Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano.[Cómpre referencia] Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh.
The Hives é unha banda sueca de rock formada na cidade de Fagersta. Chegaron ao grande público coa edición do seu recompilatorio de grandes éxitos Your New Favourite Band, que contén o seu tema máis coñecido, "Hate to Say I Told You So". Un trazo característico da banda son os traxes brancos e negros que usan os seus membros nos directos.
Os somalís (en somalí, soomaali; en árabe, صوماليون) son un grupo étnico que habitaban orixirariamente o corno de África (península de Somalia). Os somalís étnicos son de 16 a 20 milóns de individuos, que se concentran principalmente en Somalia (uns 9 millóns), Etiopía (4,6 millóns), Kenya (2,4 millóns) e Djibuti (524 000) e, ao outro lado do mar Vermello, no Iemen. Ademais son moitos os que, debido á Guerra Civil Somalí e á emigración por motivos económicos ou políticos, viven en gran parte do mundo, sobre todo no Oriente Medio, os Estados Unidos, Australia e Oceanía e Europa.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Calorimetría isoterma de titulación
En termodinámica química, a calorimetría isoterma de titulación (CIT ou ITC na literatura inglesa) é unha técnica física usada para determinar os parámetros termodinámicos das interaccións nunha solución. A CIT é a única técnica con capacidade de caracterizar completamente os perfís termodinámicos e cinéticos dunha interacción molecular ao determinar simultaneamente as constantes de unión ( K a {\displaystyle K_{a}} ), a estequiometría da reacción ( n {\displaystyle n} ), a entalpía ( Δ H {\displaystyle \Delta H} ), a enerxía libre de Gibbs ( Δ G {\displaystyle \Delta G} ) e a entropía ( Δ S {\displaystyle \Delta S} ) cun só experimento. Consta de dúas células que están encerradas nunha cuberta adiabática.
Manuel García García-Pérez (coñecido artisticamente como Manolo García), nado en Barcelona o 19 de agosto de 1955, é un cantante, músico, compositor, empresario, pintor e fotógrafo. Os seus primeiros discos foron con grupos como Los Rápidos e Los Burros, e o éxito comercial chegoulle xunto a Quimi Portet con El último de la fila. Actualmente continúa a súa carreira en solitario.
Terry Allen Winograd, nado en Takoma Park (Maryland) o 24 de febreiro de 1946, é un informático estadounidense, coñecido polas súas investigacións en intelixencia artificial. Foi profesor de Ciencias da Computación na Universidade Stanford. Fixo importantes contribucións á filosofía da mente e da intelixencia artificial polo seu traballo pioneiro en linguaxe natural, coa creación en 1972 do programa SHRDLU; cunha contorna de software moi simplificada (o que dende entón se chamou o mundo dos bloques), podía realizar múltiples interaccións (coller un cono e poñelo entre o cubo e a pirámide) obedecendo mandatos lingüísticos ("SHRDLU, colle o cono e pono entre o cubo e a pirámide").
Venus é o segundo planeta do sistema solar en orde de proximidade ao Sol e o terceiro en canto a tamaño en orde ascendente despois de Mercurio e Marte e ten algunhas características peculiares. Do mesmo xeito que Mercurio, carece de satélites naturais. A súa órbita é unha elipse cunha excentricidade de menos do 1 %, formando a órbita máis circular de todos os planetas; apenas supera a de Neptuno.
Banesco Panamá é unha entidade bancaria que se estableceu en Panamá o 17 de novembro de 1992 baixo o nome de Banesco International Bank Inc. para operar baixo licenza internacional, como subsidiaria de Banesco Holding, o que lle permitía facer operacións bancarias nese país e no resto do mundo. En febreiro de 2007 foille autorizada pola Superintendencia de Bancos de Panamá a licenza xeral, podendo ofertar produtos e servizos ao mercado local.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 227.323.
