Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Manuel de Pedrolo i Molina, nado en l'Aranyó, no concello de Els Plans de Sió (Segarra), o 1 de abril de 1918 e finado en Barcelona o 26 de xuño de 1990, foi un escritor catalán. Comezou a escribir moi novo, e a súa obra converteuno non só no escritor máis prolífico, senón tamén nunha das figuras máis importantes da literatura catalá do século XX. En 1979 recibiu o Premio de Honra das Lletres Catalanes. Manuel de Pedrolo mantivo as súas firmes convicións políticas até a súa morte, converténdose non intelectual íntegro comprometido co seu tempo e o seu país.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña. Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano.
Neste nome séguese o costume de nomear eslavo oriental; o patronímico é Denisovich e o nome de familia é Lysenko. Trofim Denisovich Lysenko, en ruso: Трофи́м Дени́сович Лысе́нко; en ucraíno: Трохи́м Дени́сович Лисе́нко (Trokhym Denysovych Lysenko), nado o 29 de setembro [ no calendario xuliano 17 de setembro] de 1898 e finado o 20 de novembro de 1976, foi un agrónomo e científico soviético. Foi un firme partidario do lamarckismo e rexeitou a xenética mendeliana en favor das súas propias e idiosincráticas ideas pseudocientíficas, que posteriormente se denominarían lysenkoísmo.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Unha diocese (en latín: diœcesis ou diocesis, palabra feminina) é unha subdivisión xeográfica do territorio do Imperio Romano. No seu sentido máis coñecido, é unha subdivisión do Imperio Romano específica da Antigüidade Tardía, que reunía varias provincias romanas baixo a autoridade dun vicarius (vigairo). O sistema de dioceses foi establecido polo emperador Diocleciano, como parte das reformas administrativas da Tetrarquíamais foi Constantino I quen engadiu por riba das dioceses, as prefecturas pretorianas, que reunían varias dioceses polo que os vigairos pasaron a ser subordinados dos prefectos do pretorio.
María Loureiro García (política)
María Loureiro García, nada en Viveiro en 1981, é unha política galega do PSdeG-PSOE, que dende o 2013 é alcaldesa de Viveiro.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
O galaico, tamén coñecido como hispanocelta do noroeste, foi unha lingua celta (do tipo Q) ou un grupo de linguas e dialectos, emparentados co celtibérico, falada a comezos da era cristiá no cuadrante noroeste da Península Ibérica, máis especificamente entre a costa atlántica do oeste e o norte e unha liña imaxinaria que corta a península de norte a sur, ligando as actuais cidades de Oviedo e Mérida. Así como ocorre co ilirio e o lígur, o corpus que se conserva está composto de palabras illadas e frases curtas atopadas en inscricións locais (en latín) ou glosadas por autores clásicos, xuntamente con onomástica (antropónimos, etnónimos, teónimos, topónimos) tamén atopada en inscricións, ou que sobreviviu até o presente en nomes de lugares, ríos ou montes.
Listenbourg é un país ficticio creado como un meme de Internet en outubro de 2022, que o representa como unha extensión da Península Ibérica. O usuario francés de Twitter Gaspard Hoelscher compartiu un mapa manipulado de Europa cunha frecha vermella que apuntaba ao contorno dun territorio situado en Galiza, Asturias e Norte de Portugal, coa forma virada do mapa de Francia, e bromeou dicindo que os estadounidenses non poderían nomear ese Estado europeo membro da UE. O tal país fíxose viral nas redes sociais, con algunhas marcas, políticos e organizacións seguindo a broma.
Vetusta Morla é unha banda de indie orixinaria de Tres Cantos, Madrid (España), que canta en castelán. Tras nove anos de andaina musical, en febreiro de 2008 publicaron o seu primeiro longo, Un día no mundo, que recibiu unha grande acollida tanto por parte do público como pola crítica especializada.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O Papamoscas, Santa Comba, Santa Comba
O Papamoscas é un lugar da parroquia de Santa Comba, no concello coruñés de Santa Comba, na comarca do Xallas.
Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República Española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.
Betanzos é un concello e cidade da provincia da Coruña, que pertence á comarca de Betanzos. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 12.941 habitantes (13.352 no 2015, 13.673 no 2010). Betanzos foi unha vila creada polo rei Afonso IX, tras aceptar en 1219 o traspaso da poboación de Betanzos O Vello ao lugar de Castro de Untia.
A casa Carnicero ou chalé Carnicero foi un inmóbel modernista dos anos 1910 que estaba localizado na vila galega de Perillo (Oleiros). Após ser parcialmente destruída por mor dun incendio en xullo de 2020, en decembro dese mesmo ano o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, ordenou a demolición das ruínas da casa, o cal causou moita polémica.
