Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
José Manuel Ramos Alonso, nado en La Bañeza o 3 de xaneiro de 1971, máis coñecido como Crispín d'Olot, é un xograr adicado á recuperación da tradición oral e a difusión da literatura medieval, renacentista e barroca en linguas iberorromances, valéndose de pezas folclóricas ou literarias que transforma en cancións ou declamacións teatrais.
Os Xogos Olímpicos de 2024 (en francés: Jeux Olympiques de 2024), oficialmente os Xogos da XXXIII Olimpíada (en francés: Jeux de la XXXIIIe Olympiade) e tamén coñecidos como París 2024, son un evento multideportivo internacional que se celebrará do 26 de xullo ao 11 de agosto de 2024 con París como a súa principal cidade anfitrioa, xunto con outras 16 cidades repartidas pola Francia metropolitana e outra no territorio francés de ultramar de Tahití como subsedes. París foi galardoado cos Xogos na 131ª Sesión do Comité Olímpico Internacional (COI) en Lima, Perú, o 13 de setembro de 2017. Debido ás múltiples candidaturas retiradas, que deixaron só París e aos Ánxeles en liza, o COI aprobou un proceso para conceder simultaneamente a organización do envento 2024 e 2028.
Fads and Fallacies in the Name of Science
Fads and Fallacies in the Name of Science (Modas e falacias en nome da ciencia) é un libro de 1957 de Martin Gardner, publicado orixinalmente en 1952 co título In the Name of Science: An Entertaining Survey of the High Priests and Cultists of Science, Past and Present. O libro é un exame do que nel se describe como pseudociencias e crenzas de culto, e converteuse nun documento fundacional do nacente movemento do escepticismo científico. Michael Shermer dixo del: "o escepticismo moderno desenvolveuse nun movemento baseado na ciencia, empezando polo clásico de 1952 de Martin Gardner".
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos de 2024
A cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos de 2024 está prevista para o 26 de xullo de 2024 en París, a partir das 19:30 hora local (17:30 UTC). Segundo o disposto na Carta Olímpica, as actuacións incluirán un programa artístico que mostrará a cultura do país e a cidade anfitrións, o desfile de atletas e o acendido do pebeteiro olímpico. Os Xogos serán inaugurados formalmente polo presidente de Francia, Emmanuel Macron.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Magdalena del Carmen Frida Kahlo Calderón, nada en Coyoacán (Cidade de México) o 6 de xullo de 1907 e finada o 13 de xullo de 1954, foi unha recoñecida pintora e poetisa mexicana. Kahlo naceu e morreu en Cidade de México, no seu fogar coñecido como "La casa azul". A súa obra é considerada emblemática en México pola tradición indíxena.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Corea (/koˈɾe.a/; en coreano: 한국 [ˈha̠(ː)nɡuk̚], romanizado: Hanguk, lit. "Pobo dos Han", en Corea do Sur; 조선 [t͡ɕo̞sʰʌ̹n], romanizado: Joseon, lit. "[terra da] Mañá Prístina", en Corea do Norte) é unha rexión peninsular, así coma unha entidade xeográfica e cultural, dividida segundo o paralelo 38o N, agora coñecido coma a zona desmilitarizada de Corea, dende 1945.
Tubinga (en alemán: Tübingen) é unha cidade universitaria rica en tradicións, situada a beiras do río Neckar, e case 40 km ao sur de Stuttgart, no Estado alemá de Baden-Württemberg. A vida da cidade está dominada polos seus 22.219 estudantes (semestre de verán 2007), dos cales aproximadamente 15.000 teñen a súa residencia alí. Por iso é polo que Tubinga sexa a cidade coa idade media máis baixa de Alemaña.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Carlos Mouriz Castro, nado o 4 de agosto de 1960 en Lugo, é un exfutbolista galego, que exerceu como director deportivo do Club Deportivo Lugo até o ano 2015, conseguindo subir ao club desde a Terceira División até Segunda División, onde o club permanece até a súa marcha sen ocupar nunca postos de desceso. Como futbolista xogaba de defensa.
