Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Concellos de Galiza por poboación
En Galiza existen 313 concellos cunha poboación total de 2.689.152 hab. O territorio organízase ao redor de sete núcleos urbanos principais, todos con máis de 60.000 habitantes, e que suman 995.126 hab. Existen outros 49 concellos de máis de 10.000 hab.
Michelle Clemente Escotet, nada en Caracas o 7 de decembro de 1994, é un exfutbolista venezolana, que xogaba como centrocampista. Foi internacional coas categorías inferiores da selección venezolana. Dende 2023 é membro do Consello de Administración do Deportivo da Coruña, club do que é propietario o seu tío Juan Carlos Escotet por medio de Abanca.
Shelley Alexis Duvall, nada o 7 de xullo de 1949 en Houston, Texas, é unha actriz, produtora, cantante, actriz de dobraxe e humorista estadounidense, principalmente coñecida polos seus traballos en filmes como Brewster McCloud, Frankenweenie, Faerie Tale Theatre, Nashville, Popeye, The Shining, Thieves Like Us, Os heroes do tempo ou 3 Women.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Os vasos linfáticos (do latín vas lymphaticum) son vasos tubulares de paredes delgadas, cunha estrutura parecida á dos vasos sanguíneos, que transportan a linfa e que se estenden por case todo o corpo, formando, xunto cos ganglios linfáticos, o sistema linfático. Os vasos linfáticos conteñen válvulas que impiden o retroceso da linfa. Como parte do sistema linfático son complementarios do sistema cardiovascular.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto. Considerada a atleta galega máis destacada de todos os tempos, foi campioa de Europa tanto ao aire libre como en pista cuberta, e gañou unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
James David Rodríguez Rubio, nado en Cúcuta, Norte de Santander, Colombia, o 12 de xullo de 1991, coñecido futbolisticamente como James Rodríguez ou simplemente James (pronunciado de acordo coa fonoloxía do español; ˈxames), é un futbolista colombiano que xoga como centrocampista no Everton FC da Premier League. É internacional coa Selección de Colombia, da cal é capitán. Recibiu en 2009, 2012 e 2014 o premio de xogador revelación na Primeira División da Arxentina e na Primeira Liga de Portugal.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Busan (/buˈsan/; en coreano: 부산 [pusʰa̠n]), oficialmente Cidade Metropolitana de Busan, é, despois de Seúl, a segunda cidade máis poboada de Corea do Sur, cunha poboación de máis de 3,3 millóns de habitantes segundo datos de 2024. Antigamente romanizada coma Pusan, é o centro económico, cultural e educativo do sueste do país, sendo o seu porto o máis activo de Corea do Sur, así coma o sexto máis activo do mundo. Sitúase no extremo sueste da península coreana a beira do Mar do Xapón na entrada norte do Estreito de Corea.
En lóxica, a negación, tamén chamada non lóxico ou complemento lóxico, é unha operación que leva unha proposición P {\displaystyle P} a outra proposición "non P {\displaystyle P} ", que representa " P {\displaystyle P} non é verdade", escríbese ¬ P {\displaystyle \neg P} , ∼ P {\displaystyle {\mathord {\sim }}P} ou P ¯ {\displaystyle {\overline {P}}} . Interprétase intuitivamente como verdadeiro cando P {\displaystyle P} é falso, e falso cando P {\displaystyle P} é verdadeiro. A negación é polo tanto unha conexión lóxica unaria.
