Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Breakdance nos Xogos Olímpicos
O breakdance é un deporte que forma parte do programa olímpico oficial dende a edición de 2024. Componse de dous eventos de medalla, un masculino e outro feminino, cun total de 16 competidores. O breakdance foi anteriormente deporte de competición nos Xogos Olímpicos da Xuventude de 2018.
Manuel de Pedrolo i Molina, nado en l'Aranyó, no concello de Els Plans de Sió (Segarra), o 1 de abril de 1918 e finado en Barcelona o 26 de xuño de 1990, foi un escritor catalán. Comezou a escribir moi novo, e a súa obra converteuno non só no escritor máis prolífico, senón tamén nunha das figuras máis importantes da literatura catalá do século XX. En 1979 recibiu o Premio de Honra das Lletres Catalanes. Manuel de Pedrolo mantivo as súas firmes convicións políticas até a súa morte, converténdose non intelectual íntegro comprometido co seu tempo e o seu país.
Breakdance nos Xogos Olímpicos de 2024
Os eventos de breakdance nos Xogos Olímpicos de 2024 están programados do 9 ao 10 de agosto de 2024 no parque urbano da Praza da Concordia de París, Francia. Esta é a primeira vez que unha disciplina de dancesport entra no programa olímpico aínda que xa foi presentada nos Xogos Olímpicos da Xuventude de 2018, en Bos Aires, Arxentina.
Listenbourg é un país ficticio creado como un meme de Internet en outubro de 2022, que o representa como unha extensión da Península Ibérica. O usuario francés de Twitter Gaspard Hoelscher compartiu un mapa manipulado de Europa cunha frecha vermella que apuntaba ao contorno dun territorio situado en Galiza, Asturias e Norte de Portugal, coa forma virada do mapa de Francia, e bromeou dicindo que os estadounidenses non poderían nomear ese Estado europeo membro da UE. O tal país fíxose viral nas redes sociais, con algunhas marcas, políticos e organizacións seguindo a broma.
O Principio de Fermat é un principio fundamental da óptica xeométrica e di que o camiño seguido por un raio luminoso dun punto A para un punto B é tal que o tempo decorrido entre a partida de A e a chegada a B é estacionario para pequenas variacións do camiño. Do punto de vista práctico, na maioría dos casos a estacionaridade da duración do traxecto é equivalente ao traxecto ter a duración mínima. Isto é, a traxectoria seguida por un raio de luz é tal que fai mínimo o tempo empregado en ir da orixe ao destino.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
Crystal Fighters é unha banda de música inglesa de alternative dance, formada en Londres no 2007. O seu primeiro álbum, Star of Love, lanzouse en outubro de 2010 no Reino Unido e nos Estados Unidos a través de Atlantic Records en abril de 2012. O seu segundo álbum Cave Rave, foi estreado o 27 de maio de 2013, e o terceiro, Everything Is My Family foi estreado o 21 de outubro de 2016.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O chamado principio de Pareto (tamén coñecido como a regra do 80-20 , afirma que, para moitos fenómenos, o 80% de consecuencias teñen a orixe no 20% das causas. Esta idea ten aplicación, como regra de cálculo, en moitas situacións, mais tamén é moi a miúdo mal usada e mal entendida. O principio foi suxerido por polo pensador de xestión Joseph M. Juran.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Saúl Craviotto Rivero, nado en Lleida o 3 de novembro de 1984, é un piragüista e policía español, especialista na modalidade de kayak. É dobre campión olímpico, en Pequín 2008 e Río de Xaneiro 2016, e tres veces campión do mundo, nos anos 2009, 2010 e 2011. Participou en catro Xogos Olímpicos de Verán, obtendo en total cinco medallas, ouro en Pequín 2008, prata en Londres 2012, ouro e bronce en Río de Xaneiro 2016 e prata en Toquio 2020.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
A evolución cultural é unha teoría evolutiva do cambio social. Procede da definición de cultura como "información capaz de afectar o comportamento dos individuos que adquiren doutros membros da súa especie por medio da ensinanza, imitación e outras formas de transmisión social". A evolución cultural é o cambio desta información co paso do tempo.
Salvador Illa Roca, nado en La Roca del Vallès o 5 de maio de 1966, é un político catalán, secretario da organización do Partido dos Socialistas de Cataluña (PSC) dende 2016, e presidente da Generalitat de Catalunya dende 2024. Foi alcalde de La Roca del Vallès en dous períodos separados entre 1995 e 2005. Foi ministro de Sanidade de España do 13 de xaneiro de 2020 ao 26 de xaneiro de 2021, durante o segundo goberno de Pedro Sánchez; deixou o cargo para presentarse como candidato do PSC ás eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2021.
