Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
María Tudor é o nome tanto de María I de Inglaterra como da irmá do pai desta, María Tudor, raíña consorte de Francia. María I, nada o 18 de febreiro de 1516 e finada o 17 de novembro de 1558, foi raíña de Inglaterra e Irlanda desde o 6 o 19 de xullo de 1553 ata a súa morte. É coñecida polo seu intento de abrogar a Reforma anglicana, que comezara durante o reinado do seu pai, Henrique VIII. As execucións que marcaron a restauración do catolicismo en Inglaterra e Irlanda suscitaron que os seus opositores protestantes a alcumaran «María a Sanguinaria» (Bloody Mary en inglés).
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 3 do mundo na clasificación ATP. É o tenista que, cun total de 22, ten máis títulos de individual masculino en torneos de Grand Slam. Foi campión de Roland Garros en 14 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019, 2020 e 2022), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 e 2022 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
O Instituto da Lingua Galega (ILG) é un instituto universitario pertencente á Universidade de Santiago de Compostela creado en 1971 para promover o uso e normalización da lingua galega e estudala sincrónica e diacronicamente. Ten a súa sede en Santiago de Compostela, no número 4 da Praza da Universidade, edificio cuxa construción data de 1640.
As bolboretas son insectos da orde dos lepidópteros. As bolboretas "diúrnas" clasificábanse antes no grupo Rhopalocera, mentres que as bolboretas "nocturnas" ou avelaíñas clasificábanse no grupo Heterocera, pero estes grupos, que xeralmente eran considerados subordes, xa non se utilizan nas clasificacións máis modernas por seren polifiléticos, e non todas as especies de cada grupo son nocturnas ou diúrnas. A dos lepidópteros é unha orde de insectos holometábolos (é dicir, de metamorfose completa), case sempre voadores, caracterizados, entre outras cousas, porque despois de ter superado o estado de larva, presenta dous pares de ás.
O Club Social y Deportivo Atlas é un club de fútbol de Guadalaxara, México. Fundouse en 1916 e actualmente milita na Primeira División de México. O equipo recibe o seu nome en honra do titán da mitoloxía grega Atlas, xa que segundo comentou un dos fundadores, Lico "Cortina", sentíanse o sostén do mundo.
Rosario Álvarez Blanco, nada en Pontevedra o 12 de xullo de 1952, é catedrática de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, foi directora do Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela). É membro da Real Academia Galega. En 2018 foi escollida presidenta do Consello da Cultura Galega, converténdose na primeira muller en presidilo.
Ximnasia nos Xogos Olímpicos de 2024
As competicións de ximnasia nos Xogos Olímpicos de 2024 realizaranse na Arena Bercy (ximnasia artística e en trampolín) e a Arena Porte de la Chapelle (ximnasia rítmica) de París do 27 de xulio ao 5 de agosto de 2024. En total serán disputadas neste deporte 18 probas diferentes, 9 masculinas e 9 femininas, repartidas nas 3 especialidades deste deporte: 14 probas en ximnasia artística, 2 en ximnasia rítmica e 2 en trampolín. O programa de competicións mantívose coma na edición anterior.
Nicolás Maduro Moros, nado en Caracas o 23 de novembro de 1962, é un político venezolano, actual presidente de Venezuela. Anteriormente tamén ocupou os cargos de ministro de Relacións Exteriores (2006–2013) e vicepresidente executivo de Venezuela (2012–2013). Como vicepresidente, Maduro asumiu as funcións administrativas e económicas de Venezuela durante a doenza do presidente Hugo Chávez.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Novak Đoković (en alfabeto cirílico Новак Ђоковић, ás veces escrito como Novak Djokovic), nado en Belgrado o 22 de maio de 1987, é un tenista profesional serbio. Actualmente (xuño de 2023) é o número 1 do mundo no ránking da ATP. Campión do Aberto de Australia en 10 ocasións (2008, 2011, 2012, 2013, 2015, 2016, 2019, 2020, 2021 e 2023), gañador do Torneo de Wimbledon en 6 ocasións en 2011, 2014, 2015 2018, 2019 e 2021 (finalista en 2013), campión de Roland Garros en 2016, 2021 e 2023, do Aberto dos Estados Unidos en 2011, 2015 e 2018 (finalista en 2007, 2010, 2012, 2013, 2016 e 2021). En 2023 logrou o récord de Grand Slam gañados, 23, co que superou os 22 que lograra Rafa Nadal.
