Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O ácido desoxirribonucleico (ADN, ou DNA, nas súas siglas en inglés) é un ácido nucleico que contén as instrucións xenéticas usadas no desenvolvemento e funcionamento de todos os organismos vivos coñecidos e algúns virus, e é responsable da súa transmisión hereditaria. O papel principal da molécula de ADN é o almacenamento a longo prazo de información. O ADN é comparado a miúdo cun plano ou unha receita, ou un código, xa que contén as instrucións necesarias para construír outros compoñentes das células, como as proteínas e as moléculas de ARN. Os segmentos de ADN que levan esta información xenética son chamados xenes, pero as outras secuencias de ADN teñen propósitos estruturais ou toman parte na regulación do uso desta información xenética.
O campo de concentración de Auschwitz (en alemán: Konzentrationslager Auschwitz) foi un complexo de 40 campos de concentración e de exterminio operados pola Alemaña nazi na Polonia ocupada durante a segunda guerra mundial e o Holocausto. Componse de Auschwitz I, o campo principal (Stammlager) en Oświęcim; Auschwitz-Birkenau, un campo de concentración e exterminio construído con numerosas cámaras de gas; Auschwitz III-Monowitz, un campo de traballo creado para achegar persoal a unha fábrica para o conglomerado químico IG Farben; así como ducias de subcampos. Os campos convertéronse nun importante lugar para a Solución final do réxime nazi.
Iago Aspas Juncal, nado en Moaña o 1 de agosto de 1987, é un futbolista galego. Xoga na demarcación de dianteiro e o seu equipo actual é o Celta de Vigo. Formouse no Real Club Celta, e debutou co primeiro equipo da cidade olívica o 6 de xuño de 2009 nun importante encontro fronte o Alavés onde os seus 2 goles significaron a vitoria do equipo celeste por 2-1, e a conseguinte permanencia matemática en segunda división a falta dunha xornada para a conclusión da liga.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano.[Cómpre referencia] Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh.
Adolfo "Fito" Cabrales Mato, nado en Bilbao (Biscaia) o 6 de outubro de 1966, é un músico español. Durante a súa carreira musical foi cantante, guitarrista e compositor do grupo Platero y Tú e da súa actual banda, Fito & Fitipaldis. Chegou a vender máis de 2,6 millóns de discos ao longo da súa carreira, 1,6 millóns só con Fito & Fitipaldis.
Adolfo Prego de Oliver Domínguez
Adolfo Prego de Oliver Domínguez, nado en Ourense o 1 de xaneiro de 1913 e finado en Madrid o 15 de outubro de 2000, foi un xornalista, escritor e crítico teatral galego.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981
O Golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981, abreviado como 23F ou 23-F, foi un golpe de Estado fracasado que se produciu en España o 23 de febreiro de 1981. Foi levado a cabo por algúns mandos militares, sendo a parte máis afamada o asalto do Congreso dos Deputados por un numeroso grupo de gardas civís baixo mando do tenente coronel Antonio Tejero, durante a votación do candidato á presidencia do goberno, Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo, da Unión de Centro Democrático.
María Elena Ferro Lamela, máis coñecida como Elena Ferro, nada en Merza (Vila de Cruces) en 1975, é unha zoqueira artesanal galega adicada ao deseño, fabricación e venda de artesanía: zocos, bolsos e complementos sita na súa vila natal, e que tivo un papel fundamental na revalorización dos zocos a finais do século XX inicios do século XXI. Creou unha franquía denominada Eferro (Elena Ferro).
Non confundir con feixón A feixoa (Acca sellowiana, sin. Feijoa sellowiana), tamén chamada goiaba do Brasil, é unha especie botánica arbustiva ou arboriña de flor da familia das mirtáceas, nativa das zonas elevadas do sur do Brasil, leste de Paraguai, o Uruguai, o norte da Arxentina e mais de Colombia. Cultívase a miúdo coma árbore froiteira no sur de Galicia e noutras zonas coma Nova Zelandia ou California, así coma árbore ornamental en Australia, Azerbaidján, Xeorxia, algunhas zonas do sur de Rusia e en Suráfrica..
Gabriel Rufián Romero, nado en Barcelona o 8 de febreiro de 1982, é un activista social e político catalán vinculado con movementos sociais de esquerdas e independentistas. Presentouse nas eleccións xerais españolas de 2015, 2016, abril de 2019 e novembro de 2019 como cabeza de lista de ERC e foi elixido membro do Congreso dos Deputados español.