O Campionato de Europa de fútbol da UEFA (en inglés: UEFA European Football Championship), máis coñecida como Eurocopa ou simplemente Euro, é a competición de seleccións nacionais de fútbol que organiza a UEFA. Dispútase cada catro anos dende 1960. Hai tamén unha Eurocopa de fútbol feminino que comezou en 1984 e que dende 1997 celébrase tamén cada catro anos.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Como topónimo A Ponte pode referirse a: En Galiza A Pontenova concello da comarca da Mariña Oriental; A Pontenova, parroquia de dito concello; A Pontenova, lugar de dita parroquia; A Ponte do Porto, parroquia do concello de Camariñas; A Ponte do Porto, lugar de dita parroquia; A Ponte Arcediago, parroquia do concello de Santiso; A Ponte Ulla, parroquia do concello de Vedra; A Ponte Ulla, lugar de dita parroquia; A Ponte, parroquia do concello da Veiga; A Ponte, lugar de dita parroquia; Santa Mariña da Ponte, parroquia do concello de Viana do Bolo; Santa Mariña da Ponte, lugar de dita parroquia; A Ponte, lugar da parroquia de Aldixe, no concello de Abadín; A Ponte, lugar da parroquia de Montouto, no concello de Abadín; A Ponte, lugar da parroquia da Arnoia, no concello da Arnoia; A Ponte, lugar da parroquia de Librán, no concello de Baleira; A Ponte, lugar da parroquia de Virís, no concello de Begonte; A Ponte, lugar da parroquia de Uriz, no concello de Begonte; A Ponte, lugar da parroquia de Bértoa, no concello de Carballo; A Ponte, lugar da parroquia de Castrelo de Miño, no concello de Castrelo de Miño; A Ponte, lugar da parroquia de Curtis, no concello de Curtis; A Ponte, lugar da parroquia de Forcarei, no concello de Forcarei; A Ponte, lugar da parroquia de Mañufe, no concello de Gondomar; A Ponte, lugar da parroquia de San Clodio, no concello de Leiro; A Ponte, lugar da parroquia de Melón, no concello de Melón; A Ponte, lugar da parroquia de Castro, no concello de Mesía; A Ponte, lugar da parroquia de Vide, no concello das Neves; A Ponte, lugar da parroquia de Santiago de Gaioso, no concello de Outeiro de Rei; A Ponte, lugar da parroquia de Bragade, no concello de Oza-Cesuras; A Ponte, lugar da parroquia de Ferreiros, no concello do Pino; A Ponte, lugar da parroquia de San Mamede de Ferreiros, no concello do Pino; A Ponte, lugar da parroquia de Barxa de Lor, no concello da Pobra do Brollón; A Ponte, lugar da parroquia de Santalla de Rei, no concello da Pobra do Brollón; A Ponte, lugar da parroquia de Veiga, no concello da Pobra do Brollón; A Ponte, lugar da parroquia de Arante, no concello de Ribadeo; A Ponte, lugar da parroquia de Pedroso, no concello de Rodeiro; A Ponte, lugar da parroquia de San Salvador de Camba, no concello de Rodeiro; A Ponte, lugar da parroquia de San Xoán de Lóuzara, no concello de Samos; A Ponte, lugar da parroquia de Grixoa, no concello de Santiago de Compostela; A Ponte, lugar da parroquia de Castelo, no concello de Trazo; A Ponte, lugar da parroquia de Valdoviño, no concello de Valdoviño; A Ponte Alvar, lugar da parroquia de Fecha, no concello de Santiago de Compostela; A Ponte Barbanza, lugar da parroquia de Lesón, no concello da Pobra do Caramiñal; A Ponte Barbanza, lugar da parroquia de Posmarcos, no concello da Pobra do Caramiñal; A Ponte Baxoi, lugar da parroquia de Castro, no concello de Miño; A Ponte Beluso, lugar da parroquia de Bealo, no concello de Boiro; A Ponte Boado, lugar da parroquia de Arceo, no concello de Boimorto; A Ponte Borela, lugar da parroquia de Borela, no concello de Cerdedo-Cotobade; A Ponte Cabaleiros, lugar da parroquia de Arbo, no concello de Arbo; A Ponte Campaña, lugar da parroquia do Mato, no concello de Palas de Rei; A Ponte Carral, lugar da parroquia de Berdillo, no concello de Carballo; A Ponte Carreira, lugar da parroquia de Pastor, no concello do Pino; A Ponte Covas, lugar da parroquia de Covas, no concello de Baralla; A Ponte da Braña, lugar da parroquia de Abelleira, no concello de Muros; A Ponte da Ermida, lugar da parroquia de Líncora, no concello de Chantada; A Ponte da Pedra, lugar da parroquia de Abeancos, no concello de Melide; A Ponte da Pedra, lugar da parroquia de San Salvador de Couzadoiro, no concello de Ortigueira; A Ponte da Pedra, lugar da parroquia de Vilavella, no concello das Pontes de García Rodríguez; A Ponte da Pedra, lugar da parroquia de Negreiros, no concello de Silleda; A Ponte da Rocha, lugar da parroquia de Conxo, no concello de Santiago de Compostela; A Ponte da Tamuxe, lugar da parroquia de San Miguel de Tabagón, no