Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Celso Bugallo Aguiar, nado en Lagarei (Vilalonga, Sanxenxo) o 12 de marzo de 1947 e finado en Pontevedra o 21 de decembro de 2025, foi un actor galego. Foi un dos actores secundarios máis coñecidos do audiovisual galego, tendo aparecido en varias series de televisión e en máis de 40 filmes, a pesar de non debutar no cine ata os 52 anos, despois de décadas no mundo do teatro. Traballou con directores como José Luis Cuerda, Alejandro Amenábar ou Fernando León de Aranoa, e foi galardoado cun Premio Goya á mellor interpretación masculina secundaria polo seu papel de irmán de Ramón Sampedro no aclamado filme de 2004 Mar adentro.
O dubstep é un xénero musical dentro da música dance e electrónica que xurdiu en South London, Inglaterra. Xurdiu a finais da década de 1990 como unha evolución doutros estilos como o 2-step garage, broken beat, drum and bass, jungle, dub e reggae. No Reino Unido, as súas orixes atópanse no crecemento do son xamaicano na escena musical a comezos de 1980.
1917 é un filme británico-estadounidense de 2019 dirixido, co-escrito e producido por Sam Mendes. Está protagonizado por George MacKay e Dean-Charles Chapman, xunto con Mark Strong, Andrew Scott, Richard Madden, Claire Duburcq, Colin Firth e Benedict Cumberbatch. Baséase en parte das historias contadas a Mendes polo seu avó paterno, Alfred Mendes.
Brighton é unha localidade costeira que xunto con Hove constitúe unha das cidades costeiras máis grandes do Reino Unido. Brighton é un sitio moi visitado, recibe 8 millóns de turistas cada ano. Ten multitude de hoteis, restaurantes, comercios e lugares de lecer ademais dun amplo sector turístico de congresos.
O Senegal, oficialmente República do Senegal, é un país de África Occidental. Limita ao norte con Mauritania, ao leste con Malí, ao sur con Guinea e Guinea-Bissau, e ao oeste co océano Atlántico e Gambia. É o máis próximo veciño de Cabo Verde, arquipélago que se espalla polo Atlántico a occidente da península de Cabo Verde.
O Skagerrak (Skagerack, Skagerak) é un estreito entre o sur da Noruega, o Bohuslän sueco e o noroeste da Xutlandia dinamarquesa. Une o Kattegat e o mar do Norte dunha banda e o mar Báltico, pasando por Öresund, da outra. Cunha superficie de aproximadamente 32 000 km², forma un rectángulo de 240 km de lonxitude por 130–145 km de largura, delimitado ao oeste pola liña Lindesnes (Noruega) — Hanstholn (Dinamarca) e ao leste pola liña Pater-Nosterskären (Suecia) — Grenen (cabo setentrional de Dinamarca).
Karate (en xaponés: 空手), ou karatedo (空手道), é unha arte marcial xaponesa e un deporte de combate orixinario de Okinawa, que se desenvolveu con base na arte marcial nativa da rexión baixo as influencias do chuan fa, de orixe chinesa, e das escolas xaponesas tradicionais de arte marcial, chamadas koryu, que practicaban loita desarmada e armada, principalmente con espadas. Neste proceso, cando a influencia xaponesa se tornou preponderante, fóronse incorporando máis características do código de conduta dos samurais, o Budo. A influencia chinesa foi maior nun primeiro estadio de desenvolvemento, cambiando un paradigma primitivo dunha loita simple con agarramento e proxeccións, con máis énfase nos golpes traumáticos, e fíxose sentir nas técnicas dos estilos máis fluídos e pragmáticos da China meridional.
Kenya oficialmente República de Kenya, é un país da África oriental e membro fundador da Comunidade Africana Oriental (CAO). A súa capital e meirande cidade é Nairobi. O territorio de Kenya atópase no ecuador e superponse ó Rift de África Oriental cubrindo un extenso e diverso terreo que abrangue dende o lago Vitoria até o lago Turkana (antigamente chamado lago Rudolph) e cara ao sueste co océano Índico.
Sevilla é unha cidade española situada ao suroeste da Península Ibérica, capital de Andalucía e da provincia homónima. Sevilla é a cuarta cidade de España e cuarta área metropolitana por número de habitantes. Ten 696.676 habitantes en 2014, 1.317.098 na área metropolitana, 1.813.908 en total na provincia (datos de 2005).
