Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
José Manuel Ramos Alonso, nado en La Bañeza o 3 de xaneiro de 1971, máis coñecido como Crispín d'Olot, é un xograr adicado á recuperación da tradición oral e a difusión da literatura medieval, renacentista e barroca en linguas iberorromances, valéndose de pezas folclóricas ou literarias que transforma en cancións ou declamacións teatrais.
O ISO 3166-1 é parte da norma ISO 3166 que propón códigos para nomes de países e dependencias. É un sistema de dúas letras, usado entre outras cousas para os dominios de Internet. AD Andorra AE Emiratos Árabes Unidos AF Afganistán AG Antiga e Barbuda AI Anguila AL Albania AM Armenia AO Angola AQ Antártida AR Arxentina AS Samoa Americana AT Austria AU Australia AW Aruba AZ Acerbaixán BA Bosnia e Hercegovina BB Barbados BD Bangladesh BE Bélxica BF Burkina Faso BG Bulgaria BH Bahrein BI Burundi BJ Benín BL Saint-Barthélemy BM Bermudas BN Brunei BO Bolivia BQ Bonaire, San Eustaquio e Saba BR Brasil BS Bahamas BT Bután BV Illa Bouvet BW Botswana BY Belarús BZ Belize CA Canadá CC Illas Cocos CD República Democrática do Congo CF República Centroafricana CG República do Congo CH Suíza CI Costa do Marfil CK Illas Cook CL Chile CM Camerún CN China CO Colombia CR Costa Rica CU Cuba CV Cabo Verde CW Curaçao CX Illa de Nadal CY Chipre CZ Chequia DE Alemaña DJ Djibuti DK Dinamarca DM Dominica DO República Dominicana DZ Alxeria EC Ecuador EE Estonia EG Exipto EH Sáhara Occidental ER Eritrea ES España ET Etiopía FI Finlandia FJ Fidxi FK Illas Malvinas FM Estados Federados de Micronesia FO Illas Feroe FR Francia GA Gabón GB Reino Unido GD Granada GE Xeorxia GF Güiana Francesa GG Guernsey GH Ghana GI Xibraltar GL Groenlandia GM Gambia GN Guinea GP Guadalupe GQ Guinea Ecuatorial GR Grecia GS Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur GT Guatemala GU Guam GW Guinea-Bissau GY Güiana HK Hong Kong HM Illa Heard e Illas McDonald HN Honduras HR Croacia HT Haití HU Hungría ID Indonesia IE Irlanda IL Israel IM Illa de Man IN India IO Territorio Británico do Océano Índico IQ Iraq IR Irán IS Islandia IT Italia JE Jersey JM Xamaica JO Xordania JP Xapón KE Kenya KG Kirguizistán KH Camboxa KI Kiribati KM Comores KN Saint Kitts e Nevis KP Corea do Norte KR Corea do Sur KW Kuwait KY Illas Caimán KZ Casaquistán LA Laos LB Líbano LC Santa Lucía LI Liechtenstein LK Sri Lanka LR Liberia LS Lesoto LT Lituania LU Luxemburgo LV Letonia LY Libia MA Marrocos MC Mónaco MD Moldavia ME Montenegro MF San Martiño, Francia MG Madagascar MH Illas Marshall MK Macedonia do Norte ML Malí MM Myanmar MN Mongolia MO Macau MP Illas Marianas do Norte MQ Martinica MR Mauritania MS Montserrat MT Malta MU Mauricio MV Maldivas MW Malaui MX México MY Malaisia MZ Mozambique NA Namibia NC Nova Caledonia NE Níxer NF Illa Norfolk NG Nixeria NI Nicaragua NL Países Baixos NO Noruega NP Nepal NR Nauru NU Niue NZ Nova Zelandia OM Omán PA Panamá PE Perú PF Polinesia francesa PG Papúa Nova Guinea PH Filipinas PK Paquistán PL Polonia PM Saint-Pierre-et-Miquelon PN Illa de Pitcairn PR Porto Rico PS Palestina PT Portugal PW Palau PY Paraguai QA Qatar RE Reunión RO Romanía RS Serbia RU Rusia RW Ruanda SA Arabia Saudita SB Illas Salomón SC Seychelles SD Sudán SE Suecia SG Singapur SH Santa Helena, Ascensión e Tristan da Cunha SI Eslovenia SJ Svalbard (Svalbard e Jan Mayen ) SK Eslovaquia SL Serra Leoa SM San Marino SN Senegal SO Somalia SR Suriname SS Sudán do Sur ST San Tomé e Príncipe SV O Salvador SX Sint Maarten (Países Baixos) SY Siria SZ Eswatini TC Turks e Caicos TD Chad TF Territorios Austrais Franceses TG Togo TH Tailandia TJ Taxiquistán TK Tokelau TL Timor Leste TM Turkmenistán TN Tunisia TO Tonga TR Turquía TT Trinidad e Tobago TV Tuvalu TW Taiwán TZ Tanzania UA Ucraína UG Uganda UM Illas Ultramarinas dos Estados Unidos US Estados Unidos de América UY Uruguai UZ Uzbekistán VA Vaticano VC San Vicente e as Granadinas