Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña. Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e en 2023, Cristiano Ronaldo deixou de mutuo acordo o Manchester United da Premier League inglesa e asinou con o Al-Nassr FC na Saudi Professional League. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación de masas.
Partido Laborista (Reino Unido)
A denominación Partido Laborista (do inglés Labour Party, partido do traballo ou dos traballadores) aplícase a partidos políticos de varios países, especialmente a aqueles que pertenceron ao Imperio Británico, xeralmente socialdemócratas. O Partido Laborista británico deriva do Comité de Representación dos Traballadores, creado en 1900 nunha reunión de sindicatos. Tony Blair dotou a este partido dun programa político (o Novo Laborismo) caracterizado por unha postura liberal no económico e por un achegamento á Unión Europea (UE) en cuestións internacionais.
A Ilíada (/i'liaða/; en grego antigo: Ἰλιάς, romanizado: Iliás; "[un poema] sobre Ilión (Troia)") é un dos dous principais poemas épicos da Grecia antiga, atribuídos a Homero, así coma unha das obras literarias máis antigas lidas aínda por audiencias modernas. Do mesmo xeito que coa Odisea, o poema divídese en 24 cantos, habendo sido escrito en hexámetro dactílico e contendo, na súa versión máis amplamente aceptada, 15 693 versos. O poema, ambientado ás beiras da fin da guerra de Troia, relata eventos significativos das derradeiras semanas do asedio á cidade de Troia, por unha coalición de estados gregos micénicos, que durou dez anos.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
José Luis Mato Sanmartín, coñecido como Joselu ou Joselu Mato, nado en Stuttgart (Alemaña) o 27 de marzo de 1990, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro no Real Madrid, da Primeira División, cedido polo Espanyol. Formado na canteira do Celta de Vigo, debutou co primeiro equipo celeste na Segunda División en 2009, e máis tarde militou en catro equipos da Primeira División, entre eles o máximo rival histórico do Celta, o Deportivo da Coruña; así como o Real Madrid, co que gañou unha liga e unha Liga de Campións.
Thomas Müller, nado o 13 de setembro de 1989 en Weilheim in Oberbayern, Baviera é un xogador profesional de fútbol internacional alemán que actualmente xoga para o Bayern München da 1. Bundesliga, a máxima categoría do fútbol en Alemaña. Pode desempeñarse en multitude de posicións, como volante ofensivo, segundo dianteiro ou extremo.
Verónica Boquete Giadáns, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987, é unha futbolista galega, que xoga como centrocampista e dianteira na Fiorentina, da Serie A de Italia. Considerada como unha das mellores futbolistas españolas da historia, desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a primeira en marcar nunha final.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata 2024, ano dedicado a Luísa Villalta, 64 autores (6 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 62 edicións do Día das Letras Galegas, posto que en 1998 houbo unha homenaxe colectiva a Martín Codax, Johan de Cangas e Mendinho (tres trobadores ligados á ría de Vigo).
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
O Campionato de Europa de fútbol da UEFA (en inglés: UEFA European Football Championship), máis coñecida como Eurocopa ou simplemente Euro, é a competición de seleccións nacionais de fútbol que organiza a UEFA. Dispútase cada catro anos dende 1960. Hai tamén unha Eurocopa de fútbol feminino que comezou en 1984 e que dende 1997 celébrase tamén cada catro anos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
Os asilos das Madalenas, tamén coñecidos coma lavandarías das Madalenas, foron, nos seus inicios, institucións protestantes, conversas logo maioritariamente en institucións católicas, que operaron dende o século XVIII ata finais do século XX, ostensibelmente para acoller ás chamadas "mulleres caídas". Este termo referíase á promiscuidade sexual feminina ou a traballadoras sexuais, así como a rapazas que quedaban encinta fóra do matrimonio ou a nenas e adolescentes que carecían de apoio familiar. Estímase que, ao redor dunhas 30 000 mulleres foron internadas nestas institucións durante os 150 anos da súa historia, polo xeral, en contra da súa vontade.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 211.907.
Jeremy Bernard Corbyn, nado o 26 de maio de 1949 en Chippenham, Wiltshire, é un político británico socialista democrático, líder do Partido Laborista e líder da oposición de 2015 a 2020. Representou Islington North no Parlamento do Reino Unido (MP) desde 1983, e elixido líder do Partido Laborista en 2015. Foi membro do Consello de Haringey en 1974 e, antes de ser político, representante de sindicatos.
Alain Connes (Francés: [alɛ̃ kɔn]; nado o 1 de abril de 1947 en Draguignan) é un matemático francés, coñecido polas súas contribucións ao estudo da álxebra de operadores e da xeometría non conmutativa. É profesor no Collège de France, Institut des Hautes Études Scientifiques, Universidade Estatal de Ohio e Universidade de Vanderbilt. Recibiu a Medalla Fields en 1982.
A Eurocopa da UEFA de 2020 foi a décimo sexta edición do campionato europeo de seleccións de fútbol absolutas organizado pola UEFA. A fase final do torneo foi celebrada, por mor do sesenta aniversario da UEFA, en varias sedes ao longo de toda Europa. O torneo, disputado en 11 estadios de 11 cidades diferentes, íase disputar do 12 de xuño ó 12 de xullo de 2020, pero por mor da pandemia por coronavirus foi adiada, e disputouse do 11 de xuño ó 11 de xullo de 2021, pero mantendo o nome de UEFA Euro 2020.
