Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Manuel de Pedrolo i Molina, nado en l'Aranyó, no concello de Els Plans de Sió (Segarra), o 1 de abril de 1918 e finado en Barcelona o 26 de xuño de 1990, foi un escritor catalán. Comezou a escribir moi novo, e a súa obra converteuno non só no escritor máis prolífico, senón tamén nunha das figuras máis importantes da literatura catalá do século XX. En 1979 recibiu o Premio de Honra das Lletres Catalanes. Manuel de Pedrolo mantivo as súas firmes convicións políticas até a súa morte, converténdose non intelectual íntegro comprometido co seu tempo e o seu país.
Santiago Rey Fernández-Latorre
Santiago Rey Fernández-Latorre, nado na Coruña o 31 de agosto de 1938 e finado no hospital San Rafael (Oza, A Coruña) o 28 de agosto de 2024, foi un empresario galego, propietario e presidente da Corporación Voz de Galicia, propietaria á súa vez do xornal La Voz de Galicia, que é o primeiro grupo de comunicación na comunidade autónoma de Galicia.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
O bitcoin (símbolo: ; abreviatura: BTC) é unha criptomoeda descentralizada creada por un autor anónimo de pseudónimo Satoshi Nakamoto. Está subdividida en 10 millóns de unidades máis pequenas chamadas satoshis. É a moeda alternativa máis empregada cun mercado total de 100 millóns de USD. No canto de ser creados por unha entidade central, a rede peer-to-peer de bitcoin regula a creación e intercambio de bitcoins segundo a programación da mesma rede.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
Soul é un filme estadounidense de animación de 2020, producido por Pixar Animation Studios e distribuído por Walt Disney Pictures. Foi dirixido por Pete Docter e codirixido por Kemp Powers, e está protagonizado polas voces de Jamie Foxx, Tina Fey, Graham Norton, Rachel House, Alice Braga, Richard Ayoade, Phylicia Rashad, Donnell Rawlings, Questlove e Angela Bassett.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
A Caseta, Seoane Vello, Montederramo
A Caseta é un lugar da parroquia de Seoane Vello, no concello ourensán de Montederramo na comarca da Terra de Caldelas. Segundo o IGE, en 2015 tiña nove habitantes (tres homes e seis mulleres).
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Teimende, Parada de Sil, Parada de Sil
Teimende é un lugar da parroquia de Parada de Sil, no concello ourensán de Parada de Sil, na comarca da Terra de Caldelas. Segundo o IGE, en 2023 tiña 23 habitantes (15 homes e 8 mulleres).
Listenbourg é un país ficticio creado como un meme de Internet en outubro de 2022, que o representa como unha extensión da Península Ibérica. O usuario francés de Twitter Gaspard Hoelscher compartiu un mapa manipulado de Europa cunha frecha vermella que apuntaba ao contorno dun territorio situado en Galiza, Asturias e Norte de Portugal, coa forma virada do mapa de Francia, e bromeou dicindo que os estadounidenses non poderían nomear ese Estado europeo membro da UE. O tal país fíxose viral nas redes sociais, con algunhas marcas, políticos e organizacións seguindo a broma.
María Victoria Fernández-Latorre
María Victoria Fernández-Latorre Ozores, nada en Madrid o 8 de xaneiro de 1906 e finada na mesma cidade o 19 de decembro de 2000, foi unha muller da burguesía galega.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
Lost é unha serie de televisión que se estreou o 22 de setembro de 2004, na cadea estadounidense ABC. Até o momento foron transmitidas cinco tempadas, ademais de numerosos vídeos de recompilación de anteriores episodios. A ABC anunciou que poñerá fin á serie despois da súa sexta tempada, o que fará que remate con 120 episodios en total. A seguinte é unha completa lista de episodios dos episodios da serie televisiva, a cal empezou a emitirse orixinalmente o 22 de setembro de 2004.
