Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña. Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Os asilos das Madalenas, tamén coñecidos coma lavandarías das Madalenas, foron, nos seus inicios, institucións protestantes, conversas logo maioritariamente en institucións católicas, que operaron dende o século XVIII ata finais do século XX, ostensibelmente para acoller ás chamadas "mulleres caídas". Este termo referíase á promiscuidade sexual feminina ou a traballadoras sexuais, así como a rapazas que quedaban encinta fóra do matrimonio ou a nenas e adolescentes que carecían de apoio familiar. Estímase que, ao redor dunhas 30 000 mulleres foron internadas nestas institucións durante os 150 anos da súa historia, polo xeral, en contra da súa vontade.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Partido Laborista (Reino Unido)
A denominación Partido Laborista (do inglés Labour Party, partido do traballo ou dos traballadores) aplícase a partidos políticos de varios países, especialmente a aqueles que pertenceron ao Imperio Británico, xeralmente socialdemócratas. O Partido Laborista británico deriva do Comité de Representación dos Traballadores, creado en 1900 nunha reunión de sindicatos. Tony Blair dotou a este partido dun programa político (o Novo Laborismo) caracterizado por unha postura liberal no económico e por un achegamento á Unión Europea (UE) en cuestións internacionais.
A contaminación xenética ou polución xenética é un temo usado para referirse ao fluxo xénico incontrolado cara a poboacións silvestres. Defínese como "o espallamento de xenes alterados contaminados procedentes de organismos modificados xeneticamente por enxeñaría a organismos naturais, especialmente por polinización cruzada", pero acabou por ser usado en sentido máis amplo. Está relacionado co concepto de fluxo xénico da xenética de poboacións, e o rescate xenético, o cal é o material xenético introducido intencionalmente para incrementar a fitness ou aptitude dunha poboación.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Australia (en inglés: Australia, [əˈstɹæɪljə] (AFI), escoitar) é o país máis grande da Oceanía. Ocupa toda a illa da Australia e varias illas adxacentes (a máis importante é Tasmania). O continente-illa, como se lle chama a Australia por veces, está bañado polo océano Índico, ao sur e ao oeste, polo mar de Timor, mar de Arafura e estreito de Torres, ao norte, e mar do Coral e mar de Tasmania, ao leste.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Un cullarfo[Cómpre referencia] é unha forma híbrida de utensilio, mestura dunha culler é un garfo. É un útil de cociña que consiste nunha pequena cabeza cóncava con gallos no extremo, usada principalmente para comer un prato preparado, polo xeral, nos que se inclúen partes líquidas, semilíquidas e sólidas, mesturadas. En particular utilízase para levar comida á boca.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 211.873.
Teorema do trisector de Morley
En xeometría plana, o teorema do trisector de Morley afirma que en calquera triángulo, os tres puntos de intersección dos trisectores angulares adxacentes forman un triángulo equilátero, chamado primeiro triángulo de Morley ou simplemente triángulo de Morley. O teorema foi descuberto en 1899 polo matemático angloamericano Frank Morley. Ten varias xeneralizacións; en particular, se se cortan todos os trisectores, obtéñense outros catro triángulos equiláteros.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Joaquín Ramón Martínez Sabina, nado en Úbeda (Xaén) o 12 de febreiro de 1949, coñecido artisticamente como Joaquín Sabina, é un cantautor e poeta español. Publicou catorce discos de estudio, catro en directo e tres recompilatorios, ademais, ten colaborado con distintos artistas cantando dúos e realizando outras colaboracións. Tamén compón para outros artistas como Ana Belén ou Miguel Ríos.
Mariana Mazzucato, nada en Roma o 16 de xuño de 1968, é unha economista, con dobre nacionalidade estadounidense e italiana. É profesora de Economía de Innovación e Valor Público e directora do Instituto para Innovación e Propósito Público na University College London (UCL) e no RM Phillips Chair en Economía de Innovación na Universidade de Sussex. En 2013, The New Republic considerouna unha das "tres persoas pensadoras máis importantes sobre innovación".
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.
