Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Claudia Sheinbaum Pardo, nada en Cidade de México o 24 de xuño de 1962, é unha política, científica, activista e escritora mexicana. É xefa de Goberno de Cidade de México desde o 5 de decembro de 2018. Foi secretaria de Medio Ambiente do Distrito Federal de 2000 a 2006, durante a administración encabezada por Andrés Manuel López Obrador e xefa delegacional en Tlalpan de 2015 a 2017.
José Manuel Ramos Alonso, nado en La Bañeza o 3 de xaneiro de 1971, máis coñecido como Crispín d'Olot, é un xograr adicado á recuperación da tradición oral e a difusión da literatura medieval, renacentista e barroca en linguas iberorromances, valéndose de pezas folclóricas ou literarias que transforma en cancións ou declamacións teatrais.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña. Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano.
O Partido Galego (PG) é un partido político de centro galeguista de ámbito autonómico, que nace o 12 de decembro de 2020 no concello de Melide coa intención de representar a todas as persoas que se senten galegas e españolas e que consideran que Galicia é unha comunidade autónoma que conta cunha cultura e unha lingua propia diferenciada do resto de comunidades. Posúe unha ideoloxía centrista cun fondo sentimento galeguista, que trata de representar unha ampla parte da poboación galega.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
A síntese moderna foi unha síntese creada no século XX da teoría de Charles Darwin da evolución e das ideas de Gregor Mendel sobre a herdanza nun marco matemático conxunto. Julian Huxley acuñou este termo no seu libro de 1942 Evolution: The Modern Synthesis (Evolución: A síntese moderna). A síntese combinaba as ideas da selección natural, a xenética mendeliana e a xenética de poboacións.
O Mundial de Fútbol de 1934 (en italiano: Campionato Mondiale di Calcio 1934) foi a segunda edición do campionato do mundo de seleccións internacionais de fútbol asociación, a Copa do Mundo FIFA. Xogouse en Italia entre o 27 de maio e o 10 de xuño de 1934. Para este torneo trinta e catro asociacións solicitaron participar, polo que esta vez realizáronse eliminatorias preliminares para determinar as dezaseis seleccións participantes. Só participaron catro equipos non europeos: a Arxentina, o Brasil, Estados Unidos e Exipto, que foi a primeira selección africana en participar do certame.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro. Para o nome de Rosalía, véxase Rosalía (nome) Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.
Ana Isabel Boullón Agrelo, nada na Pobra do Caramiñal o 1 de abril de 1962, é unha lingüista galega. Dende 2012 é membro correspondente da Real Academia Galega e en sesión do 22 de decembro de 2020 foi elixida académica de número. Leu o discurso de ingreso na Pobra do Caramiñal o 11 de novembro de 2021, contestado por Ramón Lorenzo.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
O aeroporto internacional de Shanghai-Pudong (IATA: PVG, ICAO: ZSPD) é un dos dous aeroportos internacionais de Shanghai e un dos principais centros de conexións por aire da China. O aeroporto serve principalmente voos internacionai, mentres que o outro aeroporto da cidade, o de Shanghai-Hongqiao, opera sobre todo voos domésticos e rexionais. Está situado a uns 30 quilómetros ao leste do centro da cidade.
Na teoría da comunicación, a canle é o medio ou soporte físico polo cal se transmiten as mensaxes no curso dun proceso de comunicación. Exemplos de canles son os cables eléctricos para a telefonía, a páxina para a comunicación escrita, as ondas de radio etc. No caso da comunicación verbal, a canle é o ar.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
O lobo (Canis lupus) é o maior membro en liberdade pertencente á familia dos cánidos. É un supervivente da idade de xeo orixinada durante o Plistoceno superior, hai uns 300.000 anos. A súa secuencia de ADN e máis os estudos sobre deriva xenética indican que o lobo comparte un devanceiro común co can doméstico (Canis lupus familiaris), sendo o seu parente máis achegado, malia ser esta afirmación rexeitada por algúns expertos, que sinalan grandes diferenzas no tocante á súa morfoloxía e comportamento.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O gato ou gato doméstico (Felis silvestris catus ou Felis catus), chamado familiarmente micho ou mico, é un mamífero doméstico da familia dos felinos, con unllas retráctiles, carnívoro, de pelaxe espesa e suave. Os humanos adoitan valorar estes animais pola súa compañía e pola súa capacidade de cazar pequenos animais coma os ratos. Existen máis de setenta razas de gatos recoñecidas por varios rexistros.
