Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O dubstep é un xénero musical dentro da música dance e electrónica que xurdiu en South London, Inglaterra. Xurdiu a finais da década de 1990 como unha evolución doutros estilos como o 2-step garage, broken beat, drum and bass, jungle, dub e reggae. No Reino Unido, as súas orixes atópanse no crecemento do son xamaicano na escena musical a comezos de 1980.
O Senegal, oficialmente República do Senegal, é un país de África Occidental. Limita ao norte con Mauritania, ao leste con Malí, ao sur con Guinea e Guinea-Bissau, e ao oeste co océano Atlántico e Gambia. É o máis próximo veciño de Cabo Verde, arquipélago que se espalla polo Atlántico a occidente da península de Cabo Verde.
Kenya oficialmente República de Kenya, é un país da África oriental e membro fundador da Comunidade Africana Oriental (CAO). A súa capital e meirande cidade é Nairobi. O territorio de Kenya atópase no ecuador e superponse ó Rift de África Oriental cubrindo un extenso e diverso terreo que abrangue dende o lago Vitoria até o lago Turkana (antigamente chamado lago Rudolph) e cara ao sueste co océano Índico.
Nauru (/nɑːˈuːruː/ ou /ˈnaʊruː/; nauruano: Naoero), oficialmente República de Nauru (nauruano: Repubrikin Naoero) e antes coñecida como Pleasant Island, é un país insular e un microestado en Oceanía, no Pacífico Central que comprende unha soa illa xusto ao sur do ecuador. O seu veciño máis próximo é a illa Banaba en Kiribati, a 300 km (190 mi) ao leste. Atópase máis ao noroeste de Tuvalu, 1 300 km (810 mi) ao nordeste das Illas Salomón, ao leste-nordeste de Papúa-Nova Guinea, ao sueste dos Estados Federados de Micronesia e ao sur das Illas Marshall.
Malawi (oficialmente República de Malawi, en inglés: Republic of Malawi, en chewa, Dziko la Malawi) é un país situado en África Oriental, limita polo norte e polo leste con Tanzania, polo leste, sur e oeste con Mozambique e polo oeste con Zambia. Non ten costas e está separado de Tanzania e Mozambique polo lago Malawi. A capital é Lilongwe e a cidade máis poboada Blantyre.
O Skagerrak (Skagerack, Skagerak) é un estreito entre o sur da Noruega, o Bohuslän sueco e o noroeste da Xutlandia dinamarquesa. Une o Kattegat e o mar do Norte dunha banda e o mar Báltico, pasando por Öresund, da outra. Cunha superficie de aproximadamente 32 000 km², forma un rectángulo de 240 km de lonxitude por 130–145 km de largura, delimitado ao oeste pola liña Lindesnes (Noruega) — Hanstholn (Dinamarca) e ao leste pola liña Pater-Nosterskären (Suecia) — Grenen (cabo setentrional de Dinamarca).
L A T E X {\displaystyle \mathbf {L\!\!^{{}_{\scriptstyle A}}\!\!\!\!\!\;\;T\!_{\displaystyle E}\!X} } , ou LaTeX en texto plano, é un sistema de composición de textos, orientado especialmente á creación de libros, documentos científicos e técnicos que conteñan fórmulas matemáticas. LaTeX está formado por un gran conxunto de macros de TeX, escrito por Leslie Lamport en 1984, coa intención de facilitar o uso da linguaxe de composición tipográfica T E X {\displaystyle \mathbf {T\!_{\displaystyle E}\!X} } , creada por Donald Knuth. É moi utilizado para a composición de artigos académicos, teses e libros técnicos, dado que a calidade tipográfica dos documentos realizados con LaTeX é comparábel á dunha editorial científica de primeira liña.
Liechtenstein ( [ˈlɪçtn̩ˌʃtaɪ̯n] ) (en alemán: Liechtenstein, [ˈlɪçtn̩ˌʃtaɪ̯n] (AFI), escoitar), oficialmente Pincipado de Liechtenstein ( [ˈlɪktənstaɪn] ) (en alemán: Fürstentum Liechtenstein, [ˈfʏʁstn̩tuːm ˈlɪçtn̩ʃtaɪn] (AFI)) é un minúsculo principado do centro da Europa de lingua alemá, encravado nos Alpes, entre a Austria, ao leste, e a Suíza ao oeste. Non ten saída o mar e é coñecido por ser un paraíso fiscal. Aínda que non pertence á Unión Europea, desde decembro de 2011 forma parte do espazo de libre circulación Schengen.
