogo francés da Ilustración Jean-Baptiste Lamarck (1744–1829), que incorporou a teoría da era clásica da herdanza branda á súa teoría da evolución como un suplemento do seu concepto de ortoxénese, unha tendencia cara á complexidade.
O cabo Fisterra é unha península rochosa de granito que se atopa no concello coruñés de Fisterra en plena Costa da Morte, en Galicia. Na época romana críase que era a fin do mundo coñecido. O nome Fisterra, ó igual que o Finistère na Bretaña, deriva do latín finis terrae, que quere dicir "fin da terra".
A cultura castrexa é unha cultura arqueolóxica do noroeste da Península Ibérica que abranguía as rexións de Galicia, Asturias, norte e centro de Portugal e oeste de León que durou dende os séculos XI ou VI a. C. ata a romanización dos galaicos cara o século I. É a cultura arqueolóxica asociada cos pobos galaicos e ástures. A manifestación máis característica desta cultura é o castro (do latín castrum do que toma o nome), as súas oppidum amuralladas e a produción de espadas, machadas, torques e outros bens de bronce xa dende a Idade do Bronce Atlántico.
Listenbourg é un país ficticio creado como un meme de Internet en outubro de 2022, que o representa como unha extensión da Península Ibérica. O usuario francés de Twitter Gaspard Hoelscher compartiu un mapa manipulado de Europa cunha frecha vermella que apuntaba ao contorno dun territorio situado en Galiza, Asturias e Norte de Portugal, coa forma virada do mapa de Francia, e bromeou dicindo que os estadounidenses non poderían nomear ese Estado europeo membro da UE. O tal país fíxose viral nas redes sociais, con algunhas marcas, políticos e organizacións seguindo a broma.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Unha fraga é unha extensión de monte, polo xeral illado e de difícil acceso, poboado de distintas especies caducifolias, de herbas, mofos, fentos e liques e na que convive así mesmo unha gran diversidade de fauna. Sería polo tanto, un bosque ou unha foresta virxe ou primaria. Adoita referirse ao bosque atlántico, do que hoxe só quedan pequenas manchas por mor da acción do ser humano.
Aurora Picornell Femenías, nada en Palma o 1 de outubro de 1912, e finada en Manacor o 5 de xaneiro de 1937, foi unha líder sindicalista e comunista española, costureira de profesión. Alcumada A Pasionaria mallorquina, foi, durante a Segunda República, unha das dirixentes do Partido Comunista (PCE) en Mallorca máis salientables, traballadora en labores de apoio social e humanitario, así como escritora de múltiples publicacións antifascistas. Tras o golpe de estado de 1936, membros do bando sublevado en Mallorca apresárona e torturárona.
A praia de Mónsul (en castelán: playa de Mónsul), tamén coñecida como enseada de Mónsul (en castelán: ensenada de Mónsul), é unha praia situada a 4 km ao suroeste do concello de Níjar, na localidade de San José, na costa da provincia de Almería, no sueste de Andalucía, España. É unha das praias máis famosas e recoñecidas de España e é unha zona de lecer popular.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Don't Mess Up My Tempo é o quinto álbum de estudio do grupo surcoreano EXO. Foi lanzado o 2 de novembro de 2018 baixo o selo discográfico de SM Entertainment. O membro Lay participa na versión chinesa do tema principal, "Tempo", sendo esta a súa primeira aparición xunto ao grupo dende o EP de inverno For Life. O álbum foi producido en catro versións distintas: Allegro, Moderato, Andante e Vivace, cuxos nomes proveñen de diversos tipos de tempo.
Na noite de san Xoán ou do Lume Novo, a noite do día 23 ao 24 de xuño, e coincidindo co solsticio de verán, celébranse desde antigo unha ampla variedade de festas e prácticas rituais en moitos lugares de Europa (principalmente a Europa atlántica), especialmente ó redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de san Xoán. Trátase dunha celebración anterior á chegada do cristianismo na que diferentes culturas festexan este acontecemento solar (véxase: Litha). A data do 24 de xuño corresponde, segundo a tradición cristiá, á data do nacemento de Xoán o Bautista.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
Administrador de Infraestruturas Ferroviarias
O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (en castelán: Administrador de Infraestructuras Ferroviarias), máis coñecido como Adif, é unha entidade pública empresarial dependente inicialmente do Ministerio de Fomento de España (hoxe Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana), que ten como obxectivo a construción de liñas de ferrocarril e a xestión da súa explotación. Adif herdou a infraestrutura das extintas RENFE (2005) e FEVE (2013), polo que é propietaria da maioría de liñas de ferrocarril de España. A data de 31 de decembro de 2015 administraba 15 384 quilómetros de vías e 1 903 estacións, 41 delas por Adif AV (alta velocidade).
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 211.582.
