Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O steampunk é un subxénero da ficción científica, froito dun século XIX imaxinario e anacrónico, que comezou a ter auxe entre as décadas de 1980 e 1990. O termo "steam" significa vapor en lingua inglesa, xa que este movemento baséase nun futuro alternativo no que se desenvolve a mecánica e a enerxía do vapor en troques da electrónica, facendo fincapé na estética das sociedades burguesas de finais do século XIX e no estilo vitoriano.
Manuel Lorenzo Varela Rodríguez
Manuel Lorenzo Varela Rodríguez, nado en Chantada en 1951, é un político galego do PPdeG.
Ana Mena Rojas, nada en Estepona (Málaga) o 25 de febreiro de 1997, é unha cantante e actriz española. Deuse a coñecer no ano 2006 após gañar a XII edición rexional dos Premios Veo Veo, aínda que a súa popularidade aumentou cando participou na miniserie Marisol, la película interpretando a Marisol. Mena debutou na industria musical en 2016 co seu sinxelo "No soy como tú crees".
Kelud é un volcán activo cun lago no seu cráter que se localiza entre as rexencias de Kediri, Blitar e Malang a 27 km ao leste da cidade de Kediri na provincia de Xava Oriental da illa de Xava en Indonesia. Como moitos volcáns indonesios e outros do cinto de lume do Pacífico, Kelud coñécese polas súas grandes erupcións explosivas producidas ao longo do tempo, máis de trinta desde o ano 1000, a última o 13 de febreiro de 2014.
A ciática é unha dor que baixa por unha perna desde a parte inferior da costas (zona lumbar). Ás veces hai dor na zona lumbar e pode estenderse polas costas fóra da perna. O seu comezo adoita ser súbito despois de realizar actividades como levantar algo pesado, aínda que tamén pode ter un inicio gradual.
Fernando Calvet Prats, nado en Vilafranca del Penedès o 22 de xaneiro de 1903 e finado en Barcelona o 16 de xuño de 1988, foi un bioquímico catalán, catedrático de química orgánica na Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente primeiro catedrático de bioquímica na Universidade de Barcelona.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O romeu (Rosmarinus officinalis), tamén chamado alecrín, é un arbusto que habita na rexión mediterránea da Europa meridional, Norte de África e tamén, na Asia menor. En España, áchase na maior parte de Cataluña, ata os Pireneos en Aragón e Navarra, Castela-A Mancha, Murcia, Estremadura, e nas zonas montañosas da Comunidade Valenciana, Andalucía e nas Illas Baleares. En estado silvestre é pouco común na Galiza e no norte da Península Ibérica.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Xosé Ramón Fernández-Oxea, nado en Ourense o 5 de abril de 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey, Xan Fouciño e Raimundo Antela, un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como O Tio Marcos d'a Portela, La Zarpa, Nós, A Nosa Terra, Lar, Opinión Gallega, Eufonía, La Temporada en Mondariz, Faro de Vigo, La Noche, Vieiros, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos, El Museo de Pontevedra e Chan. Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Igrexa de Santa Sofía de Istambul
Santa Sofía ou Hagia Sophia (do grego Άγια Σοφία [aˈʝia soˈfia], «Santa Sabedoría»; en latín: Sancta Sophia ou Sancta Sapientia; turco Ayasofya) foi unha antiga basílica patriarcal ortodoxa convertida en mesquita e hoxe en día en museo, sita en Istambul, (Turquía) considérase a obra máis importante da época bizantina. Foi empregada como igrexa durante 916 anos, dende a súa construción no ano 537 ata a conquista da cidade no ano 1453. Dende esta data ata 1934, durante 481 anos, foi empregada como mesquita.
Screaming Trees foi unha banda estadounidense de grunge formada en 1985 polos amigos Mark Lanegan, Mark Pickerel, Van Conner e Gary Lee Conner (estes últimos irmáns), en Ellensburg, unha pequena cidade a 300 Km de Seattle. Pickerel foi substituído polo batería Barrett Martin cando a banda tico o seu período máis exitoso. Aínda que estivo moi asociada ao grunge, o son da banda incorporaba elementos hard rock e psicodélicos.
Galileo Galilei, nado en Pisa o 15 de febreiro de 1564 e finado en Arcetri o 8 de xaneiro de 1642, foi un astrónomo Italiano, filósofo, e físico, asociado coa revolución científica. Foi sinalado como o "pai da moderna astronomía" (título ó que pode que Kepler teña máis dereito), o "pai da física moderna", e o "pai da ciencia". Con Bacon, foi o pioneiro do método científico.
A célula (do latín cellula, que significa 'cuarto pequeno, cela') é a unidade estrutural e funcional mínima con vida, a cal é capaz de realizar tódalas funcións características ou vitais de calquera organismo vivo: a nutrición, a relación co medio que a rodea e a reprodución. Todos os seres vivos existentes posúen, cando menos, unha célula. Estes seres formados por unha soa célula son os chamados organismos unicelulares, mentres que se están constituídos por un conxunto de varias (ata miles de millóns) reciben o nome de organismos pluricelulares.
