Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña. Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Sicario é un filme estadounidense de suspense e acción de 2015 dirixido por Denis Villeneuve e escrito por Taylor Sheridan. Está protagonizado por Emily Blunt, Benicio del Toro e Josh Brolin. O filme conta a historia dunha axente do FBI que é recrutada por un grupo de traballo do goberno para derrocar ao líder dun poderoso e brutal cártel mexicano da droga.
O rato de laboratorio é un pequeno roedor que se cría e usa fundamentalmente para a investigación científica, que xeralmente pertence á especie Mus musculus (rato doméstico). Son os animais mamíferos máis utilizados en investigación como organismo modelo en campos como a xenética, fisioloxía, psicoloxía, medicina e outras disciplinas científicas. Os ratos pertencen ao clado dos animais Euarchontoglires, nos que se inclúe tamén o ser humano.
A Nippon Professional Baseball ou NPB (do inglés: Béisbol Profesional Xaponés, en xaponés: 日本野球機構, Nippon Yakyū Kikō), é o campionato de liga de béisbol profesional do Xapón. Chamada de forma coloquial no Xapón Puro Yakyū, é a máxima categoría do béisbol nipón. Xogadores, analistas e diferentes traballadores da Major League Baseball (MLB) consideran a esta competición como "AAAA", é dicir, menos competitiva que a MLB mais por riba das máis potentes Ligas Menores "AAA" norteamericanas.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Saudade de ti é unha serie de televisión estreada en 2022 pola Televisión de Galicia, consta de 60 capítulos na primeira tempada, que foron emitidos entre xullo e setembro de 2022. Na segunda outros 60 de xuño a setembro de 2023. A primeira tempada foi líder de audiencia na TVG. Foi seguida por máis de 150.000 espectadores cada noite, a primeira elección en horario de máxima audiencia en Galicia.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
As fadas (do latín fata) son seres mitolóxicos do folclore europeo, unha forma de espíritos da natureza que a coidan e axudan a menter o seu equilibrio. O seu nome en latín significa destino, xa que as fadas son unha transposición das moiras gregas, unhas criaturas que aparecen o terceiro día do nacemento dun neno para predicir o seu futuro. Dende o romanticismo, son representadas como mozas ou nenas con ás.
O Daodejing ou Tao Te Ching (chinés tradicional: 道德經; chinés simplificado: 道德经; "O clásico do camiño e da virtude") é un libro clásico chinés, considerado un dos textos fundamentais do daoísmo. Segundo a tradición, foi creado polo sabio Laozi, mais a súa autoría e as súas datas de composición e compilación son aínda obxecto de debate. Os fragmentos máis antigos atopados datan de finais do século IV a.C.; ademais, os textos de Guodian son do século III a.C., aínda que conteñen múltiples versións da obra, diferentes da actual.
Paul Bruce Dickinson, nado o 7 de agosto de 1958 e coñecido profesionalmente como Bruce Dickinson, é un cantante, compositor, músico, piloto, autor e locutor inglés. É o cantante da banda de heavy metal Iron Maiden e é coñecido polo seu amplo rango vocal e a súa enerxética presenza no escenario. Nado en Worksop, Nottinghamshire, Dickinson iniciou a súa carreira na música liderando pequenos grupos nos anos 70 mentres estudaba, primeiro en Sheffield e despois na universidade en Londres.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
O cabo Fisterra é unha península rochosa de granito que se atopa no concello coruñés de Fisterra en plena Costa da Morte, en Galicia. Na época romana críase que era a fin do mundo coñecido. O nome Fisterra, ó igual que o Finistère na Bretaña, deriva do latín finis terrae, que quere dicir "fin da terra".
Alice Cooper, é unha banda de Hard rock e Rock and roll que tivo o seu maior auxe nos anos 70, e, máis tardiamente, o nome artístico do ex-líder da banda, Vincent Damon Furnier, nado en Detroit o 4 de febreiro de 1948, como solista e compositor de Rock, tocando subxéneros coma o Hard rock, Glam rock, New wave ou Heavy metal, ó longo da súa carreira. É coñecido polas súas presentacións en vivo, frecuentemente teatrais e violentas, cheas de maquillaxe, cadeiras eléctricas, forcas, guillotinas, cabezas decapitadas artificiais e sangue falso. O humor, frecuentemente, forma parte dos seus traballos e entrevistas.
Michelle Clemente Escotet, nada en Caracas o 7 de decembro de 1994, é un exfutbolista venezolana, que xogaba como centrocampista. Foi internacional coas categorías inferiores da selección venezolana. Dende 2023 é membro do Consello de Administración do Deportivo da Coruña, club do que é propietario o seu tío Juan Carlos Escotet por medio de Abanca.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Támara Echegoyen Domínguez, nada o 17 de febreiro de 1984 en Ourense, é unha regatista galega. Participou en tres Xogos Olímpicos (Londres 2012, Río de Xaneiro 2016 e Toquio 2020). Na edición de Londres converteuse na primeira muller galega en gañar unha medalla de ouro olímpica, xunto á súa compañeira Sofía Toro.
