Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña. Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano.
O lysenkoísmo (ruso: Лысенковщина, Lysenkovshchina, AFI [lɨˈsɛnkəfɕːʲɪnə]; ucraíno: лисенківщина, lysenkivščyna, AFI [lɪˈsɛnkiu̯ʃtʃɪnɐ]) foi unha campaña política liderada polo biólogo soviético Trofim Lysenko contra a agricultura baseada na xenética e na ciencia na metade do século XX, rexeitando a selección natural en favor dunha forma de lamarckismo, e promovendo o uso de técnicas de vernalización e enxerto. Máis de 3000 biólogos da corrente de pensamento principal en xenética foron despedidos ou encarcerados e numerosos foron executados na campaña soviética de supresión de opoñentes científicos. O presidente da Academia de Agricultura Soviética, Nikolai Vavilov, que fora mentor do propio Lysenko, pero posteriormente foi denunciado por el, foi enviado a prisión e morreu alí, mentres que a investigación xenética soviética quedou destruída.
"ABC" é unha canción de The Jackson 5 que foi lanzada en 1970. Foi escrita co mesmo estilo que "I Want You Back", e foi escoitada por vez primeira en American Bandstand en febreiro de 1970. "ABC" substituíu a canción dos The Beatles "Let It Be" no número un dos Billboard Hot 100 en 1970, e permaneceu como número un dos sinxelos do soul durante catro semanas.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Persépole (do grego Περσέπολις, Persépolis, literalmente «a cidade persa»), en antigo persa: Pars, en persa moderno: تخت جمشید, Tajt-e Yamshid «o trono de Yamshid», foi a capital do Imperio Persa durante a época aqueménida (550-330 a.C.). Atópase a uns 70 km da cidade de Shiraz, provincia de Fars, Irán, preto do lugar no que o río Pulwar desemboca no Kur (Kyrus). A súa construción, comezada por Darío I, continuou ao longo de máis de dous séculos, ata a conquista do Imperio Persa por Alexandre Magno.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
A copia por contacto é un procedemento fotográfico que permite obter copias a partir dunha película fotográfica do mesmo tamaño sobre papel, chamándose á resultado folla de contactos. Normalmente obtense a partir de negativos pero tamén poderían obterse a partir de diapositivas co que o resultado sería un negativo.
Un programador ou programadora é unha persoa que se dedica á programación ou que escribe un código ou programa, xeralmente enténdese no campo da informática e dos ordenadores. Ada Lovelace considérase a primeira persoa que empregou un algoritmo co propósito de ser introducido nunha computadora en outubro de 1842 e, polo tanto, a primeira programadora da historia.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e en 2023, Cristiano Ronaldo deixou de mutuo acordo o Manchester United da Premier League inglesa e asinou con o Al-Nassr FC na Saudi Professional League. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación de masas.
Public Enemies (filme de 2009)
Public Enemies é un filme estadounidense dirixido por Michael Mann que se estreou no 2009. É unha adaptación do libro non ficticio de Bryan Burrough Public Enemies: America's Greatest Crime Wave and the Birth of the FBI, 1933–34. Ambientado na Gran Depresión, o filme narra os anos finais do ladrón de bancos John Dillinger (Johnny Depp) e a persecución polo axente Melvin Purvis (Christian Bale).
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Taj Mahal (en hindi ताज महल, persa تاج محل), situado en Agra, na beira do río Yamuna, no Estado de Uttar Pradesh, India, é un suntuoso mausoleo de mármore branco construído entre 1632 e 1652 polo emperador mogol Shâh Jahân, en memoria da súa esposa Arjumand Bânu Begam, máis coñecida polo nome de Mumtāz Mahal, que falecera o 17 de xuño de 1631, ao dar a luz o seu décimo cuarto fillo, en tanto acompañaba ao seu home en campaña. Tivo unha sepultura inicial no xardín Zainabad en Burhampur. Así, o Taj Mahal é tamén considerado como unha gran proba de amor, contendo inscricións retiradas do Corán.
