Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O dubstep é un xénero musical dentro da música dance e electrónica que xurdiu en South London, Inglaterra. Xurdiu a finais da década de 1990 como unha evolución doutros estilos como o 2-step garage, broken beat, drum and bass, jungle, dub e reggae. No Reino Unido, as súas orixes atópanse no crecemento do son xamaicano na escena musical a comezos de 1980.
A República de Ruanda, ou simplemente Ruanda, é un país de África Central. Limita con Uganda, Burundi, a República Democrática do Congo e Tanzania. É un pequeno país situado na rexión dos Grandes Lagos de África; coñecido como as "néboas de África", tamén pola súa fauna salvaxe, principalmente polos seus gorilas de montañas, polas súas cidades típicas e polos parques nacionais e paraxes naturais que ofrece a súa paisaxe montañosa.
Brighton é unha localidade costeira que xunto con Hove constitúe unha das cidades costeiras máis grandes do Reino Unido. Brighton é un sitio moi visitado, recibe 8 millóns de turistas cada ano. Ten multitude de hoteis, restaurantes, comercios e lugares de lecer ademais dun amplo sector turístico de congresos.
O Skagerrak (Skagerack, Skagerak) é un estreito entre o sur da Noruega, o Bohuslän sueco e o noroeste da Xutlandia dinamarquesa. Une o Kattegat e o mar do Norte dunha banda e o mar Báltico, pasando por Öresund, da outra. Cunha superficie de aproximadamente 32 000 km², forma un rectángulo de 240 km de lonxitude por 130–145 km de largura, delimitado ao oeste pola liña Lindesnes (Noruega) — Hanstholn (Dinamarca) e ao leste pola liña Pater-Nosterskären (Suecia) — Grenen (cabo setentrional de Dinamarca).
Perl é unha linguaxe de programación deseñada por Larry Wall e creada en 1987. Perl toma características da linguaxe C, da linguaxe interpretada shell (sh), AWK, sede, Lisp e, nun grao inferior, moitas outras linguaxes de programación. Estruturalmente, Perl baséase nun estilo de bloques como os do C ou AWK, e foi amplamente adoptado pola súa destreza no procesado de texto e por non ter ningunha das limitacións das outras linguaxes de script.
A dos Anseriformes é unha orde de aves acuáticas que comprende unhas 180 especies vivas repartidas en tres familias: anímidos (tres especies) anseranátidos (unha especie) e anátidos, a familia máis numerosa, que inclúe máis de 170 especies, entre elas os patos, os gansos e os cisnes. A maioría das especies modernas da orde están moi ben adaptadas para unha existencia acuática na superficie da auga. Coa excepción dos anímidos, os machos teñen pene, unha característica que se perdeu nas neoaves.
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peón é rei". A cidade é coñecida polo seu urbanismo, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible.
Liechtenstein ( [ˈlɪçtn̩ˌʃtaɪ̯n] ) (en alemán: Liechtenstein, [ˈlɪçtn̩ˌʃtaɪ̯n] (AFI), escoitar), oficialmente Pincipado de Liechtenstein ( [ˈlɪktənstaɪn] ) (en alemán: Fürstentum Liechtenstein, [ˈfʏʁstn̩tuːm ˈlɪçtn̩ʃtaɪn] (AFI)) é un minúsculo principado do centro da Europa de lingua alemá, encravado nos Alpes, entre a Austria, ao leste, e a Suíza ao oeste. Non ten saída o mar e é coñecido por ser un paraíso fiscal. Aínda que non pertence á Unión Europea, desde decembro de 2011 forma parte do espazo de libre circulación Schengen.
O Senegal, oficialmente República do Senegal, é un país de África Occidental. Limita ao norte con Mauritania, ao leste con Malí, ao sur con Guinea e Guinea-Bissau, e ao oeste co océano Atlántico e Gambia. É o máis próximo veciño de Cabo Verde, arquipélago que se espalla polo Atlántico a occidente da península de Cabo Verde.
