Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
O Instituto da Lingua Galega (ILG) é un instituto universitario pertencente á Universidade de Santiago de Compostela creado en 1971 para promover o uso e normalización da lingua galega e estudala sincrónica e diacronicamente. Ten a súa sede en Santiago de Compostela, no número 4 da Praza da Universidade, edificio cuxa construción data de 1640.
Rosario Álvarez Blanco, nada en Pontevedra o 12 de xullo de 1952, é catedrática de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, foi directora do Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela). É membro da Real Academia Galega. En 2018 foi escollida presidenta do Consello da Cultura Galega, converténdose na primeira muller en presidilo.
Festival Internacional do Mundo Celta
O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, coñecido tamén como Festival de Ortigueira, é un festival gratuito de música tradicional folk dás nacións celtas, fundado en 1978 por persoal da Escola de gaitas de Ortigueira. Celebrase anualmente, agás entre 1988 e 1994 por variedade de dificultades, cada verán na segunda fin de semana de xullo na vila de Ortigueira, sita no norte da provincia coruñesa de España. É o meirande festival celta canto a número de asistentes de toda a Península Ibérica, con miles de asistentes en cada edición.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Nicolás Maduro Moros, nado en Caracas o 23 de novembro de 1962, é un político venezolano, actual presidente de Venezuela. Anteriormente tamén ocupou os cargos de ministro de Relacións Exteriores (2006–2013) e vicepresidente executivo de Venezuela (2012–2013). Como vicepresidente, Maduro asumiu as funcións administrativas e económicas de Venezuela durante a doenza do presidente Hugo Chávez.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 3 do mundo na clasificación ATP. É o tenista que, cun total de 22, ten máis títulos de individual masculino en torneos de Grand Slam. Foi campión de Roland Garros en 14 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019, 2020 e 2022), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 e 2022 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
Armenia (en armenio: Հայաստան, Hayastan), oficialmente República de Armenia (en armenio: Հայաստանի Հանրապետություն, Hayastani Hanrapetut’yun), é un estado montañoso sen litoral localizado na rexión eurasiática de Transcaucasia. Localizado no cruzamento de camiños entre Europa oriental e Asia occidental, está rodeado por Turquía ao leste, Xeorxia ao norte, Acerbaixán ao leste, e Irán e o enclave acerbaixaní de Nakhichevan ao sur. A súa capital e cidade máis poboada é Iereván.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Unión Internacional de Tríatlon
A Unión Internacional de Tríatlon (ITU) é a asociación que goberna e organiza as competicións internacionais de tríatlon, dúatlon, ácuatlon e outras variacións. A ITU organiza as competicións de máximo nivel mundial do tríatlon: as Series Mundiais e a Copa do Mundo. Recentemente, creou un campionato do mundo oficial de longa distancia, cunhas distancias próximas ás probas de Ironman organizadas pola World Triathlon Corporation.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Antònia Font foi un grupo de música mallorquí nado en 1997, que se caracteriza pola súa música festiva e polas súas letras humorísticas e fantasiosas. Entre os temas do universo creativo de Antònia Font destacan, en especial, o espazo, a astronomía e todo o que se relaciona coa astronáutica; pero tamén o ambiente máis cotián e achegado, que estabelece un lugar constante entre unha perspectiva local, global e universal ou cósmica do mundo. Habitualmente, clasifícanos como un grupo de pop, malia que eles manifestan que no momento de compoñer as cancións non teñen "prexuízos de estilo", e os temas son unha cousa que a miúdo sae espontaneamente.
Inmunidade é un termo médico que describe o estado de ter suficientes defensas biolóxicas para evitar a infección, enfermidade ou outra invasión biolóxica non desexada. A inmunidade implica a compoñentes específicos contra determinados axentes infecciosos e a outros non específicos. Os compoñentes non específicos actúan como barreiras ou como eliminadores de patóxenos para deter a infección por microorganismos antes de que estes poidan causar a doenza.
