Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Derramamento de petróleo do Exxon Valdez
O derramamento de petróleo do Exxon Valdez foi un gran desastre ambiental ocorrido na Enseada do Príncipe Guillerme en Alasca o 24 de marzo de 1989. O derramamento ocorreu cando o Exxon Valdez, un superpetroleiro propiedade da Exxon Mobil Corporation, con destino a Long Beach, California, chocou contra o arrecife Bligh da Enseada do Príncipe Guillerme, 9,7 km ao oeste de Tatitlek, Alasca, ás 12h04. O petroleiro derramou aproximadamente 37.000 toneladas de cru nos días seguintes.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O Mesón do Vento, Ardemil, Ordes
O Mesón do Vento é unha vila da parroquia de Ardemil no concello coruñés de Ordes. Segundo o IGE en 2018 tiña 298 habitantes (145 homes e 153 mulleres).
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Francisco Javier Camacho González, nado en Bollullos Par del Condado, Huelva, en 1959, é un político e deportista español, estreitamente vinculado á política local e rexional. Foi alcalde de Bollullos Par del Condado de 1994 a 2003 e membro de Esquerda Unida, onde ocupou varios cargos. É licenciado en Bioloxía pola Universidade de Sevilla.
O Premio Nobel da Paz é un dos cinco premios Nobel instituído polo inventor e industrial sueco Alfred Nobel. Mentres que os de Física, Química, Medicina e Literatura son entregados en Estocolmo, o Premio Nobel da Paz é entregado en Oslo, a capital de Noruega. A medalla de ouro que se lles entrega ás persoas premiadas fabrícase na Casa da Moeda de Noruega.
A TPBS (tailandés: ส.ส.ท.) é o Servizo Público de Radiodifusión Tailandés (tailandés: องค์การกระจายเสียงและแพร่ภาพสาธารณะแห่งประเทศไทย; RTGS: Ongkan Krachai Siang Lae Phrae Phap Satharana Haeng Prathet Thai) é un servizo público de radiodifusión de Tailandia que opera a canle de televisión Thai PBS (ไทยพีบีเอส). Estableceuse por lei o 15 de xaneiro de 2008 o que lle garante o status de axencia estatal con personalidade xurídica sen ter carácter de axencia gobernamental nin empresa estatal. Thai PBS é sucesora da privada iTV/TITV e comezou a emitir, primeiro co nome de TV Thai, o 1 de febreiro de 2008.
María Corina Machado Parisca, nada o 7 de outubro de 1967 en Caracas, é unha política venezolana. Cofundou o movemento Súmate xunto con Alejandro Plaz e foi deputada de 2011 a 2014 na segunda circunscrición do estado de Miranda. Figura da oposición ao presidente venezolano Nicolás Maduro, recibiu o Premio Václav Havel da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa e o Premio Sakharov do Parlamento Europeo en 2024, e despois o Premio Nobel da Paz o 10 de outubro de 2025.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Laia Costa Bertrán, nada en Barcelona o 18 de febreiro de 1985, é unha actriz española de cinema e televisión principalmente coñecida por protagonizar a película alemá Victoria (2015), traballo polo que recibiu numerosos premios. Rodou proxectos en España, Alemaña, Rusia, a Arxentina, o Reino Unido e os Estados Unidos.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Tadej Pogačar, nado en Klanec, Komenda, o 21 de setembro de 1998, é un ciclista esloveno, membro do equipo UAE Team Emirates. En 2019 converteuse no ciclista máis novo en gañar unha carreira por etapas da UCI WorldTour (máxima categoría do ciclismo profesional) ao vencer no Tour de California 2019 con só 20 anos. Tamén gañou ese ano tres etapas na Volta a España 2019, na que acabou terceiro.
