Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña. Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente non milita en ningún equipo, xa que en novembro deixou de mutuo acordo o club no que se encontraba, o Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.
Eslovenia ( pronunciación ) (en esloveno: Slovenija), oficialmente República de Eslovenia ( pronunciación ) (en esloveno: Republika Slovenija [rɛˈpùːblika slɔˈʋèːnija] ), é un país do sur da Europa central que fai fronteira con Italia polo oeste, co mar Adriático polo suroeste, con Croacia polo sur e o leste, con Hungría polo nordeste e con Austria polo norte. A principal cidade eslovena e capital do estado é Liubliana. Durante a súa historia Eslovenia formou parte do Imperio Romano, o Imperio Bizantino, a República de Venecia, o Ducado de Carantania (só o a parte norte do país), o Sacro Imperio Romano Xermánico, a monarquía dos Habsburgo, o Imperio Austríaco (máis tarde chamado Imperio Austrohúngaro), o efémero Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios, o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos (chamado Reino de Iugoslavia a partir 1929) entre a primeira e a segunda guerra mundial, e a República Federal Socialista de Iugoslavia dende o ano 1945 até o ano 1991, cando o país obtivo a súa independencia.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Erguer. Estudantes da Galiza é unha organización estudantil galega destinada á defensa dos intereses do estudantado, cuxo obxectivo estratéxico é acadar un ensino galego, público, de calidade, democrático e non heteropatriarcal. É unha organización de carácter plural, situada no campo da esquerda nacionalista e independentista, nun movemento político que procura a constitución da República Galega independente, democrática e plenamente soberana.
En xenética, a taxa de mutación é a frecuencia de novas mutacións nun só xene, secuencia de nucleótidos ou organismo nun período de tempo. As taxas de mutación non son constantes e non están limitadas a un só tipo de mutación, xa que hai moitos tipos de mutacións. Polo tanto, as taxas de mutación exprésanse referíndose a clases específicas de mutacións.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Sicario é un filme estadounidense de suspense e acción de 2015 dirixido por Denis Villeneuve e escrito por Taylor Sheridan. Está protagonizado por Emily Blunt, Benicio del Toro e Josh Brolin. O filme conta a historia dunha axente do FBI que é recrutada por un grupo de traballo do goberno para derrocar ao líder dun poderoso e brutal cártel mexicano da droga.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
No cálculo, a integral dunha función foi creada orixinalmente para determinar a área baixo unha curva no plano cartesiano, mais tamén xorde naturalmente en ducias de problemas de Física, como por exemplo na determinación da posición en todos os instantes dun obxecto, sendo coñecida a súa velocidade en todos os instantes. O proceso de calcular a integral dunha función chámase integración. Diferentemente da noción asociada de derivación, existen varias definicións para a integración.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Isaac Díaz Pardo, nado en Santiago de Compostela o 22 de agosto de 1920 e finado na Coruña o 5 de xaneiro de 2012, foi un intelectual, artista e empresario galeguista que se impuxo a tarefa de preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia, acometendo facetas de empresario cultural, deseñador industrial, escritor, editor, promotor e mecenas de proxectos. Como escritor deixou ensaios sobre arte, economía, historia, ademais de poesía e teatro. Usou os pseudónimos Cego Zago, Ollarnovo, S.F. Ollarnovo, Xoán Mazaricos, Santiago Fernández, Xalo.
A copia por contacto é un procedemento fotográfico que permite obter copias a partir dunha película fotográfica do mesmo tamaño sobre papel, chamándose á resultado folla de contactos. Normalmente obtense a partir de negativos pero tamén poderían obterse a partir de diapositivas co que o resultado sería un negativo.
Webmaster ou webmistress ou a súa tradución galega xestor(a) de web na súa denominación para o xénero feminino refírese á persoa ou persoas responsables dun sitio web específico. Nunha páxina pequena, o Webmaster adoita ser o dono, deseñador e programador da web, ademais ser o encargado na redacción, edición e publicación do contido. En sitios máis grandes, as funcións do Webmaster serán maiores, actuando este como coordinador e supervisor das actividades de todos os integrantes que traballan con el, sendo en ocasións tamén un empregado do dono do sitio web, polo que, en virtude do antes mencionado, podemos considerar ó Webmaster como aquela persoa que pode exercer só unha ocupación dentro do proxecto.
O lysenkoísmo (ruso: Лысенковщина, Lysenkovshchina, AFI [lɨˈsɛnkəfɕːʲɪnə]; ucraíno: лисенківщина, lysenkivščyna, AFI [lɪˈsɛnkiu̯ʃtʃɪnɐ]) foi unha campaña política liderada polo biólogo soviético Trofim Lysenko contra a agricultura baseada na xenética e na ciencia na metade do século XX, rexeitando a selección natural en favor dunha forma de lamarckismo, e promovendo o uso de técnicas de vernalización e enxerto. Máis de 3000 biólogos da corrente de pensamento principal en xenética foron despedidos ou encarcerados e numerosos foron executados na campaña soviética de supresión de opoñentes científicos. O presidente da Academia de Agricultura Soviética, Nikolai Vavilov, que fora mentor do propio Lysenko, pero posteriormente foi denunciado por el, foi enviado a prisión e morreu alí, mentres que a investigación xenética soviética quedou destruída.
