Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Manuel de Pedrolo i Molina, nado en l'Aranyó, no concello de Els Plans de Sió (Segarra), o 1 de abril de 1918 e finado en Barcelona o 26 de xuño de 1990, foi un escritor catalán. Comezou a escribir moi novo, e a súa obra converteuno non só no escritor máis prolífico, senón tamén nunha das figuras máis importantes da literatura catalá do século XX. En 1979 recibiu o Premio de Honra das Lletres Catalanes. Manuel de Pedrolo mantivo as súas firmes convicións políticas até a súa morte, converténdose non intelectual íntegro comprometido co seu tempo e o seu país.
Neste nome séguese o costume de nomear eslavo oriental, o patronímico é Denisovich e o nome de familia é Lysenko. Trofim Denisovich Lysenko, en ruso: Трофи́м Дени́сович Лысе́нко; en ucraíno: Трохи́м Дени́сович Лисе́нко (Trokhym Denysovych Lysenko), nado o 29 de setembro [ na datación vella 17 de setembro] de 1898 e finado o 20 de novembro de 1976, foi un agrónomo e científico soviético. Foi un firme partidario do lamarckismo e rexeitou a xenética mendeliana en favor das súas propias e idiosincráticas ideas pseudocientíficas, que posteriormente se denominarían lysenkoísmo.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Trastorno de personalidade antisocial
O trastorno de personalidade antisocial (TPA), referido tamén coma sociopatía ou, erroneamente, coma psicopatía, é un trastorno de personalidade caracterizado por unha capacidade limitada da empatía, así coma por comportamentos impulsivos e un patrón de indiferenza aos dereitos e sentimentos alleos. Na Clasificación Internacional de Doenzas, este trastorno é denominado trastorno de personalidade disocial (Código: F60.2). Na poboación en xeral, as taxas deste trastorno de personalidade poden variar do 0,5% ao 3%, subindo para o 45-66% entre presidiarios.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
Teodomiro foi bispo da diocese de Iria Flavia a comezos do século IX, no ano 818 até a súa morte no ano 847. Foi quen puxo en coñecemento da corte de Afonso II de Oviedo. o descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago, nalgún momento entre o ano 818, cando aínda vivía o seu predecesor, o bispo Quendulfo, e mais o ano 842.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Listenbourg é un país ficticio creado como un meme de Internet en outubro de 2022, que o representa como unha extensión da Península Ibérica. O usuario francés de Twitter Gaspard Hoelscher compartiu un mapa manipulado de Europa cunha frecha vermella que apuntaba ao contorno dun territorio situado en Galiza, Asturias e Norte de Portugal, coa forma virada do mapa de Francia, e bromeou dicindo que os estadounidenses non poderían nomear ese Estado europeo membro da UE. O tal país fíxose viral nas redes sociais, con algunhas marcas, políticos e organizacións seguindo a broma.
A Supercopa de Europa da UEFA é unha competición futbolística organizada pola UEFA que enfronta aos campións das dúas máximas competicións europeas de clubs, o campión da Liga de Campións (Champions League) e o da UEFA Europa League. Inaugurouse en 1972 (aínda que non foi oficial se non ata 1973) e ata 1999 enfrontaba ao campión da Copa de Europa (hoxe Liga de Campións) e ao campión da Recopa de Europa, hoxe xa desaparecida competición. A final disputouse a dobre partido ata 1997.
Victoria Pérez Díaz, coñecida artisticamente como Victoria Vera, nada en Madrid o 19 de febreiro de 1956, é unha actriz española. Comezou a súa carreira nos anos finais da ditadura franquista, sendo considerada a Musa da Transición Española. Rodou con estrelas como Anthony Quinn, Omar Sharif e o cantante Alice Cooper, e durante os anos 1980 protagonizou algunhas das películas máis significativas do cine español como Asignatura aprobada (finalista no Óscar á mellor película estranxeira en 1988) e Testigo Azul, de P. Rodríguez, que participou no Festival de Cine de Berlín.
