Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Manuel de Pedrolo i Molina, nado en l'Aranyó, no concello de Els Plans de Sió (Segarra), o 1 de abril de 1918 e finado en Barcelona o 26 de xuño de 1990, foi un escritor catalán. Comezou a escribir moi novo, e a súa obra converteuno non só no escritor máis prolífico, senón tamén nunha das figuras máis importantes da literatura catalá do século XX. En 1979 recibiu o Premio de Honra das Lletres Catalanes. Manuel de Pedrolo mantivo as súas firmes convicións políticas até a súa morte, converténdose non intelectual íntegro comprometido co seu tempo e o seu país.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Os fármacos antivirais, medicamentos antivirais ou, simplemente, antivirais son unha clase de medicamentos usados para tratar infeccións virais. A maioría dos antivirais actúan sobre virus específicos, mentres que os antivirais de amplo espectro son efectivos contra unha ampla gama de virus. Os fármacos antivirais son unha clase de antimicrobianos, un termo máis amplo que abrangue a antibióticos (tamén chamados antibacterianos), antifúnxicos e fármacos antiparasitarios, ou fármacos antivirais baseados en anticorpos monoclonais.
A ecoloxía dos ecosistemas é o estudo integrado dos compoñentes vivos (bióticos) e non vivos (abióticos) dos ecosistemas e as súas interaccións dentro dun marco de ecosistemas. Esta ciencia examina o funcionamento dos ecosistemas e relaciona isto cos seus compoñentes, como produtos químicos, rochas, solo, plantas e animais. A ecoloxía dos ecosistemas estuda como todas as partes dun ecosistema (as criaturas vivas e o ambiente físico) interactúan entre si.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
Modelos autorregresivos integrados de medias móbiles
En estatística, un modelo autorrregresivo integrado de medias móbiles (ARIMA) é unha xeneralización dun modelo autorregresivo de media móbil (ARMA). Estes modelos axústanse a datos de series temporales para entender mellor os datos ou para predicir puntos futuros da serie. O modelo adóitase describir como un modelo ARIMA (p,d,q) onde p, d e q son enteiros iguales ou maiores que cero e fan referencia á orde das partes autorregresiva, integrada e de medias móbiles do modelo, respectivamente.
A teoría da carga perceptiva é unha teoría psicolóxica da atención. Esta teoría foi presentada pola neurocientífica Nilli Lavie a mediados dos 90, como unha posible solución do debate da selección temperá-tardía. Este debate refírese ao "problema do cóctel": como seleccionan as persoas nun cóctel a conversa que están escoitando e ignoran as outras?
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Defínese a intelixencia artificial (IA) como aquela intelixencia exhibida por artefactos creados por humanos (é dicir, artificial). A miúdo aplícase hipoteticamente aos computadores. O nome tamén se usa para se referir ao campo da investigación científica que intenta acercarse á creación de tales sistemas.
O Festival de Eurovisión 1961 foi a 6ª edición do festival de Eurovisión. Por segunda vez o concurso foi feito na cidade francesa de Cannes, cidade na que xa fóra hospedado no 1959. Organizado pola Unión Europea de Radiodifusión (EUR, polas siglas en galego ou EBU polas súas siglas en inglés) e a televisión anfitrioa local, a RTF siglas en francés para Radiodiffusion-Télévision Française (en galego: Televisión Francesa de Radiodifusión).
The Wolf of Wall Street (filme de 2013)
The Wolf of Wall Street é un filme estadounidense dirixido por Martin Scorsese que se estreou no 2013.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
O bitcoin (símbolo: ; abreviatura: BTC) é unha criptomoeda descentralizada creada por un autor anónimo de pseudónimo Satoshi Nakamoto. Está subdividida en 10 millóns de unidades máis pequenas chamadas satoshis. É a moeda alternativa máis empregada cun mercado total de 100 millóns de USD. No canto de ser creados por unha entidade central, a rede peer-to-peer de bitcoin regula a creación e intercambio de bitcoins segundo a programación da mesma rede.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A bandeira de Afganistán (en persa: بيرق افغانستان, en paxto: د افغانستان بيرغ) consiste nun campo branco coa Shahada escrita enriba en negro. O país tivo uns 25 deseños diferentes de bandeiras dende a dinastía Hotak estabelecida en 1709. Só durante o século XX, Afganistán tivo 19 bandeiras nacionais distintas, máis que ningún outro país durante ese mesmo período de tempo, e a maioría delas tiñan as cores negra, vermella e verde.
