Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Buteo jamaicensis é unha ave de presa e un dos buxatos máis comúns en América do Norte. Vive na maior parte de América do Norte, desde o oeste de Alasca e norte de Canadá e polo sur chega en América Central ata Panamá e as Antillas Menores. Ocupa unha gran diversidade de hábitats e altitudes incluíndo desertos, pradeiras, bosques de coníferas e de caducifolias, campos agrícolas e áreas urbanas.
Greta Tintin Eleonora Ernman Thunberg, nada en Estocolmo o 3 de xaneiro de 2003, é unha activista sueca que traballa contra o cambio climático e o quecemento global. Tornouse unha figura prominente por comezar a primeira folga escolar polo clima en agosto de 2018 ás portas do Parlamento sueco. En novembro dese mesmo ano falou na conferencia TEDx Estocolmo e un mes máis tarde dirixiuse á Conferencia da ONU sobre o cambio climático.
Cayetano Luis Martínez de Irujo y Fitz-James Stuart, nado en Madrid o 4 de abril de 1963, IV Duque de Arjona e XIV Conde de Salvaterra, Grande de España, é un xinete español de equitación, na especialidade de saltos. É o quinto fillo de Cayetana Fitz-James Stuart, XVIII duquesa de Alba (1926-2014) e Luis Martínez de Irujo y Artázcoz (1919-1972). Participou nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 conseguindo un 4º posto en saltos por equipos.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
As Tabernas, Filgueira, Crecente
As Tabernas é un lugar da parroquia de Filgueira no concello pontevedrés de Crecente na comarca da Paradanta.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Modernismo é o termo co que se designa a unha corrente de renovación artística e literaria desenvolvida a finais do século XIX e principios do XX. Segundo os distintos países, recibiu diversas denominacións: Art Nouveau (en Bélxica e Francia), Sezession (en Austria), Jugendstil (Alemaña), Liberty (Inglaterra) e Floreale (en Italia). En catalán, modernisme ou Estilo modernista.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Jurassic World: Fallen Kingdom
Jurassic World: Fallen Kingdom é un filme estadounidense de 2018 dirixido por J. A. Bayona. É un filme de aventuras e ciencia ficción e a secuela de Jurassic World (2015). Trátase do quinto filme da franquía Parque Xurásico, así como o segundo da triloxía Jurassic World.
Óscar Pereiro Sío, nado en Petelos (Mos) o 3 de agosto de 1977, é un ciclista galego retirado, profesional entre os anos 2000 e 2010, cuxo principal éxito foi acadar a vitoria na clasificación xeral do Tour de Francia 2006, converténdose no quinto ciclista español que gañaba a prestixiosa carreira francesa. Trala súa retirada como ciclista profesional, debutou como futbolista disputando unha tempada co equipo filial do Coruxo Fútbol Club, ó tempo que comezaba a colaborar como comentarista deportivo radiofónico na COPE. Ó ano seguinte deixou o fútbol para probar sorte no mundo dos rallys, disputando varias probas da edición 2012 do Campionato de España, ó tempo que comezou a traballar como colaborador do programa de televisión Punto Pelota.
Manuel Iglesias García, máis coñecido como Zaragallas, nado en Vigo en 1938, é un exfutbolista e exadestrador de fútbol galego. A súa traxectoria está estreitamente vencellada ao Rápido de Bouzas, no que exerceu diversas funcións ao longo de máis de 60 anos, entre elas as de xogador, adestrador, secretario e delegado.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Screaming Trees foi unha banda estadounidense de grunge formada en 1985 polos amigos Mark Lanegan, Mark Pickerel, Van Conner e Gary Lee Conner (estes últimos irmáns), en Ellensburg, unha pequena cidade a 300 Km de Seattle. Pickerel foi substituído polo batería Barrett Martin cando a banda tico o seu período máis exitoso. Aínda que estivo moi asociada ao grunge, o son da banda incorporaba elementos hard rock e psicodélicos.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A Internet Movie Database (IMDb) (en galego: Base de Datos de Películas en Internet) é unha base de datos en liña con información sobre directores, produtores, actores, películas, programas de televisión, videoxogos e case todo o relacionado coa industria fílmica privada e independente. Propiedade de Amazon desde 1998, IMDb celebrou o seu décimo quinto aniversario o 17 de outubro de 2005.
Ada Colau Ballano, nada en Barcelona o 3 de marzo de 1974, é unha activista social e política catalá, alcaldesa da cidade de Barcelona dende o 13 de xuño de 2015 ata o 17 de xuño de 2023 Foi unha das fundadoras da Plataforma de Afectados por la Hipoteca en Barcelona no 2009 e a súa portavoz ata 2014. Foi cabeza de lista nas eleccións municipais de 2015 da coalición electoral Barcelona en Comú, formación que conseguiu ser a máis votada na cidade de Barcelona.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Santiago de Silva é unha parroquia do concello de Pol na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2014 tiña 152 habitantes (73 homes e 79 mulleres). Teñen especial vinculación con Silva os lugares de Cuenza, O Bento (desaparecido no século XX), A Rigueira, Gargallán, e A Carreira Blanca (Sitieles), que administrativamente pertencen a Castro de Rei (son os chamados Medianeiros).
