Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña. Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano.
Lista das bolboretas de Galicia
A seguinte é unha lista das bolboretas que se atopan en Galicia, un total de 144. Está baseada principalmente nos datos recollidos pola Sociedade Galega de Historia Natural.
Sicario é un filme estadounidense de suspense e acción de 2015 dirixido por Denis Villeneuve e escrito por Taylor Sheridan. Está protagonizado por Emily Blunt, Benicio del Toro e Josh Brolin. O filme conta a historia dunha axente do FBI que é recrutada por un grupo de traballo do goberno para derrocar ao líder dun poderoso e brutal cártel mexicano da droga.
O rato de laboratorio é un pequeno roedor que se cría e usa fundamentalmente para a investigación científica, que xeralmente pertence á especie Mus musculus (rato doméstico). Son os animais mamíferos máis utilizados en investigación como organismo modelo en campos como a xenética, fisioloxía, psicoloxía, medicina e outras disciplinas científicas. Os ratos pertencen ao clado dos animais Euarchontoglires, nos que se inclúe tamén o ser humano.
Xeorxia é un país situado no límite entre Asia e Europa localizado na costa do mar Negro, ao sur do Cáucaso, que se independizou da Unión Soviética, tras ser a República Socialista Soviética de Xeorxia. Limita ao norte e ao leste con Rusia, ao leste e sur con Acerbaixán, ao sur con Armenia e Turquía, e ao oeste co Mar Negro. A súa capital é Tbilisi.
O quiabo,[Cómpre referencia] Abelmoschus esculentus, é unha planta do xénero dos abelmoscos na familia da malva (Malvaceae). O seu froito é unha cápsula fibrosa chea de sementes brancas redondas, utilizado en cociña antes da maduración. O seu uso é moi común na cociña da India e do Oriente Medio, así como no Brasil e no Sur dos Estados Unidos e en xeral en calquera lugar con inmigración africana.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Támara Echegoyen Domínguez, nada o 17 de febreiro de 1984 en Ourense, é unha regatista galega. Participou en tres Xogos Olímpicos (Londres 2012, Río de Xaneiro 2016 e Toquio 2020). Na edición de Londres converteuse na primeira muller galega en gañar unha medalla de ouro olímpica, xunto á súa compañeira Sofía Toro.
O cabo Fisterra é unha península rochosa de granito que se atopa no concello coruñés de Fisterra en plena Costa da Morte, en Galicia. Na época romana críase que era a fin do mundo coñecido. O nome Fisterra, ó igual que o Finistère na Bretaña, deriva do latín finis terrae, que quere dicir "fin da terra".
Alice Cooper, é unha banda de Hard rock e Rock and roll que tivo o seu maior auxe nos anos 70, e, máis tardiamente, o nome artístico do ex-líder da banda, Vincent Damon Furnier, nado en Detroit o 4 de febreiro de 1948, como solista e compositor de Rock, tocando subxéneros coma o Hard rock, Glam rock, New wave ou Heavy metal, ó longo da súa carreira. É coñecido polas súas presentacións en vivo, frecuentemente teatrais e violentas, cheas de maquillaxe, cadeiras eléctricas, forcas, guillotinas, cabezas decapitadas artificiais e sangue falso. O humor, frecuentemente, forma parte dos seus traballos e entrevistas.
Michelle Clemente Escotet, nada en Caracas o 7 de decembro de 1994, é un exfutbolista venezolana, que xogaba como centrocampista. Foi internacional coas categorías inferiores da selección venezolana. Dende 2023 é membro do Consello de Administración do Deportivo da Coruña, club do que é propietario o seu tío Juan Carlos Escotet por medio de Abanca.
Miguel Rafael Martos Sánchez, nado en Linares (Xaén) o 5 de maio de 1943, coñecido internacionalmente como Raphael, é un dos cantantes máis relevantes do tardofranquismo e dos comezos democráticos do Estado Español. Malia que cun ritmo menor, a día de hoxe segue en activo e ten grande aceptación nos países de fala hispana.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Luis Alberto Arce Catacora, nado na Paz o 28 de setembro de 1963, é un economista, catedrático de universidade e político boliviano, actual presidente de Bolivia dende 2020. Anteriormente foi ministro de Economía e Finanzas de Bolivia en dous períodos; a primeira vez dende o 23 de xaneiro de 2006 até o 24 de xuño de 2017 e a segunda vez dende o 23 de xaneiro de 2019 até o 10 de novembro de 2019, durante o primeiro, segundo e terceiro goberno do presidente Evo Morales Ayma. Luis Arce foi recoñecido internacionalmente como o principal impulsor e artífice do crecemento económico de Bolivia suscitado entre 2006 e 2019.