A equilina é unha hormona sexual estroxénica natural que se atopa nos cabalos e úsase como medicamento. É un dos estróxenos presentes en preparacións de fármacos combinados de estróxenos coñecidos como estróxenos combinados (por exempolo, Premarin) e estróxenos esterificados (por exemplo, Estratab, Menest). Os estróxenos combinados son a forma de medicamentos de estróxenos que máis se usa na terapia de substitución de hormonas para aliviar os síntomas da menopausa en países como os Estados Unidos.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
María Victoria Fernández-España
María Victoria Fernández-España y Fernández-Latorre, nada na Coruña o 12 de xuño de 1925 e finada en Madrid o 11 de xuño de 1999, foi unha xornalista, escritora —coñecida nestes ámbitos polo pseudónimo de Victoria Armesto— e política galega, deputada pola provincia da Coruña desde 1977 até 1986.
Xoán Vicente Viqueira Cortón, nado en Madrid o 22 de outubro de 1886 e finado na Lagoa (Ouces, Bergondo) o 29 de agosto de 1924, foi un filósofo, psicólogo e pedagogo galego, conferenciante con sona de excelente orador, alumno da Institución Libre de Enseñanza, tradutor de autores europeos ao castelán, membro das Irmandades da Fala e participante nas asembleas nacionalistas. O nacionalismo galego de Viqueira era democrático, republicano, federal, socialista e laico, en contraposición co galeguismo conservador e católico de Vicente Risco. No ano 1974 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Unha lámpada fluorescente é un tipo de luz eléctrica (lámpada) que utiliza o ultravioleta emitido polo vapor de mercurio para excitar un elemento fosforescente que emite luz visible. Hai dous tipos xerais, fluorescente tradicional e lámpada compacta fluorescente. Este artigo trata sobre lámpadas fluorescentes tradicionais (con forma de tubo recto).
O One World Trade Center (tamén coñecido como 1 World Trade Center, One WTC e 1 WTC; o edificio actual foi bautizado a "Torre da Liberdade" durante a planificación inicial) é o principal edificio do novo complexo World Trade Center (en galego: Centro do Comercio Mundial) no Baixo Manhattan, Cidade de Nova York. É o rañaceos máis alto do Hemisferio Occidental, e o quinto máis alto do mundo. A megaestrutura de 104 pisos comparte o nome numérico coa Torre Norte do World Trade Center orixinal, o cal foi destruído nos ataques terroristas do 11 de setembro de 2001.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 213.023.
Oasis foi unha banda británica de rock formada en Manchester no ano 1991. Nos seus comezos estaba formada por Liam Gallagher (vocalista), Paul Arthurs (guitarrista), Paul McGuigan (baixista) e Tony McCarroll (batería), e tocaban baixo o nome de The Rain. Mudaron o seu nome a Oasis cando, invitado polo seu irmán máis novo, entra no grupo Noel Gallagher, converténdose en líder, guitarrista principal e compositor da banda.
Betty Atómica (en inglés: Atomic Betty e Atomic Betty: Mission Earth, na súa terceira e derradeira tempada) é unha serie de televisión de debuxos animados francesa-canadense producida por Atomic Cartoons, Breakthrough Entertainment e Tele Images Kids, xunto con Marathon Group na terceira tempada. Teletoon no Canadá, Phil Roman Entertainment (sen acreditar) nos Estados Unidos e M6 (tempadas 1-2) e Télétoon en Francia, proporcionan financiamento adicional para a produción. Empezouse a emitir en galego no Xabarín Club en 2012, e está dispoñible en liña na plataforma do Xabarín.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marcharon cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. Posteriormente, xa na segunda década do século XXI, por mor da crise en Galicia e España, iniciouse unha segunda vaga de emigración galega, principalmente cara a países de Europa (Alemaña e Inglaterra), formada normalmente por mozos con estudos e un nivel cultural medio-alto.