Stromboli (siciliano: 'Struògnuli', grego antigo: Στρογγύλη, Strongulē) é unha pequena illa no Mar Tirreno, fronte á costa norte de Sicilia, que contén un dos tres volcáns activos en Italia. É unha das oito Illas Eolias, un arco volcánico ao norte de Sicilia. Este nome derívase do vello nome grego Strongulē que lle foi dado debido á súa forma redonda inchada.
Enrique Labarta Pose, nado en Baio (Zas) o 22 de xullo de 1863 e finado en Barcelona o 13 de maio de 1925, foi un escritor e xornalista galego en lingua castelá e lingua galega. Fundou e dirixiu xornais e revistas. A súa obra, fundamentalmente poesía e contos, caracterízase por unha sátira humorística moi marcada.
A selección de fútbol de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española que representa á Real Federación Española de Fútbol, o máximo organismo do fútbol en España, nas competicións oficiais organizadas pola FIFA. O equipo é coñecido familiarmente como «La Furia Española», rememorando o saqueo de Anveres, episodio da historia militar española. Tamén é coñecido co pseudónimo «La Furia Roja», acuñado por un xornalista italiano que se referiu a el como «Furia Rossa», ou simplemente como «La Roja». A selección española participou en trece edicións da Copa Mundial de Fútbol e foi a anfitrioa da edición de 1982.
Un castro é un poboado prehistórico da Península Ibérica (véxase o artigo Castros de Galicia). Como topónimo pode referirse a: En Galiza Castro Caldelas, concello da provincia de Ourense; Castro Caldelas, parroquia de dito concello; O Castro de Caldelas, lugar de dita parroquia; Castro de Rei, concello da provincia de Lugo; Castro, parroquia do concello de Boiro; Castro, parroquia do concello de Carballedo; Castro, parroquia do concello de Cerdedo-Cotobade; Castro, parroquia do concello de Melide; Castro, parroquia do concello de Mesía; Castro, parroquia do concello de Miño; Castro, parroquia do concello de Narón; Castro, parroquia do concello de Paradela; O Castro, parroquia do concello de Begonte; O Castro, lugar de dita parroquia; O Castro, parroquia do concello de Cervantes; O Castro, parroquia do concello de Dozón; O Castro, parroquia do concello da Pobra de Trives; O Castro, lugar de dita parroquia; O Castro, parroquia do concello de Silleda; Castro Barbudo, parroquia do concello de Ponte Caldelas; Castro de Cabras, parroquia do concello de Lalín; O Castro de Laza, parroquia do concello de Laza; O Castro, lugar de dita parroquia; O Castro de Ouro, parroquia do concello de Alfoz; O Castro de Ouro, lugar de dita parroquia; Castro de Rei de Lemos, parroquia do concello de Paradela; O Castro de Soengas, parroquia do concello de Portomarín; O Castro de Valdeorras, parroquia do concello do Barco de Valdeorras; O Castro, lugar de dita parroquia; Castro, lugar da parroquia da Baíña, no concello de Agolada; Castro, lugar da parroquia de Borraxeiros, no concello de Agolada; Castro, lugar da parroquia de Brántega, no concello de Agolada; Castro, lugar da parroquia de Santa Comba, no concello de Agolada; Castro, lugar da parroquia de Areas, no concello de Antas de Ulla; Castro, lugar da parroquia de Lexo, no concello de Baralla; Castro, lugar da parroquia de Santigoso, no concello do Barco de Valdeorras; Castro, lugar da parroquia de Oural, no concello de Boqueixón; Castro, lugar da parroquia do Couso, no concello de Campo Lameiro; Castro, lugar da parroquia de Castro, no concello de Carballedo; Castro, lugar da parroquia de Ardaña, no concello de Carballo; Castro, lugar da parroquia de Anseán, no concello do Corgo; Castro, lugar da parroquia de Santa Baia de Castro, no concello de Coristanco; Castro, lugar da parroquia de Maceira, no concello de Covelo; Castro, lugar da parroquia de Rutis, no concello de Culleredo; Castro, lugar da parroquia de San Xoán de Laíño, no concello de Dodro; Castro, lugar da parroquia de Buxantes, no concello de Dumbría; Castro, lugar da parroquia de Dumbría, no concello de Dumbría; Castro, lugar da parroquia de San Miguel de Castro, no concello da Estrada; Castro, lugar da parroquia de Santa Cecilia de Trasancos, no concello de Ferrol; Castro, lugar da parroquia de Cuíñas, no concello de Fonsagrada; Castro, lugar da parroquia de Pradeda, no concello de Guntín; Castro, lugar da parroquia de Eirexalba, no concello do Incio; Castro, lugar da parroquia de Bendoiro, no concello de Lalín; Castro, lugar da parroquia de Castro de Cabras, no concello de Lalín; Castro, lugar da parroquia de Meilán, no concello de Lugo; Castro, lugar da parroquia de San Xoán de Pena, no concello de Lugo; Castro, lugar da parroquia de Santo André de Castro, no concello de Lugo; Castro, lugar da parroquia de Abeancos, no concello de Melide; Castro, lugar da parroquia de Castro, no concello de Melide; Castro, lugar da parroquia do Meire, no concello de Melide; Castro, lugar da parroquia de Rebón, no concello de Moraña; Castro, lugar da parroquia de Frixe, no