O pardal, pardal común, pardal doméstico, pardao ou gorrión, Passer domesticus (Linnaeus, 1758), é un paxaro da orde dos paseriformes (Passeriformes) e familia dos paséridos (Passeridae). Por iniciativa de diferentes organizacións conservacionistas, o día 20 de marzo celébrase o Día Mundial do Pardal (World Sparrow Day) co obxectivo de chamar a atención sobre a delicada situación desta especie: desde hai anos compróbase que a poboación mundial experimenta un importante declive continuo, especialmente nas cidades (en Londres constatouse un descenso do 60% na década de 1994 a 2004; en España, a redución foi do 11-14% desde 1998) .
As amanitas (Amanita) é un xénero de fungos basidiomicetos da orde Agaricales. Contén arredor de 600 especies de fungos, e inclúe tanto algunhas das especies máis apreciadas como comestíbeis como varias das máis tóxicas do mundo (na súa maioría son tóxicas). A especie tipo do xénero é o rebentabois (Amanita muscaria), mentres que a considerada máis perigosa é a cacaforra da morte (Amanita phalloides).
Andrés Manuel López Obrador, nado en Tepetitán, Macuspana, Tabasco o 13 de novembro de 1953, coñecido comunmente como AMLO, é un político, politicólogo e escritor mexicano. É Presidente de México dende o 1 de decembro de 2018. Foi candidato á presidencia de México nas eleccións federais en México de 2018 pola coalición «Xuntos Faremos Historia», conformada por Movemento Rexeneración Nacional (Morena), o Partido do Traballo (PT) e o Partido Encontro Social (PES).
O can (Canis lupus familiaris) é un mamífero carnívoro que pertence á familia Canidae, ao igual que os lobos, raposos e coiotes. En xeral, o termo 'can' emprégase para referirse á raza doméstica (Canis familiaris), a cal crese que descende dun antergo similar ó lobo, segundo distintos indicios, a secuencia do ADN e outros estudos xenéticos.. Con todo, algúns científicos sosteñen que o can é unha subespecie de lobo.
O piñeiro bravo, piñeiro marítimo ou piñeiro do país (Pinus pinaster Aiton) é unha árbore ximnosperma da familia das pináceas, de folla perenne e que pode acadar os 30 metros de altura. É unha das árbores máis abondosas de Galiza na súa variedade atlántica, ocupando aproximadamente o 36% da superficie arborada da mesma, como consecuencia de repoboacións efectuadas nos últimos dous séculos, xa que é unha especie de crecemento rápido. O Himno de Galicia (Os Pinos) refírese a esta árbore coma un dos símbolos do país.
O caquetío é unha lingua extinta da familia arauaca. A lingua foi falada ao longo das beiras de lago de Maracaibo, nas áreas litorais do estado venezolano de Falcón, e nas illas neerlandesas de Aruba, Bonaire e Curaçao. O pobo caquetío e os jirajaranas falaban unha lingua arauaca, e as súas culturas amosaban grandes semellanzas.
Margarida é o nome popular común a unha gran variedade de plantas e flores. En realidade é un termo controvertido. Podería aplicarse só a planta herbácea das compostas (Bellis perennis), de follas dentadas ou fendidas e flores en capítulo, cun botón central amarelo e a corola branca; pero non existe gran concordancia entre os autores en canto á utilización deste nome, que presenta moitas variantes.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Luis Suárez Miramontes, nado na Coruña o 2 de maio de 1935 e falecido en Milán o 9 de xullo de 2023, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego. Alcumado "o arquitecto", xogaba de centrocampista e está considerado por moitos o mellor futbolista galego da historia e un dos mellores futbolistas do século XX. En 1960 converteuse no primeiro e único xogador masculino nado na Península Ibérica en gañar un Balón de Ouro. Comezou a xogar ao fútbol no seu barrio natal de Monte Alto e na praia de Santo Amaro e en 1949 entrou a formar parte da nova canteira do Deportivo da Coruña, a chamada Escola Scopelli, creada ese mesmo ano co impulso de Alejandro Scopelli.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
O gamo (Dama dama, ás veces chamado Cervus dama) é unha especie de cérvido nativa da área mediterránea. Diferénciase do outro gran cérvido europeo, o cervo común (Cervus elaphus), en que ten menor tamaño, o pelame roxo salpicado de pintas brancas (ocasionalmente cunha banda escura no lombo) e as hastas palmadas.