A República de Ruanda, ou simplemente Ruanda, é un país de África Central. Limita con Uganda, Burundi, a República Democrática do Congo e Tanzania. É un pequeno país situado na rexión dos Grandes Lagos de África; coñecido como as "néboas de África", tamén pola súa fauna salvaxe, principalmente polos seus gorilas de montañas, polas súas cidades típicas e polos parques nacionais e paraxes naturais que ofrece a súa paisaxe montañosa.
Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: България/Balgariya), oficialmente República de Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: Република България/Republika Balgariya) é un país situado ao sueste de Europa, na península dos Balcáns. Limita ao norte con Romanía, estando a maior parte da fronteira entre estes dous países conformada polo río Danubio, ao sur con Turquía e Grecia, o oeste con Macedonia do Norte e Serbia e está bañada ao leste polo Mar Negro. Foi aceptada na OTAN no ano 2004 e é membro da Unión Europea dende o 1 de xaneiro de 2007.
Winterthur é unha cidade suíza situada no cantón de Zürich, ao norte do país. Con 109.775 habitantes, é a sexta cidade da Confederación por volume de poboación. Chamada abreviadamente polos seus habitantes Winti, hoxe Winterthur é unha cidade de servizos e un importante centro da industria de alta tecnoloxía.
Walmart (oficialmente, Wal-Mart, Inc.) é unha corporación multinacional de tendas de orixe estadounidense, que opera cadeas de grandes almacéns de desconto e clubs de almacéns. Foi fundada por Sam Walton en 1962, incorporada en 1969, e cotizou na Bolsa de Nova York dende 1972. A súa sede principal está situada en Bentonville, Arkansas.
Cork (en inglés) ou Corcaigh (en gaélico irlandés) é a segunda cidade máis importante da República de Irlanda. A cidade máis importante e o centro administrativo do Condado de Cork e a cidade máis grande da provincia de Munster. O río Lee pasa polo medio da cidade, formando unha pequena illa onde se atopa o centro da cidade antes de que o Lee desemboque no lago Mahon e este no dique de Cork, un dos diques naturais máis longos do mundo.
Tailandia (en tailandés: ประเทศไทย, Prathet Thai) oficialmente Reino de Tailandia (en tailandés: ราชอาณาจักรไทย, Ratcha Anachak Thai; [râːt.tɕʰā ʔāːnāːtɕàk tʰāj] ), antigamente coñecido como Siam (en tailandés: สยาม, Sayam), é un país situado no centro da península Indochina no Sueste asiático. Comparte fronteiras ao norte con Myanmar e Laos, ao leste con Laos e Camboxa, ao sur co Golfo de Tailandia e Malaisia, e ao oeste co Mar de Andaman e o extremo meridional birmano. As súas fronteiras marítimas inclúen Vietnam no Golfo de Tailandia ao sueste, e Indonesia e a India no Mar de Andaman ao suroeste.
O Iemen é un país árabe que ocupa o extremo suroeste da Península da Arabia. Limita ao norte coa Arabia Saudita, ao leste co Omán, ao sur co mar de Arabia e mailo golfo de Adén, e a oeste polo estreito de Bab el-Mandeb e polo mar Vermello. O Iemen inclúe tamén algunhas illas situadas ó longo do chamado Corno de África, das cales a máis grande é Socotora.
Salamanca é unha cidade española, capital da provincia homónima, na Comunidade Autónoma de Castela e León. Está situada na comarca do Campo de Salamanca, xunto ao río Tormes, e forma parte da rexión histórica do Reino de León. Tiña unha poboación de 154.462 habitantes, e a súa área metropolitana acadaba os 213.399 (datos de 2010), sendo a segunda área máis poboada da comunidade, tras Valladolid.
Burgenland (húngaro Várvidék, Őrvidék ou Felsőőrvidék, croata Gradišće, esloveno Gradiščansko) é o estado austríaco menos poboado (O estado posuía unha poboación de 277.569 habitantes no censo do 2001) e situado máis o leste de Austria. O estado está composto por dous ¨Statutarstadt¨ (vilas autónomas) e 7 distritos con 171 concellos. O estado ten 166 km de longo e chega ós 5 km de estreito.
