Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 3 do mundo na clasificación ATP. É o tenista que, cun total de 22, ten máis títulos de individual masculino en torneos de Grand Slam. Foi campión de Roland Garros en 14 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019, 2020 e 2022), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 e 2022 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
Valga (/ˈbalɣa̝/) é un concello da provincia de Pontevedra, situado na beira esquerda do curso baixo do río Ulla. Pertence á comarca de Caldas e linda cos concellos de Dodro, Pontecesures e Padrón polo norte, co de Cuntis e o da Estrada polo leste, cos de Catoira e Caldas de Reis polo sur, e de novo co de Dodro polo noroeste. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2014 era de 6.050 persoas.
Fútbol nos Xogos Olímpicos de 2024
O fútbol nos Xogos Olímpicos de 2024 realizarase en sete estadios das cidades de París, Marsella, Lión, Bordeos, Saint-Étienne, Nantes e Niza. Hai dúas categorías neste deporte: masculina e feminina. No torneo masculino participarán 16 seleccións de categoría "olímpica" (Sub-23 + 3 maiores), mentres que no feminino tomarán parte 12 seleccións absolutas.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Handia é un filme vasco dirixido por Aitor Arregi e Jon Garaño que se estreou en 2017. O filme, rodado en lingua éuscara, baséase na historia real de Migel Joakin Eleizegi, un home do século XIX que sufría de xigantismo e que era coñecido como o Xigante de Altzo. Estreouse no Festival Internacional de Cine de San Sebastián, onde foi galardoado co Premio Especial do Xurado.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Susana Maria Alfonso de Aguiar, coñecida como Mísia, nada no Porto o 18 de xuño de 1955, e finada en Lisboa o 27 de xullo de 2024, foi unha cantora portuguesa, maiormente de fado. Deulle nova mirada á música tradicional portuguesa, cantando en portugués, francés, napolitano, catalán e español; unha mestura de tendencias, diferentes culturas e sons, que rende homenaxe ás raíces do fado.
A illa de Sálvora (/ˈiɟɐ ðɪ ˈsalβʊɾɐ/) é unha pequena illa galega situada na boca da ría de Arousa. Pertence na actualidade á parroquia de Aguiño, no concello de Ribeira, creada no ano 1959, mais anteriormente, a illa dependía da parroquia de Carreira, que fora durante moitos séculos a parroquia máis poboada e rica da comarca, así como a máis antiga. Xunto coas illas de Vionta, Herbosa e Noro, e coas illas Sagres, forma o arquipélago de Sálvora, integrado ademais dende 2002 no Parque Nacional das Illas Atlánticas, coas illas Cíes, a illa de Ons e a de Cortegada.
Hermann Klaatsch, nado o 10 de marzo de 1863 e finado o 5 de xaneiro de 1916, foi un médico, anatomista, antropólogo físico e evolucionista alemán, profesor da Universidade de Heidelberg dese 1890, e da Universidade de Breslau (Wrocław) ata 1916. Klaatsch estudou teoría evolutiva, sendo mencionado nalgúns libros de pegadas dactilares polos seus estudos iniciais sobre o desenvolvemento da pel de fricción. Investigou as xemas palmares dos dedos asociadas cos padróns epidérmicos, agrupando xuntas as xemas de humanos e primates.
Nicolás Maduro Moros, nado en Caracas o 23 de novembro de 1962, é un político venezolano, actual presidente de Venezuela. Anteriormente tamén ocupou os cargos de ministro de Relacións Exteriores (2006–2013) e vicepresidente executivo de Venezuela (2012–2013). Como vicepresidente, Maduro asumiu as funcións administrativas e económicas de Venezuela durante a doenza do presidente Hugo Chávez.
Carolina María Marín Martín, nada en Huelva o 15 de xuño de 1993, é unha xogadora de bádminton española. Foi campioa olímpica, tres veces campioa do mundo, catro veces campioa de Europa e número un do mundo individual segundo a BWF, mantendo o posto durante un récord de 66 semanas. Amplamente considrada unha das mellores deportistas femininas no circuíto do bádminton, ten a distinción de recibir algunha medalla en case todos os torneos da BWF, ademais de lograr ouros consecutivos nos Xogos Olímpicos, o campionato do mundo e o campionato de Europa.
