Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña. Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
AllMusic (anteriormente coñecido como All Music Guide ou AMG) é un sitio web propiedade da empresa RhythmOne dende abril de 2015, que está concibido como un servizo de guía musical para usuarios, fans e membros da industria musical. O seu creador foi Michael Erlewine e comezou a funcionar en 1991, aínda que a base de datos non estivo dispoñible en Internet ata 1994. Só está dispoñíbel en lingua inglesa.
Transferencia de enerxía de resonancia de Förster
A transferencia de enerxía de resonancia de Förster ou FRET (do inglés Förster resonance energy transfer), tamén chamada transferencia de enerxía de resonancia de fluorescencia, transferencia de enerxía de resonancia ou RET (do inglés resonance energy transfer) ou transferencia de enerxía electrónica ou EET (do inglés electronic energy transfer) é un mecanismo que describe a transferencia de enerxía producida entre dúas moléculas sensibles á luz (cromóforos). Un cromóforo doante, inicialmente no seu estado electrónico excitado, pode transferir enerxía a un cromóforo aceptor por medio de acoplamento dipolo-dipolo non radiativo. A eficiencia desta transferencia de enerxía é inversamente proporcional á sexta potencia da distancia entre o doante e o aceptor, o que fai que a FRET sexa extremadamente sensible a pequenos cambios na distancia.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
O Rusty trombone (trombón enferruxado ou trombón sucio) é un acto sexual no que un home queda de pé cos xeonllos e as costas lixeiramente torsionados cos pés separados polo menos ao ancho dos ombreiros para deixar ao descuberto o seu ano. Unha persoa normalmente axeonllase detrás do home e realiza un anilingus mentres pasa unha man por debaixo dos testículos ou arredor do corpo para realizar manualmente movementos rápidos cara a arriba e abaixo do pene, imitando os movementos dun músico de trombón. O acto defínese principalmente pola orientación física da parella, a combinación de anilingus con estimulación sexual manual e a semellanza do esfínter anal cunha boquilla de trombón, non obstante, son posibles outras posicións e variacións.
María Luz Casal Paz, coñecida como Luz Casal, nada en Andavao (Boimorto) o 11 de novembro de 1958, aínda que viviu en Asturias xa dende a súa infancia, é unha cantante galega de pop-rock. Durante a súa carreira discográfica vendeu xa máis de 5 millóns de discos. Recibiu a Medalla Castelao en 2010 e a Medalla de Galicia en 2023.
Nova Caledonia (/ˌkælɪˈdoʊniə/; en francés: Nouvelle-Calédonie) é unha colectividade sui generis da Francia de ultramar no suroeste do océano Pacífico, ao sur de Vanuatu, a uns 1210 km ao leste de Australia, e 17 000 km da Francia metropolitana, forma parte da República Francesa, e xa que logo da Unión Europea (UE). O arquipélago, que forma parte da subrexión Melanesia, inclúe a Grande Terre, as Illas da Lealdade, as Illas Chesterfield, o arquipélago Belep, a Illa dos Piñeiros e algúns illotes remotos. As illas Chesterfield están no Mar de Coral.
A fisioterapia é unha disciplina das ciencias da saúde que ofrece unha alternativa terapéutica non farmacolóxica para diagnosticar, previr e tratar síntomas de múltiplas doencias, tanto agudas como crónicas, por medio do exercicio terapéutico mediante a calor, o frío, a luz, a auga, a electricidade, o movemento e técnicas manuais. O 6 de setembro de 1951 fundouse a organización World Physiotherapy, e en 1996 proclamouse esa data como o Día Mundial da Fisioterapia. O obxectivo para o ano 2022 foi destacar o problema da artrose e o papel dos fisioterapeutas na prevención e terapéutica da enfermidade .
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Nemesio García Carril, nado en Pousada (Sobrado) o 27 de abril de 1943, é un gaiteiro e compositor galego. Compuxo a banda sonora para a serie de Televisión Española Os gozos e as sombras, coa que acadou moi boa crítica. A súa actividade musical pódese dividir en catro ámbitos: a música sacra, a instrumental, a escénica e a música sobre textos escénicos e tradicionais para solistas e para agrupacións vocais.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 212.926.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe ao Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrillero Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana, fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
José María Ruiz-Mateos y Jiménez de Tejada, Marqués de Olivara, nado en Rota (Cádiz) o 11 de abril de 1931 e finado en El Puerto de Santa María (Cádiz) o 7 de setembro de 2015, foi un empresario español fundador do holding Rumasa e, posteriormente, de Nueva Rumasa. Estivo casado con Teresa Rivero e tivo trece fillos, seis homes e sete mulleres.
"I Want You Back" é unha canción de 1969, e o o primeiro sinxelo de éxito de The Jackson 5, que se converteu nun número un da banda con Motown a comezos de 1970. A canción, xunto coa cara B do cover de Smokey Robinson & the Miracles' "Who's Lovin' You", foi o único sinxelo do primeiro disco dos Jackson 5, Diana Ross Presents the Jackson 5. Acadou o número un da lista de sinxelos soul durante catro semanas e o número un na lista musical Billboard Hot 100.
