Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña. Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano.
A lingua náhuatl (que deriva de nāhua-tl; pronunciación náhuatl: [ˈnaːwat͡ɬ] ( )), «son claro ou agradable» e tlahtōl-li, «lingua ou linguaxe»), coñecida tamén historicamente como lingua azteca ou lingua mexicana, é unha lingua, ou segundo algunhas definicións, un conxunto de linguas, que pertencen á familia de linguas uto-aztecas e son faladas polo pobo náhuatl. As variedades do náhuatl teñen 1,7 millóns de falantes, a maioría dos cales viven principalmente no centro de México e tamén algunhas poboacións máis pequenas nos Estados Unidos. O náhuatl fálase no centro de México dende cando menos o século VII d.C. Era a lingua dos mexicas, que dominaron o que hoxe é o centro de México durante o período posclásico tardío da historia mesoamericana.
The Hunger Games (en galego, Os xogos da fame) é unha triloxía de novelas xuvenís distópicas de ciencia ficción e aventuras escritas por Suzanne Collins. A serie transcorre nun universo propio e narra o que lles acontece aos mozos protagonistas Katniss Everdeen e Peeta Mellark. A triloxía está composta polas seguintes obras: The Hunger Games (2008), Catching Fire (2009) e Mockingjay (2010).
A abeloura, milfurada, hipérico, ou herba de san Xoán(Hypericum perforatum), (en inglés, St. John's wort), é unha herbácea europea, a especie máis abundante da familia das gutíferas (Guttiferae) ou hipericáceas (Hypericaceae). Cómpre non confundila coa dedaleira, que tamén recibe o nome de abeloura.
Na noite de san Xoán ou do Lume Novo, a noite do día 23 ao 24 de xuño, e coincidindo co solsticio de verán, celébranse desde antigo unha ampla variedade de festas e prácticas rituais en moitos lugares de Europa (principalmente a Europa atlántica), especialmente ó redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de san Xoán. Trátase dunha celebración anterior á chegada do cristianismo na que diferentes culturas festexan este acontecemento solar (véxase: Litha). A data do 24 de xuño corresponde, segundo a tradición cristiá, á data do nacemento de Xoán o Bautista.
O lamarckismo, tamén coñecido como herdanza lamarckista ou, nas súas versións modernas, neolamarckismo, é unha teoría da evolución baseada na noción de que un organismo pode pasar á súa descendencia características físicas que os proxenitores adquiriron por medio do seu uso ou desuso durante a súa vida. Por esta razón tamén se lle chamou herdanza dos caracteres adquiridos ou, máis recentemente, hedanza branda. Esta idea recibe o seu nome polo zoólogo francés da Ilustración Jean-Baptiste Lamarck (1744–1829), que incorporou a teoría da era clásica da herdanza branda á súa teoría da evolución como un suplemento do seu concepto de ortoxénese, unha tendencia cara á complexidade.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O cabo Fisterra é unha península rochosa de granito que se atopa no concello coruñés de Fisterra en plena Costa da Morte, en Galicia. Na época romana críase que era a fin do mundo coñecido. O nome Fisterra, ó igual que o Finistère na Bretaña, deriva do latín finis terrae, que quere dicir "fin da terra".
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Romelu Menama Lukaku, nado en Antuerpen o 13 de maio de 1993, é un futbolista internacional belga que xoga como dianteiro para o Chelsea FC da Premier League inglesa e para a selección de Bélxica. Comezou a súa carreira no equipo local, o Rupel Bom, sendo tempo despois recrutado e contratado polo Lierse. Debido ao seu xogo foi observado e atraído por numerosos clubs, asinando finalmenete polas categorías inferiores do Anderlecht, histórico club da Jupiler Pro League.