Dicionario da Real Academia Galega
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.
Jerry Allen Coyne, nao o 30mde decembro de 1949, é un biólogo estadounidense e un escéptico coñecido polo seu traballo sobre especiación e os seus comentarios sobre o deseño intelixente. É profesor emérito da Universidade de Chicago no Departamento de Ecoloxía e Evolución, e publicou numerosos artigos sobre a teoría da evolución. Centrouse especialmente no estudo da especiación e a xenética ecolóxica e evolutiva, especialmente na da mosca do vinagre Drosophila.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O manto tupinamba é un tipo de manto feito de plumas que data do século XVII. Foron creados polo pobo tupinamba, unha tribo indíxena tupí, que habitaba na zona costeira do actual Brasil. Esta clase de mantos están feitos de plumas de aves e fibras vexetais. O manto máis famoso e mellor conservado atópase nas coleccións dos Museos Reais de Arte e Historia, en Bruxelas.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 212.455.
El silencio de la ciudad blanca (filme)
El silencio de la ciudad blanca é un filme español de 2019 dirixido por Daniel Calparsoro. É unha adaptación da novela homónima de Eva García Sáenz de Urturi. O filme está protagonizado por Belén Rueda, Javier Rey, Itziar Ituño, Aura Garrido e Manolo Solo.
Festival Internacional do Mundo Celta
O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, coñecido tamén como Festival de Ortigueira, é un festival gratuito, fundado en 1978, de música tradicional folk dás nacións celtas. Celebrase anualmente, agás entre 1988 e 1994 por variedade de dificultades, cada verán na segunda fin de semana de xullo na vila de Ortigueira, sita no norte da provincia coruñesa de España. É o meirande festival celta canto a número de asistentes de toda a Península Ibérica, con miles de asistentes en cada edición.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
En matemáticas e estatística, a función de densidade (en inglés, probability density function: pdf) serve para representar a distribución de probabilidade en termos de integrais. Unha función de densidade de probabilidade é sempre non-negativa e a súa integral dende −∞ ata +∞ é igual a 1. Se unha distribución de probabilidade ten densidade f(x), entón, intuitivamente o intervalo infinitesimal [x, x + dx] ten probabilidade f(x) dx.
Chariots of Fire é un filme británico dirixido por Hugh Hudson que se estreou en 1981. Conta a historia real de dous atletas nos Xogos Olímpicos de 1924: Eric Liddell, un escocés devoto cristián que corre pola gloria de Deus, e Harold Abrahams, un inglés xudeu que corre para superar os prexuízos. O filme foi concevido e producido por David Puttnam, escrito por Colin Welland e dirixido por Hugh Hudson.
Susana Maria Alfonso de Aguiar, coñecida como Mísia, nada no Porto o 18 de xuño de 1955, e finada en Lisboa o 27 de xullo de 2024, foi unha cantora portuguesa, maiormente de fado. Deulle nova mirada á música tradicional portuguesa, cantando en portugués, francés, napolitano, catalán e español; unha mestura de tendencias, diferentes culturas e sons, que rende homenaxe ás raíces do fado.
Os drusos (en árabe: duruzi دروزي, plural: duruzدروز ; en hebreo: druzi דרוזי, pl. druzim דרוזים) son unha minoría relixiosa que habita, principalmente, no Líbano, Israel, Siria, e Xordania. Así mesmo, existen pequenas comunidades de emigrantes drusos nos Estados Unidos, Canadá, América do Sur, Australia, e Europa.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
Hugh Michael Jackman, nado en Sidney o 12 de outubro de 1968, é un actor e produtor australiano. Jackman gañou recoñecemento internacional polos seus papeis en grandes producións, interpretando a superheroes e personaxes de romances. É coñecido polo seu papel de Lobeto na serie de filmes de X-Men, así como por protagonizar Kate & Leopold, Van Helsing, O prestixio, Australia, Real Steel, Les Misérables e Prisoners.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Hesbulá, Hizbulá, Hezbollah, Ḥizb Allāh, (en árabe حزب الله, que significa "Partido de Deus"), é un grupo islamista libanés que ten un brazo civil e un brazo militar. Fundouse en 1982 como resistencia á invasión israelí do sur do Líbano. Hesbulá é considerado por gran parte do mundo árabe e musulmán como un lexítimo movemento de resistencia.