VE Venezuela VG Illas Virxes Británicas VI Illas Virxes Estadounidenses VN Vietnam VU Vanuatu WF Wallis e Futuna WS Samoa YE Iemen YT Mayotte ZA Suráfrica ZM Zambia ZW Cimbabue Os capítulos que derivan deste código son: ISO 3166-2, códigos para subdivisións, tales como, Estados e/ou Provincias; ISO 3166-3, códigos para substituír códigos Alfa-2 obsoletos; ISO 4217, códigos para unidades monetarias; ISO 3166-1 Alfa-3, un sistema de tres letras; ISO 3166-1 Numérico, un sistema numérico de tres díxitos, idéntico ao que foi definido pola División de Estatística das Nacións Unidas (ONU); Un país ou territorio xeralmente recibe un novo código Alfa se o seu nome se modifica, mentres que se dá un novo código numérico se houber alteración dos límites fronteirizos.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña. Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O Partido Galego (PG) é un partido político de centro galeguista de ámbito autonómico, que nace o 12 de decembro de 2020 no concello de Melide coa intención de representar a todas as persoas que se senten galegas e españolas e que consideran que Galicia é unha comunidade autónoma que conta cunha cultura e unha lingua propia diferenciada do resto de comunidades. Posúe unha ideoloxía centrista cun fondo sentimento galeguista, que trata de representar unha ampla parte da poboación galega.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Claudia Sheinbaum Pardo, nada en Cidade de México o 24 de xuño de 1962, é unha política, científica, activista e escritora mexicana quen é a presidenta electa de México, a primeira muller e a primeira persoa de orixe xudía en ser elixida para o cargo. Como membro do partido de esquerda Movemento de Rexeneración Nacional (Morena), anteriormente foi xefa de Goberno de Cidade de México dende 2018 a 2023. Foi secretaria de Medio Ambiente do Distrito Federal de 2000 a 2006, durante a administración encabezada por Andrés Manuel López Obrador e xefa delegacional en Tlalpan de 2015 a 2017.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Os brontotéridos (Brontotheriidae), tamén chamados brontoterios, titanotéridos ou titanoterios, son unha familia de mamíferos exintos da orde Perissodactyla, na cal tamén están incluídos os cabalos, rinocerontes e tapires. Superficialmente, parécense a rinocerontes con cornos nasais algo desenvolvidos, e foron uns dos primeiros mamíferos que desenvolveron corpos de gran tamaño. Viviron hai uns 56–34 millóns de anos, no Eoceno, extinguíndose a principios do Oligoceno.
Raúl Modesto Castro Ruz, nado en Birán (Holguín) o 3 de xuño de 1931, é un militar e político cubano, irmán máis novo e colaborador de Fidel Castro. Foi presidente do Consello de Estado de Cuba e presidente do Consello de Ministros, polo tanto, presidente de Cuba dende o 24 de febreiro de 2008 até o 18 de abril de 2018, aínda que desempeñaba o cargo de maneira interina desde o 31 de xullo de 2006. Dende abril de 2011 ata abril de 2021 foi o primeiro secretario do Partido Comunista de Cuba, substituíndo tamén o seu irmán Fidel no cargo.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Na teoría da comunicación, a canle é o medio ou soporte físico polo cal se transmiten as mensaxes no curso dun proceso de comunicación. Exemplos de canles son os cables eléctricos para a telefonía, a páxina para a comunicación escrita, as ondas de radio etc. No caso da comunicación verbal, a canle é o ar.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O infinitivo conxugado, infinitivo persoal ou infinitivo flexionado é unha flexión verbal que se forma engadindo morfema de persoa e número ao infinitivo. É unha das características máis orixinais do galego-portugués, aínda que existen formas similares no napolitano do século XV e vestixios no leonés antigo, o que, xunto coa influencia do portugués, pode explicar a súa presenza no mirandés. Tamén se usa hoxe na lingua húngara.