Nuno García Pico, coñecido musicalmente como Grande Amore, nado no Valadouro en 1995, é un músico galego. Afincado en Compostela, xoga co pop, o punk, o rock e a música techno dos 80 con letras en galego. Laureado por varias revistas e periodistas e con actuacións no MAZO Madrid ou no Underfest de Vigo.
Javi Chispes é un músico alacantino nado en Villena. Fundador, compositor, vocalista e guitarrista dos grupos Maniática (1986-1995) con 5 álbums editados, Banda Jachis (1997-2002) con 4 álbums e La Furia en 1993, onde colaborou activamente facendo cancións dos ingleses The Clash, pero en castelán. Tamén probou en formato acústico con Javi Chispes y Amigas (1995-1996) e realizou un traballo gravado en formato K7 titulado Caperucita y la guerra(1995).
En Matemáticas, as funcións trigonométricas son funcións dun argumento angular, importantes en diversas aplicacións, derivadas do estudo da xeometría dos triángulos e fundamentais no estudo dos fenómenos periódicos. Poden ser definidas como razóns (cocientes) de dous lados dun triángulo rectángulo contendo o ángulo argumento, ou, máis xeralmente, como cocientes de coordenadas de puntos que definen un círculo de raio unidade, ou, de xeito aínda máis xenérico, como sumatorio de series infinitas ou de xeito equivalente como solucións de certas ecuacións diferenciais, como é presentado máis abaixo. Hai seis funcións trigonométricas básicas.
Un asunto familiar (en inglés: A Family Affair) é un filme estadounidense de 2024 dirixido por Richard LaGravenese e escrito por Carrie Solomon. Está protagonizado por Nicole Kidman, Zac Efron, Joey King, Liza Koshy e Kathy Bates. Estreouse en Netflix o 28 de xuño de 2024, onde conta con versión de dobraxe e subtitulado en galego.
María Dolores Fernández Pradera, nada en Madrid o 29 de agosto de 1926 e finada en Madrid o 28 de maio de 2018 coñecida artisticamente como María Dolores Pradera, foi unha cantante melódica e actriz española. É unha das intérpretes do seu país que acadou maior fama internacional pola súa voz e por difundir en España a canción popular latinoamericana e a obra dos seus máis grandes autores.
La Voz de Galicia é un xornal galego con sede no polígono de Sabón (Arteixo), redactado maioritariamente en castelán, fundado no ano 1882 por Juan Fernández Latorre. La Voz de Galicia fíxose un oco a nivel estatal converténdose nun dos dez medios impresos con maior tiraxe de todo o estado. A empresa editora, La Voz de Galicia Sociedad Anónima, sempre estivo nas mans da mesma familia e na actualidade o accionista maioritario e único é Santiago Rey Fernández-Latorre.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Guerra da Independencia de Mozambique
A Guerra da Independencia de Mozambique, tamén coñecida (en Mozambique) como Loita Armada de Liberación Nacional, ben como Guerra Colonial Portuguesa foi un conflito armado entre as forzas da guerrilla da FRELIMO (Frente de Libertação de Moçambique) e as Forzas Armadas de Portugal. Oficialmente, a guerra iniciouse o 25 de xetembro de 1964, cun ataque ao posto administrativo de Chai no daquela distrito (actualmente provincia) de Cabo Delgado, e terminou cun alto o fogo o 8 de setembro de 1974, resultando nunha independencia negociada en 1975. Ao longo dos seus catro séculos de presenza en territorio africano, a primeira vez que Portugal tivo que enfrontarse a guerras de independencia, e forzas de guerrilla, foi en 1961, na Guerra de Independencia de Angola.
O castelo de Mir (en belaruso: Мірскі замак; en ruso: Мирский замок; en polaco: Zamek w Mirze; en lituano: Myriaus pilies kompleksas) é un castelo histórico de Belarús e un lugar Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Atópase na vila de Mir, na rexión de Grodno, a 29 km doutro sitio Patrimonio da Humanidade, o castelo de Nesvizh. O complexo do castelo de Mir atópase a 164 m por riba do nivel do mar. Erixido no século XVI a finais do estilo Gótico báltico, é un dos poucos monumentos arquitectónicos que quedan da antiga Mancomunidade de Polonia e Lituania na Belarús contemporánea.
