Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
Saúl Craviotto Rivero, nado en Lleida o 3 de novembro de 1984, é un piragüista e policía español, especialista na modalidade de kayak. É dobre campión olímpico, en Pequín 2008 e Río de Xaneiro 2016, e tres veces campión do mundo, nos anos 2009, 2010 e 2011. Participou en catro Xogos Olímpicos de Verán, obtendo en total cinco medallas, ouro en Pequín 2008, prata en Londres 2012, ouro e bronce en Río de Xaneiro 2016 e prata en Toquio 2020.
IP é un acrónimo do inglés "Internet Protocol" (ou protocolo de Internet), que é un protocolo usado entre dúas máquinas en rede para encamiñamento dos datos. Os datos nunha rede IP envíanse en bloques referidos como paquetes ou datagramas (os termos son basicamente sinónimos no IP, sendo usados para os datos en diferentes lugares nas capas IP). En particular, no IP ningunha definición é necesaria antes de que o host tente enviar paquetes para un host co cal non se comunicou previamente.
Salvador Illa Roca, nado en La Roca del Vallès o 5 de maio de 1966, é un político catalán, secretario da organización do Partido dos Socialistas de Cataluña (PSC) dende 2016, e presidente da Generalitat de Catalunya dende 2024. Foi alcalde de La Roca del Vallès en dous períodos separados entre 1995 e 2005. Foi ministro de Sanidade de España do 13 de xaneiro de 2020 ao 26 de xaneiro de 2021, durante o segundo goberno de Pedro Sánchez; deixou o cargo para presentarse como candidato do PSC ás eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2021.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña. Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano.
Ayman Mohammed Rabie al-Zawahiri, nado o 19 de xuño de 1951 en Maadi (suburbio do Cairo, Exipto ) e finado o 31 de xullo de 2022 en Cabul (Afganistán) nun ataque cun vehículo aéreo non tripulado estadounidense, foi un xihadista exipcio e líder da rede terrorista Al-Qaida desde 2011 ata a súa morte. Fillo dun farmacéutico, médico de formación e membro dos Irmáns Musulmáns, uniuse inicialmente á Xihad Islámica Exipcia. A finais da década de 1980 rompe cos Irmáns Musulmáns e participou na fundación da organización xihadista salafista Al Qaida.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
María Teresa Portela Rivas, nada en Aldán (Cangas) o 5 de maio de 1982, é unha piragüista galega, que compite na modalidade de augas tranquilas, sendo unha das figuras máis importantes deste deporte a nivel internacional. Gañou 17 medallas no Campionato Mundial e outras 17 no Europeo, e participou en seis edicións dos Xogos Olímpicos, conseguindo a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Cinco lobitos é un filme español de 2022 dirixido e escrito por Alauda Ruiz de Azúa. Está protagonizado por Laia Costa e Susi Sánchez, xunto con Ramón Barea e Mikel Bustamante. Gañou a Biznaga de Ouro ao mellor filme español no Festival de Cinema de Málaga, e a súa directora alzouse co premio ao mellor guión.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
Breakdance nos Xogos Olímpicos
O breakdance é un deporte que forma parte do programa olímpico oficial dende a edición de 2024. Componse de dous eventos de medalla, un masculino e outro feminino, cun total de 16 competidores. O breakdance foi anteriormente deporte de competición nos Xogos Olímpicos da Xuventude de 2018.
A filosofía da evolución é a rama da filosofía que examina as implicacións filosóficas da evolución e as interseccións da bioloxía evolutiva con outros campos como a epistemoloxía, ética, estética e filosofía política. O libro de Charles Darwin de 1859 A orixe das especies é xeralmente considerado como o comezo da concepción contemporánea da evolución. A historia do pensamento evolucionista abrangue desde a antiguidade aos desenvolvementos contemporáneos incluíndo a síntese evolutiva moderna, a síntese evolutiva ampliada e o darwinismo universal.
Rodrigo Germade Barreiro, nado en Cangas o 23 de agosto de 1990, é un piragüista galego. Especialista nas distancias de 500 e 1000 metros do K2 e do K4, foi tres veces campión do mundo (2017, 2021 e 2022), dúas veces campión de Europa (en 2018 e 2023) e gañou unha medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 2020. Foi ademais tres veces subcampión mundial, unha vez subcampión europeo, medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos de 2018 e diploma olímpico en Río 2016.