Manchester é unha cidade do Reino Unido situada na rexión do Noroeste de Inglaterra, nunha chaira aos pés da ladeira occidental dos Peninos. Segundo estimacións feitas no 2011 ten 498.800 habitantes, mentres que a área metropolitana, o Gran Manchester, ten 2 600 000, sendo a terceira aglomeración urbana máis grande do Reino Unido. É un importante centro artístico, financeiro, de medios de comunicación e de educación superior.
Stepanakert (armenio: Ստեփանակերտ Step'anakert) ou Khankendi (azerí: Xankəndi), é unha cidade da rexión de Nagorno-Karabakh, en Azerbaidján. A cidade foi a capital da República de Artsakh até a ofensiva azerí de 2023 na rexión. A cidade atópase nun val das ladeiras orientais da cordilleira de Karabakh, na marxe esquerda do río Qarqarçay (Karkar).
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Eluveitie é unha banda suíza de celtic metal, orixinaria de Winterthur, formada en 2002 por Chrigel Glanzmann. O seu estilo caracterízase pola fusión do death metal melódico con melodías populares das nacións celtas, a presenza de instrumentos tradicionais europeos como a zanfona ou a gaita, as referencias á mitoloxía celta nas súas cancións - en particular ao pobo galo - e por ter cancións escritas na extinta lingua gala. Deu o seu salto á fama despois do lanzamento do álbum Slania, o primeiro lanzado co selo discográfico Nuclear Blast, un dos referentes do xénero, así como o primeiro que entrou nas listas de Suíza e Alemaña.
Reims (/riːmz/, Francés: [ʁɛ̃s] ( )) é a cidade máis poboada da rexión de Gran Leste, aínda que non é capital do seu departamento, Marne. A cidade atópase 129 km (80 mi) ao nordés de París no río Vesle, un afluente do Aisne. Está situada nunha chaira na ribeira dereita do Vesla, afluente do Aisne, e sobre a canle que conduce o Aisne ao Marne.
Aeroflot - Liñas Aéreas Rusas (en ruso Аэрофло́т - Росси́йские авиали́нии), ou Aeroflot (Аэрофло́т), é a liña aérea nacional de Rusia e a maior das existentes no país. No seu día foi tamén a compañía máis importante da Unión Soviética e a maior do mundo. A súa base é o Aeroporto Internacional Sheremetyevo en Moscova.
Marrakech ou Marraquex (Murakush en tamazight; مراكش , Marrākuš ou Marrākiš, en lingua árabe), é unha cidade de Marrocos coñecida co alcume da Cidade Vermella e que foi capital de diversas dinastías islámicas, o que lle valeu o recoñecemento de Cidade Imperial de Marrocos, distinción que tamén posúen Meknes, Fez e Rabat. Segundo datos do ano 2004 ten 1 070 838 habitantes distribuídos nunha área de 6'2 quilómetros cadrados. A cidade vella, coñecida como Medina de Marrakech, foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 1985.
Dacca ou Daca (bengalí: ঢাকা, transcrito Ḍhākā; pronunciado: [ɖʱaka]) é a capital e a maior cidade de Bangladesh. Tamén é a sexta cidade por número de poboación e a sétima por densidade de poboación do mundo. Dacca é unha megacidade e tiña unha poboación de 10,2 millóns de persoas en 2022, chegando a 22,4 millóns de residentes na súa área metropolitana.
Angola, oficialmente República de Angola (en portugués: República de Angola; en quicongo, kimbundu, umbundu e chócue: Repubilika ya Ngola), é un país da costa occidental de África, limitado ao norte e ao leste pola República Democrática do Congo, ao leste por Zambia, ao sur por Namibia e ao oeste polo océano Atlántico. Angola inclúe tamén o turbulento enclave de Cabinda, ao norte, que está constituído como unha das súas 18 provincias. A súa capital é Luanda.
