Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Sabela Ramil Rivera, coñecida artisticamente como Sabela, nada en Bravos (Ourol) o 1 de outubro de 1993, é unha cantante e compositora galega que se fixo coñecida pola súa participación no concurso musical de televisión Operación Triunfo, no ano 2018. En canto á súa voz trátase dunha voz de música popular rasgada, que entraría dentro do rango de mezzosoprano.
Alternativas á evolución darwinista
As alternativas á evolución darwinista son as que propuxeron os eruditos que investigaban a bioloxía para explicar os signos da evolución e o parentesco dos diferentes grupos de seres vivos sen recorrer aos principios darwinistas como a selección natural. A maioría destas propostas históricas foron abandonadas co tempo, pero algunhas foron importantes na súa época. Son teorías evolutivas alternativas, é dicir, non negan que os cambios evolutivos que se producen co paso do tempo son a orixe da diversidade da vida, nin que os organismos vivos hoxe compartan un antepasado común que viviu no pasado distante (ou varios antepasados nalgunhas propostas); senón que propoñen mecanismos alternativos de cambio evolutivo, argumentando en contra de que as mutacións sobre as que actúa a selección natural sexan o mecanismo máis importante do cambio evolutivo.
O campo de concentración de Auschwitz (en alemán: Konzentrationslager Auschwitz) foi un complexo de 40 campos de concentración e de exterminio operados pola Alemaña nazi na Polonia ocupada durante a segunda guerra mundial e o Holocausto. Componse de Auschwitz I, o campo principal (Stammlager) en Oświęcim; Auschwitz-Birkenau, un campo de concentración e exterminio construído con numerosas cámaras de gas; Auschwitz III-Monowitz, un campo de traballo creado para achegar persoal a unha fábrica para o conglomerado químico IG Farben; así como ducias de subcampos. Os campos convertéronse nun importante lugar para a Solución final do réxime nazi.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Operación Triunfo 2018, tamén coñecido polas súas siglas OT 2018, é a décima edición do programa de televisión musical Operación Triunfo de La 1 de Televisión Española. O programa, que conta cunha duración provisional de 91 días, foi estreado o 19 de setembro de 2018, sendo líder de audiencia, cultivando un 20,5% de cota de pantalla en prime time. Durante o resto das súas emisións, o programa continuou rexistrando bos datos de audiencia, aínda que, ao longo das semanas, mostrou unha clara tendencia descendente nos seus datos.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Santiago de Bravos é unha parroquia do concello lugués de Ourol. Tiña 208 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 104 homes e 104 mulleres. O que supón unha diminución de 33 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 241 habitantes (123 homes e 118 mulleres), tamén 33 menos que en 2006.
Yulimar del Valle Rojas Rodríguez, nada en Caracas o 21 de outubro de 1995, é unha atleta venezolana especializada en triplo salto. Foi campioa nesta disciplina nos Xogos Olímpicos de Tokyo en 2021 cunha marca de 15,67 (marca do mundo) e bicampioa mundial en 2017 e 2019. En 2020 foi elixida a mellor atleta feminina do ano poa Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (World Athletics).
Guada Reina Aragón, nada en Chiclana de la Frontera, Cádiz, en 1994, tamén coñecida como Lupe, é unha profesora e novelista española. Desde novembro de 2025, traballa como mediadora na asociación chiclanesa de Amucodich, xunto con Patricia Bernal Chacón. Foi mestra de educación infantil e especial, onde se especializou en habilidades sociais para nenos con discapacidade Intelectual.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe
The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe é un filme estadounidense dirixido por Andrew Adamson que se estreou no 2005. Baséase no libro The Lion, the Witch and the Wardrobe de C. S. Lewis.
Wilhelm Heinrich Otto Dix, nado en Untermhaus, preto de Gera, o 2 de decembro de 1891, e finado en Singen, o 25 de xullo de 1969, foi un pintor alemán, vinculado aos movementos do Expresionismo e da Nova Obxectividade. A súa obra abrangue unha ampla variedade de estilos, mais é especialmente coñecido polas súas representacións da guerra e da sociedade da República de Weimar.