Rigoletto é unha ópera en tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Francesco Maria Piave, baseado na obra teatral Le Roi s'amuse de Víctor Hugo, mais a ópera desvíase lixeiramente da obra a causa da censura, xa que o personaxe do Duque era orixinalmente o Rei, e algunha parte do texto tivo que ser trocada debido ao contido político. Foi estreada o 11 de marzo de 1851 no Gran Teatro La Fenice de Venecia. Está considerada por moitos unha das primeiras obras mestras operísticas de mediados da carreira de Verdi.
Ana Peleteiro Brión, nada en Ribeira o 2 de decembro de 1995, é unha atleta galega, especialista en triplo salto. Considerada a atleta galega máis destacada de todos os tempos, foi campioa de Europa tanto ao aire libre como en pista cuberta, gañou unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 e outros dous bronces nos Campionatos do Mundo en Pista Cuberta. Asombrou desde moi nena, batendo os récords de España cadete, xuvenil, júnior e promesa e, con 16 anos, foi campioa do mundo júnior no Estadio Olímpico de Barcelona, cun salto de 14,17 m, batendo ademais o récord nacional absoluto.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
IP é un acrónimo do inglés "Internet Protocol" (ou protocolo de Internet), que é un protocolo usado entre dúas máquinas en rede para encamiñamento dos datos. Os datos nunha rede IP envíanse en bloques referidos como paquetes ou datagramas (os termos son basicamente sinónimos no IP, sendo usados para os datos en diferentes lugares nas capas IP). En particular, no IP ningunha definición é necesaria antes de que o host tente enviar paquetes para un host co cal non se comunicou previamente.
O Trofeo Teresa Herrera é un torneo futbolístico de carácter amigábel que ten lugar cada ano na cidade da Coruña, desde 1946. Dispútase dende os seus inicios no estadio de Riazor, sendo organizado primeiro polo Concello da Coruña e dende o ano 2000 polo Deportivo da Coruña. É o torneo amigábel de fútbol que máis edicións leva celebradas no mundo de xeito ininterrompido e está considerado como un dos máis prestixiosos debido á máxima categoría que teñen os equipos que participaron na súa historia.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña. Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 212.662.
O jazz (dʒæz; AFI: [/ʝas/] en galego) é un xénero musical nacido a finais do século XIX nas comunidades afroamericanas de Nova Orleáns (Luisiana) que se expandiu de forma global ao longo do século XX. A identidade musical do jazz é complexa e non pode ser delimitada con facilidade. En primeiro lugar, aínda que a miúdo o termo úsese para facer referencia a un idioma musical (tal como faise, por exemplo, cando se fala da música clásica), o jazz é en realidade unha familia de xéneros musicais que comparten características comúns, pero non representan individualmente a complexidade de xénero como un todo; en segundo lugar, as súas diversas "funcións sociais" (o jazz pode servir como música de fondo para reunións ou como música de baile, pero certos tipos de jazz esixen unha escoita atenta e concentrada) requiren un ángulo de estudo diferente; e en terceiro lugar, o tema racial sempre xerou un profundo debate sobre o jazz, moldeando a súa recepción por parte do público. Aínda que o jazz é un produto da cultura afroamericana, sempre estivo aberto a influencias doutras tradicións musicais variando coa mestura de culturas, e xa desde a década de 1920 foi executado por músicos de diversas partes do mundo cun transfondo moi diferente.
Os Xogos Olímpicos de 2024 (en francés: Jeux Olympiques de 2024), oficialmente os Xogos da XXXIII Olimpíada (en francés: Jeux de la XXXIIIe Olympiade) e tamén coñecidos como París 2024, son un evento multideportivo internacional que se celebrará do 26 de xullo ao 11 de agosto de 2024 con París como a súa principal cidade anfitrioa, xunto con outras 16 cidades repartidas pola Francia metropolitana e outra no territorio francés de ultramar de Tahití como subsedes. París foi galardoado cos Xogos na 131ª Sesión do Comité Olímpico Internacional (COI) en Lima, Perú, o 13 de setembro de 2017. Debido ás múltiples candidaturas retiradas, que deixaron só París e aos Ánxeles en liza, o COI aprobou un proceso para conceder simultaneamente a organización do envento 2024 e 2028.
