Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O dubstep é un xénero musical dentro da música dance e electrónica que xurdiu en South London, Inglaterra. Xurdiu a finais da década de 1990 como unha evolución doutros estilos como o 2-step garage, broken beat, drum and bass, jungle, dub e reggae. No Reino Unido, as súas orixes atópanse no crecemento do son xamaicano na escena musical a comezos de 1980.
Dacca ou Daca (bengalí: ঢাকা, transcrito Ḍhākā; pronunciado: [ɖʱaka]) é a capital e a maior cidade de Bangladesh. Tamén é a sexta cidade por número de poboación e a sétima por densidade de poboación do mundo. Dacca é unha megacidade e tiña unha poboación de 10,2 millóns de persoas en 2022, chegando a 22,4 millóns de residentes na súa área metropolitana.
Unha enciclopedia é unha obra de referencia que é compendio de información que abrangue tódalas pólas do coñecemento humano. As enciclopedias están divididas en artigos ou entradas, que están ordenados por orde alfabética segundo o nome do artigo. As entradas de enciclopedia son máis longas e achegan información máis polo miúdo que os dicionarios.
Valladolid é unha cidade española situada no cuadrante noroeste da Península Ibérica, no centro de Castela e León, na confluencia dos ríos Pisuerga e Esgueva. É a capital da provincia de Valladolid e sede das Cortes e da Xunta de Castela e León. Así mesmo foi sede da corte castelá e posteriormente, entre 1601 e 1606, capital do Imperio Español.
Unha bicicleta ( pronunciación ) (do francés bicyclette, e este do latín bis, "dúas veces", e do grego κύκλος, kúklos, "círculo") é un vehículo sen motor de dúas rodas dispostas en liña e fixadas a un cadro. Serve para o transporte de persoas e mercancías. Móvese grazas á forza que o ciclista exerce sobre os pedais, que é transmitida ás rodas.
O Senegal, oficialmente República do Senegal, é un país de África Occidental. Limita ao norte con Mauritania, ao leste con Malí, ao sur con Guinea e Guinea-Bissau, e ao oeste co océano Atlántico e Gambia. É o máis próximo veciño de Cabo Verde, arquipélago que se espalla polo Atlántico a occidente da península de Cabo Verde.
Brunei (en malaio: Negara Brunei Darussalam, que significa literalmente "Nación de Brunei, a morada da paz", en jawi: نڬارا بروني دارالسلام) é un país ó noroeste da illa de Borneo no sueste de Asia. Comprende dous territorios, separados en gran parte pola cunca do río Limbang e arrodeados polo territorio de Sarawak. Á parte da súa costa no mar da China Meridional, está completamente arrodeado por Malaisia.
Atlanta é a capital e cidade máis extensa e poboada do estado de Xeorxia e a trixésimo terceira nos Estados Unidos en cantidade de habitantes en 2008. Ten unha poboación estimada de 537.958 habitantes. A súa área metropolitana, cuxo nome oficial é Atlanta-Sandy Springs-Marietta, GA MSA (coñecida comunmente como Atlanta Metropolitana), é a novena área metropolitana con maior poboación do país, con aproximadamente 5,5 millóns de habitantes.
Greifswald, oficialmente denominada Universitäts- und Hansestadt Greifswald (Universidade e hanseática Greifswald), é unha cidade de alemá situada na rexión de Pomerania Occidental, administrativamente no Land de Mecklemburgo-Antepomerania, e distrito (Landkreis) de Pomerania Occidental-Greifswald, ás beiras da baía de Greifswald (Greifswalder Bodden), no mar Báltico, baía pechada polas maiores illas alemás, a Rügen e Usedom.
A República de Madagascar, ou Madagascar, é unha illa e nación no océano Índico, afastada da costa sueste da África, separada pola canle de Mozambique. A illa principal, tamén chamada Madagascar, é a cuarta maior illa do mundo, e a maior de África. No pasado, a illa estaba unida ao continente africano, do cal se separou, por iso é lar do 5 % das plantas e animais do mundo, 80 % deles endémicos.
