Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Nunavut (en inuktitut: ᓄᓇᕗᑦ, que significa A nosa terra), é o maior e máis recente dos Territorios Autónomos do Canadá, situado ao nordés do país, entre Groenlandia (ao leste), Manitoba (ao sur), e os Territorios do Noroeste (ao oeste), territorio do que se separou oficialmente o 1 de abril de 1999, de acordo cos lindeiros fixados previamente en 1993. Desde 1996, ano en que se produciron disturbios entre o exército canadense e varios pobos inuit, como os oka, ipperwash e nativos de Gusafsen Lake, empezábase a advertir a arela destes pobos inuit por lograr unha maior autonomía para o territorio. Tras a recomendación que facía un informe da Comisión Real do Canadá sobre a conveniencia de conceder maior autonomía aos pobos aborixes do Canadá, esta chegou de forma efectiva a mediados de 1999.
O Senegal, oficialmente República do Senegal, é un país de África Occidental. Limita ao norte con Mauritania, ao leste con Malí, ao sur con Guinea e Guinea-Bissau, e ao oeste co océano Atlántico e Gambia. É o máis próximo veciño de Cabo Verde, arquipélago que se espalla polo Atlántico a occidente da península de Cabo Verde.
Vientiane (/viˌɛntiˈɑːn/, Francés: [vjɛ̃tjan]; laosiano: ວຽງຈັນ, laosiano: Viangchan, tailandés: เวียงจันทน์) é a capital e a cidade máis grande de República Popular Democrática Laos. Aséntase na marxe esquerda do río Mekong, que serve de fronteira fluvial con Tailandia. As súas coordenadas son 17°58' de latitude norte, 102°36' de lonxitude leste.
Utah é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na rexión das Montañas Rochosas. É un dos máis importantes centros de transporte e de telecomunicacións do Oeste americano. A capital e maior cidade de Utah é Salt Lake City e na súa rexión metropolitana vive máis do 60% da poboación do Estado.
Allium é o xénero das cebolas, allos, allos porros, ceboliños, chalotas e allos bravos. O cheiro é característico de todo o xénero mais non todos os membros posúen ese sabor forte. Existen arredor de 1.250 especies neste xénero, aínda que o número non é pacífico, porque Allium é taxonomicamente difícil e son numerosas as especies fronteirizas discutidas.
Minnesota é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, situado na rexión do Medio Oeste (Midwest). É o duodécimo (12º) maior estado dos Estados Unidos, cunha superficie de 225.365 km². O estado de Minnesota foi constituído a partir da metade oriental do territorio de Minnesota, e foi o 32º estado en ser admitido na Unión, en 1858.
Montana (en inglés: Montana; en cheyenne: Ho'honáéšé'e) é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na Rexión dos Estados das Montañas Rochosas, no Pacífico Noroeste. É o cuarto maior Estado americano en área, e o terceiro maior dos 48 Estados contiguos. Só Alasca, Texas e California son maiores.
Honduras é un país de América Central, limitado ó norte polo Golfo de Honduras, ó norte e ó leste polo mar Caribe (por onde posúe fronteira marítima co territorio colombiano de San Andrés e Providencia), ó sur por Nicaragua, polo Golfo de Fonseca e polo Salvador e ó oeste por Guatemala. A súa capital é Tegucigalpa. A República de Honduras é un país centroamericano cun goberno republicano presidencialista.
Cardiff (en galés: Caerdydd) é a capital e cidade máis importante de Gales. Situada na canle de Bristol, ó suroeste de Gales e preto da fronteira con Inglaterra, expandiuse enormemente durante o século XIX debido á industria mineira e ó tráfico dos seus portos. Segundo o censo de 2011, a poboación de Cardiff é de 341.054 habitantes, sendo a décima cidade máis grande do Reino Unido.
Perl é unha linguaxe de programación deseñada por Larry Wall e creada en 1987. Perl toma características da linguaxe C, da linguaxe interpretada shell (sh), AWK, sede, Lisp e, nun grao inferior, moitas outras linguaxes de programación. Estruturalmente, Perl baséase nun estilo de bloques como os do C ou AWK, e foi amplamente adoptado pola súa destreza no procesado de texto e por non ter ningunha das limitacións das outras linguaxes de script.
Michelangelo Merisi da Caravaggio, nado en Milán o 28 de setembro de 1571 e finado o 18 de xullo de 1610, foi un pintor italiano activo en Roma, Nápoles, Malta e Sicilia entre 1593 e 1610, foi o primeiro gran representante da escola barroca. É coñecido como Caravaggio, que é o nome do pobo lombardo onde naceu.