Roque de Montpellier, nado segundo a tradición en Montpellier cara a 1348 (antigamente críase que cara a 1295) e finado en Voghera (Italia) o 15 ou 16 de agosto de 1376 ou 1379 (antigamente críase que en Montpellier en 1327), foi un peregrino francés que se dirixiu a Roma. Percorreu a Península Itálica curando infectados pola peste, e faleceu querido coma un santo. A súa devoción estendeuse rapidamente a partir do século XV. Desde Venecia propagouse o culto cara ao mundo xermánico e os Países Baixos.
Annie Krauß, tamén referida como Anna Krauß, Anna Kraus, Annie Krauss e Anna Krauss, nada en Bogen, reino de Baviera (Imperio Alemán), o 27 de outubro de 1884 co nome de Anna Friese, e finada o 5 de agosto de 1943, executada na prisión de Plötzensee, Berlín, foi unha adiviña e empresaria alemá que se converteu nunha loitadora contra o réxime nazi a través da súa asociación cun grupo de resistencia antifascista con sede en Berlín que máis tarde foi chamado Orquestra Vermella ("Rote Kapelle") pola Abwehr.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Este artigo trata sobre o estado norteamericano de Washington, para outros lugares ver Washington Washington é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. O nome do estado provén de quen foi líder das forzas americanas ao longo da Revolución Americana de 1776 e logo primeiro presidente dos Estados Unidos, George Washington. O nome de moitas cidades e condados dos Estados Unidos homenaxea diversos presidentes, mais o Estado de Washington é o único que leva o nome en honra dun presidente.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 212.774.
Ángel Gabriel Barajas Vivas, nado en Cúcuta, Norte de Santander; o 12 de agosto de 2006, é un deportista colombiano que compite na ximnasia artística. Gañou dúas medallas de ouro no Campionato Mundial Xuvenil de Ximnasia Artística no 2023, onde quedou como subcampión (medalla de prata) na competencia «All around». En agosto de 2024, obtivo a súa primeira medalla olímpica ao gañar a prata nos Xogos Olímpicos de París 2024.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A estrada comarcal C-640 foi unha vía de comunicación que ía desde Viveiro até Betanzos, ao longo de 95,420 km. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Foi traspasado á actual estrada LU-540 e LU-170 (ata O Campo da Feira) polo decreto 308/2003, do 26 de xuño (ano 2003).
A copia por contacto é un procedemento fotográfico que permite obter copias a partir dunha película fotográfica do mesmo tamaño sobre papel, chamándose á resultado folla de contactos. Normalmente obtense a partir de negativos pero tamén poderían obterse a partir de diapositivas co que o resultado sería un negativo.
Unha lenda é unha narración popular transmitida oralmente, que en moitos casos fixouse tras ser recollida por escrito, de aparencia histórica pero cunha maior ou menor porporción de elementos fantásticos de tipo mitolóxico ou seres ou poderes sobrenaturais. A diferenza dun conto, que o que busca é entreter e divertir ós oíntes, unha lenda ten un carácter máis trascendente e busca transmitir a cosmovisión dun grupo humano sobre determinados feitos ou lugares, cunha localización espacial e a miúdo tamén temporal. Esta diferenciación entre lenda e conto é moitas veces unha construción intelectual, do colector, e existen autores, como Xosé Ramón Mariño Ferro, que destacan as grandes semellanzas entre algunhas lendas e algúns contos (os que chama marabillosos).
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peón é rei". A cidade é coñecida polo seu urbanismo, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible.
Estrella Galicia é unha marca de cervexa fabricada pola empresa galega Hijos de Rivera S.A. con sede no Polígono de Agrela na Coruña. É unha cervexa loura que posúe unha gradación alcohólica de 6,5 graos e un característico sabor amargo lembranza do lúpulo empregado na súa orixe e que se cultivaba en Betanzos.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Wisconsin (en inglés [wɪsˈkɒnsən] (AFI), escoitar) é un dos estados que conforma os Estados Unidos de América, localizándose no Medio Oeste. Limita ao sur con Illinois, ao oeste con Iowa e Minnesota, ao norte co lago Superior e a península setentrional do estado de Míchigan, e ao leste co lago Michigan. Wisconsin é o vixésimo terceiro estado máis extenso e o vixésimo máis poboado.
En matemática pura, a hipótese de Riemann, formulada por primeira vez por Bernhard Riemann en 1859, é unha conxectura sobre a distribución dos ceros da función zeta de Riemann ζ(s). A hipótese de Riemann, pola súa relación coa distribución dos números primos no conxunto dos naturais, é un dos problemas abertos máis importantes na matemática contemporánea. O Instituto Clay de Matemáticas ofreceu un premio dun millón de dólares á primeira persoa que desenvolva unha demostración correcta da conxectura.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
Ruxe Ruxe é un grupo de música galego formado en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996. A súa música é rock combinada con sons tradicionais galegos, empregando ás veces instrumentos como a gaita e o saxofón, e sempre con actitude punk. As súas letras son en galego e de temática moi variada nas que predominan os textos costumistas, os de carácter social e o realismo máxico.