concello de Muxía; Castro, lugar da parroquia de Senra, no concello de Oroso; Castro, lugar da parroquia de Trasmonte, no concello de Oroso; Castro, lugar da parroquia de Cis, no concello de Oza-Cesuras; Castro, lugar da parroquia de Ambreixo, no concello de Palas de Rei; Castro, lugar da parroquia de Mosteiro de Devesa, no concello de Palas de Rei; Castro, lugar da parroquia de Vilar de Donas, no concello de Palas de Rei; Castro, lugar da parroquia de Caxide, no concello de Parada de Sil; Castro, lugar da parroquia de Castro, no concello de Paradela; Castro, lugar da parroquia da Torre, no concello do Páramo; Castro, lugar da parroquia de Padróns, no concello de Ponteareas; Castro, lugar da parroquia de Carreira, no concello de Ribeira; Castro, lugar da parroquia de Doade, no concello de Sober; Castro, lugar da parroquia de Carelle, no concello de Sobrado; Castro, lugar da parroquia da Porta, no concello de Sobrado; Castro, lugar da parroquia de Gorgullos, no concello de Tordoia; Castro, lugar da parroquia de Bama, no concello de Touro; Castro, lugar da parroquia de Besexos, no concello de Vila de Cruces; Castro, lugar da parroquia de San Tomé de Insua, no concello de Vila de Cruces; Castro, lugar da parroquia de Salto, no concello de Vimianzo; Castro, lugar da parroquia de San Cremenzo de Pazos, no concello de Zas; O Castro, lugar da parroquia de Crendes, no concello de Abegondo; O Castro, lugar da parroquia de Meangos, no concello de Abegondo; O Castro, lugar da parroquia de Vizoño, no concello de Abegondo; O Castro, lugar da parroquia de Val de Sangorza, no concello de Agolada; O Castro, lugar da parroquia de San Mamede de Urrós, no concello de Allariz; O Castro, lugar da parroquia de Santo Estevo do Castro de Amarante, no concello de Antas de Ulla; O Castro, lugar da parroquia de Cambás, no concello de Aranga; O Castro, lugar da parroquia de Caamouco, no concello de Ares; O Castro, lugar da parroquia de Armentón, no concello de Arteixo; O Castro, lugar da parroquia de Arteixo, no concello de Arteixo; O Castro, lugar da parroquia de Burres, no concello de Arzúa; O Castro, lugar da parroquia de Viladavil, no concello de Arzúa; O Castro, lugar da parroquia de Cubilledo, no concello de Baleira; O Castro, lugar da parroquia da Degolada, no concello de Baleira; O Castro, lugar da parroquia da Baña, no concello da Baña; O Castro, lugar da parroquia de Lañas, no concello da Baña; O Castro, lugar da parroquia de Valiñas, no concello de Barro; O Castro, lugar da parroquia de Cardeiro, no concello de Boimorto; O Castro, lugar da parroquia de Santa Baia de Berredo, no concello da Bola; O Castro, lugar da parroquia de Ledesma, no concello de Boqueixón; O Castro, lugar da parroquia de Tuimil, no concello de Bóveda; O Castro, lugar da parroquia de Corcoesto, no concello de Cabana de Bergantiños; O Castro, lugar da parroquia de Bribes, no concello de Cambre; O Castro, lugar da parroquia de Entrecruces, no concello de Carballo; O Castro, lugar da parroquia de Sísamo, no concello de Carballo; O Castro, lugar da parroquia da Pedra, no concello de Cariño; O Castro, lugar da parroquia de Paradela, no concello de Castro Caldelas; O Castro, lugar da parroquia de Duancos, no concello de Castro de Rei; O Castro, lugar da parroquia de Duarría, no concello de Castro de Rei; O Castro, lugar da parroquia de Santa Comba de Orizón, no concello de Castro de Rei; O Castro, lugar da parroquia da Frairía, no concello de Castroverde; O Castro, lugar da parroquia de Piñeiro, no concello de Cedeira; O Castro, lugar da parroquia de Aguasantas, no concello de Cerdedo-Cotobade; O Castro, lugar da parroquia de Tenorio, no concello de Cerdedo-Cotobade; O Castro, lugar da parroquia de Viascón, no concello de Cerdedo-Cotobade; O Castro, lugar da parroquia de Cerdido, no concello de Cerdido; O Castro, lugar da parroquia de Castelo, no concello de Cervo; O Castro, lugar da parroquia de San Fiz de Asma, no concello de Chantada; O Castro, lugar da parroquia de Gomeán, no concello do Corgo; O Castro, lugar da parroquia de Santo Estevo de Farnadeiros, no concello do Corgo; O Castro, lugar da parroquia de Goá, no concello de Cospeito; O Castro, lugar da parroquia de Pino, no concello de Cospeito; O Castro, lugar da parroquia de Santiago de Covelo, no concello de Covelo; O Castro, lugar da parroquia de Crecente, no concello de Crecente; O Castro, lugar da parroquia de Fisteus, no concello de Curtis; O Castro, lugar da parroquia de Foxado, no concello de Curtis; O Castro, lugar da parroquia do Castro, no concello de Dozón; O Castro, lugar da parroquia de Couso, no concello da Estrada; O Castro, lugar da parroquia de Ouzande, no concello da Estrada; O Castro, lugar da parroquia de San Tomé de Ancorados, no concello da Estrada; O Castro, lugar da parroquia de Santa Cristina de Vea, no concello da Estrada; O Castro, lugar da parroquia de Barallobre, no concello de Fene; O