Kuruthipunal (en támil: குருதிப்புனல்) é un filme indio de 1995 rodado en lingua támil dirixido por P. C. Sreeram, e coproducido e escrito por Kamal Haasan. Está protagonizado por Haasan, Arjun, Nassar, Gautami e Geetha, e é un remake do filme hindi Drohkaal (1994), e conta a historia de dous policías que buscan frear un grupo terrorista. Xunto coa versión támil, rodouse simultaneamente outra versión en telugu titulada Drohi (en telugu: ద్రోహి).
Dicionario da Real Academia Galega
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.
Luis Alberto Arce Catacora, nado na Paz o 28 de setembro de 1963, é un economista, catedrático de universidade e político boliviano, actual presidente de Bolivia dende 2020. Anteriormente foi ministro de Economía e Finanzas de Bolivia en dous períodos; a primeira vez dende o 23 de xaneiro de 2006 até o 24 de xuño de 2017 e a segunda vez dende o 23 de xaneiro de 2019 até o 10 de novembro de 2019, durante o primeiro, segundo e terceiro goberno do presidente Evo Morales Ayma. Luis Arce foi recoñecido internacionalmente como o principal impulsor e artífice do crecemento económico de Bolivia suscitado entre 2006 e 2019.
Erguer. Estudantes da Galiza é unha organización estudantil galega destinada á defensa dos intereses do estudantado, cuxo obxectivo estratéxico é acadar un ensino galego, público, de calidade, democrático e non heteropatriarcal. É unha organización de carácter plural, situada no campo da esquerda nacionalista e independentista, nun movemento político que procura a constitución da República Galega independente, democrática e plenamente soberana.
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.
A teoría de conxuntos é a rama da lóxica matemática que estuda os conxuntos, que son coleccións de obxectos. Aínda que calquera tipo de obxecto pode coleccionarse nun conxunto, a teoría de conxuntos adóitase aplicar aos obxectos relevantes para as matemáticas. A linguaxe da teoría de conxuntos pode usarse nas definicións de practicamente todos os obxectos matemáticos.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Juan Evo Morales Ayma, nado en Orinoca, Oruro, o 26 de outubro de 1959, é un político boliviano, representante durante moitos anos do sector agrario do país, en especial dos cocaleiros, foi electo ao Congreso en 1997, dando inicio a unha meteórica carreira política. En 2002 resultou segundo nas eleccións presidenciais por escasa marxe, e triunfou nas eleccións de 2005 (domingo 18 de decembro). Asume o poder o 22 de xaneiro de 2006 como o primeiro mandatario boliviano en ser electo Presidente da República en primeira volta en máis de 30 anos.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Refraneiro galego sobre o burro
Á burra e á muller polo pico lles entra a fermosura. Á burra e á muller, a paus hainas que tanguer. A burro froxo, arrieiro tolo que lle malle o lombo.
A copia por contacto é un procedemento fotográfico que permite obter copias a partir dunha película fotográfica do mesmo tamaño sobre papel, chamándose á resultado folla de contactos. Normalmente obtense a partir de negativos pero tamén poderían obterse a partir de diapositivas co que o resultado sería un negativo.
Xeorxia é un país situado no límite entre Asia e Europa localizado na costa do mar Negro, ao sur do Cáucaso, que se independizou da Unión Soviética, tras ser a República Socialista Soviética de Xeorxia. Limita ao norte e ao leste con Rusia, ao leste e sur con Acerbaixán, ao sur con Armenia e Turquía, e ao oeste co Mar Negro. A súa capital é Tbilisi.
El Dorado é un filme estadounidense de 1966 producido e dirixido por Howard Hawks e protagonizado por John Wayne e Robert Mitchum. Escrito por Leigh Brackett e vagamente baseado no libro The Stars in Their Courses de Harry Brown, o filme conta a historia dun pistoleiro que chega en auxilio dun vello amigo: un alguacil bébedo que loita por defender un gandeiro e a súa familia contra outro gandeiro que tenta roubarlles a auga. O pistoleiro e o alguacil son axudados por un guerreiro indio envellecido e un xogador novo.
