Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Eleccións municipais de 2015 en Galicia
As eleccións municipais de 2015 celebráronse o día 24 de maio de 2015 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 314 corporacións municipais, unha menos que nos comicios precedentes, logo da fusión de Oza-Cesuras, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día que as eleccións municipais.
Cyanocitta cristata, ás veces chamado gaio azul, é unha ave paseriforme da familia dos córvidos, nativa do leste de América do Norte. Vive na maior parte do leste e centro dos Estados Unidos; algunhas poboacións do leste poden ser migratorias. Poboacións residentes poden encontrarse tamén en Terra Nova, Canadá; poboacións reprodutoras atópanse polo sur do Canadá.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A parábola (do grego: παραβολή) é unha sección cónica xerada pola intersección dunha superficie cónica de segundo grao (un cono recto) e un plano paralelo a unha liña xeradora do cono, é dicir, paralelo á unha xeratriz deste. Unha parábola tamén pode ser definida como o lugar xeométrico dos puntos que son equidistantes dun punto dado (chamado foco) e dunha recta dada (chamada directriz). Aparece en moitos eidos das ciencias aplicadas, debido a que as gráficas das ecuacións cuadráticas son parábolas.
O Canadá (en inglés e francés: Canada) é un país que ocupa a metade norte da América do Norte. Limita cos Estados Unidos de América, localizado ao sur do país (Estados Unidos continentais) e ao noroeste (estado norteamericano de Alasca). Ao norte localízase o océano Ártico, ao oeste, o océano Pacífico, e ao leste, o océano Atlántico.
A informática é a disciplina que estuda o tratamento automático da información empregando dispositivos electrónicos e sistemas computacionais. Informática é un termo proveniente do francés informatique, acuñado polo enxeñeiro Philippe Dreyfus en 1962. Na informática converxen os fundamentos das ciencias da computación, a programación e as metodoloxías para o desenvolvemento de software, así coma determinados temas de electrónica.
Laia Costa Bertrán, nada en Barcelona o 18 de febreiro de 1985, é unha actriz española de cinema e televisión principalmente coñecida por protagonizar a película alemá Victoria (2015), traballo polo que recibiu numerosos premios. Rodou proxectos en España, Alemaña, Rusia, a Arxentina, o Reino Unido e os Estados Unidos.
A China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín.
Os afrocolombianos son un grupo étnico de colombianos que teñen ascendencia subsahariana de maneira predominante ou total. Nos censos nacionais de Colombia, os afrocolombianos son recoñecidos dentro de tres grupos oficiais: os raizais, os palenqueros e outros afrocolombianos. A achega das súas expresións na vida nacional é salientable.
Sri Lanka (támil: இலங்கை , cingalés: ශ්රී ලංකා ), antigamente Ceilán, é un país insular asiático, localizado ao largo da extremidade sur do subcontinente indio. Ten costas no golfo de Bengala ao leste, océano Índico ao sur e oeste e estreito de Palk ao noroeste, que o separa da India. A capital é Colombo.
David Keith Lynch, nado en Missoula (Montana) o 20 de xaneiro de 1946 e finado nos Ánxeles o 15 de xaneiro de 2025, coñecido como David Lynch, foi un director de cine estadounidense. A súa actividade artística estendeuse así mesmo ó terreo da pintura, a música, a fotografía e incluso o deseño de mobiliario. Foi descrito por The Guardian como "o director máis importante desta época".
Robert Francis "Bobby" Kennedy, nado en Brookline (Massachusetts) o 20 de novembro de 1925 e asasinado nos Ánxeles (California) o 6 de xuño de 1968, foi unha personalidade do dereito estadounidense, e o irmán máis novo do presidente John F. Kennedy. Foi designado polo seu irmán coma fiscal xeral para a súa administración.
Cinco lobitos é un filme español de 2022 dirixido e escrito por Alauda Ruiz de Azúa. Está protagonizado por Laia Costa e Susi Sánchez, xunto con Ramón Barea e Mikel Bustamante. Gañou a Biznaga de Ouro ao mellor filme español no Festival de Cinema de Málaga, e a súa directora alzouse co premio ao mellor guión.
