Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Adolfo Prego de Oliver Domínguez
Adolfo Prego de Oliver Domínguez, nado en Ourense o 1 de xaneiro de 1913 e finado en Madrid o 15 de outubro de 2000, foi un xornalista, escritor e crítico teatral galego.
Convención para a Conservación de Especies Migratorias de Animais Silvestres
A Convención para a Conservación de Especies Migratorias de Animais Silvestres, tamén coñecida como Convención sobre Especies Migratorias (CMS polas súas siglas en inglés) ou Convención de Bonn, é un acordo internacional que ten o obxectivo de conservar as especies migratorias en toda a súa área de distribución. O acordo foi asinado baixo o Programa Medioambiental das Nacións Unidas e ten que ver coa conservación da vida silvestre e dos hábitats a escala global. Asinouse en 1979 en Bonn (Alemaña Occidental) e entrou en vigor en 1983.
Greta Tintin Eleonora Ernman Thunberg, nada en Estocolmo o 3 de xaneiro de 2003, é unha activista sueca que traballa contra o cambio climático e o quecemento global. Tornouse unha figura prominente por comezar a primeira folga escolar polo clima en agosto de 2018 ás portas do Parlamento sueco. En novembro dese mesmo ano falou na conferencia TEDx Estocolmo e un mes máis tarde dirixiuse á Conferencia da ONU sobre o cambio climático.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Mónica Naranjo Carrasco, coñecida artisticamente como Mónica Naranjo, nada en Figueres (Xirona) o 23 de maio de 1974, é unha cantante, compositora e produtora española de música pop xeralmente. Vendeu case nove millóns de discos, principalmente en España e América. Está recoñecida como unha das voces máis potentes da música popular a nivel mundial.
Fernando Calvet Prats, nado en Vilafranca del Penedès o 22 de xaneiro de 1903 e finado en Barcelona o 16 de xuño de 1988, foi un bioquímico catalán, catedrático de química orgánica na Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente primeiro catedrático de bioquímica na Universidade de Barcelona.
Buteo jamaicensis é unha ave de presa e un dos buxatos máis comúns en América do Norte. Vive na maior parte de América do Norte, desde o oeste de Alasca e norte de Canadá e polo sur chega en América Central ata Panamá e as Antillas Menores. Ocupa unha gran diversidade de hábitats e altitudes incluíndo desertos, pradeiras, bosques de coníferas e de caducifolias, campos agrícolas e áreas urbanas.
Arquivos do Seminario de Estudos Galegos
Arquivos do Seminario de Estudos Galegos foi unha revista galega bilingüe publicada entre 1927 e 1933 co obxectivo de divulgar os resultados das investigacións do Seminario de Estudos Galegos. Editada na Coruña, contou con seis volumes en total.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Screaming Trees foi unha banda estadounidense de grunge formada en 1985 polos amigos Mark Lanegan, Mark Pickerel, Van Conner e Gary Lee Conner (estes últimos irmáns), en Ellensburg, unha pequena cidade a 300 Km de Seattle. Pickerel foi substituído polo batería Barrett Martin cando a banda tico o seu período máis exitoso. Aínda que estivo moi asociada ao grunge, o son da banda incorporaba elementos hard rock e psicodélicos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A batalla de Lepanto foi un enfrontamento naval que tivo lugar o 7 de outubro de 1571, cando unha frota da Santa Liga, unha coalición de estados católicos organizada polo papa Pío V, inflixiu unha gran derrota á frota do Imperio Otomán no golfo de Patras. As forzas otomás navegaron cara ao oeste desde a súa estación naval en Lepanto (nome veneciano de Naupacto) cando se atoparon coa frota da Santa Liga que navegaba ao leste desde Messina, Sicilia. Lepanto foi o último grande enfrontamento no mundo occidental que se librou case enteiramente entre barcos de remo, principalmente as galeras e as galeazas, que eran os descendentes directos dos antigos trirremes.
Concatedral de San Xiao de Ferrol
A concatedral de San Xiao é un templo de culto católico situado na cidade de Ferrol (Galiza) e adicada ao patrón da cidade, San Xiao. Pertence á diocese de Mondoñedo-Ferrol e trátase do monumento relixioso máis importante da cidade.
Animal (serie de televisión) pode referirse a: Animal, unha serie documental estadounidense sobre os animais e a natureza, creada para Netflix, estreada en 2021. Animal,d unha serie de ficción galega, comedia protagonizada por Luis Zahera no papel dun veterinario, creada para Netflix, estreada en 2025.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
O cambio climático é a variación global do clima da Terra a diversas escalas de tempo e sobre tódolos parámetros climáticos: temperatura, precipitacións, nubosidade etcétera. Son debidos a causas naturais e, nos últimos séculos, tamén á acción do home na biosfera. A expresión moitas veces úsase de xeito reducionista para facer referencia tan só ós cambios climáticos que suceden no presente, como sinónimo de quecemento global.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 226.935.
