Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Manuel de Pedrolo i Molina, nado en l'Aranyó, no concello de Els Plans de Sió (Segarra), o 1 de abril de 1918 e finado en Barcelona o 26 de xuño de 1990, foi un escritor catalán. Comezou a escribir moi novo, e a súa obra converteuno non só no escritor máis prolífico, senón tamén nunha das figuras máis importantes da literatura catalá do século XX. En 1979 recibiu o Premio de Honra das Lletres Catalanes. Manuel de Pedrolo mantivo as súas firmes convicións políticas até a súa morte, converténdose non intelectual íntegro comprometido co seu tempo e o seu país.
Concellos de Galiza por poboación
En Galiza existen 313 concellos cunha poboación total de 2.689.152 hab. O territorio organízase ao redor de sete núcleos urbanos principais, todos con máis de 60.000 habitantes, e que suman 995.126 hab. Existen outros 49 concellos de máis de 10.000 hab.
Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República Española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.
James Joseph Brown, Jr., nado en Barnwell, Carolina do Sur o 3 de maio de 1933 e finado en Atlanta, Xeorxia, o 25 de decembro de 2006, foi un cantante de funk e soul estadounidense. Foi un dos pais fundadores do funk e unha figura principal da música popular do século XX, coñecido tamén como "The Godfather of soul" (O padriño do soul). Ó longo da súa carreira, que durou seis décadas, Brown influenciou o desenvolvemento de varios estilos musicais.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña. Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Neste nome séguese o costume de nomear eslavo oriental; o patronímico é Denisovich e o nome de familia é Lysenko. Trofim Denisovich Lysenko, en ruso: Трофи́м Дени́сович Лысе́нко; en ucraíno: Трохи́м Дени́сович Лисе́нко (Trokhym Denysovych Lysenko), nado o 29 de setembro (no calendario xuliano 17 de setembro) de 1898 e finado o 20 de novembro de 1976, foi un agrónomo e científico soviético. Foi un firme partidario do lamarckismo e rexeitou a xenética mendeliana en favor das súas propias e idiosincráticas ideas pseudocientíficas, que posteriormente se denominarían lysenkoísmo.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O dálmata é unha lingua romance extinta, antigamente falada na rexión croata de Dalmacia, estendéndose cara ao sur até Kotor, na actual Montenegro. O nome provén da tribo prerromana da familia lingüística iliria, os Dalmatae. O dialecto dálmata de Ragusa foi a lingua oficial da República de Ragusa, aínda que na súa maioría os seus habitantes falaban croata ou italiano.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Mamma Mia! é un filme musical británico-estadounidense-sueco adaptado do musical de Broadway Mamma Mia!, que se basea nas cancións do exitoso grupo pop ABBA, con música adicional composta polo membro de ABBA Benny Andersson. O filme foi dirixido por Phyllida Lloyd e distribuído por Universal Pictures en colaboración con Playtone and Littlestar de Tom Hanks e Rita Wilson.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
"ABC" é unha canción de The Jackson 5 que foi lanzada en 1970. Foi escrita co mesmo estilo que "I Want You Back", e foi escoitada por vez primeira en American Bandstand en febreiro de 1970. "ABC" substituíu a canción dos The Beatles "Let It Be" no número un dos Billboard Hot 100 en 1970, e permaneceu como número un dos sinxelos do soul durante catro semanas.
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.
Os análogos de ácido nucleico son compostos que son análogos (estruturalmente similares) aos ARNs e ADN que aparecen na Natureza, que se usan en medicina e investigación en bioloxía molecular. Os ácidos nucleicos son cadeas de nucleótidos, que están compostos por tres partes: un esqueleto de fosfato e un azucre pentosa, que pode ser ribosa ou desoxirribosa, e unha de catro posibles nucleobases. Un análogo pode ter calquera destas tres partes alterada.