Benigno Andrade García, alcumado o Foucellas, nado o 22 de outubro do 1908 nas Foucellas (Cabrui, Mesía) e agarrotado o 7 de agosto de 1952 no cárcere da Coruña, foi un militante da CNT e guerrilleiro antifranquista. Viviu 16 anos fuxido ata que foi detido no lugar da Costa (Oza-Cesuras) nun enfrontamento coa Garda Civil. Benigno Andrade é un dos nomes míticos do antifranquismo armado en Galicia.
Eu mato xigantes (inglés: I Kill Giants) é unha obra de banda deseñada estadounidense publicada en 2008. Foi creada polo escritor Joe Kelly e o debuxante Ken Niimura. Conta a historia de Barbara Thorson, unha rapaza que tenta escapar dos seus problemas fuxindo a un mundo de fantasía cheo de maxia e monstros.
Ouija é un filme estadounidense de terror dirixido por Stiles White, producido por Jason Blum, Michael Bay, Andrew Form, Bradley Fuller e Bennett Schneir e escrito por Juliet Snowden e White, quen xa escribira The Possession. Está protagonizado por Olivia Cooke, Ana Coto, Daren Kagasoff, Douglas Smith e Bianca A. Santos, que interpretan a uns adolescentes que xogan á ouija.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Cao Xueqin (chinés tradicional e simplificado. 曹雪芹; pinyin: Cáo Xuěqín; Wade-Giles: Ts'ao2 Hsüeh3-ch'in2), nado o 4 de abril de 1710 e finado o 10 de xuño de 1765, foi un novelista, pintor e poeta chinés da dinastía Qing. É coñecido por escribir Hong lou meng ("O soño do pavillón vermello"), unha das Catro Novelas Clásicas Chinesas.
Dicionario da Real Academia Galega
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.
Xeorxia é un país situado no límite entre Asia e Europa localizado na costa do mar Negro, ao sur do Cáucaso, que se independizou da Unión Soviética, tras ser a República Socialista Soviética de Xeorxia. Limita ao norte e ao leste con Rusia, ao leste e sur con Acerbaixán, ao sur con Armenia e Turquía, e ao oeste co Mar Negro. A súa capital é Tbilisi.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Marion Anne Perrine Le Pen, nada en Neuilly-sur-Seine, Francia, o 5 de agosto de 1968, popularmente coñecida como Marine Le Pen, é unha avogada e política francesa, presidenta da Agrupación Nacional, candidata por este partido ás eleccións presidenciais de 2012 e 2017. É filla do anterior presidente da Fronte Nacional, Jean-Marie Le Pen. Dende xullo de 2004 é eurodeputada á vez que conselleira rexional da rexión francesa Norte-Paso de Calais dende marzo de 2010.
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Deiva Magan (en támil: தெய்வ மகன்) é un filme indio de 1969 rodado en lingua támil e escrito e dirixido por A. C. Tirulokchander. É unha adaptación da novela en bengalí Ulka de Nihar Ranjan Gupta. Está protagonizado por Sivaji Ganesan e Jayalalithaa, xunto con Sundarrajan, M. N. Nambiar, Nagesh, V. Nagayya e Pandari Bai nos papeis secundarios.
O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 211.808.
Ismail Kadaré (en albanés Ismail Kadare), nado o 28 de xaneiro de 1936 en Gjirokastër (Albania), e finado o 1 de xullo de 2024 en Tirana, foi o máis coñecido dos escritores en lingua albanesa no século XX e principios do XXI. Fillo dun funcionario público, na súa infancia presenciou a devastación de Albania a consecuencia dos enfrontamentos armados da segunda guerra mundial, experiencia que o marcou profundamente. Estudou Historia e Filoloxía na Universidade de Tirana e posteriormente en Moscova, no prestixioso Instituto Gorki de Literatura, até 1960. En outubro de 1990, tras recibir ameazas por parte do réxime comunista albanés, decide exiliarse no Estado francés.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Listenbourg é un país ficticio creado como un meme de Internet en outubro de 2022, que o representa como unha extensión da Península Ibérica. O usuario francés de Twitter Gaspard Hoelscher compartiu un mapa manipulado de Europa cunha frecha vermella que apuntaba ao contorno dun territorio situado en Galiza, Asturias e Norte de Portugal, coa forma virada do mapa de Francia, e bromeou dicindo que os estadounidenses non poderían nomear ese Estado europeo membro da UE. O tal país fíxose viral nas redes sociais, con algunhas marcas, políticos e organizacións seguindo a broma.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Verónica Boquete Giadáns, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987, é unha futbolista galega, que xoga como centrocampista e dianteira na Fiorentina, da Serie A de Italia. Considerada como unha das mellores futbolistas españolas da historia, desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a primeira en marcar nunha final.