Serbia, oficialmente República de Serbia, é un país sen litoral situado na Península dos Balcáns, ao centro e sueste de Europa. Linda ao norte con Hungría, ao nordés con Romanía, ao sueste con Bulgaria, ao sur con Macedonia do Norte, ao suroeste con Montenegro e ao oeste con Bosnia e Hercegovina e Croacia. Serbia reclama, amais, unha fronteira con Albania a través do territorio disputado de Kosovo.
Salamanca é unha cidade española, capital da provincia homónima, na Comunidade Autónoma de Castela e León. Está situada na comarca do Campo de Salamanca, xunto ao río Tormes, e forma parte da rexión histórica do Reino de León. Tiña unha poboación de 154.462 habitantes, e a súa área metropolitana acadaba os 213.399 (datos de 2010), sendo a segunda área máis poboada da comunidade, tras Valladolid.
Alfabeto (chegou dende o latín, mais procede do grego alphabetos, -ou, formado a partir das dúas primeiras letras, alpha e beta) denota o conxunto organizado de letras e tamén un sistema de escrita, o máis común no mundo occidental. Na primeira acepción é sinónimo de abecedario e na segunda úsase en contraposición co alifato ou o abxad consonánticos ou os silabarios, busca representacións fonemáticas, non sempre biunívocas. Ten unha orde fixa, que se emprega por exemplo para a ordenación en dicionarios, enciclopedias ou glosarios en papel, ou en listas de cousas.
Bergen é a segunda cidade máis grande de Noruega. A cidade atópase situada na costa suroeste do país, no condado de Hordaland, cuxo centro está situado entre un grupo de montañas coñecidas como de Syv Fjell ("As Sete Montañas"). A poboación da cidade era de 242.854 habitantes a 1 de abril de 2006, segundo o Instituto Nacional de Estatística de Noruega (Statistisk sentralbyrå).
Para o sistema operativo libre composto principalmente polo kernel Linux e GNU, véxase GNU/Linux. Linux é un kernel, ou núcleo, monolítico libre, inspirado en Unix, e que empregan os sistemas operativos GNU/Linux. Linux é un exemplo paradigmático de software libre no que contribúen centos de desenvolvedores e que ten soporte a longo prazo, de ata seis anos.
Falun é unha cidade sueca capital do municipio de Falun e do condado de Dalarna. No ano 2017 tiña 58 340 habitantes.Falun forma, xunto con Borlänge, unha área metropolitana con preto de 100 000 habitantes. Falun foi orixinalmente famosa pola súa mina de cobre, e no presente é unha importante cidade industrial e de servizos aínda que a mina está pechada dende o ano 1992.
Stuttgart (en suabo: Schduagert) é a capital do Estado alemán Baden-Württemberg. Con preto de 600.000 habitantes, Stuttgart é a cidade máis grande deste Estado e a sexta de Alemaña. En Stuttgart atópase o parlamento do seu Bundesland e o goberno federal, así como outras autoridades políticas e da administración federal.
Bratislava (ata 1919: Prešporok en eslovaco, Pressburg en alemán, Pozsony en húngaro, Požun en croata) é a capital e maior cidade de Eslovaquia. Ten 432.864 habitantes (2018) e queda á beira do Danubio, preto das fronteiras con Austria e Hungría. Áchase a uns 60 km de Viena, o que converte a estas cidades nas capitais de país máis próximas do mundo.
Bonn, ás veces escrito en galego Bon, é unha cidade do oeste de Alemaña, situada no Land do Renania do Norte-Westfalia. Ten unha poboación de 331.885 habitantes (estimación de 2021). Foi capital da Alemaña do Oeste desde 1949 a 1990, logo foi sede do goberno alemán ata o 1998, cando se iniciou a transferencia de parte das oficinas administrativas para Berlín.
O Brasil, oficialmente República Federativa do Brasil, é unha república federal formada pola unión de vinte seis estados federados e un Distrito Federal, situada en América do Sur. O país conta con 5.570 municipios e unha superficie de 8 515 767 km², o que o converte no país máis grande do territorio suramericano, ocupando a súa superficie a metade do mesmo. En comparación co resto de Estados do planeta, ocupa o quinto lugar en número de habitantes, con 213 317 639 (2021), así como en territorio.
O esperanto é unha lingua auxiliar artificial elaborada para servir como lingua internacional para toda a poboación mundial sen substituír as linguas naturais. O esperanto é, actualmente, a lingua artificial máis falada. O esperanto é un idioma auxiliar internacional, concibido como segunda lingua de comunicación (despois da lingua nai).