James L. Halperin, nado o 31 de outubro de 1952 en Boston, Massachusetts, é un empresario, numismático e autor estadounidense, cofundador da compañía de poxas Heritage Auctions, a de maior volume de vendas dos Estados Unidos en 2024. Así e todo, na década de 1980, el e as súas empresas foron investigados por prácticas fraudulentas pola Comisión Federal de Comercio, o que o levou a pagar importantes multas e indemnizacións.
Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive
O Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) foi un grupo terrorista galego operativo en Galicia entre 1986 e 1991 cuxo obxectivo era a independencia de Galicia e a instauración dun réxime socialista. Foi fundado por membros de Galiza Ceive-OLN e do Partido Comunista de Liberación Nacional (PCLN). O EGPGC estivo operativo entre 1986 e 1991, tempo durante o cal levaron a cabo arredor de 90 atentados, a maioría dos cales contra torres de alta tensión de Unión Fenosa en zonas deshabitadas.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Xosé Ramón Fernández-Oxea, nado en Ourense o 5 de abril de 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey, Xan Fouciño e Raimundo Antela, un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como O Tio Marcos d'a Portela, La Zarpa, Nós, A Nosa Terra, Lar, Opinión Gallega, Eufonía, La Temporada en Mondariz, Faro de Vigo, La Noche, Vieiros, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos, El Museo de Pontevedra e Chan. Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista.
José López-Suevos Otero, máis coñecido como Pepo Suevos, nado en Ferrol en 1971, é un actor galego. Comezou coma contacontos e desde entón ten participado en multitude de longametraxes con papeis secundarios, así coma na maioría das series máis coñecidas da TVG e nalgúns programas de televisión. Conta con grande experiencia coma contacontos e cómico.
Denomínase efecto invernadoiro á absorción por parte da atmosfera das radiacións térmicas (emisións infravermellas) que desprende a Terra, impedindo que escapen ao espazo exterior, aumentando polo tanto as temperaturas medias do planeta. Unha vez que a Terra foi quentada polo Sol, arrefría posteriormente pola noite emitindo radiación calorífica. O efecto invernadoiro evita que a calor que emite a Terra ao arrefriar deixe a atmosfera e volva ao espazo.
Weblate é unha ferramenta de tradución na web de código aberto con control de versións. Inclúe soporte para centos de linguas con definicións básicas, e habilita a adición de máis definicións de lingua. Todas as traducións poden ser editadas pola comunidade na web ou por un conxunto definido de persoas, así como por tradución automática, como DeepL Translator, Amazon Translate, ou Google Translate.
Lista de palabras galegas de orixe celta
Esta é unha lista de palabras galegas de orixe celta (non completa), moitas delas comúns co portugués. Algunhas destas palabras existían no latín como préstamos dunha fonte celta, como o galo, mentres que outras foron recibidas máis tarde doutras linguas, como o francés, o occitano e o castelán. Por último, algunhas desas palabras proveñen directamente das linguas locais prerromanas.
Cayetano Luis Martínez de Irujo y Fitz-James Stuart, nado en Madrid o 4 de abril de 1963, IV Duque de Arjona e XIV Conde de Salvaterra, Grande de España, é un xinete español de equitación, na especialidade de saltos. É o quinto fillo de Cayetana Fitz-James Stuart, XVIII duquesa de Alba (1926-2014) e Luis Martínez de Irujo y Artázcoz (1919-1972). Participou nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 conseguindo un 4º posto en saltos por equipos.
Ramala (en árabe: رام الله, "Rāmallāh" ; componse de “Ram,” unha palabra aramea, que significa “lugar alto ou montaña” e “Allah”, palabra árabe para Deus: literalmente significa "Altura de Deus") é unha cidade palestina no centro de Cisxordania, a 10 quilómetros ao norte de Xerusalén, xunto a Al-Bira. Actualmente é a capital da Autoridade Nacional Palestina. Cunha poboación dunhas 300.000 persoas, incluíndo a poboación veciña de Al-Bira, Ramala foi tradicionalmente unha cidade cristiá, pero hoxe en día a maioría da poboación é musulmá, os cristiáns son unha importante minoría.
As Tabernas, Filgueira, Crecente
As Tabernas é un lugar da parroquia de Filgueira no concello pontevedrés de Crecente na comarca da Paradanta.
