Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano.[Cómpre referencia] Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh.
Venus é o segundo planeta do sistema solar en orde de proximidade ao Sol e o terceiro en canto a tamaño en orde ascendente despois de Mercurio e Marte e ten algunhas características peculiares. Do mesmo xeito que Mercurio, carece de satélites naturais. A súa órbita é unha elipse cunha excentricidade de menos do 1 %, formando a órbita máis circular de todos os planetas; apenas supera a de Neptuno.
Biblioteca (do grego βιβλιοϑήκη, composto de βιβλίον, "libro", e ϑήκη "caixa, depósito"), na definición tradicional do termo, é un espazo físico en que se gardan libros. Por extensión, o termo biblioteca aplícase tamén a un conxunto de libros, ou ao moble onde se colocan libros. De maneira mais ampla, biblioteca é todo espazo (concreto, virtual ou híbrido) destinado a unha colección de informacións de calquera tipo, sexan escritas en papel (novelas, monografías, enciclopedias, dicionarios, manuais etc) ou dixitalizadas e almacenadas noutros tipos de soportes físicos, tales como CD, VHS, DVD ou bases de dados informatizadas.
MusicBrainz é un proxecto cuxo obxectivo é a creación dunha base de datos musical de contido aberto. MusicBrainz recolle información sobre música gravada, nomes de artistas, títulos, listaxes de cancións, datas de publicación, etc. O 30 de xaneiro de 2016, MusicBrainz contiña información de arredor dun millón de artistas, un millón e medio de álbums e máis de quince millóns e medio de gravacións.
Perl é unha linguaxe de programación deseñada por Larry Wall e creada en 1987. Perl toma características da linguaxe C, da linguaxe interpretada shell (sh), AWK, sede, Lisp e, nun grao inferior, moitas outras linguaxes de programación. Estruturalmente, Perl baséase nun estilo de bloques como os do C ou AWK, e foi amplamente adoptado pola súa destreza no procesado de texto e por non ter ningunha das limitacións das outras linguaxes de script.
O golf é un deporte de precisión, que ten como obxectivo introducir unha bóla nos buracos que están distribuídos no campo co menor número de golpes, empregando para cada tipo de golpe un pau dun conxunto de paus lixeiramente diferentes entre eles, xa que a cabeza do pau ten graos distintos, igual que as varas teñen lonxitudes distintas. A menor número de graos maior lonxitude da vara e polo tanto máis distancia. Como máximo poden levarse 14 paus.
O zen (en chinés: 禪, pinyin: Chán, en chinés medio: dʑjen) é unha escola do budismo mahāyāna que xurdiu na China durante a dinastía Tang como Chán. Foi fortemente influenciado polo taoísmo, e desenvolveuse como un estilo chinés do budismo. Dende a China, o Chán espallouse polo sur cara a Vietnam, ó nordeste a Corea e ó leste ó Xapón, onde pasou a coñecerse como zen xaponés.
O esperanto é unha lingua auxiliar artificial elaborada para servir como lingua internacional para toda a poboación mundial sen substituír as linguas naturais. O esperanto é, actualmente, a lingua artificial máis falada. O esperanto é un idioma auxiliar internacional, concibido como segunda lingua de comunicación (despois da lingua nai).
Katowice [katɔˈvʲit͡sɛ]: (checo: Katovice, alemán: Kattowitz) é unha cidade da rexión de Silesia, no sur de Polonia, sobre os ríos Kłodnica e Rawa (os afluentes do Oder e do Vístula). Katowice está situado nas terras da alta Silesia, aproximadamente a 50 quilómetros do Silesian Beskids (a parte dos Cárpatos) e aproximadamente a 100 quilómetros do sistema montañoso dos Sudetes (Chequia). Katowice foi a capital do Voivodato de Silesia dende a súa formación en 1999.
Maryland é un dos 50 estados dos Estados Unidos. Foi unha das Trece Colonias que se rebelaron contra o dominio británico na rexión. O cognome do estado é Old Line State, en homenaxe ás súas "tropas de liña" (troops of the line), que foron por varias veces eloxiadas por George Washington pola súa excelente actuación na Revolución Americana de 1776.
Os sesquiterpenos son os terpenos de 15 carbonos, formados por tres unidades de isopreno (ou un monoterpeno e medio ; o prefixo sesqui significa 'un e medio'). Se conteñen modificacións como rearranxos e oxidacións que introducen átomos de oxíxeno, reciben o nome de sesquiterpenoides. Poden ser moléculas lineais ou ciclicas.
