Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Manuel de Pedrolo i Molina, nado en l'Aranyó, no concello de Els Plans de Sió (Segarra), o 1 de abril de 1918 e finado en Barcelona o 26 de xuño de 1990, foi un escritor catalán. Comezou a escribir moi novo, e a súa obra converteuno non só no escritor máis prolífico, senón tamén nunha das figuras máis importantes da literatura catalá do século XX. En 1979 recibiu o Premio de Honra das Lletres Catalanes. Manuel de Pedrolo mantivo as súas firmes convicións políticas até a súa morte, converténdose non intelectual íntegro comprometido co seu tempo e o seu país.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Neste nome séguese o costume de nomear eslavo oriental, o patronímico é Denisovich e o nome de familia é Lysenko. Trofim Denisovich Lysenko, en ruso: Трофи́м Дени́сович Лысе́нко; en ucraíno: Трохи́м Дени́сович Лисе́нко (Trokhym Denysovych Lysenko), nado o 29 de setembro [ na datación vella 17 de setembro] de 1898 e finado o 20 de novembro de 1976, foi un agrónomo e científico soviético. Foi un firme partidario do lamarckismo e rexeitou a xenética mendeliana en favor das súas propias e idiosincráticas ideas pseudocientíficas, que posteriormente se denominarían lysenkoísmo.
María Loureiro García (política)
María Loureiro García, nada en Viveiro en 1981, é unha política galega do PSdeG-PSOE, que dende o 2013 é alcaldesa de Viveiro.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
A Vía Láctea é a galaxia na que está o sistema solar, e polo tanto o planeta Terra. Vista desde a Terra, aparece como unha banda brillante e difusa que rodea toda a esfera celeste, recortada por nubes moleculares que lle confiren un intricado aspecto irregular e dentado. A súa visibilidade vese gravemente comprometida pola contaminación luminosa.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
Listenbourg é un país ficticio creado como un meme de Internet en outubro de 2022, que o representa como unha extensión da Península Ibérica. O usuario francés de Twitter Gaspard Hoelscher compartiu un mapa manipulado de Europa cunha frecha vermella que apuntaba ao contorno dun territorio situado en Galiza, Asturias e Norte de Portugal, coa forma virada do mapa de Francia, e bromeou dicindo que os estadounidenses non poderían nomear ese Estado europeo membro da UE. O tal país fíxose viral nas redes sociais, con algunhas marcas, políticos e organizacións seguindo a broma.
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
En física e enxeñaría, denomínase tensión mecánica ao valor da distribución de forzas por unidade de área no contorno dun punto material dentro dun corpo ou medio continuo. Un caso particular é o da tensión uniaxial, que se define nunha situación en que se aplica forza F uniformemente distribuída sobre unha área A. Nese caso a tensión mecánica uniaxial represéntase por un escalar designado coa letra grega σ (sigma) e vén dada por: σ = F A {\displaystyle \sigma ={\frac {F}{A}}} Sendo as unidades [Pa] (pascal = [N/m²]), [MPa] = 106 [Pa] (e tamén [kp/cm²]). A situación anterior pode estenderse a situacións máis complicadas con forzas non distribuídas uniformemente no interior dun corpo de xeometría máis ou menos complexa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
WordPress é un sistema de xestión de contidos orientado inicialmente á creación de bitácoras, ou blogues/blogs, (sitios web actualizados periodicamente e con orde cronolóxica descendente). Está estruturado en PHP, usa como xestor de base de datos MySQL, baixo licenza GPL, e foi fundado por Matt Mullenweg.