O plasma xerminal (alemán: Keimplasma) é un concepto biolóxico desenvolvido no século XIX polo biólogo alemán August Weismann. Consiste en que a información herdable só se pode transmitir polas células xerminais das gónadas (ovarios e testículos), non polas céulas somáticas. A idea relacionada de que a información non pode pasar desde as células somáticas á liña xerminal, contraria ao lamarckismo, denomínase barreira de Weismann.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
A dedaleira ou estraloque (Digitalis purpurea) é unha planta herbácea bianual, nativa de Europa da familia das plantaxináceas. Recibe tamén os nomes de abeluria, abrula, baloco, borleta, croque, dixital, estalote, milicroque e sanxoán. A flor das dedaleiras e as súas follas conteñen unha substancia alcaloide, a dixitalina, que afecta ao funcionamento cardíaco e o extracto do seu principio activo foi empregado como medicación para a arritmia e outras deficiencias cardíacas dende finais do século XVIII. Na medicina a dixitalina viuse obsoleta e no seu lugar é usada a dixitoxina, molécula sintética derivada daquela.
O fiúncho (do latín serodio fenuculum, diminutivo de fenum 'feo, herba seca'), funcho, fiollo ou fieiteiro (Foeniculum vulgare) é a única especie do xénero Foeniculum. Nativa da Europa meridional, en especial da costa do mar Mediterráneo, onde medra en estado silvestre, é unha herba perenne e sumamente aromática, cultivada polo seu emprego na cociña. Tamén medra en estado silvestre na costa do Atlántico, especialmente en Galiza, onde tradicionalmente son usadas as sementes para culinaria e medicina popular e os talos para alimento dos animais.
Verónica Boquete Giadáns, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987, é unha futbolista galega, que xoga como centrocampista e dianteira na Fiorentina, da Serie A de Italia. Considerada como unha das mellores futbolistas españolas da historia, desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a primeira en marcar nunha final.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente non milita en ningún equipo, xa que en novembro deixou de mutuo acordo o club no que se encontraba, o Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Os amish (en alemán de Pensilvania, amisch) son seguidores de igrexas tradicionalistas cristiáns que comparte cos menonitas unha herdanza común anabaptista, son popularmente coñecidos polo seu estilo de vida sinxela, a súa modesta vestimenta tradicional e o seu rexeitamento a adoptaren tecnoloxía do mundo moderno.
Este artigo trata sobre a planta, para o doce de masa de follado, véxase o artigo Milfollas (doce). O milfollas ou herba dos carpinteiros (Achilleae millefollium), é unha planta herbácea perenne nativa do hemisferio norte e que tradicionalmente se empregaba para curar feridas. Consómese como parte de caldos.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
Aurora Picornell Femenías, nada en Palma o 1 de outubro de 1912, e finada en Manacor o 5 de xaneiro de 1937, foi unha líder sindicalista e comunista española, costureira de profesión. Alcumada A Pasionaria mallorquina, foi, durante a Segunda República, unha das dirixentes do Partido Comunista (PCE) en Mallorca máis salientables, traballadora en labores de apoio social e humanitario, así como escritora de múltiples publicacións antifascistas. Tras o golpe de estado de 1936, membros do bando sublevado en Mallorca apresárona e torturárona.
María Luísa Nache, nada en 1924 na Coruña (nalgunhas fontes indícase Ferrol) e finada na mesma cidade en 1985, foi unha soprano galega. Cantou nalgúns dos máis importantes teatros de ópera do mundo con grandes figuras do bel canto e con algúns dos directores de orquestra máis destacados da época. Mantivo unha importante relación profesional co tenor italiano Franco Corelli, con quen cantou óperas como Il trovatore ou Turandot.
Darío Xohán Cabana Yanes, nado en Roás (Cospeito) o 19 de abril de 1952 e finado en Romeán (Lugo) o 16 de novembro de 2021, foi un multipremiado escritor galego. Cultivou varios xéneros (poesía, novela, conto e ensaio) e escribiu tanto para adultos como para nenos. Foi ademais un prestixioso tradutor ao galego de grandes clásicos da literatura italiana de Dante e Petrarca.
A cultura castrexa é unha cultura arqueolóxica do noroeste da Península Ibérica que abranguía as rexións de Galicia, Asturias, norte e centro de Portugal e oeste de León que durou dende os séculos XI ou VI a. C. ata a romanización dos galaicos cara o século I. É a cultura arqueolóxica asociada cos pobos galaicos e ástures. A manifestación máis característica desta cultura é o castro (do latín castrum do que toma o nome), as súas oppidum amuralladas e a produción de espadas, machadas, torques e outros bens de bronce xa dende a Idade do Bronce Atlántico.