Unha lenda é unha narración popular transmitida oralmente, que en moitos casos fixouse tras ser recollida por escrito, de aparencia histórica pero cunha maior ou menor porporción de elementos fantásticos de tipo mitolóxico ou seres ou poderes sobrenaturais. A diferenza dun conto, que o que busca é entreter e divertir ós oíntes, unha lenda ten un carácter máis trascendente e busca transmitir a cosmovisión dun grupo humano sobre determinados feitos ou lugares, cunha localización espacial e a miúdo tamén temporal. Esta diferenciación entre lenda e conto é moitas veces unha construción intelectual, do colector, e existen autores, como Xosé Ramón Mariño Ferro, que destacan as grandes semellanzas entre algunhas lendas e algúns contos (os que chama marabillosos).
O adenosín monofosfato cíclico, AMP cíclico ou AMPc (cAMP en inglés) é un nucleótido que funciona como segundo mensaxeiro en varios procesos biolóxicos. É un derivado do ATP, xa que se orixina a partir deste por acción do encima adenilato ciclase. No AMPc o seu fosfato non establece só un enlace fosfodiéster co OH en posición 5' da ribosa, senón tamén outro co OH en posición 3', creando un ciclo na molécula entre o fosfato e a ribosa, polo que o AMPc tamén se chama adenosín monofosfato-3',5' cíclico.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Colombia, oficialmente República de Colombia, é un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. Na costa norte e noroeste está o mar Caribe, e ten fronteira continental con Venezuela ó leste, o Brasil ó sueste, o Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o océano Pacífico ó oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; a República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte.
Victoria Pérez Díaz, coñecida artisticamente como Victoria Vera, nada en Madrid o 19 de febreiro de 1956, é unha actriz española. Comezou a súa carreira nos anos finais da ditadura franquista, sendo considerada a Musa da Transición Española. Rodou con estrelas como Anthony Quinn, Omar Sharif e o cantante Alice Cooper, e durante os anos 1980 protagonizou algunhas das películas máis significativas do cine español como Asignatura aprobada (finalista no Óscar á mellor película estranxeira en 1988) e Testigo Azul, de P. Rodríguez, que participou no Festival de Cine de Berlín.
A "música dos países islámicos" pode referirse a música relixiosa, como se realiza nos servizos públicos islámicos ou devocións privadas, ou máis xeralmente ás tradicións musicais do mundo musulmán. O corazón clásico do islam é o Oriente Medio, África do norte, o Corno de África, África occidental, Irán, Asia Central e Asia meridional. Debido a que o islam é unha relixión multiétnica, a expresión musical dos seus seguidores é moi diversa.
A derradeira leición do mestre
A derradeira leición do mestre é unha obra pictórica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que foi pintada no ano 1945 en Buenos Aires. O cadro consérvase no Centro Galicia de Buenos Aires e está baseado na estampa nº 6 do seu álbum Galicia mártir. Trátase dunha homenaxe ó seu amigo e intelectual Alexandre Bóveda, que foi fusilado na Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936.
A copia por contacto é un procedemento fotográfico que permite obter copias a partir dunha película fotográfica do mesmo tamaño sobre papel, chamándose á resultado folla de contactos. Normalmente obtense a partir de negativos pero tamén poderían obterse a partir de diapositivas co que o resultado sería un negativo.
Listenbourg é un país ficticio creado como un meme de Internet en outubro de 2022, que o representa como unha extensión da Península Ibérica. O usuario francés de Twitter Gaspard Hoelscher compartiu un mapa manipulado de Europa cunha frecha vermella que apuntaba ao contorno dun territorio situado en Galiza, Asturias e Norte de Portugal, coa forma virada do mapa de Francia, e bromeou dicindo que os estadounidenses non poderían nomear ese Estado europeo membro da UE. O tal país fíxose viral nas redes sociais, con algunhas marcas, políticos e organizacións seguindo a broma.