Nauru (/nɑːˈuːruː/ ou /ˈnaʊruː/; nauruano: Naoero), oficialmente República de Nauru (nauruano: Repubrikin Naoero) e antes coñecida como Pleasant Island, é un país insular e un microestado en Oceanía, no Pacífico Central que comprende unha soa illa xusto ao sur do ecuador. O seu veciño máis próximo é a illa Banaba en Kiribati, a 300 km (190 mi) ao leste. Atópase máis ao noroeste de Tuvalu, 1 300 km (810 mi) ao nordeste das Illas Salomón, ao leste-nordeste de Papúa-Nova Guinea, ao sueste dos Estados Federados de Micronesia e ao sur das Illas Marshall.
A Gestapo, (pronunciado Guestapo ) foi a policía secreta oficial da Alemaña Nazi. O termo vén da contracción de Geheime Staatspolizei: "policía secreta do Estado". Baixo a total administración de Schutzstaffel (SS), foi administrada pola Reichssicherheitshauptamt (RSHA) (servizo oficial da oficina central do Reich) e considerada como unha organización dual do Sicherheitsdienst (SD) (servizo de seguridade) e tamén unha Suboficina da Sicherheitspolizei (SIPO) (policía de seguridade).
Solanum L. é un xénero de plantas da familia Solanaceae, descrito por vez primeira por Carl von Linné en 1753. O grupo inclúei moitas especies de plantas perennes arbustivas ou rubideiras. A maioría das especies de Solanum son velenosas, mais o grupo inclúe algúns dos vexetais máis esenciais da alimentación humana como a pataca, o tomate ou a berinxela.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Picasa foi un programa para visualizar, organizar e editar fotografías dixitais, orixinalmente creado por Idealab, despois, trala súa adquisición en 2004, converteuse en propiedade de Google, quen o distribuía gratuitamente como freeware. O 12 de febreiro de 2016, Google anunciou que interrompía o soporte para Picasa Desktop e Picasa Web Albums, a partir do 15 de marzo de 2016, e que se centraba no Google Fotos baseado na nube como o seu sucesor.
Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI), escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da Península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.
Reims (/riːmz/, Francés: [ʁɛ̃s] ( )) é a cidade máis poboada da rexión de Gran Leste, aínda que non é capital do seu departamento, Marne. A cidade atópase 129 km (80 mi) ao nordés de París no río Vesle, un afluente do Aisne. Está situada nunha chaira na ribeira dereita do Vesla, afluente do Aisne, e sobre a canle que conduce o Aisne ao Marne.
Apolo (en grego antigo: Ἀπόλλωνος; Apóllōnos) é un dos deuses olímpicos na relixión grega clásica e na Roma antiga, presente nas mitoloxías grega e romana. Apolo é a divindade nacional dos gregos, e foi recoñecido como o deus do tiro con arco, a música e a danza, a verdade e a profecía, a curación e as enfermidades, o Sol e a luz, a poesía e moito atributos máis. Un dos deuses gregos máis importantes e complexos, era fillo de Zeus e de Leto, e irmán xemelgo de Artemisa, deusa da caza.
O Chad (en francés Tchad, en árabe تشاد, Tshad), oficialmente República do Chad (en francés République du Tchad; en árabe جمهورية تشاد, Jumhūriyyat Tshād) é un país africano. Limita ao norte con Libia, ao leste co Sudán, ao sur coa República Centroafricana e ao oeste co Camerún, Nixeria e mais Níxer. A súa capital é Xamena.
Internet é o sistema global de redes informáticas interconectadas que usa o conxunto de protocolos de Internet (TCP/IP) para comunicarse entre redes e dispositivos. É unha rede de redes que consiste en redes privadas, públicas, académicas, empresariais e gobernamentais de ámbito local e global, unidas por unha ampla gama de tecnoloxías de redes electrónicas, sen fíos e ópticas. Internet ofrece unha ampla gama de recursos e servizos de información, como os documentos de hipertexto interconectados e as aplicacións da World Wide Web (WWW), correo electrónico, telefonía e intercambio de ficheiros.
