Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Santiago Rey Fernández-Latorre
Santiago Rey Fernández-Latorre, nado na Coruña o 31 de agosto de 1938 e finado no hospital San Rafael (Oza, A Coruña) o 28 de agosto de 2024, foi un empresario galego, propietario e presidente da Corporación Voz de Galicia, propietaria á súa vez do xornal La Voz de Galicia, que é o primeiro grupo de comunicación na comunidade autónoma de Galicia.
Manuel de Pedrolo i Molina, nado en l'Aranyó, no concello de Els Plans de Sió (Segarra), o 1 de abril de 1918 e finado en Barcelona o 26 de xuño de 1990, foi un escritor catalán. Comezou a escribir moi novo, e a súa obra converteuno non só no escritor máis prolífico, senón tamén nunha das figuras máis importantes da literatura catalá do século XX. En 1979 recibiu o Premio de Honra das Lletres Catalanes. Manuel de Pedrolo mantivo as súas firmes convicións políticas até a súa morte, converténdose non intelectual íntegro comprometido co seu tempo e o seu país.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
Cruxeiras de Arriba, Carcacía, Padrón
Cruxeiras de Arriba é un lugar da parroquia de Carcacía no concello coruñés de Padrón da comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 16 habitantes (7 homes e 9 mulleres).
Oasis foi unha banda británica de rock formada en Manchester no ano 1991. Nos seus comezos estaba formada por Liam Gallagher (vocalista), Paul Arthurs (guitarrista), Paul McGuigan (baixista) e Tony McCarroll (batería), e tocaban baixo o nome de The Rain. Mudaron o seu nome a Oasis cando, invitado polo seu irmán máis novo, entra no grupo Noel Gallagher, converténdose en líder, guitarrista principal e compositor da banda.
María Victoria Fernández-Latorre
María Victoria Fernández-Latorre Ozores, nada en Madrid o 8 de xaneiro de 1906 e finada na mesma cidade o 19 de decembro de 2000, foi unha muller da burguesía galega.
María Victoria Fernández-España
María Victoria Fernández-España y Fernández-Latorre, nada na Coruña o 12 de xuño de 1925 e finada en Madrid o 11 de xuño de 1999, foi unha xornalista, escritora —coñecida nestes ámbitos polo pseudónimo de Victoria Armesto— e política galega, deputada pola provincia da Coruña desde 1977 até 1986.
O bitcoin (símbolo: ; abreviatura: BTC) é unha criptomoeda descentralizada creada por un autor anónimo de pseudónimo Satoshi Nakamoto. Está subdividida en 10 millóns de unidades máis pequenas chamadas satoshis. É a moeda alternativa máis empregada cun mercado total de 100 millóns de USD. No canto de ser creados por unha entidade central, a rede peer-to-peer de bitcoin regula a creación e intercambio de bitcoins segundo a programación da mesma rede.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Serxio María Rodríguez Álvarez
Serxio María Rodríguez Álvarez, nado en Ourense en 1996, é un politicólogo e historiador galego con raíces no Couto Mixto, no concello de Calvos de Randín. Os seus traballos de investigación céntranse no eido da historia política e a historia do pensamento.
O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
Cangas, ou Cangas do Morrazo, é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Morrazo, da que é capital histórica. Segundo o IGE, en 2021 tiña 26.708 habitantes, co que é o municipio máis poboado da comarca. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cangués, aínda que tamén é común na zona a forma cangueiro.
Alana é un trío musical galego formado por Antía Vázquez (Oleiros), Pablo Castro (Vimianzo) e Eloy Vidal (Ponteceso) en 2023. O grupo traballa co repertorio da música tradicional galega, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, achegándose ao pop ou á electrónica. O nome do grupo procede da voz celta alun, que fai referencia á harmonía.
En matemáticas, un variedade diferenciable é un tipo de variedade que é localmente suficientemente similar a un espazo vectorial como para aplicar ferramentas do cálculo. Calquera variedade pode ser descrita por unha colección de cartas (atlas). Deste modo, pódense aplicar ideas do cálculo infinitesimal a cada carta individual, xa que cada carta se corresponde cun espazo vectorial no cal as regras habituais do cálculo son aplicables.
La Voz de Galicia é un xornal galego con sede no polígono de Sabón (Arteixo), redactado maioritariamente en castelán, fundado no ano 1882 por Juan Fernández Latorre. La Voz de Galicia fíxose un oco a nivel estatal converténdose nun dos dez medios impresos con maior tiraxe de todo o estado. A empresa editora, La Voz de Galicia Sociedad Anónima, sempre estivo nas mans da mesma familia e na actualidade o accionista maioritario e único é Santiago Rey Fernández-Latorre.