A Internet Movie Database (IMDb) (en galego: Base de Datos de Películas en Internet) é unha base de datos en liña con información sobre directores, produtores, actores, películas, programas de televisión, videoxogos e case todo o relacionado coa industria fílmica privada e independente. Propiedade de Amazon desde 1998, IMDb celebrou o seu décimo quinto aniversario o 17 de outubro de 2005.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península Ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Lizzie Andrew Borden, nada en Fall River, Massachusetts o 19 de xullo de 1860 e finada no mesmo lugar o 1 de xuño de 1927, coñecida como Lizzie Borden, foi unha muller solteira de Nova Inglaterra e a única sospeitosa dos asasinatos do seu pai e da súa madrasta, que tiveron lugar na súa casa o 4 de agosto de 1892. A crueldade do dobre asasinato, levado a cabo a machadas, así como o posterior xuízo e o feito de que ninguén fose finalmente condenado polas mortes, converteu o caso nunha cause celébre en Norteamérica e segue sendo un episodio cheo de dúbidas no mundo da criminoloxía. Aínda que Lizzie Borden foi absolta dos crimes, si que quedou ela como a autora deles, converténdose nunha figura mítica do folclore estadounidense, que aparece en numerosas pezas de teatro ou ópera, así como en filmes.
Xabier Deive Martínez, nado en Narón o 14 de maio de 1970 e finado o 18 de xullo de 2024, foi un actor galego cunha ampla experiencia interpretativa. Traballou en teatro, cine e televisión, sendo especialmente coñecido polos seus papeis en numerosas series da Televisión de Galicia como A vida por diante, Matalobos ou Serramoura.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
En matemáticas, o determinante é unha ferramenta moi potente en numerosos dominios (estudo de endomorfismos, busca de valores propios, cálculo diferencial). É así como se define o determinante dun sistema de ecuacións, o determinante dun endomorfismo, ou o determinante dun sistema de vectores. Foi introducido inicialmente na álxebra para resolver o problema de determinar o número de solucións dun sistema de ecuacións lineais.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Real Expedición Filantrópica da Vacina
A Real Expedición Filantrópica da Vacina, coñecida como Expedición Balmis-Salvany ou Expedición Balmis en referencia ao médico alacantino Francisco Xavier Balmis, foi unha expedición de carácter filantrópico que deu a volta ao mundo e que durou desde o 30 de novembro de 1803 até 1806. O seu obxectivo era nun principio que a vacina da varíola chegase a cada recuncho do Imperio Español (América, Filipinas e outras illas do Pacífico), xa que a alta mortaldade do virus estaba ocasionando a morte de miles de nenos. O rei Carlos IV apoiou e sufragou con fondos públicos ao médico da corte, o doutor Balmis, na súa idea dunha vacinación masiva de nenos ao longo de todo o imperio, xa que a súa propia filla a Infanta María Luísa sufrira tamén a enfermidade.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
At Play in the Fields of the Lord
At Play in the Fields of the Lord é un filme estadounidense de 1991 dirixido por Héctor Babenco. É unha adaptación da novela homónima de 1965 do autor estadounidense Peter Matthiessen. O guión foi escrito por Babenco e Jean-Claude Carrière, e está protagonizado por Tom Berenger, John Lithgow, Daryl Hannah, Aidan Quinn, Tom Waits e Kathy Bates.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Begoña Caamaño Rascado, nada no barrio do Calvario (Vigo) o 14 de outubro de 1964 e finada en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014, foi unha feminista, xornalista e escritora galega. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e a premiada Morgana en Esmelle (2012), ámbalas dúas en Galaxia. Finou vítima dun cancro de páncreas aos 50 anos de idade.
Luperca é o nome da loba que segundo a mitoloxía romana aleitou a Rómulo e Remo, fundadores de Roma, cando estes foron mandados a matar o rei Amulio. Actualmente a estatua dedicada a ela, chamada a «loba capitolina» (lupa capitolina en italiano), consérvase no museo do Capitolio romano (Museos Capitolinos). A cronoloxía da figura da loba foi moi discutida; segundo a tradición a escultura da loba sería etrusca, aínda que se estima que data da Idade Media, mentres as estatuas dos nenos Rómulo e Remo foron creadas e engadidas en 1471.
Posición do misioneiro invertida
A posición da amazona é calquera posición sexual na que a muller está enriba do seu compañeiro sexual durante a actividade sexual. A posición máis comunmente asociada coa muller na parte superior adoita chamarse posición da vaqueira ou cabalgando, que deriva o seu nome da imaxe da muller que "monta" o home como vaqueira montando a cabalo. Nesta posición, o home adoita deitarse de costas coas pernas pechadas, mentres que a parella está a cabalo sobre el estendendo as pernas a cada lado, normalmente de xeonllos, coas canelas detrás, ou sentado sobre o sexo e as pernas da parella, mirando cara a adiante ou cara a atrás, e o home ou a muller insire o pene erecto do home na vaxina ou no ano da muller.