Unha ferradura é unha peza en forma de letra "U" que se utiliza para protexer os cascos e os pezuños dos animais contra o desgaste e as fendas. Poden ser de ferro, caucho, plástico ou coiro, e colócanse cravándoas ou pegándoas na beira dos pezuños dos cabalos, mulas, e burros. Pola súa banda, as ferraduras que se lles poñen ós bois e ás vacas son diferentes para adaptarse á forma dos seus pezuños con dous dedos.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro. Para o nome de Rosalía, véxase Rosalía (nome) Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Asunción de María ou Asunción da Virxe é a crenza, de acordo á tradición e teoloxía da Igrexa Católica, de que o corpo e alma da Virxe María foron levados ao ceo logo de terminar os seus días na terra. Este traslado é chamado Assumptio Beatæ Mariæ Virginis (Asunción da Benaventurada Virxe María) polos católicos romanos, cuxa doutrina foi definida como dogma (verdade da que non pode dubidarse) polo Papa Pío XII na Constitución Apostólica "Munificentissimus Deus" o 1 de novembro de 1950. A Igrexa Católica celebrou esta festa en honra da Virxe María en Oriente desde o século VI e en Roma desde o século VII, celebrándose o 15 de agosto.
Colombia, oficialmente República de Colombia, é un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. Na costa norte e noroeste está o mar Caribe, e ten fronteira continental con Venezuela ó leste, o Brasil ó sueste, o Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o océano Pacífico ó oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; a República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte.
Coñécese como Oriente Medio (en árabe: الشرق الأوسط) unha rexión do suroeste de Asia que vai dende Siria ata a fronteira irano-afgá, pasando pola península de Arabia. Historicamente foi o nome con que os primeiros xeográfos europeos modernos designaron os territorios situados na beira leste do mar Mediterráneo. Coincidía aproximadamente cos fronteiras occidentais do Imperio Otomán, e por este motivo ás veces incluía a península dos Balcáns.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
A casa Carnicero ou chalé Carnicero foi un inmóbel modernista dos anos 1910 que estaba localizado na vila galega de Perillo (Oleiros). Após ser parcialmente destruída por mor dun incendio en xullo de 2020, en decembro dese mesmo ano o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, ordenou a demolición das ruínas da casa, o cal causou moita polémica.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
Betanzos é un concello e cidade da provincia da Coruña, que pertence á comarca de Betanzos. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 12.941 habitantes (13.352 no 2015, 13.673 no 2010). Betanzos foi unha vila creada polo rei Afonso IX, tras aceptar en 1219 o traspaso da poboación de Betanzos O Vello ao lugar de Castro de Untia.
A copia por contacto é un procedemento fotográfico que permite obter copias a partir dunha película fotográfica do mesmo tamaño sobre papel, chamándose á resultado folla de contactos. Normalmente obtense a partir de negativos pero tamén poderían obterse a partir de diapositivas co que o resultado sería un negativo.
Os Países Baixos (en neerlandés: Nederland) é un dos países constituíntes do Reino dos Países Baixos que abrangue a súa parte europea e os municipios especiais de Bonaire, Saba e San Eustaquio. Localizado no noroeste de Europa, limita ó norte e ó oeste co mar do Norte, ó leste con Alemaña e ó sur con Bélxica. Aínda que Holanda é en orixe o nome de dúas das súas provincias, Holanda Setentrional e Holanda Meridional, nalgunhas linguas como é o caso do galego pasou a ser a forma popular de se referir a todo o país, en neerlandés pola contra Holland só se usa para se referir a esas dúas provincias.
Un bar é un establecemento comercial aberto ao público, onde se serven bebidas, tapas de comida, etc., habitualmente tómanse de pé na barra ou en pequenas mesas con cadeiras. Cando o seu carácter é máis modesto e popular, ou ben de estilo rústico, onde serven tanto bebidas como comidas, tamén se lle chama taberna, tasca ou baiuca.
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peón é rei". A cidade é coñecida polo seu urbanismo, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible.