Allan Stewart Koningsberg, coñecido como Woody Allen, nado o 30 de novembro do ano 1935 en Nova York, é un director de cine, guionista, actor, músico e cómico estadounidense. Ao longo da súa carreira gañou varios Óscars. O seu elevado número de traballos e o seu peculiar estilo convérteno nun dos directores de cine máis respectados e prolíficos dos últimos tempos.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Amancio Ortega Gaona, nado en Busdongo de Arbas, municipio de Villamanín (León) o 28 de marzo de 1936, é un empresario galego da moda, creador de Zara. Como presidente de Inditex, é a persoa máis rica de Galiza e España, a 2ª de Europa e a 7ª do mundo segundo a revista Forbes en 2011, cunha fortuna calculada de 31.000 millóns de dólares. En 2017, calculouse a súa fortuna en 72 700 millóns de dólares, e levaba varios anos entre os cinco homes máis ricos do mundo.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
A batalla das Navas de Tolosa, chamada na historiografía árabe Batalla de Al-Uqab (معركة العقاب), enfrontou o 16 de xullo de 1212 nas inmediacións da poboación xienense de Santa Elena a un exército aliado cristián formado en gran parte polas tropas castelás de Afonso VIII de Castela, as navarras de Sancho VII de Navarra, as aragonesas de Pedro II de Aragón e as portuguesas de Afonso II de Portugal contra o exército do califa almohade Muhammad An-Nasir. A batalla foi o resultado da cruzada emprendida polo rei Afonso VIII, o arcebispo de Toledo Rodrigo Ximénez de Rada e o papa Inocencio III contra os almohades (musulmáns que dominaban Al-Ándalus). Saldada cunha importante vitoria do bando cristián, esta batalla foi o punto culminante da Reconquista e o principio da fin da presenza musulmán na Península ibérica.
Non confundir con feixón A feixoa (Acca sellowiana, sin. Feijoa sellowiana), tamén chamada goiaba do Brasil, é unha especie botánica arbustiva ou arboriña de flor da familia das mirtáceas, nativa das zonas elevadas do sur do Brasil, leste de Paraguai, o Uruguai, o norte da Arxentina e mais de Colombia. Cultívase a miúdo coma árbore froiteira no sur de Galicia e noutras zonas coma Nova Zelandia ou California, así coma árbore ornamental en Australia, Azerbaidján, Xeorxia, algunhas zonas do sur de Rusia e en Suráfrica..
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O vidro é un material duro, fráxil (crebadizo) e transparente. Na súa forma pura, o vidro é un material transparente, relativamente forte, resistente, esencialmente inerte e bioloxicamente inactivo, que pode ter superficies moi lisas e impermeables. Estas propiedades desexables conducen a un gran número de usos prácticos, tecnolóxicos e decorativos xeneralizado en cristais de fiestras, vaixela e óptica.
Borja Iglesias Quintás, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1993, é un futbolista galego que xoga na demarcación de dianteiro centro no Celta de Vigo da Primeira División, cedido polo Real Betis. Formouse nas canteiras do Santiago, do Valencia e do Villarreal e debutou na Primeira División coa camiseta do Celta de Vigo en 2015, despois de militar varios anos no seu filial, do que é o máximo goleador histórico. A continuación conseguiu boas cifras goleadoras no Zaragoza e no Espanyol e en 2019 fichou polo Betis.
Zoey's Extraordinary Playlist é unha serie de televisión estadounidense creada por Austin Winsberg que se estreou o 7 de xaneiro de 2020 a través da NBC. A serie está protagonizada por Jane Levy como Zoey Clarke, unha desenvolvedora de software que descobre que ten a capacidade de escoitar os pensamentos máis íntimos das persoas en forma de cancións. Cada episodio presenta varios números de cancións e bailes que desenvolven a historia, con cada membro do elenco cantando as cancións do seu propio personaxe. Agás a canción da segunda tempada "Crimson Love", a banda sonora consiste integramente en cancións populares escritas previamente.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
The King's Man é un filme británico-estadounidense de 2021 dirixido por Matthew Vaughn a partir dunha historia e un guión escrito por Karl Gajdusek. É o terceiro título da franquía cinematográfica Kingsman, a cal se basea na serie de banda deseñada The Secret Service (posteriormente titulada Kingsman) creada por Mark Millar e Dave Gibbons. É a precuela de Kingsman: The Secret Service (2014) e Kingsman: The Golden Circle (2017).
Manuel Lorenzo Varela Rodríguez
Manuel Lorenzo Varela Rodríguez, nado en Chantada en 1951, é un político galego do PPdeG.
Felación (do latín fellatio), en argot mamada, é unha práctica de sexo oral que consiste en chupar e lamber o pene coa boca, coa lingua e cos beizos. A estimulación oral do escroto tamén se pode denominar felación, ou coloquialmente como teabagging. Se a felación se realiza sobre un mesmo, o acto chámase autofelación.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Jethro Tull é o nome dunha banda de rock progresivo británica, de orixe inglesa, que comezou a súa andaina no 1967 e que, desde entón, traballou de forma ininterrompida até o día de hoxe. A súa música caracterízase polas letras, as voces, a frauta de Ian Anderson, que leva liderando ao grupo dende os seus inicios, e o traballo de guitarras de Martin Barre, que entrou en Jethro Tull en 1969. A banda comezou tocando blues-rock con toques experimentais, e foron incorporando elementos da música clásica, o folk, o jazz e o art rock á súa música.