Chaodarcas de Arriba, Chaodarcas, O Pereiro de Aguiar
Chaodarcas de Arriba é un lugar da parroquia de Chaodarcas, no concello ourensán do Pereiro de Aguiar, na comarca de Ourense.
Atletismo nos Xogos Olímpicos de 2024
O atletismo nos Xogos Olímpicos de 2024 realizarase no Stade de France, ubicado en Saint-Denis, do 1 ao 11 de agosto de 2024. As competicións de marcha e de maratón efectuaranse nun circuito urbano con punto de partida e chegada na ponte Alexandre III. En total serán disputadas neste deporte 48 probas diferentes, 23 masculinas, 23 femininas e dúas mixtas. O programa de competicións modificouse en relación á edición anterior, a proba mixta de relevos 4×400 m foi engadida e a proba de 50 km marcha masculina foi substituida pola de marcha por relevo mixto.
Marco Claudio Marcelo (cónsul 166 a. C.)
Marco Claudio Marcelo (en latín, M. Claudius M.f.M.n. Marcellus), nado cara o 209 a. C. e finado no 148 a.
José Luis Mato Sanmartín, coñecido como Joselu ou Joselu Mato, nado en Stuttgart (Alemaña) o 27 de marzo de 1990, é un futbolista galego, que xoga de dianteiro no Al Gharafa de Qatar. Formado na canteira do Celta de Vigo, debutou co primeiro equipo celeste na Segunda División en 2009, e máis tarde militou en catro equipos da Primeira División, entre eles o máximo rival histórico do Celta, o Deportivo da Coruña; así como o Real Madrid, co que gañou unha liga e unha Liga de Campións. Xogou tamén tres anos na Bundesliga alemá (nas filas do Hoffenheim, o Eintracht Frankfurt e o Hannover 96) e outros tres na Premier League inglesa (vestindo as camisetas do Stoke City e o Newcastle).
Cristoble, Reádegos, Vilamarín
Cristoble é un lugar da parroquia de Reádegos, no concello ourensán de Vilamarín, na comarca de Ourense. Segundo o IGE, en 2016 tiña 40 habitantes (23 homes e 17 mulleres).
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 212.232.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936
O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, denominado "Alzamento Nacional" polo bando sublevado, foi unha insurrección de carácter militar perpetrada contra o goberno da Segunda República Española entre o 17 e o 18 de xullo de 1936 e cuxo fracaso parcial conduciu á guerra civil española.
Centro penitenciario do Pereiro de Aguiar
O centro penitenciario do Pereiro de Aguiar é unha prisión situada no concello do Pereiro de Aguiar. Atópase na parroquia de San Miguel de Calvelle. É un dos cinco centros penitenciarios que funcionan en Galicia xunto co CP da Lama, o CP de Bonxe (Outeiro de Rei), CP de Monterroso e o CP de Teixeiro (Curtis).
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2024, ano dedicado a Luísa Villalta, 64 autores (6 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 62 edicións do Día das Letras Galegas, posto que en 1998 houbo unha homenaxe colectiva a Martín Codax, Johan de Cangas e Mendinho (tres trobadores ligados á ría de Vigo).
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Wilaya (en árabe: ولاية) é un filme español de 2011 dirixido por Pedro Pérez Rosado. O filme é un drama minimalista sobre unha familia refuxiada saharauí que se enfronta de súpeto á morte da nai e ao regreso da irmá máis nova, que vivira a maior parte da súa vida en España, o que reflicte o separación de moitas familias saharauís.
Dicionario da Real Academia Galega
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Tandava (en sánscrito ताण्डव, transcrito tāṇḍava) é unha danza realizada polo deus hindú Shiva. Segundo a mitoloxía hindú, o tandava de Shiva, ou ananda tandava é unha danza salvaxe, e esta danza é a fonte do ciclo de creación, preservación e disolución. Mentres o Rudra Tandava mostra a súa natureza violenta primeiro como o creador e despois como o destrutor do universo, incluso a propia morte, o Ānanda Tandava é Shiva como quen se deleita coa súa creación: o universo.