O pan (do latín panis) é un alimento básico que forma parte da dieta tradicional en Europa, Oriente Medio, India, América e Oceanía. Adóitase preparar mediante o enfornado dunha masa, elaborada fundamentalmente con fariña de cereais, sal e auga; en ocasións engádense outros produtos para conferirlle determinadas calidades, como especias, froitos secos, froitas confeitadas, mel etc. A mestura, na maioría das ocasións, adoita conter lévedos para que fermente a masa e sexa máis esponxosa e tenra.
Honduras é un país de América Central, limitado ó norte polo Golfo de Honduras, ó norte e ó leste polo mar Caribe (por onde posúe fronteira marítima co territorio colombiano de San Andrés e Providencia), ó sur por Nicaragua, polo Golfo de Fonseca e polo Salvador e ó oeste por Guatemala. A súa capital é Tegucigalpa. A República de Honduras é un país centroamericano cun goberno republicano presidencialista.
O Piemonte (en piemontés: Piemont, en italiano: Piemonte, en arpitano: Piemont, en occitano: Piemont) é unha rexión da Italia noroccidental, que conta con preto de 4,5 millóns de habitantes con capital en Turín. Limita ao oeste con Francia (rexións de Ródano-Alpes e Provenza-Alpes-Costa Azul), ao noroeste coa rexión do Val de Aosta, ao norte con Suíza (cantóns de Valais e Tesino), ao leste coa Lombardía, ao sueste coa Emilia-Romaña e ao sur coa rexión italiana da Liguria. A rexión é, xunto coa Lombardía, a zona máis industrializada de Italia, e é sede de grandes empresas, entre as que destaca o Gruppo FIAT (propietario de Ferrari, Maserati, Alfa Romeo, Lancia e Fiat).
O hiragana (ひらがな, 平仮名, literalmente "kana liso") é un silabario xaponés, un dos catro sistemas de escrita xaponesa (os outros son katakana, kanji e rōmaji).Utilízase para: Palabras xaponesas para as que non hai signos kanji, por exemplo partículas como kara から e sufixos como ~san さん. Cando o que escribe non coñece o kanji dunha palabra, ou a maioría dos lectores non o coñece, ou a palabra en kanji queda moi formal. Verbos e inflexións do adxectivo, por exemplo: tabemashita, 食べました (neste uso, o hiragana denomínase okurigana 送り仮名).
Odisha é un estado indio localizado xunto ó Golfo de Bengala. Limita ó norte co Jharkhand, ó nordeste co Bengala Occidental, o leste co Golfo de Bengala, ó sur co estado de Andhra Pradesh e, ó oeste, co estado de Chhattisgarh. A súa capital, Bhubaneshwar, é coñecida como a cidade das catedrais polos seus numerosos templos.
Vilnius (en polaco Wilno, en belaruso Vilnia) é a capital e cidade maior de Lituania cunha poboación de 553.904 habitantes, situada na provincia de Vilnius. A súa cidade vella foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1994. En 2009 foi a Capital Europea da Cultura xunto coa cidade austríaca de Linz.
O islam (en árabe: الإسلام, al-Islām ) ou islamismo é unha relixión monoteísta abrahámica cuxo dogma baséase no libro do Corán, o cal establece como premisa fundamental para os seus crentes que «Non hai máis deus que Alá e que Mahoma é o último mensaxeiro de Alá». A palabra árabe Allah, galeguizada como Alá, significa Deus e a súa etimoloxía é a mesma da palabra semítica El (אל), coa que se nomea a Deus na Biblia. Os eruditos islámicos definen ao islam como: «A submisión a Deus o Altísimo a través do monoteísmo, a obediencia e o abandono da idolatría».
Knossos (tamén Cnossos, ambos se pronuncian /(kə)ˈnɒsɒs, -səs/; grego antigo: Κνωσός, Ko-no-so) é o maior sitio arqueolóxico da Idade de Bronce en Creta e chamouse a cidade máis antiga de Europa. Asentado xa no período Neolítico, o nome Cnossos sobrevive das antigas referencias gregas á cidade principal de Creta. O palacio de Cnossos converteuse finalmente no centro cerimonial, político e da cultura da civilización minoica.