Como topónimo Vilar pode referirse a: En Galiza San Pedro Fiz de Vilar, parroquia do concello de Bande; Vilar, lugar de dita parroquia; Santa María de Vilar de Condes, parroquia do concello de Carballeda de Avia; Vilar de Condes, lugar de dita parroquia; Santa María de Vilar de Vacas, parroquia do concello de Cartelle; Vilar de Vacas, lugar de dita parroquia; San Miguel de Vilar de Rei, parroquia do concello de Cenlle; San Cosme de Vilar, parroquia do concello de Chandrexa de Queixa; Vilar, lugar de dita parroquia; Santa María de Vilar, parroquia do concello de Cospeito; San Xurxo de Vilar, parroquia do concello de Crecente; Santa María de Vilar de Ordelles, parroquia do concello de Esgos; Vilar de Ordelles, lugar de dita parroquia; Santa María de Vilar, parroquia do concello de Guitiriz; San Mamede de Vilar, parroquia do concello de Mondariz; Santa Baia de Vilar de Cerreda, parroquia do concello de Nogueira de Ramuín; Purísima Concepción de Vilar de Astrés, parroquia do concello de Ourense; San Salvador de Vilar de Donas, parroquia do concello de Palas de Rei; Castro Vilar, lugar de dita parroquia; Santiago de Vilar de Ortelle, parroquia do concello de Pantón; Vilar, lugar de dita parroquia; San Pedro de Vilar, parroquia do concello de Pontedeume; Chao de Vilar, lugar de dita parroquia; San Xosé de Vilar de Lor, parroquia do concello de Quiroga; Vilar de Lor, lugar de dita parroquia; San Martiño de Vilar de Infesta, parroquia do concello de Redondela; Santa María de Vilar, parroquia do concello de Sarria; San Salvador de Vilar de Sarria, parroquia do concello de Sarria; San Martiño de Vilar, parroquia do concello de Silleda; Santa Eulalia de Vilar de Cabalos, parroquia do concello de Taboada; San Miguel de Vilar, parroquia do concello de Touro; Vilar, lugar de dita parroquia; San Salvador de Vilar de Lebres, parroquia do concello de Trasmiras; San Pedro Fiz de Vilar de Barrio, parroquia do concello de Vilar de Barrio; San Xoán de Vilar de Santos, parroquia do concello de Vilar de Santos; San Vicente de Vilar de Cervos, parroquia do concello de Vilardevós; San Pedro de Vilar, parroquia do concello de Zas; Vilar, lugar de dita parroquia; Vilar, lugar da parroquia de Crendes, no concello de Abegondo; Vilar, lugar da parroquia de Folgoso, no concello de Abegondo; Vilar, lugar da parroquia de Artoño, no concello de Agolada; Vilar, lugar da parroquia de Ventosa, no concello de Agolada; Vilar, lugar da parroquia de Ames, no concello de Ames; Vilar, lugar da parroquia de Cabeiras, no concello de Arbo; Vilar, lugar da parroquia de Figueiroa, no concello de Arzúa; Vilar, lugar da parroquia de Pantiñobre, no concello de Arzúa; Vilar, lugar da parroquia de Avión, no concello de Avión; Vilar, lugar da parroquia de Pousada, no concello de Baleira; Vilar, lugar da parroquia de Ponte Ambía, no concello de Baños de Molgas; Vilar, lugar da parroquia de San Cosme de Barreiros, no concello de Barreiros; Vilar, lugar da parroquia de Santalla de Pena, no concello de Begonte; Vilar, lugar da parroquia de Trobo, no concello de Begonte; Vilar, lugar da parroquia de Guntín, no concello de Bóveda; Vilar, lugar da parroquia de Randín, no concello de Calvos de Randín; Vilar, lugar da parroquia de Ponte Veiga, no concello do Carballiño; Vilar, lugar da parroquia de Servoi, no concello de Castrelo do Val; Vilar, lugar da parroquia de Cellán de Calvos, no concello de Castroverde; Vilar, lugar da parroquia de Montecubeiro, no concello de Castroverde; Vilar, lugar da parroquia de Cervo, no concello de Cedeira; Vilar, lugar da parroquia de Donís, no concello de Cervantes; Vilar, lugar da parroquia de Adá, no concello de Chantada; Vilar, lugar da parroquia de Cuntis, no concello de Cuntis; Vilar, lugar da parroquia de Foxado, no concello de Curtis; Vilar, lugar da parroquia de Berdeogas, no concello de Dumbría; Vilar, lugar da parroquia de Buxantes, no concello de