concello do Rosal; A Ponte da Torre, lugar da parroquia de Xerdiz, no concello de Ourol; A Ponte da Veiga, lugar da parroquia da Veiga, no concello de Lalín; A Ponte de Abaixo, lugar da parroquia de Arantón, no concello de Santa Comba; A Ponte de Alvedro, lugar da parroquia de Sigrás, no concello de Cambre; A Ponte de Argalo, lugar da parroquia de Argalo, no concello de Noia; A Ponte de Arriba, lugar da parroquia de San Martiño de Pacios, no concello de Begonte; A Ponte de Arriba, lugar da parroquia de Santa Comba, no concello de Santa Comba; A Ponte de Betanzos, lugar da parroquia de Bravos, no concello de Ourol; A Ponte de Cela, lugar da parroquia de Cela, no concello de Cambre; A Ponte de Doiras, lugar da parroquia de Cereixedo, no concello de Cervantes; A Ponte de Marzoa, lugar da parroquia de Marzoa, no concello de Oroso; A Ponte de Mera, lugar da parroquia de Mera de Abaixo, no concello de Ortigueira; A Ponte de Neira, lugar da parroquia de San Miguel de Neira de Rei, no concello de Baralla; A Ponte de Neira, lugar da parroquia de Cela, no concello do Corgo; A Ponte de Neira, lugar da parroquia de Vilarmosteiro, no concello do Páramo; A Ponte de Outeiro, lugar da parroquia de Outeiro, no concello de Castro de Rei; A Ponte de Río Maior, lugar da parroquia de Queiruga, no concello de Porto do Son; A Ponte de Roca, lugar da parroquia de Roca, no concello de Guitiriz; A Ponte de San Francisco, lugar da parroquia de Argalo, no concello de Noia; A Ponte de Santo Domingo, lugar da parroquia de San Paio, no concello de Santiago de Compostela; A Ponte de Sarandón, lugar da parroquia de San Mamede de Ribadulla, no concello de Vedra; A Ponte de Traba, lugar da parroquia de Noia, no concello de Noia; A Ponte de Úbeda, lugar da parroquia de Úbeda, no concello da Pastoriza; A Ponte do Baleo, lugar da parroquia de Ladrido, no concello de Ortigueira; A Ponte do Carro, lugar da parroquia da Rigueira, no concello de Xove; A Ponte do Couto, lugar da parroquia da Virxe do Camiño, no concello de Pontevedra; A Ponte do Lambre, lugar da parroquia de San Pantaleón das Viñas, no concello de Paderne; A Ponte do Muíño, lugar da parroquia de Borraxeiros, no concello de Agolada; A Ponte do Norte, lugar da parroquia de San Xurxo de Moeche, no concello de Moeche; A Ponte do Porco, lugar da parroquia de Miño, no concello de Miño; A Ponte do Porco, lugar da parroquia de San Pantaleón das Viñas, no concello de Paderne; A Ponte do Sapo, lugar da parroquia de Mezonzo, no concello de Vilasantar; A Ponte do Sur, lugar da parroquia de San Xurxo de Moeche, no concello de Moeche; A Ponte do Teixo, lugar da parroquia de Lagoa, no concello de Alfoz; A Ponte do Va, lugar da parroquia de Loureda, no concello de Arteixo; A Ponte do Val, lugar da parroquia de Arrabaldo, no concello de Ourense; A Ponte do Vao, lugar da parroquia de Laxosa, no concello do Corgo; A Ponte dos Carros, lugar da parroquia de Leborei, no concello de Monterroso; A Ponte dos Remedios, lugar da parroquia de Ponteareas, no concello de Ponteareas; A Ponte Ferreira, lugar da parroquia de Ferreira de Negral, no concello de Palas de Rei; A Ponte Lago, lugar da parroquia de Quembre, no concello de Carral; A Ponte Liñares, lugar da parroquia de Güín, no concello de Bande; A Ponte Maceira, lugar da parroquia de Agrón, no concello de Ames; A Ponte Maceira, lugar da parroquia de Portor, no concello de Negreira; A Ponte Mercé, lugar da parroquia de Barreiro, no concello de Antas de Ulla; A Ponte Mercé, lugar da parroquia de Pidre, no concello de Palas de Rei; A Ponte Muniferral, lugar da parroquia de Churío, no concello de Irixoa; A Ponte Nafonso, lugar da parroquia de Roo, no concello de Noia; A Ponte Nafonso, lugar da parroquia de Cando, no concello de Outes; A Ponte Navea, lugar da parroquia de San Xoán de Río, no concello de San Xoán de Río; A Ponte Noalla, lugar da parroquia de Noalla, no concello de San Cibrao das Viñas; A Ponte Nova, lugar da parroquia de Agrón, no concello de Ames; A Ponte Nova, lugar da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa, no concello de Baiona; A Ponte Nova, lugar da parroquia de Xurenzás, no concello de Boborás; A Ponte Nova, lugar da parroquia de Lires, no concello de Cee; A Ponte Nova, lugar da parroquia de Guillar, no concello de Outeiro de Rei; A Ponte Nova, lugar da parroquia de Navea, no concello da Pobra de Trives; A Ponte Nova, lugar da parroquia de Guillarei, no concello de Tui; A Ponte Noval, lugar da parroquia de Mera de Arriba, no concello de