O gas é o estado da materia cando non ten forma nin volume de seu. A súa principal composición son moléculas non unidas, expandidas e con pouca forza de atracción, provocando que o gas se expanda para ocupar todo o volume do recipiente que o contén. É considerado nalgúns dicionarios como sinónimo de vapor, aínda que non hai que confundir os seus conceptos, pois este termo debe usarse estritamente para referirse a aquel gas que se pode condensar por presurización a temperatura constante.
Arles ou Arle en occitano, latín: Arelate, é unha cidade costeira e unha municipio, subprefectura do departamento de Bocas do Ródano, na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul, na antiga provincia da Provenza, Francia. Unha gran parte da Camarga, a maior zona húmida de Francia, está situada no territorio da comuna, polo que é a comuna máis grande da Francia metropolitana en canto ao territorio xeográfico. (Maripasoula, Güiana Francesa, é moito máis grande que Arlés).
Magma é un volume de rocha fundida, localizado normalmente dentro dunha cámara de magma, debaixo da superficie da Terra. Esa complexa solución de silicatos a alta temperatura, entre 650 e 1200 graos Celsius, é orixe de todas as rochas ígneas, tanto das intrusivas como das extrusivas. O magma permanece baixo alta presión e, algunhas veces, emerxe a través das fendas volcánicas, na forma de lava fluente e fluxos piroclásticos.
O gato ou gato doméstico (Felis silvestris catus ou Felis catus), chamado familiarmente micho ou mico, é un mamífero doméstico da familia dos felinos, con unllas retráctiles, carnívoro, de pelaxe espesa e suave. Os humanos adoitan valorar estes animais pola súa compañía e pola súa capacidade de cazar pequenos animais coma os ratos. Existen máis de setenta razas de gatos recoñecidas por varios rexistros.
Kenya oficialmente República de Kenya, é un país da África oriental e membro fundador da Comunidade Africana Oriental (CAO). A súa capital e meirande cidade é Nairobi. O territorio de Kenya atópase no ecuador e superponse ó Rift de África Oriental cubrindo un extenso e diverso terreo que abrangue dende o lago Vitoria até o lago Turkana (antigamente chamado lago Rudolph) e cara ao sueste co océano Índico.
Steam é un servizo de distribución dixital de videoxogos desenvolvido por Valve Corporation. Foi lanzado en setembro de 2003 como unha forma para Valve de achegar actualizacións de xeito automático aos seus xogos, mais acabou ampliándose para incluír xogos que non son de Valve senón de terceiros. Steam ofrece protección contra a pirataría, servidores de emparellamento, transmisións de vídeo e servizos de redes sociais.
Robyn Rihanna Fenty, máis coñecida como Rihanna, nada o 20 de febreiro de 1988, é unha cantante, actriz, modelo e deseñadora barbadense. Nada en Barbados, a súa carreira comezou despois de coñecer ó produtor musical Evan Rogers a finais de 2003. Canda el gravou cancións demo, e o seu traballo foi enviado a varios selos musicais.
Taipei (Caracteres simplificados: 台北市; Caracteres tradicionais: 臺北市; Transcrición pinyin: Táibĕi Shì; Romanización do nome taiwanés: Tâi-pak Chhī; é a cidade capital de Taiwán (República da China, non recoñecida pola ONU), e o seu centro comercial, industrial e cultural máis importante. (2 685 357 habitantes en 2001). Situada no extremo norte da illa de Taiwán (antiga Formosa), á beira do río Tanshui preto da súa desembocadura no mar da China Oriental, foi fundada por inmigrantes chineses en 1708.
O arquipélago de Riau (Kepulauan Riau) é un grupo de illas indonesias que forman parte da provincia homónima, formada por estas illas xunto coas illas Natuna, ricas en petróleo e gas natural, e as Anambas. Ata xullo de 2004 as illas Riau formaban parte da provincia de Riau, en Sumatra; desde entón uníronselle os dous arquipélagos antes citados para formar os tres unha nova provincia. En total devandita provincia ocupa uns 21.992 km² e conta con 1.198.526 habitantes.