Dumbría; Vilar, lugar da parroquia de Olveira, no concello de Dumbría; Vilar, lugar da parroquia de Venceáns, no concello de Entrimo; Vilar, lugar da parroquia de Doniños, no concello de Ferrol; Vilar, lugar da parroquia de Vilamor, no concello de Folgoso do Courel; Vilar, lugar da parroquia de Millarada, no concello de Forcarei; Vilar, lugar da parroquia de Mosteiro, no concello de Guntín; Vilar, lugar da parroquia de Botos, no concello de Lalín; Vilar, lugar da parroquia de Filgueira, no concello de Lalín; Vilar, lugar da parroquia de Santo Adrao de Lourenzá, no concello de Lourenzá; Vilar, lugar da parroquia de Tállara, no concello de Lousame; Vilar, lugar da parroquia de Vilardecás, no concello de Maceda; Vilar, lugar da parroquia de Leiloio, no concello de Malpica de Bergantiños; Vilar, lugar da parroquia da Armenteira, no concello de Meis; Vilar, lugar da parroquia de Anca, no concello de Neda; Vilar, lugar da parroquia de Aro, no concello de Negreira; Vilar, lugar da parroquia de San Pedro de Ernes, no concello de Negueira de Muñiz; Vilar, lugar da parroquia de Mera de Arriba, no concello de Ortigueira; Vilar, lugar da parroquia de Cangas, no concello de Pantón; Vilar, lugar da parroquia de San Martiño de Ferreiros, no concello de Pol; Vilar, lugar da parroquia do Freixo, no concello das Pontes de García Rodríguez; Vilar, lugar da parroquia de Baroña, no concello de Porto do Son; Vilar, lugar da parroquia de Río, no concello de Rodeiro; Vilar, lugar da parroquia de Meirás, no concello de Sada; Vilar, lugar da parroquia de Lamas, no concello de San Sadurniño; Vilar, lugar da parroquia de Grixoa, no concello de Santiago de Compostela; Vilar, lugar da parroquia de Marantes, no concello de Santiago de Compostela; Vilar, lugar da parroquia de Vilalonga, no concello de Sanxenxo; Vilar, lugar da parroquia de Cira, no concello de Silleda; Vilar, lugar da parroquia de Graba, no concello de Silleda; Vilar, lugar da parroquia das Enchousas, no concello das Somozas; Vilar, lugar da parroquia de Cacheiras, no concello de Teo; Vilar, lugar da parroquia de Teo, no concello de Teo; Vilar, lugar da parroquia de Bama, no concello de Touro; Vilar, lugar da parroquia de Calvos de Socamiño, no concello de Touro; Vilar, lugar da parroquia de Campo, no concello de Trazo; Vilar, lugar da parroquia de Buxán, no concello de Val do Dubra; Vilar, lugar da parroquia de Coucieiro, no concello de Val do Dubra; Vilar, lugar da parroquia de San Román, no concello de Val do Dubra; Vilar, lugar da parroquia de Cordeiro, no concello de Valga; Vilar, lugar da parroquia de San Pedro de Vilanova, no concello de Vedra; Vilar, lugar da parroquia de Brandariz, no concello de Vila de Cruces; Vilar, lugar da parroquia de Fontao, no concello de Vila de Cruces; Vilar, lugar da parroquia de San Tomé de Insua, no concello de Vila de Cruces; Vilar, lugar da parroquia de Bamio, no concello de Vilagarcía de Arousa; Vilar, lugar da parroquia de Grandal, no concello de Vilarmaior; Vilar, lugar da parroquia de Cereixo, no concello de Vimianzo; Vilar, lugar da parroquia de Vimianzo, no concello de Vimianzo; Vilar da Fraga, lugar da parroquia de Soandres, no concello da Laracha; Vilar da Torre, lugar da parroquia de Lañas, no concello da Baña; Vilar da Vella, lugar da parroquia de Visantoña, no concello de Santiso; Vilar de Abade, lugar da parroquia de Sorribas, no concello de Rois; Vilar de Abaixo, lugar da parroquia de Deixebre, no concello de Oroso; Vilar de Abaixo, lugar da parroquia da Pereira, no concello de Santa Comba; Vilar de Arriba, lugar da parroquia de Deixebre, no concello de Oroso; Vilar de Arriba, lugar da parroquia da Pereira, no concello de Santa Comba; Vilar de Baixo, lugar da parroquia de Outeiro, no concello de Castro de Rei; Vilar de Calvos, lugar da parroquia de Carballido, no concello da Fonsagrada; Vilar de Cancelada, lugar da parroquia de Vilachá, no concello de