Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
Un libro (do latín liber, libri , que significa cortiza.) é unha obra impresa, manuscrita ou pintada nunha serie de follas de papel, pergamiño, vitela ou outro material, unidas por unha banda (é dicir, encadernadas) e protexidas con tapas, tamén chamadas cubertas. Un libro pode tratar sobre calquera tema. Segundo a definición da Unesco, un libro debe posuír vinte e cinco follas mínimo (49 páxinas), pois de vinte e catro follas ou menos sería un folleto; e dunha ata catro páxinas considéranse follas soltas (nunha ou dúas follas).
O Instituto da Lingua Galega (ILG) é un instituto universitario pertencente á Universidade de Santiago de Compostela creado en 1971 para promover o uso e normalización da lingua galega e estudala sincrónica e diacronicamente. Ten a súa sede en Santiago de Compostela, no número 4 da Praza da Universidade, edificio cuxa construción data de 1640.
Rosario Álvarez Blanco, nada en Pontevedra o 12 de xullo de 1952, é catedrática de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, foi directora do Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela). É membro da Real Academia Galega. En 2018 foi escollida presidenta do Consello da Cultura Galega, converténdose na primeira muller en presidilo.
O cantón de Berna (/kanˈtoŋ de ˈbɛɾna̝/; en alemán: Kanton Bern [kanˈtoːn bɛʁn]; en francés: canton de Berne [kɑ̃.tɔ̃ də bɛʁn]), ou tan só Berna, é un dos vinte e seis cantóns que forman a Confederación Suíza. Linda ao norte co cantón de Xura e o de Neuchâtel, ao oeste co de Vaud e o de Friburgo, ao suroeste co do Valais, ao nordés co de Soleura e o de Argovia, ao leste co de Lucerna, Obwalden e Nidwalden, e ao sueste co de Uri. Con pouco máis de 1 050 000 habitantes, segundo datos de 2022, o cantón posúe ao redor do 13% da poboación total de Suíza, converténdoo no segundo máis poboado do país.
José Manuel Ramos Alonso, nado en La Bañeza o 3 de xaneiro de 1971, máis coñecido como Crispín d'Olot, é un xograr adicado á recuperación da tradición oral e a difusión da literatura medieval, renacentista e barroca en linguas iberorromances, valéndose de pezas folclóricas ou literarias que transforma en cancións ou declamacións teatrais.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Primeira división española 2021/22
A primeira división española de 2021/22 (tamén coñecida como LaLiga ou LaLiga Santander, por motivos de patrocinio) foi a 91ª edición da Primeira División de España de fútbol. O torneo organizouno a Liga de Fútbol Profesional (LFP), cuxo inicio foi o venres 13 de agosto de 2021, alongándose ata o domingo 22 de maio de 2022. O Real Madrid proclamouse campión da tempada, conseguindo a súa 35ª liga na xornada 34.
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 3 do mundo na clasificación ATP. É o tenista que, cun total de 22, ten máis títulos de individual masculino en torneos de Grand Slam. Foi campión de Roland Garros en 14 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019, 2020 e 2022), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 e 2022 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Nicolás Maduro Moros, nado en Caracas o 23 de novembro de 1962, é un político venezolano, actual presidente de Venezuela. Anteriormente tamén ocupou os cargos de ministro de Relacións Exteriores (2006–2013) e vicepresidente executivo de Venezuela (2012–2013). Como vicepresidente, Maduro asumiu as funcións administrativas e económicas de Venezuela durante a doenza do presidente Hugo Chávez.
Jerry Allen Coyne, nado o 30 de decembro de 1949, é un biólogo estadounidense e un escéptico coñecido polo seu traballo sobre especiación e os seus comentarios sobre o deseño intelixente. É profesor emérito da Universidade de Chicago no Departamento de Ecoloxía e Evolución, e publicou numerosos artigos sobre a teoría da evolución. Centrouse especialmente no estudo da especiación e a xenética ecolóxica e evolutiva, especialmente na da mosca do vinagre Drosophila.
Primeira división española 2014/15
A tempada 2014–15 da Primeira División (por motivos de patrocinio Liga BBVA) foi a 84ª edición da máxima categoría do fútbol en España. Comezou o 23 de agosto de 2014 e rematou o 24 de maio de 2015. O Atlético de Madrid era o defensor do título que finalmente conseguiu o Barcelona.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Dicionario da Real Academia Galega
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
Nobuko Yoshiya (xaponés: 吉屋信子, Yoshiya Nobuko), nada o 12 de xaneiro de 1896 e finada o 11 de xullo de 1973, foi unha novelista xaponesa activa durante os períodos Taishō e Shōwa. Trátase dunha das escritoras máis vendidas e prolíficas do Xapón contemporáneo, especializada nas novelas románticas e para rapazas adolescentes.