David Cal Figueroa, nado o 10 de outubro de 1982 en Vilariño (Cangas), é un piragüista galego, especialista nas categorías C1-1000 metros e C1-500 metros e medallista olímpico en cinco ocasións. Converteuse no deportista español con máis medallas olímpicas ó acadar nos Xogos Olímpicos de 2012 a súa quinta medalla, a medalla de prata en C1 1000 metros.
Un control científico ou experimental ou experimento de control é un experimento ou observación deseñado para minimizar os efectos doutras variables que poden estar actuando ademais da variable independente. Isto aumenta a fiabilidade dos resultados, moitas veces a través dunha comparación entre medidas de control e as outras medidas. Os controis científicos son parte do método científico usado en moitos campos da experimentación.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
María Teresa Portela Rivas, nada en Aldán (Cangas) o 5 de maio de 1982, é unha piragüista galega, que compite na modalidade de augas tranquilas, sendo unha das figuras máis importantes deste deporte a nivel internacional. Gañou 17 medallas no Campionato Mundial e outras 17 no Europeo, e participou en seis edicións dos Xogos Olímpicos, conseguindo a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020.
Lista de medallistas olímpicos galegos
Estes son os deportistas galegos que gañaron unha medalla nos Xogos Olímpicos de Verán. Os primeiros medallistas olímpico galegos foron Luis Otero Sánchez e Moncho Gil, que gañaron a medalla de prata coa selección de fútbol de España nos Xogos Olímpicos de 1920 en Anveres. José Pedro Cea foi o primeiro galego en gañar unha medalla de ouro, a cal conseguiu coa selección de fútbol do Uruguai nos Xogos Olímpicos de 1924 en París.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Para os Xogos Olímpicos na Antigüidade véxase este artigo. Os Xogos Olímpicos (Jeux Olympiques en francés, e Olympic Games en inglés), ou olimpíadas son o maior evento deportivo internacional multidisciplinario no que participan atletas de diversas partes do mundo. Os Xogos Olímpicos son considerados a principal competición do mundo deportivo, con máis de duascentas nacións participantes.
O mar de ardora, tamén chamado só ardora ou ardentía, é un fenómeno luminoso no océano no que a superficies de auga mariña brilla de forma translúcida en diferentes tons de azul. O termo é usado desde hai moito tempo en lingua galega. Os mariñeiros informaron de que o océano adoita emite un brillo visible que se pode estender durante millas pola noite.
Os güechas eran os guerreiros da confederación muisca, a cal dominou o Altiplano Cundiboyacense na era precolombiana. Os guerreiros güecha eran escollidos polos seus méritos en canto a condición física e actitude, e non era tan importante a súa clase dentro da sociedade para elixilos. Tiñan un status único dentro da sociedade muisca e adornábanse con ouro, plumas e pintura.
María Tudor é o nome tanto de María I de Inglaterra como da irmá do pai desta, María Tudor, raíña consorte de Francia. María I, nada o 18 de febreiro de 1516 e finada o 17 de novembro de 1558, foi raíña de Inglaterra e Irlanda desde o 6 o 19 de xullo de 1553 ata a súa morte. É coñecida polo seu intento de abrogar a Reforma anglicana, que comezara durante o reinado do seu pai, Henrique VIII. As execucións que marcaron a restauración do catolicismo en Inglaterra e Irlanda suscitaron que os seus opositores protestantes a alcumaran «María a Sanguinaria» (Bloody Mary en inglés).
Almudena Cid Tostado, nada en Vitoria o 15 de xuño de 1980, é unha ex-ximnasta española que competiu na disciplina de ximnasia rítmica e que participou en catro Olimpíadas (1996-2008), sendo a única ximnasta rítmica no mundo que disputou catro finais olímpicas. Abandonou o deporte profesional o 23 de agosto de 2008.