Ismail Haniyeh ou Ismail Haniya (en árabe: إسماعيل هنية, Ismāʿīl Haniyya ou إسماعيل عبد السلام أحمد هنية, Ismāʿīl ʿAbd as-Salām Aḥmad Haniyya), nado no campo de refuxiados de Al-Shati, Gaza o 8 de maio de 1963 e finado en Teherán (Irán) o 31 de xullo de 2024, foi un político e activista palestino, líder do grupo Movemento de Resistencia Islámica (coñecido como Hamas) dende o 6 de maio de 2017 até o momento do seu asasinato. Dende o 21 de febreiro de 2006, ostentou o cargo de Primeiro Ministro da Goberno de Unidade Nacional Palestina, creado por Fatah logo do triunfo de Hamas nas eleccións de 2006, e o mantivo até o 14 de xuño de 2007, cando o seu goberno foi destituído polo presidente palestino Mahmoud Abbas. Haniyeh foi durante dúas décadas o maior líder político do grupo terrorista Hamas, un grupo que reivindicou numerosos bombardeos de suicidio sobre civís.
Dicionario da Real Academia Galega
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.
O Sudán do Sur (en inglés: South Sudan), oficialmente República do Sudán do Sur (en inglés: Republic of South Sudan) é un país independente do centro de África, antiga rexión autónoma do Sudán, con capital en Juba. Fai fronteira con Etiopía ao leste, Kenya, Uganda e a República Democrática do Congo ao sur, e a República Centroafricana ao oeste. En setembro de 1983, o entón presidente do Sudán, Yaafar Mohammed Numeiri, creou un estado federal que incluía tres estados federais no Sudán do Sur, pero máis tarde disolveunos, o que provocou o inicio da segunda guerra civil.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
O cantón de Berna (/kanˈtoŋ de ˈbɛɾna̝/; en alemán: Kanton Bern [kanˈtoːn bɛʁn]; en francés: canton de Berne [kɑ̃.tɔ̃ də bɛʁn]), ou tan só Berna, é un dos vinte e seis cantóns que forman a Confederación Suíza. Linda ao norte co cantón de Xura e o de Neuchâtel, ao oeste co de Vaud e o de Friburgo, ao suroeste co do Valais, ao nordés co de Soleura e o de Argovia, ao leste co de Lucerna, Obwalden e Nidwalden, e ao sueste co de Uri. Con pouco máis de 1 050 000 habitantes, segundo datos de 2022, o cantón posúe ao redor do 13% da poboación total de Suíza, converténdoo no segundo máis poboado do país.
Peter J. Bowler, nado o 8 de outubro de 1944, é un historiador da bioloxía e membro da Academia Británica que escribiu moitas obras sobre a historia do pensamento evolucionista, a historia da ciencias ambientais e a da xenética. O seu libro de 1984 Evolution: The History of an Idea é un libro de texo estándar da historia da evolución; unha edición do 25º aniversario saíu en 2009. O seu libro de 1983 The Eclipse of Darwinism: Anti-Darwinian Evolution Theories in the Decades Around 1900 describe (usando unha frase de Julian Huxley) a predominancia científica doutras teorías evolutivas que fixo que moitos autores minimizasen a importancia da selección natural a inicios do século XX, antes de que a xenética fose reconciliada coa selección natural na chamada síntese moderna.
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.
Mosteiro de Santa María de Montederramo
O mosteiro de Santa María de Montederramo é un mosteiro galego medieval, beneditino e logo da orde do Císter posiblemente fundado no século X e que chegou a se converter nun dos mosteiros de maior poderío económico e social ata a desamortización. A fachada da igrexa é un exemplo do estilo herreriano en Galicia.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
En teoría de números, a función totiente de Euler conta os enteiros positivos ata un número enteiro dado n que son coprimos con n. Escríbese usando a letra grega fi como φ ( n ) {\displaystyle \varphi (n)} ou ϕ ( n ) {\displaystyle \phi (n)} , e tamén se pode chamar función fi de Euler. Noutras palabras, é o número de enteiros k no rango 1 ≤ k ≤ n para os que o máximo común divisor gcd(n, k) é igual a 1.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
O tríatlon é un deporte individual e de resistencia, que reúne tres disciplinas deportivas: a natación, o ciclismo e a carreira a pé, por esta orde e ininterrompidamente, de xeito que se realizan unhas transicións altamente regulamentadas entre unha especialidade e outra, sen deixar a proba. A natación pode practicarse tanto en mar como en lago, máis ou menos artificial. É seguramente un dos deportes máis duros que existen no panorama competitivo internacional actual.