Ramón Armada Teixeiro, nado en Santa Marta de Ortigueira o 14 de setembro de 1858 e finado na Habana o 1 de xullo de 1920, foi un escritor e dramaturgo galego. Foi secretario do Centro Gallego de La Habana e impulsor de diversas iniciativas nesta institución. Con Manuel Lugrís Freire, fundou e dirixiu A Gaita Gallega (1885-1889), primeiro periódico escrito enteiramente en lingua galega na emigración americana.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Mary Grueso Romero, nada no correxemento de Chuare Napi, no concello de Guapi, departamento do Cauca en 1947, é unha poetisa e narradora afrocolombiana. Licenciada en lingua castelá e literatura pola Universidade do Quindío, é especialista en ensino da literatura da mesma universidade e en Lúdica e recreación para o desenvolvemento social e cultural da Fundación Universitaria Los Libertadores. Radicada en Buenaventura, foi honrada co título de almadre á excelencia poética feminina do Museo Rayo.
A Festa dos Fachós de Castro Caldelas celébrase o 19 de xaneiro na véspera do día de san Sebastián, comeza coa caída do sol e prolóngase durante a noite. Esta celebración converteuse nunha das tradicións de culto ó lume máis representativas de Galicia, na liña doutros folións con fachas que aínda persisten.
Xangai, ás veces escrito como Shanghai, (en chinés: 上海; pinyin: Shànghǎi; Tradución: “Sobre o mar”), é unha das maiores cidades da República Popular da China e do mundo por poboación. É un dos catro municipios directamente controlados da China, cunha poboación total de 23 millóns de persoas. É un importante centro financeiro, e un centro do transporte por abeirar o meirande porto de contedores do mundo..
A astronomía, do grego ἀστρονομία, que significa etimoloxicamente "as regras das estrelas" ou astro-nomos, é a ciencia natural que estuda a orixe, evolución e eventos dos obxectos celestes; para o cal fai uso das matemáticas, a física e a química. O obxectos celestes de interese inclúen planetas, satélites, estrelas, nebulosas, galaxias e cometas. Eventos relevantes abarcan explosións de supernovas, gromos de raios gamma, quasars, blazars, púlsares e a radiación de fondo cósmico de microondas.
Un libro (do latín liber, libri , que significa cortiza.) é unha obra impresa, manuscrita ou pintada nunha serie de follas de papel, pergamiño, vitela ou outro material, unidas por unha banda (é dicir, encadernadas) e protexidas con tapas, tamén chamadas cubertas. Un libro pode tratar sobre calquera tema. Segundo a definición da Unesco, un libro debe posuír vinte e cinco follas mínimo (49 páxinas), pois de vinte e catro follas ou menos sería un folleto; e dunha ata catro páxinas considéranse follas soltas (nunha ou dúas follas).
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 217.871.
Os pobos indíxenas de Colombia ou nativos colombianos, son uns grupos étnicos que habitan en Colombia dende antes da chegada dos europeos no século XVI. No ano 2018, comprendían o 4,4% da poboación do país e están formados por 87 tribos diferentes. As estimacións sobre a porcentaxe de colombianos que son indíxenas varían, desde o 3% ou 1,5 millóns ata o 10% ou 5 millóns. Segundo as fontes oficiais, a poboación indíxena ou amerindia en Colombia, no 2018, foi de 1 905 617.
O péptido intestinal vasoactivo tamén chamado polipéptido intestinal vasoactivo ou VIP é unha hormona peptídica de 29 aminoácidos, que se produce en moitos tecidos de vertebrados, como o intestino, páncreas e núcleos supraquiasmáticos do hipotálamo cerebral. O VIP estimula a contractilidade do corazón, causa vasodilatación, incrementa a glicoxenólise, fai baixar a presión arterial e relaxa o músculo liso da traquea, estómago e vesícula biliar. Nos humanos, o péptido intestinal vasoactivo está codificado polo xene VIP. O VIP ten unha vida media no sangue duns dous minutos.