Ortigueira; A Ponte Olveira, lugar da parroquia de Olveiroa, no concello de Dumbría; A Ponte Olveira, lugar da parroquia de Corzón, no concello de Mazaricos; A Ponte Parada, lugar da parroquia de Parada das Achas, no concello da Cañiza; A Ponte Pedriña de Arriba, lugar da parroquia de Vista Alegre, no concello de Santiago de Compostela; A Ponte Pequena, lugar da parroquia de Coristanco, no concello de Coristanco; A Ponte Pereda, lugar da parroquia de Conxo, no concello de Santiago de Compostela; A Ponte Présaras, lugar da parroquia de Andavao, no concello de Boimorto; A Ponte Puñide, lugar da parroquia de Gonzar, no concello do Pino; A Ponte Puñide, lugar da parroquia do Pino, no concello do Pino; A Ponte Quinín, lugar da parroquia de Parada, no concello de Ordes; A Ponte Ribadil, lugar da parroquia de Ribeira, no concello de Crecente; A Ponte Rosende, lugar da parroquia de Carballo, no concello de Carballo; A Ponte San Pedro, lugar da parroquia de Folgoso, no concello de Sobrado; A Ponte Santar, lugar da parroquia de Cuíña, no concello de Palas de Rei; A Ponte Sarela, lugar da parroquia de San Paio, no concello de Santiago de Compostela; A Ponte Taboada, lugar da parroquia de Taboada, no concello de Silleda; A Ponte Trado, lugar da parroquia de Valongo, no concello de Cortegada; A Ponte Vella, lugar da parroquia de Tiobre, no concello de Betanzos; A Ponte Vella, lugar da parroquia de Vidán, no concello de Santiago de Compostela; A Ponte Vilariño, lugar da parroquia de Vilariño, no concello de Agolada; Camiño da Ponte Grande, lugar da parroquia de Santa María de Neda, no concello de Neda; As Casas da Ponte, lugar da parroquia de Castrelo, no concello de Vimianzo; A Chan da Ponte, lugar da parroquia de Salvaterra, no concello de Salvaterra de Miño; O Muíño da Ponte, lugar da parroquia de Insua, no concello de Ortigueira; Tras da Ponte, lugar da parroquia das Pontes de García Rodríguez, no concello das Pontes de García Rodríguez; Vilar da Ponte, lugar da parroquia de Anfeoz, no concello de Cartelle; A Pontealbar, lugar da parroquia de Xavestre, no concello de Trazo; A Ponteciña, lugar da parroquia de Tebra, no concello de Tomiño; A Pontedona, lugar da parroquia de Xornes, no concello de Ponteceso; A Ponteliñeira, lugar da parroquia de Nodar, no concello de Friol; A Pontella, lugar da parroquia de Santalla de Pena, no concello de Begonte; A Pontella, lugar da parroquia de Brens, no concello de Cee; A Pontella, lugar da parroquia de Miraz, no concello de Friol; A Pontella, lugar da parroquia de Narla, no concello de Friol; A Pontella, lugar da parroquia de Santa Cruz de Parga, no concello de Guitiriz; A Pontella, lugar da parroquia de Vilanova de Santiso, no concello de Malpica de Bergantiños; A Pontella, lugar da parroquia de Cea, no concello de Vilagarcía de Arousa; A Pontenaveira, lugar da parroquia do Caramiñal, no concello da Pobra do Caramiñal; A Pontenova, lugar da parroquia de Artes, no concello de Carballo; A Pontenova, lugar da parroquia de Rus, no concello de Carballo; A Pontenova, lugar da parroquia de Colúns, no concello de Mazaricos; A Pontenova, lugar da parroquia de Abelleira, no concello de Muros; A Pontenova, lugar da parroquia de Ladrido, no concello de Ortigueira; A Pontenova, lugar da parroquia de Mera de Arriba, no concello de Ortigueira; A Pontenova, lugar da parroquia de Atios, no concello do Porriño; A Pontenova, lugar da parroquia do Araño, no concello de Rianxo; A Pontenova, lugar da parroquia de Oín, no concello de Rois; A Pontenova, lugar da parroquia de Rois, no concello de Rois; A Pontenova, lugar da parroquia de Pascais, no concello de Samos; A Pontenova, lugar da parroquia da Ponte Arcediago, no concello de Santiso; A Pontepedra, lugar da parroquia da Porta, no concello de Sobrado; A Pontepedra, lugar da parroquia de Cabaleiros, no concello de Tordoia; A Pontepedriña, lugar da parroquia de Carballedo, no concello de Carballedo; A Ponterroda, lugar da parroquia de Vimianzo, no concello de Vimianzo; A Ponterroxán, lugar da parroquia do Carballal, no concello de Palas de Rei; A Pontevella, lugar da parroquia de Ladrido, no concello de Ortigueira; A Pontevella, lugar da parroquia do Mosteiro, no concello de Ortigueira; A Pontexiá, lugar da parroquia de Xiá, no concello de Friol; A Pontexil, lugar da parroquia de Guillade, no concello de Ponteareas. Fóra de Galiza En Castela e León A Ponte de Domingo Flórez, concello da provincia de León.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 212.071.