Colored Music foi un dúo musical xaponés, en activo durante o ano 1981 na cidade de Tokyo, catalogado como electrónica xaponesa, pop-fusión, new-wave funk, "Avant" ambient e, segundo a crítica, precursor do house. A banda mesturaba todo tipo de estilos dentro do Synthpop e foron usados durante anos por djs locais pola súa adaptabilidade á música de baile, con temáticas do fólclore xaponés, como na canción Kitsune No Yomeiri (en galego, A voda do raposo), unha lenda na que os animais invocan a choiva nun día despexado. Para obrigar aos humanos non desexados a meterse nas súas casas e permitir que a súa cerimonia teña privacidade.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Os Premios da Crítica Galicia foron convocados desde 1978 polo Círculo Orensán Vigués. En 1992 faise cargo deles a Fundación Premios da Crítica Galicia. Concédense en varias modalidades: creación literaria, ensaio e pensamento, investigación, música, ciencias e artes da representación e iniciativas culturais.
When Johnny Comes Marching Home
"When Johnny Comes Marching Home" é unha canción popular da Guerra Civil Estadounidense, que expresa a morriña da xente polos seus amigos e familiares combatentes na guerra. A canción refírese a un capitán de artillaría lixeira, John O`Rourke, do exército da unión.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Rage Against the Machine (escrito moitas veces como RAtM) é unha banda de rap metal e funk metal formada nos Ánxeles no ano 1991. Estivo formada durante toda a súa traxectoria por: Zack de la Rocha (voz), Tom Morello (guitarra), Tim Commerford (baixo) e Brad Wilk (batería). En abril de 2007, coincidindo coa disolución de Audioslave, anunciaron o seu regreso no festival de música de Coachella en California.
(What's the Story) Morning Glory?
(What's the Story) Morning Glory? é o segundo álbum da banda inglesa Oasis, editado o 2 de outubro de 1995. O álbum foi o máis duradeiro éxito comercial de Oasis, chegando ao número 1 no Reino Unido (manténdose nese posto durante 10 semanas) e ao 4 nos Estados Unidos, vendendo 347 000 copias na súa primeira semana e 19 millóns en todo o mundo ata o ano 2007.
Screaming Trees foi unha banda estadounidense de grunge formada en 1985 polos amigos Mark Lanegan, Mark Pickerel, Van Conner e Gary Lee Conner (estes últimos irmáns), en Ellensburg, unha pequena cidade a 300 Km de Seattle. Pickerel foi substituído polo batería Barrett Martin cando a banda tico o seu período máis exitoso. Aínda que estivo moi asociada ao grunge, o son da banda incorporaba elementos hard rock e psicodélicos.
A TPBS (tailandés: ส.ส.ท.) é o Servizo Público de Radiodifusión Tailandés (tailandés: องค์การกระจายเสียงและแพร่ภาพสาธารณะแห่งประเทศไทย; RTGS: Ongkan Krachai Siang Lae Phrae Phap Satharana Haeng Prathet Thai) é un servizo público de radiodifusión de Tailandia que opera a canle de televisión Thai PBS (ไทยพีบีเอส). Estableceuse por lei o 15 de xaneiro de 2008 o que lle garante o status de axencia estatal con personalidade xurídica sen ter carácter de axencia gobernamental nin empresa estatal. Thai PBS é sucesora da privada iTV/TITV e comezou a emitir, primeiro co nome de TV Thai, o 1 de febreiro de 2008.
At The Drive-In é unha banda de post-hardcore formada en El Paso, Texas, e que estivo activa entre os anos 1993 e 2001. Os seus membros foron: Cedric Bixler (voz, percusión e sintetizadores), Omar Rodríguez-López (guitarra e voz) Jim Ward (guitarra, voz, teclados e percusión), Paul Hinojos (baixo) e Tony Hajjar (batería). A comezos do ano 2012 a banda anunciou unha reunión para realizar varios concertos.