Sabela Ramil Rivera, coñecida artisticamente como Sabela, nada en Bravos (Ourol) o 1 de outubro de 1993, é unha cantante e compositora galega que se fixo coñecida pola súa participación no concurso musical de televisión Operación Triunfo, no ano 2018. En canto á súa voz trátase dunha voz de música popular rasgada, que entraría dentro do rango de mezzosoprano.
Niza (en francés: Nice; en occitano: Niça; italiano: Nizza; en grego: Νίκαια, tr. "Níkaia") é unha cidade francesa, capital do departamento dos Alpes Marítimos, na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul. No ano 2019 tiña 342 669 habitantes, cunha área metropolitana de preto dun millón de persoas, sendo a quinta comuna francesa por poboación (logo de París, Marsella, Lión e Tolosa).
Boyanka Kostova (grupo musical)
Boyanka Kostova, formado en 2016, é un dúo galego de música trap formado por Cibrán García e Chicho (O Chicho do Funk). A banda procede de Santiago de Compostela e pertence ao selo e produtora compostelá La Melona. O seu nome procede da atleta búlgara de halterofilia do mesmo nome e son considerados os pioneiros do trap en galego.
Skate America é unha competición de patinaxe artístico sobre xeo sancionada polo International Skating Union (ISU), organizado polo U.S. Figure Skating. O primeiro Skate America celebrouse en 1979 en Lake Placid, como un evento experimental para os Xogos Olímpicos de Inverno de 1980. Cando o ISU lanzou o Champions Series (mais tarde renomeado como Grand Prix Series) en 1995, Skate America foi un dos 5 eventos de clasificación.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O termo infarto agudo de miocardio (frecuentemente abreviado como IAM ou IMA e coñecido na linguaxe coloquial como ataque ao corazón, ataque cardíaco ou infarto) reflicte a morte de células cardíacas provocada pola isquemia resultante do desequilibrio entre a demanda e a achega de rega sanguínea pola circulación coronaria. A principal causa é a doenza das arterias coronarias con rega sanguínea insuficiente, que produce dano tisular nunha parte do corazón producido pola obstrución nunha das arterias coronarias, frecuentemente por ruptura dunha placa de ateroma vulnerable. A isquemia ou subministración deficiente de osíxeno que resulta de tal obstrución produce a anxina de peito, que se se recanaliza precozmente non produce morte do tecido cardíaco, mentres que se se mantén esta anoxia (falta de osíxeno nun tecido) prodúcese a lesión do miocardio e finalmente a necrose, é dicir, o infarto.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Fito & Fitipaldis é un grupo musical bilbaíno creado en 1998 por Fito Cabrales coa intención de publicar cancións que non eran do estilo da súa outra banda, Platero y tú. O seu tipo de música é moi variado, vai desde o Rock and roll pasando polo blues, o soul, o swing e moitos máis. As súas letras adoitan falar de historias persoais.
En Medicina, un efecto secundario é unha consecuencia que é secundaria ao efecto desexado, que pode ser de carácter terapéutico ou adverso cusado polo uso dun medicamento ou terapia. Aínda que o termo se emprega predominantemente para describir os efectos adversos, tamén pode aplicarse ás consecuencias beneficiosas, pero non intencionadas, do uso dun medicamento. O desenvolvemento de medicamentos é un proceso complicado, porque non hai dúas persoas exactamente iguais, e pode ocorrer que medicamentos que practicamente non teñen efectos secundarios para a maioría das persoas teñan máis complicacións para algunhas outras.
Alfonso Armada Comyn, nado en Madrid o 12 de febreiro de 1920 e finado na mesma cidade o 1 de decembro de 2013, foi un ex militar español, que alcanzou notoriedade pola súa participación no intento de golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981. Ostentaba o título de marqués de Santa Cruz de Rivadulla.
Julio José Iglesias de la Cueva, máis coñecido como Julio Iglesias, nado en Madrid o 23 de setembro de 1943, é un exfutbolista de orixe galega, empresario e cantante de sona internacional. É o intérprete latino que máis discos vendeu[Cómpre referencia] e segundo Sony Music un dos 10 maiores vendedores de discos en toda a historia da música[Cómpre referencia].
Un Youtubeiro ou YouTuber, tamén coñecido como personalidade de YouTube, famoso de YouTube ou creador de contido de YouTube, é un tipo de famosos e videógrafos de Internet que gañou popularidade no sitio para compartir vídeos de YouTube. Ás veces, as redes apoian a estas celebridades. Algunhas personalidades de YouTube teñen patrocinadores corporativos que pagan por colocar produtos nos seus clips ou producir anuncios en liña.
Miguel Ángel Santiso Mosquera, coñecido como Kuman, nado na Coruña o 14 de setembro de 1991, é un xogador de fútbol, fútbol sala e fútbol praia galego, que xoga no Napoli da Serie A italiana de fútbol praia. Foi tres veces campión de Europa e unha vez subcampión do mundo coa selección española de fútbol praia, coa que debutou con só 16 anos.