O cervo, ou veado, tamén coñecido ás veces como cervo común, Cervus elaphus, é unha especie de cérvido amplamente espallada polo Hemisferio Norte. Documentáronse unhas 27 subespecies distintas cunha área de distribución que se estende dende o Magreb, a Península Ibérica e Gran Bretaña ata gran parte de América do Norte, que se diferencian entre si polo tamaño, lonxitude e cor da pelaxe e forma das cornas. As seis subespecies de uapitís norteamericanos, outrora clasificados na especie propia Cervus canadensis, clasifícanse actualmente como subespecies de Cervus elaphus.
O paraujano ou añũ é un lingua arauaca falada polo pobo paraujano de Venezuela, que viven xunto ao lago de Maracaibo no estado de Zulia, no noroeste de Venezuela. Os paraujanos chámanse a si mesmos "anu͂" ou "anu͂n" (que quere dicir "ser humano"). O termo paraujano é máis empregado na literatura etnográfica e recibírono dos seus veciños os wayuu.
O porco (tamén coñecido como cocho, marrán, chino ou quino) é un mamífero tipicamente doméstico, de nome científico Sus scrofa, aínda que algúns autores danlle o nome de Sus domesticus (ou Sus scrofa domesticus) para o diferenciar do porco bravo ou xabarín, ao cal se lle atribúe o nome de Sus scrofa.
O xabaril (do árabe djabalí) ou porco bravo (Sus scrofa, L. 1758) é un mamífero artiodáctilo e suídeo de medio porte e corpo robusto. É considerado o antepasado a partir do cal evolucionou o actual porco doméstico (Sus domesticus ou Sus scrofa domesticus). A forma xabarín está considerada polo DRAG como menos recomendable.
As linguas mordovinas (en ruso: мордовские языки, mordovskiye yazyki) son un subgrupo das linguas urálicas, comprendendo as linguas erzya e moksha, que están estreitamente relacionadas entre elas e son faladas as dúas en Mordovia. Anteriormente considerada unha única "lingua mordovina", agora trátase como unha pequena agrupación lingüística. Debido a diferenzas na fonoloxía, léxico e gramática, o erzya e o moksha non son mutuamente intelixibles.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32.490 espectadores. Na tempada 2023/24 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
Galiña, ou pita (familiarmente tamén chucha ou churra), e galo (Gallus gallus domesticus) son os nomes dados, respectivamente, á femia e macho da especie Gallus gallus domesticus de aves galiformes e fasiánidos. Os xuvenís coñécense co nome de polo ou pito. Estas aves posúen bico pequeno, crista carnuda e ás curtas e largas.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O denominado Pemento de Padrón ou de Herbón é unha variedade de pemento (Capsicum annuum L.) categorizada como Indicación Xeográfica Protexida con denominación de orixe, orixinaria do concello coruñés de Padrón. O nome de Herbón vén do topónimo da parroquia padronense onde esta variedade foi introducida polos monxes franciscanos, procedente das Américas. Trátase dun pemento de pequenas dimensións que ten, como particularidade gastronómica, ademais do seu intenso sabor, o feito de que algúns exemplares resulten particularmente picantes (aproximadamente entre un 10% -ou menos, como se explica embaixo- e un 25 %).
O baloncesto (basketball en inglés) é un deporte colectivo inventado en 1891 polo profesor de Educación Física James Naismith, na Asociación Cristiá de Mozos de Springfield, EUA. Cada un dos dous equipos está formado por cinco xogadores. Ten como obxectivo pasar a pelota por dentro dunha cesta colocada nas extremidades da pista. Actualmente pode xogarse tamén en pistas ao aire libre.
Franz Kafka, nado en Praga o 3 de xullo de 1883 e finado en Viena o 3 de xuño de 1924, foi un escritor en lingua alemá. Está considerado un dos maiores novelistas en alemán, e dos mellores escritores de historias curtas do século XX. A súa obra, das máis influentes da literatura universal, é unha das pioneiras na fusión de elementos realistas con fantásticos e ten como principais temas os conflitos paternofiliais, a ansiedade, o existencialismo, a brutalidade física e psicolóxica, a culpa, a filosofía do absurdo, a burocracia e as transformacións espirituais. Escribio as novelas O proceso (Der Prozeß), Das Schloß (O castelo) e Amerika (ou Der Verschollene), a novela curta A metamorfose (Die Verwandlung) e un gran número de relatos curtos.