Armenia (en armenio: Հայաստան, Hayastan), oficialmente República de Armenia (en armenio: Հայաստանի Հանրապետություն, Hayastani Hanrapetut’yun), é un estado montañoso sen litoral localizado na rexión eurasiática de Transcaucasia. Localizado no cruzamento de camiños entre Europa oriental e Asia occidental, está rodeado por Turquía ao leste, Xeorxia ao norte, Acerbaixán ao leste, e Irán e o enclave acerbaixaní de Nakhichevan ao sur. A súa capital e cidade máis poboada é Iereván.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Monopatinaxe nos Xogos Olímpicos
A monopatinaxe é un deporte que formou parte do programa olímpico oficial por vez primeira nos Xogos Olímpicos de 2020 que se celebraron en Toquio, no Xapón (aprazados a 2021 por mor da pandemia de COVID-19).
Céline Marie Claudette Dion (nada o 30 de marzo de 1968 en Charlemagne, Quebec, Canadá) máis coñecida como Céline Dion, é unha cantante, empresaria, compositora e actriz ocasional. Logrou o recoñecemento internacional na década de 1980 ao gañar o festival da canción popular de Yamaha de 1982 e o festival da canción de Eurovisión de 1988. Anos máis tarde, xurdiu como unha estrela adolescente no mundo de fala francesa despois de que seu empresario e futuro esposo, René Angélil, hipotecara a súa casa para financiar o seu primeiro álbum.
Os drusos (en árabe: duruzi دروزي, plural: duruzدروز ; en hebreo: druzi דרוזי, pl. druzim דרוזים) son unha minoría relixiosa que habita, principalmente, no Líbano, Israel, Siria, e Xordania. Así mesmo, existen pequenas comunidades de emigrantes drusos nos Estados Unidos, Canadá, América do Sur, Australia, e Europa.
Dicionario da Real Academia Galega
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Hugh Michael Jackman, nado en Sidney o 12 de outubro de 1968, é un actor e produtor australiano. Jackman gañou recoñecemento internacional polos seus papeis en grandes producións, interpretando a superheroes e personaxes de romances. É coñecido polo seu papel de Lobeto na serie de filmes de X-Men, así como por protagonizar Kate & Leopold, Van Helsing, O prestixio, Australia, Real Steel, Les Misérables e Prisoners.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
South Park é unha serie cómica animada creada por Matt Stone e Trey Parker e distribuída por Warner Bros. Television e transmitida por Comedy Central desde 1997 nos Estados Unidos de América e o desaparecido canal Locomotion e por MTV Latinoamérica desde o 2005. Trata sobre as aventuras de catro nenos que viven nunha pequena vila chamada South Park, en Colorado.
Fernando Julián Esteso Allué, nado en Zaragoza o 16 de febreiro de 1945, é un actor, director, guionista, cantante e humorista de cine, teatro e televisión español. A relación de Fernando Esteso co mundo do espectáculo foi bastante cedo, comezando a traballar como pallaso co seu pai cando era só un neno. Trasladouse a Madrid en 1964 aos dezanove anos, onde pouco despois debutou como actor de teatro e en 1972 actuaba co seu propio espectáculo.
Ximnasia nos Xogos Olímpicos de 2024
As competicións de ximnasia nos Xogos Olímpicos de 2024 realizaranse na Arena Bercy (ximnasia artística e en trampolín) e a Arena Porte de la Chapelle (ximnasia rítmica) de París do 27 de xulio ao 5 de agosto de 2024. En total serán disputadas neste deporte 18 probas diferentes, 9 masculinas e 9 femininas, repartidas nas 3 especialidades deste deporte: 14 probas en ximnasia artística, 2 en ximnasia rítmica e 2 en trampolín. O programa de competicións mantívose coma na edición anterior.
