Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Manuel García García-Pérez (coñecido artisticamente como Manolo García), nado en Barcelona o 19 de agosto de 1955, é un cantante, músico, compositor, empresario, pintor e fotógrafo. Os seus primeiros discos foron con grupos como Los Rápidos e Los Burros, e o éxito comercial chegoulle xunto a Quimi Portet con El último de la fila. Actualmente continúa a súa carreira en solitario.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano.[Cómpre referencia] Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
O Ourense Club de Fútbol, S.A.D. é un club de fútbol galego da cidade de Ourense, que na tempada 2025/26 militará na Primeira Federación. Foi fundado en 1977 co nome de Puente Club de Fútbol, trocando o seu nome polo de Ponte Club de Fútbol en 1996 e Ponte Ourense Club de Fútbol entre 1997 e 2014. Foi o primeiro club do fútbol español que se transformou en SAD militando na 3ª División.
Venus é o segundo planeta do sistema solar en orde de proximidade ao Sol e o terceiro en canto a tamaño en orde ascendente despois de Mercurio e Marte e ten algunhas características peculiares. Do mesmo xeito que Mercurio, carece de satélites naturais. A súa órbita é unha elipse cunha excentricidade de menos do 1 %, formando a órbita máis circular de todos os planetas; apenas supera a de Neptuno.
Este artigo trata sobre o libro de relatos de Álvaro Cunqueiro, para o artigo sobre a serie Televisión de Galicia véxase Os outros feirantes (serie de televisión). Os outros feirantes é un libro de relatos de Álvaro Cunqueiro, publicado en 1979 pola Editorial Galaxia, que mostra un conxunto de descricións de personaxes galegos, un xénero único no que Cunqueiro amosou a súa mestría. É unha nova ración de retratos para coñecer mellor o galego cotián, campesiño, coa súa forma de entender o mundo, as crenzas, os ritos, as supersticións.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Os sakizayas (nome nativo: sakuzaya, literalmente "homes reais", en chinés mandarín: 撒奇萊雅族; en pinyin: Sāqíláiyǎ; ocasionalmente chamados sakiraya ou sakidaya) son un pobo aborixe taiwanés cunha poboación aproximada de 1.000 persoas. Viven principalmente no condado de Hualien (antes chamada Kiray), onde se centra a súa cultura. Os sakizaya fan parte dos pobos austronesios, cos cales comparten ligazóns culturais, lingüísticas e xenéticas.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Rosalía Vila Tobella, nada en Sant Esteve Sesrovires (provincia de Barcelona) o 25 de setembro de 1992, máis coñecida como Rosalía, é unha cantante e actriz española. En 2018, converteuse na española con máis premios Grammy Latinos por un único traballo. A súa canción «Malamente», con raíces flamencas e fusión urbana, obtivo cinco nomeamentos dos cales conseguiu dous galardóns.
O demo na cultura popular galega
O que segue recolle diversa información sobre a pegada do demo na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Inclúense tamén aquí as informacións que se refiren ás diferentes manifestacións do demo (diaño, trasgo etc.), ós pautos co demo, a posesión diabólica e a súa curación, así como ó inferno. En Galicia, o demo recibe numerosas denominacións populares: abelurio, cachán, cachano, cachizo, demachiño (máis propiamente, aplícase a demos pequenos como o diaño burleiro), démaro, demiño, demócharo, democho, demóncaro, demonche, demoncre, demontre, demóñaro, demoño, demoro, déncaro, dencho, déngaro, denllo, dentre, deño, diabo, diabro, diantre, diaño, mafarrico, rabeno, rabudo, resalgario, sucio (e zucio), tardo, trasgo e trasno.
O edificio Castromil, coñecido previamente como café Quiqui-Bar, en Santiago de Compostela, foi un edificio de estilo modernista derrubado no ano 1975 que estaba situado na antiga praza de García Prieto, hoxe praza de Galicia. Foi o arquitecto coruñés Rafael González Villar quen o proxectou en 1922 e Antonio Alfonso Viana quen coordinou a obra en 1926. Os seus promotores foron os socios composteláns Manuel Ramallo Gómez e Ángel Gontán Sánchez, co propósito de destinalo a café-bar e restaurante.
Christian Dior, S.A. (máis coñecida como Dior) é un retallista de roupa francés, baixo control do grupo LVMH. A compañía foi fundada polo deseñador de moda Christian Dior. Christian Dior, S.A. en si controla o 42% dos activos de LVMH, que leva outras marcas de roupa como Kenzo, Givenchy e Louis Vuitton. A unidade operativa da compañía, Christian Dior Couture, deseña e elabora parte da máis codiciada alta costura do mundo, así como moda prêt-à-porter, roupa de cabaleiro e accesorios.