Turku (en finés [ˈturku] (AFI), escoitar) ou Åbo (en sueco [ˈoːbu] (AFI), escoitar), fundada no século XIII, é a cidade máis antiga de Finlandia e a quinta en poboación, con 174.868 habitantes (no ano 2005). A cidade de Turku atópase na boca do río Aurajoki no suroeste do país, é a capital da rexión da Finlandia Propia e constitúe a terceira área urbana do país cunha área metropolitana de 270.000 habitantes. A cidade posúe unha das maiores poboacións suecofalantes do país.
Biafra foi o nome que tomou a rexión sueste da Nixeria ao proclamar a súa independencia o 30 de maio de 1967. A rexión foi novamente incorporada a Nixeria o 15 de xaneiro de 1970. No intre da súa constitución, o estado biafreño ocupaba uns 76.400 km² e estaba habitado por uns 13 millóns de persoas, a metade deles pertencentes á etnia ibo (tamén coñecidos como igbos e iboleses).
O esperanto é unha lingua auxiliar artificial elaborada para servir como lingua internacional para toda a poboación mundial sen substituír as linguas naturais. O esperanto é, actualmente, a lingua artificial máis falada. O esperanto é un idioma auxiliar internacional, concibido como segunda lingua de comunicación (despois da lingua nai).
Grecia ( pronunciación ) (en grego: Ελλάδα/Elláda, [eˈlaða] (AFI), escoitar ou Ελλάς/Ellás), oficialmente República Helénica ( pronunciación ) (en grego: Ελληνική Δημοκρατία/Elinikí Dimokratía, [eliniˈci ðimokraˈti.a] (AFI)) é un país do sueste meridional europeo, situado ao sur da Península Balcánica. Fai fronteira con Albania, Macedonia do Norte e Bulgaria polo norte e con Turquía polo leste. O mar Exeo atópase no leste e sur da Grecia continental, mentres o mar Xónico se atopa no leste, a través do cal ten ligazóns con Italia, e con Albania.
Alberobello ( literalmente "árbore fermosa"; Barese: Ajarubbédde) é unha pequena cidade e comuna da cidade metropolitana de Bari, Puglia, sur de Italia. Ten 10.735 habitantes e é famosa polos seus edificios únicos, os trulli. Os trulli de Alberobello están designados como UNESCO Patrimonio da Humanidade dende 1996.
O Parque Nacional Uluṟu-Kata Tjuṯa é unha área protexida no Territorio do Norte de Australia. O parque é a localización tanto de Uluru (en pitjantjatjara: Uluṟu) tamén coñecido como Ayers Rock, como de Kata Tjuta. Uluru é unha gran formación rochosa de arenito na parte sur do Territorio do Norte, no centro de Australia.
Imbolc é unha das catro principais festas do calendario celta, asociado co ritual da fertilidade, que foi modificado, ocupado e convertido[Cómpre referencia] polo cristianismo no día de Santa Bríxida de Irlanda. Historicamente a festa é tamén se coñecida en Escocia coma Latha Fhèill Brìghde, en Irlanda coma Lá Fhéile Bríde e en Gales coma Gwyl Ffraed. O Imbolc asóciase co 1 de febreiro aínda que o festival celta comeza o 31 de xaneiro.
Pantelleria (siciliano: Pantiddirìa), a antiga Cossyra (árabe:قوصرة Qawṣra, Maltés: Qawsra, agora Pantellerija, grego antigo Cossyra, Κοσσύρα, como era coñecida no período romano), é unha illa italiana no estreito de Sicilia no mar Mediterráneo, situada a 110 km ao suroeste de Sicilia e a a 70 km ao leste da costa tunisiana. Tunisia é visible en días despexados. Administrativamente, a illa pertence á provincia de Trapani e ten só un municipio, que leva o mesmo nome da illa (comune di Pantelleria) e cuxa poboación en 2015 era de 7715 habitantes.