Dicionario da Real Academia Galega
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.
A macela ou camomila, Matricaria chamomilla ou Matricaria recutita, é unha planta herbácea aromática da familia das compostas Posúe un talo feble, ramudo, con flores de centro amarelo e corola branca. Emprégase como herba medicinal, pois posúe propiedades calmantes e dixestivas. Os nomes máis comúns segundo os ALPI en galego son magarza e gamarza.
Unha fraga é unha extensión de monte, polo xeral illado e de difícil acceso, poboado de distintas especies caducifolias, de herbas, mofos, fentos e liques e na que convive así mesmo unha gran diversidade de fauna. Sería polo tanto, un bosque ou unha foresta virxe ou primaria. Adoita referirse ao bosque atlántico, do que hoxe só quedan pequenas manchas por mor da acción do ser humano.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Listenbourg é un país ficticio creado como un meme de Internet en outubro de 2022, que o representa como unha extensión da Península Ibérica. O usuario francés de Twitter Gaspard Hoelscher compartiu un mapa manipulado de Europa cunha frecha vermella que apuntaba ao contorno dun territorio situado en Galiza, Asturias e Norte de Portugal, coa forma virada do mapa de Francia, e bromeou dicindo que os estadounidenses non poderían nomear ese Estado europeo membro da UE. O tal país fíxose viral nas redes sociais, con algunhas marcas, políticos e organizacións seguindo a broma.
A árnica falsa, tamén denominada flor de San Xoán; Helichrysum fœtidum (L.) Moench, é unha planta da familia Asteraceae orixinaria de Suráfrica. Naturalizada por gran parte da xeografía galega; principalmente nos hábitats costeiros onde vive. En zonas alteradas como cunetas, en ocasións penetrando en medios naturais como dunas ou nas zonas de transición entre cultivos e matogueiras.
O romeu (Rosmarinus officinalis), tamén chamado alecrín, é un arbusto que habita na rexión mediterránea da Europa meridional, Norte de África e tamén, na Asia menor. En España, áchase na maior parte de Cataluña, ata os Pireneos en Aragón e Navarra, Castela-A Mancha, Murcia, Estremadura, e nas zonas montañosas da Comunidade Valenciana, Andalucía e nas Illas Baleares. En estado silvestre é pouco común na Galiza e no norte da Península Ibérica.
A teoría de conxuntos é a rama da lóxica matemática que estuda os conxuntos, que son coleccións de obxectos. Aínda que calquera tipo de obxecto pode coleccionarse nun conxunto, a teoría de conxuntos adóitase aplicar aos obxectos relevantes para as matemáticas. A linguaxe da teoría de conxuntos pode usarse nas definicións de practicamente todos os obxectos matemáticos.
A herba luísa (Aloysia citriodora) é unha especie da familia Verbenaceae, que se caracteriza por un aroma que recorda o do limón. É orixinaria de Suramérica, onde crece de forma silvestre. Cultívase con profusión en xardíns de todo o mundo, mais o desenvolvemento da mesma require un clima soleado e húmido.
O municipio de Alūksne (en letón, Alūksnes novads) é un dos 36 municipios de Letonia. É un municipio da fronteira nordeste de Letonia establecido en 2009 no curso da reforma administrativa territorial. A cidade de Alūksne e 15 parroquias do antigo distrito de Alūksne están unidas no condado, agás as parroquias da cidade de Apes, Gaujienas, Trapenes e Virešu, que formaron o municipio de Apes (que máis tarde no 2021 pasou a formar parte do municipio de Smiltene).
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
O Prone Lugo Asociacion Deportiva, antigamente coñecido por motivos de patrocinio como Azkar Lugo Fútbol Sala, é un equipo lucense de fútbol sala fundado en 1984. Cun importante crecemento na última metade dos 90 e moitos anos do equipo na máxima categoría, o fútbol sala transformouse nun deporte popular na cidade. Actualmente xoga na Segunda División da Liga nacional de fútbol sala.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 211.608.