Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
A Casa Benedicto é un edificio situado no concello de Navia de Suarna, na provincia de Lugo. De estilo modernista, foi construído contra a década de 1920 por Víctor Fernández Pardo. O seu nome débese á antiga xastrería que ocupou a súa planta baixa durante anos, rexentada por Benedicto Fernández Lombardero.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A Festa Nacional de España (Festa Nacional d'Espanya, en catalán e valenciano; Fiesta Nacional de España, en castelán; Espainiako Jai Nazionala, en vasco) conmemora a efeméride histórica do Descubrimento de América por parte de España e o nacemento do Imperio Español. Antigamente era coñecido como Día da Raza ou Día da Hispanidade.
Fiandola é un grupo de música galega de base tradicional. O traballo deste grupo nace da transformación e interiorización da música de raíz de Galicia que se plasma nun modo particular de interpretar esta música e de compoñer novas melodías. Fiandola presenta un repertorio orientado ao baile e ao directo e que se nutre do traballo de campo desenvolvido polos membros do grupo, polos cancioneiros e arquivos dispoñibles e polo traballos de composición e arranxos que eles mesmos elaboran ou por melodías doutros compositores galegos.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A cianita ou distena é un mineral do grupo IX (silicatos) segundo a clasificación de Strunz, cuxo nome deriva do grego kyanos, que significa ‘azul’. É un mineral típico das rochas metamórficas produto do metamorfismo rexional de rochas sedimentarias con alto contido de arxilas. Algunhas das rochas que poden presentar cianita son os gneis e os xistos.
Super Mario Bros. (en xaponés, スーパーマリオブラザーズ; Sūpā Mario Burazāzu) é un videoxogo deseñado por Shigeru Miyamoto para a videoconsola NES en 1985. Universalmente considerado un clásico, foi un dos primeiros xogos de plataforma de desprazamento lateral, a súa popularidade non tivo precedentes e comezou unha nova era nos xogos para consola, convertendo a figura de Mario na mascota oficial de Nintendo e nunha icona internacional.
A sillimanita é un aluminosilicato coa fórmula química Al2SiO5. O seu nome déuselle en honra do químico estadounidense Benjamin Silliman (1779–1864), polo que orixinariamente pronunciaríase con ele (silimanita). Describiuse por primeira vez en 1824 por unha achado do mineral en Chester, condado de Middlesex, Connecticut, Estados Unidos.
Allan Stewart Koningsberg, coñecido como Woody Allen, nado o 30 de novembro do ano 1935 en Nova York, é un director de cine, guionista, actor, músico e cómico estadounidense. Ao longo da súa carreira gañou varios Óscars. O seu elevado número de traballos e o seu peculiar estilo convérteno nun dos directores de cine máis respectados e prolíficos dos últimos tempos.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'Espanya, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
At Fillmore East é o primeiro álbum ao vivo da banda estadounidense de rock The Allman Brothers Band, publicado o 6 de xullo de 1971 a través do selo Capricorn Records nos Estados Unidos. O disco foi producido por Tom Dowd e como indica o seu nome gravouse no local de Nova York Fillmore East, que estaba dirixido polo promotor de concertos Bill Graham. Gravouse ao longo de tres noites en marzo de 1971 (só se usaron dúas noites no álbum) e presenta á banda interpretando versións estendidas de cancións como "Whipping Post", "You Don't Love Me" e "In Memory of Elizabeth Reed".
O castiñeiro común (Castanea sativa), tamén coñecido popularmente como castiñeiro bravo, castiro, uriceiro ou castieiro, é unha árbore caducifolia da familia Fagaceae apreciada pola súa madeira e os seus froitos comestíbeis, as castañas. Moitos exemplares acadan unha gran lonxevidade e teñen unha longa historia que se pode remontar a varios séculos. Orixinario do sur de Europa e de Asia Menor, a súa presenza nestas áreas xeográficas débese a que durante a última glaciación, o castiñeiro atopou zonas de refuxio nas costas cantábrica e atlántica da Península Ibérica, así como na Península Itálica e na Península de Anatolia, sendo moi común nos montes de Galicia.
General Dynamics F-16 Fighting Falcon
O F-16 Fighting Falcon é un caza lixeiro monomotor de combate multipropósito, desenvolvido pola firma estadounidense General Dynamics para a USAF. Acada velocidades de Mach 2 e está deseñado para levar ata 9.726 kg de armamento. Orixinalmente deseñado como avión de combate lixeiro diúrno, foi evolucionando ata converterse nun extraordinario cazabombardeiro todo tempo. As súas excelentes cualidades fixeron que, ademais dos Estados Unidos, 23 países o mercasen, converténdoo no programa de aviación militar máis exitoso de occidente, con ao redor de 4.500 avións construídos.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O Mesón do Vento, Ardemil, Ordes
O Mesón do Vento é unha vila da parroquia de Ardemil no concello coruñés de Ordes. Segundo o IGE en 2018 tiña 298 habitantes (145 homes e 153 mulleres).