As mouras son espíritos, seres fantásticos con poderes sobrenaturais dos folclores portugués e galego. Son "seres obrigados por oculta forza sobrenatural a vivir en certo estado de sitio como limitados ou adormecidos, en canto determinada circunstancia non lles rompa o encantamento". Segundo antigos relatos populares, son as almas de doncelas que foron deixadas gardando os tesouros que os mouros esconderan antes de partir para a súa terra.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Mississippi é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na rexión Sur do país. Mississippi foi historicamente un estado dominado por granxas e pequenas cidades, dependente da agricultura e da gandaría. Actualmente, con todo, este estado posúe unha economía relativamente diversificada, cunha industria de manufactura e cun turismo en crecemento.
Venezuela, oficialmente República Bolivariana de Venezuela, é un país federal suramericano, limitado ao norte polo mar Caribe, ao leste polo océano Atlántico e pola Güiana, ao sur polo Brasil e ao oeste por Colombia. O país, alén da porción continental, inclúe tamén un número elevado de illas nas Pequenas Antillas que constitúen dúas divisións administrativas diferentes: o estado de Nova Esparta e as Dependencias Federais. Ten fronteira marítima cos territorios autónomos neerlandeses de Aruba, e das Antillas Neerlandesas, e tamén con Trinidad e Tobago.
Mississauga é unha cidade da provincia canadense de Ontario situada no extremo nordés do lago Ontario, lindeiro á fronteira occidental da cidade de Toronto. Cunha poboación de 717 961 en 2021, Mississauga é o sétimo concello máis poboado do Canadá, o terceiro máis poboado de Ontario e o segundo máis grande da área metropolitana de Toronto despois do propio Toronto. O crecemento de Mississauga atribúeselle á súa proximidade a Toronto.
Ohio (pronunciado [oʊˈhaɪoʊ]) é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, situado na zona dos Grandes Lagos, e un dos seus principais centros industriais. Localizado na Rexión Medio Oeste dos Estados Unidos —a rexión máis industrializada do país— Ohio ten á industria como a súa principal fonte de ingresos. Outras fontes de ingresos importantes son as finanzas, a minería do carbón —que axudou a facer de Ohio unha das principais potencias industriais do país— a agricultura e o turismo.
O Riksdag (oficialmente en sueco: Sveriges riksdag) é a asemblea lexislativa de Suecia. É unicameral e está integrada por 349 membros (chamados en sueco riksdagsledamöter), electos para servir por un período de catro anos. O nome Riksdag deriva da expresión sueca riksens ständer ou "rikets ständer" ("os estados do reino"), a cal facía mención á reunión dos representantes dos estamentos en que estaba dividida a sociedade sueca (nobreza, clero e plebe).
Austria ( pronunciación ) (en alemán: Österreich, [ˈøːstɐˌʁaɪç] ), oficialmente República de Austria ( pronunciación ) (en alemán: Republik Österreich, [Republik Österreich] )), é un estado da Europa central sen saída cara ao mar, con máis de 9,0 millóns de habitantes. Fai fronteira con Alemaña e a República Checa ao norte, Eslovaquia e Hungría ao leste, Eslovenia e Italia ao sur, e Suíza e Liechtenstein ao oeste. O territorio de Austria abrangue 83.872 quilómetros cadrados e posúe un clima temperado e alpino.
Macau (en chinés tradicional: 澳門; en chinés simplificado: 澳门; en pinyin: Àomén; en cantonés: 澳門; en Yale: Oumún; en portugués: Macau), é unha zona administrativa especial da República Popular da China. Estivo baixo a soberanía de Portugal ata o 20 de decembro de 1999. Está constituída por unha península e dúas illas (Taipa e Coloane), cunha superficie total de 28,2 km².
PayPal é unha empresa estadounidense pertencente o sector do comercio electrónico por Internet que permite a transferencia de diñeiro entre usuarios que teñan correo electrónico, unha alternativa ao tradicional método en papel como os cheques ou xiros postais. PayPal tamén procesa peticións de pago en comercio electrónico e outros servizos web, polos que cobra unha porcentaxe. A maior parte da súa clientela provén da web eBay.