Os Xogos Olímpicos de 2024 (en francés: Jeux Olympiques de 2024), oficialmente os Xogos da XXXIII Olimpíada (en francés: Jeux de la XXXIIIe Olympiade) e tamén coñecidos como París 2024, son un evento multideportivo internacional que se celebrará do 26 de xullo ao 11 de agosto de 2024 con París como a súa principal cidade anfitrioa, xunto con outras 16 cidades repartidas pola Francia metropolitana e outra no territorio francés de ultramar de Tahití como subsedes. París foi galardoado cos Xogos na 131ª Sesión do Comité Olímpico Internacional (COI) en Lima, Perú, o 13 de setembro de 2017. Debido ás múltiples candidaturas retiradas, que deixaron só París e aos Ánxeles en liza, o COI aprobou un proceso para conceder simultaneamente a organización do envento 2024 e 2028.
Caranza é un distrito de Ferrol. Situado no alfoz da cidade, a rentes do mar, ten a súa orixe no ano 1970 cando o Ministerio da Vivenda franquista ordenou a súa construción coa idea de que servise de aloxamento ás familias expulsadas mediante expropiación do antigo barrio de Esteiro, que foi demolido en 1974 polos planos urbanísticos. O novo barrio foi inaugurado o 22 de agosto de 1972 coa práctica totalidade das edificacións finalizadas.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Peter Paul Rubens, nado o 28 de xuño de 1577 en Siegen, Sacro Imperio Romano Xermánico, actual Alemaña e finado o 30 de maio de 1640 en Anveres, Flandres (Países Baixos españois), actual Bélxica, foi o máis popular e prolífico dos pintores flamengos e europeos do século XVII; as súas obras zumegan un estilo barroco exuberante que enfatiza o movemento, a cor e a sensualidade. As súas principais influencias procedían da arte da Antiga Grecia, a Antiga Roma e a pintura renacentista, en especial Leonardo da Vinci, Tiziano e Miguel Anxo, do que admiraba a súa representación da anatomía. Tratou unha ampla variedade de temas pictóricos: relixiosos, históricos, de mitoloxía clásica, escenas de caza, paisaxes, retratos, así como debuxos, ilustracións para libros e deseños para tapices.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
María Tudor é o nome tanto de María I de Inglaterra como da irmá do pai desta, María Tudor, raíña consorte de Francia. María I, nada o 18 de febreiro de 1516 e finada o 17 de novembro de 1558, foi raíña de Inglaterra e Irlanda desde o 6 o 19 de xullo de 1553 ata a súa morte. É coñecida polo seu intento de abrogar a Reforma anglicana, que comezara durante o reinado do seu pai, Henrique VIII. As execucións que marcaron a restauración do catolicismo en Inglaterra e Irlanda suscitaron que os seus opositores protestantes a alcumaran «María a Sanguinaria» (Bloody Mary en inglés).
Os símbolos matemáticos son símbolos utilizados en expresións, proposicións ou definicións en calquera área das Matemáticas. As categorías utilízanse para facilitar a lectura, pois moitos símbolos poden ter usos distintos. Non se inclúen letras gregas ou doutros alfabetos que poden ser usadas como símbolos, como π, Σ, Π ou א.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 212.480.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Hugh Michael Jackman, nado en Sidney o 12 de outubro de 1968, é un actor e produtor australiano. Jackman gañou recoñecemento internacional polos seus papeis en grandes producións, interpretando a superheroes e personaxes de romances. É coñecido polo seu papel de Lobeto na serie de filmes de X-Men, así como por protagonizar Kate & Leopold, Van Helsing, O prestixio, Australia, Real Steel, Les Misérables e Prisoners.
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Jailson Marques Siqueira, nado en Caçapava do Sul o 7 de setembro de 1995, e máis coñecido como Jailson, é un futbolista profesional brasileiro que xoga como mediocampista. Desde 2024 xoga no Real Club Celta de Vigo da Primeira División de España. Malia a súa posición ser a de mediocampista, neste último club, ás ordes de Claudio Giráldez, xogou en diversas ocasións como defensa central.
A vacaloura (tamén existe a variante vacaloira), carouca, cornetán ou escornabois (Lucanus cervus) é un escaravello da familia Lucanidae de gran tamaño. Trátase dun insecto no que os sexos son facilmente distinguibles: os machos dispoñen dunhas mandíbulas de gran tamaño, moito maiores que as das femias, que lles serven como medio de loita con machos rivais. A larva deste insecto pasa dun a cinco anos alimentándose de madeira en descomposición, preferiblemente de frondosas, polo que adoita vivir en bosques onde hai abundantes carballos, e razón tamén de que non sexa común en terreos urbanos.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A evolución é o cambio nas características herdadas das poboacións biolóxicas co paso das xeracións. Os procesos evolutivos dan lugar a diversidade en todos os niveis biolóxicos de organización, como as especies, os organismos individuais e as moléculas como o ADN e proteínas. Todos os seres vivos da Terra descenden dun antepasado común (LUCA) que viviu hai entre 3 500 e 3 800 millóns de anos.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis. Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo.