A historia antiga de Exipto abrangue a historia de Exipto durante a Idade Antiga. Iníciase a finais do IV milenio a.C. e remata cando Exipto é conquistado por Alexandre o Grande, momento no que perde definitivamente a independencia. Os tres milenios que durou esta civilización divídense tradicionalmente de acordo coas dinastías reinantes.
LeBron Raymone James, nado o 30 de decembro de 1984 en Akron, Ohio, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga en Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA). Coñecido coma "King James", foi seleccionado na primeira posición do draft da NBA de 2003 polos Cleveland Cavaliers. Foi nomeado Rookie do Ano na tempada 2003-04, MVP da tempada da NBA nas tempadas 2008-09, 2009-10, 2011-12 e 2012-13, MVP das Finais da NBA nas 2011-12 e 2012-13, e foi All-Star todas as tempadas dende 2005.
Benjamín José Santamaría Martín, nado na Coruña o 17 de setembro de 1996, é un economista, profesor de economía e xornalista coñecido pola súa defensa do libre mercado no contexto da doutrina social da Igrexa. Publicou numerosos artigos e impartiu conferencias sobre economía no marco do pensamento católico e historia do pensamento económico. É redactor de economía no xornal dixital Okdiario.
Logan é un filme estadounidense de 2017 dirixido por James Mangold e protagonizado por Hugh Jackman. Trátase do décimo filme da serie de X-Men e o terceiro e derradeiro da triloxía de Wolverine, após X-Men Origins: Wolverine (2009) e The Wolverine (2013). Inspírase na trama da banda deseñada de "Old Man Logan" de Mark Millar e Steve McNiven, baseada nun futuro alternativo no que o personaxe de Lobeto está envellecido e o profesor Charles Xavier moi enfermo.
Michael Fred Phelps II, nado o 30 de xuño de 1985 en Baltimore (Maryland), é un nadador estadounidense, considerado un dos máis importantes de tódolos tempos. As súas participacións olímpicas en Atenas 2004, Pequín 2008 e Londres 2012 saldáronse cunha colleita de 28 medallas (23 de ouro, 3 de prata e 2 de bronce), o cal converte a Phelps no deportista máis laureado da historia dos Xogos Olímpicos. A súa especialidade era o estilo bolboreta, malia que tamén salientou no estilo crol.
O demo na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do demo na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Inclúense tamén aquí as informacións que se refiren ás diferentes manifestacións do demo (diaño, trasgo etc.), ós tratos co demo, a posesión diabólica e a súa curación, así como ó inferno. En Galicia, o demo recibe numerosas denominacións populares: abelurio, cachán, cachano, cachizo , demachiño (máis propiamente, aplícase a demos pequenos como o diano burleiro), démaro, demiño, demócharo, democho, demóncaro, demonche, demoncre, demontre, demóñaro, demoño, demoro, déncaro, dencho, déngaro, denllo, dentre, deño, diabo, diabro, diantre, diaño, mafarrico, rabeno, rabudo, resalgario, sucio, tardo, trasgo, trasno ou zucio.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 212.502.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Período grecorromano de Exipto
O período grecorromano de Exipto abrangue dende o 332 a. C. ata o 395 d. C., considérase parte da historia antiga de Exipto.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Ramiro Ledesma Ramos, nado en Alfaraz de Sayago, provincia de Zamora, o 23 de maio de 1905, e finado en Aravaca, provincia de Madrid, o 29 de outubro de 1936, foi un ensaísta, filósofo e político español. Director do semanario La Conquista del Estado, foi unha figura clave na articulación intelectual do fascismo español; en opinión de autores como González Cuevas, foi o "máximo teorizante do fascismo español". Aliado con Onésimo Redondo, ambos fundarían en 1931 as Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (JONS), que se fusionaron en 1934 coa Falange Española de José Antonio Primo de Rivera e Julio Ruiz de Alda para dar lugar a Falange Española de las JONS (FE de las JONS).