Serena Jameka Williams, nada o 26 de setembro de 1981 en Saginaw, Míchigan, é unha tenista estadounidense. A Women's Tennis Association situouna no número 1 da clasificación en dez ocasións diferentes. Converteuse en número un por primeira vez o 8 de xullo de 2002, e conseguiu este posto por décima vez o 24 de abril de 2017, sumando ata o de agora 319 semanas como número un da WTA. É a única xogadora feminina en gañar máis de 40 millóns de dólares en premios.
Premio Literario Pinto e Maragota
O Premio Literario Pinto e Maragota é un galardón literario convocado polo Concello de Pontevedra en colaboración con Edicións Xerais de Galicia que ten como finalidade eliminar os prexuízos e as invisibilidades que afectan a diversidade sexual e de xénero. Comezou a súa andaina en 2020. As obras que poden optar ao premio son tanto novela, como teatro ou poesía e non hai limitacións polo seu público destinatario.
Unha ecuación é toda igualdade entre dúas expresións matemáticas, denominadas membros e separadas polo signo igual, nas que aparecen elementos coñecidos e datos descoñecidos ou incógnitas, relacionados mediante operacións matemáticas. Os valores coñecidos poden ser números, coeficientes ou constantes, tamén variables e mesmo obxectos complexos como funcións ou vectores; os elementos descoñecidos poden estar determinados mediante outras ecuacións dun sistema ou algún outro procedemento de resolución de ecuacións. As incógnitas, representadas xeralmente por letras, constitúen os valores que se pretenden calcular (en ecuacións complexas, como sucede nas ecuacións diferenciais, no canto de valores numéricos poderían tratarse de elementos dun certo conxunto abstracto).
Unha reacción reversible é unha reacción na cal a conversión dos reactantes a produtos e a conversión de produtos a reactantes ocorre simultaneamente. a A + b B ↽ − − ⇀ c C + d D {\displaystyle {\ce {{\mathit {a}}\;A{}+{\mathit {b}}\;B<=>{\mathit {c}}\;C{}+{\mathit {d}}\;D}}} A e B poden reaccionar para formar C e D ou, na reacción inversa, C e D poden reaccionar para formar A e B. Por iso na ecuación química póñense frechas apuntando para os dous lados ( ↽ − − ⇀ {\displaystyle {\ce {<=>}}} ). Isto é distinto dun proceso reversible en termodinámica.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Jorge Mira Pérez, nado en Baio (Zas) o 30 de outubro de 1968, é un físico, investigador, divulgador científico e colaborador en diferentes medios de comunicación galego. Dende decembro de 2016, é membro correspondente da Real Academia Galega polas súas investigacións desenvolvendo modelos matemáticos para estudar a lingua galega.
Moeda de 6 peniques británicos
A moeda de 6 peniques británicos foi unha moeda co valor de 1/40 da libra esterlina ou medio xilin. Cuñouse por primeira vez en 1551, durante o reinado de Eduardo VI (1543-1553), e mantívose en produción, con interrupcións, ata década de 1970. A moeda cuñouse en prata desde a súa introdución ata 1947, cando pasou a producirse en cuproníquel.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Gustavo Santaolalla, nado en El Palomar, Gran Buenos Aires, o 19 de agosto de 1951, é un compositor, músico e produtor musical arxentino gañador dúas veces do Premio Óscar. Santaolalla con frecuencia combina elementos de música rock, soul, ritmos africanos e música popular latinoamericana. Na década do 70 liderou a banda Arco Iris, unha das fundadoras do «rock nacional arxentino».
Francisco José Pereira Pinto Balsemão, nado en Lisboa o 1 de setembro de 1937, é un empresario portugués que foi primeiro ministro de Portugal entre xaneiro de 1981 e xuño de 1983. Foi xornalista e dirixente político activo, até se dedicar á vida empresarial. É presidente do grupo Impresa e presidente do Consello de Administración da SIC, a primeira estación de televisión privada en Portugal.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 227.243.
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marcharon cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. Posteriormente, xa na segunda década do século XXI, por mor da crise en Galicia e España, iniciouse unha segunda vaga de emigración galega, principalmente cara a países de Europa (Alemaña e Inglaterra), formada normalmente por mozos con estudos e un nivel cultural medio-alto.