Indonesia, oficialmente República de Indonesia (en indonesio: Republik Indonesia), é un extenso país insular localizado entre o sueste asiático e Oceanía e entre os océanos Índico e Pacífico, ocupando boa parte do territorio do maior arquipélago do mundo, de 17.508 illas, as illas da Sonda, e máis a metade occidental da illa de Nova Guinea, posuíndo un total dun 267 millóns de habitantes, convertendo a Indonesia no cuarto país máis poboado do mundo. Con 1 905 569 km², Indonesia é o décimo sexto país do mundo por superficie e a súa densidade de poboación de 134 hab/km² sitúao no 88 no mundo. Indonesia é unha república, cun poder lexislativo e un presidente escolleitos por sufraxio e o goberno ten a súa sede central na cidade de Iacarta, a capital.
Bangladesh ou Bangladés (en bengalí: বাংলাদেশ), formalmente República Popular de Bangladesh (en bengalí: গণপ্রজাতন্ত্রী বাংলাদেশ Gônôprôjatôntri Bangladesh) é un estado da Asia Meridional, localizado no fértil delta do Ganxes. Fai fronteira coa República da India polo norte, oeste e leste, con Myanmar polo sueste e co Golfo de Bengala polo sur. Está separado do Nepal e de Bután polo territorio indio coñecido como Corredor de Siliguri.
Eluveitie é unha banda suíza de celtic metal, orixinaria de Winterthur, formada en 2002 por Chrigel Glanzmann. O seu estilo caracterízase pola fusión do death metal melódico con melodías populares das nacións celtas, a presenza de instrumentos tradicionais europeos como a zanfona ou a gaita, as referencias á mitoloxía celta nas súas cancións - en particular ao pobo galo - e por ter cancións escritas na extinta lingua gala. Deu o seu salto á fama despois do lanzamento do álbum Slania, o primeiro lanzado co selo discográfico Nuclear Blast, un dos referentes do xénero, así como o primeiro que entrou nas listas de Suíza e Alemaña.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio. Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico.
Mayotte é unha posesión de Francia entre o océano Índico e a canle de Mozambique no arquipélago das Comores, do cal é a illa máis oriental. Está formado pola illa Mayotte, tamén coñecida como Grand Terre e dúas illas máis pequenas: a illa de Pamanzi, o Petit Terre e a illa Chisimoi M'Zamboro. Os países veciños máis próximos son as Comores ao noroeste, Madagascar ao sueste, as illas Seychelles e as Illas Gloriosas (dependentes de Reunión) ao nordeste, e Mozambique ao oeste.
En informática, a palabra inglesa software (a forma recomendada en galego é soporte lóxico) utilízase para describir a parte non física ("lóxica") do ordenador, tamén chamada programa ou aplicación informática. Chámase así en contrapartida á parte física da computadora, o hardware (monitor, teclado, rato, escáner...etc), que é o que fai que os programas se poidan executar e o usuario poida interaccionar co ordenador. O software é o código compilado que se transforma en aplicacións utilizables, que poden ser ofimáticas, de deseño, multimedia etc.
A arte (do latín ars, artis, a través do seu acusativo singular artem) é entendida xeralmente como calquera actividade ou produto realizado polo ser humano cunha finalidade estética ou comunicativa, a través do que se expresan ideas, emocións ou, en xeral, unha visión do mundo, mediante diversos recursos, como os plásticos, lingüísticos, sonoros ou mixtos. A arte é un compoñente da cultura, reflectindo na súa concepción os substratos económicos e sociais, e a transmisión de ideas e valores, inherentes a calquera cultura humana ó longo do espazo e do tempo. Adoita considerarse que coa aparición do Homo sapiens a arte tivo en principio unha función ritual, máxica ou relixiosa, pero esa función cambiou coa evolución do ser humano, adquirindo un compoñente estético e unha función social, pedagóxica, mercantil ou simplemente ornamental.
Vladimir Ilich Lenin (en ruso: Владимир Ильич Ленин; ( [vlɐˈdʲimʲɪr ɪlʲˈjitɕ ˈlʲenʲɪn] ) nado Vladimir Ilich Ulianov, en ruso: Владимир Ильич Ульянов), nado o 22 de abril (xul. 10 de abril) de 1870 en Simbirsk e finado o 21 de xaneiro de 1924 en Moscova, foi un revolucionario comunista, político e teórico político ruso que serviu como líder da RSSF de Rusia dende 1917 e de presidente do Consello de Ministros da Unión Soviética dende 1922 até 1924. Nado no seo dunha adiñeirada familia de clase media en Simbirsk, Lenin adquiriu interese pola política revolucionaria de esquerda logo da execución do seu irmán en 1887.