Esta é unha lista alfabética de países do mundo recoñecidos pola ONU, é dicir de Estados nación. Os países sen recoñecemento xeral sinálanse en cursiva, e se son independentes de feito, indícase cun asterisco (*) na súa situación e ofrécense máis detalles na columna de notas. A adhesión ao sistema das Nacións Unidas divide os 206 estados listados en tres categorías: 193 estados membros, 2 estados observadores, e outros 11 estados.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Exipto foi conquistado polo Imperio Otomán no 1517. Resultou sempre unha provincia difícil de controlar e estivo baixo o control dos semi-autónomos mamelucos até ser conquistada polos franceses en 1798. Unha vez expulsados, foi gobernado polo albanés Muhammad Ali de Exipto e os seus sucesores, que apartaron a Exipto aínda máis do control otomán.
A copia por contacto é un procedemento fotográfico que permite obter copias a partir dunha película fotográfica do mesmo tamaño sobre papel, chamándose á resultado folla de contactos. Normalmente obtense a partir de negativos pero tamén poderían obterse a partir de diapositivas co que o resultado sería un negativo.
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.
Hugh Michael Jackman, nado en Sidney o 12 de outubro de 1968, é un actor e produtor australiano. Jackman gañou recoñecemento internacional polos seus papeis en grandes producións, interpretando a superheroes e personaxes de romances. É coñecido polo seu papel de Lobeto na serie de filmes de X-Men, así como por protagonizar Kate & Leopold, Van Helsing, O prestixio, Australia, Real Steel, Les Misérables e Prisoners.
A Rexión de Bruxelas-Capital (francés: Région de Bruxelles-Capitale, neerlandés: Brussels Hoofdstedelijk Gewest) ou ben Rexión de Bruxelas (francés: Région Bruxelloise, neerlandés: Brusselse Gewest) é unha rexión de Bélxica que abrangue 19 concellos, entre os que se inclúe a propia cidade de Bruxelas, que é a capital do país. A Rexión de Bruxelas-Capital atópase no centro do país e forma parte das dúas comunidades lingüísticas de Bélxica, a francesa e a flamenga, mais está separada de Flandres (na que forma un enclave) e de Valonia. A de Bruxelas é a rexión máis densamente poboada de Bélxica, e aínda que ten o maior PIB per capita, tamén ten a menor renda dispoñible por fogar.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
Emiliano García-Page Sánchez, nado en Toledo o 11 de xuño de 1968, é un político español, actual presidente da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha. Foi alcalde de Toledo e senador por Castela-A Mancha entre 2011 e 2015. Desde febreiro de 2012 é tamén secretario xeral do PSOE de Castela-A Mancha.
Marçal Moliné, nado en Barcelona en 1936 é un publicista catalán. Estudou xornalismo e foi un dos membros fundadores da axencia MMLB, xunto con Eddy Bosten, Joaquín Lorente e Miguel Montfort. Traballou nas axencias Clarín, Carvis, Támden DDB e Bassat Ogilvy, e foi xurado en tres edicións do Festival de Cannes.
José Manuel Ramos Alonso, nado en La Bañeza o 3 de xaneiro de 1971, máis coñecido como Crispín d'Olot, é un xograr adicado á recuperación da tradición oral e a difusión da literatura medieval, renacentista e barroca en linguas iberorromances, valéndose de pezas folclóricas ou literarias que transforma en cancións ou declamacións teatrais.
Nobuko Yoshiya (xaponés: 吉屋信子, Yoshiya Nobuko), nada o 12 de xaneiro de 1896 e finada o 11 de xullo de 1973, foi unha novelista xaponesa activa durante os períodos Taishō e Shōwa. Trátase dunha das escritoras máis vendidas e prolíficas do Xapón contemporáneo, especializada nas novelas románticas e para rapazas adolescentes.