Lista de expedicións á Antártida
Esta lista de expedicións á Antártida é unha lista cronolóxica de expedicións que implican á Antártida. Aínda que a existencia dun continente meridional xa fora apuntada como hipótese nos escritos de Tolomeo no século I a.C., o Polo Sur non foi alcanzado ata 1911.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Leticia Dolera, nada en Barcelona o 23 de outubro de 1981, é unha actriz, guionista, directora de cine e escritora española. Foi a gañadora do Festival de Series de Cannes en 2019 por Vida perfecta, da que foi actriz protagonista, creadora, directora e coguionista xunto a Manuel Burque, sendo a primeira española en obter este galardón por un audiovisual español. É directora da longametraxe Requisitos para ser una persona normal —gañador de tres premios do Festival de Málaga en 2015 e tres nomeamentos nos Premios Goya en 2016—, das curtas "Lo siento, te quiero" —gañador no Fantastic Fest de 2010—, A ou B, Habitantes e Vuelta al mundo e das series de televisión Bloguera en construcción e Vida perfecta, gañadora do Festival de series de Cannes 2019 á mellor serie e á mellor interpretación feminina.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Lizzie Andrew Borden, nada en Fall River, Massachusetts o 19 de xullo de 1860 e finada no mesmo lugar o 1 de xuño de 1927, coñecida como Lizzie Borden, foi unha muller solteira de Nova Inglaterra e a única sospeitosa dos asasinatos do seu pai e da súa madrasta, que tiveron lugar na súa casa o 4 de agosto de 1892. A crueldade do dobre asasinato, levado a cabo a machadas, así como o posterior xuízo e o feito de que ninguén fose finalmente condenado polas mortes, converteu o caso nunha cause celébre en Norteamérica e segue sendo un episodio cheo de dúbidas no mundo da criminoloxía. Aínda que Lizzie Borden foi absolta dos crimes, si que quedou ela como a autora deles, converténdose nunha figura mítica do folclore estadounidense, que aparece en numerosas pezas de teatro ou ópera, así como en filmes.
Annie Hall é un filme estadounidense de comedia romántica dirixido por Woody Allen que se estreou en 1977. O guión é obra de Allen e Marshall Brickman. Producido por Charles H. Joffe, está protagonizado polo propio Allen intepretando a Alvy "Max" Singer, que tenta descubrir a razón do fracaso da súa relación con Annie, intepretada por Diane Keaton nun papel escrito especificamente para ela.
A ferredoxina adrenal, tamén chamada adrenodoxina (ADX), adrenodoxina mitocondrial, hepatorredoxina e ferredoxina-1 (FDX1), é unha proteína que nos humanos está codificada no xene FDX1 do cromosoma 11. Ademais do xene mencionado situado no locus cromosómico 11q22, existen pseudoxenes localizados nos cromosomas 20 e 21.
O fingering refírese ao uso dos dedos ou das mans para estimular sexualmente a vulva (incluíndo o clítoris), a vaxina ou o ano. O uso dos dedos pódese realizar sobre un mesmo (masturbación) ou por ou cunha compañeira sexual. Cando se realiza na vulva ou na vaxina por parte dunha parella sexual, é unha forma de masturbación mutua, e é análoga a unha palla (a estimulación manual do pene).
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
A Cruz de Borgoña ou Aspa de Borgoña é unha representación da Cruz de Santo André na que os troncos que forman a cruz aparecen cos seus nós nos lugares onde se cortan as ramas. Este emblema foi incluído nos escudos de armas e nas bandeiras de España, tanto de terra como de mar, desde 1506, época da súa introdución coa Garda borgoñoa de Filipe o Fermoso, até Xoán Carlos I. A Cruz de Borgoña desapareceu do escudo de armas do rei de España, e do seu estandarte, no reinado de Filipe VI, así como nos estandartes, bandeiras, bandeirolas, guións, pendóns e confalóns das Forzas Armadas de España. Esta cruz tamén é a orixe do símbolo distintivo que marca as colas dos avións do Exército do Aire de España.
Cando menos o esperas (en inglés: Something's Gotta Give) é un filme estadounidense de 2003 escrito, producido e dirixido por Nancy Meyers. Está protagonizado por Jack Nicholson e Diane Keaton, que intepretan a dous adultos maduros que encontran o amor malia ser completamente opostos. Keanu Reeves e Amanda Peet son os protagonistas, e Frances McDormand, Paul Michael Glaser, Jon Favreau e KaDee Strickland interpretan os papeis secundarios.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Felación (do latín fellatio), en argot mamada, é unha práctica de sexo oral que consiste en chupar e lamber o pene coa boca, coa lingua e cos beizos. A estimulación oral do escroto tamén se pode denominar felación, ou coloquialmente como teabagging. Se a felación se realiza sobre un mesmo, o acto chámase autofelación.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Quito, oficialmente San Francisco de Quito, é a capital e a segunda cidade máis grande da República de Ecuador e da provincia ecuatoriana de Pichincha, e a cabeceira do cantón homónimo, cunha poboación de 1,763,275 e 2,889,703 na súa área metropolitana (datos do 2022), Quito é a segunda cidade máis poboada do país, despois de Guayaquil. A alta taxa de inmigración rural aumentou notabelmente a súa poboación nos últimos anos. Quito está nun val nas ladeiras orientais do Pichincha, un estratovolcán nos Andes.