O percebe da madeira, ou falso percebe, Lepas anatifera, Linnaeus 1758, é unha especie de crustáceo cirrípede da orde dos pedunculados e familia dos lepádidos, unha das catorce integrantes do xénero Lepas. Este percebe, non comestíbel, encóntrase, a miúdo en grandes cantidades, unido polo seu pedúnculo flexíbel a madeiras flotantes, cascos de barcos, peiraos, pilotes, algas e varios tipos de restos flotantes, como botellas.
Saudade de ti é unha serie de televisión estreada en 2022 pola Televisión de Galicia, consta de 60 capítulos na primeira tempada, que foron emitidos entre xullo e setembro de 2022. Na segunda outros 60 de xuño a setembro de 2023. A primeira tempada foi líder de audiencia na TVG. Foi seguida por máis de 150.000 espectadores cada noite, a primeira elección en horario de máxima audiencia en Galicia.
A copia por contacto é un procedemento fotográfico que permite obter copias a partir dunha película fotográfica do mesmo tamaño sobre papel, chamándose á resultado folla de contactos. Normalmente obtense a partir de negativos pero tamén poderían obterse a partir de diapositivas co que o resultado sería un negativo.
Louis Pasteur, nado en Dole (departamento do Jura) o 27 de decembro de 1822 e finado o 28 de setembro de 1895, foi un químico francés cuxos descubrimentos tiveron enorme importancia en diversos campos das ciencias naturais, sobre todo na química e microbioloxía. A el débese a técnica coñecida como pasteurización. A través de experimentos refutou definitivamente a teoría da xeración espontánea e desenvolveu a teoría xerminal das enfermidades infecciosas.
A cultura castrexa é unha cultura arqueolóxica do noroeste da Península Ibérica que abranguía as rexións de Galicia, Asturias, norte e centro de Portugal e oeste de León que durou dende os séculos XI ou VI a. C. ata a romanización dos galaicos cara o século I. É a cultura arqueolóxica asociada cos pobos galaicos e ástures. A manifestación máis característica desta cultura é o castro (do latín castrum do que toma o nome), as súas oppidum amuralladas e a produción de espadas, machadas, torques e outros bens de bronce xa dende a Idade do Bronce Atlántico.
A escrita xaponesa moderna emprega unha combinación de kanji logográficos, que son caracteres de orixe chinesa, e silabarios kana. Este último consta dun par de silabarios: o hiragana, que se usa maiormente para as verbas nipoas nativas ou naturalizadas e para elementos gramaticais; e katakana, que se usa principalmente para verbas e nomes estranxeiros, onomatopeas, préstamos lingüísticos, nomes científicos e, de cando en vez, dar énfase. Case tódalas frases escritas en lingua xaponesa posúen unha mestura de kanji e kana.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Accidente do Cessna 206 en Colombia en 2023
O 1 de maio de 2023, unha aeronave lixeira Cessna 206 con sete persoas a bordo estrelouse na selva amazónica no departamento de Caquetá de Colombia. Dous dos ocupantes, o piloto e un adulto, morreron como consecuencia do impacto, mentres que os cinco pasaxeiros restantes, unha nai e os seus catro fillos, sobreviviron ao choque. A nai morreu varios días despois, deixando que os nenos se valesen por si mesmos.
Un número tetraédrico, ou número piramidal triangular, é un número figurado que representa un tetraedro, unha pirámide triangular que ten triángulos equiláteros nas catro caras . O n ésimo número tetraédrico, Ten, é a suma dos n primeiros números triangulares, é dicir, T e n = ∑ k = 1 n T k = ∑ k = 1 n k ( k + 1 ) 2 = ∑ k = 1 n ( ∑ i = 1 k i ) {\displaystyle Te_{n}=\sum _{k=1}^{n}T_{k}=\sum _{k=1}^{n}{\frac {k(k+1)}{2}}=\sum _{k=1}^{n}\left(\sum _{i=1}^{k}i\right)} Os números tetraédricos son: 1, 4, 10, 20, 35, 56, 84, 120, 165, 220,...
Manuel de Falla y Matheu, nado en Cádiz o 23 de novembro de 1876 e finado en Alta Gracia (Arxentina) o 14 de novembro de 1946, foi un compositor andaluz do nacionalismo musical. Con Isaac Albéniz, Enrique Granados, Joaquín Turina e Joaquín Rodrigo é un dos músicos máis importantes da primeira metade do século XX en España, e un dos compositores españois máis importantes de todos os tempos. Pertenceu a unha acomodada familia de comerciantes gaditanos e recibiu formación musical dende a súa infancia, tanto de piano como de solfexo.