Camilo Buenaventura Díaz Baliño, nado en Ferrol o 14 de xullo de 1889 e asasinado en Saa (Meixide, Palas de Rei) o 14 de agosto de 1936, foi un escritor, pintor, debuxante, ilustrador de libros, muralista, cartelista, escenógrafo e versátil artista gráfico galego, membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, das Irmandades da Fala desde 1918, do Seminario de Estudos Galegos desde 1926 e do Partido Galeguista. Colaborou nas coleccións Lar e Céltiga e noutras obras da literatura galega.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Primeira división española 2024/25
A Primeira división española 2024/25 (denominada LALIGA EA Sports por motivos de patrocinio) será a 94.ª edición da máxima competición profesional de fútbol en España. Organizado pola Liga de Fútbol Profesional (LALIGA), o torneo comezará o 15 de agosto de 2024 e rematará o 25 de maio de 2025. O Real Madrid C. F. será o defensor do título despois de conquistar a súa 36.ª Liga na tempada anterior.
Os vándalos foron un pobo de Europa central, un dos pobos indoeuropeos da familia xermánica que habitaban as rexións ribeiregas do Báltico (na zona das actuais Alemaña e Polonia). Os lugii ou vándalos ocupaban o territorio ao oeste do Vístula e xunto ao Oder, ata o norte de Bohemia. A palabra vándalo parece ter un dobre significado e querería dicir «os que cambian» e «os hábiles», mentres que o seu outro nome, lugii ou lugiones, tamén con dobre significado, querería dicir «mentireiros» e «confederados».
Samuel Butler, nado o 4 de decembro de 1835 e finado o 18 de xuño de 1902, foi un novelista e crítico inglés, coñecido principalmente pola súa novela satírica utópica Erewhon (1872) e a novela semiautobiográfica The Way of All Flesh (publicada postumamente en 1903 con revisións substanciais, e publicada na súa forma orixinal en 1964 co título Ernest Pontifex or The Way of All Flesh). Ambas as novelas seguiron publicándose despois da súa primeira edición. Noutros estudos Butler examinou a ortodoxia cristiá, o pensamento evolucionista e a arte italiana, e fixo traducións en prosa da Ilíada e a Odisea que aínda se consultan.
Caamaño & Ameixeiras é un dúo galego de folk/música tradicional galega formado no ano 2018 pola acordeonista de Oza dos Ríos Sabela Caamaño e a violinista e vocalista de Laxe Antía Ameixeiras. Ata a data o grupo leva editados dous álbums de estudio, Aire! (2021), que recibiu o Premio Martín Códax da Música na categoría folk, e Quitar o aire (2023), este último producido por Hevi, vocalista de Malandrómeda.
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Lista de medallistas olímpicos galegos
Estes son os deportistas galegos que gañaron unha medalla nos Xogos Olímpicos de Verán. Os primeiros medallistas olímpico galegos foron Luis Otero Sánchez e Moncho Gil, que gañaron a medalla de prata coa selección de fútbol de España nos Xogos Olímpicos de 1920 en Anveres. José Pedro Cea foi o primeiro galego en gañar unha medalla de ouro, a cal conseguiu coa selección de fútbol do Uruguai nos Xogos Olímpicos de 1924 en París.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O mar de ardora, tamén chamado só ardora ou ardentía, é un fenómeno luminoso no océano no que a superficies de auga mariña brilla de forma translúcida en diferentes tons de azul. O termo é usado desde hai moito tempo en lingua galega. Os mariñeiros informaron de que o océano adoita emite un brillo visible que se pode estender durante millas pola noite.