A fotólise flash é unha técnica de laboratorio de bomba-sonda, na cal se excita primeiro unha mostra por medio dun pulso de luz forte dun láser pulsado dun nanosegundo, picosegundo ou femtosegndo ou por outra fonte de luz de pulso curto como unha lámpada flash de magnesio. Este primeiro pulso forte chámase pulso de bomba e fai comezar unha reacción química ou causa un incremento da poboación de átomos ou moléculas para niveis enerxéticos distintos do estado fundamental dentro dunha mostra de átomos ou moléculas. Normalmente a absorción da luz pola mostra rexístrase dentro de curtos intervalos de tempo (polo denominado pulsos de test ou pulsos de sonda) para monitorizar a relaxación ou procesos de reacción iniciados polo pulso de bomba.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.266.126 habitantes (Padrón Municipal, 2019) é a cidade máis grande e poboada do estado e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea.
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e en 2023, Cristiano Ronaldo deixou de mutuo acordo o Manchester United da Premier League inglesa e asinou con o Al-Nassr FC na Saudi Professional League. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación de masas.
Pablo Ruiz Picasso, nado en Málaga o 25 de outubro de 1881 e finado en Mougins, Francia, o 8 de abril de 1973, foi un pintor español máis coñecido polo nome artístico de Pablo Picasso, xa que asinaba co segundo apelido. Foi un dos máis recoñecidos artistas do século XX, coñecido sobre todo porque fundou o cubismo xunto con Georges Braque. Na súa dilatada carreira, evolucionou por diferentes estilos e experimentou con outras disciplinas como a cerámica, a escultura con bronce, o collage, e mesmo fixo poesía.
La Voz de Galicia é un xornal galego con sede no polígono de Sabón (Arteixo), redactado maioritariamente en castelán, fundado no ano 1882 por Juan Fernández Latorre. É a cabeceira hexemónica en Galicia co 63% da cota do mercado. La Voz de Galicia fíxose un oco a nivel estatal e converteuse no terceiro diario de información xeral de España tanto en difusión como en audiencia con 395.000 lectores no estado, segundo datos da segunda onda do Estudio General de Medios de 2024.
A Segunda República Española foi o réxime político democrático que rexeu España entre o 14 de abril de 1931, data da súa proclamación, até o 1 de abril de 1939, data da vitoria definitiva do bando autoproclamado nacional (é dicir, o de quen se sublevaron contra a República os días 17 e 18 de xullo de 1936, chamados así en oposición ao bando leal a ela, o republicano).
Charles Robert Darwin [tʃɑrlz ˈdɑrwɪn], nado o 12 de febreiro de 1809 e finado o 19 de abril de 1882, foi un naturalista, biólogo e xeólogo inglés que destaca pola súa achega á teoría evolutiva. Observou e postulou que todas as especies de organismos vivos evolucionaron a partir dun único antecesor común. Nunha publicación conxunta con Alfred Russel Wallace, introduciu a teoría de que ese fenómeno de diversificación é o resultado do que denominaron selección natural; un proceso no que a competición por persistir ten a mesma resultante que teñen os cruzamentos selectivos na selección artificial.
Historia dos Chicago Blackhawks
Os Chicago Blackhawks son un equipo profesional de hóckey sobre xeo, foron fundados o 1 de maio de 1926 na cidade de Chicago, Illinois (Estados Unidos). Os Blackhawks foron creados como equipo de expansión da National Hockey League (NHL) baixo o nome Chicago Black Hawks, e xogaron o seu primeiro partido o 17 de novembro de 1926. Os Blackhawks gañaron a Stanley Cup en seis ocasións, sendo o quinto equipo con máis campionatos.
As mouras son espíritos, seres fantásticos con poderes sobrenaturais dos folclores portugués e galego. Son "seres obrigados por oculta forza sobrenatural a vivir en certo estado de sitio como limitados ou adormecidos, en canto determinada circunstancia non lles rompa o encantamento". Segundo antigos relatos populares, son as almas de doncelas que foron deixadas gardando os tesouros que os mouros esconderan antes de partir para a súa terra.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
A TPBS (tailandés: ส.ส.ท.) é o Servizo Público de Radiodifusión Tailandés (tailandés: องค์การกระจายเสียงและแพร่ภาพสาธารณะแห่งประเทศไทย; RTGS: Ongkan Krachai Siang Lae Phrae Phap Satharana Haeng Prathet Thai) é un servizo público de radiodifusión de Tailandia que opera a canle de televisión Thai PBS (ไทยพีบีเอส). Estableceuse por lei o 15 de xaneiro de 2008 o que lle garante o status de axencia estatal con personalidade xurídica sen ter carácter de axencia gobernamental nin empresa estatal. Thai PBS é sucesora da privada iTV/TITV e comezou a emitir, primeiro co nome de TV Thai, o 1 de febreiro de 2008.