Rodrigo Germade Barreiro, nado en Cangas o 23 de agosto de 1990, é un piragüista galego. Especialista nas distancias de 500 e 1000 metros do K2 e do K4, foi tres veces campión do mundo (2017, 2021 e 2022), dúas veces campión de Europa (en 2018 e 2023) e gañou unha medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 2020. Foi ademais tres veces subcampión mundial, unha vez subcampión europeo, medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos de 2018 e diploma olímpico en Río 2016.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O hábeas corpus é unha institución xurídica que obriga a que toda persoa detida sexa presentada nun prazo preventivo determinado perante o xuíz de instrución, que podería ordenar a liberdade inmediata do detido se non encontrase motivo suficiente de arresto. O termo é unha locución latina que provén do latín hábeās corpus [ad subiiciendum] 'que teñas [o teu] corpo [para entregar]', 'terás o teu corpo libre', sendo hábeās a segunda persoa singular do presente de subxuntivo do verbo latino habēre ‘ter’. Ou pode ser chamado igualmente como "corpo presente" ou "persoa presente".
A Biblia de Kennicott, ás veces denominada primeira Biblia de Kennicott, é unha copia manuscrita da Biblia hebrea escrita na cidade da Coruña en 1476, sendo un dos manuscritos iluminados máis exquisitos que se coñecen en lingua hebrea; está considerado como unha das obras cume da ilustración medieval, e mesmo o manuscrito sefardí máis luxosamente ilustrado do século XV. O manuscrito foi redactado na cidade da Coruña polo calígrafo Moisés Ibn Zabarah e iluminado por Joseph Ibn Hayyim e foi descuberto no século XVIII. É considerado por algúns, como o historiador Carlos Barros, o manuscrito relixioso máis importante da Idade Media galega. O manuscrito recibe o seu nome de Benjamin Kennicott, un cóengo da catedral da Igrexa de Cristo de Oxford (Inglaterra), que mercou o manuscrito á Biblioteca Radcliffe, de onde foi transferido á Biblioteca Bodleian en 1872. Un dos aspectos máis destacados do exemplar é a estreita colaboración que amosa entre o autor do texto e o iluminador, algo poucas veces conseguido neste tipo de traballo, segundo o historiador da cultura xudía Cecil Roth.
Francisco Franco Bahamonde, nado en Ferrol o 4 de decembro de 1892 e finado en Madrid o 20 de novembro de 1975, tamén coñecido como o Caudillo ou o Xeneralísimo, foi un militar e ditador galego, integrante do golpe de Estado de 1936 contra o goberno democrático da Segunda República, que desembocou na guerra civil española. Foi investido como xefe supremo do bando sublevado o 1 de outubro de 1936, exercendo como Xefe do Estado de España desde o remate do conflito en 1939 ata o seu falecemento en 1975, e como xefe de Goberno entre 1938 e 1973. Foi líder do partido único Falange Española Tradicionalista y de las JONS, no que se apoiou para establecer un réxime de inspiración fascista nos seus comezos, que máis tarde derivaría nunha ditadura, coñecida como franquismo, de tipo ultraconservador, católico e anticomunista.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
A PO-182 (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une a paraxe de Maráns e A Mouriña; ambas no concello da Estrada. Ten unha lonxitude de 0,48 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa PO-841 na paraxe de Maráns (A Estrada) e finaliza nun cruzamento coa PO-841 na Mouriña (A Estrada).
A cultura castrexa é unha cultura arqueolóxica do noroeste da Península Ibérica que abranguía as rexións de Galicia, Asturias, norte e centro de Portugal e oeste de León que durou dende os séculos XI ou VI a. C. ata a romanización dos galaicos cara o século I. É a cultura arqueolóxica asociada cos pobos galaicos e ástures. A manifestación máis característica desta cultura é o castro (do latín castrum do que toma o nome), as súas oppidum amuralladas e a produción de espadas, machadas, torques e outros bens de bronce xa dende a Idade do bronce atlántico.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
A patrulla X (na versión orixinal en inglés: X-Men) é unha serie de animación estadounidense que foi estreada o 31 de outubro de 1992 na canle Fox Network como parte da programación de Fox Kids das mañás dos sábados. X-Men é a segunda adaptación de Marvel Comics da súa banda deseñada X-Men, posterior a X-Men: Pryde of the X-Men que non foi ben acollido a pesar de ser emitido numerosas veces entre 1989 e 1992. Estreouse en galego a través da TVG no espazo infantil e xuvenil Xabarín Club.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O leite humano ou leite materno humano é o leite producido polas glándulas mamarias da muller para a alimentación inicial dos seus fillos. O leite é a primeira forma de nutrición do neonato nos mamíferos antes de que poida comer e dixerir outros alimentos. Acéptase de forma xeral que a lactación ten unha serie de beneficios para a saúde do meniño e a nai.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Arsenio Iglesias Pardo, tamén coñecido como o Bruxo de Arteixo ou o Raposo de Arteixo, ou simplemente Arsenio, nado na Baiuca (Arteixo) o 24 de decembro de 1930 e finado na Coruña o 5 de maio de 2023, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego que estivo unido durante boa parte da súa carreira ao Deportivo da Coruña, onde acadou importantes éxitos deportivos, converténdose nunha das figuras máis destacadas da historia do club. Como futbolista xogaba de dianteiro, e tras pasar polo Bergantiños, o Fabril e o Xuvenil, debutou en Primeira División co Deportivo na tempada 1951/52. Xogou seis anos co club coruñés, disputando 146 partidos oficiais e marcando 33 goles.