Un hotel é un edificio planificado e acondicionado para albergar as persoas temporalmente, e que permite aos viaxeiros aloxarse durante os seus desprazamentos. Os hoteis tamén poden proporcionar aos hóspedes servizos adicionais como restaurante, piscina ou gardería. Algúns hoteis teñen servizos de conferencias e posibilitan organizar convencións e reunións no seu establecemento.
Montpellier (en occitano: Montpelhièr) é unha cidade francesa con máis de mil anos de historia e cunha arquitectura que mestura o antigo e o moderno. É a capital do departamento Hérault e da rexión francesa do Languedoc-Rosellón. O nome Montpellier provén de mont pelé, o monte pelado, en función da súa escasa vexetación.
As Comores, oficialmente Unión das Comores (en francés: Union des Comores; en comoriano: Udzima wa Komori; en árabe: جزر القمر, Ğuzur al-Qamar), ata 2002 República Federal Islámica das Comores (en francés: République fédérale islamique des Comores; en árabe: جمهورية القمر الإتحادية الإسلامية), é un país formado por tres illas no sueste de África, situado ao extremo norte da Canle de Mozambique no océano Índico, entre o norte de Madagascar e o norte de Mozambique. O país consta de tres illas volcánicas: Gran Comora (Ngazidja), Mohéli (Mwali) e Anjouan (Nzwani), mentres que a veciña illa de Mayotte (Maore), reclamada polas Comores, segue pertencendo a Francia como departamento de ultramar, Mayotte votou en contra da independencia de Francia en 1974. O territorio comprende ademais outras pequenas illas.
Palikir é unha cidade con preto de 4.600 habitantes, é a capital dos Estados Federados de Micronesia no océano Pacífico occidental des 1989. Forma parte do moito máis grande municipio de Sokehs, que tiña unha poboación de 7.000, habitantes no 2009 nunha nación cunha poboación total de 106.487 habitantes. Sitúase no lado do noroeste da illa de Pohnpei (poboación 33.000 habitantes), unha alta illa volcánica rodeada por un arrecife coralino.
Un wiki é unha aplicación web que permite aos internautas engadir, modificar ou borrar contido mediante software colaborativo que permite a edición colectiva dos documentos usando un sistema sinxelo sen que teña que ser revisado antes da súa publicación, toma o seu nome dunha palabra hawaiana que significa rápido. O meirande wiki do mundo é a Wikipedia, que ten o obxectivo de elaborar unha enciclopedia libre.[Cómpre referencia] O obxectivo dunha wiki é democratizar un pouco a creación e mantemento das páxinas; ou eliminar a "síndrome dun só webmaster".[Cómpre referencia] O potencial do wiki radica na non necesidade de aprender a usar complicadas etiquetas en HTML para escribir de xeito sinxelo documentos e establecer enlaces no sitio web.
O papiamento (/ˌpɑːpiəˈmɛntoʊ/) é unha lingua crioula de base portuguesa e castelá falada no Caribe Neerlandés. É a lingua máis falada nas illas caribeñas de Aruba, Curaçao e Bonaire, tendo status oficial en Aruba e Curaçao. O papiamento tamén é unha lingua recoñecida nos organismos públicos neerlandeses de Bonaire, Santo Eustaquio e Saba.
Verona é unha moi antiga cidade italiana, sita na rexión de Venecia (chaira do Po), na beiras do río Adige, e a uns 30 km do lago de Garda. Fundada no século I a.C., a histórica cidade de Verona coñeceu un período de expansión nos séculos XIII e XIV e so a República de Venecia. Conserva un gran número de notábeis monumentos da Antigüidade, da época medieval e do Renacemento.
Lenovo Group Ltd. ou Lenovo PC International, tamén acurtado como Lenovo (en chinés: 联想集团, pinyin: Liánxiǎng jítuán); anteriormente estilizado como lenovo) é unha multinacional chinesa de tecnoloxía con sedes en Beijing, e en Morrisville, Carolina do Norte. Deseña, desenvolve, manufactura e vende ordenadores persoais, tabletas, teléfonos intelixentes, estacións de traballo, servidores, dispositivos de almacenamento de datos, software IT e televisións intelixentes.