Thevar Magan (en támil: தேவர் மகன்) é un filme indio de 1992 rodado en lingua támil e dirixido por Bharathan, escrito e producido por Kamal Haasan. Está protagonizado por Sivaji Ganesan, Haasan, Revathi, Gautami e Nassar, xunto con Kallapart Natarajan, Kaka Radhakrishnan, Sangili Murugan e Vadivelu nos papeis secundarios. A historia trata sobre o fillo dun cacique de aldea respectado que quere abrir un negocio pero o seu pai quere que axude aos veciños.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
María Loureiro García (política)
María Loureiro García, nada en Viveiro en 1981, é unha política galega do PSdeG-PSOE, que dende o 2013 é alcaldesa de Viveiro.
Unha fraga é unha extensión de monte, polo xeral illado e de difícil acceso, poboado de distintas especies caducifolias, de herbas, mofos, fentos e liques e na que convive así mesmo unha gran diversidade de fauna. Sería polo tanto, un bosque ou unha foresta virxe ou primaria. Adoita referirse ao bosque atlántico, do que hoxe só quedan pequenas manchas por mor da acción do ser humano.
Miguel Vargas Jiménez, coñecido artisticamente como Bambino, nado en Utrera, Sevilla o 14 de febreiro de 1940 e finado na mesma vila o 5 de maio de 1999, foi un célebre cantaor andaluz de flamenco. A día de hoxe, está considerado pola crítica como un dos mierandes intérpretes da denominada rumba flamenca.
Khvicha Kvaratskhelia (en xeorxiano: ხვიჩა კვარაცხელია), nado en Tbilisi o 12 de febreiro de 2001, é un futbolista xeorxiano que xoga como extremo esquerdo no Napoli, da Serie A, e na selección de Xeorxia. Comezou a súa carreira no Dinamo Tbilisi, co que debutou aos 16 anos, antes de pasar ao Rustavi, onde xogou media tempada. A continuación xogou tres anos na Liga Premier de Rusia, nas filas do Lokomotiv Moscova e do Rubín Kazán, sendo elixido dúas veces consecutivas como mellor xogador novo da liga.
Os bupréstidos (Buprestidae) son unha familia de escaravellos, ás veces chamados escaravellos xoia polas súas brillantes cores metálicas e iridescentes. As larvas perforan as plantas e teñen cabezas aplanadas. A familia é unha das máis grandes dos escaravellos, cunhas 15 000 especies coñecidas de 450 xéneros.
O quiabo,[Cómpre referencia] Abelmoschus esculentus, é unha planta do xénero dos abelmoscos na familia da malva (Malvaceae). O seu froito é unha cápsula fibrosa chea de sementes brancas redondas, utilizado en cociña antes da maduración. O seu uso é moi común na cociña da India e do Oriente Medio, así como no Brasil e no Sur dos Estados Unidos e en xeral en calquera lugar con inmigración africana.
Listenbourg é un país ficticio creado como un meme de Internet en outubro de 2022, que o representa como unha extensión da Península Ibérica. O usuario francés de Twitter Gaspard Hoelscher compartiu un mapa manipulado de Europa cunha frecha vermella que apuntaba ao contorno dun territorio situado en Galiza, Asturias e Norte de Portugal, coa forma virada do mapa de Francia, e bromeou dicindo que os estadounidenses non poderían nomear ese Estado europeo membro da UE. O tal país fíxose viral nas redes sociais, con algunhas marcas, políticos e organizacións seguindo a broma.
Bandit Queen (en hindi: बैंडिट क्वीन) é un filme indio de 1994 escrito, producido e dirixido por Shekhar Kapur. É un filme biográfico e de aventuras baseado na vida de Phoolan Devi e no libro que recolle a súa historia, India's Bandit Queen: The True Story of Phoolan Devi de Mala Sen. Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 67ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Xosé Vizoso, nado en Mondoñedo en 1950, é un artista gráfico galego. En 1968 gañou o Premio Nacional de Escultura. Entre os seus labores destacan a restauración da catedral de Mondoñedo, entre 1966 e 1968, a conceptualización de pezas da cerámica galega Sargadelos, ou a realización do cartel do Centenario do Celta de Vigo.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Y tu mamá también é un filme mexicano de 2001 dirixido por Alfonso Cuarón e escrito por Cuarón e o seu irmán Carlos. Conta a historia de dous mozos adolescentes que comezan unha viaxe polas estradas en compaña dunha muller. Está protagonizado polos actores mexicanos Diego Luna e Gael García Bernal e pola actriz española Maribel Verdú.
A moeda de 100.000 iens é unha moeda xaponesa de ouro de carácter conmemorativo, cuñada pola Casa da Moeda do Xapón con dous deseños diferentes e unicamente nos anos 1986, 1987 e 1990. Trátase da moeda xaponesa con maior valor facial emitida ata entón, aínda que non ten carácter circulante. En ambos os casos, cuñouse tanto con acabamento estándar como cun acabamento especial para coleccionistas, coñecido como proof —fondo espello e relevo mate—.
Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación
O Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL) foi unha organización armada formada en 1959 por exiliados españois, sobre todo galegos, e portugueses para loitar contra as ditaduras salazarista e franquista.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
O fingering refírese ao uso dos dedos ou das mans para estimular sexualmente a vulva (incluíndo o clítoris), a vaxina ou o ano. O uso dos dedos pódese realizar sobre un mesmo (masturbación) ou por ou cunha compañeira sexual. Cando se realiza na vulva ou na vaxina por parte dunha parella sexual, é unha forma de masturbación mutua, e é análoga a unha palla (a estimulación manual do pene).
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 211.731.
A cultura castrexa é unha cultura arqueolóxica do noroeste da Península Ibérica que abranguía as rexións de Galicia, Asturias, norte e centro de Portugal e oeste de León que durou dende os séculos XI ou VI a. C. ata a romanización dos galaicos cara o século I. É a cultura arqueolóxica asociada cos pobos galaicos e ástures. A manifestación máis característica desta cultura é o castro (do latín castrum do que toma o nome), as súas oppidum amuralladas e a produción de espadas, machadas, torques e outros bens de bronce xa dende a Idade do Bronce Atlántico.
A Game Boy Advance (en xaponés: ゲームボーイアドバンス, Gēmu Bōi Adobansu), frecuentemente abreviada como GBA, é unha consola de videoxogos portátil da compañía xaponesa Nintendo que foi fabricada entre marzo de 2001 e 2010. É a sucesora da Game Boy Color, sendo compatíbel con esta e as súas predecesoras. A GBA forma parte da sexta xeración de consolas de videoxogos.
Os carbohidratos, tamén denominados glícidos, sacáridos ou, antes, hidratos de carbono, son compostos químicos orgánicos que conteñen xeralmente osíxeno, hidróxeno e carbono. A súa función é nutritiva e fundamentalmente enerxética, pero tamén estrutural. A súa fórmula química é Cn(H2O)n ou derivadas dela, variando o valor de n desde 3 ata miles de átomos de carbono.
A Primeira República Galega foi unha pasaxe efémera da historia de Galiza que durou unhas horas e tivo lugar exactamente no transcurso do 27 de xuño de 1931, un día antes das eleccións ás Cortes Constituíntes da II República Española, cando activistas composteláns como Pedro Campos Couceiro ou Alonso Ríos declararon que a solución para os problemas de Galiza non pasaba por integrarse nunha República Española senón por optar pola creación da I República Galega.
Louis Pasteur, nado en Dole (departamento do Jura) o 27 de decembro de 1822 e finado o 28 de setembro de 1895, foi un químico francés cuxos descubrimentos tiveron enorme importancia en diversos campos das ciencias naturais, sobre todo na química e microbioloxía. A el débese a técnica coñecida como pasteurización. A través de experimentos refutou definitivamente a teoría da xeración espontánea e desenvolveu a teoría xerminal das enfermidades infecciosas.
Un número pentagonal é un número figurado que estende o concepto de cadrados perfectos e números triangulares ao pentágono. Está estensión non é total, o modelo para a construción dos números pentagonais non ten simetrías. O n-ésimo número pentagonal pn é o número de puntos distintos nun modelo de puntos que consiste nos contornos de pentágonos regulares que comparten un vértide de lados de 1 punto ata de lados de n puntos.
Javi Chispes é un músico alacantino nado en Villena. Fundador, compositor, vocalista e guitarrista dos grupos Maniática (1986-1995) con 5 álbums editados, Banda Jachis (1997-2002) con 4 álbums e La Furia en 1993, onde colaborou activamente facendo cancións dos ingleses The Clash, pero en castelán. Tamén probou en formato acústico con Javi Chispes y Amigas (1995-1996) e realizou un traballo gravado en formato K7 titulado Caperucita y la guerra(1995).
A enxeñaría química é a rama da enxeñaría na que se aplican os principios fundamentais da física, a química e a bioloxía para proxectar, construír e operar sistemas de conversión de materias químicas en produtos finais. As súas ramas principais son o control de procesos que, coma o seu nome di, controla os procesos químicos industriais, a enxeñería medioambiental, que trata os residuos sólidos, a contaminación medioambiental etc, e a biotecnoloxía, que se encarga de transformar xeneticamente os seres vivos en beneficio do home. É similar e en moitos aspectos equivalente á química industrial.
Jose María Caneda Antelo, tamén coñecido como Xosé María Caneda, nado en Amio (Santiago de Compostela) o 1 de febreiro de 1947 e finado na mesma cidade o 24 de xuño de 2024, foi un empresario e directivo futbolístico galego. Presidiu durante 23 anos a SD Compostela, club ao que levou dende a Terceira ata a Primeira División, converténdose nun dos dirixentes máis populares do fútbol español.