Dicionario da Real Academia Galega
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.
Adiaratou Iglesias Forneiro, nada en Bamaco o 6 de febreiro de 1999, é unha atleta galega radicada en Lugo. Adestra no club Lucus Caixa Rural Galega. En 2019 proclamouse subcampioa do mundo de atletismo paralímpico nas probas de 200 e 100 metros lisos e en 2021 conseguiu o ouro en 100 m e a prata en 400 m nos Xogos Paralímpicos de Toquio.
O Juan Carlos I (L-61), catalogado inicialmente como Buque de Proxección Estratéxica, é un novedoso buque de asalto anfibio da Armada Española botado o 10 de marzo de 2008 pola empresa española Navantia (Ferrol) que recibe o seu nome en honor ao xefe do Estado, o rei Xoán Carlos I de España. Este buque é o de maior tamaño e tonelaxe que tivo a Armada Española en toda a súa historia.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
O DOI ou identificación de material dixital (en inglés, digital objet identifier) é un tipo de identificador persistente ou handle único que permite identificar de modo unívoco diversos obxectos dixitais. Foi estandarizado pola Organización Internacional para a Estandarización (ISO 26324:2012). O DOI forma parte un sistema estándar para a identificación e localización de obras difundidas a través de calquera tipo de formato dixital, por exemplo Internet.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis. Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
Dua Lipa, nada en Londres, Inglaterra, o 22 de agosto de 1995, é unha cantante, compositora e modelo británica de orixe albanokosovar. A súa carreira musical iniciouse aos 14 anos, cando comezou a versionar cancións doutros artistas en YouTube. En 2015 asinou coa discográfica Warner Music Group e aos 20 anos lanzou o seu primeiro sinxelo «New Love», seguido polo exitoso «Be the One».
Wang Bi ou Wang Pi (chinés tradicional e simplificado: 王弼; pinyin: Wáng Bì; Wade-Giles: Wang2 Pi4), nado en Gaoping no 226 e finado no 249, foi un erudito chinés do período dos Tres Reinos, fundador da escola Xuanxue. Tamén é coñecido polas súas edicións comentadas do Daodejing e do Yijing, que se converteron en referencia fundamental durante os séculos seguintes.
Jesús Navas González, nado en Los Palacios y Villafranca (Sevilla) o 21 de novembro de 1985, é un futbolista español. Actualmente xoga de extremo dereito e mediapunta no Sevilla FC. Foi internacional coa selección española, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
A historia de Galiza abrangue a historia de Galiza e dos seus estados predecesores. Comeza arredor do 19 a. C., cando o Imperio Romano logra anexionar definitivamente os pobos galaicos —kallaikoi segundo o autor grego Estrabón— unificándoos por vez primeira na historia e denominando ó seu territorio como Gallaecia —terra dos callaeci—, e que acabaría derivando nos actuais nomes Galicia ou Galiza, motivo polo que é considerada como unha das entidades político-administrativas máis antigas de toda Europa.