A Copa da Costa é unha competición futbolística por eliminatorias de partidos de ida volta. Recibe o nome pola Costa da Morte e nela participan equipos das comarcas da Barcala, Noia, Soneira, Bergantiños, Xallas, Muros e Fisterra. A final de 2017 entre o Dumbría e o Fisterra foi televisada por primeira vez en directo vía streaming pola web da TVG e retransmitida en diferido na TVG2.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 210.860.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886), concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.
A ra patilonga, ra de patas longas, ra ibérica, ra dos regos ou zampexa, Rana iberica, é un anfibio anuro da famila dos ránidos (Ranidae) pertencente ao grupo das ras vermellas, que habita en Galicia, norte de Portugal, a parte centrooocidental de Asturias, centro da cordilleira Cantábrica, sistema Central ibérico e nos sectores occidentais e centrais dos montes de Toledo. É unha ra de típica de montaña, cuxo hábitat natural son os regatos, pozas de auga fría sobre substrato rochoso e entre vexetación de ribeira. Captura sobre todo presas terrestres, principalmente insectos, vermes e arañas.
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego. En galego a expresión comparativa confórmana dous elementos: o primeiro elemento, formado por un adverbio que indica se o grao da comparación é de igualdade, superioridade ou inferioridade (tan, máis, menos) o segundo elemento, formado polas partículas que/ca/do que ou coma/como mais o elemento co que se realiza a comparación.
Cando petan na porta pola noite
Cando petan na porta pola noite é un libro de Xabier P. Docampo. Editouse por vez primeira en 1994, ano no que acadou o Premio Rañolas, e reeditouse varias veces, a última delas en febreiro do 2005.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Paredes de Coura é unha vila portuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, con cerca de 1 500 habitantes. É sede dun municipio con 138,02 km² de área e 9 571 habitantes (2001), subdividido en 16 freguesías. O municipio está limitado ao norte polos municipios de Valença e Monção, ao leste por Arcos de Valdevez, ao sur por Ponte de Lima e ao oeste por Vila Nova de Cerveira.
Cinderella III: A Twist in Time
Cinderella III: A Twist in Time é un filme estadounidense de 2007 dirixido por Frank Nissen a partir dun guión de Dan Berendsen, Margaret Heidenry, Colleen Ventimilia e Eddie Guerlain. Foi producido por DisneyToon Studios e distribuído por Buena Vista Home Entertainment. É o terceiro título da franquía de Disney de Cincenta, sendo a secuela de Cinderella (1950) e Cinderella II: Dreams Come True (2002).
O divino sainete, subtitulado Poema en oito cantos, é unha obra de Manuel Curros Enríquez aparecida en agosto de 1888. É un longo poema de carácter satírico-burlesco ("ladrade, mordede, ride" indicará Curros referíndose a función dos versos da súa obra). Composto por 512 unidades de versos octosílabos con rima consonante, que parodia tanto unha das obras cume da literatura occidental, A divina comedia de Dante Alighieri, coma a obra Mi romería de Emilia Pardo Bazán, compilación de textos publicados en El Imparcial nos que relata a súa viaxe a Roma entre 1887 e 1888.
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.
José Luis Mato Sanmartín, coñecido como Joselu ou Joselu Mato, nado en Stuttgart (Alemaña) o 27 de marzo de 1990, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro no Real Madrid, da Primeira División, cedido polo Espanyol. Formado na canteira do Celta de Vigo, debutou co primeiro equipo celeste na Segunda División en 2009, e máis tarde militou en catro equipos da Primeira División, entre eles o máximo rival histórico do Celta, o Deportivo da Coruña; así como o Real Madrid, co que gañou unha liga e unha Liga de Campións.
O termo galego A Touza (provén dun probábel *TAUTTIA, posibelmente da raíz indoeuropea TEU- 'inchar, crecer') pode referirse a: Cerquiño, especie de carballo, máis pequeno có carballo común e de folla aveludada. Carballeira, poboamento de calquera tipo de carballos, especialmente cerquiños, cerqueiral. Bouza, terreo cerrado, con vexetación de árbores ou mato alto, touceira.