Chicago é a cidade máis poboada do estado estadounidense de Illinois, así como dos estados da rexión xeográfica do Medio Oeste. Cunha poboación de 2 746 388 habitantes, segundo datos de 2020, é a terceira cidade máis poboada dos Estados Unidos de América, despois de Nova York e Os Ánxeles. A súa área metropolitana posúe máis de 9 millóns de habitantes.
Montana (en inglés: Montana; en cheyenne: Ho'honáéšé'e) é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na Rexión dos Estados das Montañas Rochosas, no Pacífico Noroeste. É o cuarto maior Estado americano en área, e o terceiro maior dos 48 Estados contiguos. Só Alasca, Texas e California son maiores.
Donato di Niccolò di Betto Bardi, nado en Florencia en 1386 e finado na mesma cidade o 13 de decembro de 1466, foi un famoso artista e escultor renacentista, coñecido co nome de Donatello, un dos pais do período xunta Leon Battista Alberti, Brunelleschi e Masaccio. Donatello converteuse nunha forza innovadora no campo da escultura monumental e no tratamento dos relevos, onde logrou representar unha gran profundidade dentro dun mínimo plano, o que recibe o nome de stiacciato, é dicir, relevo aplanado ou esmagado. O David de mármore para a catedral de Santa María del Fiore en Florencia foi a súa primeira obra documentada entre 1444 e 1446.
Para o sistema operativo libre composto principalmente polo kernel Linux e GNU, véxase GNU/Linux. Linux é un kernel, ou núcleo, monolítico libre, inspirado en Unix, e que empregan os sistemas operativos GNU/Linux. Linux é un exemplo paradigmático de software libre no que contribúen centos de desenvolvedores e que ten soporte a longo prazo, de ata seis anos.
Calorimetría isoterma de titulación
En termodinámica química, a calorimetría isoterma de titulación ou calorimetría isotérmica de titulación (CIT ou ITC na literatura inglesa) é unha técnica física usada para determinar os parámetros termodinámicos das interaccións nunha solución. A CIT é a única técnica con capacidade de caracterizar completamente os perfís termodinámicos e cinéticos dunha interacción molecular ao determinar simultaneamente as constantes de unión ( K a {\displaystyle K_{a}} ), a estequiometría da reacción ( n {\displaystyle n} ), a entalpía ( Δ H {\displaystyle \Delta H} ), a enerxía libre de Gibbs ( Δ G {\displaystyle \Delta G} ) e a entropía ( Δ S {\displaystyle \Delta S} ) cun só experimento. Consta de dúas células que están encerradas nunha cuberta adiabática.
O Brasil, oficialmente República Federativa do Brasil, é unha república federal formada pola unión de vinte seis estados federados e un Distrito Federal, situada en América do Sur. O país conta con 5.570 municipios e unha superficie de 8 515 767 km², o que o converte no país máis grande do territorio suramericano, ocupando a súa superficie a metade do mesmo. En comparación co resto de Estados do planeta, ocupa o quinto lugar en número de habitantes, con 213 317 639 (2021), así como en territorio.
Mulhouse é unha cidade francesa do departamento do Alto Rin, na Alsacia, situada preto das fronteiras con Alemaña e Suíza. A súa poboación é de 111.156 habitantes (2009). Considerada unha das primeiras cidades industrializadas de Francia, nela sobresaen as industrias química, eléctrica, mecánica e automobilística (grupo PSA).
Vladimir Ilich Lenin (en ruso: Владимир Ильич Ленин; ( [vlɐˈdʲimʲɪr ɪlʲˈjitɕ ˈlʲenʲɪn] ) nado Vladimir Ilich Ulianov, en ruso: Владимир Ильич Ульянов), nado o 22 de abril (xul. 10 de abril) de 1870 en Simbirsk e finado o 21 de xaneiro de 1924 en Moscova, foi un revolucionario comunista, político e teórico político ruso que serviu como líder da RSSF de Rusia dende 1917 e de presidente do Consello de Ministros da Unión Soviética dende 1922 até 1924. Nado no seo dunha adiñeirada familia de clase media en Simbirsk, Lenin adquiriu interese pola política revolucionaria de esquerda logo da execución do seu irmán en 1887.