Jeans (en támil: ஜீன்ஸ்) é un filme indio de 1998 rodado en lingua támil e coescrito e dirixido por S. Shankar. Foi producido por Ashok Amritraj e Murali Manohar. Está protagonizado por Prashanth e Aishwarya Rai, e Lakshmi, Radhika Sarathkumar, Nassar, Senthil e Raju Sundaram desempeñan papeis secundarios.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Dicionario da Real Academia Galega
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.
Verónica Boquete Giadáns, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987, é unha futbolista galega, que xoga como centrocampista e dianteira na Fiorentina, da Serie A de Italia. Considerada como unha das mellores futbolistas españolas da historia, desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a primeira en marcar nunha final.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Juan Evo Morales Ayma, nado en Orinoca, Oruro, o 26 de outubro de 1959, é un político boliviano, representante durante moitos anos do sector agrario do país, en especial dos cocaleiros, foi electo ao Congreso en 1997, dando inicio a unha meteórica carreira política. En 2002 resultou segundo nas eleccións presidenciais por escasa marxe, e triunfou nas eleccións de 2005 (domingo 18 de decembro). Asume o poder o 22 de xaneiro de 2006 como o primeiro mandatario boliviano en ser electo Presidente da República en primeira volta en máis de 30 anos.
O Daodejing ou Tao Te Ching (chinés tradicional: 道德經; chinés simplificado: 道德经; "O clásico do camiño e da virtude") é un libro clásico chinés, considerado un dos textos fundamentais do daoísmo. Segundo a tradición, foi creado polo sabio Laozi, mais a súa autoría e as súas datas de composición e compilación son aínda obxecto de debate. Os fragmentos máis antigos atopados datan de finais do século IV a.C.; ademais, os textos de Guodian son do século III a.C., aínda que conteñen múltiples versións da obra, diferentes da actual.
Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas
A Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas (en castelán: Ley General de Derechos Lingüísticos de los Pueblos Indígenas; en maia iucateco: Noj A'almaj T'aanil u Páajtalil u T'a'anal Máasewal T'aano'ob) publicouse o 13 de marzo de 2003 durante o mandato do presidente mexicano Vicente Fox Quesada. Esta lei levou á creación do Instituto Nacional de Linguas Indíxenas. Esta lei é un elemento xurídico que especifica o recoñecemento dos dereitos individuais e colectivos das persoas e pobos que posúen e practican algunhas das 68 linguas indíxenas de México .
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Unha fraga é unha extensión de monte, polo xeral illado e de difícil acceso, poboado de distintas especies caducifolias, de herbas, mofos, fentos e liques e na que convive así mesmo unha gran diversidade de fauna. Sería polo tanto, un bosque ou unha foresta virxe ou primaria. Adoita referirse ao bosque atlántico, do que hoxe só quedan pequenas manchas por mor da acción do ser humano.
Romelu Menama Lukaku, nado en Antuerpen o 13 de maio de 1993, é un futbolista internacional belga que xoga como dianteiro para o Chelsea FC da Premier League inglesa e para a selección de Bélxica. Comezou a súa carreira no equipo local, o Rupel Bom, sendo tempo despois recrutado e contratado polo Lierse. Debido ao seu xogo foi observado e atraído por numerosos clubs, asinando finalmenete polas categorías inferiores do Anderlecht, histórico club da Jupiler Pro League.
O Xabarín Club é un programa infantil e xuvenil da TVG que comezou a emitirse o 18 de abril de 1994. O protagonista do programa é o personaxe animado do "Xabarín", un xabaril antropomorfo deseñado por Miguelanxo Prado e ao cal dá voz Juanillo Esteban. O "Xabarín" realiza a función de presentador do programa, o cal inclúe un club de socios, a emisión de series de debuxos animados, videoclips de grupos musicais e espazos de produción propia, como Xabarín News ou Os vixilantes do Camiño, a primeira serie animada de produción galega que emitiu o Xabarín Club.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 211.706.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente non milita en ningún equipo, xa que en novembro deixou de mutuo acordo o club no que se encontraba, o Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Consello Xeral do Poder Xudicial
O Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) de España, consonte o artigo 122 da Constitución española, é o órgano de goberno dese poder do Estado, que exerce as súas competencias en todo o territorio español. A súa función principal é velar pola independencia de xuíces e maxistrados fronte ao resto dos poderes estatais.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Jose María Caneda Antelo, tamén coñecido como Xosé María Caneda, nado en Amio (Santiago de Compostela) o 1 de febreiro de 1947 e finado na mesma cidade o 24 de xuño de 2024, foi un empresario e directivo futbolístico galego. Presidiu durante 23 anos a SD Compostela, club ao que levou dende a Terceira ata a Primeira División, converténdose nun dos dirixentes máis populares do fútbol español.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Google Chrome é un navegador web de balde desenvolvido por Google. Utilizou o motor de renderización WebKit ata a versión 27 e, agás as versións para iOS, desde a versión 28 utiliza a bifurcación Blink. A primeira versión, unha beta para Microsoft Windows apareceu o 2 de setembro de 2008, e a primeira versión pública estable o 11 de decembro de 2008.