Hermes é o deus mensaxeiro, o que anuncia as noticias, o protector dos camiños e guía do viaxeiro. Fillo de Zeus e de Maia, sendo aínda moi neno xa deixou sentir o espírito inquedo e aventureiro: coa coiraza dunha tartaruga inventou a lira e cambioulla ao seu irmán Apolo (a quen astutamente lle roubara o seu gando) polo caduceo ou bastón da concordia. Protector do comercio e do que pacta en tratos, pasa por ser o inventor dos pesos e medidas nas transaccións comerciais.
Smolensk (transliterado do ruso: Смоленск, [smɐˈlʲensk] (AFI), escoitar) é unha cidade de Rusia occidental, localizada xunto ao Río Dniéper, e é a capital administrativa do óblast de Smolensk. A súa poboación en 2003 era de 351.100 habitantes. Situada a 360 quilómetros ao suroeste de Moscova, esta cidade amurallada foi destruída varias veces ao longo da historia.
Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.266.126 habitantes (Padrón Municipal, 2019) é a cidade máis grande e poboada do estado e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea.
Niue (/ˈnjuːeɪ/, /niːˈjuːeɪ/) é un país insular no océano Pacífico Sur, 2400 km ao nordés de Nova Zelandia. A superficie terrestre de Niue é duns 261 km² e a súa poboación, predominantemente polinesios, era duns 1.600 habitantes en 2016 (1.937, poboación estimada en 2021). Niue está situada nun triángulo entre Tonga, Samoa e as Illas Cook e está composto pola illa homónima e polo Arrecife Antiope.
O bikini (do inglés "bikini") é unha peza feminina de baño composta de dous triángulos de tea na parte superior similar a un apertador que cobre os seos e dous triángulos de tea na parte inferior, a frontal que cobre a pelve, pero que expón o embigo, e a parte de atrás que cobre as nádegas. O tamaño da parte superior e inferior pode variar desde a cobertura completa dos seos, pelve, e nádegas, ata os deseños máis atrevidos como o tanga que cobren só a aréola e o monte de Venus, pero expoñen as nádegas. O deseñador de moda Jacques Heim presentou en París un deseño de traxe de baño de dúas pezas en 1946 ao que chamou Atome.
Busan (/buˈsan/; en coreano: 부산 [pusʰa̠n]), oficialmente Cidade Metropolitana de Busan, é, despois de Seúl, a segunda cidade máis poboada de Corea do Sur, cunha poboación de máis de 3,3 millóns de habitantes segundo datos de 2024. Antigamente romanizada coma Pusan, é o centro económico, cultural e educativo do sueste do país, sendo o seu porto o máis activo de Corea do Sur, así coma o sexto máis activo do mundo. Sitúase no extremo sueste da península coreana a beira do Mar do Xapón na entrada norte do Estreito de Corea.
Austria ( pronunciación ) (en alemán: Österreich, [ˈøːstɐˌʁaɪç] ), oficialmente República de Austria ( pronunciación ) (en alemán: Republik Österreich, [Republik Österreich] )), é un estado da Europa central sen saída cara ao mar, con máis de 9,0 millóns de habitantes. Fai fronteira con Alemaña e a República Checa ao norte, Eslovaquia e Hungría ao leste, Eslovenia e Italia ao sur, e Suíza e Liechtenstein ao oeste. O territorio de Austria abrangue 83.872 quilómetros cadrados e posúe un clima temperado e alpino.
Nuuk (do groenlandés: O cabo, tamén Nûk), coñecida até 1979 como Godthåb (do dinamarqués: Boa Esperanza) é a capital e principal cidade do territorio autónomo danés de Groenlandia. Áchase a 240 km ao sur do Círculo Polar Ártico, e a 485 km ao noroeste de Qaqortoq. Sitúase na boca sur dun grupo de fiordes chamados Godthåbsfjorden, cunha poboación de 16.992 habitantes (2015), unha cuarta parte da poboación de Groenlandia.
