Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Manuel de Pedrolo i Molina, nado en l'Aranyó, no concello de Els Plans de Sió (Segarra), o 1 de abril de 1918 e finado en Barcelona o 26 de xuño de 1990, foi un escritor catalán. Comezou a escribir moi novo, e a súa obra converteuno non só no escritor máis prolífico, senón tamén nunha das figuras máis importantes da literatura catalá do século XX. En 1979 recibiu o Premio de Honra das Lletres Catalanes. Manuel de Pedrolo mantivo as súas firmes convicións políticas até a súa morte, converténdose non intelectual íntegro comprometido co seu tempo e o seu país.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Clive Staples Lewis, coñecido como C. S. Lewis, nado o 29 de novembro de 1898 en Belfast e finado o 22 de novembro de 1963, foi un autor e escritor norteirlandés que destacou polo seu traballo académico sobre literatura medieval e pola apoloxética cristiá que desenvolveu a través de varias obras e conferencias. É igualmente coñecido por ser o autor da famosa serie de libros infantís de nome The Chronicles of Narnia.
O bitcoin (símbolo: ; abreviatura: BTC) é unha criptomoeda descentralizada creada por un autor anónimo de pseudónimo Satoshi Nakamoto. Está subdividida en 10 millóns de unidades máis pequenas chamadas satoshis. É a moeda alternativa máis empregada cun mercado total de 100 millóns de USD. No canto de ser creados por unha entidade central, a rede peer-to-peer de bitcoin regula a creación e intercambio de bitcoins segundo a programación da mesma rede.
María Valverde Rodríguez, nada en Madrid o 24 de marzo de 1987, é unha actriz española, gañadora do Goya á mellor actriz revelación 2003 polo filme La flaqueza del bolchevique. É coñecida por interpretar o papel de Babi no exitoso filme español Tres metros sobre el cielo, estreado o 3 de decembro de 2010, que protagonizou xunto ao galego Mario Casas.
Produto final da glicación avanzada
Os produtos finais da glicación avanzada ou PFGAs (na literatura inglesa AGEs ou advanced glycation end-products) son proteínas ou lípidos que quedan glicados como resultado da exposición a azucres. Son biomarcadores implicados no envellecemento e no desenvolvemento ou empeoramento de moitas doenzas dexenerativas, como a diabetes, aterosclerose, enfermidade renal crónica e enfermidade de Alzheimer.
A balsa muisca ou balsa dourada é unha peza votiva de ourivaría precolombiana feita pola cultura muisca, un pobo indíxena que habita na Cordilleira Oriental dos Andes colombianos. A peza probablemente fai referencia á cerimonia de ofrenda de ouro descrita na lenda de El Dorado, que ocasionalmente tiña lugar na lagoa de Guatavita. Neste ritual, o novo xefe muisca (o zipa), que estaba a bordo dunha balsa e cuberto de po de ouro, guindaba obxectos de ouro á lagoa como ofrendas aos deuses, antes de mergullarse na lagoa.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Para o artigo do poeta galego nado en 1952 véxase: Luís González Tosar. Luís López Tosar, coñecido como Luís Tosar, nado en Xustás (Cospeito) o 13 de outubro de 1971, é un actor e músico galego. É coñecido por actuar en filmes como Cela 211, Te doy mis ojos, Mientras duermes, También la lluvia e Os luns ó sol.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
José Luís Escrivá Belmonte, nado en Albacete o 5 de decembro de 1960, é un economista español, e anteriormente ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións do Goberno de España dende 2020 ata 2023 e, posteriormente, ministro de Transformación Dixital dende 2023 e gobernador do Banco de España, dende setembro de 2024. Experto en econometría, foi presidente da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIReF) dende 2014 até 2020. Tamén desempeñou a presidencia da Rede de Institucións Fiscais Independentes da Unión Europea entre 2015 e 2019.
O Consello da Cultura Galega é un organismo oficial independente con personalidade xurídica propia destinado a dinamizar a lingua e a cultura de Galicia na sociedade e asesorar os poderes públicos de Galicia. É un organismo estatutario, previsto no artigo 32 do Estatuto, foi creado o 8 de xullo de 1983. Ten a súa sede no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación. Un rastro de "sesión" é o que xeralmente remata cando pechas o navegador ou a aplicación móbil.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo
Esta é unha lista, moi incompleta, dos xornais e outras publicacións periódicas impresas que hai ou houbo na Provincia de Lugo.
Carlos Mouriz Castro, nado o 4 de agosto de 1960 en Lugo, é un exfutbolista galego, que exerceu como director deportivo do Club Deportivo Lugo até o ano 2015, conseguindo subir ao club desde a Terceira División até Segunda División, onde o club permanece até a súa marcha sen ocupar nunca postos de desceso. Como futbolista xogaba de defensa.
Unha máquina é un dispositivo que transforma unha forma de enerxía noutra e forma un conxunto independente de mecanismos deseñados co obxectivo de realizar unha ou máis tarefas determinadas. Unha máquina pode ser ou non automática ou intelixente, por exemplo, conter ou non elementos eléctricos, electrónicos, hidráulicos etc. Algunhas poden recibir nomes concretos segundo o seu uso ou obxecto, tales como máquina de afeitar, máquina de coser, máquina de lavar, máquina de escribir, máquina de retratar, máquina de calcular, máquina de picar carne, máquina de cortar embutidos, máquina de facer churros, máquina de segar, máquina de imprimir etc.