A oneworld é a terceira maior alianza de aeroliñas do mundo, tras a Star Alliance e a SkyTeam Alliance. Baseada en Vancouver, Canadá, oneworld foi creada oficialmente en febreiro de 1999, pero xa en setembro de 1998 American Airlines, British Airways, Iberia, Canadian Airlines, Cathay Pacific e Qantas anunciaban a súa intención de formar unha alianza entre si. As compañías aéreas integrantes da alianza e as súas afiliadas desfrutan dun alto grao de cooperación entre si, alcanzando máis de 600 destinos nuns 135 países.
Vientiane (/viˌɛntiˈɑːn/, Francés: [vjɛ̃tjan]; laosiano: ວຽງຈັນ, laosiano: Viangchan, tailandés: เวียงจันทน์) é a capital e a cidade máis grande de República Popular Democrática Laos. Aséntase na marxe esquerda do río Mekong, que serve de fronteira fluvial con Tailandia. As súas coordenadas son 17°58' de latitude norte, 102°36' de lonxitude leste.
Bergen é a segunda cidade máis grande de Noruega. A cidade atópase situada na costa suroeste do país, no condado de Hordaland, cuxo centro está situado entre un grupo de montañas coñecidas como de Syv Fjell ("As Sete Montañas"). A poboación da cidade era de 242.854 habitantes a 1 de abril de 2006, segundo o Instituto Nacional de Estatística de Noruega (Statistisk sentralbyrå).
Alfabeto (chegou dende o latín, mais procede do grego alphabetos, -ou, formado a partir das dúas primeiras letras, alpha e beta) denota o conxunto organizado de letras e tamén un sistema de escrita, o máis común no mundo occidental. Na primeira acepción é sinónimo de abecedario e na segunda úsase en contraposición co alifato ou o abxad consonánticos ou os silabarios, busca representacións fonemáticas, non sempre biunívocas. Ten unha orde fixa, que se emprega por exemplo para a ordenación en dicionarios, enciclopedias ou glosarios en papel, ou en listas de cousas.
Minnesota é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, situado na rexión do Medio Oeste (Midwest). É o duodécimo (12º) maior estado dos Estados Unidos, cunha superficie de 225.365 km². O estado de Minnesota foi constituído a partir da metade oriental do territorio de Minnesota, e foi o 32º estado en ser admitido na Unión, en 1858.
O radar ( pronunciación ), do inglés Radio Detection And Ranging (Detección e Telemetría por Radio), é un dispositivo que permite detectar obxectos a longas distancias. O radar emite ondas electromagnéticas que son reflectidas por obxectos distantes. A detección das ondas reflectidas, permite determinar a localización do obxecto.
Nokia é un fabricante de teléfonos móbiles finlandés, ademais dunha das principais empresas do sector das telecomunicacións. Con sede en Espoo (Finlandia), Nokia é unha das marcas máis coñecidas dentro e fóra da Unión Europea. Nokia tamén produce infraestrutura para redes de telefonía móbil e outros equipamentos de telecomunicacións para aplicacións como a telefonía tradicional por voz, RDSI, acceso a Internet por banda larga, radio profesional móbil, Voz IP, e unha liña de receptores de satélite.
Kyoto (xaponés: 京都市, きょうとし, Kyōto-shi) ou tamén Quioto, é unha cidade xaponesa da prefectura de Kyoto. Esta cidade foi a capital do Imperio do Xapón e actualmente é a capital da provincia homónima e a maior cidade da área metropolitana de Osaca-Kobe-Kyoto. Kyoto foi en tempos pasados coñecida en Occidente por Meaco (xaponés: 都; miyako "capital").
O Senegal, oficialmente República do Senegal, é un país de África Occidental. Limita ao norte con Mauritania, ao leste con Malí, ao sur con Guinea e Guinea-Bissau, e ao oeste co océano Atlántico e Gambia. É o máis próximo veciño de Cabo Verde, arquipélago que se espalla polo Atlántico a occidente da península de Cabo Verde.
Os gadiformes (Gadiformes), ou anacantinos (Anacanthini), son unha orde de peixes osteíctios teleósteos, da superorde dos paracantopterixios (Paracanthopterygii), entre os que se inclúen especies de tanta importancia pesqueira e comercial como as pescadas, os bacallaus, as fanecas ou as pescadas. Apareceron por primeira vez no rexistro fósil no mioceno medio, na metade do terciario.