Match Point é un filme británico-luxembugués de 2005 escrito e dirixido por Woody Allen. Está protagonizado por Jonathan Rhys Meyers, Scarlett Johansson, Emily Mortimer, Matthew Goode, Brian Cox e Penelope Wilton. No filme, a personaxe de Rhys Meyers casa cunha moza de familia rica, mais a súa nova posición social está ameazada pola súa relación coa cuñada, interpretada por Johansson.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 212.790.
Tatiana Rentería Rentería, nada en Cali, Valle del Cauca, o 22 de decembro de 2000, é unha loitadora de estilo libre colombiana. Gañou unha das medallas de bronce na proba feminina de 76 kg no Campionato Mundial de Loita Libre de 2023 celebrado en Belgrado, Serbia. Gañou a medalla de ouro na proba feminina de 76 kg nos Xogos Bolivarianos de 2022 celebrados en Valledupar, Colombia.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A casa Carnicero ou chalé Carnicero foi un inmóbel modernista dos anos 1910 que estaba localizado na vila galega de Perillo (Oleiros). Após ser parcialmente destruída por mor dun incendio en xullo de 2020, en decembro dese mesmo ano o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, ordenou a demolición das ruínas da casa, o cal causou moita polémica.
En matemática pura, a hipótese de Riemann, formulada por primeira vez por Bernhard Riemann en 1859, é unha conxectura sobre a distribución dos ceros da función zeta de Riemann ζ(s). A hipótese de Riemann, pola súa relación coa distribución dos números primos no conxunto dos naturais, é un dos problemas abertos máis importantes na matemática contemporánea. O Instituto Clay de Matemáticas ofreceu un premio dun millón de dólares á primeira persoa que desenvolva unha demostración correcta da conxectura.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Medeiro, Barreiro, Antas de Ulla
Medeiro é un lugar da parroquia de Barreiro no concello lugués de Antas de Ulla na comarca da Ulloa. Segundo o IGE en 2011 estaba despoboado.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886), concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.
Ruxe Ruxe é un grupo de música galego formado en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996. A súa música é rock combinada con sons tradicionais galegos, empregando ás veces instrumentos como a gaita e o saxofón, e sempre con actitude punk. As súas letras son en galego e de temática moi variada nas que predominan os textos costumistas, os de carácter social e o realismo máxico.
Primeira división española 2009/10
A tempada 2009/10 da Primeira División Española de fútbol comezou o 29 de agosto de 2009 e rematou o 16 de maio de 2010. O FC Barcelona proclamouse campión por segunda tempada consecutiva e logrou a 20ª liga da súa historia, a décima nos últimos vinte anos. O único equipo galego foi o Deportivo da Coruña.
Redondela é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. O seu xentilicio é redondelán. Ten unha superficie de 52,1 km² e, segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2021 tiña 29.192 habitantes, dos cales 14.150 eran varóns e 15.042 eran mulleres, resultando unha densidade de poboación de 560,31 hab./km².
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
As redes neuronais convolucionais (tamén chamadas CNN polas súas siglas en inglés: Convolutional Neural Networks) son un tipo especializado de redes neuronais para procesar datos que teñen unha topoloxía coñecida en forma de cuadrícula. Caracterízanse por servir para detectar diferentes características en imaxes, aínda que se poden utilizar en moitos outros ámbitos. Están formadas por unha secuencia de capas convolucionais e funcións de activación.
Vetusta Morla é unha banda de indie orixinaria de Tres Cantos, Madrid (España), que canta en castelán. Tras nove anos de andaina musical, en febreiro de 2008 publicaron o seu primeiro longo, Un día no mundo, que recibiu unha grande acollida tanto por parte do público como pola crítica especializada.
Lisboa é a capital e maior cidade de Portugal, situada na foz do río Texo. Alén diso é tamén capital do distrito de Lisboa, da rexión de Lisboa, da área metropolitana de Lisboa, e é tamén o principal centro da subrexión estatística da Grande Lisboa. A cidade ten unha poboación de 545.245 habitantes (2011), mais a súa área metropolitana ten preto de 2,9 millóns, un 27% da poboación do país.