The Wolf of Wall Street (filme de 2013)
The Wolf of Wall Street é un filme estadounidense dirixido por Martin Scorsese que se estreou no 2013.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Un wiki é unha aplicación web que permite aos internautas engadir, modificar ou borrar contido mediante software colaborativo que permite a edición colectiva dos documentos usando un sistema sinxelo sen que teña que ser revisado antes da súa publicación, toma o seu nome dunha palabra hawaiana que significa rápido. O meirande wiki do mundo é a Wikipedia, que ten o obxectivo de elaborar unha enciclopedia libre.[Cómpre referencia] O obxectivo dunha wiki é democratizar un pouco a creación e mantemento das páxinas; ou eliminar a "síndrome dun só webmaster".[Cómpre referencia] O potencial do wiki radica na non necesidade de aprender a usar complicadas etiquetas en HTML para escribir de xeito sinxelo documentos e establecer enlaces no sitio web.
Olvera é un municipio español da provincia de Cádiz, na comunidade autónoma de Andalucía. Está incluído na comarca da Sierra de Cádiz. Obtivo o título de cidade no ano 1877 concedido por Afonso XII. A localidade está situada ao nordés da serra gaditana, sendo fronteiriza coas provincias de Sevilla e Málaga.
Rocco e os seus irmáns (italiano: Rocco e i suoi fratelli) é un filme franco-italiano de 1960 dirixido por Luchino Visconti e protagonizado por Alain Delon, Annie Girardot, Renato Salvatori, Katina Paxinou, Roger Hanin, Paolo Stoppa e Claudia Cardinale, nun dos seus primeiros papeis. Ambientado no Milán de 1960, conta a historia dunha familia migrante do sur de Italia e a súa desintegración na sociedade do norte industrial.
José Melchor Gomis Colomer, nado en Ontinyent o 6 de xaneiro de 1791 e finado en París o 27 de xullo de 1836, foi un compositor romántico valenciano. De grande éxito na súa época, é coñecido especialmente por atribuírselle a autoría da música do Himno de Riego, himno nacional de España no Trienio Liberal e oficioso durante a Segunda República Española. José Melchor Gomis empezou a súa carreira na Capelanía de Santa María de Ontinyent, continuándoa posteriormente no coro da catedral de Valencia.
O conservadorismo é unha filosofía política e social que defende o mantemento das institucións sociais tradicionais no contexto da cultura e da civilización. En filosofía política, denomínase conservadorismo en sentido amplo ao conxunto de doutrinas e movementos políticos que favorecen o uso do poder político ou a forza do Estado para conservar ou restaurar tradicións —crenzas ou costumes— dun pobo ou nación, que poden ser de tipo relixiosas, culturais ou políticas. Nestes casos o termo conservadorismo é entendido como un tradicionalismo en política ou manter intacto unha orde política presente ou como reaccionarismo ou restauración dunha orde política perdida.
Los del Río é un dúo musical formado por Antonio Romero Monge e Rafael Ruiz Perdigones. Iniciaron a súa carreira musical na década dos 60. O seu maior éxito chegou con "Macarena" entre os anos 1995 e 1997, converténdose no terceiro sinxelo e a canción en español máis vendida da historia da música a nivel mundial con máis de 14 millóns.
Lita Cabellut, nada en Sariñena (Huesca) o 24 de outubro de 1961, é unha artista multidisciplinar española que traballa con óleo sobre lenzo, debuxo en papel, escultura, fotografía, poesía, poema visual e vídeo. De orixe humilde, foi criada en Barcelona e desde os 19 anos vive na Haia. Recoñecida pola súa pintura, traballa con lenzos de gran formato utilizando unha característica variación contemporánea da técnica do fresco.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 213.207.
Ana Alicia Guerra Morales, nada en San Cristóbal de La Laguna (Tenerife) o 18 de febreiro de 1994, coñecida como Ana Guerra, é unha cantante e compositora española que se deu a coñecer pola súa participación no programa Operación Triunfo 2017. Foi candidata para representar a España no Festival de Eurovisión 2018, con dous temas, «El remedio», e un tema en dueto coa tamén concursante Aitana Ocaña titulado «Lo malo». Finalmente, ambas as cantantes non foron seleccionadas para representar o país no certame europeo.
Eugenio Montero Ríos, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1832 e finado en Madrid o 12 de maio de 1914, foi un destacado xurista e político galego, alcumado o "cuco de Lourizán" onde residiu até pouco antes de morrer. Foi partidario da separación entre Igrexa e Estado, e á súa iniciativa débense a Lei do Rexistro Civil, a Lei do Matrimonio Civil e a Lei Orgánica do Poder Xudicial.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
San Cristovo de Remesar é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2011 tiña unha poboación de 135 persoas (72 mulleres e 63 homes), distribuída en 10 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 246 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 212 persoas.
Soul é un filme estadounidense de animación de 2020, producido por Pixar Animation Studios e distribuído por Walt Disney Pictures. Foi dirixido por Pete Docter e codirixido por Kemp Powers, e está protagonizado polas voces de Jamie Foxx, Tina Fey, Graham Norton, Rachel House, Alice Braga, Richard Ayoade, Phylicia Rashad, Donnell Rawlings, Questlove e Angela Bassett.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.
O Gato de Schrödinger é unha experiencia mental teórica (Gedanken) deseñada por Erwin Schrödinger que procura explicar cun exemplo ilustrativo a incompletitude da teoría da mecánica cuántica ao pasar do nivel subatómico ao macroscópico. O experimento propón o seguinte: Un gato nunha caixa selada. No interior da caixa existe un dispositivo que contén un núcleo radioactivo e mais un frasco de gas velenoso.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».