Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Melania Knauss-Trump, nada en Novo Mesto o 26 de abril de 1970, é unha exmodelo estadounidense de orixe eslovena, coñecida sobre todo por ser a terceira dona do 45º presidente dos Estados Unidos, Donald Trump. Sucedeu a Michelle Obama como a Primeira dama dos Estados Unidos de América, pasando á historia como a segunda nada fóra do país, tras Louisa Adams (dona do 6º presidente, John Quincy Adams, 1825-1829). Nada no seo dunha familia eslovena na vila de Sevnica, preto de Radeče, co nome de Melanija Knavs, comezou a súa carreira na modelaxe aos 16 anos ao tempo que cursou a carreira de arquitectura.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Eleccións municipais de 2015 en Galicia
As eleccións municipais de 2015 celebráronse o día 24 de maio de 2015 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 314 corporacións municipais, unha menos que nos comicios precedentes, logo da fusión de Oza-Cesuras, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día que as eleccións municipais.
Lista de presidentes dos Estados Unidos de América
O presidente dos Estados Unidos é o xefe de Estado dos Estados Unidos de América. Baixo a Constitución estadounidense, o presidente é tamén o xefe do Goberno Federal dos Estados Unidos e o comandante en xefe das Forzas Armadas dos Estados Unidos de América. Os poderes do presidente dos Estados Unidos son amplos.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega. Un fragmento do seu poema "Os Pinos" constitúe a letra do Himno de Galicia. Foi unha das tres grandes voces líricas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.
Scuderia Ferrari S.p.A. (Modelo:IPA-it) é a división deportiva do fabricante de automóbiles italiano de luxo Ferrari e o equipo de carreiras na actualidade só participa na Fórmula 1, pero participou en numerosas clases de deportes de motor desde a súa creación en 1929, incluídas as carreiras de resistencia. O equipo tamén é coñecido polo alcume de "O cabalo rampante", en referencia ao seu logotipo. É o equipo de Fórmula Un máis exitoso que sobrevive e o equipo de Fórmula 1 máis exitoso, que competiu en todos os campionatos mundiais desde a tempada de Fórmula Un de 1950.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Canadá (en inglés e francés: Canada) é un país que ocupa a metade norte da América do Norte. Limita cos Estados Unidos de América, localizado ao sur do país (Estados Unidos continentais) e ao noroeste (estado norteamericano de Alasca). Ao norte localízase o océano Ártico, ao oeste, o océano Pacífico, e ao leste, o océano Atlántico.
Woke («esperto» en inglés) é un termo, orixinario dos Estados Unidos, que inicialmente se usaba para referirse a quen se enfrontan ou se manteñen alerta fronte ao racismo. Posteriormente, chegou a abarcar unha conciencia doutras cuestións de desigualdade social, por exemplo, en relación co xénero e a orientación sexual. Desde finais da década de 2010, tamén se utilizou como un termo xeral para os movementos políticos progresistas e/ou de esquerda e perspectivas que salientan a política identitaria das persoas LGBT, da comunidade negra e das mulleres.
ATPase de Ca2+ da membrana plasmática
A ATPase de Ca2+ da membrana plasmática (PMCA polas súas siglas en inglés) é unha proteína de transporte situada na membrana plasmática das células que funciona retirando o ión calcio (Ca2+) da célula. A PMCA funciona como unha bomba de calcio vital para regular a cantidade de Ca2+ que hai dentro das células eucariotas. Nas células existe un gran gradiente electroquímico transmembrana de Ca2+ que impulsa a entrada deste ión cara ao interior das células, pero é moi importante que as células manteñan unha baixa concentración de Ca2+ para que se produza unha correcta sinalización celular.
Jesús Hidalgo Bermejo, máis coñecido como Txutxi Hidalgo ou Chuchi Hidalgo, nado en Irún (Guipúscoa) o 18 de xuño de 1962, é un adestrador e exfutbolista español, que xogaba de dianteiro. Comezou a súa carreira no Real Unión e no Eibar, antes de fichar polo Deportivo da Coruña en 1986. Tras militar tres anos co club galego na Segunda División, xogou en Primeira co Valladolid e máis tarde de novo en Segunda nas filas do Palamós.