Blas de Lezo y Olavarrieta (ou Olabarrieta) nado en Pasaia, Guipúscoa o 3 de febreiro de 1689 e finado en Cartaxena de Indias, Nova Granada (Colombia hoxe) o 7 de setembro de 1741, primeiro marqués de Ovieco (a título póstumo) foi un almirante español coñecido como Patapalo ou máis tarde como Mediohome, polas moitas feridas sufridas ao longo da súa vida militar, é considerado un dos mellores estrategos da historia da Armada Española.
Niccolò Machiavelli, tamén citado como Nicolás Maquiavelo e Nicolao Maquiavelo, nado en Florencia o 3 de maio de 1469 e finado ibídem o 21 de xuño de 1527, foi un historiador, filósofo e político italiano da era do Renacemento italiano. É coñecido sobre todo polo seu tratado político O príncipe (Il Principe), escrito cara a 1513 pero non publicado até 1532, cinco anos despois da súa morte. A miúdo chamouselle como o pai da filosofía política e da ciencia política modernas.
Galegos nos Xogos Olímpicos de 2024
Nos Xogos Olímpicos de 2024 en París participarán máis de 20 deportistas galegos.
Nuno García Pico, coñecido musicalmente como Grande Amore, nado no Valadouro en 1995, é un músico galego. Afincado en Compostela, xoga co pop, o punk, o rock e a música techno dos 80 con letras en galego. Laureado por varias revistas e periodistas e con actuacións no MAZO Madrid ou no Underfest de Vigo.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Nafas-e amigh (en persa: نفس عمیق) é un filme iraniano de 2003 dirixido e escrito por Parviz Shahbazi. O filme gañou o Simorgh de Cristal ó mellor guión no Festival Internacional de Cinema de Fajr, e o premio FIPRESCI no Festival Internacional de Cinema de Busan. Foi escollido como candidato de Irán para o Óscar ó mellor filme internacional na 76ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Lusitania (en portugués: Lusitânia) ou Hispania Lusitana foi unha antiga provincia romana na Península Ibérica onde se atopa o moderno Portugal (ao sur do río Douro) e parte do oeste de España (a actual comunidade autónoma de Estremadura) e unha parte da provincia de Salamanca. Foi nomeado así polos Lusitani ou lusitanos (un pobo protoindoeuropeo). A súa capital foi Emerita Augusta (actualmente Mérida, España), e foi inicialmente parte da provincia romana de Hispania Ulterior, antes de converterse en provincia independente.
A Unión do Povo Galego (UPG) é un partido autodefinido como "comunista patriótico, porque asume a loita de liberación nacional". Ao seu redor fóronse aglutinando durante os anos setenta os sectores que logo confluirían no BNG. Ten 1300 militantes[cando?] e o seu voceiro dende 1965 é Terra e Tempo. O seu secretario xeral é Néstor Rego e dende o XII Congreso Nacional, o posto da presidencia da UPG quedou vacante trala decisión de Bautista Álvarez -un dos cofundadores do partido- de non volver presentarse á presidencia, tras ostentar este cargo dende 1977 ata 2008.
A cultura castrexa é unha cultura arqueolóxica do noroeste da Península Ibérica que abranguía as rexións de Galicia, Asturias, norte e centro de Portugal e oeste de León que durou dende os séculos XI ou VI a. C. ata a romanización dos galaicos cara o século I. É a cultura arqueolóxica asociada cos pobos galaicos e ástures. A manifestación máis característica desta cultura é o castro (do latín castrum do que toma o nome), as súas oppidum amuralladas e a produción de espadas, machadas, torques e outros bens de bronce xa dende a Idade do Bronce Atlántico.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
A estatística é unha colección de métodos que axudan a describir, resumir, interpretar e analizar datos. As conclusións tiradas dos datos son vitais en ámbitos tan diversos coma a investigación, a administración ou os negocios. Independentemente do campo onde se estea aplicando, é importante que a recollida de datos se faga dun xeito que permita a súa análise.
O golfo de Biscaia (en castelán: Golfo de Vizcaya, en éuscaro: Bizkaiko Golkoa, en francés: golfe de Gascogne, en occitano: golf de Gasconha) é un golfo do Atlántico Norte que comprende o mar Cantábrico. Comprende, aproximadamente, dende Estaca de Bares en Galicia ata o sur da Bretaña. Baña as costas de Cantabria, País Vasco e Aquitania (Francia).