The Adventures of Tintin (filme)
The Adventures of Tintin (tamén coñecido como The Adventures of Tintin: The Secret of the Unicorn) é un filme estadounidense dirixido e producido por Steven Spielberg que se estreou no 2011. Baséase na serie As aventuras de Tintín de Hergé.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Francisco Xosé Fernández Naval
Francisco Xosé Fernández Naval, "Chisco", nado en Ourense o 26 de abril de 1956, é un narrador e poeta galego.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, dende o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2018, 7.800 militantes, e 591 concelleiros e 36 alcaldes en 2023 en diversos concellos de Galiza.
Xosé Ramón Gayoso Bonigno, nado na Coruña o 25 de abril de 1956, é un presentador da Televisión de Galicia e un dos personaxes públicos máis coñecidos en Galicia. Presentou varios programas da canle pública galega dende a súa mesma creación, en 1985, facéndose enormemente popular polo seu traballo en Luar, programa que presenta dende 1992.
General Dynamics F-16 Fighting Falcon
O F-16 Fighting Falcon é un caza lixeiro monomotor de combate multipropósito, desenvolvido pola firma estadounidense General Dynamics para a USAF. Acada velocidades de Mach 2 e está deseñado para levar ata 9.726 kg de armamento. Orixinalmente deseñado como avión de combate lixeiro diúrno, foi evolucionando ata converterse nun extraordinario cazabombardeiro todo tempo. As súas excelentes cualidades fixeron que, ademais dos Estados Unidos, 23 países o mercasen, converténdoo no programa de aviación militar máis exitoso de occidente, con ao redor de 4.500 avións construídos.
Call Me by Your Name (en italiano: Chiamami col tuo nome) é un filme de 2017 dirixido por Luca Guadagnino e escrito por James Ivory. Baséase na novela homónima de 2007 de André Aciman, e é o derradeiro filme da triloxía de Guadagnino coa temática "desexo", despois de I Am Love (2009) e A Bigger Splash (2015). Protagonizado por Timothée Chalamet e Armie Hammer, no filme tamén aparecen Michael Stuhlbarg, Amira Casar, Esther Garrel e Victoire Du Bois.
Ángela Luz Banzas Guldrís, máis coñecida como Ángela Banzas, nada en Santiago de Compostela o 12 de maio de 1982, é unha escritora galega en lingua castelá. Finalista do Premio Planeta 2025 por El color de la lluvia. Trátase dun drama histórico que conta unha historia de segredos familiares protagonizada por unha nena nada na posguerra e criada polos seus avós na Galicia rural.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
A provincia de Qashqadaryo (en uzbeko Qashqadaryo viloyati, en ruso Қашқадарё вилояти) é unha división administrativa (viloyati) do Uzbekistán, na parte central meridional do territorio uzbeko, con capital na cidade de Qarshi. Gran parte do seu territorio está na cunca do río Qashqadaryo, e nas vertentes occidentais da cordilleira de Pamir. A cidade de Shahrisabz, onde naceu Tamerlán, fica nesta provincia.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
A Internet Movie Database (IMDb) (en galego: Base de Datos de Películas en Internet) é unha base de datos en liña con información sobre directores, produtores, actores, películas, programas de televisión, videoxogos e case todo o relacionado coa industria fílmica privada e independente. Propiedade de Amazon desde 1998, IMDb celebrou o seu décimo quinto aniversario o 17 de outubro de 2005.
O termo infarto agudo de miocardio (frecuentemente abreviado como IAM ou IMA e coñecido na linguaxe coloquial como ataque ao corazón, ataque cardíaco ou infarto) reflicte a morte de células cardíacas provocada pola isquemia resultante do desequilibrio entre a demanda e a achega de rega sanguínea pola circulación coronaria. A principal causa é a doenza das arterias coronarias con rega sanguínea insuficiente, que produce dano tisular nunha parte do corazón producido pola obstrución nunha das arterias coronarias, frecuentemente por ruptura dunha placa de ateroma vulnerable. A isquemia ou subministración deficiente de osíxeno que resulta de tal obstrución produce a anxina de peito, que se se recanaliza precozmente non produce morte do tecido cardíaco, mentres que se se mantén esta anoxia (falta de osíxeno nun tecido) prodúcese a lesión do miocardio e finalmente a necrose, é dicir, o infarto.