Un libro (do latín liber, libri , que significa cortiza.) é unha obra impresa, manuscrita ou pintada nunha serie de follas de papel, pergamiño, vitela ou outro material, unidas por unha banda (é dicir, encadernadas) e protexidas con tapas, tamén chamadas cubertas. Un libro pode tratar sobre calquera tema. Segundo a definición da Unesco, un libro debe posuír vinte e cinco follas mínimo (49 páxinas), pois de vinte e catro follas ou menos sería un folleto; e dunha ata catro páxinas considéranse follas soltas (nunha ou dúas follas).
A chave ou xogo da chave ou deporte da chave é un xogo popular galego que consiste en lanzar uns discos redondos e planos, denominados pesos, pellos, pellas ou peletres, sobre unha peza metálica, chamada chave, colocada a certa distancia. Desde 2023 está incluída como modalidade federativa dentro da categoría deportes autóctonos: chave e billarda. Desde esta iniciativa varios partidos foron televisados na TVG. Existen moitas modalidades de chave na Galiza con numerosos equipos e varias ligas asociadas a cada modalidade.
Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI), escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da Península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.
Santiago Casares Quiroga, nado na Coruña o 8 de maio de 1884 e finado en París o 17 de febreiro de 1950, foi un político e avogado galego. Foi un dos signatarios do Pacto de San Sebastián (1930) e deputado a Cortes da ORGA (Organización Republicana Autónoma Galega), un partido que dirixiu e fusionou en 1936 coa Izquierda Republicana. Ocupou varias carteiras ministeriais e chegou a ser presidente do goberno de España durante a Segunda República.
O Blue Monday (literalmente, «luns azul» en inglés; tamén coñecido en galego como luns triste) é un termo dado xeralmente ao terceiro luns de xaneiro o cal é cualificado, falazmente ata a data, como o día máis triste do ano. O termo foi publicado por primeira vez en 2005 como parte dunha campaña publicitaria de Sky Travel, realizada pola empresa de comunicación Porter Novelli, pola diminución de reservas que sufrira en 2004. Sky Travel afirmaba naquel entón cuantificar dita data a través dunha ecuación.
Pau Casals i Defilló, nado en El Vendrell (Tarragona) o 29 de decembro de 1876 e finado en San Xoán de Porto Rico o 22 de outubro de 1973, foi un compositor e músico catalán. Durante a súa carreira foi coñecido como Pablo Casals, o seu nome legal e co que asinaba. Pola súa recoñecida actividade como director e compositor, Casals é considerado un dos mellores violonchelistas de todos os tempos.
Groenlandia ou Grenlandia (en groenlandés: Kalaallit Nunaat, "Terra dos Groenlandeses"; en dinamarqués: Grønland) é un territorio de Dinamarca, situado xunto ao océano Ártico e ao norte do océano Atlántico. É a illa máis grande do mundo, estando case o 84% da súa superficie cuberta por xeo, ademais de ser o país cunha menor densidade de poboación. Aínda que fisicamente é parte do continente norteamericano, Groenlandia atópase politicamente ligado a Europa dende hai máis dun milenio, pertencendo ata 1814 a Noruega pasando, ese mesmo ano, ao dominio de Dinamarca.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Alacant (en valenciano: Alacant; en castelán: Alicante, as dúas denominacións cooficiais) é unha cidade e un concello do Comunidade Valenciana, capital da comarca do Alacantí e da provincia de Alacant. Situada na costa mediterránea, conta cunha poboación de 338.577 habitantes (2022), e é a segunda cidade da comunidade tras Valencia. Forma unha conurbación de máis de 430.000 habitantes con Sant Vicent del Raspeig, Sant Joan d'Alacant, Mutxamel e El Campello.
Presidencia da Xunta de Galicia
A presidencia da Xunta de Galicia osténtaa a persoa encargada de liderar a Xunta de Galicia, o máximo órgano executivo do ámbito competencial autonómico galego, e de representar Galicia no exterior. A súa elección correspóndelle aoParlamento de Galicia, que debe escoller a presidencia entre os seus deputados e deputadas conforme ao artigo 5.2 do Estatuto de Autonomía, escollidos estes á súa vez por sufraxio universal. O goberno de Galicia estabeleceuse o 16 de marzo de 1978 e ratificouse a través do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981, aprobado o 28 de abril de 1981.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín.