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
Carlos Mouriz Castro, nado o 4 de agosto de 1960 en Lugo, é un exfutbolista galego, que exerceu como director deportivo do Club Deportivo Lugo até o ano 2015, conseguindo subir ao club desde a Terceira División até Segunda División, onde o club permanece até a súa marcha sen ocupar nunca postos de desceso. Como futbolista xogaba de defensa.
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
Borja Iglesias Quintás, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1993, é un futbolista galego que xoga na demarcación de dianteiro centro no Celta de Vigo da Primeira División, cedido polo Real Betis. Formouse nas canteiras do Santiago, do Valencia e do Villarreal e debutou na Primeira División coa camiseta do Celta de Vigo en 2015, despois de militar varios anos no seu filial, do que é o máximo goleador histórico. A continuación conseguiu boas cifras goleadoras no Zaragoza e no Espanyol e en 2019 fichou polo Betis.
Luperca é o nome da loba que segundo a mitoloxía romana aleitou a Rómulo e Remo, fundadores de Roma, cando estes foron mandados a matar o rei Amulio. Actualmente a estatua dedicada a ela, chamada a «loba capitolina» (lupa capitolina en italiano), consérvase no museo do Capitolio romano (Museos Capitolinos). A cronoloxía da figura da loba foi moi discutida; segundo a tradición a escultura da loba sería etrusca, aínda que se estima que data da Idade Media, mentres as estatuas dos nenos Rómulo e Remo foron creadas e engadidas en 1471.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que só se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Lizzie Andrew Borden, nada en Fall River, Massachusetts o 19 de xullo de 1860 e finada no mesmo lugar o 1 de xuño de 1927, coñecida como Lizzie Borden, foi unha muller solteira de Nova Inglaterra e a única sospeitosa dos asasinatos do seu pai e da súa madrasta, que tiveron lugar na súa casa o 4 de agosto de 1892. A crueldade do dobre asasinato, levado a cabo a machadas, así como o posterior xuízo e o feito de que ninguén fose finalmente condenado polas mortes, converteu o caso nunha cause celébre en Norteamérica e segue sendo un episodio cheo de dúbidas no mundo da criminoloxía. Aínda que Lizzie Borden foi absolta dos crimes, si que quedou ela como a autora deles, converténdose nunha figura mítica do folclore estadounidense, que aparece en numerosas pezas de teatro ou ópera, así como en filmes.
A Internet Movie Database (IMDb) (en galego: Base de Datos de Películas en Internet) é unha base de datos en liña con información sobre directores, produtores, actores, películas, programas de televisión, videoxogos e case todo o relacionado coa industria fílmica privada e independente. Propiedade de Amazon desde 1998, IMDb celebrou o seu décimo quinto aniversario o 17 de outubro de 2005.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Ignacio Rivera Quintana, nado na Coruña o 24 de abril de 1965, é un empresario galego, presidente executivo actual da Corporación Hijos de Rivera, empresa galega con actividade centrada na distribución de bebidas, cuxa marca máis recoñecida é a Estrella Galicia. Pertence á cuarta xeración da familia Rivera, sendo bisneto de José María Rivera Corral, o fundador da empresa Estrella Galicia na Coruña, en 1906.
Narón é un concello da provincia da Coruña situado entre a ría de Ferrol e o océano Atlántico e pertencente á comarca de Ferrol, sendo na actualidade a área de expansión urbana máis importante da comarca. Narón limita cos concellos de Ferrol, Valdoviño, San Sadurniño e Neda. Segundo o IGE en 2020 tiña 39.056 habitantes (20.177 mulleres e 18.879 homes), o que a converte na oitava vila de Galicia (38.285 no 2010, 35.664 no 2006, 35.083 no 2005, 34.404 no 2004, 33.825 en 2003), sendo o cuarto núcleo de poboación na provincia da Coruña despois da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
A vaxina (do latín vagīna, "vaíña") é un conduto fibromuscular elástico, que forma parte dos órganos xenitais internos da muller –xa que logo, parte do aparato reprodutor feminino–. Nas femias dos mamíferos, esténdese desde o vestíbulo vaxinal até o cérvix uterino. A vulva e a vaxina, dúas estruturas anatómicas diferentes que non deben confundirse, son os órganos da copulación nos mamíferos.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Non confundir con feixón A feixoa (Acca sellowiana, sin. Feijoa sellowiana), tamén chamada goiaba do Brasil, é unha especie botánica arbustiva ou arboriña de flor da familia das mirtáceas, nativa das zonas elevadas do sur do Brasil, leste de Paraguai, o Uruguai, o norte da Arxentina e mais de Colombia. Cultívase a miúdo coma árbore froiteira no sur de Galicia e noutras zonas coma Nova Zelandia ou California, así coma árbore ornamental en Australia, Azerbaidján, Xeorxia, algunhas zonas do sur de Rusia e en Suráfrica..
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Ulla é un nome propio feminino galego. A orixe do nome é o río Ulla, de etimoloxía prerromana, posiblemente derivado da raíz indoeuropea *uei- ‘facer xirar’, xunto co sufixo -ia, o que daría a forma *Wulia. En xaneiro de 2023 existían 8 mulleres en Galicia co nome Ulla, cunha media de idade de 7,9 anos.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 226.975.