March Engineering foi un construtor e fabricante de coches de competición de Fórmula 1 do Reino Unido. Aínda que só tivo un éxito moderado na competición de Fórmula 1, os coches March de carreiras gozaron de moito máis éxito noutras categorías da competición , incluíndo a Fórmula 2, Fórmula 3, IndyCar e IMSA GTP e carreiras de sportcars.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano.[Cómpre referencia] Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh.
Nova Acta Científica Compostelana
Nova Acta Científica Compostelana (NACC) é unha revista científica da Universidade de Santiago de Compostela, resultado da refundación e remodelación da antiga revista Acta Científica Compostelana (ACC). O seu primeiro número apareceu en 1990.
Operación Triunfo, máis coñecido polas súas siglas OT, é un programa de televisión español creado en 2001 como talent-show musical para formar cantantes nunha academia. O formato consiste na presentación dunha serie de concursantes que deben demostrar semana tras semana as súas capacidades como cantantes nunha gala en directo e que se enfrontan a nomeamentos para abandonar a academia. O concurso emitiu once edicións desde 2001 ata 2020.
Josep Borrell Fontelles, nado en La Pobla de Segur (Lleida), o 24 de abril de 1947, é un político socialista catalán que foi ministro de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente de España de 1991 a 1996 durante o último Goberno de Felipe González e presidente do Parlamento Europeo entre 2004 e 2007, ademais de deputado no Congreso dos Deputados e deputado no Parlamento Europeo, e portavoz do Grupo Socialista no Congreso dos Deputados de 1998 a 1999. Dende 2018 é ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación do Goberno de España liderado por Pedro Sánchez. O 7 de xuño de 2018 tomou posesión, despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy.
Axel Thomas Witsel, nado en Liexa o 12 de xaneiro de 1989, é un futbolista internacional belga que xoga para o Borussia Dortmund da Bundesliga alemá e para a selección de Bélxica. A súa posición natural é a de medio centro, mais tamén pode xogar como medio ofensivo. Con todo, cando chegou ao fútbol profesional xogaba na posición de lateral dereito.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Odeón Shopping ou Centro Comercial Odeón é un complexo comercial e de lecer de Narón situado no polígono da Gándara, limítrofe con Ferrol. O nome do centro é o da empresa promotora, unha empresa catalá que posteriormente, en 2008, vendeu o centro comercial ao grupo portugués Dolce Vita. Ten un número de visitantes de entre 4,4 e 4,6 millóns ao ano.
O Premio Planeta de novela é un certame de novela concedido desde 1952 pola editorial Planeta cunha contía inicial de 40.000 pesetas e creado por José Manuel Lara Hernández. Desde 1974, tamén se premia o finalista. Fállase o 15 de outubro, festividade de Santa Teresa (nome da esposa de José Manuel Lara) e, dende 2021, o premio está dotado cun millón de euros o que o converte no premio literario mellor dotado, mesmo, que o Premio Nobel de Literatura.
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda é unha asociación cultural nacida na Coruña o 17 de agosto de 1976 e que ten como obxectivos prioritarios a promoción e defensa da lingua e da cultura galegas e a divulgación da figura e pensamento de Alexandre Bóveda.
Susana Rodríguez Gacio, nada en Vigo o 4 de marzo de 1988, é unha médica e atleta galega, especializada en tríatlon. Foi seis veces campioa mundial de paratríatlon, cinco veces campioa de Europa e gañou dúas medallas de ouro nos Xogos Paralímpicos (en Tokyo 2020 e París 2024). Foi ademais catro veces campioa do mundo de dúatlon.