Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Eswatini, antes de 2018 Suacilandia, ou Swazilandia, oficialmente Reino de eSwatini (en suazi: Umbuso weSwatini; en inglés desde 2018: Kingdom of Eswatini), é un pequeno país sen saída ao mar no sur de África (un dos máis pequenos do continente), situado nas ladeiras orientais dos Montes Drakensberg, entre Suráfrica ao oeste e Mozambique ao leste. Recibe o seu nome da tribo suazi, unha etnia bantú. Debido en parte á alta taxa de infección de VIH/SIDA, o país ten a esperanza de vida máis baixa do mundo: 32,62 anos.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Cabo Verde (en portugués [ˈkabu ˈveɾdɨ] (AFI)), oficialmente República de Cabo Verde, sitúase no océano Atlántico, no arquipélago de orixe volcánica do mesmo nome. As illas estaban deshabitadas ata que foron descubertas polos portugueses no século XV, que procederon a colonizalas para convertelas nun centro de trata de escravos. A maior parte dos habitantes actuais provén de ambos os grupos.
Eleccións municipais en Ribeira
Estes foron os resultados das eleccións municipais no concello de Ribeira dende 1979.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
A TPBS (tailandés: ส.ส.ท.) é o Servizo Público de Radiodifusión Tailandés (tailandés: องค์การกระจายเสียงและแพร่ภาพสาธารณะแห่งประเทศไทย; RTGS: Ongkan Krachai Siang Lae Phrae Phap Satharana Haeng Prathet Thai) é un servizo público de radiodifusión de Tailandia que opera a canle de televisión Thai PBS (ไทยพีบีเอส). Estableceuse por lei o 15 de xaneiro de 2008 o que lle garante o status de axencia estatal con personalidade xurídica sen ter carácter de axencia gobernamental nin empresa estatal. Thai PBS é sucesora da privada iTV/TITV e comezou a emitir, primeiro co nome de TV Thai, o 1 de febreiro de 2008.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
A revolución industrial foi un período de transición global da economía humana cara a procesos de fabricación máis eficientes e estables que sucedeu á revolución agrícola, e que se iniciou na segunda metade do século XVIII no Reino de Gran Bretaña, que se estendeu unhas décadas despois a gran parte da Europa occidental e a América anglosaxoa, e que concluíu entre 1820 e 1840. Esta transición incluíu o paso de métodos de produción manual a métodos mecanizados; novos procesos de produción de ferro e de fabricación de produtos químicos, e, o uso crecente de enerxía hidráulica e enerxía de vapor; o desenvolvemento de máquinas ferramenta; e o auxe do sistema de fábricas mecanizadas. A produción aumentou enormemente, e o resultado foi un aumento sen precedentes da poboación e da taxa de crecemento demográfico.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
General Dynamics F-16 Fighting Falcon
O F-16 Fighting Falcon é un caza lixeiro monomotor de combate multipropósito, desenvolvido pola firma estadounidense General Dynamics para a USAF. Acada velocidades de Mach 2 e está deseñado para levar ata 9.726 kg de armamento. Orixinalmente deseñado como avión de combate lixeiro diúrno, foi evolucionando ata converterse nun extraordinario cazabombardeiro todo tempo. As súas excelentes cualidades fixeron que, ademais dos Estados Unidos, 23 países o mercasen, converténdoo no programa de aviación militar máis exitoso de occidente, con ao redor de 4.500 avións construídos.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O padriño (II parte) (en inglés: The Godfather Part II) é un filme estadounidense producido e dirixido por Francis Ford Coppola que se estreou en 1974. O guión é obra de Coppola e Mario Puzo, e está protagonizado por Al Pacino e Robert De Niro. A historia está parcialmente baseada na novela de Puzo The Godfather, sendo ó mesmo tempo unha secuela e unha precuela de O padriño, presentando tramas paralelas.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos. Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Celso Emilio Ferreiro Míguez, nado en Celanova na rúa Enriba o 4 de xaneiro de 1912 e finado en Vigo o 30 de agosto de 1979, foi un escritor e político galeguista. Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra Longa noite de pedra é un dos libros chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores. É considerado o máximo expoñente da Xeración do 36 e unha das figuras máis salientables da literatura galega do século XX. Foille dedicado o Día das Letras Galegas de 1989.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 227.045.
Non confundir con feixón A feixoa (Acca sellowiana, sin. Feijoa sellowiana), tamén chamada goiaba do Brasil, é unha especie botánica arbustiva ou arboriña de flor da familia das mirtáceas, nativa das zonas elevadas do sur do Brasil, leste de Paraguai, o Uruguai, o norte da Arxentina e mais de Colombia. Cultívase a miúdo coma árbore froiteira no sur de Galicia e noutras zonas coma Nova Zelandia ou California, así coma árbore ornamental en Australia, Azerbaidján, Xeorxia, algunhas zonas do sur de Rusia e en Suráfrica..
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
At The Drive-In é unha banda de post-hardcore formada en El Paso, Texas, e que estivo activa entre os anos 1993 e 2001. Os seus membros foron: Cedric Bixler (voz, percusión e sintetizadores), Omar Rodríguez-López (guitarra e voz) Jim Ward (guitarra, voz, teclados e percusión), Paul Hinojos (baixo) e Tony Hajjar (batería). A comezos do ano 2012 a banda anunciou unha reunión para realizar varios concertos.