Lusitania (en portugués: Lusitânia) ou Hispania Lusitana foi unha antiga provincia romana na Península Ibérica onde se atopa o moderno Portugal (ao sur do río Douro) e parte do oeste de España (a actual comunidade autónoma de Estremadura) e unha parte da provincia de Salamanca. Foi nomeado así polos Lusitani ou lusitanos (un pobo protoindoeuropeo). A súa capital foi Emerita Augusta (actualmente Mérida, España), e foi inicialmente parte da provincia romana de Hispania Ulterior, antes de converterse en provincia independente.
O termo ponte pode referirse a: En Galiza Ponte Caldelas, concello da comarca de Pontevedra; Ponte Caldelas, parroquia de dito concello; Ponte Caldelas, lugar de dita parroquia; Ponteareas, concello da comarca do Condado; Ponteareas, parroquia de dito concello; Ponteareas, lugar de dita parroquia; Ponteceso, concello da comarca de Bergantiños; Pontecesures, concello da comarca de Caldas; Pontecesures, parroquia de dito concello; Pontedeume, concello da comarca do Eume; Pontedeume, parroquia de dito concello; Pontedeume, lugar de dita parroquia; Pontedeva, concello da comarca de Terra de Celanova; Pontedeva, parroquia de dito concello; Pontevedra, concello da comarca de Pontevedra; Pontevedra, parroquia de dito concello; Pontevedra, vila e cidade de dita parroquia; Ponte, parroquia do concello de Silleda; Ponte Ambía, parroquia do concello de Baños de Molgas; Ponte Ambía de Abaixo, parroquia de dito concello; Ponte Ambía de Arriba, parroquia de dito concello; Ponte Castrelo, parroquia do concello de Castrelo de Miño; Ponte Sampaio, parroquia do concello de Pontevedra; Ponte Veiga, parroquia do concello do Carballiño; Pontellas, parroquia do concello de Betanzos; Pontellas, parroquia do concello do Porriño; Ponte, lugar da parroquia de Oseiro, no concello de Arteixo; Ponte, lugar da parroquia de Verdes, no concello de Coristanco; Ponte, lugar da parroquia de San Miguel de Castro, no concello da Estrada; Ponte, lugar da parroquia de Barro, no concello de Noia; Ponte, lugar da parroquia de Buscás, no concello de Ordes; Ponte, lugar da parroquia de Chaián, no concello de Trazo; Ponte Alta, lugar da parroquia de Arcos, no concello de Ponteareas; Ponte Alta, lugar da parroquia de Lira, no concello de Salvaterra de Miño; Ponte Aranga, lugar da parroquia de Aranga, no concello de Aranga; Ponte Arnelas, lugar da parroquia de Leiro, no concello de Ribadumia; Ponte Arnelas, lugar da parroquia de Baión, no concello de Vilanova de Arousa; Ponte Barxas, lugar da parroquia de Padrenda, no concello de Padrenda; Ponte Bermuz, lugar da parroquia da Balsa, no concello de Muras; Ponte Cadós, lugar da parroquia de Cadós, no concello de Bande; Ponte Carreira, lugar da parroquia de Gafoi, no concello de Frades; Ponte Carreira, lugar da parroquia de Ledoira, no concello de Frades; Ponte Corneira, lugar da parroquia de Corneira, no concello da Baña; Ponte de Carros, lugar da parroquia do Rosal, no concello do Rosal; Ponte de Sa, lugar da parroquia de Insua, no concello de Vilalba; Ponte de San Francisco, lugar da parroquia de Tállara, no concello de Lousame; Ponte Dena, lugar da parroquia de Dena, no concello de Meaño; Ponte do Sil, lugar da parroquia de Nocedo, no concello de Quiroga; Ponte do Vao, lugar da parroquia de Lagoa, no concello de Alfoz; Ponte do Vao, lugar da parroquia de Coeo, no concello de Lugo; Ponte dos Madeiros, lugar da parroquia de Freás de Eiras, no concello de Ramirás; Ponte Ermida, lugar da parroquia de Zarracós, no concello da Merca; Ponte Escourido, lugar da parroquia de Sancovade, no concello de Vilalba; Ponte Fechas, lugar da parroquia de Fechas, no concello de Celanova; Ponte Fechas, lugar da parroquia de Rabal, no concello de Celanova; Ponte Fechas, lugar da parroquia de Faramontaos, no concello da Merca; Ponte Goiáns, lugar da parroquia de Boiro, no concello de Boiro; Ponte Gorda, lugar da parroquia de Trabada, no concello de Trabada; Ponte Grañolas, lugar da parroquia de Magazos, no concello de Viveiro; Ponte