Francisco Silvela y de Le Villeuze, nado en Madrid o 15 de decembro de 1843 e finado na mesma cidade o 29 de maio de 1905 foi un historiador, avogado e político español. Entre 1899 e 1903 ocupou dúas veces a presidencia do Consello de Ministros. Silvela tamén foi un destacado ensaísta e escritor que editou obras históricas, xurídicas, ensaios e colaborou en publicacións como La Época, La Revista de España, El Imparcial e El Tiempo.
Las Grecas foi un dúo musical español de flamenco-rock conformado en 1973 por dúas irmás de etnia xitana: Carmela Muñoz Barrull (Valladolid, 19 de xullo de 1954), e Edelina Muñoz Barrull (Madrid, 17 de febreiro de 1957 - Aranjuez, 30 de xaneiro de 1995), máis coñecida como Tina. Tiveron un enorme éxito inicial co tema «Te estoy amando locamente», do cal venderon 500.000 copias, aínda que a súa carreira artística iría decaendo ata que as propias irmás Muñoz decidiron disolver Las Grecas. Posteriormente, en 2007, e despois de facerse coa patente do nome de Las Grecas, Malicia decidiu constituír unha segunda formación do dúo xunto a Sofía Louzán, á que supliu despois pola súa antiga compañeira da súa anterior formación Las Suecas Nani.
En teoría de números, a función totiente de Euler conta os enteiros positivos ata un número enteiro dado n que son coprimos con n. Escríbese usando a letra grega fi como φ ( n ) {\displaystyle \varphi (n)} ou ϕ ( n ) {\displaystyle \phi (n)} , e tamén se pode chamar función fi de Euler. Noutras palabras, é o número de enteiros k no rango 1 ≤ k ≤ n para os que o máximo común divisor gcd(n, k) é igual a 1.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
A Rexión Administrativa Especial de Hong Kong da República Popular da China, en chinés 中華人民共和國香港特別行政區 é unha rexión chinesa formada por unha península e varias illas, entre elas a illa de Hong Kong, no Mar da China Meridional, no delta do Río das Perlas, xunto á provincia de Guangdong. Ata 1997 foi colonia do Reino Unido. O nome da illa de Hong Kong (chinés: 香港), significa literalmente "porto fragrante" ou "porto do recendo".
O Taj Mahal (en hindi ताज महल, persa تاج محل), situado en Agra, na beira do río Yamuna, no Estado de Uttar Pradesh, India, é un suntuoso mausoleo de mármore branco construído entre 1632 e 1652 polo emperador mogol Shâh Jahân, en memoria da súa esposa Arjumand Bânu Begam, máis coñecida polo nome de Mumtāz Mahal, que falecera o 17 de xuño de 1631, ao dar a luz o seu décimo cuarto fillo, en tanto acompañaba ao seu home en campaña. Tivo unha sepultura inicial no xardín Zainabad en Burhampur. Así, o Taj Mahal é tamén considerado como unha gran proba de amor, contendo inscricións retiradas do Corán.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2024, ano dedicado a Luísa Villalta, 64 autores (6 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 62 edicións do Día das Letras Galegas, posto que en 1998 houbo unha homenaxe colectiva a Martín Codax, Johan de Cangas e Mendinho (tres trobadores ligados á ría de Vigo).
Tahití (historicamente chamada Otaheite e antigamente, en España, coñecida como a Illa de Manuel de Amat e Junyent), é a illa maior da Polinesia Francesa, un territorio de ultramar francés localizada nas Illas da Sociedade, ao sur do océano Pacífico. A súa capital é Papeete, situada na costa noroeste da illa, e consiste principalmente en dúas porcións de terra conectadas polo istmo de Taravao: Tahiti Nui ou Gran Tahití, situada ao noroeste, e Tahiti Iti ou Pequena Tahití, situada ao sueste. No total, o territorio comprende uns 1.042 km² e o seu punto máis alto é o Monte Orohena, culmina a 2.241 m sobre o nivel do mar.
Five Nights at Freddy's (filme)
Five Nights at Freddy's é un filme estadounidense de 2023 dirixido por Emma Tammi, quen coescribiu o guión con Scott Cawthon e Seth Cuddeback. Baséase na serie homónima de videoxogos creada por Scott Cawthon. Está protagonizado por Josh Hutcherson, no papel dun garda de seguridade con problemas que comeza un traballo nunha pizzería abandonada onde descobre que as súas mascotas animatrónicas están posuídas polas almas duns nenos asasinados.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Gabriel Medina Pinto Ferreira, nado en São Sebastião o 22 de decembro de 1993, é un surfeiro profesional brasileiro, campión mundial de surf en 2014 e 2018. En 2014, aos 20 anos de idade, logrou o campionato mundial anticipadamente, durante a última etapa do circuíto en Hawai, ao vencer nas súas baterías dos cuartos de final e, ver aos seus adversarios máis opcionados* ao título ser eliminados nesa fase. Antes logrou outra fazaña, en 2012, durante foi o segundo surfeiro do mundo en realizar unha das manobras máis raras e difíciles deste deporte: o back flip, un salto mortal de costas.