Tilburg é un municipio e unha cidade situada da provincia do Brabante do Norte, no sur dos Países Baixos. O municipio inclúe a propia Tilburg, e as vilas contiguas de Berkel-Enschot e Udenhout. Cunha poboación de 203.482 habitantes en 2008, Tilburg é a sétima cidade máis poboada dos Países Baixos, e a segunda do Brabante do Norte, só por detrás de Eindhoven.
François-Marie Arouet, nado en París o 21 de novembro de 1694 e finado na mesma cidade o 30 de maio de 1778, foi un poeta, ensaísta, dramaturgo, filósofo e historiador ilustrado francés, máis coñecido co pseudónimo de Voltaire. Voltaire destacou no século XVIII e ocupou un lugar particular na memoria colectiva dos franceses. Con el, iníciase a figura do intelectual comprometido ao servizo da verdade, da xustiza e da liberdade de pensamento.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Prince Rogers Nelson, nado en Minneapolis (Minnesota) o 7 de xuño de 1958 e finado en Chanhassen (Minnesota) o 21 de abril de 2016, foi un cantante, compositor e instrumentista de pop, rock e funk estadounidense. Ademais do seu nome, Prince, usaba outros alcumes, entre eles «The Symbol» ou «O artista anteriormente coñecido como Prince». Durante a década de 1980 foi un dos artistas máis importantes e innovadores, sempre próximo á psicodelia.
Stuttgart (en suabo: Schduagert) é a capital do Estado alemán Baden-Württemberg. Con preto de 600.000 habitantes, Stuttgart é a cidade máis grande deste Estado e a sexta de Alemaña. En Stuttgart atópase o parlamento do seu Bundesland e o goberno federal, así como outras autoridades políticas e da administración federal.
Honduras é un país de América Central, limitado ó norte polo Golfo de Honduras, ó norte e ó leste polo mar Caribe (por onde posúe fronteira marítima co territorio colombiano de San Andrés e Providencia), ó sur por Nicaragua, polo Golfo de Fonseca e polo Salvador e ó oeste por Guatemala. A súa capital é Tegucigalpa. A República de Honduras é un país centroamericano cun goberno republicano presidencialista.
Tuvalu (/tuˈvɑːluː/ ou /ˈtuːvəˌluː/, antigamente Illas Ellice, é un arquipélago pertencente á rexión da Polinesia, localizada no océano Pacífico, aproximadamente a metade de camiño entre Hawai e Australia. Os países máis próximos a Tuvalu son Kiribati, Samoa e Fiji. Consta de 4 arrecifes de coral e 5 atois, cunha área total de 25 quilómetros cadrados.
As aves son animais vertebrados, de sangue quente, que camiñan, saltan ou se manteñen só sobre as extremidades posteriores, mentres que as extremidades anteriores evolucionaron até converterse en ás que, do mesmo xeito que moitas outras características anatómicas únicas, permítenlles, na maioría dos casos, voar, aínda que non todas voan. Teñen o corpo cuberto de plumas e, as aves stricto sensu, un bico córneo sen dentes. Para reproducírense poñen ovos que incuban até a súa eclosión.
Na mitoloxía grega Zeus (en lingua grega Ζεύς), Zeús Kroniōn («descendente de Crono») ou Dias (Δίας, «rei divino») foi o soberano dos deuses e o deus do ceo e mais do trono. Na mitoloxía romana correspóndese con Xúpiter, protector da cidade de Roma desde o seu templo no Capitolio. Zeus deu orixe a boa parte dos deuses olímpicos e tamén á maioría dos heroes gregos, froito das relacións sexuais que tivo con diferentes mulleres mortais.
Allium é o xénero das cebolas, allos, allos porros, ceboliños, chalotas e allos bravos. O cheiro é característico de todo o xénero mais non todos os membros posúen ese sabor forte. Existen arredor de 1.250 especies neste xénero, aínda que o número non é pacífico, porque Allium é taxonomicamente difícil e son numerosas as especies fronteirizas discutidas.
Cardiff (en galés: Caerdydd) é a capital e cidade máis importante de Gales. Situada na canle de Bristol, ó suroeste de Gales e preto da fronteira con Inglaterra, expandiuse enormemente durante o século XIX debido á industria mineira e ó tráfico dos seus portos. Segundo o censo de 2011, a poboación de Cardiff é de 341.054 habitantes, sendo a décima cidade máis grande do Reino Unido.