Iugoslavia, coñecido por derradeira vez coma República Federal Socialista de Iugoslavia, foi un estado situado na Península dos Balcáns, ao sueste de Europa. O nome, Iugoslavia, pode ser traducido literalmente coma "Terra dos Eslavos do Sur". Este país existiu dende 1918, ata a súa desintegración en 1992.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Luis Suárez Miramontes, nado na Coruña o 2 de maio de 1935 e falecido en Milán o 9 de xullo de 2023, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego. Alcumado "o arquitecto", xogaba de centrocampista e está considerado por moitos o mellor futbolista galego da historia e un dos mellores futbolistas do século XX. En 1960 converteuse no primeiro e único xogador masculino nado na Península Ibérica en gañar un Balón de Ouro. Comezou a xogar ao fútbol no seu barrio natal de Monte Alto e na praia de Santo Amaro e en 1949 entrou a formar parte da nova canteira do Deportivo da Coruña, a chamada Escola Scopelli, creada ese mesmo ano co impulso de Alejandro Scopelli.
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro. Para o nome de Rosalía, véxase Rosalía (nome) Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32.490 espectadores. Na tempada 2023/24 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 211.137.
Ricardo Iván Rodríguez Araya, nado en Zürich o 25 de agosto de 1992, é un futbolista suízo de orixe galega e chilena. Xoga habitualmente de lateral esquerdo, aínda que a súa polivalencia permitiulle xogar en ocasións noutras posicións como central, dobre pivote ou extremo esquerdo. O seu equipo actual é o Torino FC da Serie A de Italia.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
As mulleres na informática xogaron un papel determinante no seu nacemento e nos seus primeiros pasos. O que nos seus inicios se chamou "computador", tamén coñecido como computadora ou ordenador, debe o seu nome ás chamadas "computers", grupos de mulleres que tanto en Inglaterra como nos Estados Unidos traballaban en cálculos matemáticos relacionados coa determinación de traxectorias balísticas durante as guerras. Non só a primeira programadora da historia foi unha muller, Ada Byron Lovelace (1815-1852), senón que ata os anos 80, coa entrada nos fogares dos primeiros ordeadores persoais, o traballo de programación era considerado un traballo feminino.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea. Foi membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, e presidente da mesma desde o 23 de xaneiro de 2010 até o 25 de febreiro de 2013, cando dimitiu como presidente. O 13 de marzo renunciou definitivamente á súa cadeira de académico.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O denominado Pemento de Padrón ou de Herbón é unha variedade de pemento (Capsicum annuum L.) categorizada como Indicación Xeográfica Protexida con denominación de orixe, orixinaria do concello coruñés de Padrón. O nome de Herbón vén do topónimo da parroquia padronense onde esta variedade foi introducida polos monxes franciscanos, procedente das Américas. Trátase dun pemento de pequenas dimensións que ten, como particularidade gastronómica, ademais do seu intenso sabor, o feito de que algúns exemplares resulten particularmente picantes (aproximadamente entre un 10% -ou menos, como se explica embaixo- e un 25 %).
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Bárbaro é un exónimo pexorativo que procede do grego (βάρβαρος) e a súa tradución literal é "o que tatexa". Aínda que os gregos empregaban o termo para referirse a persoas estranxeiras, que non falaban o grego e cuxa lingua estranxeira soaba aos seus oídos como un tatexo incompresible ou onomatopea (bar-bar- semellante a bla-bla-), tamén existen escritos, como os de Isócrates, que amosan unha apertura deste pobo para concibir aos bárbaros non como "estranxeiros", senón como individuos que carecían de educación, independentemente do seu lugar de nacemento, primitivos ou salvaxes. Os romanos tomaron posteriormente a palabra e o seu significado para o trato cos pobos que invadiron o Imperio Romano.
Albert Einstein, ( [ˈalbɐt ˈaɪnʃtaɪn] ) nado en Ulm o 14 de marzo de 1879 e finado en Princeton (Estados Unidos) o 18 de abril de 1955, foi un físico e matemático alemán de nacemento recoñecido internacionalmente por propor a teoría da relatividade, un dos piares da física moderna xunto a mecánica cuántica. A obra de Einstein resultou tamén de grande influencia na filosofía da ciencia. Einstein é coñecido na cultura popular pola súa fórmula da equivalencia masa-enerxía E = mc2, alcumada "a fórmula máis famosa do mundo".
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis. Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo.