Castro, lugar da parroquia de Fonfría, no concello da Fonsagrada; O Castro, lugar da parroquia de Foz, no concello de Foz; O Castro, lugar da parroquia de Abellá, no concello de Frades; O Castro, lugar da parroquia de Galegos, no concello de Frades; O Castro, lugar da parroquia de San Martiño de Condes, no concello de Friol; O Castro, lugar da parroquia de Borreiros, no concello de Gondomar; O Castro, lugar da parroquia de Salcidos, no concello da Guarda; O Castro, lugar da parroquia de Becín, no concello de Guitiriz; O Castro, lugar da parroquia de Labrada, no concello de Guitiriz; O Castro, lugar da parroquia de Santa Cruz de Parga, no concello de Guitiriz; O Castro, lugar da parroquia de Santa Mariña de Lagostelle, no concello de Guitiriz; O Castro, lugar da parroquia de Grolos, no concello de Guntín; O Castro, lugar da parroquia de Santa Cruz da Retorta, no concello de Guntín; O Castro, lugar da parroquia de San Cosmede de Cusanca, no concello do Irixo; O Castro, lugar da parroquia de Méixome, no concello de Lalín; O Castro, lugar da parroquia de Gaxate, no concello da Lama; O Castro, lugar da parroquia de Cabovilaño, no concello da Laracha; O Castro, lugar da parroquia da Lestón, no concello da Laracha; O Castro, lugar da parroquia de Lourenzá, no concello de Lourenzá; O Castro, lugar da parroquia de Lousame, no concello de Lousame; O Castro, lugar da parroquia de Barizo, no concello de Malpica de Bergantiños; O Castro, lugar da parroquia de Leiloio, no concello de Malpica de Bergantiños; O Castro, lugar da parroquia de Mañón, no concello de Mañón; O Castro, lugar da parroquia de Seixo, no concello de Marín; O Castro, lugar da parroquia das Maroñas, no concello de Mazaricos; O Castro, lugar da parroquia de Dena, no concello de Meaño; O Castro, lugar da parroquia de Xil, no concello de Meaño; O Castro, lugar da parroquia das Varelas, no concello de Melide; O Castro, lugar da parroquia de Boado, no concello de Mesía; O Castro, lugar da parroquia de Visantoña, no concello de Mesía; O Castro, lugar da parroquia de Xanceda, no concello de Mesía; O Castro, lugar da parroquia de Santa Cruz de Moeche, no concello de Moeche; O Castro, lugar da parroquia de Lindín, no concello de Mondoñedo; O Castro, lugar da parroquia de Queixeiro, no concello de Monfero; O Castro, lugar da parroquia do Val de Xestoso, no concello de Monfero; O Castro, lugar da parroquia de Novelúa, no concello de Monterroso; O Castro, lugar da parroquia de San Breixo, no concello de Monterroso; O Castro, lugar da parroquia de Mos, no concello de Mos; O Castro, lugar da parroquia de Meá, no concello de Mugardos; O Castro, lugar da parroquia da Balsa, no concello de Muras; O Castro, lugar da parroquia de Muras, no concello de Muras; O Castro, lugar da parroquia de Coucieiro, no concello de Muxía; O Castro, lugar da parroquia de Pedroso no concello de Narón; O Castro, lugar da parroquia do Val no concello de Narón; O Castro, lugar da parroquia de Viladonelle, no concello de Neda; O Castro, lugar da parroquia de Roo, no concello de Noia; O Castro, lugar da parroquia de Liáns, no concello de Oleiros; O Castro, lugar da parroquia de Ardemil, no concello de Ordes; O Castro, lugar da parroquia de Leira, no concello de Ordes; O Castro, lugar da parroquia de Ordes, no concello de Ordes; O Castro, lugar da parroquia de Parada, no concello de Ordes; O Castro, lugar da parroquia de Vilamaior, no concello de Ordes; O Castro, lugar da parroquia de Marzoa, no concello de Oroso; O Castro, lugar da parroquia de Devesos, no concello de Ortigueira; O Castro, lugar da parroquia de Mera de Abaixo, no concello de Ortigueira; O Castro, lugar da parroquia de San Claudio, no concello de Ortigueira; O Castro, lugar da parroquia de Senra, no concello de Ortigueira; O Castro, lugar da parroquia de Guillar, no concello de Outeiro de Rei; O Castro, lugar da parroquia de San Fiz de Paz, no concello de Outeiro de Rei; O Castro, lugar da parroquia de Borrifáns, no concello de Oza-Cesuras; O Castro, lugar da parroquia de Dordaño, no concello de Oza-Cesuras; O Castro, lugar da parroquia de Figueredo, no concello de Oza-Cesuras; O Castro, lugar da parroquia de Fontecuberta, no concello de Palas de Rei; O Castro, lugar da parroquia de Moredo, no concello de Palas de Rei; O Castro, lugar da parroquia de Vilamelle, no concello de Pantón; O Castro, lugar da parroquia de Santa Cristina de Paradela, no concello de Paradela; O Castro, lugar da parroquia de Moscán, no concello do Páramo; O Castro, lugar da parroquia de Crecente, no concello da Pastoriza; O Castro, lugar da parroquia de Gueimonde, no concello da Pastoriza; O Castro, lugar da parroquia de San Cosme de Piñeiro, no concello da Pastoriza; O Castro, lugar da parroquia de Cerceda, no concello do Pino; O Castro, lugar da parroquia de Lardeiros, no concello do Pino; O Castro, lugar da parroquia de Pereira, no concello do Pino; O Castro, lugar da parroquia