Os mouros eran un pobo de criaturas sobrenaturais presentes en mitos e relatos estendidos polo norte da Península Ibérica (Galicia, Asturias, León, Zamora e Norte de Portugal), e presentados como non bautizados e pagáns, que noutro tempo tamén eran coñecidos como xentís. Evidentemente, non teñen que ver cos musulmáns nin cos habitantes do norte de África. Viven baixo terra, nos castros, dólmenes, castelos ou outros antigos monumentos.
Avenida do 19 de Febreiro, Serantes, Ferrol
Avenida do 19 de Febreiro é un lugar da parroquia de Serantes no concello de Ferrol na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2007 tiña 105 habitantes (55 homes e 50 mulleres), 35 máis ca en 2004. Atravesa Serantes desde a estrada de Covas ata A Malata.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
Lamine Yamal Nasraoui Ebana, nado en Esplugues de Llobregat o 13 de xullo de 2007 é un futbolista español que xoga como dianteiro no FC Barcelona da Primeira División de España. É o xogador máis novo da historia (16 anos e 57 días) en debutar e marcar un gol coa selección de España, na Primeira División de España (16 anos e 87 días), e na Eurocopa en debutar e asistir (16 anos e 338 días) e anotar un gol (16 anos e 361 días).
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 227.323.
Para outros artigos de persoas co mesmo apelido, véxase a páxina de homónimos Roettiers Joseph Roettiers, nado en Anveres o 1 de agosto de 1635 e finado en París o 11 de setembro de 1703, foi un medallista, deseñador e gravador de moedas de orixe flamenga que estivo activo en Inglaterra e en Francia. Neste último país ocupou o cargo de gravador xeral de moedas desde 1682 ata a súa morte.
Ludwig van Beethoven, nado en Bonn o 16 de decembro de 1770 e finado en Viena o 26 de marzo de 1827, foi un célebre compositor, director de orquestra e pianista alemán. O seu legado musical abarca, cronoloxicamente, desde o período clásico ata inicios do romanticismo musical. É un dos compositores máis importantes da historia da música e o seu legado influíu de forma decisiva na música posterior.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Dende 1848, a Confederación Suíza constitúe unha república federal integrada por cantóns con ampla autonomía, algúns dos cales posúen tradicións federativas que se remontan a máis de setecentos anos, situándoos entre as repúblicas máis antigas aínda existentes a nivel mundial. A etapa inicial da súa historia está estreitamente vencellada á cultura alpina. O territorio suízo estivo habitado polos helvecios e pasou a formar parte do dominio romano no século I a.C. Durante a Antigüidade tardía, a cultura galorromana fusionouse coa influencia xermánica, e a zona oriental de Suíza converteuse en territorio alamano.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
O Club Deportivo Ourense foi un club de fútbol galego da cidade de Ourense. Foi fundado no 1952, logo da desaparición da Unión Deportiva Orensana. Logo de descender de Segunda división B a Terceira División por mor de falta de pagamentos, en xullo de 2014 renunciou a participar en calquera competición de cara á campaña 2014/15.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Os lloa son un grupo indíxena taiwanés austronesio que viven na chaira do sur de Taiwán desde Yunlin, Jiayi, ao norte de Tainan. Viviron durante a colonización holandesa de Taiwán, así como a ocupación manchú durante a Dinastía Qing. Os lloa son xeralmente clasificados xunto cos hoanya e os arikun como un único grupo étnico.
Björk Guðmundsdóttir, nada en Reiquiavik o 21 de novembro de 1965, é unha cantante, compositora e actriz islandesa máis coñecida como Björk. Foi a antiga líder da banda islandesa de rock alternativo The Sugarcubes. O seu gusto musical abrangue moitos tipos de música, entre eles; pop, rock alternativo, jazz, ambient, electrónica, folk, trip hop e clásica.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'Espanya, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Francisco Hipólito Asorey González, nado en Fefiñáns, Cambados o 4 de marzo de 1889 e finado en Santiago de Compostela o 2 de xullo de 1961, comunmente citado como Asorey, foi un escultor galego, considerado un dos renovadores da arte galega, e por algúns críticos como unha das figuras mais relevantes da renovación da arte escultórica española do século XX. Está soterrado no Panteón de Galegos Ilustres. Francisco Asorey será homenaxeado no Día das Artes Galegas de 2024.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Unha parroquia civil é unha división administrativa recoñecida en Galicia como entidade colectiva de poboación inferior ao concello. Segundo o IGE, en Galicia hai 3.771 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. Nesta páxina aparecen listadas as parroquias de Galicia.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Universidade de Santiago de Compostela
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) é unha institución universitaria con sede en Santiago de Compostela. As súas orixes datan de finais do século XV, sendo a primeira universidade fundada en Galiza e a sexta en España. Porén, non hai unanimidade nas datas de fundación das universidades españolas.