Non confundir con feixón A feixoa (Acca sellowiana, sin. Feijoa sellowiana), tamén chamada goiaba do Brasil, é unha especie botánica arbustiva ou arboriña de flor da familia das mirtáceas, nativa das zonas elevadas do sur do Brasil, leste de Paraguai, o Uruguai, o norte da Arxentina e mais de Colombia. Cultívase a miúdo coma árbore froiteira no sur de Galicia e noutras zonas coma Nova Zelandia ou California, así coma árbore ornamental en Australia, Azerbaidján, Xeorxia, algunhas zonas do sur de Rusia e en Suráfrica..
Xoán Manuel Pintos Villar, nado no Burgo (Pontevedra) o 16 de decembro de 1811 e finado en Vigo o 29 de xuño de 1876, foi un escritor galego. Está considerado un dos precursores do Rexurdimento literario, e dentro deles, pertencente á primeira xeración provincialista. A súa obra, como acontecía por norma xeral na época, está espallada en xornais, revistas e folletos, mais é A Gaita Gallega (1853) a única obra súa publicada en vida.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Adolfo Prego de Oliver Domínguez
Adolfo Prego de Oliver Domínguez, nado en Ourense o 1 de xaneiro de 1913 e finado en Madrid o 15 de outubro de 2000, foi un xornalista, escritor e crítico teatral galego.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Pedro Sánchez Pérez-Castejón, nado en Madrid o 29 de febreiro de 1972, é un economista e político español, presidente do Goberno de España dende 2018. Tamén é secretario xeral do Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Concelleiro do Concello de Madrid entre 2004 e 2009, en setembro de 2009 converteuse en deputado no Congreso.
Sydney Bernice Sweeney, nada o 12 de setembro de 1997 en Spokane, Washington, é unha actriz estadounidense. Acadou sona internacional após interpretar a Emaline na serie de Netflix Everything Sucks! (2018), a Eden na serie The Handmaid's Tale (2018) e a Alice na miniserie de HBO Sharp Objects (2018).
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Halloween (AFI: /ֽhæləυ'i:n/, do ing. All Hallows' Evening ou Noite de tódolos Santos) é unha festa anual que se celebra principalmente nos Estados Unidos na noite do 31 de outubro pero que desde finais do século XX tamén se observa en moitos outros países. A súa orixe é cristiá pero con raíces nas tradicións pagás celtas (véxase Samaín).
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Joaquín Domínguez Portela, coñecido como Elxokas, nado en Lugo o 13 de abril de 1991, é un influenciador, streamer, youtuber e creador de contido en Twitch e YouTube. Comezou como streamer en 2018 en Twitch creando contido do videoxogo World of Warcraft. En 2019, era xa o creador de contido máis grande da comunidade hispanofalante nesta categoría.
Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 30 de setembro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX. Membro da xeración Nós, é considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego. Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'España, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O cine de animación é aquel no que se usan maioritariamente técnicas de animación. O cine de imaxe real rexistra imaxes reais en movemento continuo, descompoñéndoas nun número discreto de imaxes por segundo. No cine de animación non existe movemento real que rexistrar, senón que se producen as imaxes individualmente e unha por unha (mediante debuxos, modelos, obxectos e outras múltiples técnicas), de xeito que ao proxectarse consecutivamente se produza a ilusión de movemento.
Para outros artigos de persoas co mesmo apelido, véxase a páxina de homónimos Roettiers Norbert Roëttiers (ou Roettiers), nado probablemente en Anveres en 1665 ou 1666 e finado en Choisy-le-Roi, Val do Marne, Francia, foi un medallista e deseñador e gravador de moedas de orixe flamenga e activo en Inglaterra e en Francia. Neste último país ocupou o cargo de gravador xeral de moedas desde 1704 ata a súa morte.
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024
As eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 celebráronse o 18 de febreiro de 2024 para elixir os 75 membros da 12ª lexislatura do Parlamento da comunidade autónoma de Galicia. O partido no goberno, o Partido Popular de Galicia de Alfonso Rueda mantivo o seu dominio respecto das eleccións anteriores, aínda que perdeu dous escanos en relación ás eleccións de 2020. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) mantívose no segundo posto e sumou 6 escanos máis dos 19 que xa tiña, o cal o situou no seu mellor resultado histórico.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32.490 espectadores. Na tempada 2024/25 compite na Segunda División.