O Muutos.art foi un centro expositivo aberto en Tampere (Finlandia) entre o 14 de xuño e o 31 de agosto de 2024. No centro expuxéronse máis de 50 obras de arte espaciais de case medio centenar de artistas, parellas de artistas e grupos de traballo. Ademais da exposición principal nos dous andares superiores do inmoble, houbo varias exposicións temporais ao longo do verán en dúas pequenas galerías da planta baixa.
Woke («esperto» en inglés) é un termo, orixinario dos Estados Unidos, que inicialmente se usaba para referirse a quen se enfrontan ou se manteñen alerta fronte ao racismo. Posteriormente, chegou a abarcar unha conciencia doutras cuestións de desigualdade social, por exemplo, en relación co xénero e a orientación sexual. Desde finais da década de 2010, tamén se utilizou como un termo xeral para os movementos políticos progresistas e/ou de esquerda e perspectivas que salientan a política identitaria das persoas LGBT, da comunidade negra e das mulleres.
Galería de imaxes de Santiago de Compostela
Imaxes do concello de Santiago de Compostela na provincia da Coruña:
Lista de presidentes dos Estados Unidos de América
O presidente dos Estados Unidos é o xefe de Estado dos Estados Unidos de América. Baixo a Constitución estadounidense, o presidente é tamén o xefe do Goberno Federal dos Estados Unidos e o comandante en xefe das Forzas Armadas dos Estados Unidos de América. Os poderes do presidente dos Estados Unidos son amplos.
A ponte de Fillaboa é unha ponte baixo-medieval de orixe romana sobre o río Tea, entre as parroquias de San Lourenzo de Salvaterra e San Miguel de Cabreira, no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño, no antigo camiño que unía as vilas de Ribadavia e Tui. É a máis próxima da desembocadura das catro pontes centenarias do río Tea, xunto á de Cernadela, á dos Remedios, e á das Partidas. O nome de Fillaboa débese a unha grande insua do Miño que se atopa a dous quilómetros abaixo da ponte, na desembocadura do Tea.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Economía (do grego οίκος [oikos], 'casa', e νομος [nomos], 'regra', polo tanto "dirección dunha casa") é unha ciencia social que estuda a produción, distribución, comercio e consumo de bens e servizos. A economía, céntrase no comportamento e as interaccións dos axentes económicos e en cales son os mecanismos da actividade económica. A microeconomía trata dos axentes individuais, como fogares e empresas, e os mercados.
Samoa, oficialmente o Estado independente de Samoa e ata 1997 coñecido como Samoa Occidental, é un país insular polinesio formado por de dúas illas principais (Savaii e Upolu); dúas illas máis pequenas e habitadas (Manono e Apolima) e varias illas máis pequenas e deshabitadas, incluíndo as Illas Aleipata (Nu'utele, Nu'ulua, Fanuatapu e Namua). Samoa está situada a 64 km. ao oeste de Samoa Americana, 889 km.
A botánica, (do grego βοτάνη = herba) ou fitoloxía (do grego φυτόν = planta e λόγος = tratado), é unha rama da bioloxía e é a ciencia que se ocupa do estudo das plantas. O concepto de vexetal, que estaba claro en tempos de Aristóteles, quedou esvaecido polo avance do coñecemento, chegándose a definir como todo aquilo que estuda a botánica. Na práctica, os botánicos estudan as plantas, as algas e os fungos.
Muros é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Muros. Está situado no extremo norte da ría de Muros e Noia, a máis setentrional das rías Baixas. Segundo o IGE no 2014 tiña unha poboación de 9.117 habitantes (9.787 no 2009, 9.999 no 2006, 9.995 no 2005, 10.050 no 2004, 10.095 en 2003).
Conquista española de Nova Granada
A conquista española de Nova Granda ou conquista das nacións chibchas refírese ó período de conquista levado a cabo polo Imperio Español das nacións chibchas, principalmente os muiscas e os taironas que habitaban a actual Colombia, comezando o proceso da colonización española de América. Estímase que ao redor de 5,25 millóns de persoas morreron como consecuencia da conquista española, xa sexa por enfermidade ou por conflito directo. Isto representa o 87,5% das poboación precolombiana de Colombia.