En matemáticas, particularmente en álxebra lineal, a multiplicación de matrices é unha operación binaria que produce unha matriz a partir de dúas matrices. Para a multiplicación de matrices, o número de columnas da primeira matriz debe ser igual ao número de filas da segunda matriz. A matriz resultante, coñecida como produto matricial, ten o número de filas da primeira e o número de columnas da segunda matriz.
A aritmética (do grego αριθμός = número) é unha das máis antigas ramas elementais da matemática. Comunmente enténdese por aritmética a parte da álxebra elemental ensinada na escola primaria que estuda os números e as operacións básicas que con eles se fan. Os matemáticos tamén falan dunha aritmética superior coa que designan á teoría de números.
En Matemáticas, as funcións trigonométricas son funcións dun argumento angular, importantes en diversas aplicacións, derivadas do estudo da xeometría dos triángulos e fundamentais no estudo dos fenómenos periódicos. Poden ser definidas como razóns (cocientes) de dous lados dun triángulo rectángulo contendo o ángulo argumento, ou, máis xeralmente, como cocientes de coordenadas de puntos que definen un círculo de raio unidade, ou, de xeito aínda máis xenérico, como sumatorio de series infinitas ou de xeito equivalente como solucións de certas ecuacións diferenciais, como é presentado máis abaixo. Hai seis funcións trigonométricas básicas.
Unha constante matemática é unha cantidade que, por definición, nunca cambia o seu valor, en oposición ás variables matemáticas. Mentres as constantes físicas dependen de medidas experimentais, as constantes matemáticas non dependen de ningunha propiedade física. Xeralmente son números reais ou complexos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 213.005.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A Casa de 1906 foi o primeiro programa televisivo de telerrealidade feito en Galiza e consiste en situar dúas familias durante dous meses nunha contorna que reproduce a Galiza de principios do século XX. A premisa do programa é responder á pregunta: Podería unha familia actual sobrevivir na época dos nosos bisavós?
Lista de países por PIB nominal per cápita
Esta é unha listaxe de países do mundo ordenada segundo o seu produto interno bruto (PIB) a prezos nominais per cápita, significando a suma de todos os bens e servizos finais producidos por un país nun ano, dividido pola poboación media do mesmo ano. O PIB nominal per capita non pode servir para a comparación da riqueza relativa entre distintos países dado que as fluctuaciones conxunturais entre distintas divisas crean unha ilusión monetaria. Por esa razón, para a comparación da riqueza relativa entre distintos países os economistas recomendan usar PIB per capita en paridade de poder adquisitivo.
Padrón (do latín petra, deriva de petronem< petram)[Cómpre referencia], é un concello da provincia da Coruña, que pertence á comarca do Sar. Segundo o INE en 2015 tiña 8.643 habitantes (8.985 no 2010, 9.016 no 2006, 9.035 no 2005, 9.070 no 2004, 9.136 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «padronés» ou «iriense».
Oracle Corporation é unha das maiores compañías de software do mundo. Os seus produtos van dende bases de datos (Oracle) até sistemas de xestión. Conta ademais, con ferramentas propias de desenvolvemento para realizar potentes aplicacións, como Oracle Designer, Oracle JDeveloper e Oracle Developer Suite.
O Couto Mixto (en portugués: Couto Misto) foi un microestado independente situado no val do río Salas, na vertente norte da serra do Larouco entre Galicia e Portugal. Constituído polas aldeas de Santiago, onde se estableceu a capital, Rubiás e Meaus (hoxe As Maus). Ocupaba unha superficie de 26,9 km² e segundo estimacións do seu penúltimo xuíz, Delfín Modesto Brandón, tiña unha poboación de non máis de 1000 habitantes entre os anos 1862 e 1864.
O índice de democracia é unha medición feita pola Unidade de Intelixencia de The Economist (EIU polas súas siglas en inglés), a través da cal preténdese determinar o rango de democracia en 167 países, dos cales 166 son estados soberanos e 165 son estados membros das Nacións Unidas. Este estudo foi publicado por primeira vez no ano 2006 e ha ter posteriores actualizacións en 2008 e 2010. A unidade de intelixencia do índice de democracia de The Economist basea os resultados en 60 indicadores que se agrupan en cinco diferentes categorías: proceso electoral e pluralismo, liberdades civís, funcionamento do goberno, participación política e cultura política.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Santiago Ramón y Cajal, nado en Petilla de Aragón (Navarra) o 1 de maio de 1852 e finado en Madrid o 17 de outubro de 1934, foi un médico español, especialista en histoloxía e anatomía patolóxica, autor da teoría neuronal pola cal foi distinguido co Premio Nobel de Medicina no ano 1906. Era irmán de Pedro Ramón y Cajal, tamén un importante histopatólogo.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Lista de países por densidade de poboación
Esta é unha lista de países e territorios dependentes ordenados pola súa densidade de poboación en habitantes por km².