Co nome de danza do abellón denomínase un antigo rito funerario no que tódolos familiares e asistentes ó velorio dun cadáver, formando roda collidos da man, daban voltas ó redor do corpo imitando o zunido dun abellón. Este ritual foi recollido por Alfredo Brañas a raíz dun velorio no que el mesmo participou en Vilanova de Arousa (Pontevedra) e constitúe un dos casos máis particulares das prácticas tradicionais galegas relacionados coa morte. Críase que se algún dos participantes falaba ou interrompía o baile por calquera causa, sería o primeiro dos presentes en morrer.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A masturbación é a estimulación dos órganos xenitais e das zonas eróxenas co obxecto da obtención de pracer sexual, podendo alcanzar, ou non, o orgasmo. Pode ir acompañada de fantasías de natureza erótica. Xeralmente a masturbación considérase unha práctica sexual solitaria, se ben tamén se pode realizar sobre os xenitais doutra persoa, como ocorre na masturbación mutua.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Pedro Sánchez Pérez-Castejón, nado en Madrid o 29 de febreiro de 1972, é un economista e político español, presidente do Goberno de España dende 2018. Tamén é secretario xeral do Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Concelleiro do Concello de Madrid entre 2004 e 2009, en setembro de 2009 converteuse en deputado no Congreso.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Louis Pasteur, nado en Dole (departamento do Jura) o 27 de decembro de 1822 e finado o 28 de setembro de 1895, foi un químico francés cuxos descubrimentos tiveron enorme importancia en diversos campos das ciencias naturais, sobre todo na química e microbioloxía. A el débese a técnica coñecida como pasteurización. A través de experimentos refutou definitivamente a teoría da xeración espontánea e desenvolveu a teoría xerminal das enfermidades infecciosas.
Mark Cavendish, nado o 21 de maio de 1985 en Douglas (Illa de Man), é un ciclista manx do Reino Unido. Fíxose profesional en 2006 co equipo T-Mobile, pasando en 2008 ó equipo HTC-Columbia, e en 2012 ó equipo Sky. Cavendish está considerado o mellor sprinter da súa xeración, e un dos mellores da historia.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Vetusta Morla é unha banda de indie orixinaria de Tres Cantos, Madrid (España), que canta en castelán. Tras nove anos de andaina musical, en febreiro de 2008 publicaron o seu primeiro longo, Un día no mundo, que recibiu unha grande acollida tanto por parte do público como pola crítica especializada.
Dijon é unha cidade de Francia, capital (préfecture) do departamento de Côte-d'Or e cabeza da rexión de Borgoña-Franco Condado. A poboación de Dijon en 2008 era de 151.576 habitantes, segundo estimacións do INSEE, organismo francés de estatísticas, cifra que a convertía na 17ª cidade máis populosa do país. Posuidora dun rico patrimonio artístico e cultural, «capital dos duques de Borgoña», é unha cidade turística, gastronómica e comercial, "cidade verde", goza dunha viva tradición de intensa vida cultural.
Latitude é un termo usado na xeografía e cartografía. No globo terrestre, é o ángulo que establece, co plano do ecuador terrestre, un raio que vaia dun determinado observador ou lugar ao centro da Terra. Na Liña do Ecuador a latitude é de 0º, no polo Norte é 90º (indicado 90º N) e no polo Sur é -90º (indicado 90ºS).
A copia por contacto é un procedemento fotográfico que permite obter copias a partir dunha película fotográfica do mesmo tamaño sobre papel, chamándose á resultado folla de contactos. Normalmente obtense a partir de negativos pero tamén poderían obterse a partir de diapositivas co que o resultado sería un negativo.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Matemáticas ou matemática (do grego μαθηματικός, mathēmatikós, 'o que aprende', que á súa vez deriva de μάθημα, máthēma, 'coñecemento', 'estudo', 'aprendizaxe') é o estudo abstracto de cuestións que abranguen os conceptos de cantidade, estrutura, espazo, cambio, e outras propiedades; se ben non hai unha definición xeralmente aceptada. Os matemáticos buscan patróns e formulan novas conxecturas das que tratan de establecer a súa verdade ou falsidade mediante unha demostración matemática. Cando as estruturas matemáticas son bos modelos de fenómenos reais, o razoamento matemático pode axudar a comprender e facer predicións sobre a natureza.
Neptuno é o oitavo planeta a partir do Sol, e o máis afastado no noso sistema solar. No sistema solar, é o cuarto planeta máis grande por diámetro, o terceiro planeta máis masivo e o planeta xigante máis denso. Neptuno ten 17 veces a masa da Terra e é lixeiramente máis masivo que Urano, que ten 15 veces a masa da Terra pero non é tan denso.
Un aturuxo, agrúo, aturulo, grixido ou ufido é un berro agudo e prolongado característico do folclore galego. Consérvase na actualidade como un berro de alegría emitido polo público, ou os intérpretes, no decurso dunha peza musical. É moi típico de seráns, romarías, foliadas, e prolifera o seu uso a medida que se quenta o ambiente, podéndose tomar a súa frecuencia e intensidade como indicador do espírito festeiro dos presentes.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Dicionario da Real Academia Galega
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.
O Sistema de Coordenadas Xeográficas expresa todas as posicións sobre a Terra usando dúas das tres coordenadas dun sistema de coordenadas esféricas que está aliñado co eixo de rotación da Terra. Este define dous ángulos medidos desde o centro da Terra: A latitude mide o ángulo entre calquera punto e o ecuador. As liñas de latitude chámanse paralelos e son círculos paralelos ao ecuador na superficie da Terra.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Santa Mariña de Veiga é unha parroquia que se localiza no concello de Becerreá. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 18 habitantes (9 homes e 9 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 28 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 6 habitantes, sendo 3 homes e 3 mulleres.