En matemáticas, o conxunto de partes (ou conxunto potencia) dun conxunto S é o conxunto de todos os subconxuntos de S, incluíndo o conxunto baleiro e o propio S Na teoría de conxuntos axiomáticos (como se desenvolve, por exemplo, nos axiomas ZFC), a existencia do conxunto de partes de calquera conxunto é postulada polo axioma do conxunto de partes.
Früchtchen - Am Äquator ist alles möglich
Früchtchen - Am Äquator ist alles möglich (en portugués: A frutinha do Equador) é un filme de 1998 dirixido por Herbert Brödl. É unha coprodución entre Austria, Alemaña e San Tomé e Príncipe. Está ambientado e filmado completamente na illa de San Tomé.
Baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2024
O baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2024 realizarase no Estadio Pierre-Mauroy de Villeneuve-d'Ascq (fase de grupos) e a Arena Bercy de París (fase final), do 27 de xullo ao 11 de agosto de 2024. Os partidos de baloncesto 3×3 efectuaranse na praza da Concordia.
San Martiño de Gueral é unha parroquia do concello ourensán de Coles. Segundo o IGE en 2014 tiña 3 habitantes (3 homes) nunha única entidade de poboación. Desde o punto de vista eclesiástico, forma parte da parroquia eclesiástica de Gueral, xunto cos 5 lugares da parroquia de Gueral do concello da Peroxa.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
As Pandeireteiras de Mens foron un grupo de mulleres labregas dos lugares de Asalo e Mens (Malpica de Bergantiños) que desde a década de 1970 actuaron en Europa e América coa Agrupación Folklórica Aturuxo. O 5 de xullo de 2024, a Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2025 ás cantareiras e á poesía popular, incluíndo a Prudencia e Asunción Garrido Ameijende e mais Manuela Lema Villar.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Bádminton nos Xogos Olímpicos de 2024
O torneo de bádminton nos Xogos Olímpicos de 2024 realizarase na Arena Porte da Chapelle de París do 27 de xullo ao 5 de agosto de 2024. En total disputaranse neste deporte cinco probas diferentes, dúas masculinas (individual e dobres), dúas femininas (individual e dobres) e unha mixta (dobres). O programa de competicións mantívose coma na edición anterior.
A TPBS (tailandés: ส.ส.ท.) é o Servizo Público de Radiodifusión Tailandés (tailandés: องค์การกระจายเสียงและแพร่ภาพสาธารณะแห่งประเทศไทย; RTGS: Ongkan Krachai Siang Lae Phrae Phap Satharana Haeng Prathet Thai) é un servizo público de radiodifusión de Tailandia que opera a canle de televisión Thai PBS (ไทยพีบีเอส). Estableceuse por lei o 15 de xaneiro de 2008 o que lle garante o status de axencia estatal con personalidade xurídica sen ter carácter de axencia gobernamental nin empresa estatal. Thai PBS é sucesora da privada iTV/TITV e comezou a emitir, primeiro co nome de TV Thai, o 1 de febreiro de 2008.
A filosofía da relixión é unha disciplina filosófica que se centra nos temas e conceptos centrais das tradicións relixiosas. Ten as súas orixes na antigüidade clásica, e aparece nos primeiros textos filosóficos coñecidos. Está relacionado con outros eidos, como a metafísica, a epistemoloxía, a lóxica ou a ética.
Mahoma (en árabe: محمّد - Muḥammad) ou Abū al-Qāsim Muḥammad ibn ʿAbd Allāh ibn ʿAbd al-Muṭṭalib ibn Hāshim, nado o 26 de abril do 569/570 na Meca e finado o 8 de xuño do 632 en Medina (ambas as dúas cidades fican na actual Arabia Saudita), foi un líder relixioso, político e militar árabe. Fundou o islam, relixión na que é considerado o maior profeta do Deus de Abraham. Aos 40 anos de idade, segundo a tradición do islamismo, foille confiada por Deus (a través do Arcanxo Gabriel) a mensaxe do islam na forma do Corán.