Andrés Lapique do Barro, máis coñecido como Andrés do Barro, tamén coñecido como Andrés Dobarro, nado en Ferrol o 1 de outubro de 1947 e finado en Madrid o 22 de decembro de 1989, foi un cantante e actor galego. Coñecido popularmente como Andrés do Barro, ten o mérito de ser dos primeiros cantantes que usaron o galego durante o franquismo. Malia os atrancos para a expresión musical en galego, varias cancións súas foron número un nas principais cadeas radiofónicas estatais.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Victoria Pérez Díaz, coñecida artisticamente como Victoria Vera, nada en Madrid o 19 de febreiro de 1956, é unha actriz española. Comezou a súa carreira nos anos finais da ditadura franquista, sendo considerada a Musa da Transición Española. Rodou con estrelas como Anthony Quinn, Omar Sharif e o cantante Alice Cooper, e durante os anos 1980 protagonizou algunhas das películas máis significativas do cine español como Asignatura aprobada (finalista no Óscar á mellor película estranxeira en 1988) e Testigo Azul, de P. Rodríguez, que participou no Festival de Cine de Berlín.
Libro de familia é unha serie de televisión emitida pola TVG entre 2005 e 2013 producida por El Correo Gallego. A serie transcorre en Santalla, unha típica vila do interior galego durante os anos 1960, e está protagonizada por tres familias de diferente extracción social. Nas tempadas 2005-06 e 2006-07 foi o espazo máis visto da TVG, seguido dalgúns clásicos galegos como O show dos Tonechos ou o veterano Luar.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
Londres (en inglés: London, [ˈlʌndən] (AFI), escoitar) é a capital e cidade máis poboada de Inglaterra e do Reino Unido; atópase á beira do río Támese, na illa da Gran Bretaña. No ano 2015 tiña unha poboación estimada de 8,31 millóns de habitantes na división administrativa do Gran Londres, composta por 32 distritos municipais (boroughs) e mais pola Cidade de Londres propiamente dita (City of London), nunha área de 1579 km². A súa área metropolitana ten preto de 17,1 millóns de habitantes.
Camilo Buenaventura Díaz Baliño, nado en Ferrol o 14 de xullo de 1889 e asasinado en Saa (Meixide, Palas de Rei) o 14 de agosto de 1936, foi un escritor, pintor, debuxante, ilustrador de libros, muralista, cartelista, escenógrafo e versátil artista gráfico galego, membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, das Irmandades da Fala desde 1918, do Seminario de Estudos Galegos desde 1926 e do Partido Galeguista. Colaborou nas coleccións Lar e Céltiga e noutras obras da literatura galega.
São Paulo (pronúnciase AFI: [sɐ̃w̃ ˈpawlu] ouça) é un municipio brasileiro, capital do estado homónimo e principal centro financeiro, corporativo e mercantil da América do Sur.. É a cidade máis grande do Brasil cuns 11 253 503 habitantes, conforme estatísticas do Goberno Brasileiro feitas en 2011. Sitúase a 430 km da cidade do Río de Xaneiro, a 586 km da cidade de Belo Horizonte e a 1015 km de Brasilia, a capital do Brasil.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Paleobiology Database (Base de datos paleobiolóxica) é unha fonte de información en liña para a distribución e clasificación de animais, plantas e microorganismos fósiles. Foi fundada no ano 2000 pola Fundación Nacional de Ciencias e o Consello de Investigación Australiano (Australian Research Council). Desde o 2000 até o 2012 foi a sede do National Center for Ecological Analysis and Synthesis, un centro interdisciplinar de investigación coa colaboración da Universidade de California.
Breogán, tamén identificado como Brigo, é un rei mitolóxico céltico de Galicia que é descrito como o fundador da cidade de Brigantia e o construtor dunha gran torre, identificada coa Torre de Hércules (coñecida durante a Antigüidade e a Idade Media como Farum Brigantium). A principal fonte documental sobre Breogán é o Lebor Gabála Érenn, un compendio medieval sobre os mitos fundacionais dos irlandeses. Neste compendio é descrito como o fillo de Brate, e o pai de Ite e Bile, entre outros, así como o devanceiro dos gaels.
Rusia (en ruso: Россия, transliteración: Rossiia), oficialmente Federación Rusa (en ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangel. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sakhalin, as illas Kuriles e as illas do Comandante.
O teixugo euroasiático, porco teixo, teixo, melandro ou tourón (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.