Xfce (pronunciado como letras individuais) é un contorno de escritorio para Unix e outros sistemas operativos baseadas nela como Linux, Solaris ou BSD. Está configurado para utilizarse co rato e os ficheiros de configuración normalmente están ocultos para o usuario normal. Xfce pretende ser rápido e lixeiro, atractivo desde o punto de vista visual e fácil de usar. Xfce encarna a filosofía tradicional de Unix de modularidade e reutilización.
Mississippi é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na rexión Sur do país. Mississippi foi historicamente un estado dominado por granxas e pequenas cidades, dependente da agricultura e da gandaría. Actualmente, con todo, este estado posúe unha economía relativamente diversificada, cunha industria de manufactura e cun turismo en crecemento.
Apolo (en grego antigo: Ἀπόλλωνος; Apóllōnos) é un dos deuses olímpicos na relixión grega clásica e na Roma antiga, presente nas mitoloxías grega e romana. Apolo é a divindade nacional dos gregos, e foi recoñecido como o deus do tiro con arco, a música e a danza, a verdade e a profecía, a curación e as enfermidades, o Sol e a luz, a poesía e moito atributos máis. Un dos deuses gregos máis importantes e complexos, era fillo de Zeus e de Leto, e irmán xemelgo de Artemisa, deusa da caza.
Arizona (/aɾiˈθona/; en lingua inglesa: Arizona [ˌærɪˈzoʊnə]; en lingua navagho: Hoozdo Hahoodzo [hoː˥z̥to˩ ha˩hoː˩tso˩]; en lingua o'odham: Alĭ ṣonak [ˈaɭi̥ ˈʂɔnak]) é un estado situado ao suroeste dos Estados Unidos de América. Linda co estado de Utah ao norte, co de Colorado ao nordés, co de Novo México ao leste, co de California ao oeste, e co de Nevada ao noroeste, amais de lindar ao sur cos estados mexicanos de Sonora e de Baixa California. É o 6o estado máis grande por área, así como o 14o máis poboado do país, cunha poboación de máis de 7 millóns de habitantes segundo datos de 2020.
Seattle ( [siˈætəɫ] ) é a cidade máis grande do noroeste dos Estados Unidos. Fundada en 1853, a cidade está localizada no estado de Washington, na rexión de Puget Sound, a 182 quilómetros da fronteira con Canadá. En 2007 tiña unha poboación de 594 210 habitantes e na súa area metropolitana vivían 3 263 497 persoas.
Un dolmen, pala ou anta é un monumento megalítico tumulario colectivo, datado desde o fin do V milenio a.C. ata o fin do III milenio a.C. en Europa, e ata o I milenio no Extremo Oriente. Está constituído por unha cámara formada por unha gran laxe pousada horizontalmente sobre pedras verticais que a sustentan (ortóstatos).
DeepSeek (en chinés simplificado: 深度求索; pinyin: Shēndù qiúsuǒ) é unha empresa chinesa de intelixencia artificial que desenvolve modelos de linguaxe estendido de código aberto. A empresa está financiada exclusivamente polo fondo de investimento chinés High-Flyer. Tanto DeepSeek como High-Flyer teñen a súa sede en Hangzhou.
O Gulag ou GULAG (en ruso Главное управление исправительно-трудовых лагерей и колоний, ГУЛАГ; Glávnoie upravlenie ispravítelno-trudovyj lageréi i koloniy), escoitar , Dirección Xeral de Campos de Traballo) era a rama do NKVD que dirixía o sistema penal de campos de traballos forzados e moitas outras funcións de policía na Unión Soviética. A pesar de que este sistema albergaba tamén criminais de todo tipo, o GULAG é coñecido principalmente tamén por acoller prisioneiros que poderían selo por cuestións políticas (antigos ministros, sacerdotes, cidadáns deportados...) e como un mecanismo de represión á suposta oposición ao Estado Comunista. Non obstante, ao non existir unha categoría específica de presos "políticos", estes tiñan que soportar unha dobre presión tanto por parte dos carceleiros coma dos delincuentes comúns.