François-Marie Arouet, nado en París o 21 de novembro de 1694 e finado na mesma cidade o 30 de maio de 1778, foi un poeta, ensaísta, dramaturgo, filósofo e historiador ilustrado francés, máis coñecido co pseudónimo de Voltaire. Voltaire destacou no século XVIII e ocupou un lugar particular na memoria colectiva dos franceses. Con el, iníciase a figura do intelectual comprometido ao servizo da verdade, da xustiza e da liberdade de pensamento.
Malawi (oficialmente República de Malawi, en inglés: Republic of Malawi, en chewa, Dziko la Malawi) é un país situado en África Oriental, limita polo norte e polo leste con Tanzania, polo leste, sur e oeste con Mozambique e polo oeste con Zambia. Non ten costas e está separado de Tanzania e Mozambique polo lago Malawi. A capital é Lilongwe e a cidade máis poboada Blantyre.
O golf é un deporte de precisión, que ten como obxectivo introducir unha bóla nos buracos que están distribuídos no campo co menor número de golpes, empregando para cada tipo de golpe un pau dun conxunto de paus lixeiramente diferentes entre eles, xa que a cabeza do pau ten graos distintos, igual que as varas teñen lonxitudes distintas. A menor número de graos maior lonxitude da vara e polo tanto máis distancia. Como máximo poden levarse 14 paus.
Nokia é un fabricante de teléfonos móbiles finlandés, ademais dunha das principais empresas do sector das telecomunicacións. Con sede en Espoo (Finlandia), Nokia é unha das marcas máis coñecidas dentro e fóra da Unión Europea. Nokia tamén produce infraestrutura para redes de telefonía móbil e outros equipamentos de telecomunicacións para aplicacións como a telefonía tradicional por voz, RDSI, acceso a Internet por banda larga, radio profesional móbil, Voz IP, e unha liña de receptores de satélite.
Manhattan é o nome dunha illa no río Hudson e tamén dun dos cinco distritos metropolitanos que forman a cidade de Nova York. O distrito metropolitano ten os mesmos límites que o condado de Nova York e inclúe a illa de Manhattan así como varias illas máis pequenas (Roosevelt, Randall, entre outras), a máis diso unha pequena porción de terra continental (Marble Hill, que xeograficamente está no Bronx, pero politicamente pertence ao condado de Nova York). No ano 2004, a poboación era de 1 562 723 persoas.
Katowice [katɔˈvʲit͡sɛ]: (checo: Katovice, alemán: Kattowitz) é unha cidade da rexión de Silesia, no sur de Polonia, sobre os ríos Kłodnica e Rawa (os afluentes do Oder e do Vístula). Katowice está situado nas terras da alta Silesia, aproximadamente a 50 quilómetros do Silesian Beskids (a parte dos Cárpatos) e aproximadamente a 100 quilómetros do sistema montañoso dos Sudetes (Chequia). Katowice foi a capital do Voivodato de Silesia dende a súa formación en 1999.
Albacete é unha cidade española situada ao sueste da Meseta Central, concretamente na rexión histórica da Mancha, aínda que actualmente situada dentro da comarca dos Llanos de Albacete, da que é o seu único municipio. É a capital da provincia de Albacete, pertencente á comunidade autónoma de Castela-A Mancha, e sede do Tribunal Superior de Xustiza da devandita comunidade autónoma. Albacete, cos seus 166.909 habitantes (212.599 na área de atracción metropolitana), segundo datos do INE de 2008, é a maior cidade en número de habitantes de toda Castela-A Mancha.
Vladimir Ilich Lenin (en ruso: Владимир Ильич Ленин; ( [vlɐˈdʲimʲɪr ɪlʲˈjitɕ ˈlʲenʲɪn] ) nado Vladimir Ilich Ulianov, en ruso: Владимир Ильич Ульянов), nado o 22 de abril (xul. 10 de abril) de 1870 en Simbirsk e finado o 21 de xaneiro de 1924 en Moscova, foi un revolucionario comunista, político e teórico político ruso que serviu como líder da RSSF de Rusia dende 1917 e de presidente do Consello de Ministros da Unión Soviética dende 1922 até 1924. Nado no seo dunha adiñeirada familia de clase media en Simbirsk, Lenin adquiriu interese pola política revolucionaria de esquerda logo da execución do seu irmán en 1887.