de San Mamede de Ferreiros, no concello do Pino; O Castro, lugar da parroquia de Barxa de Lor, no concello da Pobra do Brollón; O Castro, lugar da parroquia do Xobre ou O Maño, no concello da Pobra do Caramiñal; O Castro, lugar da parroquia de Cores, no concello de Ponteceso; O Castro, lugar da parroquia de Nogueirosa, no concello de Pontedeume; O Castro, lugar da parroquia de Bermui, no concello das Pontes de García Rodríguez; O Castro, lugar da parroquia de Espiñaredo, no concello das Pontes de García Rodríguez; O Castro, lugar da parroquia de Seoane, no concello das Pontes de García Rodríguez; O Castro, lugar da parroquia de Atios, no concello do Porriño; O Castro, lugar da parroquia de Briallos, no concello de Portas; O Castro, lugar da parroquia de Romai, no concello de Portas; O Castro, lugar da parroquia de Baroña, no concello de Porto do Son; O Castro, lugar da parroquia de Goiáns, no concello de Porto do Son; O Castro, lugar da parroquia do Castro de Soengas, no concello de Portomarín; O Castro, lugar da parroquia de Artes, no concello de Ribeira; O Castro, lugar da parroquia de Castiñeiras, no concello de Ribeira; O Castro, lugar da parroquia de Santalla, no concello de Ribeira de Piquín; O Castro, lugar da parroquia de Santa Marta de Meilán, no concello de Riotorto; O Castro, lugar da parroquia de Oín, no concello de Rois; O Castro, lugar da parroquia de Urdilde, no concello de Rois; O Castro, lugar da parroquia de Osedo, no concello de Sada; O Castro, lugar da parroquia de Santa María de Salceda, no concello de Salceda de Caselas; O Castro, lugar da parroquia de Salamonde, no concello de San Amaro; O Castro, lugar da parroquia de Bardaos, no concello de San Sadurniño; O Castro, lugar da parroquia de Igrexafeita, no concello de San Sadurniño; O Castro, lugar da parroquia de Sandiás no concello de Sandiás; O Castro, lugar da parroquia de Freixeiro, no concello de Santa Comba; O Castro, lugar da parroquia de Santa Sabiña, no concello de Santa Comba; O Castro, lugar da parroquia de Bando, no concello de Santiago de Compostela; O Castro, lugar da parroquia de Busto, no concello de Santiago de Compostela; O Castro, lugar da parroquia de Cesar, no concello de Santiago de Compostela; O Castro, lugar da parroquia de Beigondo, no concello de Santiso; O Castro, lugar da parroquia de San Román, no concello de Santiso; O Castro, lugar da parroquia de Vimianzo, no concello de Santiso; O Castro, lugar da parroquia de Dorrón, no concello de Sanxenxo; O Castro, lugar da parroquia de Vilalonga, no concello de Sanxenxo; O Castro, lugar da parroquia de Betote, no concello de Sarria; O Castro, lugar da parroquia de Fión, no concello do Saviñao; O Castro, lugar da parroquia de Mourelos, no concello do Saviñao; O Castro, lugar da parroquia de Rebordaos, no concello do Saviñao; O Castro, lugar da parroquia de Sobreda, no concello do Saviñao; O Castro, lugar da parroquia de Vilaesteva, no concello do Saviñao; O Castro, lugar da parroquia de Manduas, no concello de Silleda; O Castro, lugar da parroquia de Piñeiro, no concello de Silleda; O Castro, lugar da parroquia de Gundivós, no concello de Sober; O Castro, lugar da parroquia de Grixalba, no concello de Sobrado; O Castro, lugar da parroquia de Vilameán, no concello de Tomiño; O Castro, lugar da parroquia de Taboadela, no concello de Taboadela; O Castro, lugar da parroquia de Vilamor, no concello de Toques; O Castro, lugar da parroquia de Bardaos, no concello de Tordoia; O Castro, lugar da parroquia de Castenda da Torre, no concello de Tordoia; O Castro, lugar da parroquia de Numide, no concello de Tordoia; O Castro, lugar da parroquia da Vila de Abade, no concello de Tordoia; O Castro, lugar da parroquia de Prevediños, no concello de Touro; O Castro, lugar da parroquia de Sante, no concello de Trabada; O Castro, lugar da parroquia de Vidal, no concello de Trabada; O Castro, lugar da parroquia de Castelo, no concello de Trazo; O Castro, lugar da parroquia de Monzo, no concello de Trazo; O Castro, lugar da parroquia de Restande, no concello de Trazo; O Castro, lugar da parroquia de Ribadelouro, no concello de Tui; O Castro, lugar da parroquia de Rial, no concello de Val do Dubra; O Castro, lugar da parroquia de Lago, no concello de Valdoviño; O Castro, lugar da parroquia de Pantín, no concello de Valdoviño; O Castro, lugar da parroquia de Vilarrube, no concello de Valdoviño; O Castro, lugar da parroquia de Illobre, no concello de Vedra; O Castro, lugar da parroquia da Ponte Ulla, no concello de Vedra; O Castro, lugar da parroquia de Santa María de Cexo, no concello de Verea; O Castro, lugar da parroquia de Pexeiros, no concello de Viana do Bolo; O Castro, lugar da parroquia de Matamá, no concello de Vigo; O Castro, lugar da parroquia do Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa; O Castro, lugar da parroquia de Vilagarcía, no concello de Vilagarcía de Arousa; O Castro, lugar da