Ocre (do latín ojra, e este do grego ὤχρα, ojra, de ὠχρός, ojros, ‘amarelo’) é o nome da cor amarela escura ou amarela tirando a vermella típica da arxila da cor do óxido de ferro e de distintas tonalidades que adoita adoita ser amarelada, alaranxada ou avermellada. «Ocre» é tamén a denominación da cor dos minerais terrosos amarelados produto da oxidación de menas metalíferas onde non intervén o ferro, como o ocre de antimonio, de bismuto ou de níquel. O ocre tense empregado tradicionalmente como pigmento para pintura artística e para pintura corporal, e o seu uso remóntase á Prehistoria.
York é unha cidade do norte da Inglaterra, situada na confluencia dos ríos Ouse e Foss, no condado de North Yorkshire. Trátase dunha das máis antigas cidades inglesas, sendo fundada no 71 d.C. como Eboracum polos romanos. Entre o 190 e o 192 d.C. tornouse a capital principal do Imperio Romano ao gobernar desde ela o emperador Septimus Severus.
O Kalevala é un poema épico finlandés recollido por Elias Lönnrot no século XIX, é a cerna da épica nacional finlandesa e unha das grandes obras da literatura finlandesa. A maior parte do Kalevala foi recollido por Lönnrot no leste de Finlandia, agora en boa parte pertencente a Rusia, directamente dos cantores tradicionais como Arhippa Perttunen. Unha primeira versión publicouna en dous volumes en 1835-1836, Kalewala, taikka Wanhoja Karjalan Runoja Suomen kansan muinoisista ajoista, consiste en 12.079 versos en 32 cantos.
Sevilla é unha cidade española situada ao suroeste da Península Ibérica, capital de Andalucía e da provincia homónima. Sevilla é a cuarta cidade de España e cuarta área metropolitana por número de habitantes. Ten 696.676 habitantes en 2014, 1.317.098 na área metropolitana, 1.813.908 en total na provincia (datos de 2005).
Tsukuba (つくば市, つくばし, Tsukuba-shi) é un concello xaponés da prefectura de Ibaraki. Está situado no centro da rexión de Kanto e no suroeste da prefectura, na zona de provincia histórica de Hitachi, na parte leste da illa de Honshu. A súa superficie é de 284,07 km², a poboación é de 209.388 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 737 hab./km².
Michelangelo Merisi da Caravaggio, nado en Milán o 28 de setembro de 1571 e finado o 18 de xullo de 1610, foi un pintor italiano activo en Roma, Nápoles, Malta e Sicilia entre 1593 e 1610, foi o primeiro gran representante da escola barroca. É coñecido como Caravaggio, que é o nome do pobo lombardo onde naceu.
Arusha é unha cidade de 155.000 habitantes (2002), situada no nordeste de Tanzania, capital da rexión homónima. Arusha é o centro administrativo e industrial dunha rexión produtora de café e algodón, un camiño de ferro únea aos portos do océano Índico (Tanga e Mombasa), da cidade parten os safaris para o Parque de Serengueti, o Parque Tarangire, o volcán Ngorongoro e ao Kilimanjaro. Arusha é a sede do Tribunal Penal Internacional para Ruanda, creado en 1994 pola ONU para xulgar os crimes de xenocidio cometidos en Ruanda.
Erica, coñecidas como uces, urces ou carrouchas, é un xénero de fanerógamas que inclúe unhas 700 especies da familia Ericaceae. Son plantas resistentes á seca, á acidez edáfica e aos lumes. Son moi comúns en Galicia e, en xeral, na Europa atlántica, formando parte da matogueira, mesturándose con toxos e outros matos, e formando as uceiras, unha das paisaxes e ecosistemas máis representativos da zona.
Serbia, oficialmente República de Serbia, é un país sen litoral situado na Península dos Balcáns, ao centro e sueste de Europa. Linda ao norte con Hungría, ao nordés con Romanía, ao sueste con Bulgaria, ao sur con Macedonia do Norte, ao suroeste con Montenegro e ao oeste con Bosnia e Hercegovina e Croacia. Serbia reclama, amais, unha fronteira con Albania a través do territorio disputado de Kosovo.
Utah é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na rexión das Montañas Rochosas. É un dos máis importantes centros de transporte e de telecomunicacións do Oeste americano. A capital e maior cidade de Utah é Salt Lake City e na súa rexión metropolitana vive máis do 60% da poboación do Estado.