Qinghai (en chinés: 青海; pinyin: Qīnghǎi; Wade-Giles: Ch'ing1-hai3) é unha provincia interior da República Popular da China, situada entre o centro e o oeste do país. O seu nome provén do lago Qinghai, o máis extenso do país, con 4.635 km², cuxo nome significa mar azul en lingua chinesa. Trátase dunha das provincias chinesas cunha menor densidade de poboación, pois cunha extensión 1'4 veces superior á de España, nela viven pouco máis de 5 millóns de persoas, a maioría na capital Xining ou nos seus arredores.
Un hotel é un edificio planificado e acondicionado para albergar as persoas temporalmente, e que permite aos viaxeiros aloxarse durante os seus desprazamentos. Os hoteis tamén poden proporcionar aos hóspedes servizos adicionais como restaurante, piscina ou gardería. Algúns hoteis teñen servizos de conferencias e posibilitan organizar convencións e reunións no seu establecemento.
Volvo é unha marca de automóbiles de orixe sueca, coñecida pola súa alta seguridade ante accidentes. Ademais de automóbiles de turismo, fabrica vehículos industriais, incluíndo camións, autobuses, tractores e equipamento de construción. Foi fundada en Gotemburgo en 1927 polo enxeñeiro Gustav Larson e o economista Assar Gabrielsson.
Na mitoloxía grega Zeus (en lingua grega Ζεύς), Zeús Kroniōn («descendente de Crono») ou Dias (Δίας, «rei divino») foi o soberano dos deuses e o deus do ceo e mais do trono. Na mitoloxía romana correspóndese con Xúpiter, protector da cidade de Roma desde o seu templo no Capitolio. Zeus deu orixe a boa parte dos deuses olímpicos e tamén á maioría dos heroes gregos, froito das relacións sexuais que tivo con diferentes mulleres mortais.
Salvia é un xénero de plantas da familia das lamiáceas, denominadas comunmente xarxas. Xeralmente a palabra xarxa ou sarxa fai referencia á Salvia officinalis, unha especie de grande interese polas súas propiedades curativas como desinfectante e febrífugo. Salvia L., representa cerca sobre 900 especies e distribúese extensamente en varias rexións do mundo, como Suráfrica, arredor de toda América e Asia Sur-Oriental.
Burundi, oficialmente República de Burundi (en kirundi: Republika y'u Burundi, pronunciado /buˈɾundi/; en francés: République du Burundi, pronunciado /byˈʁyndi/), é unha pequena nación de África Oriental, que carece de saída ao mar. Está rodeada por Ruanda, a República Democrática do Congo e Tanzania. Parte do a fronteira occidental limita co lago Tanganica.
As aves son animais vertebrados, de sangue quente, que camiñan, saltan ou se manteñen só sobre as extremidades posteriores, mentres que as extremidades anteriores evolucionaron até converterse en ás que, do mesmo xeito que moitas outras características anatómicas únicas, permítenlles, na maioría dos casos, voar, aínda que non todas voan. Teñen o corpo cuberto de plumas e, as aves stricto sensu, un bico córneo sen dentes. Para reproducírense poñen ovos que incuban até a súa eclosión.
O radar ( pronunciación ), do inglés Radio Detection And Ranging (Detección e Telemetría por Radio), é un dispositivo que permite detectar obxectos a longas distancias. O radar emite ondas electromagnéticas que son reflectidas por obxectos distantes. A detección das ondas reflectidas, permite determinar a localización do obxecto.
Afrodita é a deusa grega do amor e da beleza. Nacida da escuma do mar de Chipre, segundo Hesíodo, ó ser fecundado polos xenitais do Ceo/Urano, botados polo seu fillo Crono/Saturno despois de castralo. Durante o xuízo de Paris, nada puido a maxestade da deusa Hera nin a belicosidade de Atenea fronte á súa sedutora beleza, e Paris concedeulle a mazá de ouro como premio á fermosura.
Solanum L. é un xénero de plantas da familia Solanaceae, descrito por vez primeira por Carl von Linné en 1753. O grupo inclúei moitas especies de plantas perennes arbustivas ou rubideiras. A maioría das especies de Solanum son velenosas, mais o grupo inclúe algúns dos vexetais máis esenciais da alimentación humana como a pataca, o tomate ou a berinxela.
Prince Rogers Nelson, nado en Minneapolis (Minnesota) o 7 de xuño de 1958 e finado en Chanhassen (Minnesota) o 21 de abril de 2016, foi un cantante, compositor e instrumentista de pop, rock e funk estadounidense. Ademais do seu nome, Prince, usaba outros alcumes, entre eles «The Symbol» ou «O artista anteriormente coñecido como Prince». Durante a década de 1980 foi un dos artistas máis importantes e innovadores, sempre próximo á psicodelia.