Antonia Ramírez, finada o 11 de xuño de 2024, foi unha muller indíxena, cantautora e falante nativa da lingua pipil do Salvador. Era orixinaria de Santo Domingo de Guzmán, Sonsonate, onde coordinaba a Casa da Cultura. Como promotora do pipil fixo diversas achegas á revitalización da lingua no país, que en 2007 foi clasificada pola UNESCO como en perigo de extinción.
José Luís Escrivá Belmonte, nado en Albacete o 5 de decembro de 1960, é un economista español, actual ministro de Transformación Dixital dende 2023 e anteriormente ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións do Goberno de España dende 2020 ata 2023. Experto en econometría, foi presidente da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIReF) dende 2014 até 2020. Tamén desempeñou a presidencia da Rede de Institucións Fiscais Independentes da Unión Europea entre 2015 e 2019.
Cold Mountain é un filme estadounidense dirixido por Anthony Minghella que se estreou no 2003. Baséase na novela homónima de 1997 escrita por Charles Frazier. Está protagonizado por Jude Law, Nicole Kidman e Renée Zellweger, xunto con Eileen Atkins, Brendan Gleeson, Philip Seymour Hoffman, Natalie Portman, Jack White, Giovanni Ribisi, Donald Sutherland e Ray Winstone nos papeis secundarios.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
En cálculo vectorial e física, un campo vectorial é unha asignación dun vector a cada punto dun espazo, ou máis comunmente espazo euclidiano R n {\displaystyle \mathbb {R} ^{n}} . Un campo vectorial nun plano pódese visualizar como unha colección de frechas con magnitudes e direccións dadas, cada unha unida a un punto do plano. Os campos vectoriais úsanse a miúdo para modelar, por exemplo, a velocidade e a dirección dun fluído en movemento ao longo do espazo tridimensional, como o vento, ou a forza e dirección dalgunha forza, como a forza magnética ou gravitatoria, xa que muda dun punto a outro punto.
As redes xerativas adversativas (RXAs), tamén coñecidas como GANs polas súas siglas en inglés (Generative Adversarial Networks), son unha arquitectura de rede neural artificial introducida por Ian Goodfellow et al. en 2014. Estas redes constan de dúas sub-redes que compiten entre si: un xerador, que intenta crear datos falsificados (como imaxes, texto ou son) a partir dun ruído inicial, e un discriminador, que tenta distinguir entre os datos reais e os datos xerados artificialmente.
Transformador (modelo de aprendizaxe automática)
Un transformador (ou transformer, do inglés) é un modelo de aprendizaxe profunda, que adopta un mecanismo de autoponderación, ponderando de forma diferencial a importancia de cada parte dos datos de entrada. A isto coñéceselle como mecanismo de atención, concepto revolucionario que mellorou considerablemente o potencial das redes neurais. Os transformadores úsanse en certos campos como o procesamento da linguaxe natural e a visión por ordenador.Do mesmo xeito que as redes neurais recorrentes, os transformadores están deseñados para procesar datos de entrada secuenciais, como a linguaxe natural, con aplicacións para tarefas como a tradución e o resumo de textos.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O liderado é o conxunto de principios que un individuo ten para influír na forma de ser e actuar das persoas ou nun grupo de traballo determinado, facendo que este equipo traballe con entusiasmo cara ao logro das súas metas e obxectivos. Tamén se entende como a capacidade de delegar, tomar a iniciativa, xestionar, convocar, promover, incentivar, motivar e avaliar un proxecto, de forma eficaz e eficiente, sexa este persoal, institucional ou doutra clase (dentro do proceso administrativo da organización). Todo isto pódese observar dentro da propia dirección dunha empresa.
O complexo de Mesías é un estado psicolóxico no cal o individuo cre ser ou estar destinado a ser un salvador espiritual nalgún campo de actuación específico, grupo, evento, ou ao redor dunha determinada situación, ou incluso para toda a humanidade ou tódalas formas de vida. Tende a estar baseado en ideas relixiosas. Aqueles que sofren este complexo de Mesías cren alcanzar a súa propia gloria e teñen absoluta confianza nas súas capacidades e no su propio destino, así como nos efectos que a súa participación tería sobre un grupo de persoas ou aspectos do mundo.