Sevilla é unha cidade española situada ao suroeste da Península Ibérica, capital de Andalucía e da provincia homónima. Sevilla é a cuarta cidade de España e cuarta área metropolitana por número de habitantes. Ten 696.676 habitantes en 2014, 1.317.098 na área metropolitana, 1.813.908 en total na provincia (datos de 2005).
O tempo é a sucesión das cousas considerada como un continuo uniforme, que se divide para medilo en intervalos regulares naturais, como os ciclos do Sol, da Lúa, das estacións etc., ou convencionais, como as horas, minutos, segundos etc., e que, xunto co espazo, serve de medio de referencia fundamental para localizar as existencias, fenómenos ou acontecementos. Comunmente o tempo é o concepto que permite comprender a mudanza, a transformación. Nesta liña é así mesmo a base (o paso do tempo, o instante de tempo no que nos achamos) para falarmos de pasado, presente e futuro.
Uttarakhand, tamén chamado Uttaranchal, é un dos vinte e nove estados que, xunto cos sete territorios da Unión, forman a República da India. A súa capital e cidade máis poboada é Dehradun. Está situado ao norte do país, limitando ao norte coa República Popular China, ao leste con Nepal, ao sur con Uttar Pradesh, ao suroeste con Haryana e ao oeste con Himachal Pradesh.
Balaenoptera é un xénero de cetáceos misticetos da familia dos balenoptéridos, único da subfamilia dos balenopterinos (Balaenopterinae). Este xénero comprende oito especies de rorcuais, todas as da familia excepto o xibardo (Megaptera novaeangliae) que, por si só, constitúe a outra subfamilia, a dos megapterinos (Megapterinae). A especie Balaenoptera omurai foi descrita en 2003.
Apartheid é unha palabra da lingua afrikaans que significa vida separada e que foi adoptada legalmente en 1948 en Suráfrica para designar un réxime segundo o cal os brancos tiñan o poder e os pobos restantes eran obrigados a vivir separadamente, de acordo con regras que lles impedían ser verdadeiros cidadáns. A tradución máis común ao galego sería segregación racial, ou aínda política de segregación racial. A ideoloxía do apartheid tamén se aplicou en África do Suroeste, administrada por Suráfrica como mandato da Liga de Nacións (revogado en 1966 pola Resolución das Nacións Unidas 2145), e que estivo en vigor ata que logrou a súa independencia en 1990.
Tonga, nomeado oficialmente Reino de Tonga (en tongano: Puleʻanga Fakatuʻi ʻo Tonga), é unha monarquía no arquipélago polinesio, formado por 171 illas, das cales 45 están habitadas. A superficie total do arquipélago é duns 748 km², espallados por 700 000 km2 (270 000 sq mi) no sur do océano Pacífico. En 2021, segundo Johnson's Tribune, Tonga tiña unha poboación de 104.494 habitantes.
Guinea, oficialmente República de Guinea (en francés: République de Guinée), é un país da África Occidental, limitado ao norte por Guinea-Bissau e polo Senegal, ao norte e leste por Malí, ao leste pola Costa do Marfil, ao sur por Liberia e Serra Leoa e ao oeste polo océano Atlántico. A súa capital é Conakry.
Zaragoza é un concello e cidade española, capital da comunidade autónoma de Aragón, ademais da provincia de Zaragoza e da comarca homónima. Está situada a beiras dos ríos Ebro, Huerva e Gállego e da Canle Imperial de Aragón, no centro dun amplo val. A súa privilexiada situación xeográfica convértea nun importante nó loxístico e de comunicacións; atópase a uns 300 km de Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao e Tolosa.
Falun é unha cidade sueca capital do municipio de Falun e do condado de Dalarna. No ano 2017 tiña 58 340 habitantes.Falun forma, xunto con Borlänge, unha área metropolitana con preto de 100 000 habitantes. Falun foi orixinalmente famosa pola súa mina de cobre, e no presente é unha importante cidade industrial e de servizos aínda que a mina está pechada dende o ano 1992.
DeepSeek (en chinés simplificado: 深度求索; pinyin: Shēndù qiúsuǒ) é unha empresa chinesa de intelixencia artificial que desenvolve modelos de linguaxe estendido de código aberto. A empresa está financiada exclusivamente polo fondo de investimento chinés High-Flyer. Tanto DeepSeek como High-Flyer teñen a súa sede en Hangzhou.