Becerreá; Vilar de Cas, lugar da parroquia de Moreira, no concello de Castroverde; Vilar de Castro, lugar da parroquia de Leroño, no concello de Rois; Vilar de Céltigos, lugar da parroquia de Grixoa, no concello de Santa Comba; Vilar de Cenlle, lugar da parroquia de Begonte, no concello de Begonte; Vilar de Cerdeiras, lugar da parroquia de Corneira, no concello da Baña; Vilar de Cidre, lugar da parroquia de Razo, no concello de Carballo; Vilar de Cima, lugar da parroquia de Corneira, no concello da Baña; Vilar de Cima, lugar da parroquia de Rus, no concello de Carballo; Vilar de Corna, lugar da parroquia de Carres, no concello de Oza-Cesuras; Vilar de Costoia, lugar da parroquia de Porzomillos, no concello de Oza-Cesuras; Vilar de Ferreiros, na parroquia de Visantoña, no concello de Santiso; Vilar de Flores, lugar da parroquia dos Espiñeiros, no concello de Allariz; Vilar de Frades, lugar da parroquia de Ouselle, no concello de Becerreá; Vilar de Francos, lugar da parroquia de Artes, no concello de Carballo; Vilar de Goia, lugar da parroquia de Quintela de Umoso no concello de Viana do Bolo; Vilar de Igrexa, lugar da parroquia de Sancovade, no concello de Vilalba; Vilar de Lamas, lugar da parroquia de San Martiño de Meanos, no concello de Zas; Vilar de Locrendes, lugar da parroquia de Cis, no concello de Oza-Cesuras; Vilar de Mulleres, lugar da parroquia de Lobelle, no concello de Carballedo; Vilar de Nuño, lugar da parroquia da Graña de Vilarente, no concello de Abadín; Vilar de Oleiros, lugar da parroquia de Vilamaior de Caldelas, no concello de Castro Caldelas; Vilar de Ousón, lugar da parroquia de Cruzul, no concello de Becerreá; Vilar de Outeiro, lugar da parroquia de Santiago de Arriba, no concello de Chantada; Vilar de Outeiro, lugar da parroquia de Coucieiro, no concello de Muxía; Vilar de Outeiro, lugar da parroquia de Verdía, no concello de Santiago de Compostela; Vilar de Parada, lugar da parroquia de Carnota, no concello de Carnota; Vilar de Paraíso, lugar da parroquia de Buxantes, no concello de Dumbría; Vilar de Peres, lugar da parroquia de Rebordelos, no concello de Carballo; Vilar de Reconco na prroquia de Vilacova, no concello de Lousame; Vilar de Riba, lugar da parroquia de Outeiro, no concello de Castro de Rei; Vilar de Sobremonte, lugar da parroquia de San Martiño de Ozón, no concello de Muxía; Vilar de Sucarral, lugar da parroquia de Vieiro, no concello da Fonsagrada; Vilar de Suso, lugar da parroquia de Fiopáns, no concello da Baña; Vilar de Suso, lugar da parroquia de Sísamo, no concello de Carballo; Vilar de Vela, lugar da parroquia do Trobo, no concello da Fonsagrada; Vilar de Uz, lugar da parroquia de Oza, no concello de Carballo; Vilar do Bispo, lugar da parroquia de Lampai, no concello de Teo; Vilar do Carballo, lugar da parroquia de Oza, no concello de Carballo; Vilar do Infante, lugar da parroquia de Luaces, no concello de Pol; Vilar do Mato, lugar da parroquia de Santiago de Arriba, no concello de Chantada; Vilar do Monte, lugar da parroquia de San Román, no concello de Santiso; Vilar do Rei, lugar da parroquia de Fecha, no concello de Santiago de Compostela; Vilar do Río, lugar da parroquia de Bendoiro, no concello de Lalín; Casanova de Vilar, lugar da parroquia de San Xoán de Moeche, no concello de Moeche; Chan de Vilar, lugar da parroquia de Nullán, no concello das Nogais; Carravilar, lugar da parroquia de Bazar, no concello de Castro de Rei; Coucevilar, lugar da parroquia de Recemel, no concello de Somozas; O Fondovilar, lugar da parroquia de San Pantaleón de Cabanas, no concello de Ourol; A Fontevilar, lugar da parroquia de Mourence, no concello de Vilalba; Portovilar, lugar da parroquia de Vilamaior, no concello de Santa Comba. Castro de Galiza Castro de Vilar, poboado castrexo do lugar de Vilar na parroquia de Crendes, no concello de Abegondo.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 211.839.