Eslovaquia ( pronunciación ) (en eslovaco, Slovensko [ˈslovɛnsko] ), oficialmente República Eslovaca ( pronunciación ) (en eslovaco, Slovenská republika [ˈslovɛnskaː ˈrɛpublika] ), é un país do centro de Europa, resultado da división de Checoslovaquia en 1993, que orixinou o novo estado e tamén a Chequia. Ten fronteira ó norte con Chequia e Polonia; ó leste con Ucraína; ó sur con Hungría e ó oeste con Austria. A súa capital é Bratislava.
Lista de atentados terroristas en 2024
Isto é unha lista sobre os atentados terroristas que aconteceron no ano 2024.
Turín (en italiano: Torino, en piemontés: Turin) é unha cidade do norte de Italia, capital da rexión do Piemonte, situada na beira do río Po e rodeada polos Alpes. Como residencia oficial da Casa de Savoia, foi a antiga capital do Ducado de Savoia entre 1562 e 1718, posteriormente capital de facto do Reino de Sardeña entre 1720 e 1861, finalmente foi a primeira capital de Italia entre 1861 e 1865. Cunha poboación de 909.205 habitantes (2009), na actualidade Turín é un importante centro cultural, industrial e comercial.
El Dorado é un filme estadounidense de 1966 producido e dirixido por Howard Hawks e protagonizado por John Wayne e Robert Mitchum. Escrito por Leigh Brackett e vagamente baseado no libro The Stars in Their Courses de Harry Brown, o filme conta a historia dun pistoleiro que chega en auxilio dun vello amigo: un alguacil bébedo que loita por defender un gandeiro e a súa familia contra outro gandeiro que tenta roubarlles a auga. O pistoleiro e o alguacil son axudados por un guerreiro indio envellecido e un xogador novo.
Apur sansar (en bengalí: অপুর সংসার) é un filme indio de 1959 rodado en lingua bengalí que foi producido, escrito e dirixido por Satyajit Ray. Baséase na segunda metade da novela de Bibhutibhushan Bandopadhyay Aparajito. É a continuación de Pather Panchali (1955) e Aparajito (1956), sendo a derradeira parte da triloxía de Ray, e conta a historia da infancia e primeira idade adulta dun mozo bengalí chamado Apu a comezos do século XX na India.
Sahib Bibi Aur Ghulam (en hindi: साहिब बीबी और ग़ुलाम) é un filme indio de 1962 rodado en lingua hindi e dirixido por Abrar Alvi e producido por Guru Dutt, quen tamén é protagonista xunto con Meena Kumari, Rehman e Waheeda Rehman. O filme, que se basea na novela en lingua bengalí Saheb Bibi Golam (1953) de Bimal Mitra, é a segunda adaptación logo do filme filme homónimo de Saheb Bibi Golam protagonizado por Sumitra Devi, Uttam Kumar e Chhabi Biswas. Logo de ler a novela e ver a súa versión escenificada, Dutt quixo adaptala.
En xeometría, a orientación, dirección, ou posición angular dun obxecto, como unha liña, un plano ou un corpo ríxido, forma parte da descrición de como se coloca no espazo que ocupa. Máis concretamente, refírese á rotación imaxinaria que se necesita para mover o obxecto dunha posición de referencia á súa posición actual. A posición e a orientación xuntos describen completamente como se coloca o obxecto no espazo.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Guide (en hindi: गाइड) é un filme indo-estadounidense de 1965 rodado en lingua hindi e lingua inglesa, e dirixido por Vijay Anand. Foi producido por Dev Anand e está protagonizado por Waheeda Rehman. Baséase na novela The Guide de 1958 escrita por R. K. Narayan, e conta a historia de Raj (Anand), un guía turístico autónomo e Rosie (Rehman), a esposa reprimida dun arqueólogo adiñeirado.
Passengers é un filme estadounidense do xénero ciencia ficción e romance, dirixido por Morten Tyldum e escrito por Jon Spaihts. O filme é protagonizado por Chris Pratt e Jennifer Lawrence, con Michael Sheen e Laurence Fishburne nos papeis secundarios. Conta a historia de dúas persoas que espertan noventa anos antes dunha hibernación inducida nunha nave espacial que os transporta, xunto con outros milleiros de pasaxeiros, cara a un arredado planeta colonial.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Nicole Mary Kidman, nada en Honolulú (Hawai) o 20 de xuño de 1967, é unha actriz e produtora con dobre nacionalidade australiana e estadounidense. Gañou un Óscar, catro Globo de Oro, un Bafta e un Oso de Prata á mellor actriz, entre outros. Ten unha irmá máis nova, Antonia Kidman, que tamén é actriz.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.