Avram Noam Chomsky, nado en Filadelfia, Pensilvania, o 7 de decembro de 1928 é un lingüista, filósofo, activista estadounidense, reverenciado nos círculos académicos como "o pai da lingüística moderna". Así mesmo tamén é unha das figuras máis recoñecidas no campo da filosofía analítica. Foi profesor emérito de lingüística no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) e unha das figuras máis destacadas da lingüística do século XX, grazas aos seus traballos en teoría lingüística e ciencia cognitiva.
A enxeñaría química é a rama da enxeñaría na que se aplican os principios fundamentais da física, a química e a bioloxía para proxectar, construír e operar sistemas de conversión de materias químicas en produtos finais. As súas ramas principais son o control de procesos que, coma o seu nome di, controla os procesos químicos industriais, a enxeñería medioambiental, que trata os residuos sólidos, a contaminación medioambiental etc, e a biotecnoloxía, que se encarga de transformar xeneticamente os seres vivos en beneficio do home. É similar e en moitos aspectos equivalente á química industrial.
Dungeons & Dragons: Honor Among Thieves
Dungeons & Dragons: Honor Among Thieves é un filme estadounidense de 2023 dirixido por Jonathan Goldstein e John Francis Daley, que escribiron o guión con Michael Gilio a partir dunha historia de Chris McKay e Gilio. Baséase no xogo de rol Dungeons & Dragons, e está ambientado na campaña Forgotten Realms e non ten relación coa triloxía de 2000 e 2012. Está protagonizado por Chris Pine, Michelle Rodriguez, Regé-Jean Page, Justice Smith, Sophia Lillis e Hugh Grant.
O Prone Lugo Asociacion Deportiva, antigamente coñecido por motivos de patrocinio como Azkar Lugo Fútbol Sala, é un equipo lucense de fútbol sala fundado en 1984. Cun importante crecemento na última metade dos 90 e moitos anos do equipo na máxima categoría, o fútbol sala transformouse nun deporte popular na cidade. Actualmente xoga na Segunda División da Liga nacional de fútbol sala.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Billetes da Generalitat de Catalunya
Os billetes da Generalitat de Catalunya conforman unha emisión de papel moeda levada a cabo por ese organismo catalán en 1936, por mor das circunstancias especiais da guerra civil española naquel territorio.
O matrimonio infantil é un matrimonio ou parella doméstica, formal ou informal, entre un neno e un adulto, ou entre dous nenos. Aínda que a maioría de idade (idade adulta legal) e a idade mínima legal para casar adoitan ser os 18 anos, estes limiares poden diferir en diferentes xurisdicións. Nalgunhas rexións do mundo, a idade legal para contraer matrimonio pode ser 14 anos, e ás veces as tradicións substitúen as estipulacións legais].
A copia por contacto é un procedemento fotográfico que permite obter copias a partir dunha película fotográfica do mesmo tamaño sobre papel, chamándose á resultado folla de contactos. Normalmente obtense a partir de negativos pero tamén poderían obterse a partir de diapositivas co que o resultado sería un negativo.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
‘anā Najūm bint al-ʿāšara wa-muṭlaqa
‘anā Najūm bint al-ʿāšara wa-muṭlaqa (en árabe: أنا نجوم بنت العاشرة ومطلقة) é un filme iemení de 2014 dirixido por Khadija al-Salami. Foi escollido como candidato do Iemen para o Óscar ó mellor filme internacional na 89ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. O filme baseáse na historia real de Nujood Ali, que pediu o divorcio do seu marido abusivo aos 10 anos.
En matemáticas, unha relación de recorrencia é unha ecuación segundo a cal o enésimo termo dunha secuencia de números é igual a algunha combinación dos termos anteriores. Se temos k {\displaystyle k} termos da ecuación para definir o termo n {\displaystyle n} , ese número k {\displaystyle k} chámase orde da relación. Se temos os valores dos primeiros k {\displaystyle k} termos da secuencia, o resto da secuencia pódese calcular aplicando repetidamente a ecuación.
Ø ou ø é unha vogal utilizada nas linguas dinamarquesa, feroesa e norueguesa aínda que tamén no antigo éuscaro. Foneticamente soa case como ir en bird ou ur en hurt en inglés, cunha pronuncia non rótica (que non pronuncia a [ɹ] silábica postnuclear, é dicir, a que está en posición de coda). Tamén é semellante á pronuncia do ditongo eu en francés, e ö en alemán, sueco ou turco.
A abeloura, milfurada, hipérico, ou herba de san Xoán(Hypericum perforatum), (en inglés, St. John's wort), é unha herbácea europea, a especie máis abundante da familia das gutíferas (Guttiferae) ou hipericáceas (Hypericaceae). Cómpre non confundila coa dedaleira, que tamén recibe o nome de abeloura.
Sabela Ramil Rivera, coñecida artisticamente como Sabela, nada en Bravos (Ourol) o 1 de outubro de 1993, é unha cantante e compositora galega que se fixo coñecida pola súa participación no concurso musical de televisión Operación Triunfo, no ano 2018. En canto á súa voz trátase dunha voz de música popular rasgada, que entraría dentro do rango de mezzosoporano.