Rosalía Vila Tobella, nada en Sant Esteve Sesrovires (provincia de Barcelona) o 25 de setembro de 1992, máis coñecida como Rosalía, é unha cantante e actriz española. En 2018, converteuse na española con máis premios Grammy Latinos por un único traballo. A súa canción «Malamente», con raíces flamencas e fusión urbana, obtivo cinco nomeamentos dos cales conseguiu dous galardóns.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Pratos combinados é unha serie de televisión que foi emitida por TVG en Galicia dende o 1 de decembro de 1995 ata o 24 de maio de 2006. Os realizadores da serie decidiron finalizala nese ano, despois de 14 temporadas. Emitíase os Mércores pola noite na TVG. Foi a primeira serie de TVG que marcou todo un fito na historia da televisión galega xa que se trataba da primeira comedia de situación desenvolvida integramente por profesionais de Galicia e protagonizada na súa totalidade por actores e actrices galegos.
Ilia Malinin, nado o 2 de decembro do 2004, é un patinador artístico sobre xeo estadounidense. É dúas veces campión do mundo (2024, 2025), dúas veces campión da Final do Grand Prix (2023, 2024), seis veces medallista de ouro no Grand Prix, catro veces medallista de ouro no Challenger Series, e tres veces campión nacional dos Estados Unidos (2023–25). No nivel júnior, Malinin é o campión do Mundo júnior no 2022 e o dúas veces medallista de ouro do Grand Prix Júnior.
Tarawa é un atol na rexión de Micronesia do océano océano Pacífico central que foi a capital da antiga colonia británica das Illas Gilbert e Ellice. Tarawa Sur, a parte do sur do atol, salvo Betio, é agora a illa capital da República de Kiribati. Comprende Tarawa Norte, que ten 6.629 habitantes e moito en común con outras illas máis remotas do grupo de Illas Gilbert, e Tarawa Sur, que ten 56.388 habitantes en 2015, a metade da poboación total do país.
Diálise pode referirse a: Diálise (química), un proceso de separación de moléculas nunha solución. Electrodiálise, usada para transportar ións de sales desde unha disolución a outra a través dunha membrana de intercambio iónico baixo a influencia cun potencial eléctrico que se aplica. Diálise renal.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
A posición do misioneiro é unha posición sexual na que a muller permanece deitada no seu lombo mentres o home está sobre ela, cara a cara, e realizan o coito ou outra actividade sexual. Malia estar comunmente asociada á actividade sexual heterosexual, esta posición sexual tamén pode ser practicada por parellas gais e lesbianas. A posición do misioneiro pódese practicar para a penetración sexual ou o sexo sen penetración (por exemplo, o sexo intercrural), e é un exemplo de actividade reprodutiva ventro-ventral (cara a cara).
Vimioso é unha vila e concello raiano portugués do distrito de Braganza integrado na subrexión de Terras de Tras os Montes, que pertence á rexión Norte. É sede do municipio homónimo, que ten unha área total de 481,59 km2, 4 176 habitantes (segundo datos de 2023) e unha densidade de poboación de 8 habitantes por km2, subdividido en 10 freguesías. O concello limita ao norte coa comunidade autónoma española de Castela e León, ao leste co concello de Miranda do Douro, ao sur con Mogadouro, ao suroeste con Macedo de Cavaleiros e ao oeste e ao noroeste con Braganza.
Sabela Ramil Rivera, coñecida artisticamente como Sabela, nada en Bravos (Ourol) o 1 de outubro de 1993, é unha cantante e compositora galega que se fixo coñecida pola súa participación no concurso musical de televisión Operación Triunfo, no ano 2018. En canto á súa voz trátase dunha voz de música popular rasgada, que entraría dentro do rango de mezzosoprano.