A Universidade das Illas Feroe (en feroés: Fróðskaparsetur Føroya) é unha universidade estatal que se atopa en Tórshavn, a capital das Illas Feroe. Componse de cinco facultades: Facultade de Lingua e Literatura Feroesa, Facultade de Historia e Ciencias Sociais, Facultade de Educación, Facultade de Ciencia e Tecnoloxía e Facultade de Ciencias de Saúde. A universidade ofrece programas de licenciatura, mestrado e doutoramento.
O castiñeiro común (Castanea sativa), tamén coñecido popularmente como castiñeiro bravo, castiro, uriceiro ou castieiro, é unha árbore caducifolia da familia Fagaceae apreciada pola súa madeira e os seus froitos comestíbeis, as castañas. Moitos exemplares acadan unha gran lonxevidade e teñen unha longa historia que se pode remontar a varios séculos. Orixinario do sur de Europa e de Asia Menor, a súa presenza nestas áreas xeográficas débese a que durante a última glaciación, o castiñeiro atopou zonas de refuxio nas costas cantábrica e atlántica da Península Ibérica, así como na Península Itálica e na Península de Anatolia, sendo moi común nos montes de Galicia.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Filmes propostos ó mellor filme internacional na 98ª edición dos Óscar
Esta é unha lista dos filmes propostos na 98ª edición dos Óscar para o mellor filme internacional. A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou ás industrias cinematográficas de varios países a presentar o seu mellor filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956. O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa.
Grigorii Efimovich Rasputin (en ruso: Григорий Ефимович Распутин), nado en Pokrovskoe o 9 de xaneiroxul./ 21 de xaneiro de 1869greg. e finado en San Petersburgo o 17 de decembroxul./ 30 de decembro de 1916greg., foi un campesiño siberiano de grande influencia nos últimos anos da Dinastía Romanov. Tamén foi coñecido coma o monxe tolo.
Ebro era unha marca de automóbiles española creada en 1954 pola compañía Motor Ibérica, S.A., tras nacionalizarse as factorías de Ford. A gama de produtos Ebro acadaba un amplo abanico de vehículos de transporte (todo terreos, furgonetas, camións, autobuses, etc.), maquinaria agrícola (tractores, colleitadoras etc.) e maquinaria para a construción e obras públicas. Os elementos de maquinaria agrícola fabricábanse na planta de Noain, Navarra.
José López-Suevos Otero, máis coñecido como Pepo Suevos, nado en Ferrol en 1971, é un actor galego. Comezou coma contacontos e desde entón ten participado en multitude de longametraxes con papeis secundarios, así coma na maioría das series máis coñecidas da TVG e nalgúns programas de televisión. Conta con grande experiencia coma contacontos e cómico.
Hervør Pálsdóttir, nada en Kambsdalur o 26 de novembro de 1995, é unha política das Illas Feroe. É membro do Løgting dende 2019 en representació do partido político Tjóðveldi. Pálsdóttir creceu entre Kambsdalur e Tórshavn, e estudou ciencias políticas e administración na Universidade das Illas Feroe.
Alfredo James "Al" Pacino, nado o 25 de abril de 1940 en Manhattan, Nova York, é un actor, produtor, guionista e director de cine estadounidense. Considerado como un dos mellores e máis influentes actores do século XX, Pacino recibiu numerosos premios e recoñecementos, entre os que destacan un Premio Óscar, dous Premios Tony e dous Premios Primetime Emmy. Tamén gañou catro Premios Globo de Ouro, un BAFTA, dous Premios do Sindicato de Actores, o Premio Cecil B. DeMille en 2001, o Premio AFI Life Achievement en 2007, a Medalla Nacional das Artes en 2011 e o Kennedy Center Honors en 2016.
Annie Hall é un filme estadounidense de comedia romántica dirixido por Woody Allen que se estreou en 1977. O guión é obra de Allen e Marshall Brickman. Producido por Charles H. Joffe, está protagonizado polo propio Allen intepretando a Alvy "Max" Singer, que tenta descubrir a razón do fracaso da súa relación con Annie, intepretada por Diane Keaton nun papel escrito especificamente para ela.