Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Sabela Ramil Rivera, coñecida artisticamente como Sabela, nada en Bravos (Ourol) o 1 de outubro de 1993, é unha cantante e compositora galega que se fixo coñecida pola súa participación no concurso musical de televisión Operación Triunfo, no ano 2018. En canto á súa voz trátase dunha voz de música popular rasgada, que entraría dentro do rango de mezzosoprano.
O estruturalismo biolóxico ou estruturalismo de procesos é unha escola moi variada do pensamento biolóxico que obxecta que haxa unha explicación da evolución exclusivamente darwinista ou adaptacionista baseada na selección natural como a descrita na síntese moderna do século XX. Como alternativa propón que a evolución está guiada de xeito diferente, por forzas físicas que dan forma ao desenvolvemento do corpo dun animal e ás veces implica que estas forzas desbancan a selección totalmente. Os estruturalistas propuxeron diferentes mecanismos que poderían guiar a formación de plans corporais. Antes de Darwin, Étienne Geoffroy Saint-Hilaire argumentou que os animais tiñan partes homólogas e que se unha se agrandaba, as outras reduciríanse en compensación.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
O campo de concentración de Auschwitz (en alemán: Konzentrationslager Auschwitz) foi un complexo de 40 campos de concentración e de exterminio operados pola Alemaña nazi na Polonia ocupada durante a segunda guerra mundial e o Holocausto. Componse de Auschwitz I, o campo principal (Stammlager) en Oświęcim; Auschwitz-Birkenau, un campo de concentración e exterminio construído con numerosas cámaras de gas; Auschwitz III-Monowitz, un campo de traballo creado para achegar persoal a unha fábrica para o conglomerado químico IG Farben; así como ducias de subcampos. Os campos convertéronse nun importante lugar para a Solución final do réxime nazi.
Sarxento (sarx. ou Sxto.) é un grao militar intermedio entre as clases de tropa e a oficialidade, que pertence, segundo o país e exército, a estas mesmas clases de tropa ou a unha escala denominada suboficiais. Algúns corpos de policía e forzas de seguridade tamén adoptaron este grao, como cadros de mando intermedio.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Ada Colau Ballano, nada en Barcelona o 3 de marzo de 1974, é unha activista social e política catalá, alcaldesa da cidade de Barcelona dende o 13 de xuño de 2015 ata o 17 de xuño de 2023 Foi unha das fundadoras da Plataforma de Afectados por la Hipoteca en Barcelona no 2009 e a súa portavoz ata 2014. Foi cabeza de lista nas eleccións municipais de 2015 da coalición electoral Barcelona en Comú, formación que conseguiu ser a máis votada na cidade de Barcelona.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Nicole Mary Kidman, nada en Honolulú (Hawai) o 20 de xuño de 1967, é unha actriz e produtora con dobre nacionalidade australiana e estadounidense. Gañou un Óscar, catro Globo de Oro, un Bafta e un Oso de Prata á mellor actriz, entre outros. Ten unha irmá máis nova, Antonia Kidman, que tamén é actriz.
Miguel Ferrando-Rocher, nado en Alcoi o 13 de setembro de 1985, é un director de escena, dramaturgo, profesor universitario e enxeñeiro de telecomunicación español. É Profesor Titular de Teoría da Sinal e Comunicacións na Universitat Politècnica de València (UPV) e investigador principal no iTEAM (Institute of Telecommunications and Multimedia Applications), onde lidera o Antennas and Propagation Lab (APL). No ámbito escénico, é fundador e director artístico da compañía valenciana Groc Teatre.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
José Gregorio Hernández Cisneros, nado en Isnotú o 26 de outubro de 1864 e finado en Caracas o 29 de xuño de 1919, foi un médico, científico, profesor, filántropo venezolano de vocación católica e franciscano segrar, declarado beato pola Igrexa Católica. Foi venerado por hispanofalantes de todo o mundo, a súa canonización está en marcha. En 1949, a Igrexa católica iniciou o proceso de canonización para declaralo santo.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Geostorm é un filme estadounidense de 2017 dirixido, coescrito e coproducido por Dean Devlin (no seu debut como director). O filme está protagonizado por Gerard Butler, Jim Sturgess, Abbie Cornish, Ed Harris e Andy García. Conta a historia dun deseñador de satélites que tenta salvar o mundo dunha tormenta de proporcións épicas.
Biblioteca do Museo Provincial de Lugo
A Biblioteca do Museo Provincial de Lugo é unha biblioteca especializada, é dicir que, apelando ao artigo 32 da Lei 5/2012 de 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia, sexa de titularidade pública ou privada o seu fondo está referido a un campo específico do coñecemento. Neste caso, o contido da Biblioteca está especializado en publicacións de Arte, Historia, Etnografía, Museos, Arqueoloxía, etc.., o que a converte en lugar de consulta non só para persoal do centro, senón tamén para a comunidade universitaria, especialistas e amantes das materias antes mencionadas, así como para o público en xeral que centre os seus estudos e investigacións no ámbito histórico e artístico. O seu acceso é libre e comparte espazo co Arquivo do Museo Provincial de Lugo.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Álvaro Patricio Cunqueiro Mora (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e da literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965.
Xeneral é un rango militar. Atópase na cima da xerarquía castrense, sobre os oficiais superiores (comandante/maior, tenente coronel, coronel), os oficiais (alférez/subtenente, tenente, capitán; na Armada: alférez de fragata, alférez de navío e tenente de navío, respectivamente), os suboficialis e os soldados ou mariñeiros. Un xeneral está ao mando dunha unidade militar máis grande que un rexemento, como pode ser a brigada, división, corpo, exército, grupo de exércitos ou a totalidade das forzas armadas dun país.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Este artigo trata sobre o filósofo, para o personaxe de ficción da serie Lost véxase John Locke (Lost). John Locke, nado preto de Bristol o 29 de agosto de 1632 e finado o 28 de outubro de 1704, foi un filósofo e médico inglés, considerado como un dos máis influentes pensadores do empirismo inglés e coñecido como o «Pai do liberalismo clásico» . Foi un dos primeiros empiristas británicos.
Francisco Xosé Fernández Naval
Francisco Xosé Fernández Naval, "Chisco", nado en Ourense o 26 de abril de 1956, é un narrador e poeta galego.
Non confundir con feixón A feixoa (Acca sellowiana, sin. Feijoa sellowiana), tamén chamada goiaba do Brasil, é unha especie botánica arbustiva ou arboriña de flor da familia das mirtáceas, nativa das zonas elevadas do sur do Brasil, leste de Paraguai, o Uruguai, o norte da Arxentina e mais de Colombia. Cultívase a miúdo coma árbore froiteira no sur de Galicia e noutras zonas coma Nova Zelandia ou California, así coma árbore ornamental en Australia, Azerbaidján, Xeorxia, algunhas zonas do sur de Rusia e en Suráfrica..
Os Premios da Crítica Galicia foron convocados desde 1978 polo Círculo Orensán Vigués. En 1992 faise cargo deles a Fundación Premios da Crítica Galicia. Concédense en varias modalidades: creación literaria, ensaio e pensamento, investigación, música, ciencias e artes da representación e iniciativas culturais.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
David Gulpilil Ridjimiraril Dalaithngu (Gurlpilil tamén é lingüisticamente correcta aínda que ás veces tamén aparece nos créditos como David Gumpilil), nado en Maningrida, Terra de Arnhem, Territorio do Norte, o 1 de xullo de 1953 e finado en Murray Bridge, Australia Meridional o 29 de novembro de 2021, foi un actor australiano de ascendencia aborixe. O seu primeiro papel nun filme foi en Walkabout.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O protestantismo é unha rama do cristianismo que salienta a xustificación dos pecadores só pola fe, o ensino de que a salvación vén pola graza divina inmerecida, o sacerdocio de todos os crentes, e a Biblia como a única fonte infalible de autoridade para a fe e as prácticas cristiás. As cinco solae resumen as crenzas teolóxicas básicas do protestantismo maioritario. Os protestantes seguen os principios teolóxicos da reforma protestante, un movemento que comezou no século XVI co obxectivo de reformar a Igrexa católica dos erros, abusos e discrepancias percibidos.
A TPBS (tailandés: ส.ส.ท.) é o Servizo Público de Radiodifusión Tailandés (tailandés: องค์การกระจายเสียงและแพร่ภาพสาธารณะแห่งประเทศไทย; RTGS: Ongkan Krachai Siang Lae Phrae Phap Satharana Haeng Prathet Thai) é un servizo público de radiodifusión de Tailandia que opera a canle de televisión Thai PBS (ไทยพีบีเอส). Estableceuse por lei o 15 de xaneiro de 2008 o que lle garante o status de axencia estatal con personalidade xurídica sen ter carácter de axencia gobernamental nin empresa estatal. Thai PBS é sucesora da privada iTV/TITV e comezou a emitir, primeiro co nome de TV Thai, o 1 de febreiro de 2008.
Ángela Luz Banzas Guldrís, máis coñecida como Ángela Banzas, nada en Santiago de Compostela o 12 de maio de 1982, é unha escritora galega en lingua castelá. Finalista do Premio Planeta 2025 por El color de la lluvia. Trátase dun drama histórico que conta unha historia de segredos familiares protagonizada por unha nena nada na posguerra e criada polos seus avós na Galicia rural.
Xosé Ramón Gayoso Bonigno, nado na Coruña o 25 de abril de 1956, é un presentador da Televisión de Galicia e un dos personaxes públicos máis coñecidos en Galicia. Presentou varios programas da canle pública galega dende a súa mesma creación, en 1985, facéndose enormemente popular polo seu traballo en Luar, programa que presenta dende 1992.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'Espanya, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Lista de galegos asasinados en Mauthausen
No BOE do 9 de agosto de 2019, o goberno español publicou unha lista cos nomes dos 4 427 españois mortos nos campos de concentración de Mauthausen e de Gusen, que estaba adscrito a este. A lista foi realizada a partir dos traballos dun feixe de historiadores dirixidos polo profesor da Universidade Complutense de Madrid, Gutmaro Gómez Bravo. Nesa listaxe aparecen os nomes de máis de 100 galegos (20 de Lugo, 20 de Ourense, 20 de Pontevedra e 42 da Coruña).
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano.[Cómpre referencia] Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
José Antonio Domínguez Banderas, nado en Benalmádena (Provincia de Málaga) o 10 de agosto de 1960, é un actor andaluz. É o intérprete masculino máis internacional de España e está considerado como unha estrela do panorama cinematográfico de Hollywood. De feito, Antonio Banderas foi o primeiro actor español que conseguiu estabilizarse no cine estadounidense.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Moeda de tres peniques británicos de latón
A moeda de tres peniques de latón foi unha moeda británica de forma dodecagonal con valor equivalente a 1/80 dunha libra esterlina. Cuñada entre 1937 e 1967, cunha derradeira emisión para coleccionistas datada en 1970, foi a primeira moeda británica de forma non redonda. A mediados da década de 1930, o gran peso da moeda de bronce dun penique e as súas fraccións convertérase nun problema para empresas como as de transporte, que as manexaban en grandes cantidades, e a daquela existente moeda de tres peniques de prata non era moi popular en Inglaterra por mor do seu pequeno tamaño.
Nicole Denise Cucco, nada en Rosario (Santa Fe) o 25 de agosto de 2000, é unha cantante e compositora arxentina máis coñecida como Nicki Nicole. En 2019 saltou á fama co sinxelo «Wapo traketero», logrando millóns de reproducións en YouTube nun curto período de tempo, despois de ser publicado. A canción converteuse nun fenómeno viral e entrou na listaxe Argentina Hot 100 de Billboard.
O termo infarto agudo de miocardio (frecuentemente abreviado como IAM ou IMA e coñecido na linguaxe coloquial como ataque ao corazón, ataque cardíaco ou infarto) reflicte a morte de células cardíacas provocada pola isquemia resultante do desequilibrio entre a demanda e a achega de rega sanguínea pola circulación coronaria. A principal causa é a doenza das arterias coronarias con rega sanguínea insuficiente, que produce dano tisular nunha parte do corazón producido pola obstrución nunha das arterias coronarias, frecuentemente por ruptura dunha placa de ateroma vulnerable. A isquemia ou subministración deficiente de osíxeno que resulta de tal obstrución produce a anxina de peito, que se se recanaliza precozmente non produce morte do tecido cardíaco, mentres que se se mantén esta anoxia (falta de osíxeno nun tecido) prodúcese a lesión do miocardio e finalmente a necrose, é dicir, o infarto.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.