Lista de presidentes do Real Madrid
Esta páxina conten a lista dos presidentes do Real Madrid Club de Fútbol na súa historia, que son:
Pedro Froilaz (tamén escrito Pero, así como Froylaz ou Fróilaz), foi un nobre galego nado no século XI, conde de Traba (ou Trava), Trastámara, Galiza e señor doutras tenencias e castelos. Foi o máis importante partidario do conde de Galiza Raimundo de Borgoña, quen lle confiou a crianza do seu fillo Afonso Raimúndez. Na defensa dos dereitos sucesorios do neno enfrontouse á raíña Urraca, nai do infante, e ao seu esposo Afonso o Batallador.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
A India (hindi: भारत), oficialmente a República da India (hindi: भारत गणराज्य), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión.
O RMS Titanic (en inglés: Royal Mail Steamship Titanic) foi un transatlántico construído en Irlanda do Norte, que afundiu na súa viaxe inaugural a través do océano Atlántico Norte ao colidir cun iceberg a noite do 14 ao 15 de abril de 1912 na viaxe a Nova York. Finaron máis de 1500 persoas e recolléronse soamente uns 300 corpos do mar. Considérase popularmente a maior traxedia naval dun só buque da historia, aínda que outros afundimentos producisen máis vítimas, coma os do Steuben (4500) ou o KS Wilhelm Gustloff (7000).
Joseph Robinette "Joe" Biden, Jr, nado en Scranton, Pensilvania o 20 de novembro de 1942, é un avogado e político estadounidense, 46º presidente dos Estados Unidos de América. Membro do Partido Demócrata, Biden foi senador por Delaware durante seis mandatos dende 1973 a 2009 e foi o 47º vicepresidente dos Estados Unidos de América, no goberno de Barack Obama, dende 2009 a 2017. Criado en Scranton, Pensilvania e no condado de New Castle, Delaware, Biden estudou na Universidade de Delaware antes de obter a carreira de Dereito na Universidade de Siracusa en 1968.
As fosfolipases A2 (PLA2) EC 3.1.1.4 son encimas que liberan ácidos graxos unidos ao segundo carbono (posición sn-2) do glicerol. Esta fosfolipase recoñece especificamente o acilo unido en sn-2 de fosfolípidos e hidroliza cataliticamente o enlace liberando ácido araquidónico e lisofosfolípidos. Por unha posterior modificación feita por ciclooxixenases, o ácido araquidónico convértese en compostos activos chamados eicosanoides.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes. Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade).
Barack Hussein Obama II, nado en Honolulu (Hawai) o 4 de agosto de 1961, foi o cuadraxésimo cuarto presidente dos Estados Unidos de América. É o primeiro afroamericano en acadar este posto. Obama foi senador polo estado de Illinois entre xaneiro de 2005 e novembro de 2008, momento en que renunciou ao cargo para botar os folgos á campaña presidencial.
David Keith Lynch, nado en Missoula (Montana) o 20 de xaneiro de 1946 e finado nos Ánxeles o 15 de xaneiro de 2025, coñecido como David Lynch, foi un director de cine estadounidense. A súa actividade artística estendeuse así mesmo ó terreo da pintura, a música, a fotografía e incluso o deseño de mobiliario. Foi descrito por The Guardian como "o director máis importante desta época".
A informática é a disciplina que estuda o tratamento automático da información empregando dispositivos electrónicos e sistemas computacionais. Informática é un termo proveniente do francés informatique, acuñado polo enxeñeiro Philippe Dreyfus en 1962. Na informática converxen os fundamentos das ciencias da computación, a programación e as metodoloxías para o desenvolvemento de software, así coma determinados temas de electrónica.
O magnetismo é unha propiedade física relacionada cos campos magnéticos, así como as interaccións entre imáns naturais, é un fenómeno consistente na atracción e repulsión de forzas saídas de obxectos, que se atraen ou repelen. Hai algúns materiais que presentan propiedades magnéticas detectables como o níquel, o ferro, o cobalto e as súas aliaxes. Con todo, todos os materiais son influídos, de maior ou menor xeito, pola presenza dun campo magnético.