Europa ( pronunciación ) é un dos continentes que conforman o supercontinente euroasiático, situado entre os paralelos 35º 30’ e 70º 30’ de latitude norte. Europa é unha das grandes penínsulas de Eurasia (segundo como se considere, a maior delas), á que de forma convencional e por motivos históricos considérase un continente propio, e pertence a súa a Eurafrasia. De forma convencional e por motivos histórico-culturais é considerada un continente, tras a delimitación realizada polo xeógrafo ruso Vasili Tatíshchev quen desexaba sinalar a pertenza de Rusia a Europa e a Asia.
O termo carallo na lingua galega, ao igual que nalgunhas outras linguas romances (o portugués caralho, o italiano cazzo ou o castelán carajo), é o termo popular para designar o pene, mais tamén é empregado a modo de interxección, denotando abraio, sorpresa ou anoxo. Na lingua galega cobra especial relevancia, de maneira que decote o carallo é desposuído do seu significado orixinal chegando a desvirtuarse até o punto de crear novas acepcións.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
En matemáticas, en particular en álxebra linear, unha matriz cadrada de orde n dise que é invertíbel, non singular, non dexenerada ou regular se existe outra matriz cadrada de orde n, chamada matriz inversa de A e denotada por A − 1 {\displaystyle A^{-1}} se A ⋅ A − 1 = A − 1 ⋅ A = I n {\displaystyle A\cdot A^{-1}=A^{-1}\cdot A=I_{n}} , onde I n {\displaystyle I_{n}} é a matriz identidade de orde n e o produto utilizado é o produto de matrices usual. Unha matriz cadrada non invertíbel dise que é singular ou dexenerada. Unha matriz é singular se e só se o seu determinante é nulo.
O dólar estadounidense ou dólar americano (tamén abreviado co símbolo $ ou coa súa abreviatura alfabética estándar internacional USD) é a moeda de curso legal dos Estados Unidos, as súas dependencias e outros países. O dólar é a moeda de reserva internacional máis importante do mundo e tamén a máis utilizada nas transaccións internacionais. A súa condición de divisa de referencia mundial converteuna na moeda oficial de varios países e a moeda de facto en moitos outros, que utilizan o seu papel moeda para as transaccións correntes ou dan un tipo de cambio fixo ás súas divisas nacionais respecto ao dólar.
A Premier League, tamén coñecida no Reino Unido como The Premiership, é a máxima categoría da liga de clubs de fútbol de Inglaterra. Foi fundada en 1992, seguindo a decisión dos equipos da Football League First Division (até entón a máxima categoría da liga inglesa) de separarse da "Football League" para tomar vantaxe dun lucrativo trato de dereitos de televisión. A Premier League está actualmente constituída por vinte equipos en cada tempada, e un total de corenta e oito competiron nela ao longo dos anos, con todo, só seis equipos gañaron o título até o de agora: Arsenal, Blackburn Rovers, Chelsea, Leicester City, Manchester City e Manchester United.
Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena
Magallanes e a Antártica Chilena é unha das dezaseis rexións do Chile. A súa capital é a cidade de Punta Arenas. A rexión está composta por dúas zonas: a zona continental e a zona antártica.
Bogotá, oficialmente Bogotá Distrito Capital, abreviado Bogotá, D.C. (durante a época colonial española e desde 1991 ata 2000 chamada Santafé de Bogotá) é a capital da República de Colombia e do departamento de Cundinamarca. Está organizada como distrito capital gozando de autonomía para a xestión dos seus intereses dentro dos límites da Constitución e a lei. A diferenza dos demais distritos de Colombia, Bogotá é unha entidade territorial de primeira orde en Colombia, coas atribucións administrativas que a lei lle confire aos Departamentos.