Unha vila é un núcleo de poboación dun tamaño intermedio entre a aldea, ou poboación, e a cidade, trátase dunha poboación que recibiu ao longo da historia certos recoñecementos explícitos, como determinados privilexios (por exemplo, o de celebrar feiras) da autoridade recoñecida, pero que, por razóns diversas, tampouco lle foi concedida a categoría superior, a de cidade. Nalgúns casos existen documentos antigos, sobre todo medievais e da Idade Moderna, que a categorizan como vila; noutros casos é o mesmo uso, derivado do costume popular, que a denomina sempre como vila pola súa importancia dentro da súa contorna. Dotada dunha economía na que o sector terciario (comercio e servizos) ten unha importancia como mínimo razoábel.
A Casa Benedicto é un edificio situado no concello de Navia de Suarna, na provincia de Lugo. De estilo modernista, foi construído contra a década de 1920 por Víctor Fernández Pardo. O seu nome débese á antiga xastrería que ocupou a súa planta baixa durante anos, rexentada por Benedicto Fernández Lombardero.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
A biosfera (do grego βίος bíos "vida" e σφαῖρα sphaira "esfera"), tamén coñecida como ecosfera (do grego οἶκος oîkos "ambiente" e σφαῖρα) é o conxunto total de ecosistemas do planeta. Tamén se pode comprender como a zona de vida na Terra, que é un sistema pechado (sempre que non se teña en conta a radiación solar e cósmica e a calor do interior da Terra), e en boa parte autorregulada. Unha definición biofisiolóxica máis xeralista indica que a biosfera é o sistema ecolóxico global que integra a todos os seres vivos e xunto coas súas relacións mutuas, incluíndo a súa interacción cos elementos da litosfera, xeosfera, hidrosfera e atmosfera.
Miguel Anxo Bastos Boubeta, nado na Bouciña (Lavadores, Vigo) o 12 de agosto de 1967, é un profesor universitario, economista, politicólogo e conferenciante galego, coñecido pola súa defensa das teses do liberalismo económico e, especificamente, da escola austríaca. É considerado por moitos[quen?] como un dos principais defensores do anarcocapitalismo e do paleolibertarismo no ámbito académico español, tanto ibérico como americano.
Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña
Imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña. Por orde alfabética para toda Galicia, véxase a galería de escudos dos concellos de Galicia.
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores).
Rogelio "Tito" Ramallo Peña, nado na Coruña o 29 de abril de 1969, é un exfutbolista, preparador físico e adestrador de fútbol galego. A súa traxectoria está estreitamente vencellada ao Deportivo da Coruña, e especialmente ao seu filial, o Fabril, no que exerceu varios funcións ao longo de catro décadas diferentes. É o adestrador que máis partidos dirixiu na historia do Fabril, cun total de 445.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
Cangas, ou Cangas do Morrazo (á espera da oficialización da forma Cangas de Morrazo), é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Morrazo, da que é capital histórica. Segundo o IGE, en 2021 tiña 26.708 habitantes, co que é o municipio máis poboado da comarca. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cangués, aínda que tamén é común na zona a forma cangueiro.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e en 2023, Cristiano Ronaldo deixou de mutuo acordo o Manchester United da Premier League inglesa e asinou con o Al-Nassr FC na Saudi Professional League. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación de masas.
Os vellos non deben de namorarse
Os vellos non deben de namorarse é unha obra de teatro de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, considerada unha das pezas máis populares do teatro galego. A obra foi escrita "para regalía do pobo galego" na cidade de Nova York, como remedio para "matar as horas de morriña" e rematouna no inverno de 1939. En palabras do autor esta obra foi froito da combinación de dúas sensibilidades: a literaria e, tamén, a imaxinación plástica do pintor.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Prusia (en antigo prusiano: Prūsa, en alemán: Preußen, en latín: Borussia) é unha rexión histórica do leste de Europa situada nos confíns das actuais Polonia e Rusia, centrada na baía de Gdańsk na costa sueste do mar Báltico e que se estendía no interior até a Masuria. O seu nome vén dunha deformación do dun dos seus pobos autóctonos, os borusios ou prusianos, de orixe báltica. A rexión foi colonizada e xermanizada polos cabaleiros teutónicos nos séculos XI e XII que a disputaron durante moito tempo aos polacos.
Pedro Sánchez Pérez-Castejón, nado en Madrid o 29 de febreiro de 1972, é un economista e político español, presidente do Goberno de España dende 2018. Tamén é secretario xeral do Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Concelleiro do Concello de Madrid entre 2004 e 2009, en setembro de 2009 converteuse en deputado no Congreso.
Desde a chegada da aviación a Galicia foron diversos os accidentes sucedidos, xa fosen por circunstancias meteorolóxicas, por erros humanos, por neglixencias ou por sucesos bélicos no marco da segunda guerra mundial. Desde 1974 os accidentes de aviación civil en España son investigados pola Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes de Aviación Civil, e desde 1994 a Comisión para a Investigación Técnica de Accidentes de Aeronaves Militares investiga os accidentes de aviación militar. Inclúense tamén accidentes de voos con orixe ou destino en Galicia.
Rage Against the Machine (escrito moitas veces como RAtM) é unha banda de rap metal e funk metal formada nos Ánxeles no ano 1991. Estivo formada durante toda a súa traxectoria por: Zack de la Rocha (voz), Tom Morello (guitarra), Tim Commerford (baixo) e Brad Wilk (batería). En abril de 2007, coincidindo coa disolución de Audioslave, anunciaron o seu regreso no festival de música de Coachella en California.