Verona é unha moi antiga cidade italiana, sita na rexión de Venecia (chaira do Po), na beiras do río Adige, e a uns 30 km do lago de Garda. Fundada no século I a.C., a histórica cidade de Verona coñeceu un período de expansión nos séculos XIII e XIV e so a República de Venecia. Conserva un gran número de notábeis monumentos da Antigüidade, da época medieval e do Renacemento.
Toulon (en occitano: Tolon), é unha cidade do sur de Francia que abeira un gran porto militar da costa mediterránea, cunha grande base naval. Localizada na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul, Toulon é a capital do departamento de Var. A comuna de Toulon ten unha poboación de 165.514 de persoas (2009), o que a converte na décimo quinta meirande cidade de Francia.
Sevilla é unha cidade española situada ao suroeste da Península Ibérica, capital de Andalucía e da provincia homónima. Sevilla é a cuarta cidade de España e cuarta área metropolitana por número de habitantes. Ten 696.676 habitantes en 2014, 1.317.098 na área metropolitana, 1.813.908 en total na provincia (datos de 2005).
Microsoft Corporation é unha compañía de software fundada por Bill Gates e Paul Allen en 1975 en Albuquerque, Novo México. Ten a súa sede actual en Redmond, Washington. É a maior compañía de software do mundo (conta con máis de 50.000 empregados en total en varíos países) e é coñecida principalmente polas diferentes versións dos seus sistemas operativos Windows e MS-DOS, así como polo paquete de aplicacións ofimáticas Microsoft Office, da que fan parte programas como Word, Excel, Access ou FrontPage.
Zwolle é unha cidade neerlandesa de 105.801 habitantes, capital da provincia de Overijssel, sita na orilla dereita do río Ijssel, no punto de cruzamento de numerosas canles, por medio das cales está unida ao Zuiderzee e á rexión industrial de Twente. É un importante mercado de gando, de manteiga e de ovos, ademais dun centro industrial.
Mallorca (do latín medieval Maiorica, 'a maior'; en latín clásico insula maior, 'illa maior') é unha illa española, a maior das Illas Baleares, situada no mar Mediterráneo. Do mesmo xeito que Menorca e Eivissa, Mallorca é un destino turístico importante. Ten 3.625'75 km² e 790.763 habitantes (2006) (densidade: 218,09 hab./km²).
Cork (en inglés) ou Corcaigh (en gaélico irlandés) é a segunda cidade máis importante da República de Irlanda. A cidade máis importante e o centro administrativo do Condado de Cork e a cidade máis grande da provincia de Munster. O río Lee pasa polo medio da cidade, formando unha pequena illa onde se atopa o centro da cidade antes de que o Lee desemboque no lago Mahon e este no dique de Cork, un dos diques naturais máis longos do mundo.
BioWare é unha empresa canadense fundada en 1995 dedicada ao desenvolvemento de videoxogos. É famosa por desenvolver videoxogos de rol occidental para PC moi exitosos como as sagas Neverwinter Nights, Baldur's Gate, Dragon Age, Star Wars: Knights of the Old Republic e Mass Effect. A compañía foi fundada por Casey Hudson, David Gaider, Ray Muzyka e Greg Zeschuk.
O zen (en chinés: 禪, pinyin: Chán, en chinés medio: dʑjen) é unha escola do budismo mahāyāna que xurdiu na China durante a dinastía Tang como Chán. Foi fortemente influenciado polo taoísmo, e desenvolveuse como un estilo chinés do budismo. Dende a China, o Chán espallouse polo sur cara a Vietnam, ó nordeste a Corea e ó leste ó Xapón, onde pasou a coñecerse como zen xaponés.
O Kalevala é un poema épico finlandés recollido por Elias Lönnrot no século XIX, é a cerna da épica nacional finlandesa e unha das grandes obras da literatura finlandesa. A maior parte do Kalevala foi recollido por Lönnrot no leste de Finlandia, agora en boa parte pertencente a Rusia, directamente dos cantores tradicionais como Arhippa Perttunen. Unha primeira versión publicouna en dous volumes en 1835-1836, Kalewala, taikka Wanhoja Karjalan Runoja Suomen kansan muinoisista ajoista, consiste en 12.079 versos en 32 cantos.
Kyoto (xaponés: 京都市, きょうとし, Kyōto-shi) ou tamén Quioto, é unha cidade xaponesa da prefectura de Kyoto. Esta cidade foi a capital do Imperio do Xapón e actualmente é a capital da provincia homónima e a maior cidade da área metropolitana de Osaca-Kobe-Kyoto. Kyoto foi en tempos pasados coñecida en Occidente por Meaco (xaponés: 都; miyako "capital").