Maryland é un dos 50 estados dos Estados Unidos. Foi unha das Trece Colonias que se rebelaron contra o dominio británico na rexión. O cognome do estado é Old Line State, en homenaxe ás súas "tropas de liña" (troops of the line), que foron por varias veces eloxiadas por George Washington pola súa excelente actuación na Revolución Americana de 1776.
Roma (AFI: /ˈroma/, pronuncia ) é unha cidade de 2.856.133 habitantes (2018), capital da República italiana e da rexión do Lacio, provincia de Roma. Cunha área de 1.285 km² é o municipio máis grande de Italia e a quinta cidade máis grande de Europa despois de Moscova, Istanbul, Londres e San Petersburgo. Así mesmo é o municipio máis poboado de Italia e a cuarta cidade máis poboada da Unión Europea despois de Londres, Berlín e Madrid.
Ningxia (en chinés: 宁夏; xiao'erjing: نٍ ﺷﯿَا ﺧُﻮِ ذُﻮْ ذِ جِ ﺛُﻮْ), oficialmente Rexión Autónoma Hui de Ningxia, é unha rexión autónoma da República Popular da China que se atopa no noroeste do país. Antigamente unha provincia da China, Ningxia foi incorporada a Gansu en 1954, pero foi separada en 1958 e constituída como rexión autónoma para o pobo hui, un dos 56 grupos étnicos oficialmente recoñecidos pola China. O vinte por cento da poboación hui da China vive en Ningxia.
Liechtenstein ( [ˈlɪçtn̩ˌʃtaɪ̯n] ) (en alemán: Liechtenstein, [ˈlɪçtn̩ˌʃtaɪ̯n] (AFI), escoitar), oficialmente Pincipado de Liechtenstein ( [ˈlɪktənstaɪn] ) (en alemán: Fürstentum Liechtenstein, [ˈfʏʁstn̩tuːm ˈlɪçtn̩ʃtaɪn] (AFI)) é un minúsculo principado do centro da Europa de lingua alemá, encravado nos Alpes, entre a Austria, ao leste, e a Suíza ao oeste. Non ten saída o mar e é coñecido por ser un paraíso fiscal. Aínda que non pertence á Unión Europea, desde decembro de 2011 forma parte do espazo de libre circulación Schengen.
A Commonwealth de Massachusetts (en inglés, Commonwealth of Massachusetts) é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Localízase ao nordés do país, a uns cantos quilómetros da fronteira co Canadá. Massachusetts é o sexto menor estado dos Estados Unidos pero, a pesar do seu pequeno tamaño, é o décimo terceiro en poboación.
Un litro é unha unidade de volume equivalente a un espazo de 1 dm³ (1000 cm³). O seu símbolo é l, se ben en moitas ocasións se usa L para distinguir entre 'l' e '1' nalgunhas grafías, sendo aceptado o seu uso. Porén, a unidade de volume do Sistema Internacional de Unidades (SI) é o metro cúbico (m³), e o litro equivale a unha milésima de metro cúbico.
Wehrmacht (escoitar pronunciación) é o nome que recibiron as forzas armadas alemás, xurdidas en 1935, tras a disolución da Reichswehr, por parte do réxime Nazi. Durante a segunda guerra mundial, a Wehrmacht consistía no exército (Heer), a mariña (Kriegsmarine), a forza aérea (Luftwaffe) e a Waffen-SS, engadíndose ocasionalmente unidades da Sturmabteilung (SA).
Reims (/riːmz/, Francés: [ʁɛ̃s] ( )) é a cidade máis poboada da rexión de Gran Leste, aínda que non é capital do seu departamento, Marne. A cidade atópase 129 km (80 mi) ao nordés de París no río Vesle, un afluente do Aisne. Está situada nunha chaira na ribeira dereita do Vesla, afluente do Aisne, e sobre a canle que conduce o Aisne ao Marne.