David Cal Figueroa, nado o 10 de outubro de 1982 en Vilariño (Cangas), é un piragüista galego, especialista nas categorías C1-1000 metros e C1-500 metros e medallista olímpico en cinco ocasións. Converteuse no deportista español con máis medallas olímpicas ó acadar nos Xogos Olímpicos de 2012 a súa quinta medalla, a medalla de prata en C1 1000 metros.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Élan vital é un concepto introducido polo filósofo francés Henri Bergson en 1907 no seu libro L'Évolution créatrice (A evolución creadora). Trataríase dunha forza hipotética que causa a evolución e o desenvolvemento dos organismos, a cal Bergson relacionou estreitamente coa conciencia. Élan vital adoita traducirse por ímpeto vital.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
Lista de medallistas olímpicos galegos
Estes son os deportistas galegos que gañaron unha medalla nos Xogos Olímpicos de Verán. Os primeiros medallistas olímpico galegos foron Luis Otero Sánchez e Moncho Gil, que gañaron a medalla de prata coa selección de fútbol de España nos Xogos Olímpicos de 1920 en Anveres. José Pedro Cea foi o primeiro galego en gañar unha medalla de ouro, a cal conseguiu coa selección de fútbol do Uruguai nos Xogos Olímpicos de 1924 en París.
Un control científico ou experimental ou experimento de control é un experimento ou observación deseñado para minimizar os efectos doutras variables ademais da variable independente. Isto aumenta a fiabilidade dos resultados, moitas veces a través dunha comparación entre medidas de control e as outras medidas. Os controis científicos son parte do método científico usado en moitos campos da experimentación.
O bitcoin (símbolo: ; abreviatura: BTC) é unha criptomoeda descentralizada creada por un autor anónimo de pseudónimo Satoshi Nakamoto. Está subdividida en 10 millóns de unidades máis pequenas chamadas satoshis. É a moeda alternativa máis empregada cun mercado total de 100 millóns de USD. No canto de ser creados por unha entidade central, a rede peer-to-peer de bitcoin regula a creación e intercambio de bitcoins segundo a programación da mesma rede.
Mijaín López Núñez, nado en Consolación del Sur, provincia de Pinar del Río, o 20 de agosto de 1982, é un exloitador cubano especialista en loita grecorromana. Considerado un dos mellores loitadores grecorromanos de todos os tempos, é o único deportista na historia dos Xogos Olímpicos con cinco medallas de ouro na mesma proba (obtívoas en Pequín 2008, Londres 2012, Río 2016, Toquio 2020 e París 2024). Foi ademais cinco veces campión do mundo e cinco veces campión dos Xogos Panamericanos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
María Belén Toimil Fernández, nada en Mugardos o 5 de maio de 1994, é unha atleta galega, especializada en lanzamento de peso e disco. Compite no Playas de Castellón e é a actual posuidora do récord de España de lanzamento de peso (18,80 m). Foi 9 veces campioa de España absoluta e 20 veces campioa de Galicia, e participou nos Xogos Olímpicos de 2020.
LeBron Raymone James, nado o 30 de decembro de 1984 en Akron, Ohio, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga en Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA). Coñecido coma "King James", foi seleccionado na primeira posición do draft da NBA de 2003 polos Cleveland Cavaliers. Foi nomeado Rookie do Ano na tempada 2003-04, MVP da tempada da NBA nas tempadas 2008-09, 2009-10, 2011-12 e 2012-13, MVP das Finais da NBA nas 2011-12 e 2012-13, e foi All-Star todas as tempadas dende 2005.
Presidencia da Generalitat de Cataluña
A Presidencia da Generalitat de Cataluña é ostentada pola máis alta representación da Generalitat de Cataluña e ordinaria do Estado en Cataluña. É a persoa que dirixe e coordina a acción do Consello Executivo ou Goberno. É escollida polo Parlamento de Cataluña de entre os seus deputados e deputadas e nomeada polo rei.
Os símbolos olímpicos son as iconas, bandeiras e símbolos utilizados polo Comité Olímpico Internacional (COI) para exaltar ou representar os Xogos Olímpicos. Algúns deles (como a chama ou o himno) son máis habituais durante as competicións olímpicas, mentres que outros, como a bandeira, pódense ver durante todo o ano.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Almudena Cid Tostado, nada en Vitoria o 15 de xuño de 1980, é unha ex-ximnasta española que competiu na disciplina de ximnasia rítmica e que participou en catro Olimpíadas (1996-2008), sendo a única ximnasta rítmica no mundo que disputou catro finais olímpicas. Abandonou o deporte profesional o 23 de agosto de 2008.
Granada (en inglés Grenada (/ɡrəˈneɪdə/, en francés crioulo granadino: Gwenad /ɡwiˈnaɪd/) é un país insular no mar Caribe que inclúe ás Granadinas do sur. É o segundo país independente máis pequeno do hemisferio occidental (logo de Saint Kitts e Nevis). Atópase na zona sueste do mar Caribe, ao norte de Trinidad e Tobago, ao Nordeste de Venezuela e ao sur de San Vicente e as Granadinas.