Mozambique, oficialmente República de Mozambique (en portugués, República de Moçambique) é un país da costa oriental da África Austral. Limita ao norte con Zambia, Malawi e Tanzania, ao leste coa canle de Mozambique e co océano Índico, ao sur e oeste con Suráfrica e ao oeste con Eswatini e Zimbabwe. Máis alá do canal de Mozambique, o país ten ao leste as illas Comores, Madagascar, a posesión francesa de Mayotte e o departamento tamén francés de Reunión e as súas dependencias Juan de Novoa, Basas da Índia e Illa Europa.
Unha casa (do latín casa) é unha construción destinada a vivenda, construída a fin de ser habitada polos seres humanos, polo xeral por unha unidade familiar e/ou por un grupo de persoas vencelladas por vínculos de convivencia. A casa, formada polo teito e as paredes que pechan un recinto, serve para refuxiarse da choiva, o vento, o frío e a calor ou outras inclemencias meteorolóxicas así como de posibles intrusos humanos ou animais. Unha vivenda unifamiliar, que pode ser illada ou apegada a outras casas similares compartindo as paredes medianeiras ou formando fileiras máis ou menos longas nas rúas da maior parte das cidades e pobos.
Korn (estilizado como KoЯn) é unha banda de nu metal de Bakersfield (California), Estados Unidos. Xunto con outros grupos da época, inspiraron a moitos dos grupos de nu metal e metal alternativo dos 90 e os comezos do 2000. O grupo conseguiu debutar nove veces consecutivas entre os dez primeiros da lista de éxitos Billboard.
Jeffrey Edward Epstein, nado en Brooklyn o 20 de xaneiro de 1953 e finado o 10 de agosto de 2019, foi un financeiro estadounidense e pedófilo convicto por delitos sexuais. Epstein comezou a súa vida profesional dando clases na Dalton School malia non ter o título universitario necesario. Despois do seu despedimento da escola en 1976, entrou no sector bancario e financeiro, traballando en Bear Stearns en varios roles antes de iniciar a súa propia empresa.
Vientiane (/viˌɛntiˈɑːn/, Francés: [vjɛ̃tjan]; laosiano: ວຽງຈັນ, laosiano: Viangchan, tailandés: เวียงจันทน์) é a capital e a cidade máis grande de República Popular Democrática Laos. Aséntase na marxe esquerda do río Mekong, que serve de fronteira fluvial con Tailandia. As súas coordenadas son 17°58' de latitude norte, 102°36' de lonxitude leste.
Burgos é unha cidade española de Castela e León, capital da provincia de Burgos. Conta cunha poboación de 179.097 habitantes, segundo os datos demográficos de 2013, repartidos nunha superficie de 107,08 km², converténdose na 37ª cidade máis poboada de España, e a segunda da comunidade. Aínda que hai probas de asentamentos neolíticos e da Idade de Ferro, a cidade como tal fundouna o conde castelán Diego Porcelos no ano 884 para frear o avance musulmán.
Ancona é un concello italiano da provincia homónima, na rexión das Marcas. Ten 101.210 habitantes (en 2007) e esténdese por unha área de 123 km², cunha densidade de poboación de 818 hab/km². Fai fronteira cos concellos de: Agugliano, Camerano, Camerata Picena, Falconara Marittima, Offagna, Osimo, Polverigi e Sirolo.
Finlandia ( pronunciación ) (en finés: Suomi, en sueco: Finland ( pronunciación )), oficialmente República de Finlandia ( pronunciación ) (en finés: Suomen tasavalta, en sueco: Republiken Finland) é un país nórdico situado no norte de Europa. O país fai fronteira polo oeste con Suecia, polo leste con Rusia e polo norte con Noruega. Polo oeste e polo sur está rodeada polo mar Báltico, que separa de Suecia e Estonia, atravesando o golfo de Finlandia.