Turquía (turco: Türkiye, ˈtyɾcije) —de forma oficial República de Turquía (turco: Türkiye Cumhuriyeti, (Türkiye Cumhuriyeti)— é un país soberano intercontinental, coa maior parte do seu territorio situado na Asia Occidental (95 % do seu territorio) e unha menor na Europa meridional (5 % do seu territorio), que se estende por toda a península de Anatolia (a península de Anatolia atópase entre o mar Negro e o mar Mediterráneo e forma o «corazón» do país) e Tracia Oriental na zona dos Balcáns. Linda ó nordeste con Armenia, ó norte co mar Negro, ó oeste con Grecia, o mar Exeo e Bulgaria, ó sueste con Irán, e ó sur con Iraq, Siria e o mar Mediterráneo, ó leste con Xeorxia e Acerbaixán. O mar de Mármara, e os estreitos turcos do Bósforo é o Dardanelos, separan Europa de Asia, polo que Turquía está considerado un país transcontinental.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Jordan Bardella, nado en Drancy (Illa de Francia), o 13 de setembro de 1995, é un político francés militante da Agrupación Nacional. Militante das mocidades da Fronte Nacional dende 2012, é Conselleiro Rexional da Illa de Francia dende 2015, eurodeputado dende 2019, é o presidente de Agrupación Nacional dende o 5 de novembro de 2022. Estreito colaborador de Marine Le Pen, encabezou as listas da Agrupación Nacional ás eleccións lexislativas de 2024 co obxectivo do ser o primeiro ministro.
El Dorado é un filme estadounidense de 1966 producido e dirixido por Howard Hawks e protagonizado por John Wayne e Robert Mitchum. Escrito por Leigh Brackett e vagamente baseado no libro The Stars in Their Courses de Harry Brown, o filme conta a historia dun pistoleiro que chega en auxilio dun vello amigo: un alguacil bébedo que loita por defender un gandeiro e a súa familia contra outro gandeiro que tenta roubarlles a auga. O pistoleiro e o alguacil son axudados por un guerreiro indio envellecido e un xogador novo.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Un bodystocking ou bodystocking é unha peza cingida á pel que cobre o torso, as pernas e ás veces aos brazos da portadora. É unha prenda de base ou un artigo de lencería feito xeralmente dun tecido transparente semellante ao que se usa para medias ou pantimedias, ou de rede, encaixe ou un material opaco, ou unha variación destes materiais. Un bodystocking diferénciase dun unitard, en que este último se usa como vestimenta ou peza de roupa, e dos leotardos, que se usan como roupa de adestramento ou roupa de actuación para acróbatas, ximnastas e outros artistas similares.
Louis Pasteur, nado en Dole (departamento do Jura) o 27 de decembro de 1822 e finado o 28 de setembro de 1895, foi un químico francés cuxos descubrimentos tiveron enorme importancia en diversos campos das ciencias naturais, sobre todo na química e microbioloxía. A el débese a técnica coñecida como pasteurización. A través de experimentos refutou definitivamente a teoría da xeración espontánea e desenvolveu a teoría xerminal das enfermidades infecciosas.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Austria ( pronunciación ) (en alemán: Österreich, [ˈøːstɐˌʁaɪç] ), oficialmente República de Austria ( pronunciación ) (en alemán: Republik Österreich, [Republik Österreich] )), é un estado da Europa central sen saída cara ao mar, con máis de 9,0 millóns de habitantes. Fai fronteira con Alemaña e a República Checa ao norte, Eslovaquia e Hungría ao leste, Eslovenia e Italia ao sur, e Suíza e Liechtenstein ao oeste. O territorio de Austria abrangue 83.872 quilómetros cadrados e posúe un clima temperado e alpino.