Jordi Turull i Negre, nado en Parets del Vallès (Barcelona) o 6 de setembro de 1966, é un político catalán, membro do Partit Demòcrata Europeu Català (PDeCAT). Foi deputado no Parlament de Catalunya entre 2004 e 2018, e en 2017 exerceu de conselleiro de Presidencia e voceiro do Govern. No xuízo ao proceso independentista catalán foi condenado polo Tribunal Supremo de España, en outubro de 2019, a 12 anos de cadea e de inhabilitación polos delitos de sedición e malversación.
Adrián Ben Montenegro, nado en Viveiro o 4 de agosto de 1998, é un atleta galego especialista en probas de media distancia. Foi campión de España e de Europa dos 800 metros, especialidade na que acadou ademais dúas finais mundiais e unha final olímpica. Destacou dende neno gañando diferentes títulos a nivel provincial e autonómico en campo a través e atletismo en pista.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 212.640.
Wardell Stephen "Steph" Curry II, nado o 14 de marzo de 1988 en Akron, Ohio, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga para os Golden State Warriors da National Basketball Association (NBA). Cunha altura de 1,91 m e 86 kg de peso, Curry xoga na posición de base. Dúas veces All-Star da NBA, é fillo do tamén ex xogador da NBA Dell Curry, máximo anotador da historia dos Charlotte Hornets.
O jazz (dʒæz; AFI: [/ʝas/] en galego) é un xénero musical nacido a finais do século XIX nas comunidades afroamericanas de Nova Orleáns (Luisiana) que se expandiu de forma global ao longo do século XX. A identidade musical do jazz é complexa e non pode ser delimitada con facilidade. En primeiro lugar, aínda que a miúdo o termo úsese para facer referencia a un idioma musical (tal como faise, por exemplo, cando se fala da música clásica), o jazz é en realidade unha familia de xéneros musicais que comparten características comúns, pero non representan individualmente a complexidade de xénero como un todo; en segundo lugar, as súas diversas "funcións sociais" (o jazz pode servir como música de fondo para reunións ou como música de baile, pero certos tipos de jazz esixen unha escoita atenta e concentrada) requiren un ángulo de estudo diferente; e en terceiro lugar, o tema racial sempre xerou un profundo debate sobre o jazz, moldeando a súa recepción por parte do público. Aínda que o jazz é un produto da cultura afroamericana, sempre estivo aberto a influencias doutras tradicións musicais variando coa mestura de culturas, e xa desde a década de 1920 foi executado por músicos de diversas partes do mundo cun transfondo moi diferente.
Australia (en inglés: Australia, [əˈstɹæɪljə] (AFI), escoitar) é o país máis grande da Oceanía. Ocupa toda a illa da Australia e varias illas adxacentes (a máis importante é Tasmania). O continente-illa, como se lle chama a Australia por veces, está bañado polo océano Índico, ao sur e ao oeste, polo mar de Timor, mar de Arafura e estreito de Torres, ao norte, e mar do Coral e mar de Tasmania, ao leste.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto. Considerada a atleta galega máis destacada de todos os tempos, foi campioa de Europa tanto ao aire libre como en pista cuberta, gañou unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 e outros dous bronces nos Campionatos do Mundo en Pista Cuberta. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.
O hábeas corpus é unha institución xurídica que obriga a que toda persoa detida sexa presentada nun prazo preventivo determinado perante o xuíz de instrución, que podería ordenar a liberdade inmediata do detido se non encontrase motivo suficiente de arresto. O termo é unha locución latina que provén do latín hábeās corpus [ad subiiciendum] 'que teñas [o teu] corpo [para entregar]', 'terás o teu corpo libre', sendo hábeās a segunda persoa singular do presente de subxuntivo do verbo latino habēre ‘ter’. Ou pode ser chamado igualmente como "corpo presente" ou "persoa presente".
Monforte de Lemos é un concello galego situado ao sur da provincia de Lugo, capital da comarca de Terra de Lemos e da Ribeira Sacra. Recibiu o título de cidade en 1885. Cunha poboación de 18.599 habitantes en 2018 segundo o IGE, Monforte de Lemos é o segundo concello máis poboado da provincia de Lugo, só superado pola capital.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Neptuno é o oitavo planeta a partir do Sol, e o máis afastado no noso sistema solar. No sistema solar, é o cuarto planeta máis grande por diámetro, o terceiro planeta máis masivo e o planeta xigante máis denso. Neptuno ten 17 veces a masa da Terra e é lixeiramente máis masivo que Urano, que ten 15 veces a masa da Terra pero non é tan denso.