O toxo é a denominación xenérica en galego das especies do xénero Ulex, entre as que destacan: o toxo arnal, U. europaeus o toxo femia, U. gallii o toxo gateño, U. minor o toxo brañego, U. micranthos (endemismo galego) Como fitónimo pode referirse a: Toxo, lugar da parroquia de Rairiz de Veiga, no concello de Rairiz de Veiga; O Toxo, lugar da parroquia de Régoa, no concello de Cedeira; O Toxo, lugar da parroquia de Xiá, no concello de Friol; O Toxo, lugar da parroquia de Goiás, no concello de Lalín; O Toxo, lugar da parroquia de Pías, no concello de Ponteareas; O Toxo Brañío, lugar da parroquia dos Vilares, no concello de Guitiriz; Toxos Outos, parroquia do concello de Lousame. Nela estaba o mosteiro de Toxos Outos; Toxoso, lugar da parroquia de Amboares, no concello de Ourol. Amais, como apelido pode referirse a: Ignacio Fernández Toxo, sindicalista galego (n.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
Carlos Mouriz Castro, nado o 4 de agosto de 1960 en Lugo, é un exfutbolista galego, que exerceu como director deportivo do Club Deportivo Lugo até o ano 2015, conseguindo subir ao club desde a Terceira División até Segunda División, onde o club permanece até a súa marcha sen ocupar nunca postos de desceso. Como futbolista xogaba de defensa.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A copia por contacto é un procedemento fotográfico que permite obter copias a partir dunha película fotográfica do mesmo tamaño sobre papel, chamándose á resultado folla de contactos. Normalmente obtense a partir de negativos pero tamén poderían obterse a partir de diapositivas co que o resultado sería un negativo.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
O Real Club Celta Baloncesto, coñecido por motivos de patrocinio como Celta Zorka Recalvi é un club de baloncesto feminino con sede na cidade de Vigo. O club foi fundado no verán de 1996 logo da adquisición da praza do Juventud Astur (Aucalsa) de Oviedo. Xa no ano da súa fundación o equipo conseguiu o seu primeiro título nacional, a Copa Galicia.
O Vákner é unha figura mitolóxica galega que designa o ser que o peregrino armenio Mártir (ou Mártiros), bispo de Arzendjan, atopou no seu camiño a Fisterra (1491), e que se converteu nun símbolo da peregrinación Xacobea a Fisterra, Galicia. Trátase dun animal fantástico que adoita adoptar a forma dun enorme lobishome.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Un cómic ou historieta é unha forma de arte visual que forma unha historia secuenciada espacialmente por medio de viñetas ilustradas. Coñécese por tira cómica a historieta breve dunha única liña horizontal que se publica en xornais e revistas e só constitúe banda deseñada cando ademais de debuxos conta con texto integrado nas viñetas. Un sistema de comunicación artística similar é a novela gráfica.
Neptuno é o oitavo planeta a partir do Sol, e o máis afastado no noso sistema solar. No sistema solar, é o cuarto planeta máis grande por diámetro, o terceiro planeta máis masivo e o planeta xigante máis denso. Neptuno ten 17 veces a masa da Terra e é lixeiramente máis masivo que Urano, que ten 15 veces a masa da Terra pero non é tan denso.
Europa ( pronunciación ) é un dos continentes que conforman o supercontinente euroasiático, situado entre os paralelos 35º 30’ e 70º 30’ de latitude norte. Europa é unha das grandes penínsulas de Eurasia (segundo como se considere, a maior delas), á que de forma convencional e por motivos históricos considérase un continente propio, e pertence a súa a Eurafrasia. De forma convencional e por motivos histórico-culturais é considerada un continente, tras a delimitación realizada polo xeógrafo ruso Vasili Tatíshchev quen desexaba sinalar a pertenza de Rusia a Europa e a Asia.
A provincia de Alacant (en valenciano: Alacant, en castelán: Alicante) é a máis meridional da Comunidade Valenciana. Limita ao norte coa provincia de Valencia, ao sur coa Rexión de Murcia, ao oeste con Murcia e a provincia de Albacete (Castela-A Mancha), e ao leste co mar Mediterráneo. A súa capital é a cidade homónima de Alacant.
O divino sainete, subtitulado Poema en oito cantos, é unha obra de Manuel Curros Enríquez aparecida en agosto de 1888. É un longo poema de carácter satírico-burlesco ("ladrade, mordede, ride" indicará Curros referíndose a función dos versos da súa obra). Composto por 512 unidades de versos octosílabos con rima consonante, que parodia tanto unha das obras cume da literatura occidental, A divina comedia de Dante Alighieri, coma a obra Mi romería de Emilia Pardo Bazán, compilación de textos publicados en El Imparcial nos que relata a súa viaxe a Roma entre 1887 e 1888.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2023, ano dedicado a Francisco Fernández del Riego, 63 autores (5 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 61 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á ría de Vigo).