Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI), escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da Península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
As illas Bermudas (en inglés: Bermuda, /bərˈmjuːdə/, historicamente coñecidas como as Bermudas ou Illas Somers) é un Territorio Británico de Ultramar no océano Atlántico Norte. O arquipélago das Bermudas está formado por 181 illas cunha superficie total de 53,2 km². A terra máis próxima fóra do territorio atópase no estado estadounidense de Carolina do Norte, aproximadamente 1035 km.
Texas é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, o segundo maior estado e o maior estado norteamericano dos Estados Unidos continental. Tamén é o segundo estado máis populoso do país (por detrás de California); con aproximadamente 22 millóns de habitantes, e unha poboación crecendo rapidamente debido á inmigración. Chámaselle Lone Star State, por causa da estrela solitaria na bandeira.
Madison é unha cidade dos Estados Unidos, capital do estado de Wisconsin e do condado de Dane. Madison é tamén o fogar da University of Wisconsin-Madison. Segundo o censo de 2005 Madison tiña unha poboación de 221.551 habitantes, sendo a segunda cidade máis grande de Wisconsin, despois de Milwaukee, e a 77 máis grande dos Estados Unidos.
Copenhague, e consonte algunhas fontes tamén Copenhaguen (en dinamarqués: København, [kʰøb̥ənˈhɑʊ̯ˀn], [kʰøb̥m̩ˈhɑʊ̯ˀn] (AFI), escoitar), é a capital de Dinamarca. O seu nome danés, København, que orixinariamente viña sendo o porto dos comerciantes, lembra a súa posición estratéxica á entrada do mar Báltico. Está situada na costa oriental da illa de Selandia e sobre a máis pequena illa de Amager, fronte ó estreito de Øresund.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 212.959.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Un pregamento de histona ou dobramento de histona, é un motivo estrutural conservado que se atopa preto do extremo C-terminal na secuencia de todas as histonas do octámero de histonas, e é responsable da unión das histonas en heterodímeros. O pregamento de histonas como media comprende unha secuencia duns 70 aminoácidos e consta de tres hélices alfa conectadas por dous bucles curtos sen estrutura. Cando non están en presenza de ADN, as histonas do nucleosoma ensámblanse formando intermediarios cabeza con cola (a H3 e a H4 ensámblanse primeiro orixinando heterodímeros, despois fusiónanse dous heterodímeros para formar un tetrámero, mentres que a H2A e a H2B forman dous heterodímeros) por medio de extensas interaccións hidofóbicas entre cada dominio de pregamento de histona nun "motivo de aperta de mans" (handshake).
Nova York (en inglés: New York; /njuːˈjɔɹk/ ) é a principal cidade do Estado de Nova York e dos Estados Unidos de América. Foi construída a partir dunha pequena colonia na illa de Manhattan, nos seus comezos holandesa co nome de Nova Ámsterdan, que pasou logo a mans inglesas. Cos seus oito millóns de habitantes, que chegan aos 18,7 millóns na súa área metropolitana, a rexión metropolitana de Nova York é facilmente a maior dos Estados Unidos de América, e a segunda máis populosa da América do Norte (despois da Cidade de México).
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Transferencia de enerxía de resonancia de Förster
A transferencia de enerxía de resonancia de Förster ou FRET (do inglés Förster resonance energy transfer), tamén chamada transferencia de enerxía de resonancia de fluorescencia, transferencia de enerxía de resonancia ou RET (do inglés resonance energy transfer) ou transferencia de enerxía electrónica ou EET (do inglés electronic energy transfer) é un mecanismo que describe a transferencia de enerxía producida entre dúas moléculas sensibles á luz (cromóforos). Un cromóforo doante, inicialmente no seu estado electrónico excitado, pode transferir enerxía a un cromóforo aceptor por medio de acoplamento dipolo-dipolo non radiativo. A eficiencia desta transferencia de enerxía é inversamente proporcional á sexta potencia da distancia entre o doante e o aceptor, o que fai que a FRET sexa extremadamente sensible a pequenos cambios na distancia.
Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) constitúen un país soberano configurado como Estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Alicia Amanda Vikander, nada en Gotemburgo o 3 de outubro de 1988, é unha actriz e bailarina sueca. Vikander comezou a súa carreira aparecendo en curtametraxes e series de televisión suecas, sendo a máis popular Andra Avenyn (2008–11). Fixo o seu debut no cine con Pure (2010), e tamén apareceu en Anna Karenina, co-protagonizou o filme dinamarqués En kongelig affære (2012) e colaborou en The Fifth Estate (2013).