BERT (Representacións de Codificador Bidireccional de Transformadores, en inglés, Bidirectional Encoder Representations from Transformers) é un modelo de linguaxe bidireccional introducido en outubro de 2018 por investigadores de Google. Aprendeuse mediante a aprendizaxe supervisada a representar o texto como unha secuencia de vectores. Ten a arquitectura do codificador do transformador.
O Consello da Cultura Galega é un organismo oficial independente con personalidade xurídica propia destinado a dinamizar a lingua e a cultura de Galicia na sociedade e asesorar os poderes públicos de Galicia. É un organismo estatutario, previsto no artigo 32 do Estatuto, foi creado o 8 de xullo de 1983. Ten a súa sede no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Justicia artificial en castelán e Justiça Artificial en portugués é un thriller político hispano-portugués de 2024 dirixido por Simón Casal a partir dun guión de Casal e Víctor Sierra. O filme está protagonizado por Verónica Echegui, Alberto Ammann, Tamar Novas e Alba Galocha, e conta no seu elenco con numerosos actores galegos, entre eles Xabier Deive na súa derradeira actuación antes do seu pasamento<.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Os IBM Aptiva foron unha liña de computadores persoais que foron producidos por IBM. Foi deseñado principalmente para uso na casa e ofreceu unha gama de modelos con características e especificacións variábeis. Foi presentado en setembro de 1994 para substituír os antigos IBM PS/1. O primeiro modelo de Aptiva estaba baseado nunha CPU Intel 80486, mentres que os modelos posteriores utilizaron o Intel Pentium e CPU's de AMD. Todos os sistemas foron desenvolvidos en privado excepto o máis tardío, a serie E, que foi desenvolvida por Acer.
Complexo (do latín complectere: abrazar, abarcar; participio perfecto: complexum) é un termo que indica un conxunto que totaliza, engloba ou abarca unha serie de partes individuais (feitos, ideas, fenómenos e procesos). Empregase en forma xeral en psicoloxía para indicar a integración de vivencias ou experiencias individuais nunha experiencia de conxunto. O concepto é empregado principalmente nas escolas psicolóxicas e en enfoques dinámicos ou analíticos e estando menos presente nos enfoques conductuales.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Conxectura de Artin sobre raíces primitivas
En teoría de números, a conxectura de Artin sobre raíces primitivas expresa que dado un número entero a que non é un cadrado perfecto e tampouco −1, é unha raíz primitiva módulo de infinitos primos p. A conxectura tamén describe unha densidade asintótica de eses primos. Esta densidade conxectural é igual á constante de Artin ou a un múltiplo racional da mesma.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Un dos nosos (en inglés: Goodfellas) é un filme estadounidense dirixido por Martin Scorsese que se estreou no ano 1990. É unha adaptación do libro non ficticio 1986 Wiseguy de Nicholas Pileggi, quen tamén co-guionizou o filme xunto con Scorsese. O filme conta o ascenso e caída de Henry Hill, colaborador da familia criminal Lucchese entre 1955 e 1980.
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peón é rei". A cidade é coñecida polo seu urbanismo, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible.
Un cruceiro é un monumento relixioso constituído por unha cruz de pedra elevada sobre unha columna, habitualmente con unha ou varias imaxes, asentada sobre unha plataforma e situado, normalmente, en lugares públicos, principalmente encrucilladas, beiras de camiños, adros de igrexas etc., lugares nos que ás veces existían xa cultos pagáns á natureza (teoría xa proposta por Murguía e mantida por case tódolos autores.[Cómpre referencia]) O cruceiro é un dos monumentos máis fortemente enraizado na terra e na cultura galegas, intimamente vencellado á paisaxe rural galega Xorde nos máis inesperados recunchos e constitúese en obxecto de respecto e devoción populares. Hoxe séguense a esculpir e plantar en prazas, xardíns e propiedades particulares pero xa cun obxectivo decorativo nada máis. O cruceiro tamén é característico doutras rexións do mundo con fortes raíces católicas, por exemplo Irlanda en Europa onde se chaman high cross as que son de moita influencia celta e que existen desde o século VII. Tamén aparecen cruceiros semellantes aos galegos e portugueses en amplas zonas de Francia (especialmente na Bretaña), Alemaña e Gran Bretaña.