Marçal Moliné, nado en Barcelona en 1936 é un publicista catalán. Estudou xornalismo e foi un dos membros fundadores da axencia MMLB, xunto con Eddy Bosten, Joaquín Lorente e Miguel Montfort. Traballou nas axencias Clarín, Carvis, Támden DDB e Bassat Ogilvy, e foi xurado en tres edicións do Festival de Cannes.
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.
A area é unha substancia granulosa ou pulverulenta proveniente da descomposición das rochas, estando por tanto formada por un conxunto de partículas de rochas disgregadas. En xeoloxía denomínase area ao material composto de partículas cuxo tamaño varía entre 0,063 e 2 mm. Unha partícula individual dentro deste rango é chamada gran de area.
Wayback Machine (pronunciado [ˈwejbak maˈʃin]) é un servizo e unha base de datos que contén copias dunha gran cantidade de páxinas ou sitios de Internet. Se por algunha razón algún sitio non está dispoñíbel momentaneamente ou foi borrado do servidor de orixe, é posíbel consultar unha réplica vía "Wayback machine". Como consecuencia deste proxecto, tamén se pode consultar a historia ou modificacións das páxinas ao longo do tempo.
Ouija é un filme estadounidense de terror dirixido por Stiles White, producido por Jason Blum, Michael Bay, Andrew Form, Bradley Fuller e Bennett Schneir e escrito por Juliet Snowden e White, quen xa escribira The Possession. Está protagonizado por Olivia Cooke, Ana Coto, Daren Kagasoff, Douglas Smith e Bianca A. Santos, que interpretan a uns adolescentes que xogan á ouija.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro. Para o nome de Rosalía, véxase Rosalía (nome) Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.
René Descartes (Pronunciación francesa: [ʁəne dekaʁt] ( ); latinización: Renatus Cartesius; onomástico do que se deriva o adxectivo cartesiano, nado en La Haye en Touraine (localidade rebautizada como Descartes máis tarde) o 31 de marzo de 1596 e finado en Estocolmo o 11 de febreiro de 1650, foi un filósofo, matemático e físico francés. considerado o pai da xeometría analítica e da filosofía moderna, así como un dos protagonistas con luz propia no limiar da revolución científica. Descartes, por veces chamado o fundador da filosofía moderna e o pai da matemática moderna, é considerado un dos pensadores máis importantes e influentes da historia humana.
Partido Comunista dos Traballadores de España
O Partido Comunista dos Traballadores de España (en castelán: Partido Comunista de los Trabajadores de España, abreviado PCTE) é un partido político comunista e marxista–leninista. Foi fundado o 3 de marzo de 2019 como resultado dunha escisión do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O Campionato de Europa de fútbol da UEFA (en inglés: UEFA European Football Championship), máis coñecida como Eurocopa ou simplemente Euro, é a competición de seleccións nacionais de fútbol que organiza a UEFA. Dispútase cada catro anos dende 1960. Hai tamén unha Eurocopa de fútbol feminino que comezou en 1984 e que dende 1997 celébrase tamén cada catro anos.
Nova York (en inglés: New York; /njuːˈjɔɹk/ ) é a principal cidade do Estado de Nova York e dos Estados Unidos de América. Foi construída a partir dunha pequena colonia na illa de Manhattan, nos seus comezos holandesa co nome de Nova Ámsterdan, que pasou logo a mans inglesas. Cos seus oito millóns de habitantes, que chegan aos 18,7 millóns na súa área metropolitana, a rexión metropolitana de Nova York é facilmente a maior dos Estados Unidos de América, e a segunda máis populosa da América do Norte (despois da Cidade de México).
Un matemático é unha persoa cuxa área primaria de estudo e investigación é a matemática. Deste xeito, os que unicamente aplican teorías matemáticas non son considerados matemáticos, por exemplo, enxeñeiros, economistas etc. Os matemáticos son empregados en compañías privadas ou como profesores en universidades, institutos, organizacións de investigación ou axencias do goberno.
A vacaloura (tamén existe a variante vacaloira), carouca, cornetán ou escornabois (Lucanus cervus) é un escaravello da familia Lucanidae de gran tamaño. Trátase dun insecto no que os sexos son facilmente distinguibles: os machos dispoñen dunhas mandíbulas de gran tamaño, moito maiores que as das femias, que lles serven como medio de loita con machos rivais. A larva deste insecto pasa dun a cinco anos alimentándose de madeira en descomposición, preferiblemente de frondosas, polo que adoita vivir en bosques onde hai abundantes carballos, e razón tamén de que non sexa común en terreos urbanos.