Nadia María Calviño Santamaría, nada na Coruña o 3 de outubro de 1968, é unha economista galega que desempeñou varios cargos na administración pública de España e da Unión Europea e, desde o 7 de xuño de 2018, foi a Ministra de Economía e Empresa de España. En xaneiro de 2020 foi nomeada Ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital. É filla do ex-director de TVE José María Calviño.
Listenbourg é un país ficticio creado como un meme de Internet en outubro de 2022, que o representa como unha extensión da Península Ibérica. O usuario francés de Twitter Gaspard Hoelscher compartiu un mapa manipulado de Europa cunha frecha vermella que apuntaba ao contorno dun territorio situado en Galiza, Asturias e Norte de Portugal, coa forma virada do mapa de Francia, e bromeou dicindo que os estadounidenses non poderían nomear ese Estado europeo membro da UE. O tal país fíxose viral nas redes sociais, con algunhas marcas, políticos e organizacións seguindo a broma.
María Luz Casal Paz, coñecida como Luz Casal, nada en Andavao (Boimorto) o 11 de novembro de 1958, aínda que viviu en Asturias xa dende a súa infancia, é unha cantante galega de pop-rock. Durante a súa carreira discográfica vendeu xa máis de 5 millóns de discos. Recibiu a Medalla Castelao en 2010 e a Medalla de Galicia en 2023.
O Rusty trombone (trombón enferruxado ou trombón sucio) é un acto sexual no que un home queda de pé cos xeonllos e as costas lixeiramente torsionados cos pés separados polo menos ao ancho dos ombreiros para deixar ao descuberto o seu ano. Unha persoa normalmente axeonllase detrás do home e realiza un anilingus mentres pasa unha man por debaixo dos testículos ou arredor do corpo para realizar manualmente movementos rápidos cara a arriba e abaixo do pene, imitando os movementos dun músico de trombón. O acto defínese principalmente pola orientación física da parella, a combinación de anilingus con estimulación sexual manual e a semellanza do esfínter anal cunha boquilla de trombón, non obstante, son posibles outras posicións e variacións.
Isaac Moreno Gallo, nado en Burgos o 27 de agosto de 1958, é un enxeñeiro, historiador e comunicador español. É enxeñeiro técnico de Obras Públicas e graduado en Xeografía e Historia, traballou para o Ministerio de Fomento de España, e realizou diversos proxectos de identificación e estudo de infraestruturas romanas, en especial vías romanas e infraestruturas hidráulicas. Tamén traballou para diversas administracións públicas a título de especialista en enxeñaría romana e ten realizado investigacións sobre técnica antiga, instrumentos topográficos antigos e outras facetas relacionadas coa enxeñaría.
A órbita é a traxectoria que un corpo percorre arredor doutro baixo a influencia dalgunha forza (normalmente da gravidade). Segundo as leis do movemento planetario de Johannes Kepler, as órbitas son planas, xeralmente elípticas, aínda que os planetas interiores (próximos á estrela que orbitan) teñan órbitas case circulares. Máis tarde, Isaac Newton demostrou que algunhas órbitas, como as de certos cometas, son hiperbólicas e outras parabólicas.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marcharon cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. Posteriormente, xa na segunda década do século XXI, por mor da crise en Galicia e España, iniciouse unha segunda vaga de emigración galega, principalmente cara a países de Europa (Alemaña e Inglaterra), formada normalmente por mozos con estudos e un nivel cultural medio-alto.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
O Festival de la Luz é un evento musical de carácter solidario e festivo, organizado por iniciativa de Luz Casal e coa colaboración do seu concello natal, Boimorto. O encontro celébrase na parroquia de Andavao a finais do verán (mediados e finais de setembro) nunha contorna natural da Galiza interior, e ten unha duración de dous días. A recadación íntegra dóase para actividades sociais.
Lista de atentados terroristas en 2024
Isto é unha lista sobre os atentados terroristas que aconteceron no ano 2024.