Bangladesh ou Bangladés (en bengalí: বাংলাদেশ), formalmente República Popular de Bangladesh (en bengalí: গণপ্রজাতন্ত্রী বাংলাদেশ Gônôprôjatôntri Bangladesh) é un estado da Asia Meridional, localizado no fértil delta do Ganxes. Fai fronteira coa República da India polo norte, oeste e leste, con Myanmar polo sueste e co Golfo de Bengala polo sur. Está separado do Nepal e de Bután polo territorio indio coñecido como Corredor de Siliguri.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Perugia é unha cidade de Italia de 161.944 habitantes, capital da provincia homónima e da rexión da Umbría. Cidade de arte, Perugia é meta de numerosos turistas e é sede dunha antiga universidade fundada no 1308. O turismo e a actividade arredor da vida académica son os motores da economía local desta cidade italiana.
Orkut foi unha rede social propiedade de Google, creada o 19 de xaneiro de 2004 co obxectivo de dotar os usuarios dunha ferramenta para crear novas amizades e manter relacións sociais. O seu nome procede do xefe dos desenvolvedores do proxecto Orkut Büyükkokten, enxeñeiro turco de Google. Na súa creación pensouse no mercado norteamericano e nun principio foi unha rede fundamentalmente anglófona coa maioría dos seus membros procedentes dos Estados Unidos.
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peón é rei". A cidade é coñecida polo seu urbanismo, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible.
Laos (en laosiano: ລາວ Lāw), oficialmente República Democrática Popular Lao,(en Lao: ສາທາລະນະລັດ ປະຊາທິປະໄຕ ປະຊາຊົນລາວ, Sathalanalat Paxathipatai Paxaxon Lao) é un país sen saída ó mar do Sueste asiático. Limita ó norte con China e Myanmar, ó leste con Vietnam, ó oeste con Tailandia e ó sur con Camboxa.
Gambia, oficialmente República de Gambia é unha nación en África occidental. É o país máis pequeno de África continental atópase rodeada na súa totalidade polo Senegal, agás onde o río Gambia desemboca no océano Atlántico. Gambia está situada a ambos os dous lados do curso inferior do río Gambia, o homónimo da nación, que atravesa o centro de Gambia e desemboca no océano Atlántico, polo que a forma longa do país.
Casablanca (en amazigh: ⴰⵏⴼⴰ "Anfa" ou "Taddart Tamellalt", e en árabe: الدار البيضاء, ad-Dar al-Baïdaa, en darija: Casa, كازا) é a maior cidade de Marrocos, o seu principal porto e centro económico e comercial do país. A súa poboación segundo o censo do 2004 é de 3 111 977 de habitantes. Sitúase na beira do océano Atlántico, a 80 quilómetros ao suroeste de Rabat.
Mesopotamia (do grego antigo Μεσοποταμία; composto de μέσος, "meio", e ποταμός, "río", ou sexa "[terra] entre dous ríos") é a zona do sistema fluvial Tigris-Éufrates, que na actualidade abarca aproximadamente á maior parte dos actuais Iraq e Kuwait, así como partes orientais de Siria e rexións ao longo das fronteiras entre Turquía-Siria e entre Irán-Iraq. Considerada amplamente como un dos berces da civilización polo mundo occidental, a Mesopotâmia da Idade de Bronce abarcaba a Sumeria, alén dos imperios acadiano, o babilônico e o asírio, todos nativos ao territorio do actual Iraq. Na Idade de Ferro foi controlada polos imperios neoasirio e neobabilónico.
A Sega Dreamcast (en xaponés: ドリームキャスト) foi a última consola de videoxogos creada por Sega. Despois de que a Dreamcast fose descontinuada, Sega abandonou o negocio da venda de videoconsolas, dedicándose ao mundo das máquinas de arcade e ao desenvolvemento de software para plataformas doutras empresas.
Mozambique, oficialmente República de Mozambique (en portugués, República de Moçambique) é un país da costa oriental da África Austral. Limita ao norte con Zambia, Malawi e Tanzania, ao leste coa canle de Mozambique e co océano Índico, ao sur e oeste con Suráfrica e ao oeste con Eswatini e Zimbabwe. Máis alá do canal de Mozambique, o país ten ao leste as illas Comores, Madagascar, a posesión francesa de Mayotte e o departamento tamén francés de Reunión e as súas dependencias Juan de Novoa, Basas da Índia e Illa Europa.