Futbol Club Barcelona (hóckey sobre xeo)
A Sección de hóckey sobre xeo do Futbol Club Barcelona é un equipo de hóckey sobre xeo catalán da cidade de Barcelona. Dende verán de 2024 o primeiro equipo foi disolto e non toma parte en ningunha competición. Fundado en 1972, ao longo dos seus máis de 50 anos de historia o equipo proclamouse campión de liga en sete ocasións, e alzou seis veces a Copas do Rei.
Polonia (en polaco: Polska, [ˈpɔlska] (AFI), escoitar), oficialmente República de Polonia (Rzeczpospolita Polska), é un país da Europa central membro da Unión Europea (UE), cuxa capital e maior aglomeración urbana é a cidade de Varsovia. Polonia fai fronteira con Alemaña polo oeste; a República Checa e Eslovaquia polo sur; Ucraína, Belarús e Lituania polo leste; e o mar Báltico e o enclave ruso de Kaliningrado polo norte. O país abrangue unha superficie de 312.696 km² , facendo de Polonia o sexasésimo noveno país do mundo e o noveno de Europa[Cómpre clarificar].
O tráfico de persoas ou tráfico humano é o comercio de seres humanos, que comunmente se refire ao que se fai para fins de escravitude sexual, traballos forzados ou explotación sexual comercial, tráfico de drogas ou outros produtos, para a extracción de órganos ou tecidos, incluíndo tamén o uso de ventres de alugueiro e extracción de óvulos, ou aínda para o de cónxuxes no contexto dun casamento forzado. O tráfico humano representou un beneficio aproximado de 31,6 miles de millóns de dólares do comercio internacional por ano en 2010. e crese que é unha das actividades de maior crecemento das organizacións criminais transnacionais.
Listenbourg é un país ficticio creado como un meme de Internet en outubro de 2022, que o representa como unha extensión da Península Ibérica. O usuario francés de Twitter Gaspard Hoelscher compartiu un mapa manipulado de Europa cunha frecha vermella que apuntaba ao contorno dun territorio situado en Galiza, Asturias e Norte de Portugal, coa forma virada do mapa de Francia, e bromeou dicindo que os estadounidenses non poderían nomear ese Estado europeo membro da UE. O tal país fíxose viral nas redes sociais, con algunhas marcas, políticos e organizacións seguindo a broma.
Dios ke te crew (DKTC) é un grupo de hip hop de Ordes formado en 2003 a iniciativa dos integrantes de Ghamberros: García Mc e Jamas. Nun inicio estaba formado por un grupo de graffiti, un de breakdance, DJs e rap. Todos estes aspectos do hip hop únense nas presentacións en directo do grupo, onde é común presenciar pezas de graffiti no fondo do escenario e bailar breakdance, mentres o grupo musical interpretaba as súas cancións.
BERT (Representacións de Codificador Bidireccional de Transformadores) é un modelo de linguaxe introducido en outubro de 2018 por investigadores de Google. Aprendeuse mediante a aprendizaxe supervisada a representar o texto como unha secuencia de vectores. Ten a arquitectura do codificador do transformador.
Ruxe Ruxe é un grupo de música galego formado en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996. A súa música é rock combinada con sons tradicionais galegos, empregando ás veces instrumentos como a gaita e o saxofón, e sempre con actitude punk. As súas letras son en galego e de temática moi variada nas que predominan os textos costumistas, os de carácter social e o realismo máxico.
Lori Meyers é un grupo de indie español, orixinal de Loja (Granada). Formouse en 1998 e segue en activo. Os seus membros son Antonio López (Noni) (voz e guitarra), Alejandro Méndez (voz e guitarra), Alfredo Núñez (batería), Miguel López (baixo e coros), Antonio Lomas (percusión) e Miguel Martin (guitarra, teclados).
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Google Chrome é un navegador web de balde desenvolvido por Google. Utilizou o motor de renderización WebKit ata a versión 27 e, agás as versións para iOS, desde a versión 28 utiliza a bifurcación Blink. A primeira versión, unha beta para Microsoft Windows apareceu o 2 de setembro de 2008, e a primeira versión pública estable o 11 de decembro de 2008.
Europa ( pronunciación ) é un dos continentes que conforman o supercontinente euroasiático, situado entre os paralelos 35º 30’ e 70º 30’ de latitude norte. Europa é unha das grandes penínsulas de Eurasia (segundo como se considere, a maior delas), á que de forma convencional e por motivos históricos considérase un continente propio, e pertence a súa a Eurafrasia. De forma convencional e por motivos histórico-culturais é considerada un continente, tras a delimitación realizada polo xeógrafo ruso Vasili Tatíshchev quen desexaba sinalar a pertenza de Rusia a Europa e a Asia.