Kyōiku kanji, tamén coñecida coma Gakunenbetsu kanji haitōhyō, é unha lista de 1 026 kanji. Desenvolta polo Ministerio de Educación do Xapón, determina que kanji e lecturas asociadas deben aprender os estudantes das escolas primarias xaponesas, dende o primeiro grao ata o sexto. Malia estar deseñada para falantes nativos, adoita ser empregada tamén por estudantes de xaponés coma lingua estranxeira, para estruturar o seu estudo da escrita nipoa.
Os Países Baixos (en neerlandés: Nederland) é un dos países constituíntes do Reino dos Países Baixos que abrangue a súa parte europea e os municipios especiais de Bonaire, Saba e San Eustaquio. Localizado no noroeste de Europa, limita ó norte e ó oeste co mar do Norte, ó leste con Alemaña e ó sur con Bélxica. Aínda que Holanda é en orixe o nome de dúas das súas provincias, Holanda Setentrional e Holanda Meridional, nalgunhas linguas como é o caso do galego pasou a ser a forma popular de se referir a todo o país, en neerlandés pola contra Holland só se usa para se referir a esas dúas provincias.
O Campionato de Europa de fútbol da UEFA (en inglés: UEFA European Football Championship), máis coñecida como Eurocopa ou simplemente Euro, é a competición de seleccións nacionais de fútbol que organiza a UEFA. Dispútase cada catro anos dende 1960. Hai tamén unha Eurocopa de fútbol feminino que comezou en 1984 e que dende 1997 celébrase tamén cada catro anos.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.
A dedaleira ou estraloque (Digitalis purpurea) é unha planta herbácea bianual, nativa de Europa da familia das plantaxináceas. Recibe tamén os nomes de abeluria, abrula, baloco, borleta, croque, dixital, estalote, milicroque e sanxoán. A flor das dedaleiras e as súas follas conteñen unha substancia alcaloide, a dixitalina, que afecta ao funcionamento cardíaco e o extracto do seu principio activo foi empregado como medicación para a arritmia e outras deficiencias cardíacas dende finais do século XVIII. Na medicina a dixitalina viuse obsoleta e no seu lugar é usada a dixitoxina, molécula sintética derivada daquela.
As Illas Malveiras son un subarquipélago galego na provincia de Pontevedra que forman parte do arquipélago de Cortegada, e con ela integradas no Parque nacional das Illas Atlánticas. Pertencen ó concello de Vilagarcía de Arousa. Sitúanse a poñente da Illa de Cortegada e están formadas por dúas pequenas illas (Malveira Grande e Malveira Pequena) e un illote (Illa das Cabras); no seu conxunto suman 5,5 hectáreas de superficie.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Khadija al-Salami (en árabe: خديجة السلامي), nada en Saná o 11 de novembro de 1966, é a primeira directora e produtora de cinema iemení. Al-Salami reside en París, Francia. Foi nomeada e tamén gañou premios en festivais de cine como o Festival Internacional de Cinema de Dubai e o Festival de Cinema Asiático de Vesoul.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Shinova é unha banda de rock alternativo española orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
Lista de episodios de O detective Conan
Esta é unha lista dos episodios de O detective Conan emitidos ata o de agora na Televisión de Galicia. No Xapón xa se produciron máis de 900 episodios. A serie emitiuse na TVG durante os anos 2006 e 2008, que estreou novos episodios diarios con certos paróns de descanso e chegou ata os 300 dobrados.
María "Maruxa" Fandiño Ricart, nada en Santiago de Compostela o 4 de xaneiro de 1898 e finada na mesma cidade o 13 de maio de 1980, e Coralia Fandiño Ricart, nada en Santiago de Compostela o 24 de agosto de 1914 e finada na Coruña o 30 de xaneiro de 1983, foron unha parella de irmás coñecidas na súa cidade como As Marías, As dúas Marías ou, en menor medida, As dúas en punto. Dende 1994 están representadas nunha célebre escultura situada no parque da Alameda. As dúas irmás eran uns populares personaxes da cidade polo feito de levar a cabo os seus paseos cotiás pola zona vella, durante as décadas de 1950 ata finais de 1970, vestidas e maquilladas dun xeito estrafalario.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Gully Boy (en hindi: गली बॉय) é un filme indio de 2019 dirixido por Zoya Akhtar, e escrito por Akhtar e Reema Kagti. Foi producido por Ritesh Sidhwani, Akhtar e Farhan Akhtar baixo os selos Tiger Baby Films e Excel Entertainment, co rapeiro estadounidense Nas como produtor executivo. Está protagonizado por Ranveer Singh xunto con Alia Bhatt, Kalki Koechlin, Siddhant Chaturvedi, Vijay Varma, Amruta Subhash e Vijay Raaz.
Javier Gerardo Milei, nado en Buenos Aires o 22 de outubro de 1970, é un político, economista e autor arxentino. Dende o 10 de decembro de 2023 é o presidente da Arxentina. Antes de entrar en política, Milei gañou notoriedade como economista, como autor de múltiples libros sobre economía e política e pola súa filosofía política particular.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.