Ramón Piñeiro López, nado en Armea de Abaixo (Lama, Láncara) o 31 de maio de 1915 e finado en Santiago de Compostela o 27 de agosto de 1990, foi un filósofo, ensaísta e político galego, un dos principais artífices da reconstrución cultural galega na posguerra. Piñeiro vía utópica a formación dun partido político galeguista na situación política e social de entón. Se xa fora un partido minoritario cando as circunstancias eran favorables, e nin sequera conseguira manter a unidade interna, ao seu ver, moitas menos posibilidades ía ter baixo a ditadura.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Erguer. Estudantes da Galiza é unha organización estudantil galega destinada á defensa dos intereses do estudantado, cuxo obxectivo estratéxico é acadar un ensino galego, público, de calidade, democrático e non heteropatriarcal. É unha organización de carácter plural, situada no campo da esquerda nacionalista e independentista, nun movemento político que procura a constitución da República Galega independente, democrática e plenamente soberana.
O dólar do automóbil (chinés simplificado: 贵州汽车币; chinés tradicional: 貴州汽車幣; pinyin: Guìzhōu qìchē bì; lit. 'moeda do automóbil de Guizhou'), coñecida tamén como auto dólar ou iuan do automóbil, é unha moeda de prata co valor facial dun iuan emitida en 1928 polo señor da guerra chinés Zhou Xicheng para conmemorar a construción de estradas na provincia de Guizhou. A moeda caracterízase pola representación no seu anverso do automóbil de Zhou Xicheng circulando por unha estrada, con herba en primeiro plano disposta de maneira que se lea o seu nome en ideogramas: 西成; Xīchéng.
Gheorghe Hagi, tamén coñecido como Gică Hagi, nado en Săcele, Constanța, o 5 de febreiro de 1965, é un adestrador e exfutbolista romanés, actual propietario e adestrador do Farul Constanța da Liga I. Na súa posición de centrocampista ofensivo, foi considerado un dos mellores xogadores do mundo durante as décadas de 1980 e 1990, e está amplamente considerado como o mellor futbolista romanés de todos os tempos. Comezou a súa carreira como futbolista na súa Romanía natal, nas filas do Farul Constanța, e posteriormente militou no Sportul Studențec e no Steaua București. Máis tarde xogou nos dous maiores clubs de España, o Real Madrid e o FC Barcelona, e pasou tamén polo Brescia italiano e o Galatasaray turco.
Tadej Pogačar, nado en Klanec, Komenda, o 21 de setembro de 1998, é un ciclista esloveno, membro do equipo UAE Team Emirates. En 2019 converteuse no ciclista máis novo en gañar unha carreira por etapas da UCI WorldTour (máxima categoría do ciclismo profesional) ao vencer no Tour de California 2019 con só 20 anos. Tamén gañou ese ano tres etapas na Volta a España 2019, na que acabou terceiro.
O Sistema de Coordenadas Xeográficas expresa todas as posicións sobre a Terra usando dúas das tres coordenadas dun sistema de coordenadas esféricas que está aliñado co eixo de rotación da Terra. Este define dous ángulos medidos desde o centro da Terra: A latitude mide o ángulo entre calquera punto e o ecuador. As liñas de latitude chámanse paralelos e son círculos paralelos ao ecuador na superficie da Terra.
En gobernos parlamentarios coñécese como líder da oposición o líder do partido político con maior representación parlamentaria que non está no goberno. O líder da oposición normalmente identificase como a alternativa respecto do gobernante actual para o cargo de presidente, primeiro ministro ou o cargo que estea á cabeza do poder executivo do territorio. O líder da oposición non é necesariamente o presidente do partido opositor, senón aquel de aparición nos medios e influencia na poboación máis destacable nese partido.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
Marlina, Si Pembunuh dalam Empat Babak
Marlina, Si Pembunuh dalam Empat Babak é un filme indonesio de 2017 dirixido por Mouly Surya. Baséase nunha historia concibida por Garin Nugroho e o guión foi escrito por Surya e Rama Adi. O estilo "wéstern", o seu ton feminista e a ambientación na Indonesia rural levaron a que fose acuñado o termo "satay Western" despois da súa estrea mundial no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2017.
A Eurocopa 2008 (oficialmente, Campionato Europeo de Fútbol da UEFA ou UEFA EURO 2008™) foi a XIII edición da Eurocopa, o principal torneo entre seleccións de fútbol europeas organizado pola UEFA. Esta versión do torneo realizouse en Austria e Suíza, entre o 7 de xuño e o 29 de xuño de 2008, sendo a segunda ocasión na que o torneo foi organizado por dous países (trala Eurocopa 2000 realizada en Bélxica e os Países Baixos) e a primeira que foi albergada por unha destas nacións. A candidatura de Austria e Suíza foi proclamada polo Comité Xeral da UEFA, o 12 de decembro de 2002, superando a un total de seis candidaturas. 16 seleccións participaron no evento, 14 das cales adxudicáronse a súa participación neste torneo tras superar un proceso clasificatorio disputado entre 2006 e 2007 por 52 equipos, ás que se sumaron as seleccións de Austria e Suíza, clasificadas automaticamente na súa calidade de anfitrioas.