Marcus Cooper Walz, nado en Oxford o 3 de outubro de 1994, é un piragüista español que compite internacionalmente dende 2010. Foi unha vez campión do mundo, dúas veces campión de Europa e gañou dúas medallas olímpicas: un ouro en K-1 1000 metros en Río 2016 e unha prata en K-4 500 metros en Toquio 2020.
Noroeste Pop Rock, ou Festival Noroeste é un festival de música pop rock que cada ano se celebra no mes de agosto na cidade da Coruña dentro do programa das Festas de María Pita. A edición do ano 2017 foi a número 31 dende os seus comezos nos anos oitenta. Tradicionalmente neste festival o público pode ver de balde as actuacións, que se levan a cabo nun escenario montado na area da praia de Riazor.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Australia (en inglés: Australia, [əˈstɹæɪljə] (AFI), escoitar) é o país máis grande da Oceanía. Ocupa toda a illa da Australia e varias illas adxacentes (a máis importante é Tasmania). O continente-illa, como se lle chama a Australia por veces, está bañado polo océano Índico, ao sur e ao oeste, polo mar de Timor, mar de Arafura e estreito de Torres, ao norte, e mar do Coral e mar de Tasmania, ao leste.
O bitcoin (símbolo: ; abreviatura: BTC) é unha criptomoeda descentralizada creada por un autor anónimo de pseudónimo Satoshi Nakamoto. Está subdividida en 10 millóns de unidades máis pequenas chamadas satoshis. É a moeda alternativa máis empregada cun mercado total de 100 millóns de USD. No canto de ser creados por unha entidade central, a rede peer-to-peer de bitcoin regula a creación e intercambio de bitcoins segundo a programación da mesma rede.
Os Xogos Olímpicos de Verán (en francés: Jeux olympiques d'été) son un importante acontecemento deportivo internacional celebrado normalmente cada catro anos. Os primeiros Xogos de Verán celebráronse en 1896 en Atenas, Grecia, e os máis recentes celebráronse en 2016 en Río de Xaneiro, no Brasil. O Comité Olímpico Internacional (COI) organiza os Xogos e supervisa os preparativos da cidade que os hospeda.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
Mijaín López Núñez, nado en Consolación del Sur, provincia de Pinar del Río, o 20 de agosto de 1982, é un exloitador cubano especialista en loita grecorromana. Considerado un dos mellores loitadores grecorromanos de todos os tempos, é o único deportista na historia dos Xogos Olímpicos con cinco medallas de ouro na mesma proba (obtívoas en Pequín 2008, Londres 2012, Río 2016, Toquio 2020 e París 2024). Foi ademais cinco veces campión do mundo e cinco veces campión dos Xogos Panamericanos.
Hesbulá, Hizbulá, Hezbollah, Ḥizb Allāh, (en árabe حزب الله, que significa "Partido de Deus"), é un grupo islamista libanés que ten un brazo civil e un brazo militar. Fundouse en 1982 como resistencia á invasión israelí do sur do Líbano. Hesbulá é considerado por gran parte do mundo árabe e musulmán como un lexítimo movemento de resistencia.
Santa Lucía (UK: /sənt luːˈsiːə, -ˈluːʃə/, US: /seɪnt ˈluːʃə/; francés: Sainte-Lucie) é un pequeno país insular das Indias Occidentais no leste do mar Caribe no límite co océano Atlántico. A illa chamábase anteriormente Iyonola, o nome dado á illa polos nativos arauacos, e máis tarde Hewanorra, o nome dado á illa polos nativos caribes, dous pobos amerindios separados. Parte das Illas de Barlovento das Antillas Menores, está situada ao norte/nordés da illa de San Vicente, ao noroeste de Barbados e ao sur da Martinica.