Os Xogos Olímpicos de 2024 (en francés: Jeux Olympiques de 2024), oficialmente os Xogos da XXXIII Olimpíada (en francés: Jeux de la XXXIIIe Olympiade) e tamén coñecidos como París 2024, son un evento multideportivo internacional que se celebrará do 26 de xullo ao 11 de agosto de 2024 con París como a súa principal cidade anfitrioa, xunto con outras 16 cidades repartidas pola Francia metropolitana e outra no territorio francés de ultramar de Tahití como subsedes. París foi galardoado cos Xogos na 131ª Sesión do Comité Olímpico Internacional (COI) en Lima, Perú, o 13 de setembro de 2017. Debido ás múltiples candidaturas retiradas, que deixaron só París e aos Ánxeles en liza, o COI aprobou un proceso para conceder simultaneamente a organización do envento 2024 e 2028.
LeBron Raymone James, nado o 30 de decembro de 1984 en Akron, Ohio, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga en Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA). Coñecido coma "King James", foi seleccionado na primeira posición do draft da NBA de 2003 polos Cleveland Cavaliers. Foi nomeado Rookie do Ano na tempada 2003-04, MVP da tempada da NBA nas tempadas 2008-09, 2009-10, 2011-12 e 2012-13, MVP das Finais da NBA nas 2011-12 e 2012-13, e foi All-Star todas as tempadas dende 2005.
Kevin Wayne Durant, nado o 29 de setembro de 1988 en Washington, D.C., é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actualmente xoga para os Phoenix Suns da National Basketball Association (NBA). Ala cunha alzada de 2,06 metros, antes da súa chegada á máxima competición do baloncesto norteamericano, Durant gañou multitude premios que o acreditaban como un dos mellores xogadores de instituto e universitarios do país. Posteriormente Durant optou por presentarse ao Draft da NBA, sendo seleccionado na segunda posición polos Seattle SuperSonics.
Migel Joakin Eleizegi Ateaga, máis coñecido como o Xigante de Altzo (en éuscaro: Altzoko Handia), nado en Altzo o 6 de xullo de 1818 e finado ibídem o 20 de novembro de 1861, foi un home vasco moi popular na súa época pola súa grande altura. Exhibiuse por media Europa sendo recibido, entre outros, pola raíña Isabel II de España, a raíña María II de Portugal, o rei Lois Filipe I de Francia ou a raíña Vitoria do Reino Unido. Despois da súa morte, a súa lembranza perdurou no País Vasco, onde a súa vila natal aparece sempre asociada coa figura do "Xigante".
Michael Fred Phelps II, nado o 30 de xuño de 1985 en Baltimore (Maryland), é un nadador estadounidense, considerado un dos máis importantes de tódolos tempos. As súas participacións olímpicas en Atenas 2004, Pequín 2008 e Londres 2012 saldáronse cunha colleita de 28 medallas (23 de ouro, 3 de prata e 2 de bronce), o cal converte a Phelps no deportista máis laureado da historia dos Xogos Olímpicos. A súa especialidade era o estilo bolboreta, malia que tamén salientou no estilo crol.
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto. Considerada a atleta galega máis destacada de todos os tempos, foi campioa de Europa tanto ao aire libre como en pista cuberta, gañou unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 e outros dous bronces nos Campionatos do Mundo en Pista Cuberta. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.
Nadia Elena Comăneci, nada en Oneşti o 12 de novembro de 1961, é unha ximnasta romanesa retirada, que competiu na disciplina de ximnasia artística. Segue a ser considerada un ídolo mundial deportivo e unha das grandes atletas de todos os tempos. Comăneci foi unha das primeiras alumnas do adestrador Béla Károlyi.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
Tahití (historicamente chamada Otaheite e antigamente, en España, coñecida como a Illa de Manuel de Amat e Junyent), é a illa maior da Polinesia Francesa, un territorio de ultramar francés localizada nas Illas da Sociedade, ao sur do océano Pacífico. A súa capital é Papeete, situada na costa noroeste da illa, e consiste principalmente en dúas porcións de terra conectadas polo istmo de Taravao: Tahiti Nui ou Gran Tahití, situada ao noroeste, e Tahiti Iti ou Pequena Tahití, situada ao sueste. No total, o territorio comprende uns 1.042 km² e o seu punto máis alto é o Monte Orohena, culmina a 2.241 m sobre o nivel do mar.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Niccolò Machiavelli, tamén citado como Nicolás Maquiavelo e Nicolao Maquiavelo, nado en Florencia o 3 de maio de 1469 e finado ibídem o 21 de xuño de 1527, foi un historiador, filósofo e político italiano da era do Renacemento italiano. É coñecido sobre todo polo seu tratado político O príncipe (Il Principe), escrito cara a 1513 pero non publicado até 1532, cinco anos despois da súa morte. A miúdo chamouselle como o pai da filosofía política e da ciencia política modernas.