Víctor Manuel San José Sánchez, máis coñecido como Víctor Manuel, nado o 7 de xullo de 1947 en Mieres del Camino (Mieres del Camín (en asturiano)) (Mieres), é un cantautor asturiano, considerado xunto á súa muller Ana Belén como un dos artistas simbólicos da Transición Española. En decembro de 2022 foi Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes do Goberno de España.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 212.745.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O ollo ( pronunciación ), (do latín ocŭlus), ou globo ocular é o órgano que detecta a luz, sendo a base do sentido da vista. Componse dun sistema sensible aos cambios de luz, capaz de transformar estes en impulsos eléctricos. Os ollos máis sinxelos non fan máis que detectar se os arredores están iluminados ou escuros.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Defínese a intelixencia artificial (IA) como aquela intelixencia exhibida por artefactos creados por humanos (é dicir, artificial). A miúdo aplícase hipoteticamente aos computadores. O nome tamén se usa para se referir ao campo da investigación científica que intenta acercarse á creación de tales sistemas.
Wardell Stephen "Steph" Curry II, nado o 14 de marzo de 1988 en Akron, Ohio, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga para os Golden State Warriors da National Basketball Association (NBA). Cunha altura de 1,91 m e 86 kg de peso, Curry xoga na posición de base. Dúas veces All-Star da NBA, é fillo do tamén ex xogador da NBA Dell Curry, máximo anotador da historia dos Charlotte Hornets.
As olleiras, coñecidas en terminoloxía médica como "hipercromía idiopática do anel orbitario", refírense a unha alteración da coloración da pel baixo os ollos, causada pola produción excesiva de melanina e a dilatación dos capilares próximos á superficie da pel. Estas alteracións adoitan seguir a anatomía do músculo orbicular dos ollos que rodea a órbita ocular.
Hildegard Baum Rosenthal, nada en Zürich o 23 de marzo de 1913, e finada en São Paulo, Brasil, o 16 de setembro de 1990, foi a primeira muller fotoxornalista do Brasil. Fixo parte da xeración de fotógrafos europeos que emigraron durante a segunda guerra mundial e, traballando na prensa local, contribuíron a renovar a estética fotográfica dos xornais nacionais.
Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI), escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da Península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.
A primeira persoa a asumir o título de rei en Galicia foi o monarca suevo Hermerico, quen conseguiu de Roma no ano 409 o goberno da provincia romana de Gallaecia. A súa dinastía instaura primeiramente un Reino Suevo en canto que a monarquía e a elite detentadora do poder eran suevas. Porén, durante o século V d.C o entendemento cos máis numerosos aristócratas galaicos e a adopción do catolicismo romano consolidan finalmente un Reino de Galicia, como porá de relevo Gregorio de Tours, que é o primeiro erudito que o denomina Galliciense Regnum, a finais do século VI, e os seus reis como reis de Galicia.
A illa de Sálvora (/ˈiɟɐ ðɪ ˈsalβʊɾɐ/) é unha pequena illa galega situada na boca da ría de Arousa. Desde o ano 1959 pertence á parroquia de Aguiño, no concello de Ribeira, parroquia creada nesa data, mais anteriormente a illa dependía da parroquia de Carreira, que fora durante moitos séculos a parroquia máis poboada e rica da comarca, así como a máis antiga. Xunto coas Illas de Vionta, Herbosa e Noro, e coas illas Sagres, forma o arquipélago de Sálvora, integrado ademais dende 2002 no Parque Nacional das Illas Atlánticas, coas illas Cíes, a illa de Ons e a de Cortegada.
Os contraceptivos orais, máis coñecidos como pílulas anticonceptivas ou, sinxelamente, a pílula, é un método contraceptivo feminino que consta dunha pastilla que contén hormonas sexuais femininas, unha combinación de estróxenos (estradiol) e proxestáxeno (proxesterona). Cando se toman por vía oral diariamente, estas pílulas inhiben a fertilidade feminina. A súa eficacia depende dos estudos realizados, e pode oscilar entre o 0,3 e 8 embarazos/muller/ano.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Brasil participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1920, logo de perder as cinco edicións anteriores dos Xogos de Verán. O país enviou dende entón deportistas para competir en cada unha das edicións dos Xogos Olímpicos de Verán, agás nos 1928. Os deportistas brasileiros gañaron un total de 170 medallas en 18 deportes.