A existencia de vilas asolagadas no fondo de lagoas é un tema mitolóxico moi común nas tradicións orais, contos e lendas de numerosos países e culturas, incluíndo tamén a mitoloxía galega, con evidente sentido exemplarizante ou moralizante. Son lugares que foron asolagados baixo as augas como castigo divino ó seu comportamento malvado, pecadento e falto de hospitalidade e caridade, e non comprenden aquelas vilas e lugares que sufriron a mesma desaparición a consecuencia da construción dun encoro. O castigo pode ser consecuencia dunha mala acción individual ou colectiva.
En teoría da probabilidade e estatística, a distribución de probabilidade dunha variable aleatoria é unha función que asigna a cada suceso definido sobre a variable aleatoria a probabilidade de que ese suceso ocorra. A distribución de probabilidade está definida sobre o conxunto de todos os sucesos; cada un dos sucesos é o rango de valores da variable aleatoria. Para definir distribucións de probabilidade para o caso específico de variables aleatorias (de xeito que o espazo mostral pode verse como un conxunto numérico), é común distinguir entre discretas e absolutamente continuas.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Os Xogos Olímpicos de 2024 (en francés: Jeux Olympiques de 2024), oficialmente os Xogos da XXXIII Olimpíada (en francés: Jeux de la XXXIIIe Olympiade) e tamén coñecidos como París 2024, son un evento multideportivo internacional que se celebrará do 26 de xullo ao 11 de agosto de 2024 con París como a súa principal cidade anfitrioa, xunto con outras 16 cidades repartidas pola Francia metropolitana e outra no territorio francés de ultramar de Tahití como subsedes. París foi galardoado cos Xogos na 131ª Sesión do Comité Olímpico Internacional (COI) en Lima, Perú, o 13 de setembro de 2017. Debido ás múltiples candidaturas retiradas, que deixaron só París e aos Ánxeles en liza, o COI aprobou un proceso para conceder simultaneamente a organización do envento 2024 e 2028.
Ulv Galiciefarer ou Ulf o galego, tamén coñecido como Galicieulv -o lobo de Galicia- ou Jarl Galizur-Ulfric, nado c. 1010, foi un jarl dinamarqués, un xefe viquingo famoso polos seus ataques, saqueos e pillaxe en Galicia durante o século XI, quizais en 1028 ou 1048, durante o reinado de Vermudo III e Fernando I de León. Segundo Saxo Grammaticus e a saga Knýtlinga, Galicieulv foi o avó de Boedil Thurgotsdatter, a muller de Erik I de Dinamarca.
Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia
Para outros artigos de entidades numismáticas coa palabra "gabinete", véxanse as páxinas de homónimos Gabinete, e Gabinete de Medallas e Gabinete numismático. O Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia (en francés: Cabinet des Médailles de la Bibliothèque Nationale de France), denominado oficialmente Departamento de Moedas, Medallas e Antigüidades da Biblioteca Nacional de Francia (Département des Monnaies, médailles et antiques de la Bibliothèque Nationale de France) é unha institución encargada de conservar, difundir e dar valor ás coleccións numismáticas e de antigüidades da Biblioteca Nacional de Francia. Herdeiro do antigo Gabinete de Medallas dos reis de Francia, é o máis antigo dos museos franceses abertos ao público.
Josephine Edna O'Brien, nada en Tuamgraney (Condado de Clare, Irlanda) o 15 decembro 1930 e finada o 27 xullo 2024 en Londres, foi era unha novelista irlandesa, historiadora, dramaturga, autora de momorias e de ralatos curtos, e poeta. Elixida para Aosdána polos seus artistas amigos, foi honrada co título Saoi en 2015 e Premio bienal David Cohen en 2019, mentres Francia fíxoa Commandeur de l'Ordre des Artes et des Lettres en 2021.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Nadia Elena Comăneci, nada en Oneşti o 12 de novembro de 1961, é unha ximnasta romanesa retirada, que competiu na disciplina de ximnasia artística. Segue a ser considerada un ídolo mundial deportivo e unha das grandes atletas de todos os tempos. Comăneci foi unha das primeiras alumnas do adestrador Béla Károlyi.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
Futurama é unha serie de debuxos animados estadounidense creada por Matt Groening (creador de The Simpsons) e David X. Cohen (guionista tamén de The Simpsons). Está ambientada no ano 3000, na cidade de "Nova" Nova York, construída sobre as ruínas da antiga Nova York. Trátase dun programa animado de pouco máis de 20 minutos de duración producido por FOX que empezou a emitirse por televisión o 28 de marzo de 1999 en Estados Unidos, e permaneceu no ar até o 10 de agosto de 2003.