A antístrofa (en grego antigo ἀντιστροφή, media volta, do grego στρέφω, xirar) pertence á arte coral do teatro grego antigo, con orixes na poesía lírica coral doria. Nun canto lírico formado por grupos de dous ou de tres estrofas, é a segunda estrofa, que responde ao primeiro, chamado "estrofa" ou "oda". A antístrofa, semellante en métrica (repartición das breves e as longas) e o número dos versos á estrofa, reproduce pois o ritmo da estrofa, pero efectúa igualmente repeticións sonoras, verbais e/ou temáticas.
Flavio Lupicino (en latín: Flavius Lupicinus) foi un oficial militar romano do século IV, activo durante o reinado dos emperadores Constancio II (reinado 337–361), Xoviano (reinado 363–364) e Valente (reinado 365–378). Participou nunha expedición a Britania contra os pictos e os escotos invasores baixo o mando de Constancio II e, baixo o mando de Valente, axudouno nas súas campañas contra o usurpador Procopio (reinado 365–366). Tamén foi coñecido polas súas actividades en Oriente, especialmente pola súa persecución de herexes.
Non confundir con feixón A feixoa (Acca sellowiana, sin. Feijoa sellowiana), tamén chamada goiaba do Brasil, é unha especie botánica arbustiva ou arboriña de flor da familia das mirtáceas, nativa das zonas elevadas do sur do Brasil, leste de Paraguai, o Uruguai, o norte da Arxentina e mais de Colombia. Cultívase a miúdo coma árbore froiteira no sur de Galicia e noutras zonas coma Nova Zelandia ou California, así coma árbore ornamental en Australia, Azerbaidján, Xeorxia, algunhas zonas do sur de Rusia e en Suráfrica..
A vaxina (do latín vagīna, "vaíña") é un conduto fibromuscular elástico, que forma parte dos órganos xenitais internos da muller –xa que logo, parte do aparato reprodutor feminino–. Nas femias dos mamíferos, esténdese desde o vestíbulo vaxinal até o cérvix uterino. A vulva e a vaxina, dúas estruturas anatómicas diferentes que non deben confundirse, son os órganos da copulación nos mamíferos.
Fervenza é un sindicato estudantil galego nado o 9 de marzo de 2025, nunha Asemblea Nacional Constituínte que contou coa participación de preto de 100 estudantes. Os seus voceiros son Iris Abril e Gonzalo Dios. A organización defínese como sindicato estudantil de vocación unitaria, autónoma, horizontal, combativa e democrática.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
José González Vázquez (exiliado)
José González Vázquez, nado en Quintela (Redondela) o 24 de setembro de 1914 e finado en Gusen o 18 de xaneiro de 1942, foi un exiliado galego deportado ós campos de concentración nazis.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Partido Comunista pola República Galega
O Partido Comunista da República Galega (PCRG) é unha organización política galega, de ideoloxía comunista marxista-leninista e independentista. Os seus obxectivos políticos son a construción do socialismo en Galicia,o comunismo a nivel internacional, a independencia de Galicia, a liberación da muller e o antiimperialismo. De acordo co modelo organizativo do centralismo democrático, o seu órgano de dirección é un Comité Central.
El Último de la Fila (1984-1998) foi un grupo musical de pop rock español formado por Manolo García (vocalista) e Quimi Portet (guitarrista) e nado na cidade de Barcelona. Foi un dos grupos musicais de máis éxito en España durante as décadas dos 80 e dos 90, anos nos que dessenvolveron sete álbums musicais e numerosas xiras, xeralmente en España.
A independencia de Panamá ou a separación de Panamá de Colombia foi un feito ocorrido o 3 de novembro de 1903, despois da Guerra dos Mil Días, e que desencadeou a proclamación da República de Panamá. O istmo de Panamá foi parte integral de todas as formas de organización política e territorial que tivo a República de Colombia dende 1831 até 1903, con ó redor de dezasete intentos de secesión e catro separacións consumadas durante o século XIX. Para a historiografía panameña, a proclamación da República de Panamá foi o resultado dun proceso nacionalista e autonomista que se foi construíndo dende finais do século XVIII, e que concluíu coa separación de Panamá de Colombia. En troques, para a historiografía colombiana, a secesión de Panamá, constitúe un atentado contra a integridade político-territorial de Colombia, que foi ideado polos Estados Unidos de América en asociación coa oligarquía istmeña da época.
O leucismo (do grego antigo λευκóσ leukós, branco, e -ismo) é unha particularidade xenética debida a un xene recesivo, que dá unha cor branca á pelaxe dos mamíferos, á plumaxe das aves (os ollos manteñen a súa cor normal, a diferenza dos albinos), e incluso á pel dalgúns réptiles, anfibios e peixes. O adxectivo para referirse aos animais que presentan este fenómeno é leucístico. O leucismo é diferente do albinismo: os animais leucísticos non son máis sensíbeis á luz do sol que o resto.