Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Bruce Frederick Joseph Springsteen, nado en Long Branch (Nova Jersey) o 23 de setembro de 1949, é un cantante, compositor e guitarrista estadounidense, alcumado "The Boss" (en galego, "O Xefe"). É coñecido amplamente pola súa música rock vinculada a letras poéticas e a sentimentos tradicionais americanos e relacionados particularmente co seu Estado de orixe, Nova Jersey. As gravacións de Springsteen, ao longo de tres décadas, tenderon a alternar entre o rock e outros traballos orientados cara ao folk, e tamén cara ao chamado heartland rock.
José Luis Mato Sanmartín, coñecido como Joselu ou Joselu Mato, nado en Stuttgart (Alemaña) o 27 de marzo de 1990, é un futbolista galego, que xoga de dianteiro no Al Gharafa de Qatar. Formado na canteira do Celta de Vigo, debutou co primeiro equipo celeste na Segunda División en 2009, e máis tarde militou en catro equipos da Primeira División, entre eles o máximo rival histórico do Celta, o Deportivo da Coruña; así como o Real Madrid, co que gañou unha liga e unha Liga de Campións. Xogou tamén tres anos na Bundesliga alemá (nas filas do Hoffenheim, o Eintracht Frankfurt e o Hannover 96) e outros tres na Premier League inglesa (vestindo as camisetas do Stoke City e o Newcastle).
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Carlos Mouriz Castro, nado o 4 de agosto de 1960 en Lugo, é un exfutbolista galego, que exerceu como director deportivo do Club Deportivo Lugo até o ano 2015, conseguindo subir ao club desde a Terceira División até Segunda División, onde o club permanece até a súa marcha sen ocupar nunca postos de desceso. Como futbolista xogaba de defensa.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Jesús Navas González, nado en Los Palacios y Villafranca (Sevilla) o 21 de novembro de 1985, é un futbolista español. Actualmente xoga de extremo dereito e mediapunta no Sevilla FC. Foi internacional coa selección española, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010, a Eurocopa de 2012 e mais a Eurocopa de 2024.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
The Variation of Animals and Plants Under Domestication
The Variation of Animals and Plants Under Domestication (A variación dos animais e plantas domesticados) é un libro escrito por Charles Darwin publicado o 30 de xaneiro 1868. Unha gran parte do libro contén información detallada sobre a domesticación dos animais e plantas, pero tamén contén no capítulo XXVII unha descrición da teoría de Darwin da herdanza, que el denominou panxénese.
Amazon.com, Inc., cuxo nome comercial é Amazon, é unha compañía estadounidense de comercio electrónico e servizos de computación na nube, establecida en Seattle, Washington. Foi unha das primeiras grandes compañías en vender bens a través de Internet. É tamén propietaria de Alexa Internet, a9.com, Shopbop, Internet Movie Database (IMDb), Zappos.com, DPreview.com e Twitch.
Fads and Fallacies in the Name of Science
Fads and Fallacies in the Name of Science (Modas e falacias en nome da ciencia) é un libro de 1957 de Martin Gardner, publicado orixinalmente en 1952 co título In the Name of Science: An Entertaining Survey of the High Priests and Cultists of Science, Past and Present. O libro é un exame do que nel se describe como pseudociencias e crenzas de culto, e converteuse nun documento fundacional do nacente movemento do escepticismo científico. Michael Shermer dixo del: "o escepticismo moderno desenvolveuse nun movemento baeado na ciencia, empezando polo clásico de 1952 de Martin Gardner".