Malta ( pronunciación ) (en maltés: Malta, [ˈmɐl.tɐ] (AFI); en inglés: Malta, [ˈmɔːl.tə] (AFI), escoitar), oficialmente República de Malta ( pronunciación ) (en maltés: Repubblika ta' Malta, [rɛˈpʊbb.lɪ.kɐ ˈtɐ ˈmɐl.tɐ] (AFI); en inglés: Republic of Malta) é un pequeno país europeo, que consta dun arquipélago de tres illas moi próximas unhas das outras. Atópase 80 km ao sur de Sicilia (Italia), 284 km ao leste de Tunisia, e 333 km ao norte de Libia. As linguas oficiais son o maltés e inglés, e o 66% da poboación actual de Malta polo menos conversa en lingua italiana.
Daegu (en coreano: 대구; 大邱) ou Taegu é unha cidade de Corea do Sur situada no sueste do país. Constitúe unha cidade metropolitana, polo que o seu nome completo é Cidade Metropolitana de Daegu (대구광역시; 大邱廣域市; Daegu Gwangyeoksi). O nome de Taegu vén da anterior forma de transliteración (sistema de McCune-Reischauer): Taegu Kwangyŏksi.
O pinyin (en chinés simplificado: 拼音; en pinyin: pīnyīn) ou hanyu pinyin (en chinés simplificado: 汉语拼音; en pinyin: hànyǔ pīnyīn) significa literalmente notación fonética da lingua chinesa é un sistema de transcrición mediante o alfabeto latino (romanización) dos caracteres chineses segundo a pronuncia estándar do putonghua ou chinés unificado estándar, oficial na República Popular Chinesa. Posiblemente resulte máis difícil para os occidentais que a máis común Wade-Giles, pero dada a súa oficialidade na China, é cada vez máis utilizada. O Hanyu Pinyin aprobouse en 1958 e adoptouse en 1979 polo goberno da República Popular da China.
As Bahamas (/bəˈhɑːməz/), oficialmente a Commonwealth das Bahamas (Mancomunidade das Bahamas), é un país independente dentro do Arquipélago das Lucaias das Indias Occidentais no Atlántico. Ocupa o 97% da superficie terrestre do arquipélago Lucayan e alberga o 88% da poboación do arquipélago. O estado arquipeláxico está formado por máis de 3.000 illas, caios e illotes (24 illas habitadas, 600 deshabitadas e máis de 2.000 penedas e escollos) no océano Atlántico, está situado ao norte de Cuba e ao noroeste da illa de Hispaniola (dividida entre Haití e a República Dominicana) e as Illas Turcas e Caicos, ao sueste do Estado norteamericano de Florida, e ao leste dos Caios de Florida.
A República de Ruanda, ou simplemente Ruanda, é un país de África Central. Limita con Uganda, Burundi, a República Democrática do Congo e Tanzania. É un pequeno país situado na rexión dos Grandes Lagos de África; coñecido como as "néboas de África", tamén pola súa fauna salvaxe, principalmente polos seus gorilas de montañas, polas súas cidades típicas e polos parques nacionais e paraxes naturais que ofrece a súa paisaxe montañosa.
A fauna é o conxunto de especies animais que habitan nunha rexión xeográfica, que son propias dun período xeolóxico ou que se poden atopar nun ecosistema determinado. A Zooxeografía ocúpase da distribución espacial dos animais. Esta depende tanto de factores abióticos (temperatura, dispoñibilidade de auga) como de factores bióticos.
Mallorca (do latín medieval Maiorica, 'a maior'; en latín clásico insula maior, 'illa maior') é unha illa española, a maior das Illas Baleares, situada no mar Mediterráneo. Do mesmo xeito que Menorca e Eivissa, Mallorca é un destino turístico importante. Ten 3.625'75 km² e 790.763 habitantes (2006) (densidade: 218,09 hab./km²).
A dos Anseriformes é unha orde de aves acuáticas que comprende unhas 180 especies vivas repartidas en tres familias: anímidos (tres especies) anseranátidos (unha especie) e anátidos, a familia máis numerosa, que inclúe máis de 170 especies, entre elas os patos, os gansos e os cisnes. A maioría das especies modernas da orde están moi ben adaptadas para unha existencia acuática na superficie da auga. Coa excepción dos anímidos, os machos teñen pene, unha característica que se perdeu nas neoaves.
Sark (francés: Sercq; Sercquiais: Sèr ou Cerq), é unha pequena illa das Illas da Canle no suroeste do Canle da Manga, na costa de Normandía, Francia. É un feudo real, que forma parte da Bailía de Guernsey, co seu propio conxunto de leis baseadas na lei normanda e o seu propio parlamento. Ten unha poboación de preto de 600 habitantes.