At The Drive-In é unha banda de post-hardcore formada en El Paso, Texas, e que estivo activa entre os anos 1993 e 2001. Os seus membros foron: Cedric Bixler (voz, percusión e sintetizadores), Omar Rodríguez-López (guitarra e voz) Jim Ward (guitarra, voz, teclados e percusión), Paul Hinojos (baixo) e Tony Hajjar (batería). A comezos do ano 2012 a banda anunciou unha reunión para realizar varios concertos.
A micción é un proceso polo que a mexa urinaria se baleira de ouriños cando está chea. A vexiga urinaria ou mexa (que en estado baleira se atopa comprimida polos demais órganos) énchese de a pouco até que a tensión das súas paredes se eleva por enriba dun valor limiar e entón se desencadea un reflexo neuróxeno chamado reflexo miccional que provoca a micción (mexar), e se non se consegue, polo menos produce o desexo consciente de mexar. O proceso da micción é, na maioría das veces, controlado voluntariamente.
System of a Down é o disco homónimo de debut do grupo System of a Down, editado o 30 de xuño de 1998. A man que aparece na fronte da capa está inspirada nun cartel deseñado polo artista John Heartfield para o Partido Comunista Alemán durante o III Reich. O texto no cartel orixinal é: "5 dedos ten unha man!
Nova Zelandia ou Nova Celandia (en inglés: New Zealand /njuːˈziːlənd/, e en maorí: Aotearoa) é un país insular de Oceanía que se localiza no suroeste do océano Pacífico, formado por dúas grandes illas, a Illa Norte e a Illa Sur, xunto a outras moitas illas menores, destacando entre elas a Illa Stewart e as Illas Chatham. O Reino de Nova Zelandia tamén inclúe as Illas Cook e Niue (estados autónomos en libre asociación), e Tokelau. Nova Zelandia, notable polo seu illamento xeográfico, está situada preto de 2000 quilómetros ao sueste de Australia no mar de Tasmania, e os seus veciños máis próximos ao norte son Nova Caledonia, Fiji e Tonga.
Cunnilingus ou cunilingua (do latín cunnus: "cuña" ou "vulva", e lingus: "lingua"), é a práctica de sexo oral onde unha persoa (poden ser incluso dúas persoas, á vez) chupa(n), frota(n), lambe(n), ou adenta(n) (con graos variables de intensidade, e tamén poden ensalivar ou cuspir), coa boca, coa lingua, cos beizos, cos dentes ou incluso co nariz ou co queixo ou a barba e os bigotes, os labios da vulva, a entrada da vaxina e o clítoris. O clítoris é a parte sexual máis sensitiva dos xenitais femininos humanos, e a súa estimulación pode provocar excitación sexual ou orgasmo. Cunnilingus pode ser sexualmente excitante para os seus participantes, e pode ser practica polo compañeiro sexual como preliminares para incitar a excitación antes doutras actividades sexuais (como o sexo anal ou vaxinal), ou como un acto erótico e de intimidade física.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 227.045.
March Engineering foi un construtor e fabricante de coches de competición de Fórmula 1 do Reino Unido. Aínda que só tivo un éxito moderado na competición de Fórmula 1, os coches March de carreiras gozaron de moito máis éxito noutras categorías da competición , incluíndo a Fórmula 2, Fórmula 3, IndyCar e IMSA GTP e carreiras de sportcars.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Amancio Ortega Gaona, nado en Busdongo de Arbas, municipio de Villamanín (León) o 28 de marzo de 1936, é un empresario galego da moda, creador de Zara. Como presidente de Inditex, é a persoa máis rica de Galiza e España, a 2ª de Europa e a 7ª do mundo segundo a revista Forbes en 2011, cunha fortuna calculada de 31.000 millóns de dólares. En 2017, calculouse a súa fortuna en 72 700 millóns de dólares, e levaba varios anos entre os cinco homes máis ricos do mundo.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano.[Cómpre referencia] Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh.
Elizabeth Lee Miller, nada en Poughkeepsie (estado de Nova York) o 23 de abril de 1907 e finada en Chiddingly (East Sussex) o 21 de xullo de 1977, foi unha fotógrafa estadounidense. Durante a década de 1920 foi unha exitosa modelo na cidade de Nova York (chegando a ser musa de grandes fotógrafos como Man Ray ou Edward Steichen), ata que se mudou á cidade de París onde comezou a súa carreira de fotógrafa artística. Durante a segunda guerra mundial exerceu intensamente como fotoperiodista.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.