Suíza (/ˈswi.θa/; en alemán: Schweiz; en francés: Suisse; en italiano: Svizzera; en romanche: Svizra), é un estado federal situado na Europa central, sen saída ao mar, mais con conexións a través do río Rin. Linda ao norte con Alemaña, ao leste con Austria e Liechtenstein, ao sur con Italia e ao oeste con Francia. É tamén coñecida como a Confederación Suíza ou de xeito oficial, aínda que menos usual, Confoederatio Helvetica (en latín para Confederación Helvética).
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Un sistema operativo (S.O.), (en inglés operating system OS) é o software de sistema que manexa os recursos de hardware e software e fornece servizos comúns para os programas informáticos. O sistema operativo é un compoñente esencial para un sistema informático. Os sistemas operativos de tempo compartido programan as tarefas para un uso eficiente do sistema e tamén poden incluír software de contabilidade para a asignación de custos do tempo do procesador, almacenamento masivo, periféricos e outros recursos.
A información é un concepto abstracto que fai referencia a aquilo que ten o poder de informar. No nivel máis fundamental, a información pertence á interpretación do que se pode percibir. Pódese dicir que calquera proceso natural que non sexa completamente aleatorio e calquera patrón observable en calquera medio transmite certa cantidade de información.
"Poker Face" é unha canción interpretada pola cantante estadounidense Lady Gaga, escrita por Gaga e RedOne e producida por RedOne. A canción está incluída no seu primeiro álbum de estudio The Fame, e foi lanzada como segundo sinxelo do álbum. É considerada un dos máis famosos singles da cantante, sendo popularizada en todo o mundo.
Bogotá, oficialmente Bogotá Distrito Capital, abreviado Bogotá, D.C. (durante a época colonial española e desde 1991 ata 2000 chamada Santafé de Bogotá) é a capital da República de Colombia e do departamento de Cundinamarca. Está organizada como distrito capital gozando de autonomía para a xestión dos seus intereses dentro dos límites da Constitución e a lei. A diferenza dos demais distritos de Colombia, Bogotá é unha entidade territorial de primeira orde en Colombia, coas atribucións administrativas que a lei lle confire aos Departamentos.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Un navegador web ou web browser é unha aplicación software que permite ó usuario recuperar e visualizar documentos de hipertexto, comunmente descritos en HTML, desde servidores web de todo o mundo a través de Internet. Esta rede de documentos é denominada World Wide Web, WWW, Grande Arañeira Mundial ou, simplemente, Web. Os navegadores actuais permiten mostrar e/ou executar gráficos, secuencias de vídeo, son, animacións e programas diversos, ademais de texto e as ligazóns (hiperligazóns).
OpenGL é unha especificación estándar que define unha API multilinguaxe e multiplataforma para escribir aplicacións que produzan gráficos 2D e 3D. Foi desenvolvida por Silicon Graphics Inc. (SGI) en 1992. O seu nome vén do inglés Open Graphics Library, cuxa tradución é biblioteca de gráficos aberta (ou mellor, libre, tendo en conta a súa política de licenzas ).
Na antigüidade clásica, Océano (en grego antigo Ώκεανός, Ōkeanós ou Ωγενος, Ōgenos, literalmente 'océano'; en latín Oceanus ou Ogenus) referíase ao Océano mundial, que os gregos e romanos pensaban que era un enorme río que circundaba o mundo. Falando con propiedade, era a corrente de auga mariña do ecuador na que flotaba o ecúmene (οἰκουμένη, ekuméne).
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Wisconsin (en inglés [wɪsˈkɒnsən] (AFI), escoitar) é un dos estados que conforma os Estados Unidos de América, localizándose no Medio Oeste. Limita ao sur con Illinois, ao oeste con Iowa e Minnesota, ao norte co lago Superior e a península setentrional do estado de Míchigan, e ao leste co lago Michigan. Wisconsin é o vixésimo terceiro estado máis extenso e o vixésimo máis poboado.
Lista de atentados terroristas en 2024
Isto é unha lista sobre os atentados terroristas que aconteceron no ano 2024.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Dodro é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca do Sar, que está situado no suroeste da provincia, onde o río Ulla desemboca na ría de Arousa. O seu xentilicio é «dodrense» e ten a súa capitalidade en Tallós. Dista de Santiago de Compostela arredor de 27 km e de Ribeira atópase a uns 37 km, ten unha superficie de 36,1 km2 e segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2023 tiña 2 675 habitantes (1 276 eran homes e 1 399 mulleres), cunha densidade de poboación de 73,29 hab./km2.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Vademécum ou Vademékum (do latín vade, anda, ven, e mecum, comigo) é unha obra de referencia que contén as nocións máis importantes dunha materia, xa sexa ciencia ou arte. Destacan particularmente os que utilizan os profesionais sanitarios para consultar sobre presentacións, composicións e as principais indicacións dos medicamentos.