Kiribati, oficialmente a República de Kiribati (pronunciado "Kíribas", ['kiribas]) é un arquipélago situado na zona central oeste do océano Pacífico, ao nordeste de Australia. Esténdese a ambos os lados do ecuador e do meridiano 180, aínda que a Liña internacional de cambio de data rodea Kiribati e xira moito cara ao leste, chegando case ao meridiano 150° W. Isto leva as illas máis orientais de Kiribati, as Illas Line ao sur de Hawai, ao mesmo día que as Illas Gilbert e sitúaas na zona horaria máis avanzada da Terra: UTC+14. Kiribati é o único país do mundo que está situado nos catro hemisferios cardinais.
Magma é un volume de rocha fundida, localizado normalmente dentro dunha cámara de magma, debaixo da superficie da Terra. Esa complexa solución de silicatos a alta temperatura, entre 650 e 1200 graos Celsius, é orixe de todas as rochas ígneas, tanto das intrusivas como das extrusivas. O magma permanece baixo alta presión e, algunhas veces, emerxe a través das fendas volcánicas, na forma de lava fluente e fluxos piroclásticos.
Dubai (en árabe: دبيّ, transliterado Dubayy) é unha metrópole que ocupa aproximadamente o 20% do territorio do Emirato de Dubai, un dos sete que integran os Emiratos Árabes Unidos dende 1971. Está localizada ao longo da franxa costeira do emirato e é a cabeceira da área metropolitana Dubai-Sharjah-Ajman. A súa poboación en 2010 ascendía a 1.905.000 habitantes que a converten na cidade máis populosa dos Emiratos.
Brighton é unha localidade costeira que xunto con Hove constitúe unha das cidades costeiras máis grandes do Reino Unido. Brighton é un sitio moi visitado, recibe 8 millóns de turistas cada ano. Ten multitude de hoteis, restaurantes, comercios e lugares de lecer ademais dun amplo sector turístico de congresos.
O arXiv (pronunciado como a palabra inglesa "archive" /ˈɑːkaɪv/) é un repositorio de prepublicacións electrónicas, coñecidas como e-prints, de literatura científica nos campos das matemáticas, física, astronomía, ciencias da computación, bioloxía cuantitativa, estatística e finanzas, que poden ser consultadas en liña. En moitos campos das matemáticas e da física, a maioría das publicacións científicas son auto-arquivadas no repositorio de arXiv. Comezou o 14 de agosto de 1991, e arXiv.org superou o medio millón de artigos o 3 de outubro de 2008, e acadou o millón a finais de 2014.
Nvidia Corporation é unha empresa tecnolóxica multinacional estadounidense constituída en Delaware e con sede en Santa Clara, California. É unha empresa de software e fabless que deseña unidades de procesamento de gráficos (GPU), interfaces de programación de aplicacións (API) para a ciencia de datos e computación de alto rendemento, así como unidades de sistema nun chip (SoC) para a computación móbil e o mercado da automoción. Nvidia é un provedor dominante de hardware e software de intelixencia artificial.
McLaren Racing Limited (/məˈklærən/) é un equipo británico de carreiras de motor con sede no McLaren Technology Centre en Woking, Surrey, Inglaterra. McLaren é máis coñecido como construtor de Fórmula Un, e o segundo equipo máis antigo en activo e o segundo equipo de Fórmula Un máis exitoso despois da Ferrari, gañou 188 carreiras, 12 Campionatos de Pilotos e 8 Campionatos de Construtores. McLaren tamén competiu nas 500 millas de Indianápolis, e as 24 Horas de Le Mans, tanto como participante como como construtor de chasis, e gañou a Canadian-American Challenge Cup (Can-Am) campionato de carreiras de coches deportivos.
Airbus SE, máis coñecida como Airbus, é unha grande empresa paneuropea aeronáutica e aeroespacial. Airbus SE é un holding matriz sen actividade de produción. A actividade industrial lévase a cabo a través de filiais como Airbus SAS e Airbus Canada, que deseñan, fabrican e venden avións comerciais e ten divisións separadas de defensa e espazo e helicópteros.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes. Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade).