Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Adolfo "Fito" Cabrales Mato, nado en Bilbao (Biscaia) o 6 de outubro de 1966, é un músico español. Durante a súa carreira musical foi cantante, guitarrista e compositor do grupo Platero y Tú e da súa actual banda, Fito & Fitipaldis. Chegou a vender máis de 2,6 millóns de discos ao longo da súa carreira, 1,6 millóns só con Fito & Fitipaldis.
Unha ecuación de segundo grao ou ecuación cadrática dunha variable é unha ecuación que ten a forma dunha suma alxébrica de termos con grao máximo igual a dous, é dicir, unha ecuación cadrática pode ser representada por un polinomio de segundo grao ou polinomio cadrático. A expresión canónica xeral dunha ecuación cadrática dunha variable é: a x 2 + b x + c = 0 , onde a ≠ 0 {\displaystyle ax^{2}+bx+c=0,\;\;{\mbox{onde}}\;a\neq 0} onde x é a variable, e a, b e c son constantes; a é o coeficiente cadrático (distinto de 0), b o coeficiente linear e c é o termo independente. Este polinomio pode interpretarse mediante a gráfica dunha función cadrática, é dicir, por unha parábola.
Fito & Fitipaldis é un grupo musical bilbaíno creado en 1998 por Fito Cabrales coa intención de publicar cancións que non eran do estilo da súa outra banda, Platero y tú. O seu tipo de música é moi variado, vai desde o Rock and roll pasando polo blues, o soul, o swing e moitos máis. As súas letras adoitan falar de historias persoais.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano.[Cómpre referencia] Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh.
Gabriel Rufián Romero, nado en Barcelona o 8 de febreiro de 1982, é un activista social e político catalán vinculado con movementos sociais de esquerdas e independentistas. Presentouse nas eleccións xerais españolas de 2015, 2016, abril de 2019 e novembro de 2019 como cabeza de lista de ERC e foi elixido membro do Congreso dos Deputados español.
Sabela Ramil Rivera, coñecida artisticamente como Sabela, nada en Bravos (Ourol) o 1 de outubro de 1993, é unha cantante e compositora galega que se fixo coñecida pola súa participación no concurso musical de televisión Operación Triunfo, no ano 2018. En canto á súa voz trátase dunha voz de música popular rasgada, que entraría dentro do rango de mezzosoprano.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Non confundir con feixón A feixoa (Acca sellowiana, sin. Feijoa sellowiana), tamén chamada goiaba do Brasil, é unha especie botánica arbustiva ou arboriña de flor da familia das mirtáceas, nativa das zonas elevadas do sur do Brasil, leste de Paraguai, o Uruguai, o norte da Arxentina e mais de Colombia. Cultívase a miúdo coma árbore froiteira no sur de Galicia e noutras zonas coma Nova Zelandia ou California, así coma árbore ornamental en Australia, Azerbaidján, Xeorxia, algunhas zonas do sur de Rusia e en Suráfrica..
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O reintegracionismo ou lusismo é unha postura lingüística que defende que o galego, xunto co resto de variedades da lingua portuguesa, son unha única lingua. Xa que logo, as diferentes falas galegas serían, como as portuguesas, parte da mesma lingua, e non dúas linguas do mesmo diasistema lingüístico como defende a RAG. Como consecuencia da procura da converxencia entre o galego e o portugués, este movemento propón a adopción da normativa reintegracionista do galego, se ben hoxe en día asociacións como a AGAL promoven a convivencia desa norma xunto coa normativa oficial do galego nun chamado binormativismo. A normativa reintegracionista do galego ten a súa orixe no Estudo crítico das normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego de 1983.
O campo de concentración de Auschwitz (en alemán: Konzentrationslager Auschwitz) foi un complexo de 40 campos de concentración e de exterminio operados pola Alemaña nazi na Polonia ocupada durante a segunda guerra mundial e o Holocausto. Componse de Auschwitz I, o campo principal (Stammlager) en Oświęcim; Auschwitz-Birkenau, un campo de concentración e exterminio construído con numerosas cámaras de gas; Auschwitz III-Monowitz, un campo de traballo creado para achegar persoal a unha fábrica para o conglomerado químico IG Farben; así como ducias de subcampos. Os campos convertéronse nun importante lugar para a Solución final do réxime nazi.
José Ignacio Gabilondo Pujol, nado en Donostia o 19 de outubro de 1942 e máis coñecido como Iñaki Gabilondo, é un xornalista vasco. Xornalista de gran prestixio, a súa carreira estivo estreitamente ligada á radio, concretamente á Cadena SER, onde conduciu con grande éxito durante case vinte anos (entre 1986 e 2005) o espazo matinal Hoy por hoy. Tamén ten traballado en televisión, un medio que retomou en 2005, tras anos afastado dela, para presentar os informativos de Cuatro ata comezos de 2010 cando pasou a CNN+.
María Elena Ferro Lamela, máis coñecida como Elena Ferro, nada en Merza (Vila de Cruces) en 1975, é unha zoqueira artesanal galega adicada ao deseño, fabricación e venda de artesanía: zocos, bolsos e complementos sita na súa vila natal, e que tivo un papel fundamental na revalorización dos zocos a finais do século XX inicios do século XXI. Creou unha franquía denominada Eferro (Elena Ferro).
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Rodrigo Paz Pereira, nado en Santiago de Compostela o 22 de setembro de 1967, é un político boliviano, de ascendencia galega, que foi senador nacional na Asemblea Lexislativa Plurinacional de Bolivia pola alianza política Comunidade Cidadá en representación do departamento de Tarija desde 2020. É o presidente electo de Bolivia, tras ser elixido o 19 de outubro de 2025. Ten tamén a nacionalidade española.
Para as moléculas indutoras da expresión xénica bacteriana ver indutor (bioloxía). Un indutor, habitualmente chamado bobina, é un compoñente eléctrico pasivo de dous terminais que almacena enerxía nun campo magnético cando unha corrente eléctrica flúe a través del. Un indutor consiste normalmente nun fío illado enrolado nunha bobina.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Nicolas Sarkozy (nome completo: Nicolas Paul Stéphane Sarközy de Nagy-Bocsa; nome familiar: Sarko), nado en París o 28 de xaneiro de 1955, é un político francés. Foi presidente da República Francesa de maio de 2007 ata maio de 2012. Foi presidente do partido conservador Unión por un Movemento Popular (UMP), ministro de Estado, ministro de Interior e de Administración do territorio, ministro de Facenda, ministro de Economía, deputado polo departamento dos Altos do Sena, deputado europeo, presidente do consello xeral dos Altos do Sena, cónsul de Neuilly-Sur-Seine e conselleiro municipal de Neuilly-Sur-Seine.
San Fausto de Chapela é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela. Dunha extensión de 1'37 km2 elévase sobre o nivel do mar a 350 metros de altura. Segundo o IGE, en 2023, tiña 7.233 habitantes, distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 2013 cando tiña 7.538 habitantes.
Johann Carl Friedrich Gauss (Gauß) , nado en Brunswick, Ducado de Brunsvique-Luneburgo (Sacro Imperio Romano Xermánico), o 30 de abril de 1777 e finado en Gotinga (Reino de Hannover) o 23 de febreiro de 1855, foi un matemático alemán considerado un dos matemáticos máis grandes e influentes de toda a historia polas súas amplas contribucións en moitos eidos incluíndo a teoría dos números, álxebra, estatística, análise, xeometría diferencial, xeodesia, xeofísica, mecánica, electrostática, astronomía, teoría da matriz, e óptica. Ás veces coñecido como Princes mathematicorum (en latín, "o Príncipe dos matemáticos" ou "o Primeiro dos matemáticos") e o "máis grande matemático desde a antigüidade", Gauss ten unha influencia destacable en moitos campos da matemática e da ciencia, e considéraselle un dos científicos máis influentes da historia. Das matemáticas dixo que elas eran "a raíña das ciencias".
Pratos combinados é unha serie de televisión que foi emitida por TVG en Galicia dende o 1 de decembro de 1995 ata o 24 de maio de 2006. Os realizadores da serie decidiron finalizala nese ano, despois de 14 temporadas. Emitíase os Mércores pola noite na TVG. Foi a primeira serie de TVG que marcou todo un fito na historia da televisión galega xa que se trataba da primeira comedia de situación desenvolvida integramente por profesionais de Galicia e protagonizada na súa totalidade por actores e actrices galegos.
A TPBS (tailandés: ส.ส.ท.) é o Servizo Público de Radiodifusión Tailandés (tailandés: องค์การกระจายเสียงและแพร่ภาพสาธารณะแห่งประเทศไทย; RTGS: Ongkan Krachai Siang Lae Phrae Phap Satharana Haeng Prathet Thai) é un servizo público de radiodifusión de Tailandia que opera a canle de televisión Thai PBS (ไทยพีบีเอส). Estableceuse por lei o 15 de xaneiro de 2008 o que lle garante o status de axencia estatal con personalidade xurídica sen ter carácter de axencia gobernamental nin empresa estatal. Thai PBS é sucesora da privada iTV/TITV e comezou a emitir, primeiro co nome de TV Thai, o 1 de febreiro de 2008.
Charles Robert Darwin [tʃɑrlz ˈdɑrwɪn], nado o 12 de febreiro de 1809 e finado o 19 de abril de 1882, foi un naturalista, biólogo e xeólogo inglés que destaca pola súa achega á teoría evolutiva. Observou e postulou que todas as especies de organismos vivos evolucionaron a partir dun único antecesor común. Nunha publicación conxunta con Alfred Russel Wallace, introduciu a teoría de que ese fenómeno de diversificación é o resultado do que denominaron selección natural; un proceso no que a competición por persistir ten a mesma resultante que teñen os cruzamentos selectivos na selección artificial.
Esta é a lista dos emperadores romanos, indicando a data en que estes controlaron o Imperio Romano, até á caída do Imperio do Occidente. Nótese que, ao contrario do que moita xente pensa, Xulio César nunca foi emperador (princeps), aínda que foi nomeado ditador vitalicio en -45 (a pesar de teren existido outros ditadores romanos antes del) e, aínda, a pesar dalgúns historiadores romanos así o designaren. Por outro lado, o nome César tornouse nome de familia da primeira dinastía, sendo usado como un título, manténdose esa tradición por todo o imperio.
O termo infarto agudo de miocardio (frecuentemente abreviado como IAM ou IMA e coñecido na linguaxe coloquial como ataque ao corazón, ataque cardíaco ou infarto) reflicte a morte de células cardíacas provocada pola isquemia resultante do desequilibrio entre a demanda e a achega de rega sanguínea pola circulación coronaria. A principal causa é a doenza das arterias coronarias con rega sanguínea insuficiente, que produce dano tisular nunha parte do corazón producido pola obstrución nunha das arterias coronarias, frecuentemente por ruptura dunha placa de ateroma vulnerable. A isquemia ou subministración deficiente de osíxeno que resulta de tal obstrución produce a anxina de peito, que se se recanaliza precozmente non produce morte do tecido cardíaco, mentres que se se mantén esta anoxia (falta de osíxeno nun tecido) prodúcese a lesión do miocardio e finalmente a necrose, é dicir, o infarto.
Escocia (en inglés: Scotland; en scots: Scotland; en escocés: Alba) é un país que forma parte do Reino Unido. É o máis setentrional dos catro países constituíntes que forman o Reino Unido. Xunto con Inglaterra e Gales, forma parte da illa de Gran Bretaña, e abrangue un terzo da súa superficie total.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'Espanya, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
A fase luminosa da fotosíntese, tamén chamada fase fotoquímica, reacción de Hill ou reaccións dependentes da luz da fotosíntese, é a primeira fase do proceso fotosintético na cal as plantas, algas e algunhas bacterias captan a enerxía da luz por medio das súas clorofilas. Na fase luminosa, a enerxía da luz é convertida en enerxía química, en forma de moléculas que teñen enlaces de alta enerxía como o ATP ou poder redutor, como o NADPH. Posteriormente, na fase escura, este ATP e NAPH serán utilizados para a redución do CO2 sintetizando cos seus carbonos azucres como a glicosa. Na fase luminosa utilízase un doante de electróns, xeralmente a auga, que no proceso rompe liberando os seus compoñentes, 2 H+, electróns e oxíxeno, polo que o tipo de fotosíntese máis habitual (oxixénica) libera oxíxeno á atmosfera.
Normativa reintegracionista do galego
A normativa reintegracionista do galego, tamén chamada lusista ou internacional, é unha normativa ortográfica e morfolóxica para o galego que carece do criterio de autoridade que só ten a Real Academia Galega para as cuestións relativas á normativa da lingua galega. Neste caso, a proposta considérase converxente co galego medieval e coa usada no portugués de Portugal e no portugués do Brasil. O movemento que a promove e sustenta é coñecido como reintegracionismo, dentro do que destaca o labor da AGAL e da súa Comissom Lingüística en materia de normativización.
A comarca de Carnota é o nome dunha comarca histórica situada na costa occidental de Galicia, entre os ríos Xallas e Tambre. Comprende aproximadamente os actuais municipios de Carnota, Muros, Mazaricos, Outes, Negreira, A Baña, Santa Comba, e parte do Val do Dubra, En distintos momentos da historia funcionou como división territorial administrativa, e tamén coma división relixiosa diferenciada ata a actualidade, co nome de arciprestado de Entíns.
As consoantes glotais son todas aquelas articuladas na glote polas cordas vocais. Se estas se pechan totalmente producen unha oclusiva, sempre xorda [ʔ]. Se o peche das cordas vocais é incompleto pero suficiente para causar unha fricción audible, prodúcese unha fricativa xorda [h], e se ademais vibran, o resultado é unha consoante fricativa sonora [ɦ].
Francisco José Pereira Pinto Balsemão, nado en Lisboa o 1 de setembro de 1937, é un empresario portugués que foi primeiro ministro de Portugal entre xaneiro de 1981 e xuño de 1983. Foi xornalista e dirixente político activo, até se dedicar á vida empresarial. É presidente do grupo Impresa e presidente do Consello de Administración da SIC, a primeira estación de televisión privada en Portugal.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que só se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
La Voz de Galicia é un xornal galego con sede no polígono de Sabón (Arteixo), redactado maioritariamente en castelán, fundado no ano 1882 por Juan Fernández Latorre. É a cabeceira hexemónica en Galicia co 63% da cota do mercado. La Voz de Galicia fíxose un oco a nivel estatal e converteuse no terceiro diario de información xeral de España tanto en difusión como en audiencia con 395.000 lectores no estado, segundo datos da segunda onda do Estudio General de Medios de 2024.
O pobo xitano, pobo cigano ou pobo romaní é un grupo étnico que vive principalmente no sur e leste de Europa, Asia occidental, Latinoamérica, nos Estados Unidos de América e no Oriente Medio. Crese que a súa orixe provén das rexións indias do Rajasthan e do Panxab. Ó redor de 1050 comezaron as súas emigracións cara a Europa e ó norte de África a través do Irán.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, dende o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2018, 7.800 militantes, e 591 concelleiros e 36 alcaldes en 2023 en diversos concellos de Galiza.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.