Estevo de Inglaterra, nado en 1092 ou 1096 e finado o 25 de outubro de 1154, frecuentemente referido como Estevo de Blois, foi Rei de Inglaterra dende o 22 de decembro de 1135 ata a súa morte en 1154. Foi conde de Boulogne iure uxoris dende 1125 ata 1147 e Duque de Normandía dende 1135 ata 1144. O seu reinado estivo marcado pola Anarquía, unha guerra civil coa súa curmá e rival, a Emperatriz Matilde, cuxo fillo, Henrique II, sucedeu a Estevo como o primeiro dos reis anxevinos de Inglaterra.
A serra da Culebra é un conxunto montañoso español localizado no noroeste da provincia de Zamora e da comunidade autónoma de Castela e León. Cunha configuración lonxitudinal, abrangue parte das comarcas zamoranas de Seabra, Carballeda, Aliste e Tábara, limitando ao oeste coa veciña Tras os Montes e Alto Douro de Portugal. En total comprende un amplo territorio de aproximadamente 70 000 ha, das que 61 305 ha foron declaradas Lugar de importancia comunitaria (LIC) e 67 340 ha foron declaradas reserva rexional de Caza.
Melania Knauss-Trump, nada en Novo Mesto o 26 de abril de 1970, é unha exmodelo estadounidense de orixe eslovena, coñecida sobre todo por ser a terceira dona do 45º presidente dos Estados Unidos, Donald Trump. Sucedeu a Michelle Obama como a Primeira dama dos Estados Unidos de América, pasando á historia como a segunda nada fóra do país, tras Louisa Adams (dona do 6º presidente, John Quincy Adams, 1825-1829). Nada no seo dunha familia eslovena na vila de Sevnica, preto de Radeče, co nome de Melanija Knavs, comezou a súa carreira na modelaxe aos 16 anos ao tempo que cursou a carreira de arquitectura.
Daniel Patrick Lohner, nado o 3 de decembro de 1970 en Corpus Christi, Texas, é un músico de rock que toca o baixo, a guitarra e os teclados. Traballou con Trent Reznor en numerosas ocasións, na banda Nine Inch Nails e no proxecto Tapeworm. Tamén tocou en Killing Joke, Methods of Mayhem e foi un dos membros fundadores da xa disolta banda de industrial-trash Skrew, así como da banda texana de thrash metal Angkor Wat.
Para o artigo sobre a parroquia do concello de Santiso, véxase Novela Unha novela é un xénero literario narrativo xeralmente en prosa e dunha extensión que pode ser considerable onde se explican uns feitos de ficción que expón relacións, accións e condutas humanas a partir duns personaxes, unha ambientación, un narrador e un punto de vista. Poden aparecer descricións e diálogos para embelecer, aclarar ou facer máis amena a acción. O xénero como tal xorde na Idade Moderna.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
O Lastenkulttuurikeskus Rulla (en galego Centro Cultural Infantil Rulla) é un espazo cultural infantil da cidade de Tampere, Finlandia. Rulla está situado no centro da cidade, no edificio da antiga biblioteca, onde se encontra tamén o Centro Cultural Laikku. Tratase dun museo de titularidade municipal de entrada gratuíta cuxo obxectivo é producir actividades culturais facilmente accesibles a nenas e nenos, así como a familias.
Brais Pinto foi un grupo galeguista de intelectuais, artistas e escritores galegos que tiñan como obxectivos principais o antifranquismo, a defensa do galego e unha renovación da cultura galega claramente influída polas vangardas. Foi fundado en Madrid no ano 1958. O seu obxectivo foi a preocupación por Galiza e os seus problemas, o profundo atraso en que se encontraban as artes galegas e a escasa actividade política, nacionalista e democrática da época.
Twin Peaks é unha serie televisiva dirixida e producida por Mark Frost e David Lynch, interpretada por Kyle MacLachlan, Warren Frost, Everett McGill, Jack Nance e Ray Wise entre outros. Rodada en inglés, a serie consta de 48 episodios de entre 46 e 50 minutos cada un, distribuídos en tres temporadas. Gañadora de tres Globos de Ouro e outros seis premios, foi aclamada pola prensa e o público dende a súa estrea nos Estados Unidos de América, o 8 de abril de 1990, até o último capítulo da segunda temporada, emitido o 28 de xuño de 1991.