O Brasil, oficialmente República Federativa do Brasil, é unha república federal formada pola unión de vinte seis estados federados e un Distrito Federal, situada en América do Sur. O país conta con 5.570 municipios e unha superficie de 8 515 767 km², o que o converte no país máis grande do territorio suramericano, ocupando a súa superficie a metade do mesmo. En comparación co resto de Estados do planeta, ocupa o quinto lugar en número de habitantes, con 213 317 639 (2021), así como en territorio.
Chennai (en támil: சென்னை), coñecida oficialmente como Madrás (en támil: மெட்ராஸ்) até 1996, é a capital e maior cidade de Tamil Nadu, o estado máis meridional da India. Sitúase na costa de Coromandel, no golfo de Bengala. Segundo o censo do 2011, Chennai é a sexta cidade con máis habitantes da India e conforma a cuarta conurbación máis poboada do país.
Para o sistema operativo libre composto principalmente polo kernel Linux e GNU, véxase GNU/Linux. Linux é un kernel, ou núcleo, monolítico libre, inspirado en Unix, e que empregan os sistemas operativos GNU/Linux. Linux é un exemplo paradigmático de software libre no que contribúen centos de desenvolvedores e que ten soporte a longo prazo, de ata seis anos.
Verona é unha moi antiga cidade italiana, sita na rexión de Venecia (chaira do Po), na beiras do río Adige, e a uns 30 km do lago de Garda. Fundada no século I a.C., a histórica cidade de Verona coñeceu un período de expansión nos séculos XIII e XIV e so a República de Venecia. Conserva un gran número de notábeis monumentos da Antigüidade, da época medieval e do Renacemento.
O dodo, Raphus cucullatus, era unha ave non voadora extinta e endémica da illa de Mauricio, ó leste de Madagascar no océano Índico. O seu familiar xenético máis próximo era o tamén extinto Pezophaps solitaria, formando ámbalas dúas especies a subfamilia dos rafinos da familia dos colúmbidos (pombas). O seu familiar existente máis próximo é o Caloenas nicobarica.
Esta páxina trata sobre a serie, para o artigo sobre o protagonista véxase Naruto Uzumaki. Naruto (ナルト) é unha serie manga creada por Masashi Kishimoto, máis tarde levada ao anime, sobre un ninja adolescente chamado Naruto. O manga apareceu publicado por vez primeira por Shūeisha en 1999 no número 43 da revista Shōnen Jump no Xapón.
Quito, oficialmente San Francisco de Quito, é a capital e a segunda cidade máis grande da República de Ecuador e da provincia ecuatoriana de Pichincha, e a cabeceira do cantón homónimo, cunha poboación de 1,763,275 e 2,889,703 na súa área metropolitana (datos do 2022), Quito é a segunda cidade máis poboada do país, despois de Guayaquil. A alta taxa de inmigración rural aumentou notabelmente a súa poboación nos últimos anos. Quito está nun val nas ladeiras orientais do Pichincha, un estratovolcán nos Andes.
Twitch é un servizo de streaming estadounidense que permite realizar retransmisións en directo, especialmente de videoxogos, incluíndo os directos dos deportes electrónicos, ademais de música, contido creativo, debates e directos da vida dos influencers. Twitch é operado por Twith Interactive propiedade de Amazon sendo rival directo de YouTube. A súa orixe vén do ano 2007 cando Justin Kan e Emmet Shear fundaron Justin.tv.
Recklinghausen é unha cidade da Rexión do Ruhr, en Renania do Norte-Westfalia, na Alemaña. Recklinghusen é a cidade que se atopa máis ao norte da rexión do Ruhr e linda coa zona rural de Münserland. Mentres que a paisaxe ao norte de Recklinghausen se caracteriza por grandes extensións e campos adicados á agricultura, as zonas ao sur da cidade están dominadas pola industria.
Uxmal era unha antiga cidade maia localizada a 78 Km ao sur de Mérida, capital do estado do Iucatán en México. Sobresae pola súa monumentalidade, sendo a segunda máis visitada do estado, despois de Chichén Itzá. O nome Uxmal ao parecer é o topónimo do maia iucateco ox, que quere dicir "tres veces", facendo referencia a un labor que se repite.