A copia por contacto é un procedemento fotográfico que permite obter copias a partir dunha película fotográfica do mesmo tamaño sobre papel, chamándose á resultado folla de contactos. Normalmente obtense a partir de negativos pero tamén poderían obterse a partir de diapositivas co que o resultado sería un negativo.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A fonación é o traballo muscular realizado para emitir sons intelixíbeis, é dicir, para que exista a comunicación oral. O obxectivo último da fonación é a articulación de palabras, a través do proceso polo cal se modifica a corrente de ar procedente dos pulmóns e a larinxe nas cavidades supraglóticas como consecuencia dos cambios de volume e da forma destas cavidades. O conxunto das cavidades supraglóticas pode dividirse en tres partes: a farinxe, a cavidade bucal e a cavidade nasal.
Unha constante matemática é unha cantidade que, por definición, nunca cambia o seu valor, en oposición ás variables matemáticas. Mentres as constantes físicas dependen de medidas experimentais, as constantes matemáticas non dependen de ningunha propiedade física. Xeralmente son números reais ou complexos.
Rodrigo Cuevas González, nado en Oviedo en 1985, é un artista multidisciplinar, cantante, compositor, acordeonista, DJ e presentador de televisión asturiano. Na súa música e espectáculos, incorpora bases electrónicas á música tradicional, e viste vestimenta rural mesturada cun estilo cabaré e pin-up.
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.
A aritmética (do grego αριθμός = número) é unha das máis antigas ramas elementais da matemática. Comunmente enténdese por aritmética a parte da álxebra elemental ensinada na escola primaria que estuda os números e as operacións básicas que con eles se fan. Os matemáticos tamén falan dunha aritmética superior coa que designan á teoría de números.
Marçal Moliné, nado en Barcelona en 1936 é un publicista catalán. Estudou xornalismo e foi un dos membros fundadores da axencia MMLB, xunto con Eddy Bosten, Joaquín Lorente e Miguel Montfort. Traballou nas axencias Clarín, Carvis, Támden DDB e Bassat Ogilvy, e foi xurado en tres edicións do Festival de Cannes.
A equilenina, tamén coñecida como 6,8-dideshidroestrona ou como estra-1,3,5(10),6,8-pentaen-3-ol-17-ona, é un estróxeno esteroide natural que se obtén da urina de eguas preñadas. Utilízase como un dos compoñentes presentes nos estróxenos conxugados (marca comercial Premarin). Foi o primeiro produto complexo natural que foi completamente sintetizado, en 1940 por Bachmann e Wilds.
Irán (en persa ایران) , tamén coñecido como Persia, e oficialmente República Islámica de Irán dende 1980, é un país de Asia Occidental. Limita ó norte con Armenia, Acerbaixán e Turkmenistán, con Casaquistán e Rusia a través do Mar Caspio, polo leste con Afganistán e Paquistán, polo sur co Golfo Pérsico e co Golfo de Omán, polo oeste con Iraq e polo noroeste con Turquía. Comprende unha área de 1 648 195 km², sendo a segunda nación maior de Oriente Medio e a 18 en todo o mundo.
En matemáticas, o complexo conxugado dun número complexo é o número cunha parte real igual e unha parte imaxinaria igual en magnitude mais oposto en signo. É dicir, se a {\displaystyle a} e b {\displaystyle b} son números reais entón o complexo conxugado de a + b i {\displaystyle a+bi} é a − b i . {\displaystyle a-bi.} O complexo conxugado de z {\displaystyle z} adoita denotarse como z ¯ {\displaystyle {\overline {z}}} ou z ∗ {\displaystyle z^{*}} .
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.