O arXiv (pronunciado como a palabra inglesa "archive" /ˈɑːkaɪv/) é un repositorio de prepublicacións electrónicas, coñecidas como e-prints, de literatura científica nos campos das matemáticas, física, astronomía, ciencias da computación, bioloxía cuantitativa, estatística e finanzas, que poden ser consultadas en liña. En moitos campos das matemáticas e da física, a maioría das publicacións científicas son auto-arquivadas no repositorio de arXiv. Comezou o 14 de agosto de 1991, e arXiv.org superou o medio millón de artigos o 3 de outubro de 2008, e acadou o millón a finais de 2014.
Manchester é unha cidade do Reino Unido situada na rexión do Noroeste de Inglaterra, nunha chaira aos pés da ladeira occidental dos Peninos. Segundo estimacións feitas no 2011 ten 498.800 habitantes, mentres que a área metropolitana, o Gran Manchester, ten 2 600 000, sendo a terceira aglomeración urbana máis grande do Reino Unido. É un importante centro artístico, financeiro, de medios de comunicación e de educación superior.
Leicester é unha cidade de Inglaterra, capital do condado de Leicestershire, e unha das cidades máis importantes da provincia das Midlands do Leste. A súa poboación é de 305.700 habitantes (441.213 no total da súa área urbana), o que significa que é a 10ª cidade máis grande do Reino Unido. Conserva salientables ruínas da época romana, cando o pobo se chamaba Ratae Corieltauvorum.
Kiribati, oficialmente a República de Kiribati (pronunciado "Kíribas", ['kiribas]) é un arquipélago situado na zona central oeste do océano Pacífico, ao nordeste de Australia. Esténdese a ambos os lados do ecuador e do meridiano 180, aínda que a Liña internacional de cambio de data rodea Kiribati e xira moito cara ao leste, chegando case ao meridiano 150° W. Isto leva as illas máis orientais de Kiribati, as Illas Line ao sur de Hawai, ao mesmo día que as Illas Gilbert e sitúaas na zona horaria máis avanzada da Terra: UTC+14. Kiribati é o único país do mundo que está situado nos catro hemisferios cardinais.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
O judo (en xaponés: 柔道) é unha arte marcial, un deporte e unha filosofía con orixe no Xapón. O judo foi creado a partir dalgunhas escolas clásicas de jujutsu por Jigoro Kano (嘉納治五郎) en 1882. O termo xaponés pode ser traducido como "Camiño da flexibilidade", influíndo no desenvolvemento físico, mental e emocional a través da práctica.
O Benelux é unha rexión de Europa occidental que compoñen Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo. O termo foi acuñado para referirmos á Unión Económica do Benelux, pero serve para designar a rexión histórica dos Países Baixos. A denominación Benelux formouse coas primeiras letras dos nomes dos países (na súa lingua orixinal) que forman a unión: BE de Bélxica, NE de Holanda (Nederland) e LUX de Luxemburgo.
Dubai (en árabe: دبيّ, transliterado Dubayy) é unha metrópole que ocupa aproximadamente o 20% do territorio do Emirato de Dubai, un dos sete que integran os Emiratos Árabes Unidos dende 1971. Está localizada ao longo da franxa costeira do emirato e é a cabeceira da área metropolitana Dubai-Sharjah-Ajman. A súa poboación en 2010 ascendía a 1.905.000 habitantes que a converten na cidade máis populosa dos Emiratos.
Lancia é un fabricante de automóbiles Italiano fundado en 1906 por Vincenzo Lancia como Lancia & C.. Converteuse en parte do Grupo Fiat en 1969; a empresa actual, Lancia Automobiles S.p.A., creouse en 2007. Desde 2021 é unha filial de Stellantis A compañía ten unha grande historia nos rallyes e caracterízase polo uso de letras do alfabeto grego nos nomes dos seus modelos.
En Vigo celébrase con nome de Reconquista de Vigo unha sublevación popular que se encadra na Guerra da Independencia española. A Reconquista é o nome co que se coñece tradicionalmente ao proceso histórico por medio do cal os reinos cristiáns do norte da Península Ibérica van conquistar progresivamente o Al-Andalus. Considérase que comeza no 722 coa resistencia das sociedades montañesas ó avance dos musulmáns coa Batalla de Covadonga e vai finalizar no 1492 coa conquista do Reino de Granada.