Austria ( pronunciación ) (en alemán: Österreich, [ˈøːstɐˌʁaɪç] ), oficialmente República de Austria ( pronunciación ) (en alemán: Republik Österreich, [Republik Österreich] )), é un estado da Europa central sen saída cara ao mar, con máis de 9,0 millóns de habitantes. Fai fronteira con Alemaña e a República Checa ao norte, Eslovaquia e Hungría ao leste, Eslovenia e Italia ao sur, e Suíza e Liechtenstein ao oeste. O territorio de Austria abrangue 83.872 quilómetros cadrados e posúe un clima temperado e alpino.
En matemáticas, unha isometría (ou congruencia ou transformación congruente) é unha transformación que preserva a distancia entre espazos métricos, normalmente se supón que é bixectiva. |name=CoxeterIsometryDef}} A palabra isometría deriva do grego antigo: ἴσος isos que significa "igual", e μέτρον metron que significa "medida". Se a transformación é dun espazo métrico a si mesmo, é unha especie de transformación xeométrica coñecida como movemento.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Victoria Pérez Díaz, coñecida artisticamente como Victoria Vera, nada en Madrid o 19 de febreiro de 1956, é unha actriz española. Comezou a súa carreira nos anos finais da ditadura franquista, sendo considerada a Musa da Transición Española. Rodou con estrelas como Anthony Quinn, Omar Sharif e o cantante Alice Cooper, e durante os anos 1980 protagonizou algunhas das películas máis significativas do cine español como Asignatura aprobada (finalista no Óscar á mellor película estranxeira en 1988) e Testigo Azul, de P. Rodríguez, que participou no Festival de Cine de Berlín.
Unha cadea de bloques trátase dunha base de datos distribuída, formada por unha serie de bloques de datos que se almacenan sucesivamente. É deseñada para impedir que poida ser modificada despois de que un bloque se publique, empregando para iso un selo de tempo confiable e enlazando a un bloque anterior.
Este artigo trata sobre un boneco folclórico, para o xénero de palmeiras de coco, véxase Cocos (xénero). Os Cocos son dous bonecos das romarías de Ribadeo caracterizados polos seu gran tamaño (uns 3,50 m de altura) e mais por estar construídos e vestidos arredor dunha armazón de madeira (na actualidade, metal) para seren transportados por persoas situadas no seu interior. Os Cocos son a parella figurada máis representativa de Ribadeo.
Matthew Langford Perry, nado na vila de Williamstown (no condado de Berkshire, ao oeste de Massachusetts) o 19 de agosto de 1969 e finado o 28 de outubro de 2023 en Pacific Palisades, un barrio dos Ánxeles, foi un actor canado-estadounidense que se fixo coñecido polo seu papel de Chandler Bing na serie Friends da NBC, pola que obtivo unha candidatura ao Premio Emmy en 2002.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Unha colonia, en política, pode ser un asentamento ou forma de poboamento (dado ata o século XIX), ou un territorio suxeito á administración e goberno dun país remoto, chamado metrópole (século XIX). Nunha situación colonial, os nativos do territorio colonizado carecen de autonomía -aínda que poden estar politicamente representados en órganos gobernamentais- e están suxeitos á soberanía do goberno metropolitano. A práctica totalidade de África (salvo Liberia e Etiopía) e a totalidade de América foron colonias das potencias europeas durante séculos, ata que as guerras de independencia do século XIX no Continente Americano e o proceso de descolonización respaldado pola ONU despois da segunda guerra mundial en África, Asia e o Caribe permitiu aos territorios gañar a súa independencia.
O bitcoin (símbolo: ; abreviatura: BTC) é unha criptomoeda descentralizada creada por un autor anónimo de pseudónimo Satoshi Nakamoto. Está subdividida en 10 millóns de unidades máis pequenas chamadas satoshis. É a moeda alternativa máis empregada cun mercado total de 100 millóns de USD. No canto de ser creados por unha entidade central, a rede peer-to-peer de bitcoin regula a creación e intercambio de bitcoins segundo a programación da mesma rede.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32.490 espectadores. Na tempada 2024/25 competirá na Segunda División Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gañou unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
América do Norte ( pronunciación ) ou Norteamérica ( pronunciación ) é un subcontinente de América situado totalmente no hemisferio norte, e case por completo no hemisferio occidental, que se estende, xeopoliticamente, desde Alasca e Groenlandia ao norte, ata a fronteira de México con Guatemala e Belize ao sur. Limita ao norte co océano Glacial Ártico, ao leste co océano Atlántico, ao sueste co mar Caribe e ao sur e ao oeste co océano Pacífico. Está conectado con América do Sur pola estreita ponte territorial que representa América Central.
Tatiana Rentería Rentería, nada en Cali, Valle del Cauca, o 22 de decembro de 2000, é unha loitadora de estilo libre colombiana. Gañou unha das medallas de bronce na proba feminina de 76 kg no Campionato Mundial de Loita Libre de 2023 celebrado en Belgrado, Serbia. Gañou a medalla de ouro na proba feminina de 76 kg nos Xogos Bolivarianos de 2022 celebrados en Valledupar, Colombia.