Australia (en inglés: Australia, [əˈstɹæɪljə] (AFI), escoitar) é o país máis grande da Oceanía. Ocupa toda a illa da Australia e varias illas adxacentes (a máis importante é Tasmania). O continente-illa, como se lle chama a Australia por veces, está bañado polo océano Índico, ao sur e ao oeste, polo mar de Timor, mar de Arafura e estreito de Torres, ao norte, e mar do Coral e mar de Tasmania, ao leste.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A existencia de vilas asolagadas no fondo de lagoas é un tema mitolóxico moi común nas tradicións orais, contos e lendas de numerosos países e culturas, incluíndo tamén a mitoloxía galega, con evidente sentido exemplarizante ou moralizante. Son lugares que foron asolagados baixo as augas como castigo divino ó seu comportamento malvado, pecadento e falto de hospitalidade e caridade, e non comprenden aquelas vilas e lugares que sufriron a mesma desaparición a consecuencia da construción dun encoro. O castigo pode ser consecuencia dunha mala acción individual ou colectiva.
Lista de episodios de O detective Conan
Esta é unha lista dos episodios de O detective Conan emitidos ata o de agora na Televisión de Galicia. No Xapón xa se produciron máis de 900 episodios. A serie emitiuse na TVG durante os anos 2006 e 2008, que estreou novos episodios diarios con certos paróns de descanso e chegou ata os 300 dobrados.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
A Subida a Chantada é unha proba automobilística que se disputa anualmente na Ribeira Sacra chantadina. Xeralmente celébrase a derradeira fin de semana de xullo e está organizada pola Escudería Chantada. Puntúa para o Campionato de España de Montaña e anteriormente tamén o fixo para o Campionato de Galicia de Montaña e para o Campionato de Europa de Montaña.
Un grupo cociente é un grupo matemático que se obtén ao agregar elementos semellantes dun grupo maior mediante unha relación de equivalencia que preserva parte da estrutura do grupo (o resto da estrutura é "factorizada"). Por exemplo, o grupo cíclico de adición módulo n pódese obter a partir do grupo de enteiros baixo adición identificando elementos que difiren por un múltiplo de n {\displaystyle n} e definir unha estrutura de grupo que opera en cada unha destas clases (coñecida como clase de congruencia) como unha única entidade. Forma parte do campo matemático coñecido como teoría de grupos.
A copia por contacto é un procedemento fotográfico que permite obter copias a partir dunha película fotográfica do mesmo tamaño sobre papel, chamándose á resultado folla de contactos. Normalmente obtense a partir de negativos pero tamén poderían obterse a partir de diapositivas co que o resultado sería un negativo.
En cálculo vectorial e física, un campo vectorial é unha asignación dun vector a cada punto dun espazo, ou máis comunmente espazo euclidiano R n {\displaystyle \mathbb {R} ^{n}} . Un campo vectorial nun plano pódese visualizar como unha colección de frechas con magnitudes e direccións dadas, cada unha unida a un punto do plano. Os campos vectoriais úsanse a miúdo para modelar, por exemplo, a velocidade e a dirección dun fluído en movemento ao longo do espazo tridimensional, como o vento, ou a forza e dirección dalgunha forza, como a forza magnética ou gravitatoria, xa que muda dun punto a outro punto.