No campo da psicoloxía, a mente ausente é un estado mental no que unha persoa que o padece mostra falta de atención ou unha leve perda de memoria. É o estado mental oposto ao de atención plena. A mente ausente adoita ter como causas o aburrimento, o sono, os pensamentos obsesivos, a distracción ou a preocupación polo propio monólogo interno.
San Marino, oficialmente Serenísima República de San Marino, (en italiano: Serenissima Repubblica di San Marino) é unha república situada nos Apeninos, enclavada no interior de Italia, e sen saída ao mar. Cun tamaño de tan só 61,4 km² é un dos países máis pequenos do mundo, só superando en Europa a Cidade do Vaticano e Mónaco. Ademais con preto de 34.000 habitantes é o estado menos poboado dos membros de Consello de Europa.
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 213.197.
O aburrimento, fastío ou tedio é un estado de desinterese ou de falta de enerxía propio dos humanos como reacción a estímulos que se perciben como monótonos ou repetitivos ou pola falta de cousas interesantes para ver, oír ou facer cando non se desexa estar sen facer nada. Cando é un estado moi frecuente o aburrimento tamén pode ser un síntoma de depresión.
O complexo de castración é un concepto pertencente ao psicanálise e refírese a unha estrutura que irrompe na psique humana durante a infancia. Está relacionada co complexo de Edipo (para rapaces de entre 3 e 5 anos). Basicamente, trátase no varón do medo á pérda do falo a mans do seu pai, e na muller á constatación de que "foi castrada".
Un transformador de visión (en inglés: Vision Transformer, abreviado habitualmente como ViT), é un tipo de transformador de redes neurais, modelo baseado en aprendizaxe profunda. Este modelo emprégase especificamente en tarefas de procesamento visual, tales como o recoñecemento de imaxes, a detección de obxectos, a segmentación de obxectos ou o seguimento visual. A idea dos transformadores de visión bebe directamente dos primeiros transformadores que habitualmente eran empregados en tarefas como o procesamento da linguaxe natural, cunha serie de adaptacións que levaron a traballar con eles no campo da visión por computador.
O bipartito galego, tamén coñecido como goberno bipartito, foi unha forma de goberno en coalición da Xunta de Galicia durante o período comprendido entre o 2 de agosto de 2005 e o 16 de abril de 2009 entre o PSdeG-PSOE e o Bloque Nacionalista Galego, caracterizado polo repartimento entre ambas forzas políticas e mediante convenio dos diferentes organismos públicos administrativos que a compoñen.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
O Peugeot 306 é un automóbil do segmento C producido polo fabricante francés Peugeot entre 1993 e 2001. É o sucesor do Peugeot 305, e foi substituído no 2001 polo Peugeot 307. Algúns dos seus competidores foron o Ford Escort, o Fiat Bravo/Brava, o Opel Astra, o Renault Mégane, o Peugeot 205, o Peugeot 406 ou o Volkswagen Golf.
As redes neurais convolucionais (tamén chamadas CNN polas súas siglas en inglés: Convolutional Neural Networks) son un tipo especializado de redes neurais para procesar datos que teñen unha topoloxía coñecida en forma de cuadrícula. Caracterízanse por servir para detectar diferentes características en imaxes, aínda que se poden utilizar en moitos outros ámbitos. Están formadas por unha secuencia de capas convolucionais e funcións de activación.
En matemáticas, unha forma cadrática é un polinomio con termos todos de grao dous (un polinomio homoxéneo de grao 2). Por exemplo, 4 x 2 + 2 x y − 3 y 2 {\displaystyle 4x^{2}+2xy-3y^{2}} é unha forma cadrática nas variábeis x e y. Os coeficientes adoitan pertencer a un corpo fixo K, como os números reais ou complexos, e fálase dunha forma cadrática sobre K. Se K = R, e a forma cadrática é igual a cero só cando todas as variábeis son simultaneamente cero, entón é unha forma cadrática definida; se non é unha forma cadrática isotrópica.
María Jesús "Chus" Gutiérrez, nada en Granada o 26 de novembro de 1962, é unha directora, escritora e actriz española. Gutiérrez tivo experiencias de ida e volta entre España e os Estados Unidos, o que influíu na súa realización cinematográfica, xa que os seus filmes son coñecidos por tratar temas como a inmigración, a globalización e a multiculturalidade.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.