Vladimir Vladimirovich Putin (en ruso: Владимир Владимирович Путин), nado en Leningrado o 7 de outubro de 1952, é un político ruso e antigo oficial de intelixencia que é o actual presidente de Rusia, un cargo que ostenta dende o ano 2012, e que xa ocupou entre os anos 1999 e 2008. Tamén foi primeiro ministro dende 1999 até 2000, e de novo entre 2008 e 2012. Putin é o segundo presidente europeo máis lonxevo despois de Aliaksandr Lukašenka da veciña Belarús.
As illas Sisargas son un arquipélago galego situado no océano Atlántico en fronte do cabo de Santo Hadrián, na chamada Costa da Morte. O arquipélago está formado pola illa Sisarga Grande –a maior das tres, que acolle un faro e un pequeno embarcadoiro–, a illa Sisarga Pequena –a máis próxima á costa– e a illa Malante –situada entre as dúas–. As illas pertencen ó concello de Malpica, na comarca de Bergantiños.
Wisconsin (en inglés [wɪsˈkɒnsən] (AFI), escoitar) é un dos estados que conforma os Estados Unidos de América, localizándose no Medio Oeste. Limita ao sur con Illinois, ao oeste con Iowa e Minnesota, ao norte co lago Superior e a península setentrional do estado de Míchigan, e ao leste co lago Michigan. Wisconsin é o vixésimo terceiro estado máis extenso e o vixésimo máis poboado.
Polonia (en polaco: Polska, [ˈpɔlska] (AFI), escoitar), oficialmente República de Polonia (Rzeczpospolita Polska), é un país da Europa central membro da Unión Europea (UE), cuxa capital e maior aglomeración urbana é a cidade de Varsovia. Polonia fai fronteira con Alemaña polo oeste; a República Checa e Eslovaquia polo sur; Ucraína, Belarús e Lituania polo leste; e o mar Báltico e o enclave ruso de Kaliningrado polo norte. O país abrangue unha superficie de 312.696 km² , facendo de Polonia o sexasésimo noveno país do mundo e o noveno de Europa[Cómpre clarificar].
Eulalia de Abaitua y Allende-Salazar
Eulalia de Abaitua Allende-Salazar, nada en Bilbao o 25 de xaneiro de 1853, e finada o 16 de setembro de 1943, foi unha fotógrafa vasca. É a primeira fotógrafa da que existen referencias no País Vasco. Destacou pola calidade técnica das súas fotografías; por recompilar os costumes, festas e tradicións do momento; polo interese social e humano dos seus retratos ao natural, xa que rompe coa práctica habitual dos fotógrafos que se centraban en monumentos e retratos de estudo; e por retratar as faenas e actitudes das mulleres dándolles protagonismo.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Colombia participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1932, e enviou atletas para competir en cada edición dos Xogos de Verán, agás nunha ocasión nos Xogos de 1952. Os atletas colombianos gañaron un total de 38 medallas olímpicas (5 de ouro, 16 de prata e 17 de bronce) en nove deportes diferentes, con halterofilia e o ciclismo como os máis exitosos. Colombia é o terceiro país de América do Sur con máis medallas nos Xogos Olímpicos, após o Brasil e a Arxentina respectivamente.
Suíza (/ˈswi.θa/; en alemán: Schweiz; en francés: Suisse; en italiano: Svizzera; en romanche: Svizra), é un estado federal situado na Europa central, sen saída ao mar, mais con conexións a través do río Rin. Linda ao norte con Alemaña, ao leste con Austria e Liechtenstein, ao sur con Italia e ao oeste con Francia. É tamén coñecida como a Confederación Suíza ou de xeito oficial, aínda que menos usual, Confoederatio Helvetica (en latín para Confederación Helvética).