Xosé Ramón Fernández-Oxea, nado en Ourense o 5 de abril de 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey, Xan Fouciño e Raimundo Antela, un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como O Tio Marcos d'a Portela, La Zarpa, Nós, A Nosa Terra, Lar, Opinión Gallega, Eufonía, La Temporada en Mondariz, Faro de Vigo, La Noche, Vieiros, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos, El Museo de Pontevedra e Chan. Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista.
Campo Municipal de Fútbol Jesús García Calvo
O Campo Municipal de Fútbol Jesús García Calvo é unha instalación dedicada á práctica do fútbol situada na vila de Negreira. Nel xoga os seus partidos como local a Sociedad Deportiva Negreira e o seu propietario é o Concello de Negreira. Conta cun terreo de xogo de herba natural de 106 × 65 metros e bancadas cubertas, a súa capacidade total é de 2.000 persoas.
O Río Corgo, tamén coñecido como Río Corvo, é un pequeno río que nace no concello de Santiago de Compostela e desemboca no río Sarela. O río nace en Meixonfrío, ó norte da cidade, nun manancial á beira da rúa do Corgo. O seu percorrido é duns 5 quilómetros e discorre por algúns dos parques da cidade compostelá.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Iago Aspas Juncal, nado en Moaña o 1 de agosto de 1987, é un futbolista galego. Xoga na demarcación de dianteiro e o seu equipo actual é o Celta de Vigo. Formouse no Real Club Celta, e debutou co primeiro equipo da cidade olívica o 6 de xuño de 2009 nun importante encontro fronte o Alavés onde os seus 2 goles significaron a vitoria do equipo celeste por 2-1, e a conseguinte permanencia matemática en segunda división a falta dunha xornada para a conclusión da liga.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Operación Triunfo 2023, máis coñecido polas súas siglas OT 2023, é a duodécima edición do programa de televisión musical español, Operación Triunfo. O concurso comezou a súa emisión o 20 de novembro de 2023, retransmitíndose logo tódolos luns en directo na plataforma de streaming de Prime Video, até o 19 de febreiro de 2024, cando Naiara Moreno foi nomeada gañadora da edición.
José López-Suevos Otero, máis coñecido como Pepo Suevos, nado en Ferrol en 1971, é un actor galego. Comezou coma contacontos e desde entón ten participado en multitude de longametraxes con papeis secundarios, así coma na maioría das series máis coñecidas da TVG e nalgúns programas de televisión. Conta con grande experiencia coma contacontos e cómico.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Felación (do latín fellatio), en argot mamada, é unha práctica de sexo oral que consiste en chupar e lamber o pene coa boca, coa lingua e cos beizos. A estimulación oral do escroto tamén se pode denominar felación, ou coloquialmente como teabagging. Se a felación se realiza sobre un mesmo, o acto chámase autofelación.
Borja Iglesias Quintás, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1993, é un futbolista galego que xoga na demarcación de dianteiro centro no Celta de Vigo da Primeira División, cedido polo Real Betis. Formouse nas canteiras do Santiago, do Valencia e do Villarreal e debutou na Primeira División coa camiseta do Celta de Vigo en 2015, despois de militar varios anos no seu filial, do que é o máximo goleador histórico. A continuación conseguiu boas cifras goleadoras no Zaragoza e no Espanyol e en 2019 fichou polo Betis.
Un idioma (do latín idiōma, e do grego ἰδίωμα, 'peculiaridade, idiosincrasia, propiedade') é un sistema de comunicación verbal ou xestual propio dunha comunidade humana. Na práctica, os idiomas son un conxunto de sistemas moi similares entre si, chamados dialectos ou máis propiamente variedades lingüísticas, mutuamente intelixibles. A determinación de se dúas desas variedades son parte ou non do mesmo idioma é máis unha cuestión socio-política que lingüística.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 226.935.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
O Reino Suevo (en latín: Regnum Suevorum), reino dos suevos, Reino Suevo de Galiza (en latín: Gallaecia suevorum regnum) ou Reino de Galiza configurouse como a estrutura política máis antiga das actuais rexións de Galiza e o norte e centro de Portugal, despois da caída do Imperio Romano de Occidente. Foi o primeiro estado medieval da Europa occidental continental: nas Illas Británicas foi anterior en Gales o Reino de Dyfed, logo da fin do dominio romano en Britania. Os suevos eran un pobo xermánico que entraron no noroeste da Península Ibérica en 409 ou 410 nunha vaga migratoria ou guerreira, mais con pouca poboación (entre vinte mil e trinta e cinco mil persoas).
Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Así, entre 1850 e 1960 marcharon cara a América máis de dous millóns de galegos e galegas. Cómpre destacar a importancia deste fenómeno nos contextos socioeconómico, político e cultural da Galicia territorial e da Galicia exterior. Posteriormente, xa na segunda década do século XXI, por mor da crise en Galicia e España, iniciouse unha segunda vaga de emigración galega, principalmente cara a países de Europa (Alemaña e Inglaterra), formada normalmente por mozos con estudos e un nivel cultural medio-alto.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.
Khwaja Shams d-Dīn Muhammad Hafez-e Shirazi (en persa خواجه شمسالدین محمد حافظ شیرازی), nado en Shiraz en 1315 ou 1317 e morto tamén en Shiraz en 1389 ou 1390 máis coñecido polo pseudónimo (làqab) Hafez ou Hafiz (o Preservador en árabe), que é como se denomina a quen sabe de memoria o Corán, foi un poeta e místico persa cuxa obra completa é considerada por moitos iranianos como unha das cimas máis altas da literatura persa e que nas súas obras cantou aos praceres do amor e o viño, pero nas que tamén criticou a hipocrisía relixiosa. As súas obras atópanse nos fogares da xente do mundo persa, quen aprenden os seus poemas de memoria e úsanos coma refráns e proverbios. A súa vida e poemas foron o obxecto de moitas análises, comentarios e interpretacións, e foi o autor máis influente na poesía persa posterior ao século XIV. Hafez era musulmán xiíta e místico sufí.
La Voz de Galicia é un xornal galego con sede no polígono de Sabón (Arteixo), redactado maioritariamente en castelán, fundado no ano 1882 por Juan Fernández Latorre. É a cabeceira hexemónica en Galicia co 63% da cota do mercado. La Voz de Galicia fíxose un oco a nivel estatal e converteuse no terceiro diario de información xeral de España tanto en difusión como en audiencia con 395.000 lectores no estado, segundo datos da segunda onda do Estudio General de Medios de 2024.
Call Me by Your Name (en italiano: Chiamami col tuo nome) é un filme de 2017 dirixido por Luca Guadagnino e escrito por James Ivory. Baséase na novela homónima de 2007 de André Aciman, e é o derradeiro filme da triloxía de Guadagnino coa temática "desexo", despois de I Am Love (2009) e A Bigger Splash (2015). Protagonizado por Timothée Chalamet e Armie Hammer, no filme tamén aparecen Michael Stuhlbarg, Amira Casar, Esther Garrel e Victoire Du Bois.
Frente Revolucionario Antifascista y Patriota
O Frente Revolucionario Antifascista y Patriota (en galego, Fronte Revolucionaria Antifascista e Patriota ou FRAP), foi unha organización revolucionaria xurdida so o réxime de Francisco Franco. A primeira reunión decisiva na súa creación tivo lugar en París o 23 de xaneiro de 1971. Foi nun piso particular propiedade do dramaturgo norteamericano Arthur Miller, amigo persoal de Julio Álvarez del Vayo.
Manuel Antonio Pérez Sánchez, máis coñecido como Manoel Antonio ou Manuel Antonio, nado en Rianxo o 12 de xullo de 1900 e finado en Asados (Rianxo) o 28 de xaneiro de 1930, foi un poeta galego en lingua galega, o máximo representante do movemento vangardista na literatura galega. Asistiu á II Asemblea Nacionalista en Compostela (1919), á III en Vigo (1921) e á IV en Monforte (1922). Mantivo arreo fortes conviccións, intentando casar o anarquismo individualista co galeguismo independentista e chamou á defensa radical do monolingüismo en galego.
A mitoloxía galega é o conxunto de mitos máis ou menos relacionados (ou mesmo sen conexións entre si): relatos que forman parte da cultura tradicional do pobo galego. Poden vir a través de discursos, narracións ou expresións culturais de orixe sagrada e que posteriormente foron secularizados, ou ben ser de orixe pagá que posteriormente foron sacralizados. En todo caso, os relatos mitolóxicos están tratados como discursos relativos a esta cultura, a unha época concreta ou indeterminada ou a unha serie de crenzas de carácter imaxinario.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32.490 espectadores. Na tempada 2024/25 compite na Segunda División.
MP3 é un dos formatos de compresión de son dixital con perda de calidade máis estendidos e comercializados actualmente. Permite obter unha alta calidade á vez que aforra moito espazo. Os ficheiros mp3, dependendo da relación (proporción) de compresión, ocupan arredor dunha décima parte do que ocupa o mesmo ficheiro pero en formato .wav ou .aiff.