A Terra (AFI: [ˈtɛ.rɐ] ( )) (do latín Terra, deidade romana equivalente a Gaia, deusa grega da feminidade e da fecundidade), tamén chamada Mundo ou Planeta Azul, é un planeta do Sistema Solar que xira sobre si mesmo e ao redor da súa estrela —o Sol— na terceira órbita máis interna. Así mesmo é o fogar de millóns de especies de seres vivos, incluíndo os seres humanos e actualmente é o único corpo astronómico onde se coñece a existencia de vida. É o máis denso e o quinto maior dos oito planetas do Sistema Solar.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.
Manuel Lorenzo Varela Rodríguez
Manuel Lorenzo Varela Rodríguez, nado en Chantada en 1951, é un político galego do PPdeG.
Gran Premio dos Países Baixos de 2024
O Gran Premio dos Países Baixos de 2024 (coñecido oficialmente como Formula 1 Heineken Dutch Grand Prix 2024) foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 25 de agosto de 2024 no circuíto de Zandvoort. Foi a décimo quinta carreira da tempada de Fórmula Un de 2024 e o 38º Gran Premio dos Países Baixos. A carreira disputouse sobre 72 voltas ao circuíto de 4,259 quilómetros para unha distancia total de carreira de 306,64 quilómetros.
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.
O logaritmo natural ou logaritmo neperiano dun número é o seu logaritmo con base a constante matemática e, que é un número irracional e transcendental aproximadamente igual a 2.718281828459. O logaritmo natural de x escríbese xeralmente como ln x, loge x, ou ás veces, se a base e está implícita, simplemente log x. Ás veces engádense parénteses para claridade, dando ln(x), loge(x) ou log(x).
A Dobre penetración (ás veces chamada DP para abreviar) é unha práctica sexual que consiste en que unha persoa é penetrada simultaneamente por múltiples orificios ou nun único orificio por dous penes ou outros obxectos. Comunmente, no caso de que a persoa penetrada sexa unha muller, o habitual é que a dobre penetración se realice a través do orificio vaxinal e o ano ao mesmo tempo.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Maurice Blanchot, nado en Quain, preto de Devrouze (Saona e Loira) o 22 de setembro de 1907 e finado en Le Mesnil-Saint-Denis (Yvelines) o 20 de febreiro de 2003, foi un escritor, crítico literario e intelectual francés. O seu pensamento e a súa literatura deixaron unha fonda pegada na cultura francesa das décadas de 1950 e 1960, especialmente nos círculos da chamada "teoría francesa". "A súa vida estivo dedicada por enteiro á literatura e ao silencio que lle é propio", segundo unha nota impresa nas súas obras da editorial Gallimard.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Teño un soño (I Have a Dream) é o nome do popular discurso de Martin Luther King Jr no que falou do seu desexo dun futuro no que a xente negra e branca puidesen coexistir harmoniosamente e como iguais. Este discurso foi pronunciado o 28 de agosto de 1963 desde o Monumento a Lincoln durante a Marcha sobre Washington polo traballo e a liberdade. Considérase como o momento definitorio do Movemento polos Dereitos Civís nos Estados Unidos para alén dun dos mellores discursos da historia.
A maruca do Mediterráneo, é un peixe osteíctio da orde dos gadiformes e familia dos lótidos, que vive nas costas do Atlántico nordeste. Esta especie, descrita por Rafinesque en 1810 (como Phycis macrophthalmus), vive nas primeiras capas das augas profundas, polo que non foi descuberta até o século XIX e aínda hoxe é pouco coñecida. Por outra parte, é unha das numerosas especies de peixes cuxas poboacións parece que diminuíron rapidamente desde que, na década dos anos 1970, os arrastreiros pescan nas zonas onde os reprodutores se reúnen para a posta.
As iridáceas (Iridaceae) son unha familia de plantas perennes, herbáceas e bulbosas monocotiledóneas pertencentes á orde Asparagales. A familia conta con máis de 2 000 especies, que se distribúen por case todo o mundo, e é unha das familias máis importantes en horticultura. Xéneros como Crocus e Iris son compoñentes predominantes das floras de varias rexións de Eurasia, e Iris está moi ben representado en Norteamérica.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación. Un rastro de "sesión" é o que xeralmente remata cando pechas o navegador ou a aplicación móbil.
Lori Meyers é un grupo de indie español, orixinal de Loja (Granada). Formouse en 1998 e segue en activo. Os seus membros son Antonio López (Noni) (voz e guitarra), Alejandro Méndez (voz e guitarra), Alfredo Núñez (batería), Miguel López (baixo e coros), Antonio Lomas (percusión) e Miguel Martin (guitarra, teclados).
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.