Un souto é un terreo poboado de castiñeiros (sin. castiñeira). Como topónimo Souto pode referirse a: En Galiza Souto, parroquia do concello da Estrada; Souto, lugar de dita parroquia; Souto, parroquia do concello de Paderne; Souto, parroquia do concello de San Cristovo de Cea; Souto de Ferradal, parroquia do concello de Láncara; Souto, lugar de dita parroquia; Souto de Limia, parroquia do concello de Muíños; Souto de Torres, parroquia do concello de Castroverde; Souto de Torres, lugar de dita parroquia; Souto, lugar da parroquia de Amoeiro, no concello de Amoeiro; Souto, lugar da parroquia de Morás, no concello de Arteixo; Souto, lugar da parroquia de San Miguel de Neira de Rei, no concello de Baralla; Souto, lugar da parroquia de Sevane, no concello de Becerreá; Souto, lugar da parroquia de Teilán, no concello de Bóveda; Souto, lugar da parroquia dos Ánxeles, no concello de Brión; Souto, lugar da parroquia do Barón, no concello do Carballiño; Souto, lugar da parroquia da Piteira, no concello do Carballiño; Souto, lugar da parroquia de Macendo, no concello de Castrelo de Miño; Souto, lugar da parroquia de Ponte Castrelo, no concello de Castrelo de Miño; Souto, lugar da parroquia da Ribeira, no concello de Cervantes; Souto, lugar da parroquia de Arcos, no concello de Chantada; Souto, lugar da parroquia de Nogueira de Miño, no concello de Chantada; Souto, lugar da parroquia de Maceira, no concello de Covelo; Souto, lugar da parroquia de San Miguel de Barcala, no concello da Estrada; Souto, lugar da parroquia de Bruicedo, no concello da Fonsagrada; Souto, lugar da parroquia de Cereixido, no concello da Fonsagrada; Souto, lugar da parroquia de Losón, no concello de Lalín; Souto, lugar da parroquia de Muro, no concello de Láncara; Souto, lugar da parroquia de Soandres, no concello da Laracha; Souto, lugar da parroquia de Monte Longo, no concello de Lobeira; Souto, lugar da parroquia de Proente, no concello da Merca; Souto, lugar da parroquia de Vilar, no concello de Mondariz; Souto, lugar da parroquia de San Pedro de Batalláns, no concello das Neves; Souto, lugar da parroquia de Loña do Monte, no concello de Nogueira de Ramuín; Souto, lugar da parroquia de Souto, no concello de Paderne; Souto, lugar da parroquia de Desteriz, no concello de Padrenda; Souto, lugar da parroquia de Atán, no concello de Pantón; Souto, lugar da parroquia de Deade, no concello de Pantón; Souto, lugar da parroquia de Toiriz, no concello de Pantón; Souto, lugar da parroquia de San Lourenzo de Oliveira, no concello de Ponteareas; Souto, lugar da parroquia de Portas, no concello de Portas; Souto, lugar da parroquia de Redemuíños, no concello de Quintela de Leirado; Souto, lugar da parroquia de Rubiás, no concello de Ramirás; Souto, lugar da parroquia de Santo André de Penosiños, no concello de Ramirás; Souto, lugar da parroquia de Soutordei, no concello de Ribas de Sil; Souto, lugar da parroquia de Leroño, no concello de Rois; Souto, lugar da parroquia de Carnoedo, no concello de Sada; Souto, lugar da parroquia do Barón, no concello de San Amaro; Souto, lugar da parroquia de Salamonde, no concello de San Amaro; Souto, lugar da parroquia da Capela, no concello de Toques; Souto Alto, lugar da parroquia de Xerdiz, no concello de Ourol; Souto Bravo, lugar da parroquia de Rante, no concello de San Cibrao das Viñas; Souto Calvo, lugar da parroquia de Cullergondo, no concello de Abegondo; Souto Calvo, lugar da parroquia de San Claudio, no concello de Ortigueira; Souto Calvo, lugar da parroquia de Ferreira, no concello de San Sadurniño; Souto Chao, lugar da parroquia de Xerdiz, no concello de Ourol; Souto Figueira, lugar da parroquia de Sumio, no concello de Carral; Souto Grande, lugar da parroquia de Entrecruces, no concello de Carballo; Souto Loural, lugar da parroquia de Viladavil, no concello de Arzúa; Souto Nogueira, lugar da parroquia de Parada, no concello de Silleda; Souto Novo, lugar da parroquia de Anllo, no concello de Sober; Souto Vello, lugar da parroquia de Mosteirón, no concello de Sada; Souto Vello, lugar da parroquia de San Xurxo de Lourenzá, no concello de Lourenzá; Souto da Igrexa, lugar da parroquia de Meirás, no concello de Sada; Souto da Vila, lugar da parroquia de San Xurxo de Moeche, no concello de Moeche; Souto de Abaixo, lugar da parroquia de Morlán, no concello de Trazo; Souto de Arriba, lugar da parroquia de Morlán, no concello de Trazo; Souto de Mogos, lugar da parroquia de Conforto, no concello da Pontenova; Souto de Poio, lugar da parroquia de Portas, no concello de Portas; Souto de Rei, lugar da parroquia de Cudeiro, no concello de Ourense; Souto de Xelo, lugar da parroquia de Toiriz, no concello de Pantón; Souto do Bispo, lugar da parroquia do Pao, no concello de Gomesende; Souto do Chao, lugar da parroquia da Carballeira, no concello de Nogueira de Ramuín; Aldea de Souto, lugar da parroquia de Refoxos, no concello de Cortegada; Mato tras do Souto, lugar da parroquia de Cospindo, no concello de Ponteceso; Soutozar, lugar da parroquia de Pereira, no concello de Ordes.