parroquia de Boizán, no concello de Vilalba; O Castro, lugar da parroquia de Goiriz, no concello de Vilalba; O Castro, lugar da parroquia de Gondaísque, no concello de Vilalba; O Castro, lugar da parroquia de Mourence, no concello de Vilalba; O Castro, lugar da parroquia de Oleiros, no concello de Vilalba; O Castro, lugar da parroquia de San Simón da Costa, no concello de Vilalba; O Castro, lugar da parroquia de Sancovade, no concello de Vilalba; O Castro, lugar da parroquia de Santaballa, no concello de Vilalba; O Castro, lugar da parroquia de Vilapedre, no concello de Vilalba; O Castro, lugar da parroquia de Doroña, no concello de Vilarmaior; O Castro, lugar da parroquia de Grandal, no concello de Vilarmaior; O Castro, lugar da parroquia de Vilarmaior, no concello de Vilarmaior; O Castro, lugar da parroquia de Barbeito, no concello de Vilasantar; O Castro, lugar da parroquia de Vilariño, no concello de Vilasantar; O Castro, lugar da parroquia de Cabreiros, no concello de Xermade; Castro Alfonsín, lugar da parroquia de Saa, no concello de Lugo; Castro Bo, lugar da parroquia de Mosende, no concello do Vicedo; Castro Castriño, lugar da parroquia de Piñeiro, no concello de Silleda; O Castro Castriño, lugar da parroquia de Coia, no concello de Vigo; O Castro da Ermida, lugar da parroquia de Pedroso, no concello de Narón; O Castro da Igrexa, lugar da parroquia de Cazás, no concello de Xermade; O Castro da Virxe, lugar da parroquia de San Nicolao de Portomarín, no concello de Portomarín; O Castro das Seixas, lugar da parroquia de Merlán, no concello de Palas de Rei; Castro de Abaixo, lugar da parroquia de Reboiro, no concello do Incio; Castro de Abaixo, lugar da parroquia de Lodeiro, no concello de Lalín; Castro de Abaixo, lugar da parroquia de Nogueira, no concello de Ribas de Sil; O Castro de Abaixo, lugar da parroquia de Valeixe, no concello da Cañiza; O Castro de Abaixo, lugar da parroquia de Luía, no concello de Ortigueira; Castro de Agudín, lugar da parroquia de Cea, no concello de Vilagarcía de Arousa; Castro de Anzo, lugar da parroquia de Anzo, no concello de Lalín; Castro de Ares, lugar da parroquia de Trasanquelos, no concello de Oza-Cesuras; Castro de Arriba, lugar da parroquia de Santa María do Mao, no concello do Incio; Castro de Arriba, lugar da parroquia de Vilatuxe, no concello de Lalín; O Castro de Arriba, lugar da parroquia de Valeixe, no concello da Cañiza; O Castro de Arriba, lugar da parroquia de Luía, no concello de Ortigueira; O Castro de Arriba, lugar da parroquia de Chavín, no concello de Viveiro; Castro de Arroxo, lugar da parroquia de San Martín de Arroxo, no concello da Fonsagrada; O Castro de Beiro, parroquia do concello de Ourense; O Castro de Beiro, lugar de dita parroquia; O Castro de Bóveda, lugar da parroquia de Bóveda, no concello de Lugo; O Castro de Breixa, lugar da parroquia de Breixa, no concello de Silleda; Castro de Covas, lugar da parroquia de Covas, no concello do Pereiro de Aguiar; O Castro de Cumeiro, lugar da parroquia de Cumeiro, no concello de Vila de Cruces; O Castro de Duio, lugar da parroquia de Duio, no concello de Fisterra; O Castro de Elviña, lugar da parroquia de Elviña, no concello da Coruña; Castro de Escuadro, lugar da parroquia de Castro de Escuadro, no concello de Maceda; O Castro de Espiñeira, lugar da parroquia do Vilar da Cuíña, no concello da Fonsagrada; O Castro de Ferreira, lugar da parroquia de Ferreira de Pantón, no concello de Pantón; Castro de Hermunde, lugar da parroquia de Hermunde, no concello de Pol; Castro de Lamas, lugar da parroquia de Lamas de Moreira, no concello da Fonsagrada; Castro de Lobos, lugar da parroquia de Paradela, no concello de Toques; Castro de Lourido, lugar da parroquia de Loureiro, no concello de Samos; O Castro de Moreda, lugar da parroquia de Moreda, no concello de Monforte de Lemos; O Castro de Morgade, lugar da parroquia de Carballedo, no concello de Carballedo; Castro de Muras, lugar da parroquia de Pereira, no concello de Forcarei; O Castro de Neira, lugar da parroquia de Vilarmosteiro, no concello do Páramo; Castro de Ribeiras de Lea, lugar da parroquia de Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei; O Castro de San Fiz, lugar da parroquia de Pontellas, no concello de Betanzos; O Castro de Valdería, lugar da parroquia da Esperela, no concello de Baleira; O Castro de Vilamarín, lugar da parroquia de Mabegondo, no concello de Abegondo; O Castro de Vilarullo, lugar da parroquia de Curtis, no concello de Curtis; Castro do Anido, lugar da parroquia de Nantón, no concello de Cabana de Bergantiños; Castro do Cabo, lugar da parroquia de Castro, no concello de Cerdedo-Cotobade; Castro do Medio, lugar da parroquia de Castro, no concello de Cerdedo-Cotobade; O Castro do Porto, lugar da parroquia de Montouto, no concello de Santa Comba; Castro do Seixo, lugar da parroquia de Codesoso, no concello de Sobrado; O Castro dos Freires, lugar da