O Pòrt de la Luna en gascón ou Port de la Lune en francés (Porto da Lúa) é o nome que recibe o porto de Bordeos, que data da Idade Media, pola forma do río que cruza a cidade. Está representado cunha media lúa no escudo de Bordeos, e por tres medias lúas entrelazadas no escudo do municipio. En 2007, o Porto da Lúa e preto de 1800 hectáreas da zona urbana circundante foron catalogados como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO debido á súa excepcional e "innovadora arquitectura clásica e tendencias arquitectónicas neoclásicas" e a prominencia de Bordeos como centro da industria vitivinícola histórica e como centro comercial mundial durante máis de 800 anos.
Groenlandia ou Grenlandia (en groenlandés: Kalaallit Nunaat, "Terra dos Groenlandeses"; en dinamarqués: Grønland) é un territorio de Dinamarca, situado xunto ao océano Ártico e ao norte do océano Atlántico. É a illa máis grande do mundo, estando case o 84% da súa superficie cuberta por xeo, ademais de ser o país cunha menor densidade de poboación. Aínda que fisicamente é parte do continente norteamericano, Groenlandia atópase politicamente ligado a Europa dende hai máis dun milenio, pertencendo ata 1814 a Noruega pasando, ese mesmo ano, ao dominio de Dinamarca.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O gaiteiro galego é o músico que emprega como instrumento a gaita galega. Asociado desde a Idade Media á celebración de todo tipo de eventos sociais, no século XIX foi adoptado polo movemento galeguista como un símbolo do país. Viviu unha época de recoñecemento até a década de 1940, cando caeu no desprestixio, volvendo a recuperar popularidade na de 1970.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Hildegart Rodríguez Carballeira
Hildegart Rodríguez Carballeira, nada en Madrid o 9 de decembro de 1914 e finada o 9 de xuño de 1933, foi unha nena prodixio, concibida pola súa nai como o modelo de muller do futuro. Con tres anos escribía e con oito falaba seis idiomas. Acabou a carreira de Dereito con 17 anos e foi membro activa do PSOE e despois do Partido Republicano Democrático Federal.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que só se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Apocalypto é un filme dirixido por Mel Gibson e producido polos estudios Icon Entertainment, que se estreou nos Estados Unidos o 8 de decembro do 2006. A historia está ambientada nas terras maias da América precolombiana e foi filmada en lingua maia iucateca. Apocalypto é un drama de acción e aventura que conta unha historia de amor, odio e violencia na era anterior á chegada dos conquistadores españois.
Anhinga anhinga é unha especie de aves acuáticas que viven en zonas cálidas continentais de América do Sur e do Norte, desde o norte da Arxentina ao sur dos Estados Unidos. Esta especie está clasificada na familia Anhingidae, e comparte o seu xénero con outras tres especies: Anhinga melanogaster (da India), A. rufa (de África), e A. novaehollandiae (de Australia).
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
O francés (le français [lə fʁɑ̃sɛ] ( ) o la langue française [la lɑ̃ɡ fʁɑ̃sɛz]) é unha lingua romance da familia indoeuropea procedente do latín falado. Descendente do Latín vulgar do Imperio Romano, como todas as linguas romances. O francés evolucionou a partir do galo-romance, o latín que se fala na Galia, e máis concretamente no norte da Galia.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Os Ancares é unha comarca situada ó leste da provincia de Lugo cuxa capital é Becerreá, que á súa vez é o concello máis poboado. Toma o nome da serra que está situada na parte máis oriental de Galiza, nos límites con Asturias e Castela e León. Pertencen a ela os concellos de Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.
O Museo Lauri Viita (en finés Lauri Viita -museo) é un museo adicado ao escritor Lauri Viita, está situado no barrio de Ylä-Pispala, na cidade de Tampere (Finlandia). O museo encóntrase na casa na que o autor pasou a súa infancia e nela pode apreciarse a súa vida e a vida en xeral das persoas de clase traballadora de Pispala nos anos 1920 e 1930. A casa foi construída en 1900 polo pai de Lauri Viita, Emil Viita, e o seu sogro Juho Nikander.