Tempo and Mode in Evolution (Tempo e modo en Evolución) é un libro publicado en 1944 por George Gaylord Simpson, que foi unha contribución pioneira á síntese evolutiva moderna, que integraba os feitos da paleontoloxía cos da xenética e a selección natural. Simpson argumentou no libro que a microevolución da xenética de poboacións era dabondo por si mesma para explicar os padróns da macroevolución observada na paleontoloxía. Simpson tamén subliñou a distinción entre tempo (no sentido de ritmo) e modo.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 212.187.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Dicionario da Real Academia Galega
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.
The Message (en árabe: الرسالة, Ar-Risālah, e titulado orixinalmente Mohammad, Messenger of God) é un filme épico de 1976 dirixido e producido por Moustapha Akkad que relata a vida e de Mahoma, quen nunca é directamente representado. Estreado con versións en árabe e en inglés filmadas por separado, The Message serve como introdución á historia do islam. O elenco internacional inclúe a Anthony Quinn, Irene Papas, Michael Ansara, Johnny Sekka, Michael Forest, André Morell, Garrick Hagon, Damien Thomas e Martin Benson.
Udju Azul di Yonta é un filme de 1991 dirixido por Flora Gomes e coproducido entre Portugal, Francia e Guinea-Bissau. O goberno de Guinea-Bissau colaborou na produción, xunto co Instituto de Cinema de Portugal, Vermedia Productions e a televisión portuguesa. Udju Azul di Yonta examina as consecuencias da guerra de independencia de Guinea-Bissau, "na vida dos que loitaron, así como na vida dos seus fillos que son a esperanza do futuro".
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
José Martínez Sánchez, máis coñecido como Pirri, nado en Ceuta o 11 de marzo de 1945, é un exfutbolista español, histórico xogador do Real Madrid. Destacado centrocampista que xogaba tamén como líbero, desenvolveu case toda a súa carreira no equipo madrileño, no que militou durante 16 tempadas, sendo o décimo futbolista con máis partidos (561) e o noveno con máis goles (172) da historia do club. Gañou a Copa de Europa na tempada 1965/66 e un total de 10 ligas, cifra só superada por Paco Gento.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro. Para o nome de Rosalía, véxase Rosalía (nome) Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.
Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) constitúen un país soberano configurado como Estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
A prehistoria de Galicia abrangue a prehistoria da historia de Galicia. O período de tempo transcorrido entre a chegada dos primeiros homínidos até a romanización, en que se comezaría a difundira a escritura. Os primeiros asentamentos humanos en Galicia evidencian unha antigüidade máxima de 300.000 anos, mentres que o proceso de romanización non se consolidará até o cambio de era.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Academia Galega do Audiovisual
A Academia Galega do Audiovisual é unha asociación sen ánimo de lucro que agrupa a creadores e profesionais do audiovisual galego (cine, televisión, multimedia, publicidade, vídeo). Os académicos exercen diversos oficios, traballan en diversos xéneros, medios, empresas e institucións e, en palabras da súa academia, pensan o seu labor desde diversos postulados estéticos, industriais e ideolóxicos. A Academia tivo a súa sede de 2002 a 2018 na Casa do Consulado na cidade da Coruña.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Blas de Lezo y Olavarrieta (ou Olabarrieta) nado en Pasaia, Guipúscoa o 3 de febreiro de 1689 e finado en Cartaxena de Indias, Nova Granada (Colombia hoxe) o 7 de setembro de 1741, primeiro marqués de Ovieco (a título póstumo) foi un almirante español coñecido como Patapalo ou máis tarde como Mediohome, polas moitas feridas sufridas ao longo da súa vida militar, é considerado un dos mellores estrategos da historia da Armada Española.
Galería de imaxes do castro de Castrolandín
Galería de imaxes do castro de Castrolandín, no concello de Cuntis.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Joseph Robinette "Joe" Biden, Jr, nado en Scranton, Pensilvania o 20 de novembro de 1942, é un avogado e político estadounidense, 46º presidente dos Estados Unidos de América. Membro do Partido Demócrata, Biden foi senador por Delaware durante seis mandatos dende 1973 a 2009 e foi o 47º vicepresidente dos Estados Unidos de América, no goberno de Barack Obama, dende 2009 a 2017. Criado en Scranton, Pensilvania e no condado de New Castle, Delaware, Biden estudou na Universidade de Delaware antes de obter a carreira de Dereito na Universidade de Siracusa en 1968.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Franz Kafka, nado en Praga o 3 de xullo de 1883 e finado en Viena o 3 de xuño de 1924, foi un escritor en lingua alemá. Está considerado un dos maiores novelistas en alemán, e dos mellores escritores de historias curtas do século XX. A súa obra, das máis influentes da literatura universal, é unha das pioneiras na fusión de elementos realistas con fantásticos e ten como principais temas os conflitos paternofiliais, a ansiedade, o existencialismo, a brutalidade física e psicolóxica, a culpa, a filosofía do absurdo, a burocracia e as transformacións espirituais. Escribio as novelas O proceso (Der Prozeß), Das Schloß (O castelo) e Amerika (ou Der Verschollene), a novela curta A metamorfose (Die Verwandlung) e un gran número de relatos curtos.