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
As linguas zhuang (autónimo: vahcuengh (sawndip: 話僮), en chinés simplificado: 壮语; chinés tradicional: 壯語; pinyin: Zhuàngyǔ) son un grupo de linguas tai faladas polo pobo zhuang que habita no sur da China, na provincia de Guangxi e en partes de Yunnan e Guangdong. As linguas zhuang non forman unha unidade monofilética lingüística, xa que as linguas zhuang do norte e do sur están máis relacionadas con outras linguas tai que entre elas. As linguas zhuang do norte forman un continuo dialectal con diversas variedades tai na froteira da provincia Guizhou, que son chamadas bouyei, mentres que as linguas zhuang do sur forman outro continuo dialectarl co nung, co tay e co caolan, en Vietnam.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Míchigan é un dos 50 Estados dos Estados Unidos de América, un dos líderes nacionais da industria de manufacturación. A capital nacional da industria automobilística está localizada na maior cidade do estado, Detroit, e o estado é o maior produtor de coches e camións dos Estados Unidos. Limita con catro dos cinco Grandes Lagos.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Fisterra (do latín finēs terrae, 'os confíns da terra') é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2017 tiña 4734 habitantes (5.005 no 2009, 5009 no 2006, 5042 no 2005, 5093 no 2004, 5141 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «fisterrán».
A Nintendo 3DS é unha videoconsola portátil que foi producida pola multinacional xaponesa Nintendo dende 2011 até 2020. O seu principal atractivo é a capacidade de mostrar gráficos en 3D sen a necesidade do uso de lentes ou calquera accesorio adicionais, grazas á autoestereoscopia. A Nintendo 3DS presenta compatibilidade co software da Nintendo DS, incluíndo software da Nintendo DSi.
Chámaselle Iberoamérica ós países de América que formaron parte dos imperios español e portugués. Está conformado por Brasil xunto con tódolos países de Hispanoamérica. Estes territorios comprenden case a totalidade do continente americano (de onde habería que exceptuar Canadá, EEUU, Belize, Suriname e a Güiana francesa) e inclúen tamén Cuba, a República Dominicana e Porto Rico.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Australia (en inglés: Australia, [əˈstɹæɪljə] (AFI), escoitar) é o país máis grande da Oceanía. Ocupa toda a illa da Australia e varias illas adxacentes (a máis importante é Tasmania). O continente-illa, como se lle chama a Australia por veces, está bañado polo océano Índico, ao sur e ao oeste, polo mar de Timor, mar de Arafura e estreito de Torres, ao norte, e mar do Coral e mar de Tasmania, ao leste.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
O malespín foi unha xerga da lingua castelá falada no século XIX no Salvador e que tamén se estendeu ao resto de América Central. No presente vestixial, e sobrevive só nun número pequeno de palabras. A tradición di que o malespín foi inventado como unha xiria para o exército salvadoreño polo dirixente político Francisco Malespín.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Licenza de documentación libre de GNU
A Licenza de documentación libre de GNU (GNU Free Documentation License, GFDL) é unha licenza copyleft para contido libre. Foi creada pola Free Software Foundation (FSF, "Fundación para o software libre") para o proxecto GNU. Esta licenza foi deseñada para a documentación do software e outros documentos de axuda. A licenza estipula que calquera copia dos documentos, inclusive se é modificada, sempre levará a mesma licenza.
O cocoliche foi unha fala ou pidgin do castelán mesturado con diversos dialectos italianos do século XIX e comezos do século XX do norte e do sur de Italia (a Alta Italia ou Norte e a Baixa Italia ou Mezzogiorno, respectivamente). O italiano do centro de Italia e o normativo tiveron moi pouca influencia. Os falantes dos dialectos italianos devanditos formaban, entre 1880 e 1930, máis dun 40 % da poboación da cidade de Buenos Aires, capital da Arxentina.
Unha porta ou comporta lóxica é o dispositivo electrónico que permite pór en funcionamento as formulacións da álxebra de Boole de forma física. Cada porta lóxica consiste nunha rede de dispositivos interruptores que cumpren as condicións booleanas para cada operador en particular. Froito da evolución dos transistores e aproveitando as características dos semicondutores son esencialmente circuítos de conmutación integrados nun chip.