En Vigo celébrase con nome de Reconquista de Vigo unha sublevación popular que se encadra na Guerra da Independencia española. A Reconquista é o nome co que se coñece tradicionalmente ao proceso histórico por medio do cal os reinos cristiáns do norte da Península Ibérica van conquistar progresivamente o Al-Andalus. Considérase que comeza no 722 coa resistencia das sociedades montañesas ó avance dos musulmáns coa Batalla de Covadonga e vai finalizar no 1492 coa conquista do Reino de Granada.
O Ulster ou Úlster (en irlandés: Cúige Uladh) é unha das catro provincias tradicionais de Irlanda, e recolle os seis condados que están en posesión do Reino Unido (Irlanda do Norte) e tres dos que están en posesión da República de Irlanda, constituída como Estado Libre Irlandés. A cidade máis importante é Belfast.
Krasnodar (en ruso: Краснодар, [krəsnɐˈdar] (AFI)) é unha cidade no sur de Rusia, capital administrativa do krai de Krasnodar, localizada nas marxes do Kuban a 148 km ao nordeste do porto de Novorossiysk no Mar Negro. A súa poboación é de 744.933 habitantes (2010). Fundada en 1793 co nome de Ekaterinodar, tomou o nome actual en 1920.
Cork (en inglés) ou Corcaigh (en gaélico irlandés) é a segunda cidade máis importante da República de Irlanda. A cidade máis importante e o centro administrativo do Condado de Cork e a cidade máis grande da provincia de Munster. O río Lee pasa polo medio da cidade, formando unha pequena illa onde se atopa o centro da cidade antes de que o Lee desemboque no lago Mahon e este no dique de Cork, un dos diques naturais máis longos do mundo.
Arequipa é unha cidade situada no extremo suroeste do Perú a unha altura de 2.335 msnm e situada nun fértil val entre a área costeira do deserto de Atacama e os contrafortes da Cordilleira dos Andes Occidentais. A cidade é a capital tanto da provincia de Arequipa, onde está situada, como da Rexión Arequipa onde se localiza a provincia.
Twitch é un servizo de streaming estadounidense que permite realizar retransmisións en directo, especialmente de videoxogos, incluíndo os directos dos deportes electrónicos, ademais de música, contido creativo, debates e directos da vida dos influencers. Twitch é operado por Twith Interactive propiedade de Amazon sendo rival directo de YouTube. A súa orixe vén do ano 2007 cando Justin Kan e Emmet Shear fundaron Justin.tv.
En bioloxía, un taxon (do grego τάξις, transliterado como táxis, "ordenamento") é un grupo de organismos emparentados, que nunha clasificación dada foron agrupados, asignándolle ao grupo un nome en latín, unha descrición, e un "tipo" que, se o taxon é unha especie, é un espécime ou exemplar concreto. Cada descrición formal dun taxon está asociada ao nome do autor ou autores que a realizan, os cales fanse figurar detrás do nome. En latín o plural de taxon é taxa, sendo así como adoita usarse en inglés, pero en galego o plural adecuado é taxons.
Oklahoma (en cherokee: Ꭳꭶꮃꮀꮉ, òɡàlàhoma, en pawnee: Uukuhuúwa, en cayuga: Gahnawiyoˀgeh) é un estado situado na rexión Sur dos Estados Unidos de América. Con 3.579.212 habitantes no 2006 e unha superficie de 181.035 km², ocupa o lugar número 28 entre os estados máis poboados, e o 20 entre os máis grandes. O seu nome deriva das palabras choctaw okla e humma, que significan "xente vermella".
Blackpool (141 900 habitantes. en 2010) é un municipio (borough) e autoridade unitaria do Reino Unido no condado inglés de Lancashire; ten vistas ao mar de Irlanda e dista 48 km de Liverpool e 64 km de Manchester. Blackpool foi -e segue sendo- unha das localidades con balnearios máis visitados de Inglaterra.