Dinamarca ( pronunciación ) (en dinamarqués: Danmark), cuxo significado literal é "a terra ou marca dos dinamarqueses", oficialmente Reino de Dinamarca ( pronunciación ) (en dinamarqués: Kongeriget Danmark), é o menor en extensión entre os países nórdicos, ademais do máis meridional, formando parte de Escandinavia. Ten os seus límites terrestres ao sur con Alemaña e dende 1999 atópase unida por estrada e ferrocarril con Suecia pola Ponte de Oresund, ao sueste do país. Rodeada polos mares Báltico e do Norte, limita ao norte con Noruega a través do estreito de Skagerrak.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
A Dinastía Almohade foi unha potencia relixiosa bérber que se converteu na quinta dinastía moura, situada cronoloxicamente desde mediados do século XII até mediados do século XIII. O nome latino deriva da corruptela do árabe الموحدون al-Muwahhidun, i.e. "os monoteístas" ou "os unitaristas", que alude ao fundamentalismo do movemento (véxase Tawhid). Os almohades xurdiron en Marrocos no século XII, descontentos co fracaso dos almorábides á hora de vigorizar os estados musulmáns na Península Ibérica, así como tamén en soster a reconquista cristiá.
O Campionato de Europa de fútbol da UEFA (en inglés: UEFA European Football Championship), máis coñecida como Eurocopa ou simplemente Euro, é a competición de seleccións nacionais de fútbol que organiza a UEFA. Dispútase cada catro anos dende 1960. Hai tamén unha Eurocopa de fútbol feminino que comezou en 1984 e que dende 1997 celébrase tamén cada catro anos.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
A megafauna do Plistoceno é o conxunto de grandes animais (megafauna) que viviron na Terra durante a época do Plistoceno. A maior parte da megafauna do Plistoceno fóra de África extinguiuse durante o evento de extinción do Cuaternario durante o Plistoceno superior, causando cambios substanciais nos ecosistemas a nivel mundial.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Esta é unha listaxe de persoas de sona que finaron ao longo de 2024. Primeiro lístanse as personalidades internacionais, e a continuación as personalidades galegas, ordenadas por data de falecemento. A lista recolle, por esta orde, data de falecemento, nome, idade ao falecer, profesión ou motivo de sona e causa da morte.
Os Xogos Olímpicos de 2024 (en francés: Jeux Olympiques de 2024), oficialmente os Xogos da XXXIII Olimpíada (en francés: Jeux de la XXXIIIe Olympiade) e tamén coñecidos como París 2024, son un evento multideportivo internacional que se celebrará do 26 de xullo ao 11 de agosto de 2024 con París como a súa principal cidade anfitrioa, xunto con outras 16 cidades repartidas pola Francia metropolitana e outra no territorio francés de ultramar de Tahití como subsedes. París foi galardoado cos Xogos na 131ª Sesión do Comité Olímpico Internacional (COI) en Lima, Perú, o 13 de setembro de 2017. Debido ás múltiples candidaturas retiradas, que deixaron só París e aos Ánxeles en liza, o COI aprobou un proceso para conceder simultaneamente a organización do envento 2024 e 2028.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32.490 espectadores. Na tempada 2024/25 competirá na Segunda División Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gañou unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
John Sidney McCain III, nado en Coco Solo, Canal de Panamá, o 29 de agosto de 1936 e finado en Cornville (Arizona) o 25 de agosto de 2018, foi un político estadounidense. Senador sénior por Arizona, foi candidato do Partido Republicano de Estados Unidos para a elección presidencial de 2008, que perdeu fronte ao demócrata Barack Obama.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
Walter Elias "Walt" Disney, nado en Chicago o 5 de decembro de 1901 e finado en Burbank (California) o 15 de decembro de 1966, foi un debuxante, produtor, director e guionista de filmes estadounidense. Un dos produtores cinematográficos máis coñecidos do mundo, Disney foi tamén un debuxante de banda deseñada e caricaturista en xornais, creador do parque de atraccións coñecido como Disneyland, e é o fundador, xunto co seu irmán Roy O. Disney da compañía Walt Disney Productions, que anos despois se converteu na máis soada produtora do campo da animación e na actualidade é a maior compañía de medios de comunicación e entretemento do mundo. Esta corporación, que se coñece hoxe co nome de The Walt Disney Company, é unha empresa multimillonaria con ingresos anuais de decenas de miles de millóns de dólares.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.