Verónica Boquete Giadáns, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987, é unha futbolista galega, que xoga como centrocampista e dianteira na Fiorentina, da Serie A de Italia. Considerada como unha das mellores futbolistas españolas da historia, desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a primeira en marcar nunha final.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O Campionato de Europa de fútbol da UEFA (en inglés: UEFA European Football Championship), máis coñecida como Eurocopa ou simplemente Euro, é a competición de seleccións nacionais de fútbol que organiza a UEFA. Dispútase cada catro anos dende 1960. Hai tamén unha Eurocopa de fútbol feminino que comezou en 1984 e que dende 1997 celébrase tamén cada catro anos.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Leipzig ( son ; IPA: [ˈlaɪpt͡siç]) é unha Kreisfreie Stadt (cidade independente) no noroeste de Saxonia (Alemaña) na confluencia dos ríos Pleiße, Weiße Elster e Parthe e ten 297.60 km². Os seus 520.838 habitantes fana a cidade máis poboada de Saxonia. A corporación municipal está composta por 19 concelleiros do SPD, 19 do PDS, 19 do CDU, 7 dos Verdes, 3 do FDP, 1 do DSU, 1 do FORUM e 1 outros.
Ciro in Babilonia, ossia La caduta di Baldassare (en galego Ciro en Babilonia, ou a caída de Baldassare) é unha ópera en dous actos con música de Gioachino Rossini sobre un libreto en italiano de Francesco Aventi baseado no Libro de Daniel 5, 1-30 da Biblia. A ópera foi estreada no Teatro Comunale de Ferrara o 14 de marzo de 1812.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
O barón François Englert, nado en Bruxelas, Bélxica, o 6 de novembro de 1932, é un físico teórico belga, profesor emérito da Universidade Libre de Bruxelas (ULB), onde é membro do Servizo de Física Teórica. Tamén é Profesor Sackler por Designación Especial na Escola de Física e Astronomía da Universidade de Tel Aviv, Israel, e membro do Instituto de Estudos de Quantum na Universidadr Chapman, California. En outubro de 2013 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto a Peter Higgs, polo descubrimento do Mecanismo de Higgs.
Eslovenia ( pronunciación ) (en esloveno: Slovenija), oficialmente República de Eslovenia ( pronunciación ) (en esloveno: Republika Slovenija [rɛˈpùːblika slɔˈʋèːnija] ), é un país do sur da Europa central que fai fronteira con Italia polo oeste, co mar Adriático polo suroeste, con Croacia polo sur e o leste, con Hungría polo nordeste e con Austria polo norte. A principal cidade eslovena e capital do estado é Liubliana. Durante a súa historia Eslovenia formou parte do Imperio Romano, o Imperio Bizantino, a República de Venecia, o Ducado de Carantania (só o a parte norte do país), o Sacro Imperio Romano Xermánico, a monarquía dos Habsburgo, o Imperio Austríaco (máis tarde chamado Imperio Austrohúngaro), o efémero Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios, o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos (chamado Reino de Iugoslavia a partir 1929) entre a primeira e a segunda guerra mundial, e a República Federal Socialista de Iugoslavia dende o ano 1945 até o ano 1991, cando o país obtivo a súa independencia.
Mesopotâmia (do grego antigo Μεσοποταμία; composto de μέσος, "meio", e ποταμός, "río", ou sexa "[terra] entre dous ríos") é a zona do sistema fluvial Tigris-Éufrates, que na actualidade abarca aproximadamente á maior parte dos actuais Iraq e Kuwait, así como partes orientais de Siria e rexións ao longo das fronteiras entre Turquía-Siria e entre Irán-Iraq. Considerada amplamente como un dos berces da civilización polo mundo occidental, a Mesopotâmia da Idade de Bronce abarcaba a Sumeria, alén dos imperios acadiano, o babilônico e o asírio, todos nativos ao territorio do actual Iraq. Na Idade de Ferro foi controlada polos imperios neoasirio e neobabilónico.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro. Para o nome de Rosalía, véxase Rosalía (nome) Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.