Ignacio Garriga Vaz de Concicao (ocasionalmente escrito como Conceição), nado en Sant Cugat del Vallès o 4 de febreiro de 1987, é un odontólogo, profesor universitario e político catalán. En 2021, era o voceiro do comité executivo nacional de VOX. Foi deputado no Congreso dos Deputados por Barcelona na XIII e XIV lexislaturas. Presentouse como candidato nas eleccións ao Parlamento catalán do 14 de febreiro de 2021.
Thora Hjörleifsdottir (islandés: Þóra Hjörleifsdóttir), nada en 1986, é unha novelista e poeta islandesa. O seu primeiro libro, Magma (2019), converteuse nun best-seller no seu país, suscitando un debate público sobre a violencia de xénero. Na actualidade, forma parte do colectivo Svikaskálda ("poetas impostores").
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro. Para o nome de Rosalía, véxase Rosalía (nome) Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Antón Hipólito Alonso Ríos, nado en Camporrapado (Cortegada, Silleda) o 15 de agosto de 1887 e finado en Buenos Aires o 12 de outubro de 1980, foi un mestre, escritor, líder agrarista e político galego que presidiu o Consello de Galiza. Durante os tres anos que durou a Guerra civil fíxose pasar polo “Siñor Afranio” e foi mendigo, traballou nas colleitas e foi criado de casa. Conseguiu sobrevivir asemade que foi vendo como os seus amigos e compañeiros foron apresados, torturados e asasinados.
Serxio María Rodríguez Álvarez
Serxio María Rodríguez Álvarez, nado en Ourense en 1996, é un politicólogo e historiador galego con raíces no Couto Mixto, no concello de Calvos de Randín. Os seus traballos de investigación céntranse no eido da historia política e a historia do pensamento.
Josep Rull i Andreu, nado en Terrassa o 2 de setembro de 1968, é un político e avogado catalán, membro do Partit Demòcrata Europeu Català (PDeCAT) e anteriormente de Convergència Democràtica de Catalunya. Licenciado en dereito pola UAB, militou desde novo na Joventut Nacionalista de Catalunya e posteriormente en Convergència Democràtica de Catalunya (CDC), partido do que foi secretario entre 2014 e 2016. Foi deputado polo Parlament de Catalunya entre 1997 e 2018, cámara na que foi Secretario Terceiro baixo a presidencia de Núria de Gispert, entre 2010 e 2015.
O péntatlon moderno é unha disciplina deportiva olímpica, instaurada polo Barón Pierre de Coubertin, creador das Olimpíadas Modernas, nos Xogos Olímpicos de 1912. O péntatlon moderno baséase nas peripecias dun oficial do exército francés, e consta de 5 probas, que deben realizarse nun só día: tiro con pistola, esgrima, natación 200 metros libres, equitación de obstáculos e carreira a campo-travesa. Cada un dos catro primeiros eventos asigna unha puntación ao deportista segundo o seu rendemento.
Santa Lucía (UK: /sənt luːˈsiːə, -ˈluːʃə/, US: /seɪnt ˈluːʃə/; francés: Sainte-Lucie) é un pequeno país insular das Indias Occidentais no leste do mar Caribe no límite co océano Atlántico. A illa chamábase anteriormente Iyonola, o nome dado á illa polos nativos arauacos, e máis tarde Hewanorra, o nome dado á illa polos nativos caribes, dous pobos amerindios separados. Parte das Illas de Barlovento das Antillas Menores, está situada ao norte/nordés da illa de San Vicente, ao noroeste de Barbados e ao sur da Martinica.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
O mar de ardora, tamén chamado só ardora ou ardentía, é un fenómeno luminoso no océano no que a superficies de auga mariña brilla de forma translúcida en diferentes tons de azul. O termo é usado desde hai moito tempo en lingua galega. Os mariñeiros informaron de que o océano adoita emite un brillo visible que se pode estender durante millas pola noite.
Marcus Cooper Walz, nado en Oxford o 3 de outubro de 1994, é un piragüista español que compite internacionalmente dende 2010. Foi unha vez campión do mundo, dúas veces campión de Europa e gañou dúas medallas olímpicas: un ouro en K-1 1000 metros en Río 2016 e unha prata en K-4 500 metros en Toquio 2020.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Selección de baloncesto de Serbia
A selección de baloncesto de Serbia (en serbio Кошаркашка репрезентација Србије / Košarkaška reprezentacija Srbije) representa óa Serbia nos torneos de baloncesto profesional internacionais. Está organizada pola Federación Serbia de Baloncesto. O equipo foi coñecido ata abril de 1992como selección de baloncesto de Iugoslavia, e ata xuño de 2006 como selección de baloncesto de Serbia e Montenegro.