A lingua náhuatl (que deriva de nāhua-tl; pronunciación náhuatl: [ˈnaːwat͡ɬ] ( )), nāhua, «son claro ou agradable» e tlahtōl-li, «lingua ou linguaxe»), coñecida tamén historicamente como lingua azteca ou lingua mexicana, é unha lingua, ou segundo algunhas definicións, un conxunto de linguas, que pertencen á familia de linguas uto-aztecas e son faladas polo pobo náhuatl. As variedades do náhuatl teñen 1,7 millóns de falantes, a maioría dos cales viven principalmente no centro de México e tamén algunhas poboacións máis pequenas nos Estados Unidos. O náhuatl fálase no centro de México dende cando menos o século VII. Era a lingua dos mexicas, que dominaron o que hoxe é o centro de México durante o período posclásico tardío da historia mesoamericana.
Instituto Nacional de Linguas Indíxenas
O Instituto Nacional de Linguas Indíxenas, tamén coñecido polo acrónimo INALI, (en maia iucateco: Noj Mola'ayil Máasewal T'aano'ob) é unha axencia pública federal mexicana, creada o 13 de marzo de 2003 pola promulgación da Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas pola administración de Presidente Vicente Fox Quesada. É unha axencia descentralizada da Administración Pública Federal, adscrita á Secretaría de Educación Pública ou SEP. O seu órgano supremo é o Consello Nacional, do cal é presidente o Secretario de Educación Pública, cun Director Xeral encargado das súas actividades cotiás. INALI traballa para promover e protexer o uso das linguas indíxenas de México, que divide en 68 "grupos lingüísticos" vivos e centos de "variedades lingüísticas".
Guru (en malayalam: ഗുരു) é un filme indio de 1997 rodado en lingua malayalam dirixido por Rajiv Anchal e escrito por C. G. Rajendra Babu a partir dunha historia de Anchal. Está protagonizado por Mohanlal, xunto con Suresh Gopi, Madhupal, Sithara, Kaveri, Sreelakshmi, Nedumudi Venu e Sreenivasan nos papeis secundarios. Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 70ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Pixels é un filme chinés-estadounidense de ciencia ficción, acción e comedia producido por Columbia Pictures, 1492 Pictures e Happy Madison Productions. Foi dirixido por Chris Columbus cun guión de Tim Herlihy e Timothy Dowling e unha historia baseada no filme de Patrick Jean Pixels. Está protagonizado por Adam Sandler, Kevin James, Josh Gad, Peter Dinklage, Michelle Monaghan, Brian Cox, Ashley Benson e Jane Krakowski.
Un número pentagonal é un número figurado que estende o concepto de números triangulares e cadrados ao pentágono. Está estensión non é total, o patrón para a construcción dos números pentagonais non ten simetrías. O n- ésimo número pentagonal p n é o número de puntos distintos nun patrón de puntos que consiste nos contornos de pentágonos regulares que comparten un vértide de lados de 1 punto ata de lados de n puntos .
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A illa de Tambo atópase no fondo da ría de Pontevedra, e pertence ao concello de Poio do que esta separado por unha canle de 1,1 km pero de pouca profundidade. A súa superficie é de 0,28 km², cunha altura máxima de 80 m, aínda que toda a súa parte central supera os 50 metros de altitude. O seu perímetro acada os 4 km.
A teoría de conxuntos é a rama da lóxica matemática que estuda os conxuntos, que son coleccións de obxectos. Aínda que calquera tipo de obxecto pode coleccionarse nun conxunto, a teoría de conxuntos adóitase aplicar aos obxectos relevantes para as matemáticas. A linguaxe da teoría de conxuntos pode usarse nas definicións de practicamente todos os obxectos matemáticos.