parroquia de San Martiño de Corvelle, no concello da Pastoriza; O Castro dos Petos, lugar da parroquia de Vilar de Sarria, no concello de Sarria; Castro Portela, lugar da parroquia de Vilamor, no concello de Folgoso do Courel; Castro Ramiro, lugar da parroquia da Somoza, no concello de Estrada; O Castro Romeor, lugar da parroquia de Esperante, no concello de Folgoso do Courel; Castro Vilar, lugar da parroquia de Vilar de Donas, no concello de Palas de Rei; Chao de Castro, parroquia do concello do Bolo; A Cruz do Castro, lugar da parroquia de Cumbraos, no concello de Sobrado; Outeiro de Castro, lugar da parroquia de Fozara, no concello de Ponteareas; A Ponte Castro, lugar da parroquia de Arceo, no concello de Boimorto; O Rego de Castro, lugar da parroquia de Galdo, no concello de Viveiro; Santo Adrián de Castro, parroquia do concello de Zas; A Vila de Castro, lugar da parroquia de Foxado, no concello de Curtis; Vila do Castro, lugar da parroquia de San Xoán de Lóuzara, no concello de Samos; Vilar de Castro, lugar da parroquia das Maroñas, no concello de Mazaricos; Vilar de Castro, lugar da parroquia de Leroño, no concello de Rois; A Volta do Castro, lugar da parroquia de Conxo, no concello de Santiago de Compostela; Monte do Castro, monte e parque da cidade de Vigo. Amais, como apelido Castro, liñaxe orixinaria do Reino de Galicia espallado por León e Castela: Inés de Castro, dona galega emparentada coa coroa castelá, protagonista de varias obras teatrais (1320-1355); Guillén de Castro, dramaturgo valenciano (1569-1631); Francisco Castro Canseco, escultor leonés (1655-1724); José María Castro Bolaño, político e xornalista galego (1803-1876); Juan Francisco de Castro Fernández, ilustrado galego (1721-1790); Rosalía de Castro, poeta galega (1837-1885); Ángel Castro Argiz, emigrante galego en Cuba, pai de Fidel e Raúl Castro (1875-1956); Baltazar Castro, político e escritor chileno (1919-1989); Fidel Castro, político cubano, dirixente da república desde 1959 até 2008 (1926-2016); Raúl Castro, militar e político cubano, irmán de Fidel Castro, sucedeuno na presidencia en 2008 (n.
Stuttgart (en suabo: Schduagert) é a capital do Estado alemán Baden-Württemberg. Con preto de 600.000 habitantes, Stuttgart é a cidade máis grande deste Estado e a sexta de Alemaña. En Stuttgart atópase o parlamento do seu Bundesland e o goberno federal, así como outras autoridades políticas e da administración federal.
Louis Pasteur, nado en Dole (departamento do Jura) o 27 de decembro de 1822 e finado o 28 de setembro de 1895, foi un químico francés cuxos descubrimentos tiveron enorme importancia en diversos campos das ciencias naturais, sobre todo na química e microbioloxía. A el débese a técnica coñecida como pasteurización. A través de experimentos refutou definitivamente a teoría da xeración espontánea e desenvolveu a teoría xerminal das enfermidades infecciosas.
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 821 habitantes (412 mulleres e 409 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 981 habitantes.
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.
Jesús Navas González, nado en Los Palacios y Villafranca (Sevilla) o 21 de novembro de 1985, é un futbolista español. Actualmente xoga de extremo dereito e mediapunta no Sevilla FC. Foi internacional coa selección española, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.
O Daxue (chinés tradicional: 大學; chinés simplificado: 大学; pinyin: Dàxué; Wade-Giles: Ta4-hsüeh2; lit. "A grande aprendizaxe") é un dos chamados Catro Libros (sishu 四書) do confucianismo, atribuído a un dos discípulos do propio Confucio, Zengzi. O Daxue procede dun capítulo do Liji 禮記 ou Libro dos ritos, que formaba parte dos Cinco Clásicos.
Shinova é unha banda de rock alternativo española orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
Stay é un filme estadounidense de 2005 dirixido por Marc Forster e escrito por David Benioff. Está protagonizado por Ewan McGregor, Naomi Watts, Ryan Gosling e Bob Hoskins, cunha produción de Regency e distrubución de 20th Century Fox. O filme representa intensas relacións centradas na realidade, o amor, a morte, o suicidio e o Alén.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
A copia por contacto é un procedemento fotográfico que permite obter copias a partir dunha película fotográfica do mesmo tamaño sobre papel, chamándose á resultado folla de contactos. Normalmente obtense a partir de negativos pero tamén poderían obterse a partir de diapositivas co que o resultado sería un negativo.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
María Luz Casal Paz, coñecida como Luz Casal, nada en Andavao (Boimorto) o 11 de novembro de 1958, aínda que viviu en Asturias xa dende a súa infancia, é unha cantante galega de pop-rock. Durante a súa carreira discográfica vendeu xa máis de 5 millóns de discos. Recibiu a Medalla Castelao en 2010 e a Medalla de Galicia en 2023.