Para o artigo sobre a parroquia do concello de Santiso, véxase Novela Unha novela é un xénero literario narrativo xeralmente en prosa e dunha extensión que pode ser considerable onde se explican uns feitos de ficción que expón relacións, accións e condutas humanas a partir duns personaxes, unha ambientación, un narrador e un punto de vista. Poden aparecer descricións e diálogos para embelecer, aclarar ou facer máis amena a acción. O xénero como tal xorde na Idade Moderna.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Eleccións municipais en Ferrol
Corporacións democráticas en Ferrol desde a aprobación da Constitución de 1978. 1979 Alcalde: Xaime Quintanilla Ulla — PSdeG-PSOE Goberno en coalición de PSdeG-PSOE, PCG, e UG 1983 Alcalde: Xaime Quintanilla Ulla — PSdeG-PSOE Goberno en coalición de PSdeG-PSOE e PCG. 1987 Alcalde: Alfonso Couce Doce — AP 1991 Alcalde: Mario Villaamil — PPdeG Logo de 89 días na alcaldía, Mario Villaamil pasa á oposición despois dunha moción de censura presentada polos grupos municipais do PSdeG-PSOE e EU-IU, resultando elixido alcalde Manuel Couce Pereiro do PSdeG-PSOE. 1995 Alcalde: Juan Blanco Rouco — PPdeG Goberno en coalición de PPdeG e IF. 1999 Alcalde: Xaime Bello Costa — BNG. Goberno en coalición de BNG e PSdeG-PSOE. 2003 Alcalde: Juan Juncal Rodríguez — PPdeG Goberno en coalición de PPdeG e IF. 2007 Alcalde: Vicente Irisarri Castro — PSdeG-PSOE Goberno en coalición de PSdeG-PSOE e IU-EU (Dende o 28 de outubro de 2008, goberno en minoría do PSdeG-PSOE). 2011 Alcalde: José Manuel Rey Varela — PPdeG 2015 Alcalde: Jorge Suárez Fernández — FeC Candidatos: José Manuel Rey Varela (PP), Jorge Juan Suárez Fernández (FeC), Beatriz Sestayo Doce (PSdeG-PSOE), Antonio Iván Rivas Rico (BNG), Ana María Rodríguez Masafret (C's) José María Hernández Roca (Marea Ártabra), Manuel Francisco Fernández-Castro Cancela (VOX), María Consuelo Amado Jove (UPyD), Sergio Pena Dopico (Comunistas da Galiza-PCPE) e Luz María Gen González (CG).
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 217.889.
Este artigo trata sobre o mártir e santo, para o nome de varón véxase Sebastián. Sebastián, coñecido tamén como San Sebastián Mártir, nado en Narbona (Francia) no ano 256 e finado en Roma contra o ano 288, foi un mártir e santo cristián, que foi supostamente martirizado durante o mandato do emperador romano Diocleciano, perseguidor dos cristiáns. Adoita ser representado como un individuo amarrado a un poste e perforado por frechas.
Maceda é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz - Maceda, unidas ámbalas dúas polo corredor que forma o río Arnoia. No século X era unha rexión medieval histórica, coñecida como Maceda da Limia. Na actualidade, o norte da comarca pertence a paraxe natural da Ribeira Sacra.
A sociedade é o conxunto de individuos que comparten fins, condutas e cultura, e que se relacionan interactuando entre si, cooperativamente, para constituír un grupo ou unha comunidade. Existen sociedades animais como as sociedades de formigas ou as de primates cuxo estudo realízao a sociobioloxía ou a etoloxía social. As sociedades de humanos son estudadas polas chamadas disciplinas sociais, principalmente a socioloxía e outras como a antropoloxía e a economía.
A fiestra valdeira: comedia de remate ledo en tres lances, o derradeiro c'un respiro é unha peza teatral de ambiente mariñeiro escrita por Rafael Dieste. Foi publicada na tipografía de El Eco de Santiago o 16 de marzo de 1927, aínda que saíu á luz uns meses antes, o 21 de xaneiro de 1927, cando Dieste fixera unha lectura da obra para ingresar no Seminario de Estudos Galegos. Ese mesmo ano, a obra foi relida na Festa da Prosa Galega.
O espolio ou O despoxo das vestiduras de Cristo no Calvario é un cadro ó óleo pintado por El Greco (Domenikos Theotokopoulos, 1541-1614), para a sancristía da catedral de Toledo. É unha pintura ó óleo sobre lenzo e mide 285 centímetros de atura e 173 centímetros de ancho. Foi realizada entre os anos 1577 e 1579 e aínda se conserva na sancristía da catedral.