Lema, lugar da parroquia de Lema, no concello de Arzúa; Ponte Mandrás, lugar da parroquia de Mandrás, no concello de San Cristovo de Cea; Ponte Nova, lugar da parroquia de Paradela, no concello de Meis; Ponte Pedrouzos, lugar da parroquia da Torre, no concello de Vilalba; Ponte Pereira, lugar da parroquia da Pereira, no concello de Santa Comba; Ponte Pousada, lugar da parroquia do Carme, no concello de Mondoñedo; Ponte Queimadas, lugar da parroquia da Capela, no concello de Toques; Ponte Rodríguez, lugar da parroquia de Boizán, no concello de Vilalba; Ponte Rubiás, lugar da parroquia de Pardavedra, no concello da Bola; Ponte San Xusto, lugar da parroquia de Dombodán, no concello de Arzúa; Ponte Trimaz, lugar da parroquia de Gondaísque, no concello de Vilalba; Ponte Valga, lugar da parroquia de Valga, no concello de Valga; Pontecabras, lugar da parroquia de Alba, no concello de Pontevedra; Ponteceso, lugar da parroquia de Cospindo, no concello de Ponteceso; Ponteceso de Cabana, lugar da parroquia de Cesullas, no concello de Cabana de Bergantiños; Ponteciñas, lugar da parroquia de Cereo, no concello de Coristanco; Ponteliñares, lugar da parroquia de Callobre, no concello da Estrada; Pontellas, lugar da parroquia de Cerdido, no concello de Cerdido; Pontellas, lugar da parroquia de Devesos, no concello de Ortigueira; Pontellas, lugar da parroquia de Ferreira, no concello de San Sadurniño; Pontellas, lugar da parroquia de San Román de Vale, no concello do Vicedo; Pontellas, lugar da parroquia de Magazos, no concello de Viveiro; Pontellos, lugar da parroquia de Oseiro, no concello de Arteixo; Pontellos, lugar da parroquia de Beán, no concello de Ordes; Pontenoufe, lugar da parroquia da Xesta, no concello de Lalín; Pontenova, lugar da parroquia de San Simón da Costa, no concello de Vilalba; Ponterriza, lugar da parroquia de Moldes, no concello de Boborás; Ponterriza, lugar da parroquia de Longoseiros, no concello do Carballiño; Ponterrosa, lugar da parroquia de San Mamede do Carballal, no concello de Palas de Rei; Ponterroxal, lugar da parroquia de Candia, no concello de Abadín; Pontevea, lugar da parroquia de Reis, no concello de Teo; Pontevedra, lugar da parroquia de Liñaio, no concello de Negreira; Trasponte, lugar da parroquia de Cuntis, no concello de Cuntis. Fóra de Galiza En Italia Ponte, unha comuna italiana da provincia de Benevento. En Portugal Ponte, freguesía do concello de Guimarães; Ponte, freguesía do concello de Vila Verde.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
Como topónimo A Pontenova pode referirse a: En Galiza A Pontenova concello da comarca da Mariña Oriental; A Pontenova, parroquia de dito concello; A Pontenova, lugar de dita parroquia; A Pontenova, lugar da parroquia de Artes, no concello de Carballo; A Pontenova, lugar da parroquia de Rus, no concello de Carballo; A Pontenova, lugar da parroquia de Colúns, no concello de Mazaricos; A Pontenova, lugar da parroquia de Abelleira, no concello de Muros; A Pontenova, lugar da parroquia de Ladrido, no concello de Ortigueira; A Pontenova, lugar da parroquia de Mera de Arriba, no concello de Ortigueira; A Pontenova, lugar da parroquia de Atios, no concello do Porriño; A Pontenova, lugar da parroquia do Araño, no concello de Rianxo; A Pontenova, lugar da parroquia de Oín, no concello de Rois; A Pontenova, lugar da parroquia de Rois, no concello de Rois; A Pontenova, lugar da parroquia de Pascais, no concello de Samos; A Pontenova, lugar da parroquia da Ponte Arcediago, no concello de Santiso.
Masacre dos Xogos Olímpicos de Múnic
O Masacre de Múnic ocorreu durante os Xogos Olímpicos de 1972 en Múnic, Alemaña, cando membros do equipo olímpico israelí foron tomados como reféns pola organización terrorista Palestina Setembro Negro, un grupo relacionado coa organización de Yasser Arafat, Fatah. Os terroristas asasinaron a 11 atletas israelís e a un oficial de policía alemán. Cinco dos oito secuestradores foron mortos pola policía durante unha tentativa de rescate.