Este artigo trata da gramática como disciplina lingüística. Para saber máis sobre a gramática da lingua galega, véxase Gramática da lingua galega A gramática é a disciplina lingüística que estuda a organización e o funcionamento dunha lingua dada. Tamén se lle chama gramática ao conxunto de regras que gobernan o uso dunha lingua determinada, polo que se di que cada lingua ten a súa propia gramática.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Mulhouse é unha cidade francesa do departamento do Alto Rin, na Alsacia, situada preto das fronteiras con Alemaña e Suíza. A súa poboación é de 111.156 habitantes (2009). Considerada unha das primeiras cidades industrializadas de Francia, nela sobresaen as industrias química, eléctrica, mecánica e automobilística (grupo PSA).
Selección de fútbol de Portugal
A Selección de fútbol de Portugal representa a Portugal e competicións internacionais de fútbol xestionada pola Federación Portuguesa de Fútbol (FPF). A selección estreouse oficialmente o 18 de novembro de 1921 contra Inglaterra, xogo que acabou 2-1 a favor dos ingleses. A estrea de Portugal nun Mundial da FIFA, en 1966, levou á Selección das Quinas até as semifinais, onde sería derrotada pola anfitrioa e futura campioa, Inglaterra.
O Cancioneiro popular galego, é un traballo de investigación realizado por Dorothé Schubarth e Antón Santamarina e promovido pola Fundación Barrié, que recolle unha amplísima recompilación das cancións populares do país. Esta obra supón a máxima achega realizada até o momento na área de coñecemento e conservación do folclore musical de Galicia. Cada un dos sete volumes divídese nun tomo de melodías e partituras e outro de letras.
O Sinn Féin (en galego, Nós ou Nós mesmos, traducido erroneamente Nós sós) é un partido político irlandés de ideoloxía republicana, nacionalista e socialdemócrata. Concorre ás eleccións nos dous territorios nos que está dividida a Illa: na República de Irlanda e en Irlanda do Norte (dependente do Reino Unido). A organización orixinal do Sinn Féin foi fundada o 28 de novembro de 1905 por Arthur Griffith, pero dende entón dividiuse en varias ocasións, orixinando a consecuencia da guerra civil irlandesa aos dous partidos tradicionalmente dominantes da política do sur de Irlanda: Fianna Fáil, e Cumann na nGaedheal (hoxe en día chamado Fine Gael).
A vacaloura (tamén existe a variante vacaloira), carouca, cornetán ou escornabois (Lucanus cervus) é un escaravello da familia Lucanidae de gran tamaño. Trátase dun insecto no que os sexos son facilmente distinguibles: os machos dispoñen dunhas mandíbulas de gran tamaño, moito maiores que as das femias, que lles serven como medio de loita con machos rivais. A larva deste insecto pasa dun a cinco anos alimentándose de madeira en descomposición, preferiblemente de frondosas, polo que adoita vivir en bosques onde hai abundantes carballos, e razón tamén de que non sexa común en terreos urbanos.
O Protocolo de Transferencia de Hipertexto (HTTP) é un protocolo de aplicación para sistemas de información de hipermedia distribuídos, colaborativos. HTTP é a base da comunicación de datos para a World Wide Web, onde os documentos de hipertexto inclúen hiperligazóns a outros recursos aos que o usuario pode acceder facilmente, por exemplo, facendo clic co rato ou tocando a pantalla nun navegador web. HTTP foi desenvolto para facilitar o hipertexto e a World Wide Web.
Portos do Estado é un organismo público español, dependente do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, con responsabilidades globais sobre o conxunto do sistema portuario de titularidade estatal. Está encargado da execución da política portuaria do Goberno do Estado e da coordinación e control de eficiencia do sistema portuario, formado por 28 Autoridades Portuarias que administran os 46 portos de interese xeral, dos cales sete están situados en Galiza e son xestionados por cinco autoridades portuarias. O artigo 149 da Constitución Española de 1978, referente ás «Competencias Exclusivas do Estado», no seu punto 20 fai referencia directa á titularidade de portos e aeroportos de interese xeral.
O DOI ou identificación de material dixital (en inglés, digital objet identifier) é un tipo de identificador persistente ou handle único que permite identificar de modo unívoco diversos obxectos dixitais. Foi estandarizado pola Organización Internacional para a Estandarización (ISO 26324:2012). O DOI forma parte un sistema estándar para a identificación e localización de obras difundidas a través de calquera tipo de formato dixital, por exemplo Internet.
O trigo é o termo xeral que designa as distintas especies bravas e cultivadas do xénero Triticum spp, cereal anual que se cultiva en todo o mundo. Globalmente, é o segundo gran comestíbel máis cultivado, xunto ao millo; sendo o terceiro o arroz; e o máis consumido polo ser humano na civilización occidental dende a antigüidade. En Galiza cultívase dende hai séculos, aínda que outros cereais, como o millo, que ten máis importancia no país .
Os piñeiros son árbores coníferas (raramente arbustos) perennes pertencentes ao xénero Pinus, da familia Pinaceae, a única da subfamilia Pinoideae, e xa que logo abrangue diversas especies, a maior parte delas nativas do hemisferio norte. O piñeiro presenta unha ramificación frecuentemente verticilada e máis ou menos regular. Son hoxe en día comúns na paisaxe galega, por mor das reforestacións efectuadas nos séculos XIX e maiormente xa no XX durante o franquismo, sobre uceiras, fragas e carballeiras para o aproveitamento principalmente madeireiro.
Lista de códigos telefónicos internacionais
Está é unha lista de códigos para as chamadas telefónicas internacionais. Os números actuais asignounos a Unión Internacional de Telecomunicacións na súa recomendación E.164. O símbolo «+» diante dos códigos de cada país simboliza o prefixo de chamada internacional.