AGP son as siglas de Accelerated Graphics Port ("porto gráfico acelerado"). É un bus específico para sistemas gráficos e baseado no bus PCI. É onde se conectan na actualidade as tarxetas gráficas ao ordenador. Posúe un ancho de banda de 64 bits e a comunicación e de 66 MHz ou superior (o x" é un multiplicador que indica cantas veces é máis rápido a velocidade de transmisión do bus co primeiro; AGP 1x=66 MHz, AGP 2x=133 MHz, AGP 4x=266 MHz e AGP 8x=528 MHz).
A bandeira de Porto Rico consiste en cinco franxas horizontais, tres vermellas e dúas brancas alternadas, e superposto sobre as franxas un triángulo equilátero azul, un de cuxos lados forma o extremo da bandeira a carón do mastro. A cor do triángulo é azul. Sobre o triángulo vai superposta unha estrela branca de cinco puntas, colocada de tal xeito que unha das súas puntas sinala cara a arriba.
A serra do Xistral forma o núcleo do serras setentrionais de Galiza que separa a Terra Chá do mar, do que irradian os serra da Toxiza cara ao leste, a Carba cara ao poñente, e montes de Buio e dos Cabaleiros, na caída do macizo cara ao litoral. Este conxunto montañoso esténdese polos concellos das Pontes de García Rodríguez, Abadín, Alfoz, Mondoñedo, Muras, Ourol, O Valadouro, Vilalba, Xermade, Xove, Viveiro e Cervo. É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC).
O xaponés é a lingua falada no Xapón e noutros lugares do mundo onde existen inmigrantes xaponeses e os seus descendentes, como por exemplo o Brasil. O nome xaponés para a lingua é Nihongo (日本語). O xaponés ten tradicionalmente tres formas de escrita: hiragana, katakana, e kanji, e ademais actualmente utilizase o rōmaji.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
Abrahán (en hebreo: אַבְרָהָם, Avraham; en árabe ابراهيم, Ibrāhīm) é o patriarca do xudaísmo, recoñecido polo cristianismo e un profeta moi importante do islam. A historia da súa vida é relatada no libro da Xénese e no Corán, pero non hai ningunha evidencia histórica da súa existencia. As datas tradicionais da súa biografía sitúanse entre o 2166 a.C. e 1991 a.C. Segundo a tradición xudía, naceu no ano 1948 da Creación, equivalente ao ano 1812 a.C. O seu nome orixinal era Abram (en hebreo אַבְרָם Avram), e era descendente do fillo de Noé, Sem.
Os crenarqueotas ou Crenarchaeota (tamén chamados Crenarchaea, eocitos ou Eocyta) son procariotas que forman un filo (ou reino) do dominio Archaea. Inicialmente, os Crenarchaeota pensábase que eran extremófilas (como os organismos termófilos e psicrófilos) pero estudos recentes identificáronas como as arqueas máis abundantes no medio mariño. Orixinalmente, foron separadas das outras arqueas baseándose nas secuencias do seu ARNr; porén, outras características fisiolóxicos, como a falta de histonas apoiaban esta separación, aínda que se atopou que algunhas especies de crenarqueotas tiñan histonas.
Partido Galeguista (histórico)
Este artigo trata do Partido Galeguista fundado en decembro de 1931. Para outras organizacións políticas co mesmo nome, vexa Partido Galeguista. O Partido Galeguista foi un partido fundado en decembro de 1931 de carácter nacionalista galego e con relevancia na política da Segunda República.
Os diastereoisómeros ou diastereómeros son unha clase de estereoisómeros que non son enantiómeros, é dicir, non son superpoñibles nin imaxes especulares. O diastereomerismo prodúcese cando dous ou máis estereoisómeros dun composto teñen configuracións diferentes nun ou máis dos estereocentros equivalentes, pero non en todos eles e non son imaxes especulares un do outro. Cando dous diastereoisómeros se diferencian entre si nun só estereocentro son epímeros.