Calvin Cordozar Broadus, Jr., nado en Long Beach (California) o 20 de outubro de 1971, é un rapeiro, cantautor e actor estadounidense, máis coñecido polos seus nomes artísticos Snoop Doggy Dogg, Snoop Dogg e Snoop Lion. Snoop vendeu máis de 30 millóns de álbums en todo o mundo. A súa carreira musical comezou en 1992, cando foi descuberto por Dr.
Dilwale Dulhania Le Jayenge (en hindi: दिलवाले दुल्हनिया ले जाएंगे) é un filme musical indio de 1995 dirixido por Aditya Chopra. Foi o primeiro filme dirixido por Chopra, e foi producido polo seu pai Yash Chopra, e escrito por Javed Siddiqui xunto con Aditya Chopra. Estreouse o 20 de outubro de 1995, e está protagonizado por Shah Rukh Khan e Kajol.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Woke («esperto» en inglés) é un termo, orixinario dos Estados Unidos, que inicialmente se usaba para referirse a quen se enfrontan ou se manteñen alerta fronte ao racismo. Posteriormente, chegou a abarcar unha conciencia doutras cuestións de desigualdade social, por exemplo, en relación co xénero e a orientación sexual. Desde finais da década de 2010, tamén se utilizou como un termo xeral para os movementos políticos progresistas e/ou de esquerda e perspectivas que salientan a política identitaria das persoas LGBT, da comunidade negra e das mulleres.
Shetland (serie de televisión)
Shetland é unha serie policial da BBC de Escocia protagonizada por Douglas Henshall que representa o papel do detective Jimmy Perez. A historia desenvólvese no arquipélago escocés das Shetland, aínda que bastante da filmación se efectuou na parte escocesa de Gran Bretaña, con algunhas localizacións nas Shetland. A primeira temporada da serie, piloto, foi de dous episodios baseados na novela da escritora británica Ann Cleeves Red Bones, foi emitida na BBC no 2013.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A TPBS (tailandés: ส.ส.ท.) é o Servizo Público de Radiodifusión Tailandés (tailandés: องค์การกระจายเสียงและแพร่ภาพสาธารณะแห่งประเทศไทย; RTGS: Ongkan Krachai Siang Lae Phrae Phap Satharana Haeng Prathet Thai) é un servizo público de radiodifusión de Tailandia que opera a canle de televisión Thai PBS (ไทยพีบีเอส). Estableceuse por lei o 15 de xaneiro de 2008 o que lle garante o status de axencia estatal con personalidade xurídica sen ter carácter de axencia gobernamental nin empresa estatal. Thai PBS é sucesora da privada iTV/TITV e comezou a emitir, primeiro co nome de TV Thai, o 1 de febreiro de 2008.
BIBSYS é un provedor de sistemas bibliotecarios e de información para todas as bibliotecas universitarias e universitarios noruegueses, a Biblioteca Nacional de Noruega e unha serie de bibliotecas e institucións de investigación. BIBSYS foi organizada formalmente como unha unidade da Universidade Norueguesa de Ciencia e Tecnoloxía (NTNU), situado en Trondheim, Noruega. O consello de administración é nomeado polo Ministerio Noruegués de Educación e Investigación.
As bolboretas son insectos da orde dos lepidópteros. As bolboretas "diúrnas" clasificábanse antes no grupo Rhopalocera, mentres que as bolboretas "nocturnas" ou avelaíñas clasificábanse no grupo Heterocera, pero estes grupos, que xeralmente eran considerados subordes, xa non se utilizan nas clasificacións máis modernas por seren polifiléticos, e non todas as especies de cada grupo son nocturnas ou diúrnas. A dos lepidópteros é unha orde de insectos holometábolos (é dicir, de metamorfose completa), case sempre voadores, caracterizados, entre outras cousas, porque despois de ter superado o estado de larva, presenta dous pares de ás.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 212.423.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Anne Hidalgo, nada como Ana María Hidalgo Aleu en San Fernando, Cádiz o 19 de xuño de 1959, é unha política francesa de orixe española, pertencente ao Partido Socialista Francés, e actual alcaldesa de París. Nas eleccións municipais de 2014 da cidade parisiense, converteuse na primeira alcaldesa de París.