A estación de Bobadilla é unha estación de tren de Adif situada na localidade de Bobadilla, no municipio de Antequera, na provincia de Málaga, comunidade autónoma de Andalucía. É un importante nó ferroviario da rede no que conflúen tres trazados. Conta con servizos de media distancia operados por Renfe.
O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
O Liverpool Football Club, é un club de fútbol da Premier League inglesa da cidade homónima. É un dos clubs máis laureados do mundo gañando, entre outros, dezaoito títulos nacionais, os mesmos que os seus rivais do Manchester United, sete copas e cinco títulos da UEFA Champions League, máximo galardón a nivel europeo. O eterno rival do Liverpool é o Manchester United, rivalidade que se remonta até 1897, cando os "Reds" golearon por 7-1 ao United para ascender á First Division.
La Voz de Galicia é un xornal galego con sede no polígono de Sabón (Arteixo), redactado maioritariamente en castelán, fundado no ano 1882 por Juan Fernández Latorre. É a cabeceira hexemónica en Galicia co 63% da cota do mercado. La Voz de Galicia fíxose un oco a nivel estatal e converteuse no terceiro diario de información xeral de España tanto en difusión como en audiencia con 395.000 lectores no estado, segundo datos da segunda onda do Estudio General de Medios de 2024.
Urartu (en urartiano: Biainili, armenio: Ուրարտու, Արարատյան Թագավորություն) é a denominación en asirio dun reino da antigüidade centrado en torno á zona do lago Van que coincide coa Armenia histórica, actual Anatolia oriental. A lingua escrita que empregaba a elite política coñécese como urartiano, e aparece en inscricións cuneiformes en Armenia e no leste da actual Turquía. Porén, descoñécese a lingua que falaban os pobos de Urartu no momento da existencia do reino, mais hai evidencia lingüística de contacto entre o proto-armenio e o idioma urartiano nunha data temperá (nalgún momento entre o III e o II milenio a.C.), acontecendo con anterioridade á creación de Urartu como reino.
Camellia é un xénero de plantas da familia Theaceae que producen as flores coñecidas como camelias. O xénero Camellia inclúe moitas plantas ornamentais e a planta do té. A Camellia japonica é moi cultivada como especie ornamental en Galicia e, moi particularmente nas Rías Baixas, onde a climatoloxía e acidez do solo favorecen o seu cultivo e inducen unha longa floración.
O leucismo (do grego antigo λευκóσ leukós, branco, e -ismo) é unha particularidade xenética debida a un xene recesivo, que dá unha cor branca á pelaxe dos mamíferos, á plumaxe das aves (os ollos manteñen a súa cor normal, a diferenza dos albinos), e incluso á pel dalgúns réptiles, anfibios e peixes. O adxectivo para referirse aos animais que presentan este fenómeno é leucístico. O leucismo é diferente do albinismo: os animais leucísticos non son máis sensíbeis á luz do sol que o resto.
Carla Antonelli, nome artístico de Carla Delgado Gómez, nada en Güímar (Tenerife) o 13 de xullo de 1959, é unha actriz, política e recoñecida activista dos dereitos LGBT. Desde 2011 é deputada da Asemblea de Madrid polo Partido Socialista Obrero Español, converténdose na primeira muller transexual de España en acceder a este cargo. En 2019 era a Vicepresidenta da Comisión de Cultura e Turismo e Deportes e responsable de familias, menores e temas LGTBI na Comisión de Políticas Sociais e Familia na Asemblea de Madrid.
Manuel Seoane París, nado en Madrid o 18 de marzo de 1987, é un guitarrista de rock e heavy metal madrileño, de orixe galega. Fíxose coñecido como guitarrista de Ars Amandi e en 2009 creou o seu propio grupo, chamado Burning Kingdom. Posteriormente formou parte de Lujuria durante un par de anos e en 2016 entrou nas bandas Bürdel King, proxecto de Txus di Fellatio paralelo a Mägo de Oz, e Sinbreed, con varios membros de Blind Guardian.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.