Iván IV Vasílievich (en ruso Иван IV Васильевич), nado en Kolomenskoe o 25 de agosto de 1530 e finado en Moscova o 18 de marzo de 1584, foi un soberano ruso coñecido como Iván o Terrible, o primeiro en adoptar o título de Tsar. O seu reinado vai desde 1547 ata 1584. É considerado como un dos creadores do estado ruso.
Luxemburgo ( pronunciación ) (en luxemburgués: Lëtzebuerg, en francés: Luxembourg, en alemán: Luxemburg), oficialmente Gran Ducado de Luxemburgo ( pronunciación ) (en luxemburgués: Groussherzogtum Lëtzebuerg, en francés: Grand-Duché de Luxembourg, en alemán: Großherzogtum Luxemburg), é un país de Europa Occidental e forma parte da Unión Europea e da eurozona. Limita ao leste con Alemaña, ao sur con Francia e a oeste e norte con Bélxica. Non ten saída ó mar.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
Basílica de San Xoán de Latrán
A basílica de San Xoán de Latrán (San Giovanni in Laterano, en italiano) é unha basílica de Roma. Orixinalmente chamada Arquibasilica Sanctissimi Salvatoris. É a catedral do bispo de Roma, considerada a nai de todas as igrexas de Roma e do mundo.
Ibai Llanos Garatea, nado en Deusto (Bilbao) o 26 de marzo de 1995, é unha celebridade de Internet (ou influencer), streamer e narrador de deportes electrónicos español. Foi "caster" (narrador de deportes electrónicos) de League of Legends para a Liga de Videoxogos Profesional (LVP), creador de contido para G2 Esports e agora é creador de contido en Twitch e copropietario de KOI, un equipo de deportes electrónicos. É coñecido popularmente como Ibai.
A selección de fútbol de España é o equipo formado por xogadores de nacionalidade española que representa á Real Federación Española de Fútbol, o máximo organismo do fútbol en España, nas competicións oficiais organizadas pola FIFA. A selección española participou en 16 das 22 edicións da Copa do Mundo e é unha das oito seleccións campioas do torneo, grazas ao seu triunfo na edición de 2010 celebrada en Suráfrica. A nivel continental, é a selección con máis títulos da Eurocopa, competición que gañou en catro ocasións (1964, 2008, 2012 e 2024). Os éxitos conseguidos entre o 2008 e o 2012 e o nivel de xogo amosado polo combinado español, levou a que moitos expertos e analistas consideren a selección dese período como un dos mellores equipos da historia do fútbol.
Historia dos xudeus de Monforte de Lemos
A historia dos xudeus de Monforte de Lemos é a historia da comunidade xudía que habitou na cidade galega de Monforte de Lemos. Remóntase polo menos ao século X e prolongouse ata 1492, cando o Decreto da Alhambra decretou a súa expulsión dos territorios das coroas de Castela e Aragón. A comunidade xudía da capital do val de Lemos foi unha das máis numerosas do Reino de Galiza, sendo entre os séculos XVI e XVIII unha das poboacións galegas con maior número de conversos procesados por prácticas xudaizantes.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
O Principado do Pindo foi un desexado estado autónomo durante a segunda guerra mundial baixo o control de Italia. O Pindo é unha rexión montañosa na Grecia do Norte e na parte meridional de Albania e Macedonia habitada por vlacos (arromaneses). O principado foi formado logo da invasión italiana como o país do pobo vlaco.
Xangai, ás veces escrito como Shanghai, (en chinés: 上海; pinyin: Shànghǎi; Tradución: “Sobre o mar”), é unha das maiores cidades da República Popular da China e do mundo por poboación. É un dos catro municipios directamente controlados da China, cunha poboación total de 23 millóns de persoas. É un importante centro financeiro, e un centro do transporte por abeirar o meirande porto de contedores do mundo..
Lois XIII ou Luís XIII de Francia, chamado o Xusto, nado en Fontainebleau o 27 de setembro de 1601 e finado en Saint-Germain-en-Laye o 14 de maio de 1643, Rei de Francia e de Navarra (1610–1643), co-príncipe de Andorra (1610-1643) e conde de Barcelona (Lois I) (1641-43). En 1641, trala sublevación de Cataluña, o principado púxose baixo a protección de Francia e nomeou conde de Barcelona a Lois XIII. Era fillo de Henrique IV de Francia e III de Navarra e de María de Médici e foi o pai de Lois XIV, alcumado como o «Rei Sol».