Por dominio público enténdese o conxunto de bens e dereitos de titularidade pública non posuídos de xeito privativo. Un exemplo é o consistente no espazo radioeléctrico, as augas terrestres, as continentais etc. Outros ordenamentos xurídicos consideran que o dominio público está formado polos bens de titularidade comunitaria.
A Meca (nome completo: Makkah al-Mukarramah; árabe: مكة المكرمة) é a capital da Provincia da Meca e a principal cidade da rexión do Hiyaz, na actual Arabia Saudita, e unha das máis importantes da península de Arabia. Atópase ao oeste da península e localízase nun estreito val, a 277 m sobre o nivel do mar; a uns a 80 km do mar Vermello e está considerada a cidade máis santa do islam e centro relixioso que os que profesan a fe musulmá, e son capaces, teñen a obriga de visitar polo menos unha vez na vida. A súa última poboación rexistrada foi de 1.578.722 habitantes en 2015.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Os Xogos Olímpicos de Verán (en francés: Jeux olympiques d'été) son un importante acontecemento deportivo internacional celebrado normalmente cada catro anos. Os primeiros Xogos de Verán celebráronse en 1896 en Atenas, Grecia, e os máis recentes celebráronse en 2016 en Río de Xaneiro, no Brasil. O Comité Olímpico Internacional (COI) organiza os Xogos e supervisa os preparativos da cidade que os hospeda.
Cunnilingus ou cunilingua (do latín cunnus: "cuña" ou "vulva", e lingus: "lingua"), é a práctica de sexo oral onde unha persoa (poden ser incluso dúas persoas, á vez) chupa(n), frota(n), lambe(n), ou adenta(n) (con graos variables de intensidade, e tamén poden ensalivar ou cuspir), coa boca, coa lingua, cos beizos, cos dentes ou incluso co nariz ou co queixo ou a barba e os bigotes, os labios da vulva, a entrada da vaxina e o clítoris. O clítoris é a parte sexual máis sensitiva dos xenitais femininos humanos, e a súa estimulación pode provocar excitación sexual ou orgasmo. Cunnilingus pode ser sexualmente excitante para os seus participantes, e pode ser practica polo compañeiro sexual como preliminares para incitar a excitación antes doutras actividades sexuais (como o sexo anal ou vaxinal), ou como un acto erótico e de intimidade física.
Santiago Abascal Conde, nado en Bilbao o 14 de abril de 1976, é un político español, presidente do partido Vox e deputado das XIII e XIV lexislaturas de España. Anteriormente militou no Partido Popular, dende 1994 até 2013, sendo parlamentario vasco por esta formación entre 2004 e 2009. Foi fundador da Fundación para a Defensa da Nación Española (DENAES), da cal foi presidente varios anos.
A febre hemorráxica do Ébola ou enfermidade polo virus Ébola (ICD-10, CIE-10) e informalmente "o ébola" (ás veces escrito Ebola) é unha enfermidade viral humana contaxiosa e de alta mortalidade que pode ser producida pola infección de catro das cinco especies de Ebolavirus, que son: Zaire, Sudán, Bundibugyo, e Bosque Taï (ou Costa do Marfil). Os ebolavirus tamén afectan a algúns animais, e a quinta especie, Reston, afectou só a primates non humanos e porcos. A especie prototípica é o Ebolavirus Zaire, tamén chamado simplemente virus Ébola.
A Open Archives Initiative ou OAI (en galego: Iniciativa de Arquivos Abertos) é unha organización que busca desenvolver e promover estándares de interoperabilidade co obxectivo de facilitar o intercambio de contidos e información dixitais. Está financiada pola Digital Library Federation, a Coalition for Networked Information e a National Science Foundation.